Archives

As IXP Ternera Gallega e Vaca e Boi de Galicia promociónase no Salón Gourmets

As IXP Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego continúan coa promoción da carne certificada nas feiras gastronómicas máis destacadas do calendario nacional. Tras asistir a Alimentaria, en Barcelona, esta semana participaron no 37º Salón Gourmets, celebrado en Madrid entre o luns e o xoves. Un percorrido culinario entre pezas singulares, como a tapa da pa ou a bavette, e outras máis afamadas, como o lombo, foi o argumento das tres masterclass ofrecidas polo Consello Regulador ante o público profesional; nas que se expuxeron as diferenzas entre a carne de tenreira e a do vacún maior. Co chef do Grupo Nove, Javier R. Ponte “Taky” (Catering Boketé, A Coruña) como xefe de cociña, a primeira parada desta viaxe gastronómica permitiu desbotar a idea de que existen pezas de primeira e de segunda categoría. Serviu un tartar elaborado coa tapa, no canto do solombo como é habitual, demostrando que outros cortes brindan resultados culinarios á altura dos máis coñecidos, mesmo en preparacións en cru. A carne elixida foi ‘Ternera Gallega Suprema’, aquela que se distingue por que procede de ganderías tradicionais, con vacas nai, nas que os tenreiros se alimentan do leite materno como mínimo durante 7 meses. Así o explicou o director de Promoción do Consello Regulador, Luis Vázquez, que incidiu en que a maneira de recoñecer este produto certificado é gracias ás súas etiquetas de cor rosa. Tamén desta categoría comercial, “Taky” escolleu o redondo para presentar en láminas con salsa tártara, evocando a tradicional receita italiana do vitello tonnato. Á cociña internacional fixo igualmente referencia outro dos pratos ofrecidos nestas masterclass: un taco mexicano estilo pibil, para o que se empregou a agulla.

Diversos cortes á grella

No estilo de cociñado por excelencia da carne, á grella, combináronse varias pezas de tenreira e de vacún maior, amosando os seus diferentes matices mediante unha elaboración sen artificios. De ‘Ternera Gallega Suprema Ecolóxica’, que conta coa dobre certificación da IXP e do CRAEGA, presentouse a bavette e a tapa da pa. A primeira, aínda pouco coñecida na cociña española, é moi habitual en Francia e destaca pola súa moleza e sabor. Tamén o fai a tapa da pa, que normalmente se utiliza para guisos, pero que coa axeitada preparación resulta ideal para a prancha. No caso do vacún maior, “Taky” serviu cortes clásicos, coma o lombo baixo de ‘Vaca Galega’ e o lombo alto de ‘Boi Galego’, ambos da categoría “Selección”, o que significa que se trata dunha carne con altas cualidades organolépticas, como a graxa amarela de cobertura e a infiltración. Os diferentes pratos deste percorrido gastronómico mesturáronse con consellos e técnicas de cociña para sacar o máximo proveito da versatilidade que ofrece o vacún galego certificado. Ao mesmo tempo, o director de Promoción explicou o traballo das ganderías inscritas, o tipo de razas e animais amparados, a súa alimentación e o sistema de control e rastrexabilidade das IXP. Destacou a relevancia das producións vinculadas aos selos de calidade, como garante do futuro socioeconómico e medioambiental do campo.

Divulgación e promoción comercial

Desde o stand da Consellería do Medio Rural, ademais de realizar estas masterclass, o Consello Regulador atendeu as necesidades de información dos visitantes, profesionais cárnicos procedentes de toda España e de países como Francia ou Italia. Asistir a feiras como o Salón Gourmets, cita de referencia para os produtos delicatessen, permite presentar as características diferenciais da carne certificada ante diversos públicos, tanto da restauración e da hostalaría coma da divulgación gastronómica, co obxectivo de incrementar as oportunidades comerciais das industrias inscritas.

Masterclass con Ternera Gallega no Forum Gastronómico

A IXP Ternera Gallega e a IXP Vaca Galega-Boi Galego formaron parte, unha edición máis, do Galicia Fórum Gastronómico, celebrado entre o domingo e este martes na Coruña. Como prato principal, ofreceron unha masterclass, para unhas 60 persoas, dirixida polo cociñeiro do Restaurante España (Lugo), Héctor López, e o director de Promoción do Consello Regulador, Luis Vázquez. Ata seis pezas diferentes de ‘Ternera Gallega Suprema Ecolóxica’, de ‘Vaca Galega’ e de ‘Boi Galego Selección’ conformaron un menú que presentou novas receitas cun toque orixinal. Para comezar, Héctor López preparou un sándwich de estilo oriental, no que empregou lombo baixo de ‘Ternera Gallega Suprema Ecolóxica’, a carne que chega ao consumidor con dobre certificación: da IXP e do CRAEGA. A ocasión permitiu incidir na etiquetaxe específica que acompaña ás diferentes categorías comerciais do vacún galego certificado, como aval da súa orixe e calidade, ademais de que permiten recoñecer as cualidades de cada tipo de carne. Así acontece, por exemplo, coa etiqueta de ‘Boi Galego Selección’, que identifica a carne procedente de machos castrados antes do ano e que deben superar os 48 meses de idade. A maiores, co atributo “Selección”, significa que se trata dunha carne premium, que destaca pola súa graxa de cobertura e pola súa infiltración; cualidades altamente valoradas a nivel gastronómico. Este foi o produto escollido para o segundo prato da masterclass, tamén de orixe xaponesa: láminas de tapa de ‘Boi Galego Selección’ con caldo concentrado da mesma carne, no que esta se remata de cociñar. Seguiulle unha croqueta líquida de vacún maior. Héctor López elixiu para esta elaboración a agulla de ‘Vaca Galega’. Con esta denominación a IXP identifica a carne procedente de femias que tiveran polo menos unha xestación. Sempre de animais nacidos, criados e sacrificados en Galicia, das razas admitidas e que cumpran cun período de acabado (de 6 meses como mínimo) a base de fariñas de cereais e concentrados vexetais previamente autorizados polo Consello Regulador. Tamén receitas tradicionais Co obxectivo de que os asistentes apreciasen as diferencias de sabor, aromas, cor e textura entre a tenreira e o vacún maior, o chef preparou á grella unha mesma peza, a croca, de ‘Ternera Gallega Suprema Ecolóxica’ e de ‘Boi Galego Selección’. Un cociñado sinxelo co que destacaron as características organolépticas das carnes certificadas. E para rematar, un dos pratos estrela de Héctor López, tamén coa potencia de sabor propia do vacún maior. Serviu un costelar de ‘Boi Galego Selección’, que se fai a baixa temperatura en forno de brasas durante toda unha noite. Con esta demostracion poñense en valor a versatilidade culinaria de cortes menos utilizados nos restaurantes, co fin de valorizar todas as pezas do vacun maior de calidade certificado. Máis degustacións coa Agacal O Consello Regulador ofreceu outras dúas degustacións dentro do stand da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, da Consellería do Medio Rural. Foron o domingo e o martes, co chef Xosé Manuel Mallón (Espazo Remollo, Ames) aos fogóns. Para unhas corenta persoas en total, estes showcookings tamén puxeron en valor a versatilidade culinaria de ‘Ternera Gallega Suprema Ecolóxica’ e de ‘Vaca Galega’. Presentáronse pezas como a tapa, tanto á prancha coma en tataky, o filete de vacío e a tapa da pa cociñados á grella e o xarrete estufado. Nestas elaboracións, as carnes certificas pola IXP Ternera Gallega e pola IXP Vaca Galega-Boi Galego acompañáronse doutros selos de calidade, coma as Fabas de Lourenzá ou a Pataca de Galicia, ademais de viños das DO Rías Baixas de Monterrei. De sobremesa, IXP Tarta de Santiago.

A Central pecha o ano cunha xornada de récord de afluencia de becerros carniceiros

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca pecha hoxe o ano con récords na categoría de becerros carniceiros. Así, esta mañá, na última poxa de 2023, rexistrouse tanto o maior número de tenreiros carniceiros nunha sesión, cun total 217, como a maior cifra de adxudicados, con 206. Ata o de agora a máxima asistencia foran 215 animais e o maior número de adxudicados 196, unhas cifras rexistradas o pasado 8 de agosto. Consecuentemente con este récord de afluencia tamén se acadou o maior volume de transaccións, con 215.538 euros, polo que se supera a cifra máxima ata o momento, os 206.974 euros, tamén da poxa do 8 de agosto. Porén, en canto ós prezos de referencia nesta categoría non houbo unha tendencia clara. Pola súa banda, na recría houbo unha baixada xeral, tanto nos becerros de recría coma nos de cruces industriais. No caso do vacún maior, esta semana os prezos experimentaron unha suba nas categorías de primeira e segunda. Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado continúa estable. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana.
A próxima poxa será o 2 de xaneiro, ó suspenderse a do día 26 de decembro
Esta é a última sesión do ano, logo de que dende a Central acordaran suspender a poxa do próximo martes día 26. Así, a seguinte sesión celebrarase xa no ano novo, o día 2 de xaneiro.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, tiveron unha baixada de 25 euros o seu valor e sitúanse nos 72 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 107 euros (-31 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron un prezo de referencia de 156 euros (-15 euros). Nos becerros de recría de cruces industriais, os tenreiros máis novos, con menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 304 euros, logo dunha baixada de 30 euros. As femias desta sección cotízanse a 227 euros (-50 euros). Nos animais de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 374 euros, tras descontar 34 euros con respecto da feira anterior. As femias marcaron un prezo de referencia de 270 euros (- 29 euros). Nos exemplares de máis de 50 días, os machos foron a excepción e incrementaron o seu valor en 54 euros e sitúanse nos 542 euros. Mentres, as femias descontaron 60 euros con respecto da cotización da semana pasada e quedan cun valor de referencia de 350 euros. No caso dos becerros de cebo non houbo unha tendencia clara. Nos machos de cruces industriais rexistrouse unha suba de 49 euros con respecto do prezo medio da semana pasada e o prezo de referencia foi de 1.082 euros. Nas femias produciuse unha baixada de 53 euros e quedan cun valor medio de 913 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.097 euros, ó rexistrar unha baixada de 72 euros. As femias desta raza están nos 1.055 euros (-13 euros). Os becerros frisóns rexistraron esta semana unha suba de 523 euros ata un valor de referencia de 795 euros, logo de que a semana pasada marcaran un mínimo de 272 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.074 euros (- 153 euros). No vacún maior só os animais de primeira e segunda experimentaron subas esta semana. Así, nos de primeira o prezo incrementouse 13 euros e acadan os 1.142 euros. Nos de segunda a suba foi de 23 euros e sitúanse nos 749 euros. Nos animais da categoría extra houbo unha baixada de 94 euros e quedan cun valor de referencia de 2.081 euros. Os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 436 euros, o que supuxo unha baixada de 36 euros con respecto da semana pasada. No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 1.962 euros, 512 euros menos que na feira anterior.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 91 euros (cun prezo de 4,55 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 86 euros e cun prezo por quilo de 4,3 euros. O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, os da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas no vacún maior e nos becerros de cebo en Silleda

O vacún maior mantivo esta semana a tendencia á alza na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca con subas en case tódalas categorías. Tamén os becerros de cebo rexistraron esta semana subas en todas as seccións. Mentres, nos tenreiros de recría frisóns houbo unha baixada xeral dos prezos de referencia. Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado continúa estable. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. No mercado do ovo houbo tamén incrementos dos prezos nalgunhas das categorías esta semana. Este martes dende a organización da Central tamén fixeron público o calendario das próximas feiras. Por mor das festividades de Nadal suspenderase a feira do día 26 de decembro, mentres que se manterá a do día 2 de xaneiro. 

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, descontaron 13 euros e sitúanse nos 68 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 114 euros (-7). Os becerros pintos de máis de 50 días foron a excepción, cunha suba de 19 euros, o que deixa un prezo de referencia de 160 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral foi á alza, agás os tenreiros máis novos, os exemplares con menos de 20 días. Así, nos machos houbo unha baixada de 51 euros e cotízanse a 312 euros e as femias descontaron 17 euros con respecto da semana pasada e o prezo de referencia é agora de 236 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 429 euros, logo dunha suba de 41 euros con respecto da feira anterior. Nas femias desta categoría o incremento foi de 23 euros e quedan cun valor de referencia de 302 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha suba de 39 euros e pasan a cotizarse de media a 526 euros, mentres que as femias tiveron un aumento de 10 euros e sitúanse nun valor medio de 396 euros. No caso dos becerros de cebo houbo subas en todas as categorías. Nos machos de cruces industriais rexistrouse un incremento de 78 euros con respecto do prezo medio da semana pasada, e o prezo de referencia foi de 1.137 euros. Nas femias produciuse un aumento de 275 euros e acadan un valor medio de 997 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.204 euros, ó rexistrar unha suba de 107 euros. As femias desta raza están nos 976 euros, logo dun incremento de 58 euros con respecto da semana anterior. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.161 euros (+94 euros). No vacún maior a tendencia foi de novo á alza, agás nos animais de segunda, que descontaron 3 euros con respecto da semana anterior e quedan cun valor de referencia de 742 euros. Pola súa banda, as vacas da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.123 euros, o que amosa unha suba de 69 euros. As vacas de primeira experimentaron un incremento de 15 euros e quedan nos 1.147 euros. Os exemplares de descarte cotizáronse a un prezo medio de 529 euros, o que supuxo un aumento de 71 euros con respecto da semana pasada. No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.470 euros (+198 euros).

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 87 euros (cun prezo de 4,35 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 82 euros e cun prezo por quilo de 4,1 euros. No mercado do ovo houbo subas nas categorías de menor tamaño (M e S), mentres que as demais se manteñen sen cambios. En concreto produciuse un incremento de 0,01 euros e os ovos da S cotízanse agora a 1,74 euros e os da M a 2,04 euros a ducia. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia e os da L están a 2,40 euros. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas nos prezos da recría e os becerros carniceiros en Silleda

Os becerros, tanto de cebo como a recría, experimentaron esta semana unha suba na Central Agropecuaria de Galicia Abanca. Mentres, no vacún maior a tendencia foi á baixa, coa excepción das vacas de desvelle e os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia. Nas mesas de porcino e logo de varias semanas á baixa, o prezo do porco cebado estabilízase. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. O mercado do ovo mantense estable esta semana.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, incrementaron o seu valor en 6 euros e sitúanse nos 84 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 119 euros (+2). Os becerros pintos de máis de 50 días mantéñense sen cambios e teñen un prezo medio de 155 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais tamén houbo mínimas subas nalgunhas seccións, aínda que noutras os prezos foron máis baixos que a semana pasada. Os tenreiros máis novos sumaron 9 euros con respecto da última poxa e acadaron un valor medio de 358 euros. As femias desa categoría tiveron un incremento de 4 euros e sitúanse nos 240 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 395 euros, ó sumar 6 euros. Pola súa banda, as femias descontaron 39 euros e quedan nos 255 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha baixada de 6 euros e pasan a cotizarse de media a 524 euros, mentres que as femias descontaron 30 euros e sitúanse nun valor medio de 374 euros. Aínda con algunha excepción, en boa parte das seccións dos becerros de cebo houbo subas. Os machos frisóns acadan un prezo medio de 981 euros, logo de cotizarse a semana pasada a 378 euros. Os machos de cruces industriais incrementaron en 20 euros o seu valor en comparación coa feira anterior e acadan os 1.027 euros. As femias cotizáronse a 1.125 euros, é dicir 100 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.131 euros, ó rexistrar unha baixada de 57 euros. As femias desta raza están nos 1.203 euros, ó sumar 114 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.119 euros (-53 euros). No vacún maior a tendencia foi á baixa, con dúas excepcións. Así, os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.011 euros, o que amosa unha redución de 17 euros. As vacas de primeira experimentaron unha baixada de 44 euros e quedan nos 1.095 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 732, o que supuxo descontar 15 euros con respecto da semana pasada. Nas vacas de desfeito, o valor de referencia estivo nos 479 euros (+9 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o seu valor medio incrementouse nesta sesión en 88 euros e tiveron un prezo de referencia de 2.372 euros.

Subas nos leitóns

O porco cebado estabilízase esta semana, logo de acumular varias sesións con baixadas. Mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 3 euros para ambas categorías. Os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 83 euros (cun prezo de 4,15 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 78 euros e cun prezo por quilo de 3,9 euros. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana. Os ovos cun tamaño XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, mentres que os da M cotízanse a 2 euros e os da S sitúanse en 1,70 euros a ducia. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Suba nos prezos da recría en Silleda

Boa parte do gando de recría que se vendeu este martes na Central Agropecuaria de Galicia Abanca tivo prezos maiores que a semana pasada. Mentres, tanto no vacún maior e nos becerros de cebo non houbo unha tendencia clara. Nas mesas de porcino volveuse producir unha baixada nos prezos dos porcos cebados. Mentres, os leitóns experimentaron unha nova suba. O mercado do ovo mantense estable esta semana. Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, incrementaron o seu valor en 33 euros e sitúanse nos 78 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 117 euros (+27 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron unha suba de 38 euros e acadan un valor medio de 155 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia tamén foi á alza. Os tenreiros máis novos sumaron 35 euros con respecto da última poxa e acadaron un valor medio de 349 euros. As femias desa categoría tiveron un incremento de 42 euros e sitúanse nos 236 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 389 euros, ó sumar 27 euros. Nas femias houbo un incremento de 25 euros e acadan os 294 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron unha suba de 31 euros e teñen un prezo de 530 euros, mentres que as femias sumaron 33 euros e sitúanse nun valor medio de 404 euros. Nos becerros de cebo non houbo unha tendencia clara. Nos machos frisóns o prezo medio foi de 378 euros, cunha destacada caída de 568 euros con respecto dos valores de referencia da feira pasada. Os machos de cruces industriais tamén tiveron unha baixada do prezo, aínda que non tan pronunciada (44 euros) e quedan cun valor medio de 1.007 euros. As femias cotizáronse a 1.025 euros, é dicir 111 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.188 euros, ó rexistrar unha suba de 51 euros. As femias desta raza están nos 1.089 euros, ó sumar 107 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.172 euros (+11). Tampouco no vacún maior houbo unha tendencia predominante. Os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.028 euros, o que amosa unha redución de 12 euros. As vacas de primeira experimentaron unha suba de 9 euros e quedan nos 1.139 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 747 euros, o que supuxo descontar 3 euros con respecto da semana pasada. Nas vacas de desfeito, o valor de referencia estivo nos 470 euros (+37 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, o seu valor medio incrementouse nesta sesión en 723 euros en comparación coa semana pasada e tiveron un prezo de referencia de 2.284 euros.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado volveu experimentar unha nova baixada aínda que máis moderada. Mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,01 euros e quedan nos 1,675 e 1,650 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros, tras unha baixada de 0,013 euros. Os animais de descarte mantéñense sen cambios e cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 3 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 80 euros (cun prezo de 4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 75 euros e cun prezo por quilo de 3,75 euros. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana. Os ovos cun tamaño XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, mentres que os da M cotízanse a 2 euros e os da S sitúanse en 1,70 euros a ducia. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello mantense nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Baixada nos prezos da recría frisoa e o vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca recuperou este martes a actividade por completo, logo de que a semana pasada se suspendese a poxa de becerros de recría por mor da festividade nacional de Todos os Santos. A comparativa cos prezos da última poxa celebrada o pasado día 24 de outubro na que concorreu este tipo de gando, amosa unha baixada dos prezos da recría frisoa e nas femias de cruces industriais. No vacún maior tamén hai este martes unha baixada en comparación dos prezos manexados a semana pasada. Nos becerros carniceiros a tendencia tamén é a baixa, pero houbo varias excepcións. Nas mesas de porcino volveuse producir unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo tamén rexistra un incremento do valor nalgunhas categorías.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. No caso da recría, a comparativa realizámola cos prezos rexistrados na última poxa que contou con este tipo de gando, a celebrada o pasado 24 de outubro. Nos animais de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días descontaron só un euro e mantéñense nos 45 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días o valor medio está nos 90 euros (-4). Nesta sección tamén se contabilizaron case o dobre de animais que na última feira. A baixada máis destacada produciuse nos becerros pintos de máis de 50 días, que descontaron 83 euros con respecto da última poxa e teñen un valor de referencia de 117 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia tamén foi á baixa, pero con varias excepcións. Os tenreiros máis novos foron unha delas, ó sumar 40 euros con respecto da última poxa e acadar un valor medio de 314 euros. As femias desa categoría descontaron 42 euros e sitúanse nos 194 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 362 euros, ó descontar 5 euros. Nas femias houbo unha baixada de 18 euros e quedan nos 269 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron un incremento de 10 euros e acadan os 499 euros, mentres que as femias descontaron 18 euros e sitúanse nun valor medio de 371 euros. Nos becerros de cebo a tendencia foi á baixa aínda que houbo excepcións como os machos frisóns, que tiveron un prezo medio de 946 euros (+267 euros). Mentres nos machos de cruces industriais, o valor medio foi de 1.051 euros, o que supón unha baixada de 37 euros. As femias cotizáronse a 914 euros, é dicir 30 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.137 euros, ó rexistrar unha baixada de 124 euros. As femias desta raza están nos 982 euros, ó descontar -144 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.161 euros (-69). Esta semana o vacún maior rexistrou baixadas en case tódalas seccións. Os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.040 euros, o que amosa unha redución de 53 euros. As vacas de primeira experimentaron unha baixada de 12 euros, polo que quedan nos 1.130 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 751 euros, o que supuxo unha suba de 9 euros con respecto da semana pasada e foron a excepción. Nas vacas de desfeito o valor de referencia estivo nos 433 euros (-59 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, o seu valor medio caeu 254 euros en comparación coa semana pasada e tiveron un prezo de referencia de 1.561 euros.

Baixadas no porco cebado

Unha semana máis, as mesas de cotizacións do porcino experimentaron novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,025 euros e quedan nos 1,685 e 1,66 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,156 euros, tras unha baixada de 0,032 euros. Os animais de descarte descontaron 0,02 euros e cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns continúan á alza. Esta semana tiveron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 77 euros (cun prezo de 3,85 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 72 euros e cun prezo por quilo de 3,6 euros. O mercado do ovo experimentou subas nalgunhas das categorías. Así, os ovos da S e a M tiveron un incremento de 0,02 euros, o que deixa un prezo de 1,7 e 2 euros a ducia, respectivamente. Mentres, no resto de categorías non houbo cambios. Nas galiñas de descarte semipesadas mantívose o prezo esta semana. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos sitúanse entre 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas no prezo medio dos becerros de cebo en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, celebrada en Silleda (Pontevedra), experimenta esta semana unha suba dos prezos medios de referencia dos becerros de cebo, con incrementos en tódalas categorías. Na recría a tendencia foi á baixa, en especial nos machos de raza Frisoa. No vacún maior non houbo unha tendencia clara esta semana. Nas mesas de porcino volveu producirse unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo tamén rexistra un incremento do valor nalgunhas categorías.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Cómpre recordar ademais, que a vindeira semana, o martes 31 de outubro, suspéndese a poxa de recría e só se venderán becerros cebados e vacún maior. En canto ós prezos desta senama, na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 46 euros, é dicir, 35 euros menos que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 94 euros, o que supón 23 euros menos. Os becerros de máis de 50 días foron a excepción nesta raza ó experimentar unha suba de 47 euros e acadar os 200 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os machos máis novos descontaron 76 euros no prezo medio con respecto da semana pasada e sitúanse en 274 euros. Mentres, nas femias houbo unha suba de 39 euros e cotízanse a 236 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, rexistrouse un incremento de 10 euros e teñen un prezo medio de 367 euros. As femias acadaron os 251 euros, logo de sumar 7 euros. Os machos de máis de 50 días tiveron un valor de referencia de 489 euros, (+29 euros). As femias sitúanse nos 353 euros, ó descontar 41 euros. Nos becerros de cebo houbo subas en case tódalas seccións. Os machos frisóns tiveron un prezo medio de 971 euros (424 euros). Nos becerros de cruces industriais, o valor medio foi de 1.093 euros nos machos (+45). As femias tiveron unha suba de 200 euros no prezo de referencia con respecto da semana pasada e acadan os 1.161 euros. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.256 euros, ó rexistrar tamén unha suba, neste caso de 22 euros. As femias desta raza están nos 1.424 euros, ó sumar 401 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un incremento de 108 euros e quedan cun prezo medio de 1.230 euros. Esta semana o vacún maior non houbo unha tendencia clara. As vacas descarte tiveron un incremento de 28 euros e acadan un valor medio de referencia de 445 euros, así como os animais de primeira, que sumaron 10 euros para acadar un prezo de 1.160 euros. Os exemplares comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia tiveron un valor de referencia de 2.404 euros, o que supón 70 euros máis que a feira pasada. Mentres, as vacas da categoría extra descontaron 180 euros e quedan nos 1.990 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a 712 euros, logo dunha baixada de 13 euros. 

Baixadas no porco cebado

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,04 euros e quedan nos 1,74 e 1,715 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,227 euros, tras unha baixada de 0,052 euros. Os animais de descarte descontaron 0,06 euros e cotízanse entre 0,87 e 0,93 euros o quilo. Os leitóns experimentaron unha suba dun euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 73 euros (cun prezo de 3,65 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 68 euros e cun prezo por quilo de 3,4 euros. O mercado do ovo experimentou subas nalgunhas das categorías. Así, os ovos da S e a M tiveron un incremento de 0,04 euros, o que deixa un prezo de 1,66 e 1,96 euros a ducia, respectivamente. Mentres, no resto de categorías non houbo cambios, así como nas galiñas de descarte semipesadas. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas nos becerros de recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, celebrada en Silleda (Pontevedra), rexistra esta semana unha suba dos prezos medios de referencia da recría, tanto nos de raza frisoa coma nos de cruces industriais. Mentres, nos animais de cebo e no vacún maior a tendencia foi á baixa, con excepcións en categorías puntuais. Nas mesas de porcino volveu producirse unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo mantense case sen cambios.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. Cómpre ter presente que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 81 euros, é dicir, 2 euros máis que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 118 euros, o que supón 10 euros máis. Os becerros de máis de 50 días tiveron un prezo medio de 153 euros, cun incremento de 28 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os tenreiros machos máis novos sumaron 69 euros no prezo medio con respecto da semana pasada e sitúanse en 350 euros. Mentres, nas femias houbo unha baixada de 21 euros e cotízanse a 197 euros. Foron a única baixada de prezos rexistrada neste tipo de gando. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, rexistrouse un incremento de 9 euros e teñen un prezo medio de 357 euros. As femias acadaron os 244 euros, logo de sumar 16 euros. Os machos de máis de 50 días tiveron un valor de referencia de 460 euros, (+9 euros). As femias sitúanse nos 394 euros (+27). Nos becerros de cebo houbo baixadas en case tódalas seccións. Os machos frisóns tiveron un prezo medio de 547 euros (-382 euros). Nos becerros de cruces industriais, o valor medio foi de 1.048 euros nos machos (-74). As femias foron unha das excepcións desta categoría, cunha suba de 117 euros no prezo de referencia con respecto da semana pasada e acadan os 961 euros. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.234 euros, ó rexistrar tamén unha suba, neste caso de 29 euros. As femias desta raza están nos 1.023 euros, ó descontar 166 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron unha baixada de 109 euros e quedan cun prezo medio de 1.122 euros. Esta semana o vacún maior rexistrou baixadas en case tódalas seccións. A única excepción foron as vacas da categoría extra que tiveron un incremento de 28 euros e acadan un valor medio de referencia de 2.170 euros. As vacas de primeira están en 1.150 euros (-1). Os exemplares de segunda cotizáronse a 725 euros, logo dunha baixada de 32 euros. Nos animais de desfeito, o valor medio situouse nos 417 euros, cunha baixada de 73 euros en comparación coa última feira. Os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia tiveron un valor de referencia de 2.334 euros, o que supón 894 euros menos que a feira pasada.

Baixadas no porco cebado

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,03 euros e quedan nos 1,78 e 1,755 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,279 euros, tras unha baixada de 0,039 euros. Os animais de descarte descontaron 0,06 euros e cotízanse entre 0,93 e 0,99 euros o quilo. Os leitóns experimentaron unha suba dun euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 72 euros (cun prezo de 3,6 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 67 euros e cun prezo por quilo de 3,35 euros. O mercado do ovo mantense esta semana case sen cambios. A única modificación experimentárona de novo os ovos da M, que incrementaron o seu valor en 0,03 euros e a ducia está agora en 1,92 euros. No resto de categorías mantéñense os prezos. Os ovos da XL cotízanse a 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,4 euros e os da S están en 1,62 euros. No prezo das galiñas de descarte semipesadas tampouco houbo cambios e cotízanse entre os 0,22 e os 0,30 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas na recría frisoa e nos becerros carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, celebrada en Silleda (Pontevedra) rexistra esta semana unha suba dos prezos medios de referencia da recría de raza frisoa. Mentres, nos animais de cruces houbo baixadas das cotizacións nos machos máis novos e nos exemplares de maior idade. Nos tenreiros de cebo tamén se rexistraron subas en case tódalas categorías. A excepción veu dada por unha baixada mínima nas becerras de cruce. No vacún maior non houbo unha tendencia clara esta semana. Nas mesas de porcino volveu producirse unha baixada nos prezos dos porcos cebados, mentres que os leitóns experimentaron esta semana unha suba. Pola súa parte, o mercado do ovo mantense case sen cambios.
O martes 31 de outubro só haberá poxa de becerros cebados e vacún maior
Este martes, a Central avisou ós asistentes que o próximo día 31 de outubro, véspera do festivo nacional, suspéndese a poxa de tenreiros de recría, pero manteranse as vendas de becerros cebados e vacún maior.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. Cómpre ter en presente que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 79 euros, é dicir, 35 euros máis que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 108 euros, o que supón 19 euros máis. Os becerros de máis de 50 días tiveron un prezo medio de 125 euros, cun incremento de 12 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os tenreiros machos máis novos descontaron 60 euros no prezo de medio con respecto da semana pasada e sitúanse en 281 euros. Mentres, nas femias houbo unha suba de 29 euros e cotízanse a 218 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días rexistrouse un incremento de 21 euros e teñen un prezo medio de 348 euros. As femias acadaron os 228 euros, logo de sumar 7 euros. Os machos de máis de 50 días tiveron un valor de referencia de 451 euros, (-66 euros). As femias descontaron 64 euros, polo que se sitúan nos 367 euros. Nos becerros de cebo houbo subas en case tódalas seccións. Os machos frisóns tiveron un prezo medio de 929 euros (+456 euros). Nos becerros de cruces industriais, o valor medio foi de 1.122 euros (+28). As femias foron a excepción desta categoría, cunha mínima baixada de 2 euros no prezo de referencia con respecto da semana pasada e teñen un prezo medio de 844 euros. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.205 euros (+67) e as femias acadaron os 1.189 euros (+150). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron unha suba de 86 euros e acadan un prezo medio de 1.231 euros. Esta semana non houbo unha tendencia predominante no vacún maior. As vacas da extra descontaron 108 euros e o seu prezo de referencia sitúase nos 2.142 euros. As vacas de primeira acadan os 1.151 euros (+6). Os exemplares de segunda cotizáronse a 757 euros, logo dunha suba de 10 euros. Nos animais de desfeito, o valor medio situouse nos 490 euros, cunha baixada de 5 euros en comparación coa última feira. Os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia acadaron un valor de referencia de 3.228 euros, o que supón 473 euros máis que a feira pasada.

