Archives
Probas de abril de mellores xovencas xenómicas: Galicia copa os primeiros postos
Confederación de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización das probas xenómicas de femias correspondentes ao mes de abril. Nesta ocasión, e como xa vén sendo habitual, os primeiros postos destas futuras nais, están copados por ganderías galegas. Así, a mellor xovenca por ICO, CASAGABINO PRECISIO.MEI FIV ET , con 1356 puntos, pertence a gandería Casa Gabino, de Friol (Lugo). Coa mesma puntuación e en segundo posto sitúase LSCG 275 GUIRI 102 FIV ET, de  Landeira SCG, de Negreira (A Coruña). Empatada tamén co mesmo ICO,a terceira praza é para VALLS-GOL 673 LIS ET, da gandería catalá Valls-Gol SCP en Aravell, Lleida. E o cuarto posto, con 1346 puntos, correspondente a ABONXO GIGANTIC ROSALIA ET, da gandería lalinense BLANCO ABONXO SC. Este é un resumo das 25 mellores xovencas xenomicas por ICO: Consulta aquí os resultados completos das Mellores Xovencas Xenómicas de España:
– 1.000 Mellores xovencas xenómicas por ICO – 1.000 Mellores xovencas xenómicas por IGT – 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TLEITE – 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TQUEIXO – 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TPASTO – 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TECO
A vaca frisoa con mellor xenética de España é dunha gandaría da Pastoriza
Xa están dispoñibles as valoracións, nacionais tanto xenómicas como tradicionais, e internacionais MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT, polo que a partir de hoxe o servizo de axustes de CONAFE xa traballa con estas probas actualizadas. Entre as 1000 mellores vacas por ICO de España o primeiro posto ocúpao SAT AGOSTO DAR. CROWN SELMA ETL TV TD TR, con 1302 puntos e pertencente á gandaría SAT Agosto Darriba, da Pastoriza (Lugo). Pola súa banda a mellor xovenca xenómica de España tamén é doutra gandaría lucense, Casa Gabino SC, de Friol: Trátase de CASAGABINO PRECISIO.MEI FIV ET , nacida este 2023, e que suma 1382 puntos. Estes son as listaxes completas de:
-1000 Mellores Vacas por ICO
-1000 Mellores Vacas por IGT
-1000 Mellores Vacas por IM€T LEITE
</amp-ad>
-1000 Mellores Xovencas Xenómicas por ICO
-1000 Mellores Xovencas Xenómicas por IGT 1000
-Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TLEITE
</amp-ad>
Nas listaxes internacionais inclúese o acrónimo da empresa propietaria ou importadora daqueles touros que están debidamente rexistrados en CONAFE para a súa comercialización en España. Desde CONAFE lembran aos gandeiros colaboradores que os touros que usen deben estar rexistrados para evitar problemas á hora de dar de alta ás súas fillas. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado. En total están avaliados 174.869 touros Holstein. Destes, en caracteres de produción 4.912 teñen proba nacional con fillas, 5.039 proba nacional sen fillas (só xenómica), 157.114 proba MACE e o resto proba GMACE. Tamén se publicaron a listaxe de 1000 mellores touros (Proba Nacional ou MACE) con fiabilidade igual ou superior ao 80% en produción ou tipo e a listaxe de 1000 mellores touros que non alcanzan aínda o 80% de fiabilidade en produción ou tipo e que teñan proba nacional ou proba MACE, segundo os requisitos publicados. Para realizar a avaliación xenética tradicional de decembro 2023 utilizáronse os datos do Control Leiteiro Oficial e os datos das cualificacións dispoñibles a mediados de setembro, e son os seguintes: Cualificacións: 2.854.351 Produción: 8.087.684 Lonxevidade funcional: 7.000.000 Rec. Cél. Somáticas: 7.965.670 Días abertos: 2.122.738 Velocidade de muxido: 1.615.464 Fluxo de muxido 629.770 Facilidade de Parto 1.365.249 Saúde Podal 1.367.409 Respecto das avaliacións xenómicas a poboación de referencia aumenta até 42.851 touros genotipados con proba de descendencia polo menos en produción. O número de animais genotipados e avaliados foi de 216.212 incluíndo a poboación española formada por 4.048 machos con código ESP e 164.135 femias. O valor media dos 200 touros top publicados no catálogo nacional para o novo índice combinado ICO é de 1212, o valor medio dos 100 mellores touros probados españois sitúase nos 1208 e o dos 100 mellores touros xenómicos españois alcanza os 1311. Hai que lembrar que os resultados das avaliacións xenéticas non son comparables a avaliacións previas, Respecto ao resto de índices as referencias para touros probados e xenómicos serían:
IM€TLECHE
IM€TQUESO
IM€TPASTO
</amp-ad>
IM€TECO
Genómicos
348 €
465 €
180 €
290 €
Probados
247 €
334 €
129 €
212 €
Lembran que estes índices se expresan en euros de Rendibilidade por vaca e ano. Tamén están dispoñibles as valoracións e listaxes de touros Nacionais, MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT. s valoracións internacionais aquí presentadas son as probas oficiais dos touros en España e permite de forma independente e obxectiva comparar o nivel xenético dos touros de diferentes orixes na mesma escala na que se avalían as femias da súa gandaría. É sen dúbida unha ferramenta perfecta para tomar decisións con criterio. Por último, desde CONAFE lembran aos gandeiros colaboradores que os touros que usen deben estar rexistrados para evitar problemas á hora de dar de alta ás súas fillas. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado, actualmente temos rexistrados en CONAFE 6.609 touros que poden ser consultados e poden ser utilizados en axustes co programa CONAFEMAT.
Listaxe das mellores xovencas xenómicas: Probas CONAFE de agosto
A Confederación deAsociaciaciones de Frisona Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización das probas xenómicas de femias correspondentes ao mes de agosto. Este é un resumo das mellores xovencas xenómicas por ICO: Consulta aquí os resultados completos das Mellores Xovencas Xenómicas de España:
- 1.000 Mellores Xovencas Xenómicas por ICO
- 1.000 Mellores Xovencas Xenómicas por IGT
- 100 Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TLEITE
- 100 Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TQUEIXO
- 100 Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TPASTO
- 100 Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TECO
Mellores xovencas xenómicas de España: Avaliación de maio
A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización das probas xenómicas de femias CONAFE.  As novas valoracións de mellores xovencas xenómicas de maio de 2023 xa poden consultarse a través de SINBAD e nas listaxes de Mellores Xovencas Xenómicas: 1.000 Mellores Xovencas xenómicas por ICO 1.000 Mellores Xovencas xenómicas por IGT 100 Mellores Xovencas xenómicas por IM€TLEITE 100 Mellores Xovencas xenómicas por IM€TQUEIXO 100 Mellores Xovencas xenómicas por IM€TPASTO 100 Mellores Xovencas xenómicas por IM€TECO A poboación de referencia é de 40.545 touros con datos máis de 34 millóns de fillas con polo menos unha lactación.
Novas probas CONAFE de novembro e MACE e GMACE de decembro
Xa están dispoñibles as valoracións nacionais tanto xenómicas como tradicionais e internacionais MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT polo que a partir de hoxe o servizo de axustes de CONAFE xa traballa con estas probas actualizadas. Accede desde aquí a todas as listaxes das probas de Decembro 2022 publicados na web de avaliaci9óns xenéticas de CONAFE
Nas listaxes internacionais inclúese o acrónimo da empresa propietaria ou importadora daqueles touros que están debidamente rexistrados en CONAFE para a súa comercialización en España. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado.
En total están avaliados 170.663 touros Holstein. Destes, en caracteres de produción 4.723 teñen proba nacional con fillas, 4.810 proba nacional sen fillas (só xenómica), 154.568 proba MACE e o resto proba GMACE.
Tamén se publicou  a listaxe de 1.000 mellores touros (Proba Nacional ou MACE) con fiabilidade igual ou superior ao 80% en produción ou tipo e a listaxe de 1.000 mellores touros que non alcanzan aínda o 80% de fiabilidade en produción ou tipo e que teñan proba nacional ou proba MACE, segundo os requisitos publicados.
</amp-ad>
Para realizar a avaliación xenética tradicional de decembro 2022 utilizáronse os datos do Control Leiteiro Oficial e os datos das cualificacións dispoñibles a mediados de maio, e son os seguintes:
Cualificacións:             2.750.005
Produción:                  7.742.807
</amp-ad>
Lonxevidade funcional:  6.676.564
Rec. Cél. Somáticas:   7.430.631
Días abertos:              2.027.934
</amp-ad>
Velocidade de Muxido:   1.511.084
Fluxo de Muxido:            570.494
Facilidade de Parto:        1.315.129
Saúde Podal:                 1.201.574
Respecto a as avaliacións xenómicas, a poboación de referencia aumenta ata 41.536 touros xenotipados con proba de descendencia polo menos en produción. O número de animais xenotipados e avaliados foi de 192.557, incluíndo a poboación española formada por 4.500 machos con código ESP e 136.034 femias.
O valor media dos 200 touros top publicados no catálogo nacional para o novo índice combinado ICO é de 3830, o valor medio dos 100 mellores touros probados españois sitúase nos 3812 e o dos 100 mellores touros xenómicos españois alcanza os 4869. Hai que lembrar que os resultados das avaliacións xenéticas non son comparables a avaliacións previas.
Respecto ao resto de índices a referencias para touros probados e xenómicos serían:
IM€TLECHE
IM€TQUESO
IM€TPASTO
IM€TECO
Genómicos
372 €
504 €
199 €
311 €
Probados
213 €
280 €
106 €
180 €
Estes índices exprésanse en €uros de Rendibilidade por vaca e ano.
Tamén están dispoñibles as valoracións e listaxes de touros Nacionais, MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Ademais, actualizáronse os valores no programa de axustes CONAFEMAT.
As valoracións internacionais aquí presentadas son as probas oficiais dos touros en España e permite de forma independente e obxectiva comparar o nivel xenético dos touros de diferentes orixes na mesma escala na que se avalían as femias da súa gandería. É sen dúbida unha ferramenta perfecta para tomar decisións con criterio.
Por último, desde CONAFE lembran aos gandeiros colaboradores que os touros que usen deben estar rexistrados para evitar problemas á hora de dar de alta ás súas fillas. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado, actualmente hai rexistrados en CONAFE 6.609 touros que poden ser consultados e poden ser utilizados en axustes co programa CONAFEMAT.
Máis información:
1.000 Mellores Vacas por ICO
1.000 Mellores Vacas por IGT
1.000 Mellores Vacas por IM€TLEITE
1.000 Mellores Xovencas Xenómicas por ICO
1.000 Mellores Xovenas Xenómicas por IGT
1.000 Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TLEITE
Ganderías galegas copan os primeiros postos no ranking español de xovencas xenómicas
A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización das probas xenómicas de femias correspondentes ao mes de setembro. Nesta ocasión, e como xa vén sendo habitual, os primeiros postos destas futuras nais, están copados por ganderías galegas. Así, a mellor xovenca por ICO, LSCG 102 PINKFLOYD 883 ET, con nada menos que 5603 puntos e que pertence a Landeira SCG, de Negreira (A Coruña). Trátase dun animal xestado mediante fecundación in vitro por Xenética Fontao. A segunda xata no ranking, PH RAISA 50 REDE ET, tamén pertence á mesma gandería coruñesa, e foi puntuada por CONAFE con 5323 puntos GICO. En canto á terceira posición, ocúpaa CMP HELA 3 BARTENDER ET, con 5278 puntos. Este animal pertence á sociedade formada polas ganderías galegas Mirón, Pistulario e Cunordam. Este é un resumo das 25 mellores xovencas xenomicas por ICO: Consulta aquí os resultados completos das Mellores #Xato Xenómicas de España: 1.000 Mellores xovencas xenómicas por ICO 1.000 Mellores xovencas xenómicas por IGT 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TLEITE 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TQUEIXO 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TPASTO 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TECO
Listaxe das mellores xovencas xenómicas: Probas CONAFE de maio
A Confederación de Asociaciaciones de Frisona Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización das probas xenómicas de femias correspondentes ao mes de maio. Este é un resumo das mellores xovencas xenómicas por ICO: Consulta aquí os resultados completos das Mellores Xovencas Xenómicas de España:
1.000 Mellores Xovencas Xenómicas por ICO
1.000 Mellores Xovencas Xenómicas por IGT
100 Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TLECHE
</amp-ad>
100 Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TQUESO
100 Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TPASTO
100 Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TECO
</amp-ad>
As gandarías da Coruña lideran as probas xenómicas de CONAFE de outubro
A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar a actualización de probas xenómicas de xovencas correspondente ao mes de outubro. O podium das futuras mellores reprodutoras Holstein de España está encabezado por tres xatas pertencentes a gandarías galegas: LSCG 883 SATURN ET , con 5472 puntos ICO, e pertencente á gandaría coruñesa LANDEIRA SCG (Negreira) , socia da cooperativa Ganxabar; Menor Drost Vitoria ET, da gandaría coruñesa Casa Menor (Boimorto), con 5315 puntos; en terceiro posto CMP SATURN HELA ET , con 5274 puntos, e propiedade de CMP Hosltein, unha agrupación das gandarías Midón, Pistulario SL e Cunordam SC, e en cuarto lugar F. Raposo Drost 1347 ET, con 5228 puntos, e propiedade de Finca Raposo SC, unha gandaría de Mesía (A Coruña). Este é a listaxe das primeiras 20 clasificadas:
Para máis información: 1.000 Mellores Novillas xenómicas por ICO
Servizo de valoración xenómica de CONAFE
En 2012 CONAFE puxo o servizo de valoración xenómica de femias a disposición dos seus socios e demais persoas e/ou entidades interesadas. As avaliacións xenómicas permiten seleccionar os mellores exemplares a unha idade máis temperá e con maior seguridade, xa que son máis fiables que os índices de pedigrí, utilizados tradicionalmente. Este servizo ofrécese coa colaboración do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, o Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA), Xenética Fontao, Ascol, Aberekin e Fefricale Sociedade Xenética.
Can Thos, a gandería con mellor índice xenético de España
Pere Serra, xunto ás súas vacas en Tordera, na zona do Maresme de Barcelona Ramaderia Can Thos SL, ubicada en Tordera, no Maresme catalán, é nestes momentos a mellor gandería de España por índice combinado, con un ICO de 3.431 puntos, segundo a última actualización das avaliacións xenéticas de Conafe, correspondente ao mes de xuño, un posto de honra no que repite desde o mes de novembro do 2020.  É o resultado de anos de dedicación á mellora xenética, concibida nesta gandería como unha ferramenta para conseguir mellores producións de leite na súa propia granxa, e que autofinancian coa venda de embrións e animais de alto valor xenético a outras explotacións de toda España.
Esta gandería catalá é líder actualmente en xenética holstein en España, onde repite como mellor explotación por índice combinado (ICO)
Pere Serra Bigas é actualmente o xerente desta gandería líder en xenética holstein en España. É enxeñeiro técnico agrícola e especializouse en mellora xenética durante unha estancia dun ano en EEUU, onde se formou na Universidade de Minesotta. “Alí foi onde me dei conta de que se utilizabamos todas as posibilidades de mellora xenética na nosa explotación poderiamos incrementar os beneficios”, asegura.
A mellora xenética permite conseguir os obxectivos en produción leiteira reducindo os custos e mellorando as propiedades e a calidade do leite
De volta a Cataluña, no ano 2000, Pere incorporouse a xornada completa á explotación que levaban o seu pai e o seu tío e comezou a aplicar na gandería familiar o que aprendera das ganderías de Estados Unidos, que levaban anos de adianto neste campo con respecto ás ganderías de Cataluña.
Non temos animais preferidos, todos teñen o seu prezo e todos están en venda
“A miña idea era crear un valor engadido ao leite, vía venda de embrións e dalgún macho ou femia de alto valor xenético, para seguir reinvestindo eses ingresos en xenética. Non temos animais preferidos, todos teñen o seu prezo e están en venda. Estamos abertos a todo aquel ao que lle interese un animal noso”, indica. Pere calcula que entre un 3 e un 5% dos ingresos da granxa proceden a día de hoxe da venda de xenética, tanto de embrións como de machos a centros de inseminación ou femias a outras ganderías, aínda que houbo anos nos que un de cada 10 euros ingresado por Can Thos procedía do negocio xenético. 14 anos traballando con embrións Dúas tenreiras nacidas froito dun embrión implantado e dividido dentro da vaca receptora Unha das claves da mellora xenética desta gandería foi a súa aposta pola implantación de embrións mediante un programa estruturado que en determinados momentos ocupou unha parte importante da actividade da explotación. Desta maneira, puideron acelerar a mellora xenética da explotación de forma máis rápida que coa simple inseminación artificial, obtendo unha importante cantidade de descendentes dos animais de máis alta calidade xenética, aproveitando ademais como receptoras ás vacas menos interesantes.
Obtiveron por segunda vez (en 2007 e 2017) o título de Mestre Criador que outorga Conafe e son habituais nos premios Vaca D´Or que cada ano entrega a Federación Frisoa de Cataluña
“Empezamos en 2007 poñendo embrións. Eu comprara unha tenreira nunha poxa que viña cun contrato de embrións, e a partir de aí empezamos a probar con 1 ou 2 vacas. Por mor diso collemos confianza e houbo momentos que iamos moi lanzados, pero volvemos a poñer os pés no chan e agora usamos só esta ferramenta cando hai demanda ou cando vemos que nos é útil para mellorar nós por esta vía”, admite. Clientes en Galicia Un veterinario de Embriovet&Embriomarket realizando tarefas de extracción de embrións en Can Thos A empresa galega Embriovet&Embriomarket encárgase de realizar as tarefas de extracción de embrións nesta gandería catalá líder en xenética Holstein e tamén de comercializalos posteriormente. “Realizamos unhas 6 ou 7 extraccións de embrións ao ano en grupos de 6 a 8 animais cada vez. Traballamos con Embriovet& Embriomarket porque son xente especializada”, destaca Pere.
