Leite

Evolución económica das explotacións lácteas da UE 2013-2014

Datos dun estudo da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/07/2015 11:12 a.m.

A finais do ano 2014 os custos de produción nas explotacións leiteiras da Unión Europea aumentaron un 20% respecto ao ano 2008, ao tempo que o prezo do leite practicamente se mantivo sen variacións. Isto provocou que no último trimestre de 2014 a marxe bruta do leite caera case un 30% respecto ao mesmo período de hai 5 anos.

Así se desprende dun estudo realizado pola Comisión de Agricultura da Unión Europea no que se observa durante anos 2013 e 2014 unha oscilación do prezo do leite do 0 ao 20% respecto ao ano 2008, mentres que os custos de produción mantivéronse máis estables, sempre con subas de entre o 10 e algo máis do 20%.

A combinación deses dous factores (custos e prezo do leite) provocou unha importante oscilación da marxe bruta do leite para as explotacións ao longo do período 2013-2014, con subas de até o 30% respecto ao ano 2008 e caídas tamén do 30%, tal e como se detalla na seguinte gráfica:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí o informe completo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada