Archives

Fin de semana para desfrutar dos viños espumosos galegos en Salvaterra

O concello pontevedrés de Salvaterra de Miño acolle esta fin de semana, 3 e 4 de decembro, a oitava edición da Festa do Viño Espumoso, un produto cada vez más demandado no mercado e no que a Denominación de Orixe Rías Baixas ofrece viños moi diferenciados a partir de uvas autóctonas como o albariño, a loureira ou a treixadura. O programa, organizado polo Concello de Salvaterra, inclúe dende catas e cursos de elaboración de viños espumosos, degustación e venda directa nos stands das adegas, actuacións musicais, coloquios ou o nomeamento dos novos cofrades da Confraría do Viño do Condado do Tea. Velaquí o programa completo do fin de semana:

Galicia acollerá este mes tres eventos para coñecer os viños espumosos galegos

Hai un século escomezaban “os felices anos 20” no periodo de crecemento da chamada “belle epoque”. A bebida icónica daquela época foron os espumosos, principalmente o champagne francés. Agora, cen anos despois, as burbullas son de novo unha tendencia mundial, ata o punto de que o consumo multiplicouse exponencialmente, tamén en Galicia. A harmonía entre as “burbullas e o sal” será o obxecto de análise en tres “showrooms” especializados que se celebrarán en Galicia neste mes de xullo. “Burbullas&Sal” é o titulo que terán estes eventos, destinados a profesionais de hostelería, adegas e sumilleres, que organiza Padín Eventos. “Exploraremos a combinación dos espumosos co salado, que é unha maridaxe moi excitante, e que contén milleiros e posiblidades cos produtos galegos do mar, e tamén cos do interior”, explica Alejandro Padín, impulsor desta iniciativa. Xunto co seu pai, Luis Padín, presentaron recentemente o evento no Museo do Viño de Galicia, onde reflexionaron sobre un sector á alza, que non para de medrar. “En apenas unha década, Galicia pasou de ter cinco adegas que producían espumosos a ter vinte que os fan hoxe, con varias marcas algunhas delas”, apunta Luis Padín. Os organizadores do salón “Burbullas&sal” sinalaron que xa se producen máis de 250.000 botellas de espumosos en Galicia ao ano, por eso é necesaria esta iniciativa para “dar a coñecer e degustar as burbullas de Galicia, España e do mundo enteiro en relación cos nosos produtos”.

Profesionais baixo acreditación

Os salóns terán lugar os días 27, 29 e 31de xullo en A Coruña, Santiago e Fisterra, e todos os profesionais que o desexen poderán asistir previa acreditación, para o que atoparán toda a información en www.burbullas.es . Asistirán máis de 20 adegueiros, 9 de eles de Galicia, e os espumosos que se mostrarán e maridarán cos produtos salgados galegos inclúen aos galegos, cavas e champáns. “Galicia conta cuns chans idóneos para produción de espumosos”, explica Luis Padín, “con moito nitrógeno, que é bo para a xeneración posterior de burbulla nos caldos, e cunhas castes moi apropiadas e moi aromáticas, que entende moi ben a xente xoven”, rematou para explicar o éxito e expansión dos espumosos galegos.

