Archives

“Debería recoñecerse máis o labor que desempeñamos os gandeiros para manter vivo o rural”

A carón do río Miño, ó seu paso polo concello lugués de Taboada, atópase a gandería familiar Cadahías de San Julián SC. Os irmáns Andrés e Santiago Gómez Cadahía asumen a xestión da granxa de vacún de leite situada na parroquia de Ínsua San Julián. O primeiro en incorporarse á gandería foi Andrés e logo fíxoo Santiago, o irmán máis novo; hai xa 12 anos. Daquela estrearon tamén as instalacións actuais da gandería. “Eu estudara Maxisterio, pero un problema de saúde de miña nai fixo que me decidise a botar unha man na casa e incorporarme á granxa”, recorda Andrés. Hoxe, parece non se ter arrepentido da decisión. Aínda que recorda esa vocación inicial, amósase satisfeito do traballo cos animais no seu día a día e do papel das ganderías no rural.
“Séguese infravalorando o campo, e sen os produtores non se sostería o rural”
Na gandería Cadahías reivindican o apaixonante que resulta o traballo no agro e cos seus animais, pero recoñecen que este é aínda un sector moi pouco valorado, a diferenza do que acontece noutros países como Irlanda, Alemaña ou Austria. “Séguese infravalorando o campo, e sen os produtores non se sostería o rural. O peche das ganderías é un problema grave para moitos núcleos rurais. Creo que debería recoñecerse o labor importante que desempeñamos os gandeiros para manter o rural”, valora Andrés Cadahía. Dende as fincas próximas á granxa pode verse tanto o río Miño ó seu paso por Taboada como a icónica Ponte Mourulle.

A importancia de levar as vacas ó prado

Nesta gandería contan cunhas 160 vacas en produción, cun manexo en intensivo, e outras 40 vacas secas e xovencas próximas ó parto que saen tódolos días ó pasto durante todo o ano. “Nos meses de xullo e agosto esta zona é moi seca e case non teñen pasto, pero con todo, botámolas para o prado polo ben que lles senta para previr problemas, en especial de patas”, explica Andrés. O rabaño complétase cunhas 70 becerras de recría. “A experiencia demostrounos o importante que é apostar pola recría, é o futuro da granxa. Para nós é fundamental escoller que touros queremos para as vacas da nosa gandería”, recoñecen. Apostan pola recría propia con touros galegos, procedentes de Xenética Fontao como Gigaball, Cady ou San Xurxo, así como animais canadenses, como Porsche, Float e Zaid. “Sempre optamos por bos touros, con resultados probados, xa que é o xeito de ir mellorando o rabaño. Aínda que leve tempo vanse vendo os resultados”, argumenta o gandeiro.
“Sempre apostamos por bos touros, xa que é o xeito de ir mellorando o rabaño”
Dende que Andrés e Santiago xestionan a granxa centráronse na raza Frisoa. “Ás veces diversificar e ter distintas razas no rabaño, como tiñan antes meus pais, tampouco te leva a nada. Nós fixámonos uns obxectivos e decidimos apostar por esta raza para conseguilos”, detallan. Acaban de incorporar unha amamantadeira para facilitar os coidados da recría máis nova.

Automatización no día a día

Nesta granxa fan dous muxidos na xornada e teñen unha media de 37 litros por vaca ó día, cunhas calidades de 3,80% de graxa e 3,30% de proteína. O leite comercialízano a través da Cooperativa Aira, coa que teñen outros servizos como a clínica e reprodución do gando e á que tamén lle mercan o penso. “O peor problema do sector é que non podemos repercutir os incrementos dos custos, a diferenza do que acontece noutros ámbitos. Somos conscientes de que dende a Cooperativa se fan esforzos nesa liña, pero a industria segue a mirar para outro lado”, valora o gandeiro.
Teñen un rabaño de frisoas, cunhas 160 vacas en produción e onde apostan pola recría propia
Traballan con sala de muxido e polo momento descartan incorporar robots de muxido. “Para as vacas que temos en produción teriamos que meter tres robots e supón unha gran inversión”, indica Andrés. Foron introducindo outros sistemas de automatización do manexo da granxa como o achegador de comida ou unha amamantadeira para a recría, que é unha das últimas melloras. Dispoñen dun achegador da comida que facilita terlle a comida dispoñible ó gando. No día a día da granxa, Andrés encárgase da xestión dos animais, mentres que os labores da terra recaen habitualmente en Santiago. “Temos as tarefas organizadas así, aínda que nas épocas de maior carga de traballo, como as campañas de ensilado de herba ou millo colaboramos onde se precise”, indican. Ademais dos dous irmáns, na gandería contan con empregados para axudar nas tarefas do día a día.

Alimentación do gando

A alimentación das vacas en produción realízana co carro mesturador que adquiriron novo á Cooperativa, logo de traballar durante anos cun de segunda man e dado que a granxa se atopa fóra das rutas da Cooperativa. “Mercamos os carros en AIRA porque traballan cunha moi boa marca e teñen unha gran capacidade de resposta cando tes unha eventualidade. Nunha máquina que está traballando tódolos días non podes permitirte que falle e, se pasa tes que saber que contas cun servizo que che ofreza solucións no menor tempo posible”, comenta o gandeiro. A ración das vacas en produción adoita ser de 20 quilos de silo de herba, outros 20 de silo de millo e 11,5 quilos de penso. A gandería manexa unha base territorial dunhas 70 hectáreas, das que 30 dedícanas a millo. “Temos alugadas algunhas fincas en Monterroso, xa que alí lógranse mellores producións que nesta zona e compénsanos”, indica. Puntualmente mercan ademais algún forraxe, principalmente millo, para suplir as necesidades do gando. “Boa parte dos traballos do campo facémolos nós, pero hai tarefas nas que sempre optamos pola cooperativa, como a colleita do millo”, explican.

Gandeiros cooperativistas

Ademais da importancia das ganderías para manter vivo o rural, a familia Candahía tamén recoñece o papel que xogan neste reto as cooperativas agrarias. Eles levan moitos anos sendo cooperativistas, con proxectos que se fraguaron xa a comezos dos anos 80 como a Cooperativa Medela de Taboada e que foron evolucionando e fusionándose ata dar lugar a proxectos de maior envergadura como o que hoxe representa AIRA, da que forman parte. “Meus pais comezaron a traballar coa cooperativa Medela, logo pasamos a ICOS cando se fusionaron e mesmo estiven 9 anos como vicepresidente de ICOS, o que amosa o noso compromiso co proxecto cooperativista”, valora Andrés.
“Hai quen non valora as cooperativas e o papel que teñen, pero abonda fixarse naquelas zonas sen cooperativa para ver que a perda de ganderías é moito máis rápida”
“Hai quen non valora as cooperativas e o papel que teñen, pero abonda fixarse naquelas zonas sen cooperativa para ver que a perda de ganderías é moito máis rápida. A nivel individual é difícil acadar certos servizos que se logran a través da Cooperativa”, reivindica o gandeiro.

SAT Teixeiro, confort para o gando e aumento de produción cos robots

Mamoudou, Manolo, Teresa e Javier na zona da nave que ampliaron hai dous anos para secas e xovencas Tres irmáns (Teresa, Manuel e Javier Teijeiro Álvarez) están á fronte de SAT Teixeiro, unha explotación familiar situada na parroquia da Rigueira, na Pastoriza, que destaca polos índices xenéticos e morfolóxicos dos seus animais e foi das primeiras explotacións en Galicia en facer a proba xenómica a todo o seu rabaño. Entregan o leite a Entrepinares, polo que buscan un equilibrio entre litros e calidades e fan fincapé na comodidade dos animais e no manexo tanto na etapa de produción como na recría. A gandería herdárona no ano 2001 dos seus pais, Félix e Pilar, cuns 40 animais dando leite e foi medrando ata contar hoxe cunhas 125 vacas en produción repartidas en dous robots de muxido instalados hai dous anos. Os tres irmáns optaron no seu momento por trasladar a explotación a unha zona alonxada das casas, no lugar coñecido como Fontes, o que lles permitiu deseñar de novo as instalacións sen toda unha serie de limitacións coas que se atopaban na ubicación onde comezaron os seus pais, e así poder seguir ampliando e medrando progresivamente todos estes anos, e, ao mesmo tempo, aproveitar o establo vello para a recría.
No noso caso os nosos pais cando se retiraron, que decidiron facelo anticipadamente para que colleramos nós a explotación, non volveron aquí a traballar nin se meteron nas nosas decisións. Nese sentido, soubéronse retirar e sempre nos apoiaron
"Eu e Manolo incorporámonos no 2001, eu con 24 anos e el con 22 e fixemos a SAT e un ano despois empezamos as obras. No ano 2003 uniuse tamén Teresa. Miramos de facer de novo nesta finca que xa a mercaramos uns anos antes e aproveitar a corte vella para almacén e recría", conta Javier. "No noso caso os nosos pais cando se retiraron, que decidiron facelo anticipadamente para que colleramos nós a explotación, non volveron aquí a traballar, nese sentido, soubéronse retirar. O noso pai estaba sempre ao lado noso apoiándonos pero non se metía en nada, deixábanos facer e sempre nos deu para adiante", di. Félix faleceu hai uns anos, pero Pilar segue a ser un apoio importante e facilítalles o traballo diario. "Cando paramos a mediodía, por exemplo, temos a comida feita", exemplifican. Robots, amamantadora, arrimador e eficiencia enerxética Un robot moxe o lote de primeirizas e o outro as multíparas, con punteo e ración de alimentación diferenciada As últimas decisións que tomaron consistiron na automatización da granxa, coa incorporación do sistema de muxido robotizado, un arrimador autónomo para a ración e unha amamantadora nodriza para as becerras. Xunto a estes cambios, ampliaron e reconfiguraron a nave para acoller a recría na súa fase inicial e final e as vacas secas. Aproveitaron tamén para acometer melloras en canto á eficiencia enerxética da granxa, coa instalación dun sistema de xeración fotovoltaica para autoconsumo xunto cun variador de frecuencia, un enfriador de placas e un cambio de iluminación. Consideran que o paso da sala de muxido ao robot axudoulles a aproveitar mellor o potencial produtivo do seu gando. "Aquí tiñamos animais que na sala eran vacas boas, pero foron ao robot e convertéronse noutro tipo de vacas moito máis produtoras. Foi un cambio positivo para nós, houbo vacas que chegaron aos 70 litros e outras que mesmo pasaron deles e na sala non lograbamos esas producións neses mesmos animais. Nós unha media de 41 litros nunca a tivemos cando muxiamos na sala, chegaramos algunha vez a 39 litros e medio, pero había moito leite nas camas, así que tiveramos que volver baixar un par de litros. E era algo esporádico durante vinte días ou un mes pero agora desde que puxemos os robots é continuo. E iso que non lles estamos dando caña ás vacas, polo tema de chegar ás calidades requeridas pola empresa á que lle entregamos o leite, que senón podiamos ter dous ou tres litros máis tranquilamente", aseguran. Zona de separación para facilitar o manexo das vacas en produción Unha vaca na zona de separación, con capacidade para seis animais Os robots contan cunha zona de separación dotada con seis cubículos, a onde mandan os animais en celo, os que están enfermos, as vacas recén paridas ou tamén as que están secando. "Fanse moitas cousas nesa zona de separación, é algo moi cómodo e moi práctico, por exemplo algunha que está enferma mandámola para alí para que cando veña o veterinario estea xa separada", conta Javier.
No momento de secar, durante tres ou catro días facémoslles unha única muxidura. O secado brusco é cómodo para o gandeiro, pero a vaca adáptase mellor así
Ese espazo tamén lles facilita o manexo en moitas outras tarefas diarias. "Sobre todo separamos vacas que están moi próximas, para que non anden polo medio das outras, ou cando secamos xa lle marcamos no ordenador tamén para que nolas mande para alí, e durante tres ou catro días facémoslles unha única muxidura para que non noten tanto o secado brusco e non lles quede todo ese volume de ubre. O secado brusco é cómodo para o gandeiro, pero a vaca adáptase mellor así, a nós funciónanos mellor así, porque insuman mellor as ubres e non temos problemas", engade Manuel. Recría dividida en 4 lotes ata o destete Cando instalaron os robots, en xullo do 2019, aproveitaron para facer unha ampliación para as vacas secas e as xovencas e reconvertiron o espazo que ocupaba a sala de muxido e a zona de espera para a recría, instalando tamén unha amamantadora, o que lles permitiu mellorar o crecemento das xatas. "Notamos un crecemento máis uniforme. Antes tiñamos problemas no cambio do box individual ao lote. Nesa adaptación paraban de medrar, pero agora están en grupo desde pequeniñas e nótano moito menos", conta Manuel. Teñen este espazo da recría máis pequena parcelado en catro zonas, o que lles permite ir facendo lotes no periodo de lactación dos animais. Nun grupo están só os xatos, destinados a vender, e nos outros tres van dividindo as xatas por idades, incorporándoas ao lote inicial a medida que van nacendo e rotándoas despois polos outros espazos a medida que cumpren semanas de vida. "Iso permítenos que non haxa saturación de animais nin competencia na amamantadora entre becerras maiores e becerras recén nacidas, por iso optamos por poñer a amamantadora con catro estacións diferenciadas", explica Javier.
Puxemos unha amamantadora con catro estacións e separamos por idades porque así os animais nunca compiten, os pequenos son todos pequenos e os maiores están noutros lotes
Ese sistema permítelles unha incorporación temperá á amamantadora. "Como están con animais da súa mesma idade e están con moita amplitude de espazo, desde que acaban o costro xa poden ir para a nodriza e non teñen problema ningún, adáptanse perfectamente. Ao ter pouca carga tampouco temos problemas de trasmisión de enfermidades e, en caso de que houbese un contaxio, poderían infectarse 4 ou 5, que son as que están nese lote, pero non as 20", razoa Manuel. "Antes xa non tiñamos moitas baixas, pero desde que puxemos a amamantadora non nos morreu ningunha becerra polo manexo, o ano pasado de oitenta e pico partos só tivemos dúas baixas, dous animais que xa naceron mortos", engade o seu irmán.
Gústalles facer tanto o secado das vacas como o destete das xatas progresivo para que os animais noten o menos posible os cambios
As xatas van incrementanto a inxesta ata mamar 10 litros, pero a partir do día 55 vanlles baixando ao leite progresivamente ata 85 días, que é cando fan o destete. "A curva de lactación arrinca con 5 litros e medio e aos 12 días xa están tomando 7 litros e van subindo, logo botan entre 20 e 30 días nos 10 litros e despois xa vai baixando. Nos últimos días maman medio litro", explica Teresa. Aproveitan o establo vello para unha parte das xatas Tralo destete na zona adaptada hai dous anos para as becerras no espazo que ocupaba antes a sala de muxido na nave de produción, as xatas baixan para as instalacións vellas da gandería, as que usaban os seus pais como establo, até o momento de seren inseminadas, no que xa volven para a ampliación acometida tamén hai dous anos na nave nova. "Cando van para o establo vello xa van adaptadas á comida e á trabadiza para que non noten o cambio e alí seguen estando estradas en palla ata os 8 ou 9 meses, que pasan a cubículos", indica Manuel.
Nas naves que tiñan os seus pais están ás becerras entre o momento do destete e o da inseminación
Seguen prestando atención á mellora xenética, poñendo embrións e optando polo seme sexado nas xovencas, pero inseminando con cruce industrial, sobre todo azul belga, case o 50% das vacas adultas. "Cos robots limitámonos e non podemos medrar máis, polo que neste momento estamos poñendo moita carne porque o mercado das tenreiras é moi irregular e nós investimos moito en xenética desde hai moitos anos pero para dar vendido unha becerra en 300 ou 350 euros era complicado, cando ti tiñas gastado a 500 e a 1.000 euros en embrións. A xente viña mercarche as xatas e aínda che regateaba, así que agora poñemos moito cruce. Sacas igual os 300 euros e ninguén especula coas túas xatas", razoa Javier. Máis de 20 anos investindo en xenética Esta gandería da Pastoriza destaca polos índices xenéticos e morfolóxicos dos seus animais, aínda que, asegura Javier, "para que haxa un animal bo nunha explotación, a maiores dunha boa base xenética, ten que haber tamén manexo, confort e alimentación". SAT Teixeiro foi ademais das primeiras explotacións en facer a proba xenómica a todo o seu rabaño. "Nós traballamos moito con Fontao e poñemos unha media duns 15 embrións ao ano, sempre poñemos lotes, e como temos as nosas xatas todas xenotipadas cando sae unha cuns bos índices e hai demanda de embrións tamén lles sacamos embrións e vendemos", explican.
Nós levamos investido moito en xenética. Hoxe aquí o 80 ou 90% dos animais son descendentes de Boss
Cando Javier e Manuel se incorporaron á gandería familiar, a súa inquedanza por mellorar o nivel xenético do seu gando levounos a mercar nos primeiros anos animais de alto valor xenético no centro de Boss de Guísamo e por apostar de xeito decidido pola técnica de transferencia embrionaria. "Hoxe aquí o establo o 80 ou 90% é descendente de Boss. Nós no ano 2002 compramos vacas de 4.000, 5.000 e 7.000 euros, que eran moitos cartos para unha vaca, e cando se desfixo o centro, mercaramos moitos embrións das novillas que estaban en cabeza en xenómica. Nós tiñamos claro que había que apostar por iso", asegura Javier.
Temos todo o establo xenotipado desde hai 4 ou 5 anos, fomos dos primeiros en facer aquí a xenómica
Co paso dos anos seguiron tratando de manter e de mellorar aquela base. "Nunca nos opoñemos a traer familias de fóra cando as trae Fontao. Hoxe a xenética está a prezos moi asequibles, pagas 600 ou 700 euros por 4 embrións, cando antes pagábalo por un só", considera Javier. "Está claro que a xenómica deu un xiro a todo isto, pero os animais bos xenomicamente saíron onde se estaba traballando a xenética desde facía anos", opina Manuel. No último balance da Federación Frisona Galega, relativo ao ano 2019, foron a gandería número 2 en índices xenéticos (ICO) na provincia de Lugo, a número 6 de Galicia e a número 15 de España e contan coa vaca número 2 en ubres, a número 5 en patas e a número 18 a tipo. É o resultado da constancia, que os fai ocupar postos de honra desde fai anos. "No 2016, durante case un ano, tivemos a vaca número 1 de España, Teixeiro Suprem Suba FIV ET, que era filla de Suprem e neta de Barman, dous touros de Fontao", lembra Javier. Equilibrio entre produción e calidades Pero a estratexia de inseminación de SAT Teixeiro cambiou radicalmente desde que hai dous anos instalaron os robots. "Nós eramos máis tiperos pero agora fixámonos menos niso. Agora estamos condicionados polo robot e buscamos rendibilidade, así que o que buscamos agora é velocidade de muxido, patas e ubres", recoñece Manuel. SAT Teixeiro vende o leite a Entrepinares desde hai 3 anos polo que busca un equilibrio entre litros e sólidos. "A nosa media actual é de entre 40 e 41 litros por vaca e día cun 3,80-3,85% de graxa e un 3,35% de proteína. Temos que estar sempre por enriba do 3,80% de graxa, porque nos esixen esas calidades, pero a nós tamén nos interesa ter litros porque ata agora aínda se segue pagando o leite en función dos litros, pero máis media de produción sería complicado porque non cubririamos as calidades e penalizaríannos", razoa Javier. Están contentos coa empresa á que entregan e son conscientes que ao tratarse dunha queixaría, porcentaxe de sólidos e calidade do leite son aspectos esenciais. "Nós levabamos xa moitos anos en certificación a través de Irmandiños, que fora a primeira cooperativa que empezara a certificar o leite, e xa nos valeu para Entrepinares. Nós antes pertenciamos a unha cooperativa aquí que se chamaba O Caxigo pero collían o penso a Irmandiños, así que decidimos ser socios de Irmandiños directamente. Iso foi xa fai máis de 20 anos", conta Manuel. 65 hectáreas de superficie Irmandiños (agora CLUN) préstalles tamén diariamente o servizo de carro mesturador. Fan dúas racións de produción, unha para as primíparas e outra para as multíparas, que é tamén como as teñen separadas nos robots, en dous lotes. As primeirizas están con 30 quilos de silo de millo, 18 de silo de herba, 2,5 de alfalfa e 8,5 de concentrado, máis o que puntea o robot, que chega, segundo produción, ata os 9 quilos. En canto as adultas, están con 32 de millo, 20 de herba, 2,5 de alfalfa e 8,5 de mestura de concentrado. "As multíparas van todas igual pero a gráfica de punteo para as primeirizas é diferente, porque chegan máis tarde ao pico de lactación, acábano collendo aos 120-130 días", asegura Manuel.
Fan o ensilado da herba e do millo na explotación e vénlles o carro da cooperativa Os Irmandiños a facer a ración
Esta gandería manexa unhas 65 hectáreas de terreo, das que botan a millo 37. Delas 17 quedan só para millo e nas outras 20 fan rotación millo-raigrás. Aínda que A Pastoriza é un dos concellos con máis produción de leite de Galicia, empeza a haber algunha terra dispoñible en la zona. "Era máis complicado aumentar superficie hai uns anos, agora empeza a ser posible e sobre todo é máis doado ter as fincas localizadas máis preto da explotación", considera Manuel. "Nós temos todo aquí ao redor, agás 5 hectáreas que temos en Pacios e nas que botamos millo nada máis", engade o seu irmán.
Habitualmente facemos un só corte do raigrás porque dous cortes encarece os custos de segar e ensilar e estás sacrificando produción de millo
En canto aos traballos agrarios, unha parte fanos eles e outra parte contrátanos a unha empresa de servizos da zona, sobre todo nas campañas de ensilado e sementeira do millo. "Na herba a nosa idea é sacar un corte só porque para obter dous nesta zona é complicado e auméntanche moito os custos de segar e ensilar para pouca produción a maiores que colles e estás sacrificando unha semana ou dez días do millo por facer eses dous cortes e moitas veces non compensa porque estás mermando a produción de millo", asegura Manuel. Este ano, sen embargo, fixeron dous cortes. "Aproveitamos que fixo bo tempo para segar cedo o primeiro corte e limpar as fincas pero o habitual é facer un só corte de herba e despois o millo", aclara.
Os silos de herba moi nova, con moita proteína e pouca fibra, son moi delicados de manexar no carro
Ademais, engade, "ao ser un corte, o primeiro, de herba moi tenra, fai bolas no carro e iso non se mestura ben co millo nin co concentrado e aínda que teñas un silo de herba cunha analítica dun 20% de proteína e unha dixestibilidade enorme despois realmente o que comen as vacas non é iso, porque fai mala mestura e unha come as bolas de silo de herba e a outra o millo e canto máis mesturas no carro máis apelmaza e máis bolas fai, polo que eses silos de herba tan bos son despois moi delicados de manexar no carro", explica. Inxección do purín A cisterna co sistema de aplicación localizado do xurro custoulles 130.000 euros Ademais da ampliación das instalacións e da modernización dos sistemas de muxido e alimentación, ao ir medrando a granxa as necesidades de maquinaria tamén se foron incrementando. Unha das últimas adquisicións foi unha cisterna con inxectores para a aplicación do purín. "Levamos dous anos inxectando o purín e vemos que ten vantaxes claras: é máis rápido, desprende menos olor, non dependes de onde veña o vento e incluso se a herba está máis alta non a retrasa, pódelo botar igual, cando da outra maneira non. É moito máis rápido á hora de botalo porque descarga antes e levas máis anchura e á herba nótaselle moitísimo porque nunca a manchas", conta Javier, que é normalmente o que se encarga do abonado.
Levamos dous anos inxectando o purín e vemos que ten vantaxes claras: é moito máis cómodo e rápido á hora de aplicalo e nunca retrasas o crecemento da herba aínda que estea algo alta
O investimento necesario en adquirir todo o equipo foi de 133.000 euros. "Nós tiñamos unha cisterna de 18.000 litros que tiña só catro anos pero preferimos non adaptala e mercar unha cisterna xa fabricada para sistema de inxectores, porque penso que a adaptación non funciona igual", considera Javier. "A cisterna que tiñamos valoráronnola ben, pero o malo é que para comprar cisternas novas hai pouca subvención, non é normal que por comprar unha cisterna que vale 130.000 euros che dean só 6.000 euros de subvención cando ademais é un cambio obrigado pola nova normativa", quéixase. Semanas con 4 días de traballo e 3 de libranza Contan con arrimador autónomo e depositan directamente o material de recheo nos cubículos para non encamar Unha vez feitos os principais investimentos e aínda que recoñecen que "nunca acabas de investir porque sempre hai cousas que mellorar e se queres gañar en comodidade seguramente dentro duns anos haberá outros avances que introducir", o seu obxectivo a curto prazo é "estabilizar a explotación", á espera de saber se algún dos seus fillos ou fillas deciden coller o relevo, como fai 20 anos fixeron eles. "A vida dá moitas voltas e nunca se sabe, pero xa non o maman como o mamamos nós", opina Manuel.
Nas explotacións hay que estar investindo continuamente para modernizalas e mellorar en comodidade e seguramente dentro duns anos haberá outros avances
Teresa, Manuel e Javier contan cun empregado, Mamoudou, de Mali, que chegou a España en caiuco e logo de traballar no sector da froita de Andalucía acabou recalando en Galicia, onde está a ter a súa primeira experiencia en ganderías de leite en SAT Teixeiro. Aínda que só leva medio ano traballando na Pastoriza, existe xa unha relación de confianza que vai máis aló do laboral. "Mamoudou é moi boa persoa e mesmo lle chama mamá a nosa nai", di Javier. Entre os catro son capaces de levar de maneira desafogada a carga de traballo da explotación, ter as necesidades de man de obra cubertas en todo momento e lograr unha boa calidade de vida. "Traballamos unha semana completa e despois durante dúas semanas traballamos 4 días e libramos 3, incluída a fin de semana e o horario que facemos é de 8 a 1 pola mañá e de 4 a 8 pola tarde. Sempre quedamos na explotación dúas persoas como mínimo. Os martes estamos sempre os 4 e o resto dos días pola semana estamos 3 e as fins de semana sempre hai dúas persoas. Menos de dous eres capaz de facer o básico soamente", explican.
Nós tamén notamos o cambio ao robot, sobre todo nos cóbados e nas mans. Moitas veces andabas con tendinitis polo movemento de tirar os primeiros chorros
A automatización de tarefas como o muxido, a alimentación ou o encamado permítelles centrar o seu traballo do día a día en atender o gando e sacarlle o máximo partido pero tamén fai que teñan un menor desgaste físico a nivel individual. "Nós tamén notamos o cambio ao robot, sobre todo nos cóbados e nas mans. Moitas veces andabas con tendinitis polo movemento de tirar os primeiros chorros e o traballo mecánico repetitivo de colocar as pezoneiras", asegura Manuel.

"As vacas son igual cas persoas, se tes a cama ben feita descansas mellor e rindes máis"

O descanso, tanto dos traballadores coma do gando, é unha das prioridades en SAT Teixeiro. Para o primeiro investiron en tecnoloxía e para o segundo confiaron en Galical. Hai ano e medio que a empresa lucense especializada en encalado de fincas e mesturas a base de carbonato para as camas, lles sirve o material de recheo dos cubículos. Empregan un produto composto nun 60% por carbonato cálcico e no 40% restante por serrín de piñeiro. Aínda que a mestura máis habitual na maioría das explotacións leiteiras é 70% carbonato, 25% serrín e 5% cascarilla de arroz, nesta gandería da Pastoriza prefiren que leve máis serrín, porque fai a cama máis esponxosa. "As vacas é igual cas persoas, se ti tes a cama ben feita descansas mellor e rindes máis. Pois as vacas o mesmo, elas tamén necesitan descansar para poder dar leite", afirma Teresa.
Enchemos os cubículos cada 15 días e gastamos uns 50.000 quilos de material ao mes
Por iso na SAT Teixeiro non escatiman material á hora de rechear a cama e de levar a cabo o seu mantemento. "Enchemos os cubículos cada 15 días, unha vez á semana pasamos a gradilla e despois enciño todos os días á mañá e á noite. Nós sacamos o mollado tamén. Gastamos uns 50.000 quilos de material ao mes", detallan. Comodidade para as vacas e para o gandeiro Cada dúas semanas o camión trae a mestura para o recheo das camas desde a planta de Galical no polígono das Gándaras de Lugo. Está equipado cun tubo que desde o pasillo de alimentación deposita xa directamente o material nos cubículos. "Este sistema é moi rápido e cómodo. Nós antes metiamos a mestura co tractor, pero así non tes que andar abrindo cancelas nin cambiando vacas para un lado e para o outro", explica Javier.
Este sistema é moi rápido e cómodo. Vén o camión co tubo e xa vai descargando a mestura de carbonato e serrín nos cubículos
Esa foi a principal razón pola que esta explotación se cambiou da mestura de carbonato e serrín que lles servía Irmandiños, que non lles encamaba, á de Galical, que conta con tres camións cisterna equipados con este sistema de tubo que manda o recheo directamente á zona dos cubículos.
Antes usabamos a mestura de carbonato e serrín de Irmandiños, pero Irmandiños non nos encamaba e Galical si
A mesma mestura sírvese tamén en bañeira para ser depositada nun silo, ou en big bags para explotacións de pequeno tamaño, pero deste xeito o gandeiro aforra o traballo e o tempo de ter que encamar el. Contando os tres sistemas de entrega, Galical sirve mensualmente unhas 5.000 toneladas de material de recheo para as camas a ganderías de Lugo e A Coruña principalmente. "Non hai que encalar as terras" SAT Teixeiro probou xa os tres principais materiais de recheo para cubículos empregados en explotacións de leite en Galicia, palla, area e carbonato, con bos resultados en todos eles a nivel de mamites e células. "Nunca tivemos moitos problemas dese tipo con ningún tipo de cama. Primeiro tivemos palla, despois area e logo xa pasamos ao carbonato con serrín", di Teresa. Sen embargo, afirma, a nivel agrícola o seu comportamento é moi diferente. "A area é moi boa para a cama da vaca pero para nada máis. Pensas que tes purín e o que tes é area e auga. O purín que tiñamos antes coa area non ten nada que ver con este de agora a nivel de aporte de nutrintes e ademais estás levando cal para as fincas e xa aforras así de encalar despois", explica.
O purín que tiñamos antes coa area non ten nada que ver con este, agora abona
Esa é precisamente outra das principais vantaxes da utilización de carbonato cálcico en vez de area nos cubículos. "É sostible no tempo, pasan os anos e non estás deteriorando as terras, senón o contrario, estás fortalecéndoas e mellorándoas sen ter que considerar o gasto de encalar, sobre todo tendo en conta os solos que temos en Galicia, que son moi ácidos", aseguran nesta gandería. Outra das vantaxes é o menor desgaste das instalacións, un aspecto importante a considerar nas explotacións con sistemas de muxido robotizado, así como os menores problemas de atascos nas canles do xurro e de depósito nas fosas de almacenaxe do purín.

De Sultan a Guay pasando por Xacobeo, un percorrido polos touros galegos que fixeron historia

“A xenética española hai tempo que ten acento galego”. Quen o afirma é Mauricio de los Santos, veterinario de Xenética Fontao (Lugo), centro que ten boa parte da responsabilidade de que Galicia se convertera nun referente en xenética na raza frisoa nos últimos anos. De los Santos aproveitou a súa participación nas últimas xornadas gandeiras de Agolada (Pontevedra), celebradas recentemente, para facer un percorrido por esta evolución xenética, na que se inclúen destacados animais que fixeron historia a nivel internacional, como o touro Xacobeo.
O programa do centro de Fontao foi considerado por Conafe como o mellor en canto a cantidade e calidade dos animais logrados
O centro de Xenética Fontao, entidade de carácter público nun 80%, foi a ferramenta para lograr que os animais galegos se abrisen paso no panorama internacional. O programa desenvolvido en Galicia chegou a ser considerado, segundo os datos e valoracións da Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe), o mellor en canto a cantidade e calidade dos animais que se logran a nivel xenético.

Sultan, un touro que abriu camiño

Nun percorrido pola evolución da raza frisoa ó longo dos últimos 35 anos realizado por Conafe, obsérvase como Xenética Fontao foi buscando e facéndose un oco. A mediados dos anos 80, os animais de orixe español na clasificación de touros con máis fillas no libro xenealóxico da raza Frisoa supoñían apenas o 38% e non había ningún galego. Mentres, algo máis do 57% procedía de Canadá. Daquela, mesmo EE.UU tiña unha presenza reducida cun 4,8%. Neste contexto foi cando comezou a impulsarse no Centro de Xenética Fontao o coñecido como Plan Integral de Mellora Xenética (PIMX). “Daquelas a xenética era aínda unha materia pendente en Galicia para o sector leiteiro”, apunta Mauricio.
Sultan foi o primeiro touro importado por Xenética Fontao, procedente de Canadá
Comezaron a importarse embrións e touros vivos para poder comezar a contar con femias coas que traballar, co gaio de lograr tanto futuras nais como touros. Aínda hoxe estas dúas liñas de traballo seguen a ser empregadas para conseguir animais destacados. Os primeiros resultados chegaron con Beaucoise Wind Sultan EX no ano 98. Máis coñecido como Sultan entre os gandeiros galegos, este touro nacido no 1991 e procedente de Canadá, foi o primeiro touro relevante de raza Frisoa importado por Xenética Fontao. Este animal chegou a contar con 15.000 fillas rexistradas.
O primeiro touro destacado nacido en Galicia foi Landoi, con máis de 14.000 fillas rexistradas
Ata finais dos 90 non comezan a verse os primeiros resultados da aposta de Galicia pola xenética. Foi neses anos cando aparece Sultan entre os primeiros posto da valoración dos touros con máis descendencia. Nos anos 1998 e 2000 Sultan chega a situarse como o terceiro e o segundo touro (repectivamente) con maior número de fillas na clasificación de Conafe, e no 1999 como o primeiro. Xunto con Sultan, outros touros mercados polo centro como Lérez ou Louro tamén empezan a situarse entre os primeiros postos da clasificación xenética. “Calquera destes touros son animais que estaban ó máis alto nivel”, apunta De los Santos. Do mesmo xeito que a importación de touros comeza a dar os seus froitos, vense os resultados dos embrións implantados en vacas galegas. Landoi foi o primeiro touro nacido en Galicia que consegue situarse na clasificación dos mellores touros. Este animal era fillo do touro Rudolph, un exemplar destacado no panorama internacional; e a súa nai contaba tamén cunha xenética de alto nivel, e que xa procedía dun embrión do programa PIMX. Esta vaca foi das poucas que chegou a ter tres fillos como touros probados de renome no panorama nacional naquel momento: Landoi, Sambreixo e Mira. Landoi conseguiu máis de 14.000 fillas rexistradas.

Algúns nomes propios de touros galegos

Sultan ocupou os primeiros postos da clasificación na que figuraban os mellores touros a finais dos 90. Lérez subiu á primeira posición no 2001, mentres ese ano Sultan aínda quedaba de quinto. Nestes anos tamén Louro ocupou os postos de cabeza desta clasificación. “Tanto Lérez como Louro foron touros adiantados ó seu tempo e aínda hoxe algunhas das súas características seguen estando por encima da media que se manexa”, apunta o veterinario. Deste xeito, iniciouse unha etapa na que os touros galegos, ben importados durante os primeiros anos e logo os nacidos xa en Galicia, fóronse situando nos primeiros postos de relevancia mundial. Dende o 2007 ó 2013 comeza unha etapa dourada para a xenética galega da raza Frisoa e coinciden en postos destacados da clasificación ata un total de 13 exemplares procedentes de Xenética Fontao. Así, no 2007, 4 dos 5 primeiros touros desta listaxe son españois e a metade son galegos: Chamoso e Elegant.
Dende o 2007 ó 2013 comeza unha etapa dourada para a xenética galega e coinciden en postos destacados ata 13 exemplares procedentes de Xenética Fontao
Esta é tamén a época de Xacobeo, o touro Holstein de Xenética Fontao que se fixo un oco entre os mellores exemplares da raza, superando mesmo a países cunha fonda tradición e que levaban anos investigando e investindo en xenética. Foron anos nos que nos primeiros postos da clasificación de mellores touros se atopaban habitualmente animais procedentes de Fontao. Así, no 2014, nos 4 primeiros postos estaban Torrel, Xacobeo, Stop e Delete, todos eles touros galegos procedentes do centro de Lugo. Tal e como apunta De los Santos, durante os últimos anos foi bastante habitual atopar varios touros galegos en postos destacados. Así, outro dos tríos de grandes sementais foi o formado por Delete, Lautamic e Gospell. “Ademais, cómpre destacar que eran todos touros probados, xa que daquela non había xenómica”, concreta. Foron exemplares cuxo seme mesmo se estaba a vender para algúns dos países máis destacados na mellora xenética da raza frisoa. Foi o caso, por exemplo, de Lautamic, nacido en Navarra e cuxa nai xa fora a número 1 en Canadá e cuxo seme se exportou de novo para ese país. Touros como Stop lograron situarse como o terceiro touro con máis fillas rexistradas en España no 2014 e como o cuarto no 2015. Nesta mesma liña, Thos foi outro dos touros destacados dos últimos anos, sendo o que máis fillas acadou no 2017. Trátase dun touro nacido nunha gandería de Cataluña que colaboraba co centro de Fontao e que “conseguiu deixar pegada na frisoa española tanto polos quilos de graxa que conseguen as súas fillas como por ter o perfil que agora mesmo se busca para os animais en produción”, explica o veterinario.
O touro Xacobeo foi un referente do centro.

Xacobeo, un antes e un despois

Ó longo destes 35 anos de historia da raza Frisoa en Galicia, un dos touros que marcou un feito histórico foi Xacobeo, xa que conseguiu situarse ó máis alto nivel, tal e como confirman as súas cifras. Este touro sitúase como o primeiro semental polo número de fillas que se lograron.
Xacobeo sitúase como o touro frisón con máis fillas rexistradas por CONAFE nos últimos 35 anos
Xacobeo contabiliza 29.897 fillas rexistradas, moi por enriba do segundo touro desta clasificación, Rudolph, un touro da elite canadense que rexistrou 26.998 descendentes. “Situarse ó máis alto nivel era o que se buscaba co programa de mellora xenética de Fontao e foi o que se logrou”, reivindica Mauricio de los Santos. Porén, non foi o único en facerse un oco neste ránking internacional, xa que aparecen tamén nomes como Torrel con 19.237, Elegant con 14.855 fillas ou Sultan con 14.378 descendentes. Así é que, 13 dos touros máis empregados son españois e deles o 80% proceden de Xenética Fontao, un dos catro centros estatais especializados neste campo.

Os touros actuais

Na actualidade, os touros xenómicos están cada vez a ter maior presenza nas ganderías galegas. No 2018, Fontao volvía contar cun trío de exemplares destacados, integrado desta volta polos touros xenómicos Sanxurxo, Supertoro e Happy. No 2019, os 5 touros con máis fillas rexistradas en Conafe son de Xenética Fontao: Sanxurxo, Armonico, Horizon, Bi-Battle e Supertoro. Touros como Guay, Hondo ou Palmer están a ser sementais xenómicos actuais cunha gran proxección. “A liña coa que conseguimos chegar ó máis alto nivel e exportar a países que foron o berce do gando Holstein é a que queremos seguir mantendo en Xenética Fontao”, conclúe Mauricio de los Santos.

Un touro galego, Salvus ET, novo número 1 de España con 4.985 puntos GICO

Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar os resultados das probas de avaliación xenética correspondentes ao mes de novembro.

Mellores touros xenómicos: 

Neste sentido, no Catálogo de Touros Xenómicos, que xa copan a maior parte da demanda de seme -arredor dun 70% este ano-, o novo líder é un touro de Xenética Fontao: Salvus ET, fillo de MR Salvatore ET e de nai DG JK Simmy. Acadou nada menos que 4.985 puntos GICO.

En segundo e en terceiro lugar sitúanse outros touros de Xenética Fontao: Pentagon K&L Pokemun Clun, con 4.900 puntos, e LMG Quantum Denmark ET, cun GICO de 4.840 puntos.

Velaquí o listado dos 20 primeiros touros xenómicos, cunha fiabilidade inferior ao 80%:

Consulta aquí a lista completa

Mellores touros probados:

En canto á listaxe de 100 mellores touros probados por ICO da proba nacional de CONAFE, a listaxe volve estar encabezada por Peto AS Melvin ET, un touro de ASCOL con 4170 puntos. Onde si hai novidade é na segunda posición, que lle corresponde a McBando Bandido ET , un touro de Xenética Fontao, con 3.974 puntos. E a terceira praza corresponde tamén a outro touro do centro público galego, RI Opsal Nissan ET, con 3.967 puntos.

Velaquí o listado dos 20 primeiros touros probados, cunha fiabilidade superior ao 80%:

Consulta aquí a lista completa:

200 mellores touros probados por ICO

En canto ao listado de 200 mellores touros probados por ICO da proba nacional de CONAFE, a listaxe está encabezada por un español, Peto AS Melvin ET, de ASCOL, con 4170 puntos, seguido de dous touros americanos, DE-SU MGL GREENWAY 11396 ET e Chartroise Smurf, con 4082 e 4052 puntos, respectivamente:

Consulta aquí a lista completa.

Un touro galego e outro asturiano sitúanse como os mellores de España de raza Frisona

Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar os resultados das probas de avaliación xenética correspondentes ao mes de xuño. Neste sentido, no Catálogo de Touros Xenómicos, que xa copan a maior parte da demanda de seme, o liderado indiscutible volve ser para un touro galego, Pentagon K&L Pokemon Clun, da empresa pública Xenética Fontao. Ao igual que nas probas de marzo, sitúase no primeiro posto con nada menos que 4.939 puntos ICO, 24 puntos máis que na anterior proba. Séguelle a pouca distancia outro touro que recentemente importou Xenética Fontao, Vekis Risk, con 4.862 puntos ICO, mentres que a terceira posición corresponde a un touro tamén da empresa pública galega, K&L JS DONSIMON, con 4.855 puntos. Velaquí o listado dos 20 primeiros touros xenómicos, cunha fiabilidade inferior ao 80%: En canto ao listado de 100 mellores touros probados por ICO da proba nacional de CONAFE, a listaxe está encabezada por un touro de ASCOL, Peto AS Melvin ET, con 4176 puntos. A segunda posición corresponde a un xa coñecido entre os primeiros postos, VVH Armónico,de Xenética Fontao, con 3.996 puntos. E a terceira praza corresponde a un touro de Aberekin, RI Opsal Nissan ET, con 3.957 puntos. Velaquí o listado dos 20 primeiros touros probados, cunha fiabilidade superior ao 80%: En canto ao listado de 200 mellores touros probados por ICO da proba nacional de CONAFE, a listaxe está encabezada por un touro español, Peto AS Melvin ET, seguido de dous touros americanos, Chartroise Smurf e De Su Gillespy ET, con 4139 e 4051 puntos, respectivamente.

-Descarga aquí o católogo dos 100 mellores touros xenómicos españois. Proba de Conafe do mes xuño. -Descarga aquí o católogo dos 100 mellores touros probados españois. Proba de Conafe do mes xuño. -Descarga aquí o católogo dos 200 mellores touros probados. Proba de Conafe do mes xuño.

‘Donsimón’, o touro promesa que se confirma

A irrupción o pasado ano de ‘Pentagon K&L Pokemon Clun’ como número 1 dos touros xenómicos eclipsou a potencialidade doutro gran touro xenómico de Xenética Fontao, ‘K&L JS Donsimón’, que procede do mesmo pai que Clun, Jetset’, e ten como nai a unha vaca de orixe holandesa que está a achegar destacados touros xenómicos en diversos sistemas . “En Xenética Fontao temos tres touros fillos desa vaca (Donsimón, Snoopy e Batery), algo que non é moi común e que nos dá idea do seu gran potencial de transmisión”, explica Mauricio de los Santos, o responsable do departamento de xenética da sociedade. Donsimón, un touro nado en outubro do 2016, xa figuraba no outono do pasado ano como número 2 da listaxe de Conafe de touros xenómicos. Esta primavera, nas últimas probas de Conafe volve repetir como número 2, tanto no TOP 100 español como na listaxe internacional dos 200 mellores touros, pero mellorando puntuación GICO, ata os 4.900 puntos e quedando a tan só 15 puntos do primeiro, ‘Clun’.
"É un touro moi destacado en produción, cunha puntuación espectacular en proteína e tamén con números importantes en graxa e volume" (Mauricio de los Santos)
En que aspectos destaca Donsimón?. Mauricio de los Santos expón os seus puntos fortes: “É un touro moi destacado en produción, cunha puntuación espectacular en proteína (número 1 dos touros xenómicos españois para este trazo) e tamén con números importantes en graxa e volume de leite. Trátase ademais dun touro co xenotipo A2A2 para as Betacaseínas, que é unha cuestión que os gandeiros tamén están a comezar a ter en conta”. “Se atendemos á morfoloxía -continúa Mauricio-, non presenta ningún trazo negativo. En patas, ubre e índice xeral puntúa na contorna de 1,50, que son cifras moi positivas, sobre todo tendo en conta o seu gran potencial de produción”. Na valoración xenética relativa á saúde, Donsimón alcanza tamén bos números, tanto en lonxevidade como en reconto de células somáticas, ademais de ter bos datos de facilidade de parto. “É esperable que as súas fillas teñan un baixo reconto de células somáticas e unha vida produtiva longa. Un aspecto mellorable sería o trazo de días abertos, un índice no que ten unha puntuación lixeiramente por baixo da media, pero é algo que vai ligado ao gran potencial leiteiro das súas fillas”, apunta o responsable do departamento de xenética de Fontao. Demanda internacional As altas cifras de puntuación que acadou Donsimón nas últimas probas de Conafe referéndanse coas puntuacións obtidas noutros sistemas europeos. “É un touro do que estamos a ter demanda de doses non só en Galicia e no resto de España, senón a nivel internacional, en países como Francia, Holanda e Polonia, nos que está moi ben situado nos rankings de touros xenómicos”, explica Mauricio dos Santos. A demanda de doses seminais de Donsimón é alta, aínda que en Xenética Fontao destacan que hai unha total dispoñibilidade de doses para as gandarías, pois trátase dun touro que produce seme de calidade e en cantidade, a pesar da súa xuventude.

Listado dos animais de raza Frisona que se poxarán este sábado en Chantada

Este sábado, 10 de marzo, ás 12 horas  terá lugar no mercado gandeiro de Chantada unha nova edición da poxa de vacas e xovencas de raza frisoa, organizada por Africor Lugo, o Concello de Chantada e a cooperativa Aira. Velaquí o listado de animais que sairán a poxa: Dende a organización destacan que “esta é a primeira poxa do ano na provincia de Lugo, unha gran oportunidade para os gandeiros que desexen mercar animais, pois alí poderán ver e comparar varios animais, vacas paridas e xovenca próximas e escoller aqueles que mellor se adapten ás súas necesidades”. “Ademais, dispoñendo da información máis completa -datos de Libro Xenealóxico e Control Leiteiro- e con probas sanitarias realizadas”, engaden desde Africor Lugo. Destacar tamén que Xenética Fontao obsequiará aos compradores con tres doses de ARMÓNICO e tres doses de CLUN por cada un dos animais adquiridos na poxa.

Vendida a mellor becerra Frisona de España por 10.300 euros na poxa de Curtis

A mellor becerra xenómica de España de menos de 18 meses, Baixo Jetset Silly, da gandería Baixo Holstein de Sarria, foi vendida esta mañá na II Poxa de Gando Frisón de Élite de Curtis por 10.300 euros á gandería Pena Guisande SC, do concello lucense de O Páramo. A poxa dos 21 animais procedentes de 8 das mellores ganderías por cualificación xenética de Galicia superou as expectativas tanto en asistencia, con gandeiros procedentes de fóra de Galicia, como en cotizacións. Todos os animais foron vendidos con prezos que oscilaron entre os 1.300 euros e os 10.300 euros. Esta foi a cantidade que acadou Baixo Jetset Silly, número un de España en becerras xenómicas de menos de 18 meses na clasificación de Conafe do pasado mes de xaneiro, con 4.781 puntos GICO. Ademais de ser produtora de leite A2A2, esta xovenca leva consigo dous contratos de embrións e un de macho con Xenética Fontao. Esta foi a poxa máis disputada, xa que o prezo de saída foron 2.500 euros. Tras ela, o segundo mellor prezo foi para outra becerra de Gandería Baixo Holstein. Trátase de Baixo Clever Silvy ET, número 12 de España en GICO, que acadou os 4.300 euros. O terceiro posto foi para unha becerra: Cundins Hue Apllicacable FIV ET, que foi mercada por 3.800 euros. Esta II Poxa de Gando Frisón de Élite foi organizada pola empresa galega Embriomarket S.L e polo Concello de Curtis co obxectivo de dar saída comercial á alta xenética que se está a acadar nas ganderías de vacún de leite de Galicia.