Unha das empresas que comercializa os seus embrións é a galega Embriovet& Embriomarket
O proceso iníciase provocando unha superovulación nas mellores vacas da gandería, que son despois inseminadas, no momento no que se atopan en celo, con seme seleccionado internacionalmente. Tanto a fecundación como a xestación prodúcense dentro do útero da vaca (proceso in vivo).
O futuro dos embrións pasa pola produción in vitro con aspiracións foliculares e sen hormonas
Ao cabo de 7 días retiran eses embrións mediante un lavado uterino (flushing) e implántanos noutras vacas do establo con menor potencial xenético, que actúan a modo de ventres de alugueiro, de maneira que a xestación do animal resultante responde aos criterios hereditarios das mellores vacas da gandería.
Subministran machos a Xenética Fontao mediante convenios de colaboración
“Traballamos cos mellores touros do mercado, con todos aqueles que se adapten á nosa maneira de pensar, dáme igual de onde sexan. É seme caro, unha soa dose pode chegar a custar 150 ou 200 euros”, explica. Proceden dos mellores touros de EEUU, Canadá, Países Baixos, Alemaña ou Italia, pero tamén de empresas españolas como Xenética Fontao, á que tamén fornecen machos para sementais. “O macho xenómico número 10 de España, Thos Saturn Greco, saíu de aquí e foi vendido a Fontao nun convenio de colaboración”, detalla. Todo o establo está xenotipado Aos 8 días de vida realizan a proba xenómica a todos os animais que nacen para coñecer o seu potencial Ao contrario do que fan na actualidade a maioría de explotacións enfocadas á produción láctea, non usan seme sexado, nin nas vacas seleccionadas para embrións nin nas xovencas. “Non usamos nada de sexado, porque calquera macho que naza é un potencial candidato ter bos indices, e a poder ser ofrecido a un centro de inseminación, polo que todas as xovencas son inseminadas con seme convencional, xa que todas teñen indices xenéticos altos.”, indica. Para asegurarse, aos 8 días de vida extraen unha mostra de sangue ás tenreiras para así, mediante a técnica do xenotipado, coñecer o seu potencial produtivo futuro. “Tal como está o prezo do leite e o mercado de animais, non podemos criar a todas as tenreiras, só a aquelas que mellores resultados obteñen nesta proba xenómica. Descartamos as que darán menos leite ou terán máis enfermidades”, explica Pere.
O ano pasado vendemos as dúas primeiras tenreiras de alto valor xenético a dúas granxas de Galicia
Do mesmo xeito que os seus embrións, algúns dos seus mellores animais tamén acabaron en ganderías galegas, como Thos Discjockey Alicia ou Thos Guardian Alumet, que con 4.847 de ICO a día de hoxe e número 1 factor vermello sen cornos, está en Prevediños (Touro) na gandería de Álvaro Martínez Suárez. Animais equilibrados Thos Duke Llumina, que foi nº1 de vacas xenómicas de Conafe, na parideira da granxa Queren contar cun rabaño uniforme e equilibrado e que a súa granxa non destaque nun único aspecto, por iso buscan animais o máis completos posible, con boa morfoloxía, potencial xenético e produción de leite. “Tentamos ser equilibrados en todo. Sempre me gustou máis traballar a nivel de granxa que a nivel de animal individual. O acoplamento individual só o usamos para embrións, pero despois traballamos máis en grupo, é máis cómodo e non tes que ter 50 touros no tanque”, razoa Pere.
Priorizamos produción de leite, bos ubres e saúde podal
“Priorizamos leite, 0 en graxa e proteína, bos ubres (touros con máis de 2 en índice de ubres) e saúde podal, que pensamos que é máis importante que céculas somáticas, porque a maioría de machos xa son resistentes e, pola contra, a saúde podal ten maior percorrido a longo prazo”, detalla. Gando A2A2 Usan seme dos mellores touros a nivel mundial e con acoplamentos individuais só para os embrións Levan anos seleccionando tamén aos seus animais pola kapa caseína A2. “Seleccionamos ás vacas que posúen esta proteína e cruzámolas con machos que tamén a posúen. Así conseguimos moi rápido cambiar o perfil do noso rabaño. Ao redor do 50% é xa A2A2 e menos do 10% A1A1”, indica Pere.
O 50% da nosa produción xa é A2A2
“Moitas granxas están a tentar ter canto antes toda a produción A2A2 buscando un valor engadido do leite. Ao ser consumida por máis público, pola súa mellor asimilación, espérase que teña máis prezo, como sucede xa en EEUU, aínda que aquí de momento non se paga. Por iso, cando alguén nos compra un embrión escolle normalmente que sexa sexado e A2A2. Se é para nós tamén se ten en conta aínda que non por encima doutros parámetros”, explica.
"O obxectivo segue sendo producir leite; a xenética é un hobbie que nos aporta ingresos complementarios"
Pere, xunto ao lote de xovencas de recría, unha das partes esenciais da gandería A gandería Can Thos, situada na zona do Maresme, conta na actualidade cunhas 400 cabezas totais, das que unhas 250 son vacas en produción. Producen unha media anual de 8.300 litros diarios que entregan a Làctia, a empresa creada en 2016 pola cooperativa andaluza Covap para abastecer a Mercadona en Cataluña. Aínda que unha parte dos ingresos da granxa proceden hoxe da venda de xenética, tanto embrións como animais, “o obxectivo final da gandería segue sendo a produción de leite”, asegura Pere. “A xenética é un hobbie que nos achega ingresos complementarios de cando en vez e axúdanos a seguir adiante nese ámbito, pero o que me paga as facturas é a venda diaria de leite ”, afirma.
A xenética é un hobbie que non quero que me custe diñeiro, pero eu tento ter animais de alto valor xenético para producir leite todos os días, que é o que me paga as facturas
O obxectivo de produción anual de Can Thos para este ano 2021 con 250 vacas en muxidura é alcanzar os 3,2 millóns de litros de leite, con 36,1 litros de media por vaca lactante e un 7,6% de vacas secas. “A graxa non nos interesa” Na selección xenética priorizan produción de litros de leite, bos ubres e saúde podal Nesta gandería catalá apostan pola calidade hixiénico-sanitaria do leite, máis que polos niveis de sólidos, con porcentaxes do 3,21% de graxa e 3,48% de proteína. “A nosa filosofía de traballo sempre foi traballar con pouca graxa e con moitos litros de leite. Negociamos un contrato coa empresa para que nos penalizasen o menos posible na graxa, porque nunca chegabamos aos mínimos, e compensando iso con outros factores, como bacterioloxía e células somáticas”.
Producen unha media de 8.300 litros diarios que entregan a Làctia, a empresa de Covap en Cataluña para abastecer a Mercadona
No seu contrato con Làctia o prezo base son 325 euros por tonelada, cun 3,70% de graxa. Descóntanlles 1,5 euros por décima de graxa (a proteína non se ten en conta) e reciben uns 10 euros por dobre A en calidade hixiénica. “A graxa e a proteína van camiño de valer cero nesta zona, onde o que producimos é leite líquido. A proteína no noso caso non se paga e a graxa vai polo mesmo camiño”, opina. Minimizar os días improdutivos Zona de boxes de tenreiras e machos lactantes Todo o sistema de manexo da granxa vai encamiñado a este obxectivo da produción de litros de leite, buscando minimizar os días improdutivos dos animais. “Tentamos que todos os animais pairan ao primeiro parto entre os 20-21 meses, así temos 90 días máis de produción con respecto ás ganderías que levan a parto ás xovencas con 24 meses e o noso período de secado é de 55 días. O obxectivo final é ter o mínimo de días improdutivos, nos que a vaca só come e caga, pero non dá leite. Eses días inútiles non me gustan e intento minimizalos,”, afirma.
Esperan un mínimo de 200 días en leite para empezar a inseminar e teñen en conta o estado corporal do animal e a súa produción
En materia de reprodución baséanse nese mesmo obxectivo e aplican un sistema distinto de traballo no que o período de espera voluntario vai en función da produción de leite do animal. “Queremos lactacións rendibles que che dean diñeiro. Muxir unha vaca de poucos litros non ten sentido, por iso en vacas adultas inseminamos cando baixan de 40 litros e nas primeirizas cando baixan de 38”, detalla. Lograr vitalicias de 40.000 litros Máis ca vacas moi lonxevas, o que buscan son animais capaces de dar moitos litros en poucos partos, o que significa que son moi persistentes e teñen un intervalo entre partos moi longo Ese mesmo criterio de redución do número de días improdutivos dos animais aplícano aos descartes. “Unha vaca por moi número un que sexa se non é rendible non me vale para nada, por encima de todo tentamos ser rendibles ”, afirma Pere.
Unha vaca por moi numero un que sexa se non é rendible non me vale para nada
Por iso, di, a lonxevidade non é un obxectivo en si mesmo, igual que non o é a redución dos días abertos, o período que pasa desde o parto á seguinte preñez. “Queremos vacas que teñan persistencia, é dicir, que poidan producir moitos litros sen necesidade de preñalas. É máis importante para min iso, que dean leite moitos días, que o feito de que me duren moitos anos. Porque cada 4 partos perdes unha lactación e cada parto é para min unha tensión importante e unha molestia, ademais de supoñer un parón de produción nos 60 días anteriores”, argumenta.
Calculamos que ao longo da súa vida unha vaca debe producir uns 40.000 litros de leite; unha vaca que baixa de 25 litros diarios non é rendible
Por iso, en Can Thos hai vacas con 9 partos e 110.000 litros producidos, porque manteñen altas producións e empreñan aos 250 días sen problemas, e outras que abandonan o establo moito antes. A media de produción vitalicia no momento de saída a matadoiro sitúase habitualmente entre os 40 e os 41.000 litros, aínda que a media do ano pasado caeu ata os 37.000 litros. “Varias xovencas recén paridas romperon pernas por un problema de patios mal raiados e tivemos que mandalas”, xustifica. A mamite non é un problema nesta granxa e os casos de reabsorcións son moi puntuais, polo que a maioría de descartes que fan prodúcense por baixa produción ou coxeiras. Por iso, insiste Pere, “intento que a saúde podal sexa un punto de selección importante tanto nas vacas das que recriamos como dos touros cos que as inseminamos”. Loitar contra a calor Aproveitan a brisa do mar para ventilar de forma natural as naves sen necesidade de usar ventiladores Producir leite na zona do Maresme catalán non é facelo en Galicia. Un dos problemas é o estrés por calor no verán, pero os seus efectos no gando poden mesmo dilatarse no tempo. “A baixada en leite pode ser de 3 ou 4 litros por vaca, pero o problema é cando en agosto, que é o punto crítico, hai moita temperatura e humidade durante varias semanas, xa que ás vacas cústalles recuperar despois en setembro e outubro”, explica Pere.
Os animais téñense que adaptar á zona onde están pero a baixada en leite pode ser de 3 ou 4 litros
En Tordera, onde se atopa a granxa, no inverno o clima é suave pero no verán aos 35 graos de temperatura súmase “unha humidade brutal”. Can Thos adaptou o seu establo de produción para aproveitar a circulación do aire. “Só temos dous ventiladores forzados, o resto é ventilación natural. Adaptamos as estruturas para ter unha ventilación óptima coa brisa que vén do mar e poder aproveitala ao máximo. Con ese movemento de aire mantemos aos animais fríos sen ter que poñer auga ou máis ventiladores. O investimento respecto ao retorno non sería adecuado, por como é a estrutura das naves”, asegura. De maíz a sorgo por culpa do xabarín Ao lado da granxa dispoñen de 5 hectáreas de regadío cuxo cultivo principal é o sorgo O clima seco tamén condiciona a produción forraxeira. A gandería dispón de 40 hectáreas de superficie, pero só 5 delas son de regadío e o resto é secaño. Pero máis aló da escaseza de precipitacións, o principal problema para a produción forraxeira é o xabaril.
Os seus cultivos principais son agora o sorgo en rotación con avea e raigrás. O millo teñen que compralo, entre 2 e 3 millóns de quilos ao ano para ensilar
“Na zona de regadío sementabamos millo, pero o xabaril esnaquizábanos todo o cultivo e tivemos que deixar de botalo e substituílo por sorgo. No sorgo o xabaril só vai durmir, pero non o esnaquiza como fai co millo”, relata Pere. Na pradeira permanente sementan unha combinación de alfalfa, raigrás e bromus resistente á seca Así pois, nestas 5 hectáreas de regadío fan agora dous cortes de sorgo e antes de sementar o sorgo un corte de avea con raigrás, aínda que “este cultivo anterior non todos os anos podemos facelo”, aclara.
Na pradeira permanente sementan unha combinación de leguminosa (alfalfa) e gramíneas (raigrás e bromus) con boa resistencia á seca
Na zona de secaño, a maioría está a prado permanente, cunha mestura resistente á seca de alfalfa, bromus e raigrás, aínda que un 10% da superficie está destinada tamén a sementar de sorgo en rotación cun cultivo de primavera de avea e raigrás. A mesma ración todo o ano Can Thos non logra ser autosuficiente en produción forraxeira para as súas 400 cabezas de gando. “Compramos todo o silo de millo, temos xente que nos sementa para nós por esta zona, son agricultores que teñen as súas fincas preparadas contra o xabaril. Necesitamos habitualmente entre 2 e 3 millóns de quilos de millo ao ano. Alfalfa compramos cada vez menos, só usamos medio quilo por vaca. Tamén compramos soia, fariña de millo e algo de colza para mesturar co complexo de minerais”, enumera Pere.
As vacas en produción comen silo de sorgo, silo de millo, alfalfa, soia, colza con minerais e fariña de millo
“Nós apostamos por unha ración simple que tentamos cambiar o mínimo posible dentro do ano. Iso axuda a que os animais manteñan o seu mesmo estado de rumen e produción e a minimizar os días improdutivos”, asegura. Altos custos de produción O xerente da gandería número un tanto de Cataluña como a nivel estatal asegura que só mellorando o rabaño no seu conxunto grazas á mellora xenética pódese manter a rendibilidade da explotación nestes momentos de altos custos de produción e marxes tan estreitas.
Chegar a fin de mes neste momento é un suplicio. Se a cousa segue así ata final de ano haberá moitos peches
“Disparáronse os custos de produción moitísimo, chegar a fin de mes neste momento é un suplicio. Tentamos traballar con futuros pero ás veces non logras pechar un bo prezo. O contexto non é diferente en Cataluña a respecto doutros sitios pola carestía do millo e a soia. Polo momento imos aguantando, pero a xente empeza a ir moi apurada xa e haberá moitos peches se a cousa segue así ata final de ano”, prognostica. Problemas de man de obra A pesar da súa profesionalización e o seu funcionamento empresarial, Can Thos segue sendo unha explotación familiar na que Pere actúa de “xerente e traballador para todo” apoiado por outros tres empregados para o traballo na granxa.
Muximos dúas veces ao día nunha sala convencional pero teño xa proxecto para montar robots pola falta de persoal
Do mesmo xeito que sucede noutros lugares, como en Galicia, as dificultades para atopar man de obra son xeneralizadas en Cataluña. “É horroroso”, salienta Pere. Na súa gandería están a muxir unhas 250 vacas dúas veces ao día nunha sala convencional e nin se plantexa poder facer tres muxiduras ante a falta de persoal. Catro xeracións e máis dun século de actividade Xovencas no pasto ao lado da explotación, que iniciou o bisavó de Pere a principios do século XX A historia desta gandería catalá remóntase a principios do século XX, cando o bisavó de Pere comprou a masía cunhas cantas vacas. “Nesta zona as casas de payés eran autosuficientes. Traballaban o campo e tiñan a súa vaca. Estamos á beira da costa e o turismo empezou a tirar moito de produtos como o leite e as verduras. Na zona máis de costa especializáronse en produción de verdura e máis cara ao interior, onde estamos nós, fixémolo en produción de leite”, conta Pere.
O meu bisavó empezou con 7 ou 8 vacas para subministrar aos pobos turísticos da costa
A necesidade de leite, tanto polo turismo como polo consumo crecente en cidades como Barcelona, fixo que en 1960 construísen un establo con sistema canadense para 60 vacas atadas en muxido directo. Vendían, a través de intermediarios, a hoteis da costa situados en localidades próximas, como Blanes, Lloret de Mar ou Calella. En 1970, xa co seu pai Ramón e o seu tío Joan á fronte da gandería, pasáronse a estabulación libre, construíndo unha granxa coa forma típica das explotacións catalás desta época, con zona de descanso e corredor de alimentación en forma de T, sala de muxido 2x8 nunha punta e cama quente para o gando. Variaron entón o destino final do leite, especializándose en fornecer á industria, cunhas 70 vacas en produción. Trala incorporación de Pere no ano 2000, ao volver de EEUU, a gandería seguiu medrando cunha aposta decidida pola mellora xenética, mantendo a venda de leite á industria como negocio prioritario pero sumando ingresos complementarios pola diversificación coa venda de embrións e animais vivos, un camiño no que continúa desde entón.
• Reportaxe elaborada por Campo Galego coa colaboración comercial de Embriovet&Embriomarket
Probas xenómicas de Conafe de abril: as xovencas galegas copan os primeiros postos
A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar a actualización de probas xenómicas de xovencas correspondente ao mes de abril. O podium das futuras mellores reprodutoras Holstein de España está encabezado por tres xovencas pertencentes a gandarías galegas: LSCG 883 SATURN ET , con 5678 puntos ICO, e pertencente á gandaría coruñesa LANDEIRA SCG (Negreira) , socia da cooperativa Ganxabar; CMP SATURN HELA ET , con 5449 puntos, e pertencente a CMP Hosltein, unha agrupación das gandarías Midón, Pistulario SL e Cunordam SC, e CANDESA YEMI 8480 GYWER ET , con 5374 puntos, da gandaría coruñesa SAT Candesa (Boqueixón). Este é a listaxe das primeiras 20 clasificadas:
Para máis información:
- 1.000 Mellores Novillas xenómicas por ICO
Listaxe actualizada das mellores xovencas xenómicas de España
A Confederación Nacional de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización de probas xenómicas de femias correspondente a marzo. Este é un resumo das 20 primeiras por ICO: Velaquí as ligazóns ás listaxes completas: 1.000 Mellores xovencas xenómicas por ICO 1.000 Mellores xovencas xenómicas por IGT 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TLECHE 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TQUESO 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TPASTO 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TECO
“Hoxe en EEUU un 5% das granxas muxe case o 60% do total de vacas leiteiras do país”
No seu día a día Gustavo Schuenemann, veterinario e profesor do departamento de Medicina Preventiva na Universidade de Ohio (Estados Unidos), traballa man a man con produtores e asesores en vacún de leite de todo o estado, actividade que compaxina coa docencia. Ademais é especialista en cuestións como o manexo da vaca de transición, a xestión de persoal e as tecnoloxías de precisión nas gandarías de vacún de leite. Con el coñecemos as preocupacións dos gandeiros norteamericanos, á vez que lle pedimos algunhas recomendacións para abordar os principais retos na produción de vacún de leite. -Cales son as principais preocupacións dos gandeiros en Estados Unidos? -Para entender a un produtor leiteiro hoxe, hai que entender os cambios que sucederon na industria leiteira. En xaneiro de 2020, había 9.3 millóns de vacas distribuídos nunhas 34.200 granxas cunha produción media de case 11.000 litros por vaca ao ano para unha poboación de 328 millóns de habitantes. Nos últimos 20 anos, pecháronse aproximadamente o 50% das granxas, a unha taxa media de preto de 2.300 granxas ao ano, isto equivale a 6,3 granxas por día, a maioría de menos de 500 vacas. Actualmente, a industria leiteira está nun proceso moi forte de consolidación con algúns sistemas de produción integrados en leiterías de 10.000 a máis de 100.000 vacas e a produtividade media anual por vaca aumentou en case 3.000 litros. Esta consolidación na industria leiteira mudou a forma de traballar, desde o profesional consultor aos provedores de insumos, con mellor consistencia nos procesos de produción. As principais preocupacións do produtor leiteiro son a perda de rendibilidade no negocio leiteiro, a falta de empregados, o manexo de xurros e cumprir coas demandas dos consumidores. Sen dúbida, eficientizar e mellorar a consistencia nos procesos de produción son tamén prioridades para poder dar continuidade ao negocio leiteiro, pero cunha forte énfase en mellorar benestar animal, sustentabilidade e tendo en conta as demandas dos consumidores. Esta crise de Covid-19 amosounos que os andeis baleiros no supermercado xeran moito medo a todo nivel, pero os campos sen cultivar ou pechados pode ser devastador para un país. Momentos como estes lémbrannos a todos a importancia de ter un sistema de produción de alimentos sólido para garantir a seguridade alimentaria dunha nación.
"Nalgunhas granxas revertemos a falta de empregados cubrindo gastos asociados como transporte, vivenda ou oportunidades de educación para os empregados e as súas familias"
-Á xestión do persoal na granxa cada vez estáselle a prestar máis interese e tamén hai máis dificultades para conseguir traballadores, Por que é complicado atopar xente que queira traballar nas granxas estadounidenses? -É sen dúbida un fenómeno social multifactorial onde probablemente inflúen as expectativas do traballo no calendario semanal, acceso a máis oportunidades de educación, ou simplemente vivir preto de comunidades con mellor infraestrutura (internet, saúde, vivenda, tendas, etc.). A falta de empregados nas empresas rurais é un fenómeno global, aquí en EEUU, e tamén observo a mesma tendencia en Sudamérica e Europa. Nalgunhas granxas puidemos reverter parte da falta de empregados cubrindo os gastos asociados: transporte ou vivenda, oportunidades de educación para os empregados e as súas familias, e prover xantar ou roupa de traballo. -Na súa opinión, cales son as claves para lograr o éxito na contratación de persoal en gandarías de vacún de leite? -Hoxe en moitas granxas están satisfeitos con só poder cubrir os postos de traballo vacantes. É necesario definir claramente as responsabilidades, habilidades necesarias, rol do empregado na granxa e expectativas (transmitir claramente a cultura de traballo e a misión da granxa). Durante a entrevista de traballo é importante avaliar a actitude do futuro empregado. As persoas teñen a capacidade de aprender e sobreporse a limitacións, pero é moi difícil e custoso resolver problemas de actitude (non me importa, falta de atención aos detalles ou compromiso, etc.). Nos nosos programas de adestramentos démonos conta de que unha persoa con actitude negativa termina tendo mal desempeño, a pesar de ter excelentes coñecementos e habilidades. Hoxe damos máis importancia a unha persoa con actitude positiva que ao seu coñecemento e habilidades, porque isto podémolo mellorar moi rapidamente dentro da granxa. -A produción de leite en EEUU nos últimos anos evolucionou cara a granxas cada vez de maior tamaño, as coñecidas como megagranxas. Son xa o presente e serán o futuro da gandaría de vacún no país? -A industria leiteira consolidouse fortemente nos últimos 20 anos con menos granxas, pero de maior tamaño en número de vacas. Hoxe en EEUU, un 5% das granxas (con 1.000 vacas ou máis) muxe case o 60% do total de vacas leiteiras. A medio prazo, a consolidación de granxas leiteiras continuará con énfases para mellorar eficiencia nos procesos, integradas coas comunidades locais e recursos naturais (terra, auga e enerxía) tendo en conta as demandas dos consumidores para dar sustentabilidade ao sistema de produción.
"O gandeiro debe estar atento aos cambios e demandas de alimentos para poder adaptar o seu sistema a tempo, transformar desafíos en oportunidades e así poder seguir no negocio leiteiro"
-En Europa, aínda que en menor medida, tamén se viu este cambio cara a gandarías de maior tamaño en decremento das unidades familiares, o que habitualmente suscita críticas. Que opina deste modelo de megagranxas tan afastado das gandarías familiares? -A consolidación da industria leiteira é unha realidade global, aquí en EEUU pero tamén en Europa, Sudamérica e Asia. A maioría das granxas de máis de 1.000 vacas seguen sendo familiares, pero a maior escala. En termos de eficiencia, as granxas grandes aumentaron a produtividade individual dos animais co uso de estándares definidos de benestar animal e están a traballar moito en sustentabilidade con especial atención ás demandas dos consumidores. A falta de empregados é un desafío, pero a tecnoloxía de precisión ofrece oportunidades para automatizar procesos. É importante destacar que tamén vemos produtores con 300 vacas eficientes e explorando oportunidades para comercializar o seu leite a través de asociacións, producindo leite ecolóxico ou A2A2 para cubrir demandas específicas dos consumidores. Indistintamente do tamaño da granxa, o gandeiro debe estar atento aos cambios e demandas de alimentos para poder adaptar o seu sistema a tempo, transformar desafíos en oportunidades e así poder seguir no negocio leiteiro. O traspaso do negocio dunha xeración á seguinte é un tema importante que require un plan, compromiso e visión a medio-longo prazo para coordinar unha transición ordenada e así dar continuidade ao negocio. Nas ganderías pequenas este traspaso xeracional non esta tan claro e as baixas marxes de rendibilidade xeran incerteza que impacta sobre a viabilidade do negocio a futuro. -Mellorar a produtividade é un dos obxectivos habituais nas gandarías e que abordou en distintos traballos, Algunha recomendación para logralo? -O negocio leiteiro é a arte de controlar variación e manexar risco. Os sistemas eficientes en producir leite caracterízanse por unha forte énfase no recurso humano, cun programa definido para manexar o período de transición con procesos simples pero efectivos. Debe contarse cun programa eficiente para producir forraxes de calidade e un programa de recría definido e eficiente para lograr consistencia no desenvolvemento das futuras nais. Todos estes puntos teñen que estar integrados nun programa de benestar animal e sustentabilidade. -Que priman na actualidade as gandarías estadounidenses na produción de leite: cantidade ou calidades dos sólidos? Fixo a industria unha aposta clara neste sentido? -Nas últimas décadas, o leite págase en base a sólidos totais con bonificacións por calidade. Por tanto, houbo unha mellora xenética moi marcada nos últimos 30 anos a través de elixir touros positivos en sólidos (proteína e graxa) e con menos mastite. Hai unha tendencia moi marcada a pagar o leite en base a sólidos (principalmente proteína) e calidade, con nichos de mercado orientados a diversos grupos de consumidores desde compra local, leite ecolóxico ou produción de lácteos sen uso de millo transxénico (GMO). -Hai interese por incorporar outras razas ás granxas máis aló da Holstein?  -O 86% das vacas leiteiras en EEUU son Holstein e o resto están distribuídas nas demais razas como Jersey, Parda Suíza, Guernsey, Ayrshire, Shorthorn leiteiro, e Red and White Holstein. Tamén hai algunhas granxas que usan cruces entre Holstein, Red Holstein, Montbeliard e Jersey con moi bos resultados en termos de produción de leite con altos sólidos totais (3.7% proteína e 4.2% graxa), calidade de leite (menos de 100.000 células somáticas por mililitro) e eficiencia reprodutiva (30% TP 21 días). Indistintamente do tipo de vaca, hai un gran interese polo uso da tecnoloxía xenómica para seleccionar animais (touros e as xovencas de remprazo) con alta produción de sólidos totais, mellorando saúde e reprodución, pero sen resentir produción de leite.