Rías Baixas certificará unas 120.000 botellas de vino espumoso esta Navidad

Unas 120.000 botellas de Rías Baixas Espumoso de Calidad certificará para estas Navidades el Consejo Regulador de la Denominación de Origen Rías Baixas. Como corrobora el director técnico del Consejo, Agustín Lago, existe un interés creciente por este producto “en esta campaña están comercializando Rías Baixas Espumoso de Calidad 14 bodegas y elaborando 19”. A nivel global las ventas de vino espumoso se han disparado en los últimos años y las previsiones de la Comisión Europea de aquí al 2030 apuntan a que sus exportaciones serán las que más crezcan, junto de las de los vinos con Denominación de Origen. En el caso de Rías Baixas, desde que este vino fue incluido en el reglamento del Consejo Regulador en 2009, de acuerdo con la normativa europea, que distingue entre Espumoso y Espumoso de Calidad, “el número de bodegas no ha parado de crecer desde las 5 iniciales hasta las 19 que están elaborando hoy, pero también es cierto que la producción durante estos dos años se mantiene algo estática”, admite Agustín Lago. El director técnico matiza que “en el mercado se pueden encontrar hasta 20 marcas de este producto de Rías Baixas”. En cuanto a la calificación, se prevé llegar “a unos 90.000 litros de este producto de calidad”, las mismas que en 2017 por estas fechas. Cabe tener en cuenta que esta semana se han alcanzado ya los 87.572 litros calificados, pero el Órgano de Control y Certificación aguarda más partidas para los próximos días. Método champenoise La normativa aplicada a los espumosos en Rías Baixas admite variedades tanto blancas como tintas y se distinguen distintos tipos según el nivel de azúcar. Estos son Brut Nature (sin azúcar), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco y Dulce (que lleva mayor cantidad de azúcar). Todos los Rías Baixas Espumosos de Calidad deberán seguir el método tradicional del champenoise para su elaboración.

O do viño é o sector agroalimentario máis exportador de Galicia, co 20% das vendas no exterior

O vitivinícola é o sector agroindustrial máis exportador de Galicia, acadándose un nivel de vendas no exterior de arredor do 20% da produción total. Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, na súa intervención no acto de nomeamento de novos membros da Confraría do viño do Condado do Tea e espumosos, celebrado este domingo en Salvaterra do Miño. Neste mesmo sentido, o titular de Medio Rural salientou os datos positivos da última vendima, que medrou por riba do 4% en relación coa campaña de 2017 ata situarse, con 64 millóns de quilos, como “a segunda máis abondosa da historia, tras a de 2011”, remarcou José González. Así, o conselleiro avogou por contemplar o eido do viño como un sector económico “que xera emprego e riqueza, ademais de contribuír ao aproveitamento dos nosos recursos endóxenos, como son a terra ou o clima”. Para reafirmar este carácter, lembrou que “en toda Galicia, no marco das súas cinco denominacións vinícolas, traballan uns 15.000 viticultores e funcionan case 450 adegas, xerando un valor económico estimado anual que supera os 210 millóns de euros”. Por todo isto –sinalou José González–, “temos que estar moi orgullosos do que representa o viño para o noso agro e seguir esforzándonos para continuar mellorando a súa calidade e proxección exterior”. Engadiu que “por extensión, debemos estar moi satisfeitos do noso medio rural”. Por último, en relación coa festa do viño espumoso de Salvaterra do Miño, o conselleiro salientou a súa consolidación tras cinco edicións desta celebración e polo feito de contar xa con oito adegas diferentes. Confraría do Viño do Condado A Confraría do Viño do Condado do Tea céntrase na promoción dos viños desta subzona das Rías Baixas e está integrada por arredor de 100 confrades, entre membros numerarios e de honra, a maior parte deles vinculados ao mundo do viño. Nesta xuntanza, que coincide coa quinta festa do viño espumoso de Salvaterra de Miño, nomeáronse como novos membros da entidade o profesor Pablo Saa, do CIFP A Granxa de Ponteareas, e José Domingo Garrido Pérez, responsable comercial de Adegas Galegas do grupo Martín Códax.

Fin de semana para desfrutar dos viños espumosos galegos en Salvaterra

O concello pontevedrés de Salvaterra de Miño acolle o fin de semana do 1 e 2 decembro a quinta edición da Festa do Viño Espumoso, un produto cada vez más demandado no mercado e no que a Denominación de Orixe Rías Baixas ofrece viños moi diferenciados a partir de uvas autóctonas como o albariño, a loureira ou a treixadura. O programa, organizado polo Concello de Salvaterra, inclúe dende catas e cursos de elaboración de viños espumosos, degustación e venda directa nos stands das adegas, actuacións musicais ou o nomeamento dos novos cofrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos. Velaquí o programa completo do fin de semana:

Viños espumosos: ¿Unha nova oportunidade de éxito para os brancos galegos?