Resultados da poxa:

INDENTIFICACIÓN PREZO SAÍDA PREZO FINAL
CUNDINS CANDY ROYAL ET 1800 2800
CAMPA STAR SPECI FIV 2 ROJA ET 1800 2800
XERCAS CAV ANIMO TIGER RED 1000 1500
DG HERO ATHLETA 2300 2300
CAMPA SHARPE MITZI FIV ET 1800 3200
GRILO SANRECAM LUKE ET 1300 1300
SAN RIAN NUTELLA GRADE 1800 3000
XERCAS CAV SANDA QUIXOTE 1800 2100
BAIXO BRADNICK ATLEE 2100 2800
TEIXEIRO MODES MODOGLI FIV ET 1800 1800
BAIXO JETSET SILLY 2500 10300
CUNDINS ANELIS SOLOMON FIV ET 1800 2300
SAN RIAN LOMANA BANDARES 1800 2400
CUNDINS EMBER SUPERTORO 1800 2000
BAIXO SID MARISA 2500 3100
SAN RIAN SEMI MODESTY 1800 1800
BAIXO CLEVER SYLVY ET 2500 4300
CUNDINS CRIS JARA BYWAY ET 1800 1800
CAMPA MASCALESE MEGATESA 2100 2600
SAN RIAN SELINA BREKAN 1800 2600
CUNDINS HUE APPLICABLE FIV ET 2500 3800
Consulta aquí o catálogo da poxa. 

As claves de Clun, o touro revelación 2017 con 5.036 puntos GICO

Pentagon K&L Pokemon Clun é o touro revelación do ano 2017 en España, superando a mítica barreira dos 5.000 puntos GICO. Nas últimas probas de Conafe correspondentes a touros xenómicos logrou nada menos que 5.036 puntos, case douscentos máis que o situado en segunda posición. Ademais, logrou o posto 6 da listaxe dos mellores touros Interbull de Holanda. Mauricio de los Santos, responsable do departamento de xenética de Xenética Fontao, explica as claves deste touro chamado a producir as vacas do mañá. Como chegou Clun a Xenética Fontao? Clun naceu o 1/8/2016, polo que ten actualmente 16 meses de idade. Foinos ofertado desde Holanda pouco despois do seu nacemento e decidimos facerlle a proba xenómica no noso sistema (GICO) polo seu atractivo e diferente pedigrí, fundamentalmente, e tamén por descender dunha interesante familia de vacas da que non había aínda en España nin un só membro. Os resultados chegáronnos a finais de decembro de 2016: Clun era o primeiro touro que obtiña unha cifra GICO que superaba a mítica barreira dos 5.000 puntos e decidimos a súa adquisición como firme candidato a liderar o ranking xenómico español en futuras avaliacións, como así foi. Por que decidiron pórlle este nome? En honra ao movemento de unión ou fusión de diferentes cooperativas de Galicia, que estaba a ter lugar naqueles momentos. Fálanos sobre o seu pedigrí e en que destacaron os seus proxenitores.... Clun goza dun pedigrí diferente e moi actual. O seu pai é Jetset (Doorman x Ermes x Ashlar), un recoñecido pai de touros na actualidade (só no TOP 10 xenómico español ten 3 fillos, o número 1 , Clun, o número 2, Donsimon e o número 6, Arno). Ademais, a súa liña materna, Leida, tamén era orixinal en canto aos sementais presentes nela e non tiñamos ningún membro desta familia de vacas que parecía transmitir altas cifras xenómicas aos seus membros, en diferentes sistemas e con distintos sementais, o que indica o seu intenso poder de transmisión.
 “Clun axunta boas producións de leite con alta porcentaxe de proteína e moi boas ubres e patas”
En que caracteres é máis destacado Clun? A súa liña paterna (Jetset) é coñecida por transmitir boas producións de leite con altas porcentaxes de proteína en canto a produción. Ubres, patas e tipo xeral moi destacado en canto a morfoloxía e  baixos RCS e alta lonxevidade en canto a rasgos de saúde son outros caracteres a destacar. É certo que os días abertos (fertilidade de fillas) e a velocidade de muxdo eran os seus puntos máis febles (tamén o eran do seu pai, Doorman), pero foron perfectamente equilibrados polos xenes achegados pola liña materna, a familia "Leida", unha profunda familia de vacas holandesas emerxente nestes momentos e que transmite excelentes rasgos de saúde, como así foi no caso de Clun. Clun axunta boas producións de leite con alta porcentaxe de proteína (+0,14%), moita calidade morfolóxica en xeral  e en ubres e patas en particular e, sobre todo, excelentes rasgos de saúde. De feito, Clun non soamente é Nº 1 GICO senón tamén lidera os rankings nacionais para RCS e  Lonxevidade. Por todo iso cremos que Clun dará vacas que, ademais de boas producións de leite e proteína, terán excelentes ubres e patas e serán lonxevas, fértiles e con ubres moi saudables. Para unha gandaría media en España, ¿En que aspectos máis palpables pode axudar a mellorar a súa rendibilidade? Clun mellora aspectos con gran peso económico nunha explotación como poden ser os quilos de leite, e os seus niveis de proteína, a alta calidade de ubres e patas das súas fillas, que ao ser máis lonxevas, fértiles e con máis baixos RCS que a media, serán en si mesmas vacas máis rendibles e producirán máis lactacións con menos problemas. Sorprendeuvos que debutase como número un en España e cun GICO tan alto? En realidade non, pois sabiamos que unha cifra por encima de 5.000 GICO, como a que recibiu na súa primeira proba xenómica, sería moi,  moi difícil de igualar e, por suposto, de superar. Non tiñamos unha firmeza total, pero si unha gran confianza en que debutase como número 1, como así fixo nas pasadas probas de xuño e como confirmou con creces agora, nas de novembro.
“O seme de Clun vaise pór á venda en breve para todos os gandeiros galegos”
Que posibilidades hai de adquirir o seu seme e como é o procedemento? Hai dispoñibilidade de seme sexado? As doses de Clun xa están no mercado e de feito os gandeiros xa están inseminando as súas vacas e facendo embrións co seu seme, co que xa temos xestacións en marcha en femias de alto valor xenómico. O seme destes sementais tan destacados é en principio restrinxido para usalo sobre femias elite da raza co fin de conseguir rapidamente destacados fillos seus que poidan incorporarse ao centro de Xenética Fontao como sementais canto antes e fillas que poidan usarse nun futuro próximo como nais de sementais. Despois desta primeira fase o seme de Clun (convencional) estará dispoñible para todos os gandeiros galegos que o queiran usar. Será, sen dúbida, unha das estrelas da próxima campaña de seme que se vai pór en marcha en breve. O seu seme será convencional, non estará dispoñible en seme sexado, polo momento. Cales son os plans de futuro de Xenética Fontao para Clun? Temos unha gran esperanza neste semental. Cremos que será moi bo acollido polos gandeiros galegos. É un touro cun pedigrí moi actual e coas características que se buscan nun touro punteiro de hoxe en día: leite, proteína, ubres, patas e rasgos de saúde, todo nun, xunto cun pedigrí diferente que lle fará ter limitada consanguinidade coa nosa poboación de vacas, o cal facilitará, se cabe aínda máis,  o seu amplo uso. Clun é un touro de hoxe en día para producir as vacas do mañá
"Clun é un touro de hoxe en día para producir as vacas do mañá"
Algo máis que queiras engadir? Simplemente subliñar que CLUN non só obtén altos índices no sistema español (GICO) senón tamén noutros países, coas súas probas convertidas Interbull. Así, en Holanda, cun NVI de 389 (índice composto holandés), sitúase no posto número 6 da listaxe dos mellores touros Interbull Holanda, o que xerou un gran interese polo seme de Clun para usar nalgúns dos máis importantes programas xenéticos europeos.

Bi-Battle: o touro revelación de Xenética Fontao coas calidades que valora a industria láctea

Bi-Battle, un touro xenómico de Xenética Fontao, foi unha das revelacións do pasado mes de xuño nas probas xenéticas de Conafe, nas que se situou como o segundo mellor touro xenómico de propiedade española con 4.654 puntos.

Este touro novo, nado o 21/04/2016, responde ao pedigrí de Battlecry X Smurf x Garret x Shottle x Jocko Besn x Rudolp, familias todas elas de recoñecido prestixio na raza Holstein a nivel mundial.

“Bi-Battle foinos ofertado desde Holanda, país no que naceu, por un dos nosos provedores habituais. Tras obter as altas cifras xenómicas en base GICO tomamos rapidamente decisión de incorporalo ás nosas instalacións, pois intuïamos que se colocaría moi arriba no top da listaxe xenómica española, como así foi nas últimas probas de Conafe”, explica Mauricio de los Santos, responsable do departamento de xenética de Xenética Fontao.

Mostra do gran potencial e das expectativas que ten depositada a empresa pública galega neste touro, é que foi enviado a un centro especializado do Reino Unido para facer seme sexado, para satisfacer a alta demanda que está a xerar no sector gandeiro.

Un touro que responde o tipo de leite que demanda a industria láctea

E é que, segundo Mauricio dos Santos “Bi-Battle ten unha serie de puntos moi atractivos, e que responden ao que demanda a industria láctea ao gandeiro de cara ao futuro”.

En concreto, a súa proba en base GICO é realmente destacada: en produción mostra 1.668 kg de leite cunha porcentaxe de graxa e proteína positivos. “Este perfil na súa proba de produción, con moito leite con porcentaxes positivas e moitos quilos tanto de graxa -83 kg- como de proteína -63 kg- é moi buscado hoxe entre os gandeiros”, destaca Mauricio de los Santos.

“Destaca por ser positivo en graxa e proteína cunha alta produción, e ademais con xenes A2A2 e BB”

Ademais, é un touro transmisor dos xenes A2A2 e BB para as caseínas, Beta e Kappa caseínas, respectivamente, algo que cada vez demanda máis a industria láctea e as queixerías.

En canto á súa proba de tipo, é moi destacada en ubres (2,38) e patas, (1,23), puntos claves para a duración das vacas nos establos. “Esta alta calidade de ubres e patas que transmite Bi-Battle, xunto coas estruturas intermedias que parece que terán as súas fillas, fan presaxiar que serán vacas lonxevas e duradeiras e con ubres moi sans”, asegura o responsable do departamento de xenética de Xenética Fontao.

Ademais, destaca “o seu excepcional dato para baixísimos RCS (126), moito mellor que a media (100)”.

“En resumo, estamos ante un touro cunha proba xenómica destacada e moi equilibrada tanto para datos produtivos e morfolóxicos como para rasgos de saúde, tan importantes hoxe en día e máis no futuro próximo”, conclúe Mauricio de los Santos.

Herdeiro dunha prestixiosa familia de vacas de orixe canadense

Bi-Battle procede dunha familia de vacas recoñecida internacionalmente que demostrou a súa capacidade de transmitir altas cifras xenómicas, tanto vía macho como femia, en diferentes sistemas.

O seu pedigrí procede de Battlecry X Smurf x Garret x Shottle x Jocko Besn x Rudolph. “É esta unha rama europea da prestixiosa familia de vacas  de orixe canadense “Prelude Spottie” que tan destacados membros, tanto machos como femias, deu á raza Holstein a nivel internacional”, subliña Mauricio de los Santos.

Así, a vaca fundadora desta familia foi Sunnylodge Prelude Spottie MB-87 en Canadá, onde ten 18 estrelas ao mérito pola calidade da súa descendencia e foille outorgado o prestixioso galardón de “Vaca do ano” en Canadá en 1.998.

A bisavoa de Bi-Battle, Baviere MB-87 SM-90, e filla de Shottle, é unha vaca moi recoñecida en Europa polas súas altas cifras xenómicas e foi vaca número 1 do mundo en GTPI (índice americano) no seu momento. A súa filla, DKR Bayla MB-86 (Garret), e avoa de Bi-Battle, é un xigante xenómico e foi número 1 en RZG (índice alemán) a nivel mundial. Ambas teñen fillos como sementais en distintos centros de diferentes países, como ocorre con DKR Bianca MB-85 (Smurf), a nai de Bi-Battle , e naquel momento, a filla de Smurf nº 1 en RZG.

O pedigrí de Bi-Battle en imaxes:

Anterior
Siguiente
DKR Bianca, nai de de Bi-Battle, de becerra.

Gandería San Rian Holstein: aposta pola mellora xenética como estratexia de futuro

San Rian Holstein Sociedade Cooperativa Galega é unha gandería do concello coruñés de Brión, fundada no ano 2005 a partir da unión de dúas explotacións, Gandería Sancho e Gandería Rianxeiro, que viron na asociación a única forma de ser competitivos e de garantir o relevo xeracional. Na actualidade está integrada por catro socios (os matrimonios formados por Daniel e Merchi e por Ramón e María José) que manexan 150 animais, dos que 62 son vacas en muxido, que están nun sistema de estabulación trabada, 13 secas e 75 recría. A base territorial desta explotación ascende a unhas 40 hectáreas, das que en 32 sementan millo forraxeiro en rotación con herba e nas 8 restantes, as máis afastadas ou as de peores condicións agronómicas, manteñen a pradeira permanente. Pero se algo distingue a esta gandería é a súa aposta estratéxica pola mellora xenética, un proceso que comezaron no ano 2005 e que hoxe lles está a dar uns beneficios palpables. Exemplo diso é que nas últimas probas de Conafe do mes de novembro San Rian Holstein SCG situouse como a quinta mellor gandería de España por ICO, cun total de 2.552 puntos. “No ano 2005 visitamos a gandería de Manuel Caneda Raviña e alí foi onde vimos a importancia da mellora xenética. A partir de aí empezamos a comprarlle embrións, a adquirir animais tamén na finca de Bos, e a importar nós directamente de Alemaña, Francia ou de Estados Unidos”, explica Daniel, un dos socios desta gandería. O criterio que utilizaron para este proceso de selección foi un equilibrio entre produción e calidades, sen descoidar o tipo. “E agora -explica- estamos nun momento onde facemos unha selección á carta do que nos demanden os gandeiros”.
 “Facemos unha selección xenética á carta do que nos demanden os gandeiros”
As familias máis presentes en San Rian Holstein son Noami Storm, Durham Daisy, Durham Jericho, Cosmopolitan, Leadman Mahe ou Venice. “Unha das nosas familias máis destacadas é a de Naomi Storm, procedente dos primeiros embrións de Casa Caneda, unha liña cunha vaca con 15 estrelas. Son as que máis demanda teñen e nelas chegamos a ter a número 1 de Conafe por graxa, a número 1 por proteína e tamén a primeira por ubres”, destaca Daniel. No 2009 importaron unha vaca da familia Planet, que malia os problemas iniciais, permitiulles sacar unha familia LautorithyxPlanet da que comercializaron con éxito tanto embrións como primeirizas preñadas. A venda de xenética no caso dos embrións realízana a través da empresa Xénese, fundamentalmente a ganderías de Galicia, e tamén teñen un acordo de entrega de machos cos mellores datos de xenotipado á empresa pública galega Xenética Fontao. “Dende o ano 2015 a venda de xenética estanos dando beneficios, a pesar de que practicamente non facemos publicidade, e o pasado ano supuxo arredor do 20% da facturación da explotación”, explica Daniel. Pero o principal beneficio da mellora xenética está nos rendementos, e polo tanto na rendibilidade do propio rabaño, que pasou de ter un ICO de arredor de 1.200 puntos no ano 2005 a máis de 2.500 no 2016. “E isto nas producións supuxo pasar dunha media de algo menos de 9.000 litros por vaca a máis de 12.000 litros por lactación na actualidade”, destaca este gandeiro.

Claves do manexo

Pero como ben recoñece Daniel, “a mellora no manexo tamén foi clave para que as vacas puidesen expresar este mellor potencial xenético”. E como puntos clave sitúa a calidade das forraxes propias, o benestar animal e non escatimar recursos na alimentación da recría, sobre todo durante o primeiro ano de vida. “O principal é a calidade das forraxes propias, non só unha vez que as cortas senón tamén mentres que están almacenadas, mantendo unha boa limpeza nos silos, e retirando a comida que está estragada”, subliña. En canto ao rendemento das forraxes, no caso da herba Daniel destaca que en San Rian Holstein lograron este ano un 20% de proteína bruta, cun 28% de materia seca. E en canto ao millo, os rendementos medios desta explotación oscilan entre as 35 toneladas de materia húmida por hectárea nun mal ano e as 50 toneladas nunha boa colleita. Un bo mantemento das camas é outro aspecto de manexo ao que prestan especial atención. “Enchémolas unha vez á semana, cunha mestura de 70% de serrín e 30% de carbonato cálcico, un produto adecuado para o sistema de estabulación trabada que temos e que ademais nos permite mellorar o PH das nosas parcelas sen necesidade de encalar”, destaca Daniel. Un bo sistema de ventiladores encárgase tamén de manter unha temperatura fresca para evitar que as vacas padezan estrés nos días de calor.

Ración e calidades do leite

Coas forraxes propias e compradas elaboran unha ración que para as vacas en lactación consiste en: 1,5 kilogramos de palla, 9,5 kilos de concentrado, 15 de silo de herba, 25 kg de silo de millo e 10 kilogramos de bagazo de cervexa. Para as secas e as xovencas de máis de 12 meses elaboran unha ración propia consistente en 6 kilos de palla, 5 kg de silo millo e 3 kilogramos de concentrado especial para secas. “A nosa mezcla é económica, pois está arredor de 232 euros a tonelada”, subliña Daniel. Con esta ración as vacas en muxido producen unha media de 38 litros, cunhas calidades de 3,70/3,80 de graxa e un 3,30/3,40 de proteína. En total, a produción no ano 2016 de San Rian Holstein SC ascendeu a algo máis de 700.000 litros que lle venden á industria láctea Nestlé.

Recría: “Durante o primeiro ano non se debe escatimar en alimentación”

Outro aspecto ao que prestan especial atención nesta gandería é a recría das xovencas. “Criar por lotes, unha correcta transición no destete e non escatimar gastos en alimentación durante o primeiro ano son claves”, resume Daniel. Así, nunha primeira fase, ata os dous meses ou ata que a becerra acade os 75 kilos de peso, reciben leite de vaca da propia explotación. “Foi unha decisión que adoptamos co leite que ía por fóra de contrato, e sobre o que a industria nos estaba aplicando un desconto de 9 céntimos. Non só aforramos en leites maternizados senón que notamos que as becerras medran mellor”, destacan.
“Co leite de vaca notamos que as becerras medran mellor”
O destete realízano de xeito progresivo, “o cal non só é positivo para o becerro, senón tamén para o gandeiro, que non ten que aturar os seus berros”, bromea Daniel. Nesta segunda fase e ata os 4 meses de vida, as becerras reciben un ración en exclusiva a base de penso starter con alta porcentaxe de proteína e algo de palla. Posteriormente, dende os 4 ata 8 meses comen paquetes de ración e dos 8 as 12 meses cada dúas xovencas comen a ración dunha vaca en muxido. E de 12 meses ata o parto reciben a mesma ración que as secas. As becerras insemínanse de media con entre 13,5 e 14 meses. Realizan xenotipado unicamente das becerras de familias que destacan e ás mellores insemínanas con seme sexado, “aínda que agora utilizamos un pouco menos porque unha fonte de ingresos é colocar sementais”, matiza Daniel. No resto empregan seme convencional ou empréganas como receptoras de embrións.

