Archives

Curso para mellorar a xestión empresarial das ganderías

O concello coruñés de Curtis acollerá o curso “Impulsando as competencias empresariais en explotación gandeiras”, organizado pola Consellería de Medio Rural a través de AGACAL en colaboración co municipio. O curso comezará o 26 de outubro con diferentes sesións que se levarán a cabo de outubro a novembro. Os obxetivos con estas formación son os de dotar aos empresarios gandeiros da zona dunha visión máis ampla e de potencial sobre a súa actividade gandeira, para despertar, no posible, a innovación nas súas actividades e a busca de maior valor engadido, así como aportar coñecementos e ferramentas, especialmente no ámbito do control e a xestión de custos. O curso é gratuíto e os interesados en inscribirse deben poñerse en contacto co Concello de Curtis no 981 777 105 ou no 981 789 003.

Xornadas en Monforte sobre mellora da xestión das explotacións gandeiras

A Consellería do Medio Rural -a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria- ten previsto celebrar a semana que vén no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos ata cinco xornadas sobre xestión técnico-económica de distintos tipos de explotacións. As accións, de catro horas de duración cada unha, desenvolveranse de 10,00 a 14,15 h. O obxectivo dos cursos é presentar a xestión técnico-económica como unha ferramenta para impulsar a rendibilidade da actividade agrogandeira, analizando o concepto e -de maneira pormenorizada- as fases que comprende, así como o produto final que se obtén. Tamén se abordarán aspectos como os investimentos, o cálculo das amortizacións técnicas ou os préstamos, para finalizar con exercicios prácticos que axuden aos alumnos a asimilar o aprendido.

Programa

Así, o 16 e o 18 de maio están programadas senllas sesións orientadas á gandaría en extensivo, o 19 haberá unha centrada nas granxas sen terra e o día 20 unha para os titulares de explotacións de cultivos, fruticultura, vitivinicultura ou apicultura. A quinta xornada -dirixida ao vacún de leite- será tamén o luns 16 e nela falarase da situación do sector, así como da aplicación Conta Láctea, impulsada pola Xunta para que os gandeiros poidan calcular os seus custos de produción e profesionalizar a xestión das súas explotacións. Estas iniciativas están dirixidas en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma estes. A inscrición nos cursos pode facerse por internet a través desta ligazón: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas As persoas interesadas en obter máis información poden enviar un email a cesar.crespo.vazquez@xunta.gal ou chamar ao teléfono 982 889 106.

Curso online de xestión de proxectos agrarios

O Sindicato Labrego Galego organiza un curso de xestión de proxectos agrarios na modalidade online. Trátase dun curso de 16 horas, distribuídas ao longo de sete días, dende o 5 ao 12 de novembro. Inscripción: bit.ly/prox_agrarios_online Máis información en: formacion@sindicatolabrego.gal ou no teléfono 981 554 147

Curso ‘Gandeiros 20-30’ esta semana en Boqueixón e Ribadeo

A Consellería do Medio Rural está a ofrecer cursos de xestión empresarial para granxas a través do curso ‘Gandeiros 20-30’, que xa desenvolveu unha primeira edición en Sergude (Boqueixón, A Coruña) e que esta semana arrancará dúas novas convocatorias, unha tamén en Sergude, que comeza o xoves 3, e outra en Ribadeo (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias), que se inicia o venres 4. As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo enviando un correo electrónico ao enderezo agacal@xunta.es, indicando nome e apelidos da persoa solicitante, un teléfono de contacto e o código correspondente do Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA) ou nome da gandería, poñendo no asunto “Curso Gandeiros 20-30”.

Cursos de xestión empresarial para as ganderías galegas

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, organismo dependente da Consellería de Medio Rural, promove a acción formativa “Gandeiros 20-30” para impulsar as competencias empresariais nas explotacións gandeiras galegas. O evento será presencial e estará composto por 6 módulos e se desenvolverá no Pazo de Quián (Boqueixón, A Coruña). A formación impartirase en horario de 9:30 a 14:30 horas.

Programa:

MÓDULO 1: A Xestión Integral do Negocio na explotación gandeira PROFESOR: Rafael Prieto Rodríguez HORAS: 5 DATAS: 22/04/2021 MÓDULO 2: Control de Custes e Elaboración de Orzamentos PROFESOR: Gerardo Estévez Suárez HORAS: 5 DATAS: 29/04/2021 MÓDULO 3: A optimización da xestión fiscal da explotación gandeira PROFESOR: Daniel Cuadrado Ramos HORAS: 5 DATAS: 06/05/2021 MÓDULO 4: Innovación e Mellora Contínua para crear valor PROFESOR: Juan Viñas Orta HORAS: 5 DATAS: 13/05/2021 MÓDULO 5: O desenvolvemento de Habilidades de Negociación PROFESOR: Fernando Arístegui Monge HORAS: 5 DATAS: 20/05/2021 MÓDULO 6: Instrumentos financieiros para o crecemento e desenvolvemento PROFESOR: Carlota Sánchez Puga HORAS: 5 DATAS: 27/05/2021 Horario: 9:30 a 14:30

Inscrición:

Por correo electrónico a agacal@xunta.gal, indicando nome e apelidos da persoa solicitante, un teléfono de contacto e o código REGA ou nome da gandeiría. No asunto do correo deberá constar: Curso GANDEIROS 20-30.