Archives

Principais medidas para o sector agrario no decreto relativo ás consecuencias da guerra de Ucrania

O Ministerio de Agricultura adoptou unha serie de medidas anticrise no sector primario para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo, así como para paliar os efectos da seca. Medidas tributarias para 2024
  • IRPF
Agricultores e gandeiros que declaran no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) que se queiran acoller ao método de estimación obxectiva, mantense o límite máximo de 250.000 euros que se aplica tanto no volume de rendementos íntegros do ano inmediatamente anterior coma no volume de compras de bens e servizos. O mesmo límite elévase tamén para o sector dos mexilloeiros. O sistema de estimación obxectiva do IRPF, coñecido como sistema de módulos, para agricultores e gandeiros é máis beneficioso porque, entre outras cuestións, require de menor carga documental. Uns 800.000 agricultores e gandeiros tributan anualmente mediante este sistema.
  • Réxime de IVE
Mantense a posibilidade de optar por varios réximes na tributación deste imposto. Dous son os máis comúns en número: o Réxime Simplificado e o Réxime Especial da Agricultura, Gandaría e Pesca. Aínda que, para acceder a estes réximes establécense determinados límites, por ser menos esixentes documentalmente. Así, limítanse os importes de compras en bens e servizos e o de ingresos no ano 2023, que non poden ser superados, en ambos os casos, en 250.000 euros anuais.
  • IVE dos alimentos
Prorrógase a medida excepcional de redución do IVE a determinados alimentos durante o primeiro semestre de 2024. Así o tipo de aplicación no Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) rebáixase do 4 % ao 0 % nos produtos básicos de alimentación (pan común e pan común conxelado; fariñas panificables; queixos; ovos; froitas, verduras e hortalizas frescas, legumes, tubérculos e cereais). Igualmente mantense no 5 % o gravame dos aceites de oliva e de sementes e as pastas alimenticias, que anteriormente era do 10 %, para contribuír á redución do prezo final destes alimentos. Medidas enerxéticas O Ministerio mantén a flexibilización de contratos de subministración de enerxía eléctrica até o 31 de xuño de 2024. Esta medida foi recollida no Real de Decreto de 2022, polo que se aprobaron medidas de reforzo da protección dos consumidores de enerxía e de contribución á redución do consumo de gas natural en aplicación do "Plan + seguridade para a túa enerxía (+SE)". No sector agrario, en concreto, esta medida supón para os titulares de explotacións agrarias, sexan autónomos ou empresas, incluídas as cooperativas agrarias e as comunidades de regadores poderanse realizar cambios da potencia contratada nese período sen custo adicional. Medidas ante a seca Aplícase unha exención do canon de regulación e da tarifa de utilización da auga aos usuarios que sufriron reducións nas dotacións por efecto das secas nas demarcacións hidrográficas do Guadiana, Guadalquivir, Segura e Ebro para o período impositivo de 2024.

Consecuencias da invasión de Ucrania no agro, subas en cereais e fertilizantes

A invasión de Ucrania, a maiores das mortes e sufrimentos para a poboación civil do país, deixará consecuencias moito máis alá. En España, o agro advirte dunha previsible escalada nos prezos dos cereais e dos fertilizantes, pois tanto Rusia como Ucrania son importantes exportadores de trigo, millo e soia á Unión Europea. Son tamén unha rexión con destacadas plantas de fertilizantes, orientadas ó mercado da UE. A propia guerra e as previsibles sancións a Rusia (e contrasancións rusas) terán o seu impacto no agro. Os mercados de futuros de trigo xa se dispararon onte un 5,6 %, chegando a prezos de récord na serie histórica. Ante esta situación, a Unión de Pequeños Agricultores (Upa), matriz estatal de Unións Agrarias, pediulle á Comisión Europea un plan de continxencia agroalimentaria. O secretario de relacións internacionais da UPA, José Manuel Roche, sinalou a súa preocupación polas consecuencias da invasión, e admitiu o seu temor “a unha subida aínda maior dos custos de produción”. Roche explicou que “a UE é moi dependente enerxéticamente de Rusia, un dos maiores produtores de petróleo e gas natural, o que repercute directamente na produción de abonos”. España importa tamén unha cantidade ampla de cereais e aceite de xirasol desde Ucrania, en concreto un 42% do total de importacións de cereal no 2020, e un 25% do aceite de xirasol. Ademais, España é hoxe en día o principal destino das exportacións de millo ucraniano, produto clave na alimentación animal. Estas transaccións poderían verse comprometidas polo conflito. Aínda que os efectos da invasión de Ucrania son aínda imprevisibles, a UPA considera que “a Comisión Europea debería preparar un plan de continxencia que mitigue os danos”, e deste xeito, “evitar o desabastecemento e frear a escalada dos pensos”. Nesta conxuntura, a agrupación agraria destaca tamén a “importancia de apoiar no medio prazo a produción de leguminosas adaptadas ás características climáticas de Europa, tanto para consumo humanos como animal”.