Futuro: Unhas novas instalacións e medrar a medida que aumente a base territorial

En canto ao futuro, os socios de San Rian Holstein SCG teñen previsto ampliar as instalacións para que as vacas en muxido estean nun sistema de estabulación libre, pero seguir muxindo en trabado, e destinar as cortes actuais para as xovencas. “Pero todo depende de que tamén medremos en base territorial, para producir o máximo de forraxes propias, e depender o menos posible das compras de materias primas, que hoxe están baratas pero no futuro non se sabe”, aseguran.
“É precisa unha segunda concentración parcelaria”
En canto á base territorial, ven imprescindible unha segunda concentración parcelaria para poder traballar fincas máis grandes que reduzan os custos de produción. “As fincas que traballamos son dunha concentración que se fixo hai 50 anos e hoxe quedáronse pequenas, o que nos incrementa os custes, con moito gasto de desprazamento”, advirten.

As claves de San Rian Holstein SCG:

-”En tan só doce anos pasamos dun ICO de 1.200 puntos a máis de 2.500”. -”É clave coidar a calidade das forraxes na finca, pero tamén a limpeza e a calidade do silo. Aforraranos moitos problemas”. -”Se aumentamos o rabaño será porque incrementamos a base territorial”. -”Co leite de vaca notamos unha importante mellora nas becerras”. -”Non hai que escatimar gastos de alimentación no primeiro ano de vida”.  
 

Clever: o primeiro touro xenómico de España e o segundo mellor de Europa é galego

Buiteneind K&l CV Clever, este é o touro de Xenética Fontao que está a bater todos os récords: 4.875 puntos ICO nas últimas probas de Conafe, que o converten no primeiro touro xenómico de España e o segundo, moi preto do primeiro, do Catálogo Internacional de Sementais das últimas probas combinadas Mace-Conafe para a Unión Europea. En concreto, nas últimas probas de Conafe de novembro, os 4.875 puntos ICO que obtivo sitúano como indiscutible touro xenómico número uno dos de propiedade española, seguido a 4.710 puntos por Supertoro, tamén de Xenética Fontao. Esta puntuación sitúao tamén no liderado do Catálogo Internacional de Sementais-200 mellores touros de baixa fiabilidade das últimas probas combinadas Mace-Conafe, a tan só 21 puntos de número un, o alemán DZH Declan. Clever: de Holanda a terras galegas Clever responde ao pedigrí de Chevalier x Altaoak x MOM x Shottle. Nacido o dez de xaneiro de 2016 en Holanda, actualmente ten 13 meses de idade. “Foinos ofertado para realizarlle a xenómica no noso país por un dos nosos provedores europeos de touros, e así o fixemos, e cando vimos que era un animal moi destacado en canto a datos xenómicos decidimos compralo e chegou a Galicia con 6 meses de idade”, explica Mauricio de los Santos, responsable do departamento de xenética de Xenética Fontao. E cales son os seus trazos máis destacados de Clever? “Sen dúbida o seu punto forte é a alta produción con excelentes calidades”, subliña o responsable da empresa xenética galega. Así, puntúa 2.352 quilos de leite, 97 de graxa e 78 de proteína, sendo positivo en porcentaxe en ambas as calidades, algo inusual ao tratarse de trazos (produción e calidades) que adoitan ter correlación negativa.
“É unha excepción por ter alta produción de leite e con excelentes calidades”
Ademais, Clever destaca polos seus trazos de saúde: Reconto de células somáticas, Lonxevidade e días abertos ou fertilidade de fillas. “Clever é positivo nos devanditos trazos, todos eles están por encima de 100, e o máis rechamante é o dato positivo de días abertos ou fertilidade das fillas, que adoita ser negativo en touros de alta produción, pero que non é así neste caso”, destaca Mauricio de los Santos. Outro punto para destacar é o pedigrí de Clever, que é razoablemente peculiar e singular, o que permite usar o seu seme nunha gran parte da poboación de vacas e xovencas de España, por ter moi pouca consanguinidade, precisamente un dos máis importantes problemas da raza Holstein hoxe en día. De momento estase empregando o seu seme para vacas e fillas de alta xenética que parirán en breve os primeiros descendentes Clever empezou a producir seme antes do ano de idade, pero non entrou na campaña de seme pero non entrou na campaña de seme 2016 pois Xenética Fontao non podía asegurar a produción da inxente cantidade de doses que presumiblemente ían pedir os gandeiros galegos. Neste sentido, Mauricio de los Santos explica que “continúa producindo seme a bo ritmo, e por agora soamente utilizáronse as súas doses en acoplamentos dirixidos, sobre vacas e xovencas destacadas desde o punto de vista xenómico, para conseguir algún fillo destacado canto antes, que puidese superalo e ser un firme candidato a ingresar no centro”, unha incógnita que se despexará en breve cando nazan as primeiras fillas e fillos de Clever. A este respecto, De los Santos móstrase convencido de que “será un dos mellores touros probados en España cando reciba a súa primeira proba oficial de descendencia, de fillas, que non será antes de 4-5 anos, e esperamos que transmita toda o potencial que a súa xenómica di que ten”.

Dúas ganderías de Sarria e de Dumbría teñen as mellores becerras Frisoas de España

As últimas avaliacións xenéticas da Confederación Nacional de Frisona Española (Conafe) do mes de decembro revalidan o liderazgo de Galicia. Así, dous animais de ganderías de Sarria, en Lugo, e de Dumbría, na Coruña lograron a máxima puntuación no catálogo de mellores xovencas xenómicas de España. A mellor vaca de España por índices xenómicos volve ser Campo 0383 Meridian Et En concreto, na categoría de animais de máis de 18 meses, o número un de España foi para Campo 0383 Meridian Et, da gandería Campo de Lucín S.C., no concello coruñés de Dumbría. Esta vaca, nada no ano 2013, logrou unha puntuación GICO de 4.574 puntos. Nacida a través da técnica de transferencia embrionaria realizada pola empresa galega Embriovet & Embriomarket, este animal xa conseguiu o primeiro posto como mellor vaca de España por índices xenómicos na clasificación de Conafe do ano 2015, daquela cun índice de 4.506 puntos Gico. Campo 0383 Meridian Et procede dun dos embrións de alta xenética que estes gandeiros decidiron mercar dentro do programa que están a levar a cabo con Embriovet para mellorar a xenética do seu rabaño. O seu pai é Sully Hart Meridian ET e a súa nai Bos Superstition Melodi ET. No seu pedigrí tamén destaca como primeira avoa Carters Comer Shot Melody EX90 e como terceira avoa Wesswood-Hc Rudy Missy-ET EX92 3E USA. Ademais, unha das súas fillas, Campo 1128 Wickham logrou na clasificación de Conafe de decembro o cuarto posto entre as mellores xovencas xenómicas de España de menos de 18 meses, cun índice Gico de 4.426 puntos. A bastante distancia de Campo Meridian ET, e seguindo coa categoría de xovencas xenómicas de máis de 18 meses, dúas ganderías catalás logran o segundo e o terceiro mellor posto: Cavallería Mogul Medula logrou 4.227 puntos e Gener Bluba Bomero 1389 Et suma 4.170 puntos Gico. O cuarto e o quinto posto foron para dúas ganderías luguesas: Baixo Castro Sargeant Silly Et, da gandería sarriana Baixo Holstein, logrou 4.138 puntos Gico e, moi de cerca, Cochero Maccutchen Carola Et, da gandería Casa Cochero, de Guitiriz, logrou 4.134 puntos. Son de destacar tamén os 4.104 puntos para Gayoso Brawler Olivia, da Granxa Gayoso Castro, que se situou na séptima posición, e os 4094 puntos de Grille Roxcinde 408 ET, unha vaca da gandería Grille Soc. Cooperativa Galega, de Mazaricos, que se sitúa no oitavo posto. Baixo Jetset Silly logra un índice Gico de 4740 puntos e sitúase como a mellor xovenca de España Na categoría de xovencas xenómicas de menos de 18 meses, as probas de Conafe confirmaron tamén o liderazgo das ganderías galegas. Así, Baixo Jetset Silly, da gandería sarriana Baixo Holstein, logrou un índice Gico de 4740 puntos e sitúase como a mellor xovenca de España. Para Antonio Rodríguez, propietario desta gandería xunto coa súa muller Gloria e o seu fillo Yago, esta distinción non é unha sorpresa. “É unha tenreira da que esperábamos moito, porque a súa nai, Baixo Castro Sargeant Silly Et, xa foi número un de Gico, pero non sabiamos se ía dar eses números tan espectaculares”, recoñece. Como características, Antonio destaca que “é un animal moi completo, que destaca polos rasgos secundarios moi altos e é a mellor xata en Rcs e en lonxevidade, sendo a cuarta do catálogo de Conafe en ubres”. Esta gandería, que traballa con seme de Xenética Fontao, xenotipa o 100% das xovencas con máis potencial. No caso de Baixo Jetset Silly, Antonio avanza que os seguintes pasos serán inseminala “cos mellores touros disponibles no momento e dentro duns meses está previsto que pase a un programa intensivo para extraer embrións e de fecundación in vitro”. A segunda mellor becerra xenómica de España é para Teixeiro Suprem Suba Fiv Et, da gandería Sat Teixeiro, da Pastoriza (Lugo), que logrou unha puntuación no índice Gico de 4.597 puntos. O terceiro posto foi para Gener Blue Silver 1516 Et, con 4.512 puntos, e propiedade da gandería catalana Mas Gener, mentres que o cuarto posto foi para Campo 128 Wickham, tamén de Baixo Holstein.

Consulta aquí o Catálogo de Mellores Tenreiras Xenómicas de máis de 18 meses. Probas de Conafe de decembro 2016

Consulta aquí o Catálogo de Mellores Tenreiras Xenómicas de menos de 18 meses.

¿Cales son os touros recomendados para a campaña de seme 2017?

Africor Lugo ven de facer pública a lista de touros seleccionados para a campaña de seme 2017. No mes de xaneiro comezará a solicitude por parte dos gandeiros en Control leiteiro de Galicia das doses de seme dentro da Campaña 2017, que organiza Xenética Fontao en colaboración coas Africores.

Os touros seleccionados para este ano son os seguintes:

Guía de apareamentos:

Descarga aquí toda a lista de touros seleccionados e a guía de apareamentos