Baixadas no porco cebado

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,03 euros e quedan nos 1,81 e 1,785 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,318 euros, tras unha baixada de 0,039 euros. Os animais de descarte descontaron 0,06 euros e cotízanse entre 0,99 e 1,05 euros o quilo. Os leitóns experimentaron unha suba dun euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 71 euros (cun prezo de 3,55 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 66 euros e cun prezo por quilo de 3,3 euros. O mercado do ovo mantense esta semana case sen cambios. A única modificación experimentárona os ovos da M que incrementaron o seu valor en 0,02 euros e a ducia está agora en 1,89 euros. No resto de categorías mantéñense os prezos. Os ovos da XL cotízanse a 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,4 euros e os da S están en 1,62 euros. No prezo das galiñas de descarte semipesadas tampouco houbo cambios e cotízanse entre os 0,22 e os 0,30 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas nos prezos do vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistra este martes unha suba dos prezos medios de cotización do vacún maior en tódalas categorías. Na recría e nos becerros carniceiros a tendencia foi á baixa, cunha redución dos prezos de referencia en boa parte das seccións. Nas mesas de porcino volveu producirse unha baixada xeral tanto nos prezos dos porcos cebados coma dos leitóns. Mentres, o mercado do ovo mantense sen cambios.

Prezos do vacún

Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que cómpre ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 44 euros, é dicir 16 euros menos que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 89 euros, o que supón 7 euros máis que na feira pasada. Foi a única suba entre os machos desta raza. Os becerros de máis de 50 días tiveron un prezo medio de 113 euros, cunha redución de 24 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os tenreiros machos máis novos sumaron 2 euros e o prezo medio sitúase nos 341 euros. Mentres, nas femias houbo unha baixada de 33 euros e cotízanse a 189 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, rexistrouse unha redución de 6 euros e teñen un prezo medio de 327 euros. As femias quedaron nos 221 euros, logo de descontar 7 euros. Os machos de máis de 50 días tiveron un valor de referencia de 517 euros, (-9 euros). As femias incrementaron o seu valor en 81 euros, polo que se sitúan nos 431 euros. A tendencia foi semellante nos becerros de cebo, sen predominar unha. Os machos frisóns experimentaron unha baixada de 301 euros, de xeito que caen a un prezo de referencia de 473 euros. A única femia vendida marcou un prezo de 438 euros. Nos becerros de cruces industriais, o valor medio foi de 1.094 euros, logo dunha suba de 21 euros. Nas becerras desta categoría, o prezo de referencia atópase nos 846 euros, ó producirse unha baixada de 32 euros con respecto da última feira. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.138 euros, é dicir 2 euros máis. As tenreiras rexistraron unha baixada de 31 euros, ata situarse nun prezo medio de 1.039 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron unha suba do seu valor medio en 132euros e acadan os 1.145 euros. O vacún maior experimentou destacadas subas en tódalas categorías. As vacas da extra incrementaron o seu valor en 141 euros e o seu prezo de referencia sitúase nos 2.250 euros. As vacas de primeira acadan os 1.145 euros (+17). Os exemplares de segunda cotizáronse a 747 euros, logo dunha suba de 5 euros. Nos animais de desfeito, o valor medio situouse nos 495 euros, polo que se incrementou en 17 euros en comparación coa última feira. Os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia acadaron un valor de referencia de 2.755 euros, o que supón 1.572 euros máis que a feira pasada.

Baixadas no porcino

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana baixadas nos prezos tanto do porco cebado como dos leitóns. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal descontaron 0,03 euros e quedan nos 1,84 e 1,815 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,357 euros, tras unha baixada de 0,039 euros. Os animais de descarte descontaron 0,06 euros e cotízanse entre 1,05 e 1,11 euros o quilo. Nos leitóns houbo unha baixada dun euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 70 euros (cun prezo de 3,5 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 65 euros e cun prezo por quilo de 3,25 euros. O mercado do ovo mantense esta semana sen cambios. Os ovos da XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,4 euros, os da M cotízanse a 1,87 euros e os da S están en 1,62 euros a ducia. No prezo das galiñas de descarte semipesadas tampouco houbo cambios e cotízanse entre os 0,22 e os 0,30 euros o quilo. O prezo do coello acada os 2,65 euros o quilo (+0,10) segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas nos prezos dos becerros de recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca recuperou hoxe a súa actividade habitual, logo de que a semana pasada non se celebrase a venda de gando vacún ó ser festivo nacional. Este martes, volvíase ás cifras habituais de asistencia de gando e tampouco se rexistraron grandes variacións nos prezos. Na recría, a tendencia foi á alza, especialmente no gando frisón onde só os becerros máis novos marcaron prezos máis baixos que na última feira. Nos tenreiros de cebo non houbo unha tendencia predominante e rexistráronse subas ou baixadas dos prezos dependendo da categoría. Así mentres os becerros de cruce industrial e os frisóns cotizaron á alza, nos animais de Rubia Galega houbo unha baixada do prezo de referencia. Tampouco no vacún maior predominou unha tendencia clara nos prezos. Nas mesas de porcino, houbo unha baixada xeral tanto nos prezos dos porcos cebados coma dos leitóns. Mentres, o mercado do ovo mantense sen cambios.