"As granxas que apostan polo benestar animal logran mellorar a lonxevidade nos animais e a rendibilidade económica"
-Outro dos aspectos ao que cada vez se está dando maior importancia é o benestar da vaca. Cales son as pautas que máis contribúen a mellorar o confort do animal? En que inciden as gandarías estadounidenses? -O confort está definido polas cinco liberdades do benestar animal: acceso a unha dieta balanceada con auga, instalacións que ofrezan termoneutralidade (evitar o estrés calórico ou frío), instalacións limpas e ben ventiladas que permitan expresar o comportamento normal (descansar, comer, camiñar, etc.), animais libre de dor e enfermidades ou lesións, e  unha interacción positiva entre os animais e as persoas para evitar animais medorentos. En termos prácticos a nivel da granxa, traballamos nas seguintes 4 áreas: 1) Definir o manexo: Integrar os protocolos, persoas, animais, alimento/auga e as instalacións para definir os procesos no sistema de produción. 2) Monitoreo dos procesos: Establecer un control de calidade a través dun panel de control usando indicadores líderes (horas de descanso das vacas, dispoñibilidade de alimento, etc.) e atrasados (eventos de saúde, calidade de leite, reprodución, etc.) para determinar como responden as vacas ao manexo. 3) Capacitación dos empregados: Integrar instalacións e manexo (persoas e protocolos) para lograr consistencia. 4) Certificación: avaliación independente dos puntos anteriores para dar transparencia ao sistema de produción de leite. O benestar animal lógrase integrando as instalacións e o manexo, persoas e protocolos, con confort e saúde para darlles unha boa vida aos animais. Ao final do día, as granxas que apostan polo benestar animal logran mellorar a lonxevidade nos animais e a rendibilidade económica.
"A vaca ten unha marcada necesidade de descansar unha media de 12 horas ao día e este comportamento ten prioridade sobre o consumo de materia seca”"
-Unha das áreas de traballo nas que se especializou é o período de transición das vacas. Cales son os principais erros que, na súa opinión, adoitan cometerse no manexo do gando durante esta fase? -Formular unha dieta correctamente ou administrar unha vacina é moi importante, pero non necesariamente soluciona os problemas de saúde ou baixa produtividade. Nestes últimos anos, a investigación aplicada sobre o comportamento das vacas en transición amosounos que as vacas teñen unha marcada necesidade de descansar, unha media de 12 horas por día, e isto ten prioridade sobre o consumo de materia seca. Hoxe sabemos que sen un descanso consistente por falta de confort (camas duras ou molladas, sobrecarga dos currais, estrés calórico, etc.) é moi difícil promover altos consumos de materia seca e produtividade, indistintamente de como formulemos a dieta. A vaca deitada ten aproximadamente un 30% máis de fluxo sanguíneo na glándula mamaria comparado con cando está parada. A vaca come parada e déitase co rumen cheo, e isto explica o aumento en produción de leite cun mellor confort.
-Están concienciados os gandeiros de leite de EEUU coa produción libre de antibióticos? -É importante aclarar que o leite que chega ao consumidor é libre de antibióticos ou os seus residuos. As plantas procesadoras monitorean frecuentemente a presenza de antibióticos en leite e a nivel das granxas os produtores leiteiros seguen os protocolos establecidos polos seus veterinarios para evitar a introdución de residuos na cadea alimentaria, tanto de leite como de carne. Na década de 1990 comezou un marcado crecemento do leite ecolóxico, regulada polo National Organic Program do USDA e onde o uso de antibióticos non está permitido. A partir do 1 de xaneiro do 2017 tivemos cambios significativos a través da axencia federal Food and Drug Administration onde se regulou o uso de antibióticos en animais de granxa incluíndo abellas e peixes. Hoxe tamén temos granxas convencionais onde producen leite, pero sen o uso de antibióticos en vacas lactando. -Que pautas seguen para lograr reducir os antibióticos? -Basicamente implementando un sistema de traballo cunha forte énfase en prevención e mellora continua. Traballamos en integrar as instalacións cun programa eficiente de manexo (recría, vacas en transición e calidade de forraxes) e capacitación do recurso humano para optimizar consumo de materia seca, previr enfermidades e optimizar produtividade mellorando o benestar animal.
"Un programa de recría eficiente proporciona 5 litros máis de leite ao día e case 5 puntos porcentuais máis de taxa de preñez"
-En materia de prevención, cales son baixo o seu criterio os aspectos nos que máis deben incidir os gandeiros coas vacas en produción? -Hai cinco áreas que son fundamentais para poder previr enfermidades e lograr procesos máis eficaces: 1) Instalacións: Principalmente deseñadas con conceptos modernos para promover unha interacción positiva entre os animais, as instalacións, a dieta, as persoas e o ambiente porque isto determina o confort. O confort marca o consumo de materia seca, saúde e produtividade. É moi difícil lograr consumos de materia seca sen ter confort nos animais indistintamente como este formulada a dieta. Mellorar o confort con instalacións amigables para os animais e o persoal tendo en conta os procesos. 2) Programa de recría: Deseñar un programa simple pero eficiente para lograr crecemento constante de ganancia de peso vivo maior ou igual a 0,9 quilos por día nas xovencs de remprazo entre o nacemento e o parto. As tenreiras, principalmente os primeiros 60 días de vida, necesitan gañar máis de 0,5 quilos ao día para que funcione o seu sistema inmunitario. Por exemplo, as tenreiras que nos seus primeiros 60 días de vida tiveron unha ganancia de peso vivo maior ou igual a 0,9 quilos ao día producen 2.000 litros máis de leite por lactación comparado coas que medraron a unha taxa de menos de 0,5 quilos por día. Hoxe a tecnoloxía xenómica permítenos seleccionar animais (touros e xovencas) con mellor saúde (mastite, metrite, pneumonía) sen que se resinta a produción de leite ou sólidos. Un programa de recría eficiente proporciona 5 litros máis de leite ao día e case 5 puntos porcentuais máis de taxa de preñez. 3) Programa de transición: Deseñar un programa simple pero efectivo para optimizar o confort e consumo de materia seca, e así evitar enfermidades metabólicas (hipocalcemia e cetose). Programa de vacinación que se axuste ás necesidades de cada granxa. Mellorando o confort logramos mellores consumos de materia seca, menos enfermidades metabólicas na lactación temperá cunha mellora significativa en produción de leite e reprodución. Isto ten un efecto positivo sobre lonxevidade e rendibilidade do negocio leiteiro. 4) Programa para producir forraxes de calidade: Isto é moi importante para dar consistencia ao sistema de produción leiteira no tempo. Sen forraxes de calidade é moi difícil ofrecer unha alimentación balanceada, a cal afecta á saúde (cetose, DA), produción de leite e reprodución. O sistema inmunitario dos animais non funciona adecuadamente sen unha dieta balanceada e que estea ao alcance dos animais, indistintamente de que tipo de vacina usen. 5) Capacitación do persoal: Un programa de capacitación que sexa consistente cos protocolos establecidos e as instalacións. Implementar un sistema de traballo con forte énfase en prevención e mellora continua. A falta de empregados ou profesionais en agricultura é unha tendencia global. Necesitamos formar líderes e capacitar o recurso humano existente con ferramentas e conceptos modernos. Traballo en equipo, liderado e comunicación son esenciais en sistemas modernos de produción. Crear unha cultura no ambiente de traballo que fomente unha interacción positiva entre os animais e as persoas integrada con benestar animal e sustentabilidade. -Como están a abordar o secado? -Nas granxas ecolóxicas non está permitido o uso de antibiótico ao secado. En granxas convencionais hai tres opcións: o secado tradicional con antibióticos, a terapia selectiva sen antibiótico en vacas de baixo risco (tendo en conta o reconto de células somáticas e os casos de mastite clínicas) e ofrecer unha dieta baixa en enerxía unha semana antes do secado: a dieta das vacas secas. En granxas con vacas en alta produción ao momento do secado, é dicir cuns 25 litros por día, fórmase un grupo de vacas semanalmente e son alimentadas coa dieta das vacas secas durante unha semana antes do secado seguindo a rutina de muxido diario. A produción de leite baixa aproximadamente o 60% e isto diminúe substancialmente o risco de contraer infeccións intramamarias ao secado. A perda de leite esta compensada por unha mellor calidade de leite na seguinte lactación e as bonificacións recibidas por calidade.
"Hai unha tendencia a incorporar tecnoloxías de precisión na granxa sen comprometer o impacto ambiental e prácticas de manexo rexenerativas"
-Outra das preocupacións actuais no sector gandeiro europeo é a xestión de residuos e a redución de emisións, que tratamento dos xurros realizan as granxas norteamericanas? É un problema na actualidade? É unha prioridade a redución do impacto ambiental nas macrogranxas? -O manexo dos residuos (materia fecal do gando) e a auga é unha prioridade absoluta nas granxas leiteiras. Hai varios sistemas para o tratamento de xurros desde sistemas de biodixestores, compostado, separador de sólidos con almacenamento de materia fecal líquida (piletas ou lagoas con procesado anaeróbico e aeróbico). Hoxe vemos empresas agropecuarias medindo o impacto ambiental dos seus procesos de produción e mellorando a utilización dos recursos naturais (nutrientes do solo, auga e enerxía). Hai unha marcada tendencia a incorporar tecnoloxías de precisión sen comprometer o impacto ambiental e prácticas de manexo rexenerativas (biodixestores, paneis solares, reciclar auga ou nutrientes, uso de cultivos de cobertura sen herbicidas, etc.) no sector agropecuario en xeral e en granxas leiteiras en particular.
-Como ve o futuro do sector leiteiro estadounidense? -Necesitamos mirar ao medio prazo. Nos próximos 10 anos, seguindo a tendencia de consolidación actual, é moi probable que teñamos a mesma cantidade de vacas leiteiras (aproximadamente 9,3 millóns) pero en 11.200 granxas, eficientes en termos de producir sólidos (principalmente proteína) e sustentables, con énfase en tecnoloxías rexenerativas. Hoxe vemos sistemas de produción de alimentos completamente integrados cunha cadea de provedores establecidas, involucrándose activamente coa comunidade local, medindo o impacto ambiental e cunha loxística que vai do campo á mesa do consumidor. As innovacións poderíaas resumir en catro áreas: 1) Deseño de instalacións modernas para optimizar procesos tendo en conta o medio ambiente, facer máis eficientes os recursos dispoñibles para obter forraxes de calidade e mellorar o confort dos animais e as persoas. Isto ten un impacto positivo en benestar animal e produtividade. Hoxe temos o coñecemento para poder integrar estes conceptos con automatización de procesos e xeración de enerxía alternativa en distintos sistemas (pastoril, lote seco, cortellos libres ou compost). 2) Automatizacións de procesos para facer máis eficientes os recursos, telecomunicacións audiovisuais en tempo real, e crear unha rede de traballo integrada para dar soporte ao recurso humano responsable de executar tarefas no día a día. Hoxe podemos conectarnos a través de smart-glasses (lentes intelixentes equipados con cámaras e micrófonos) a miles de quilómetros de distancia e poder resolver en tempo real un problema puntual. Esta tecnoloxía revoluciona a forma de aprendizaxe e trae oportunidades a comunidades rurais. Tamén existen, en desenvolvemento, impresoras 3D para imprimir no lugar de traballo as partes ou repostos dos equipos ou implementos necesarios para producir alimentos. 3) Tecnoloxía xenómica ten un potencial enorme para dar respostas concretas na selección de animais adaptados ás necesidades de cada rexión ou país (produtividade, saúde, reprodución, lonxevidade, etc.) con impacto medible en sustentabilidad.
"Hoxe necesitamos  programadores para integrar datos, visualizar a complexidade dos sistemas de produción e mellorar a toma de decisións na granxa"
4) Formar profesionais e líderes comprometidos tendo en conta as novas demandas. Este proceso necesita que nós, os responsables de formar profesionais e capacitar empregados, debemos identificar estas necesidades para poder transformalas en oportunidades e axustar prioridades educativas. Todo cambio é doloroso, pero é necesario para contribuír de forma proactiva ás demandas a medio e longo prazo dun país. Ademais de veterinarios, nutricionistas ou enxeñeiro agrónomos, hoxe necesitamos programadores de aplicacións dixitais para integrar datos, visualizar a complexidade dos sistemas de produción e mellorar a toma de decisións ou para dar transparencia aos procesos. Necesitamos comunicadores ou 'influencers' no agro para conectarnos coas novas xeracións de consumidores e poder contar a historia e feitos de forma transparente.
Listaxe actualizada das mellores xovencas xenómicas de España
A Confederación Nacional da Frisoa Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización de probas xenómicas de xovencas correspondente a febreiro. Estes son os 25 primeiros postos tanto por ICO como por IGT:
Máis información:
- 1.000 Mellores xovencas xenómicas por ICO - 1.000 Mellores xovencas xenómicas por IGT - 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€T LEITE - 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€T QUEIXO - 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€T PASTO - 100 Mellores xenómicas por IM€T ECO
“Queremos que de Mouriscade saian embrións da máxima calidade para tódalas ganderías da provincia”
Jesús Manuel Manteiga, gandeiro de vacún de leite de Vila de Cruces leva apenas uns meses como novo presidente de Africor Pontevedra. Nunha visita á súa granxa coñecemos os proxectos para os vindeiros 4 anos e as liñas nas que xa comezaron a traballar. -Satisfeito co novo cargo de presidente, logo de varios anos na directiva de Africor Pontevedra? -Decidiuse que tiña que haber un cambio na presidencia por diferentes motivos, e os compañeiros acordaron que debía ser eu quen quedara de presidente, aínda que eu quería que fose outra persoa. Agora aquí estamos para intentar non defraudar a súa confianza nestes 4 anos. -En que liñas de traballo queres incidir nestes próximos anos? -Un dos eixes vai ser o proxecto coa Deputación de Pontevedra en relación coa Finca Mouriscade. Dende Africor levabamos tempo vendo que se estaban prestando poucos servizos e non se investía na granxa. Así foi que pasou de ser a finca número 1 por ICO de España durante varios anos a quedarse no posto 17, no 20 ou no 25 e todo por falta de inversión. Nós tiñamos un proxecto que xa intentáramos levar adiante na anterior lexislatura da Deputación e que agora parece encamiñado. -Que papel xoga Africor Pontevedra agora dentro deste proxecto? -Agora creouse unha mesa de expertos integrada por 2 representantes das cooperativas, da ADS, da propia Finca Mouriscade e da Deputación e tamén conta con 2 representantes de Africor Pontevedra, un deles é o técnico encargado dos acoplamentos, que xa leva anos traballando en mellora xenética na propia granxa de Mouriscade, e outro son eu. En tódalas decisións que se tomen, como a compra de embrións, Africor vai estar presente. -Xa está traballando entón esa mesa de expertos en cuestións como a compra de embrións? -Si, de feito queriamos formalizar a compra de embrións neste ano, pero temos o hándicap de que require moita burocracia, o que leva o seu tempo. Nós queriamos presentar o proxecto xa en marzo para ter tempo de formalizar estas compras, pero co Covid-19 atrasouse todo, e a presentación do proxecto foi en novembro. Agora temos un orzamento de 50.000 euros para a adquisición de embrións que estamos xestionando, pendentes das autorizacións e da tramitación.
“O interesante é que veñan para a Finca Mouriscade os mellores exemplares, cos que se poida ter unhas xovencas cunhas moi boas calidades e que acaben repartidas por ganderías de toda a provincia”
-En que aspectos credes que se debe mellorar na Finca? -Cremos que a Finca Mouriscade ten que ser un referente non só de Pontevedra, senón de Galicia e España. Nós queremos que de aí saian embrións da máxima calidade para mellorar as calidades gandeiras de tódalas ganderías. Sigue habendo bos exemplares agora mesmo que están contribuíndo a iso, pero xa hai un certo número de ganderías que están a par coa Finca. O interesante é que veñan para a Finca os mellores exemplares, cos que se poida ter unhas xovencas cunhas moi boas calidades e que acaben repartidas por toda a provincia. Trátase de mellorar o gando vacún de leite da provincia para que sexa máis rendible, tendo en conta as esixencias actuais e que cada vez os marxes do leite son máis reducidos. Tamén nesta liña demándase un laboratorio móbil para poder facer as implantacións dos embrións nas granxas cunhas garantías. Outra das peticións para a Finca é mellorar a difusión dos servizos que alí se ofrecen para que os gandeiros poidan ter información, polo que tamén pedimos que se mellore a súa páxina web. Son temas todos eles que están falados, pedidos e que agardamos se vaian cumprindo. -Outro dos aspectos nos que parece que se vai incidir en Mouriscade é nas poxas de animais e en reducir a cantidade de leite que se vende. -Nós sempre defendemos que na Finca Mouriscade hai que muxir vacas, porque ó telas é necesario, pero a súa rendibilidade non pode vir do leite e de facerlle competencia ós gandeiros. As vacas teñen que rotar. Na Finca non pode haber vacas con 5 ou 6 partos, eses animais fan moito máis nunha gandería e alí o que se ten que apostar é por xenética nova. O mundo da xenética deu un gran cambio, e Mouriscade quedou atrasado por esa falta de inversións. Agora estase apostando claramente pola xenómica e o seme sexado. Hai anos, valía moito máis un embrión dunha vaca MB ou Excelente, que tiña que ter tido xa tres partos, que o dunha becerra. Coa xenómica cambiou totalmente todo isto, e agora estase cotizando moito máis os embrións dunha becerra que os das vacas, porque xa sabemos como vai ser tanto esa becerra como os seus descendentes. O seme sexado foi outro dos grandes avances. O seme convencional quedou xa relegado, xa que a día de hoxe ninguén quere que lle nazan machos na súa granxa, salvo aqueles que poidan rematar sendo animais para posta en centros de recría. Ninguén quere pagar 400 euros polo embrión, para que logo che saia un macho e o vendas por 100 euros en Silleda, logo de mantelo 15 días. O que se buscan son femias para a recría da granxa.