Cada vez son máis as adegas que apostan por elaborar viños escumosos, un nicho de mercado cuxo consumo medra en torno ao 10% anual a nivel internacional e tamén en España. En Galicia son xa máis máis de 20 as adegas que elaboran viños espumosos, con preto de 200.000 botellas ao año, sempre seguindo o tradicional método “champenoise”. A produción é case en exclusiva con variedades brancas (Albariño, Godello e Treixadura) e concéntrase sobe todo no D.O. Rías Baixas, que en 2017 certificou uns 90.000 litros de viño espumoso procedente de 12 adegas. Ademais, xa empezan a ter tamén recoñecementos a nivel internacional: un espumoso galego, Valtea Cuvee Especial, de Adega Vilarvin SL, obtivo a distinción de ouro no último  Challenge International du Vin, o maior certame internacional de viño dos que se organizan en Francia. Sen embargo, ¿como diferenciar aos espumosos galegos, cuxo prezo de media supera os 10 euros, fronte aos cavas ou o viño frizzante italiano, que se poden adquirir por uns 5 euros, ou o máis exclusivo champán francés, que sobe de 20 euros a botella?. As tendencias e innovacións a realizar nos espumosos galegos foi obxecto dunha xornada organizada o pasado ano pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), na que participaron varios expertos. Unha conclusión xeral é que ante todo é necesario vender a variedade e a denominación -espumoso de albariño Rías Baixas, por exemplo-, apostar por un público selecto e que a uva debe ter un bo equilibrio entre acidez e grao alcohólico. Jorge Hervella, enólogo: “As variedades brancas galegas adáptanse moi ben para elaborar viños espumosos” Jorge Hervella é un enólogo que foi pioneiro na elaboración de viños espumosos en Galicia. “Empecei na colleita de 1991 elaborando un viño espumoso con 100% uva albariño, pero descolgueime do proxecto porque pasou de moda. Sen embargo, desde hai uns anos volveu a haber demanda no mercado. No Norte de Portugal están moi de moda os escumantes e na subzona de O Condado, no D.O. Rías Baixas foron varias as adegas que o están a elaborar”, explica. En canto á variedade, destaca que “calquera caste galega branca adáptase moi ben, e en concreto o Albariño”. 2O importante é que o viño base sexa de calidade e que non exceda dos 11,5 graos, porque canto máis alcol teña máis dificultade terán os lévedos para realizar o proceso de fermentación. Ademais, hai que ter en conta que se se engade azucre para a fermentación en botella sobe o grao alcohólico, e o produto final o máis común é que estea entre 12,5 e 13 graos e ao redor de 5 atmosferas de presión”, explica Jorge Hervella. Xunto ao viño espumoso branco, este enólogo tamén ve posibilidades á elaboración de espumosos rosados, pero non así tintos. “En Galicia e en España o consumidor non entende os espumosos tintos. Realizamos unha proba nunha adega e non pasou a cata do Consello Regulador debido aos taninos”, asegura. Que características debe ter un bo espumoso? Pero, ¿que características debe reunir un bo viño espumoso de calidade? Alfonso Losada Quiroga é enólogo e ex-investigador da Evega. “O espumoso ten que ser fresco, con persistencia da burbulla, con ácido málico e acidez compensada, espuma adecuada, aromáticamente que sexa interesante e que permita realizar garda”, afirma. En todo caso, considera necesario “realizar máis estudos en Galicia, sobre tipos de uva a utilizar. Mesmo poderiamos elaborar rosados, porque contamos con variedades que poden ser moi interesantes para estes espumosos, como son a Mencía, o Espadeiro ou os Caiños, pero necesitamos realizar máis investigacións, tamén para experimentar como se comporta con máis tempo en botella”. A DO Ribeiro ampara desde 2017 os viños espumosos Amadeus Reserva, o primeiro espumante galego A Denominación de Orixe Ribeiro modificou en 2017 o seu prego de condicións para, entre outros cambios, amparar a elaboración de viños espumosos. No ano 2009 xa o fixo a DO. Rías Baixas e con anterioridade a DO. Valdeorras. Precisamente a Cooperativa Vitivinícola do Ribeira foi a pioneira en Galicia en elaborar un viño espumoso, o Amadeus Reserva no ano 1989 e que desde o 2014 continúa co Lúa Jazz Brut, un espumoso elaborado a partir de uva 100% Treixadura e con 9 meses de fermentación, que desde este ano poderá contar tamén co amparo da D.O. Nuria Álvarez, directora técnica do Consello Regulador da DO. Ribeiro lembra que hai anos realizouse un estudo na Evega sobre variedades galegas e os lévedos máis axeitados para a elaboración de viños espumantes. “Das variedades brancas realizáronse estudos para ou Ribeiro con Treixadura, Loureira e para tinto con Brancellao e Caiño Longo, e as que mellor resultados obtiveron foron a Treixadura en branco, máis que a Loureira, e nas tintas calquera das dúas”. “Con todo, os estudos foron sobre o viño base, e faltaba todo o estudo posterior da elaboración do espumoso”, matiza.