Prezos do vacún

Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que cómpre ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 54 euros, é dicir 8 euros menos que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 87 euros, o que supón 3 euros máis que na feira pasada. Os machos de máis de 50 días tiveron un prezo medio de 124 euros, cunha suba de 6 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os becerros machos máis novos incrementaron o seu valor en 3 euros e sitúanse nun prezo medio de 276 euros. Mentres, nas femias a suba foi de 16 euros e acadan os 172 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, rexistrouse unha suba de 15 euros e teñen un prezo medio de 324 euros. As femias quedaron nos 220 euros, logo de experimentar unha baixada de 12 euros. Nos machos de máis de 50 días, o prezo de referencia foi de 504 euros, despois dunha redución de 65 euros. As femias desta sección descontaron 35 euros, polo que se sitúan nos 346 euros. En canto ós prezos dos becerros de cebo, os machos frisóns experimentaron unha suba de 54 euros, de xeito que acadan un prezo de referencia de 754 euros. Nos becerros de cruces industriais, o valor medio foi de 1.161 euros, logo dunha suba de 32 euros. Nas tenreiras desta categoría, o prezo de referencia atópase nos 929 euros, cunha redución de 9 euros con respecto da última feira. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.151 euros, é dicir 90 euros menos. Nas tenreiras a baixada foi de 13 euros, ata situarse nun prezo medio de 1.094 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron unha suba do seu valor medio en 106 euros e acadan os 1.140 euros. No vacún maior, as vacas da extra descontaron 72 euros con respecto da última feira e o seu prezo de referencia sitúase nos 2.018 euros. As vacas de primeira mantivéronse sen cambios, cun valor medio de 1.145 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a 714 euros, logo dunha baixada de 48 euros. Nos animais de desfeito, o valor medio situouse nos 432 euros, polo que se incrementou en 9 euros en comparación coa última feira. Os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia tiveron un prezo medio de referencia de 1.888 euros, o que supón unha suba de 737 euros.

Baixadas no porcino

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana baixadas nos prezos tanto do porco cebado como nos leitóns. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal descontaron 0,03 euros e quedan nos 1,98 e 1,955 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,539 euros tras unha baixada de 0,039 euros. Os animais de descarte descontaron 0,04 euros e cotízanse entre 1,33 e 1,39 euros o quilo. Nos leitóns houbo unha baixada de 5 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 76 euros (cun prezo de 3,8 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 71 euros e cun prezo por quilo de 3,55 euros. O mercado do ovo mantense esta semana sen cambios. Os ovos da XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,59 euros, os da M cotízanse a 2,07 euros e os da S están en 1,82 euros a ducia. No prezo das galiñas de descarte semipesadas tampouco houbo cambios e cotízanse entre os 0,23 e os 0,31 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Dobre récord nos becerros de cebo en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistrou este martes dous novos récords históricos nos becerros de cebo, tanto na asistencia coma no volume de transaccións. Mentres, os prezos medios desta sección foron á baixa en referencia ós acadados a pasada semana. Houbo subas nas cotizacións medias do vacún maior e a recría mantívose sen unha tendencia clara, con subas ou baixadas dos prezos en cada categoría. Nas mesas de porcino, houbo unha baixada xeral tanto nos prezos dos porcos cebados coma dos leitóns. Mentres, o mercado do ovo mantense sen cambios, logo de varias semanas experimentando baixadas dos prezos.

Prezos do vacún

Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que cómpre ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 62 euros, é dicir 1 euro máis que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 84 euros, o que supón 21 euros menos que na feira pasada. Os machos de máis de 50 días tiveron un prezo medio de 118 euros, cunha baixada de 5 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os tenreiros machos máis novos e os de entre 20 e 50 días mantiveron os prezos da semana pasada. Así, cotizáronse a 273 euros e 309 euros, respectivamente. Mentres, nas femias de menos de 20 días houbo unha baixada de 20 euros que deixa un prezo medio de 156 euros. No caso das becerras de entre 20 e 50 días, rexistrouse unha suba de 4 euros e acadan os 232 euros. Nos machos de máis de 50 días, o prezo de referencia foi de 569 euros, logo dun incremento de 10 euros. Nas femias desta sección a suba foi de 43 euros, polo que se sitúan nos 381 euros. Na sección dos becerros de cebo acadouse a maior asistencia de animais do mercado nunha sesión, con 215 tenreiros. Ata hoxe o récord atopábase nos 210 animais que se rexistraran o 17 de decembro de 2019. A maior afluencia pode estar en certa medida motivada polo feito de que a próxima semana non se celebre a poxa de gando, ó ser xornada festiva. Como sinalan dende a Central, esta elevada cifra de afluencia de becerros carniceiros conlevou a que se acadase outro récord no volume de transaccións de cebo con 206.974 euros. Ata o momento, a cifra máxima foran os 162.360 euros da poxa do 28 de marzo deste mesmo ano. En canto ós prezos dos becerros de cebo, a tendencia foi á baixa en case tódalas seccións. Só os tenreiros frisóns experimentaron unha suba de 57 euros, de xeito que acadan un prezo de referencia de 700 euros. Nos becerros de cruces industriais o valor medio foi de 1.129 euros, logo dunha baixada de 52 euros. Nas becerras desta categoría, o prezo de referencia atópase nos 938 euros, cunha redución de 92 euros con respecto da semana pasada. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.241 euros, cando a semana anterior estaban 43 euros por encima deste prezo. Nas tenreiras a baixada foi máis destacada, de 151 euros, ata situarse nun prezo medio de 1.107 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema reduciron o seu valor medio en 121 euros e quedan nos 1.034 euros. O vacún maior foi unha das excepcións, con subas en case tódalas categorías. As vacas da extra incrementaron o seu valor en 82 euros e sitúanse nos 2.090 euros. As vacas de primeira cotizáronse a 1.145 euros, o que amosa unha suba de 13 euros. Nos exemplares de segunda o prezo medio foi de 762 euros, logo dunha suba de 5 euros. Nos animais de desfeito, o valor medio situouse nos 423 euros, polo que se incrementou en 20 euros con respecto da última feira. A única excepción veu nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, que tiveron un prezo medio de referencia de 1.151 euros, o que supón unha redución de 953 euros.

Baixadas no porcino

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana baixadas nos prezos tanto do porco cebado como nos leitóns. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal descontaron 0,02 euros e quedan nos 2,035 e 2,01 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,610 euros tras unha baixada de 0,026 euros. Os animais de descarte mantivéronse sen cambios e cotízanse entre 1,37 e 1,43 euros o quilo. Nos leitóns houbo unha baixada de 5 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 86 euros (cun prezo de 4,3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 81 euros e cun prezo por quilo de 4,05 euros. O mercado do ovo mantense esta semana sen cambios. Os ovos da XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,59 euros, os da M cotízanse a 2,07 euros e os da S están en 1,82 euros a ducia. No prezo das galiñas de descarte semipesadas tampouco houbo cambios e cotízanse entre os 0,23 e os 0,31 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Récord de afluencia de gando en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistrou este martes a maior afluencia de reses no que vai de ano. En concreto contabilizáronse 1.357 animais. Ata esta mañá a maior asistencia anual fora a do pasado 14 de marzo, cando acudiran 1.217 cabezas de gando. Como sinalan dende a Central, esta elevada cifra debeuse principalmente á alta afluencia de tenreiros de recría, os cales tamén rexistraron a maior afluencia anual, con 973 animais. Esta cifra supera amplamente a do pasado 13 de xuño, cando se rexistraran 772, que supoñían ata entón a maior cifra do ano. Tamén esta categoría acadou as maiores cifras deste ano en canto a becerros adxudicados, con 939 exemplares. A anterior máis elevada fora a do 13 de xuño, con 747. Como consecuencia tamén foi a cifra máis alta en canto a transaccións de recría, con 241.294 euros (a anterior foran os 226.650 euros do 13 de xuño). Pola contra, a gran afluencia de gando deixou unha caída xeral dos prezos que afectou a case tódalas categorías. Tanto na recría, como nos becerros carniceiros ou no vacún maior as cotizacións de referencia foron máis baixas que a semana pasada. Só rexistráronse excepcións puntuais.  No referido ás mesas de porcino, esta semana os prezos dos leitóns experimentaron unha nova baixada. O porco cebado continúa sen cambios. Tamén no mercado do ovo continúan as baixadas en boa parte das categorías.

Prezos do vacún

Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que cómpre ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 61 euros, é dicir 3 euros menos que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 105 euros, o que supón 11 euros menos que na feira pasada. Os machos de máis de 50 días tiveron un prezo medio de 123 euros, cunha baixada de 17 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais tamén predominaron as baixadas. Os becerros máis novos cotizáronse a 273 euros, o que supón unha baixada de 8 euros con respecto da semana pasada. As femias descontaron 45 euros con respecto da última feira e sitúanse nos 176 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor de referencia foi de 309 euros, é dicir 38 euros menos. As femias desta categoría foron a única excepción ó incrementar en 12 euros o seu valor e situarse nos 228 euros. Nos machos de máis de 50 días, o prezo medio foi de 559 euros, o que supón unha redución de 54 euros. As femias descontaron 83 euros, e quedan cun valor medio de 338 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 643 euros, polo que se reduce en 7 euros con respecto da semana pasada. Pola contra, nos machos de cruces industriais houbo un incremento de 10 euros e acadan os 1.181 euros. As femias descontan 115 euros, o que as sitúa nos 1.030 euros. Nos animais de Rubia Galega, os machos tiveron unha baixada de 65 euros, ata quedar nos 1.284 euros e as femias reduciron o seu valor en 66 euros, polo que agora quedan nos 1.258 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema reduciron o seu valor medio en 93 euros e quedan nos 1.246 euros. A tendencia foi claramente á baixa no vacún maior. As vacas da extra reduciron o seu valor en 86 euros e sitúanse nos 2.008 euros. As vacas de primeira cotizáronse a 1.132 euros, o que amosa unha baixada de 5 euros. A única excepción foron os exemplares de segunda, onde o prezo medio foi de 757 euros, logo dunha suba de 9 euros. Nos animais de desfeito, o valor medio situouse nos 403 euros, polo que descontaron 46 euros con respecto da última feira. Nesta xornada, os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia tiveron un prezo medio de referencia de 2.104 euros.

Continúan as baixas nos leitóns e os ovos

As mesas de cotizacións do porcino mantivéronse esta semana sen cambios no porco cebado, pero houbo baixadas nos prezos do leitón. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal teñen un valor de 2,055 e 2,03 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,636 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 1,37 e 1,43 euros o quilo. Nos leitóns houbo unha baixada de 3 euros para ambas categorías, ó igual que aconteceu a semana pasada. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 91 euros (cun prezo de 4,55 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 86 euros e cun prezo por quilo de 4,3 euros. O mercado do ovo continúa esta semana con baixadas en boa parte das categorías. Só os ovos da XL experimentaron unha suba de 0,04 euros e acadan os 2,98 euros a ducia. Os ovos da L mantéñense sen cambios e están a 2,59 euros a ducia. Mentres, os da M e a S tiveron unha baixada de 0,04 euros e quedaron en 2,07 e 1,82 euros a ducia, respectivamente. No prezo das galiñas de descarte semipesadas non houbo cambios e cotízanse entre os 0,23 e os 0,31 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).