“En Africor estamos buscando o xeito para que a Consellería de Medio Rural nos axude co xenotipado nas granxas”
-A xenómica é entón un dos puntos nos que se debe incidir tanto en Mouriscade como dende Africor? -Dende Africor e Afriga é un dos temas nos que queremos traballar. De feito, os presidentes dos 3 Africores estamos xa buscando o xeito para que a Consellería de Medio Rural nos axude no xenotipado nas granxas, que actualmente ten un custo de 30 euros por xovenca. Por exemplo, eu xa estou xenotipando tódolos animais que nacen na gandería, porque nos dá información tan útil como se son portadores de enfermidades ou a súa capacidade produtiva. -Débese transformar tamén o servizo de analítica de mostras que se ofrece ós gandeiros da provincia dende o laboratorio de Mouriscade? -As melloras sempre son positivas, só que nós vimos que a parte que estaba decaendo era a granxa, onde non se investía nada de cartos, mentres que no laboratorio si se viron inversións. Hai aspectos, como nas analíticas do leite, que antes incluían tamén os antibiogramas e que agora para telos hai que facelos a través de Ligal, que se poderían mellorar ou as demoras que vimos no verán, pero, en xeral, os gandeiros están conformes co servizo.
“A gandería non é a responsable de tódolos males do planeta, como parece que se quere responsabilizar”
-Tedes algunha demanda especial por parte dos gandeiros nos últimos tempos? -Unha demanda de todo o sector é dignificar o labor do sector gandeiro, que somos fundamentais para a sociedade. Temos que seguir mellorando en cuestións como o respecto ó medio ambiente, pero é un aspecto no que levamos moito tempo traballando. A gandería non é a responsable de tódolos males do planeta, como parece que se quere responsabilizar. Esta é unha profesión bonita, pero ten que ser tamén rendible economicamente, senón van seguir pechando granxas, o que xera problemas para os veciños derivados do abandono da actividade gandeira. -A cantos gandeiros dá servizo Africor Pontevedra? -Agora mesmo no control leiteiro atendemos a uns 470 gandeiros e temos un servizo de asesoramento en alimentación e en acoplamentos. Aparte axudamos tamén cando nos demandan colaboración en temas de xestión. O obxectivo é axudar ó sector na medida en que se poida. Ó longo do 2021 queremos intentar facer un reparto de seme a domicilio. En colaboración con Xenética Fontao, estamos mirando de mercar unha furgoneta para ofrecer este servizo. Outro proxecto no que tamén estamos traballando e que xa se valorara coa directiva anterior, é a unificación dos Africores de Galicia. Como cambiamos os presidentes das 4 organizacións acordamos darnos un tempo para asentarnos e despois comezar a traballar para facer un único Africor Galicia.
“Queremos unificar as catro organizacións nun único Africor Galicia”
-Con cantos controladores contan hoxe en día para este servizo? -Temos 11 controladores, 2 técnicos en alimentación e 1 especializado en acoplamentos que compaxina a súa actividade tamén como controlador. Despois está o xerente e unha persoa na oficina. -Coa evolución cara a sistemas de muxido que proporcionan un maior número de datos e información significativa ós gandeiros, quedan máis comprometidas algunhas das funcións de Africor? -É certo que ás veces a algúns gandeiros resúltalles difícil comprendelo e mesmo cuestionan o labor dos controladores, pero a verdade é que son totalmente compatibles e compaxínanse moi ben. Mentres que o robot de muxido che aporta datos, o control de Africor axúdache a contrastar eses datos coas súas analíticas. Ademais, o historial e a información dos animais que se fai a través de Africor e que resulta de utilidade para os gandeiros non cho aporta o robot. -Ademais de pola vinculación con Africor, gandería Manteiga é unha das habituais no certame morfolóxico Feiradeza, ves necesario introducir cambios para fomentar unha maior participación por parte de gandeiros da comarca e doutras zonas de Galicia? -Creo que si é preciso facer cambios neste tipo de concursos, sobre todo a nivel local como é o caso de Feiradeza. Vexo necesario que se equilibren as condicións de partida para os participantes, de modo que os gandeiros novos, que participen por primeira vez, non se atopen perdidos neste mundo pola súa inexperiencia en certames, aínda que teñan exemplares que poidan optar a premios. Creo que é preciso tamén máis formación no tema dos certames e dignificalos.
“Nos concursos creo que é necesario equilibrar as condicións de partida dos participantes, ofrecer máis formación e dignificar estes certames”
Ademais, houbo outros factores que na miña opinión influíron en que os concursos foran a menos, como a gran progresión que se fixo no sector, así como o incremento da carga de traballo nas ganderías. Tamén foi determinante a falta de apoio económico a estes certames por parte das administracións. Por moito que queiras participar, se cada ano che supón un gasto acabas por non ir. Creo que todos somos responsables, temos culpa, da caída destes concursos. -Como valoras a túa experiencia nos concursos? -Aínda que levamos anos participando, teño pouca experiencia en comparación con outros gandeiros da zona e cando comezamos descoñeciamos por completo este mundo. Recordo que cando nós comezamos chegamos a Feiradeza vimos que a xente alimentaba, lavaba, peiteaba as vacas ou as paseaba seguindo uns criterios que nós descoñeciamos por completo. A min ensinoume a pasear as vacas Avelino Souto, que era aínda un mociño, pero que xa levaba paseando animais en concursos dende cativo, e Manuel Donsión Silva, outro habitual de Feiradeza. Agora, a base de participar e do que nos gustan, na miña granxa xa tentei facer cambios nestes anos para seguir indo a concurso. Así é que decidimos ter dúas liñas de animais: por un lado os que temos en produción na granxa e por outro os que temos para participar en concursos. Eu vexo os certames como unha afección máis, como ó que lle gusta ir de caza. -Que perspectivas de futuro ves para o sector gandeiro? -Dende Africor, as perspectivas pasan por un Africor forte, centrado e unificado. Aínda que levamos pouco tempo, coincidimos en que tres dos presidentes somos gandeiros, vivimos das vacas e gústanos o noso traballo, así é que temos opinións moi semellantes. En canto ó sector, creo que o importante é conseguir deixar de depender das axudas. Critícannos polas subvencións e eu só pido para o prezo do leite o prezo de hai 32 anos máis a metade do que subiu o IPC, deste xeito poderemos eliminar as subvencións. Non pode ser que no ano 2020 esteamos a vender o litro de leite a 29 céntimos de base, cando no ano 1988 se vendía a 60 pesetas (36 céntimos), con tódolos incrementos que se viron nestes anos nos gastos.
“En Galicia, os gandeiros fixemos os deberes, quen non os fixo foi a industria, que só empaqueta o leite sen apostar polo valor engadido e logo págano os produtores con baixadas no prezo”
Creo que o sector gandeiro galego fixo os deberes e ten aínda capacidade para producir máis leite, seguimos sendo os maiores produtores de leite de España. Se alguén non fixo os deberes aquí foi a industria, que o único que fixo en Galicia foi meter o leite nun brick, non se molestou en transformalo e en apostar polo valor engadido e agora segue pagándoo cos gandeiros, con baixadas cando quere e empregando o leite como produto reclamo. Agora véñensenos novas esixencias, como as reducións de emisións que nos piden, a nova normativa dos tratamentos dos xurros, e nós estamos dispostos a seguir mellorando as nosas granxas, pero non pode ser que estas esixencias non se reflictan no prezo do leite que cobramos.
Vista das novas instalacións da gandería Manteiga.
Gandería Manteiga
Jesús atende en Oirós, Vila de Cruces (Pontevedra) a súa granxa de vacún de leite, na que tamén son socias as súas dúas fillas e a súa muller. Nos últimos anos acometeron a construción dunha nova granxa, na que actualmente conta con 160 cabezas de gando frisón. Nas novas instalacións optou por incorporar un robot de muxido, co que actualmente moxen 68 vacas. O cambio á nova granxa e ó novo sistema de muxido supúxolle un incremento de 10 litros de leite en cada vaca, “aínda que tamén se incrementaron os gastos”, matiza o gandeiro. Os plans a curto prazo na Gandería Manteiga pasan por dobrar o número de vacas en produción e instalar un segundo robot de muxido. Por este motivo está a fomentar a recría, e conta cunhas 50 becerras con menos dun ano. Tamén está apostando por xenotipar todo o seu gando, para lograr unha selección daquelas vacas con mellores características para as súas necesidades. A súa estratexia de futuro pasa ademais polas vacas A2A2, de xeito que está xa a inseminar tódalas súas vacas con touros deste tipo. Na actualidade, a media de produción da gandería sitúase nos 41 litros, cunhas calidades de 3,20 % en graxa e 3,40 % en proteína. “Na maioría das ganderías, a graxa é maior que a proteína, nós temos eses datos invertidos. Contrario ó que se puidera pensar tampouco é que teñamos acidose nas nosas vacas, senón non teríamos esta media”, explica o gandeiro. Estas cifras lógraas en base a unha ración composta por 30 quilos de silo de millo, 7 quilos de silo de herba da primeira corta, 5 quilos de silo de herba de segunda corta e 9 quilos de penso. A parte hai unha media 5 quilos de punteo no robot de muxido. A gandería manexa unha superficie de 50 hectáreas de terreo, 12 delas en propiedade. Preto da metade, unhas 22 hectáreas, destínaas cada ano ó cultivo de millo para o gando.