Adega As Laxas: Un exemplo de aposta pola elaboración de espumantes

A adega As Laxas, situada no municipio pontevedrés de Arbo, na subzona de O Condado da Denominación de Orixe Rías Baixas, é unha das pioneiras en Galicia na aposta pola elaboración de viños espumosos. E con recoñecementos: o seu Sensum Laxas foi premiado como o mellor veu espumoso galego na Cata de Viños de Galicia 2017. José Simón Ferro, xerente desta adega familiar, destaca que “no ano 1998 realizamos un estudo conxunto coa Evega, probando con distintas variedades, e desde o 2007 comezamos a elaborar viño espumante, traballando ao mesmo tempo para que a DO. Rías Baixas o amparase”. O seu obxectivo era buscar un viño que maridase con calquera tipo de comida e que se puidese tomar desde o aperitivo ata a sobremesa. Os resultados de momento son alentadores: empezaron con 5.000 botellas e coa última colleita elaboraron 30.000. As súas vendas concéntranse principalmente en época de Nadal, aínda que o seu obxectivo é que se consuma durante todo o ano e con calquera tipo de comida. Galicia copa case un 70% das vendas, mentres que o 20% destínano á exportación e un 10% véndeno no resto de España.
José Ferro (Adega As Laxas): “O noso espumoso sabe a albariño, e iso é algo que nos diferencia do cava ou do champán”
En canto ao prezo, -de 10 euros para arriba no caso dun espumoso galego, fronte aos 5 dun cava- o xerente de Adega As Laxas xustifícao en que “un quilo de uva Albariño págase ao redor de 1,2 euros, mentres que no caso das variedades do cava, a Xarello e a Parellada, están entre 0,25 e 0,30 euros o quilo”. “Ademais, -engade- a nosa elaboración é máis personalizada, con menos produción, unha elaboración diferenciada e un produto tamén diferente”. Etiqueta de Sensum As Laxas, premiado en 2017 como o mellor espumante de Galicia Neste sentido, José Simón Ferro móstrase convencido das posibilidades de éxito dos viños espumosos galegos, sobre todo porque manteñen o sabor e o aroma das variedades galegas. “Aínda que temos moito percorrido para seguir mellorando, estamos satisfeitos coa aceptación que ten no mercado e creo que podemos ter éxito porque logramos un espumoso no que domina a variedade, o noso viño sabe a Albariño, e iso é o que nos diferencia no mercado fronte ao cava ou á champaña”, conclúe.