Síntomas e tratamento do verme do arame en millo
O verme do arame é a larva dos insectos da familia dos elatéridos (Agriotes e Athous, son os que máis danos provocan en agricultura das 7.000 especies coñecidas) e trátase dunha das pragas máis frecuentes e que máis danos provocan no cultivo do millo.
Para analizar como detectar os seus danos e como se debe tratar, Albert Porte-Laborde, experto internacional en cultivo do millo, impartiu o pasado mes unha conferencia maxistral nas III Xornadas do Rural Galego desde Curtis, organizadas por este concello coruñés. “Para evitar os seus danos a solución eficaz é tratar cun insecticida no momento da sementeira”, destacou.
Como punto de partida, lembrou que o adulto é un insecto coleóptero escuro, de 10 a 13 mm de lonxitude da familia dos elatéridos. En fase de larva, é un verme amarelo e relativamente duro que ataca á raíz das plántulas.
Os ataques do verme do arame repártense por focos ou manchas nas parcelas de millo, e varios son os síntomas da súa presenza.
2) Desecación do corazón da planta -o cogollo terminal- e das follas máis novas. As plantas afectadas presentan a miúdo seca da folla central, mentres que a primeira e a segunda follas están intactas.
3) Murchado das plántulas (2-3 follas) en caso de ataque precoz e despois desaparición das plantas con 2-3 follas, aínda que esta desaparición é máis frecuente a partir de 4 follas e até as 6-7 follas.
4) Afillado das plantas, se hai soamente mordedura da base do talo principal. Nestes casos ás veces vese unha perforación, un buraco circular de 1 a 3 mm de diámetro, á altura do pescozo da raíz. A reacción da planta ante esta ferida é afillar.
5) A mordedura superficial ao nivel do ápice provoca unha deformación na planta, como o alongamento da corneta foliar cilíndrica.
6) Ás veces pódese observar unicamente o esbrancuxado dunha parte do limbo a un só lado do nervio central da planta.
1) Ataques directamente aos grans que conduce a problemas de emerxencia
Afillado natural, á dereita, e por ferridas do verme do arame, á esquerda: