Archives

Seguro para millo forraxeiro: prezos, coberturas e prazos

O millo forraxeiro, clave na alimentación do gando, xoga un papel fundamental nas explotacións lácteas galegas, pero o seu cultivo está suxeito a unha serie de riscos que poden poñer contra as cordas a rendibilidade das granxas.

Desde Ucoga Seguros, a axencia de seguros galega líder no sector agro-alimentario, analizan cal é a mellor maneira de protexer os cultivos a través do seguro para o millo forraxeiro.

Riscos
Galicia ten un clima favorable para o millo forraxeiro, aínda que a zona con influencia máis mediterránea, como o sur de Lugo ou o Deza, pode xerar problemas en veráns secos. Do mesmo xeito, tamén as choivas extremas e inundacións poden ser un problema noutras comarcas, xeralmente máis atlánticas.

Ás incidencias meteorolóxicas hai que sumar as ameazas de pragas e enfermidades. E un último factor moi presente en toda Galicia é o xabaril, que causa numerosos sinistros, de maior ou menor dimensión, na práctica totalidade das comarcas gandeiras. A xestión de riscos preséntase, por tanto, como clave para garantir o éxito económico do cultivo.

Data de contratación e coberturas
Estamos en plena campaña de contratación do seguro para o millo forraxeiro. A data límite para a firma desta póliza é o 30 de abril de 2024. Isto permite aos agricultores asegurar os seus cultivos desde o principio e garantir unha cobertura axeitada durante todo o ciclo de crecemento.

A través do seguro para cultivos forraxeiros pódense asegurar as explotacións de millo forraxeiro, alfalfa forraxeira, veza forraxeira e outros cultivos forraxeiros para herba seca. Tamén entran nesta categoría de seguro as sementes forraxeiras e as producións de palla dos cultivos de cereais de inverno e dos pastos.

Esta póliza cobre os danos que poida sufrir a produción de millo por un custo asumible para o propietario da explotación. Asegurar unha hectárea de millo pode oscilar entre 10 e 15 euros, e garante a cobertura desde o momento da semente, cunha carencia de 6 días, finalizando no momento da recolección.

Módulos
A través de tres módulos, con distintas coberturas, este seguro cobre os riscos non controlables polo agricultor. As principais causas de sinistralidade nos cultivos son debidas aos axentes climatolóxicos como a saraiba, a choiva torrencial ou choiva persistente, inundacións, ventos tempestuosos e incendio. Estes danos poden ser devastadores e poden afectar tanto á calidade como á cantidade da produción. Todos eles quedan cubertos con esta póliza.

Podes consultar con Ucoga as coberturas que máis che interesan, a fin de seleccionar o módulo apropiado para a túa póliza. Este seguro é moi demandado na comunidade galega xa que, ademais de protexer o cultivo e ao agricultor fronte aos danos provocados polas inclemencias do tempo, tamén cobre os danos provocados pola fauna silvestre, como o xabaril.

Outro aspecto para ter en conta é a cobertura por non nacenza para o millo forraxeiro. Unha cobertura específica que protexe aos agricultores no caso de que as sementes non xermolen adecuadamente ou non dean lugar a plantas sas e produtivas. Esta póliza ofrece unha compensación financeira para os agricultores que experimentan perdas debido á falta de xerminación das sementes ou a problemas relacionados co establecemento dos cultivos.

Incentivos e Apoio para a Adquisición de Seguros Agrícolas
Para tratar de paliar o investimento dos profesionais do sector primario, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ofrece subvencións a través de ENESA (Entidad Estatal de Seguros Agrarios).

Como novidade, entre as medidas incorporadas no novo Plan 2024 destaca a priorización do apoio público en determinados colectivos que son fundamentais na política agraria nacional, como son os novos agricultores, os profesionais, as explotacións prioritarias ou os pertencentes a unha organización de produtores.

Consulta con Ucoga Seguros a subvención que che corresponde en función das características da túa explotación. Ademais, informarante sobre as subvencións que poida conceder a túa comunidade autónoma.

Contacto Ucoga

  • Tel.881 155 155

Ucoga presenta a súa nova web corporativa con melloras para o usuario

A correduría de Seguros Ucoga Asesores lanzou a súa nova web corporativa coa que busca mellorar a experiencia de usuario dos clientes e usuarios da mesma, facilitándolles a busca de información de interese mediante unha navegación máis intuitiva. A nova web corporativa pódese visitar baixo o dominio www.ucoga.es.

Tal e como afirma a correduría, Ucoga aposta pola dixitalización e a innovación. A nova web presenta un deseño moderno e elegante, sendo deseñada para ser máis accesible e fácil de usar para os usuarios. Así mesmo, melloráronse considerablemente os procesos de carga, xunto co engadido de novas funcionalidades para mellorar a experiencia de usuario.

A nova web contempla seccións de utilidade para os visitantes, como as noticias, onde Ucoga afirma que se fará eco das últimas novidades e dos eventos que se realizan desde a Correduría, como a súa iniciativa benéfica ‘O Torneo de Pádel de Ucoga’. Tamén facilita aos clientes unha lista con todos os teléfonos de asistencia das compañías aseguradoras, para localizalos en caso de necesidade.

Ucoga amplía a súa rede de oficinas cunha apertura en Santiago

Ucoga amplía a súa rede de oficinas e abre unha nova sede no céntrico barrio de San Lázaro, en Santiago de Compostela. A entidade, que ten o seu núcleo de negocio no sector agroalimentario e de transportes, encamiñouse a aumentar as súas liñas de negocio e ofrece todo tipo de solucións aseguradoras para particulares e empresas.

O obxectivo desta apertura é o de estar máis próximos ao cidadán santiagués, ofrecendo produtos e prezos exclusivos coas mellores compañías aseguradoras do mercado. A entidade, que ten a súa sede central no Polígono do Tambre (Santiago), naceu na capital galega no 2013 da man do cooperativismo agrario co obxectivo de achegar novas solucións aseguradoras ao sector agroalimentario e de transportes, no que actualmente son referentes a nivel nacional.

Con todo, esa dedicación durante todos estes anos, permitiulles medrar e ampliar a súa carteira de produtos e, na actualidade, contar cunha gran capacidade negociadora que lles permite ofrecer produtos e prezos exclusivos.

Rede de oficinas
Deste xeito, a de San Lázaro convértese na quinta oficina de Ucoga xunto coas sedes de Santa Comba, Sarria, Chantada e a sede central do Polígono Industrial do Tambre. Nesta última manteranse os departamentos de administración e dirección, mentres que trasladan ao equipo de contratación á nova localización, co propósito de apostar pola proximidade ao cliente.

Ucoga seguiu a liña de expansión contemplada no seu plan estratéxico, o que supón un paso máis na súa traxectoria, apostando por seguir crecendo nun ano tan complicado como foi o 2020. Todo iso supón unha decisión valente, levando a cabo a apertura de novos locais de atención ao cliente e é que, dentro do seu proxecto empresarial, está previsto abrir máis oficinas en novos emprazamentos, coa misión de estar máis próximos aos seus asegurados.

Esta apertura supón un paso máis na traxectoria dunha firma que xa asegura en todo o territorio nacional e que goza dunha infraestrutura, tanto presencial como dixital, que lle permite achegar todos os medios para que o cliente poida realizar todas as súas xestións con Ucoga dunha maneira sinxela e cómoda.

Todo o equipo de Ucoga anímache a visitar a súa oficina en Rúa San Lázaro 82. Tamén podes contactar con eles chamando ao 881 155 155.

Ucoga seguros estrea nova web

Desde o seu nacemento no ano 2013, Ucoga non parou de crecer. Na compañía afirman que a atención personalizada aos seus clientes, o coñecemento do sector e o trato humano son as claves do éxito da correduría.

O obxectivo da empresa non é outro que o de ofrecer o mellor servizo posible aos seus asegurados, da maneira máis eficaz. Por este motivo investiron en innovación e desenvolvemento tecnolóxico, apostaron pola dixitalización para estar un paso máis preto do cliente e facilitarlle así a comunicación directa por diversos medios.

A web de Ucoga reaparece cun coidado deseño, moito máis intuitivo, áxil e dinámico. O portal céntrase en achegar información de calidade sobre os seus produtos e servizos. Conta con novos métodos de contacto para facilitar a usabilidade tanto do proceso de consulta e contratación de seguros por parte do usuario, como da utilización dos servizos dispoñibles para o cliente. Ofrece un sinxelo manexo da web tanto desde o computador como desde o móbil ou tablet.

Desde Ucoga fálannos da incorporación dun Blog de contido moi dinámico, cuxo principal obxectivo será ofrecer noticias de interese sobre o sector e facer máis comprensible o sector asegurador a través de artigos explicativos.

A compañía segue avanzando cara á transformación dixital para adaptarse á evolución do mercado, cuxo protagonista principal é o consumidor dixital. Por todo iso, a páxina web de Ucoga estará en continuo desenvolvemento, optimizando de maneira constante o seu deseño, funcionalidade e contidos, compartindo esta filosofía co resto de áreas da empresa.

Delagro e Ucoga organizan unha andaina solidaria en Santiago

A cooperativa de segundo grao Delagro e a corredoría de seguros especializada no sector agroalimentario Ucoga promoven unha andaina solidaria en Santiago. A marcha celebrarase o sábado día 8 de setembro co obxectivo de recadar alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene básica para doalos ó Banco de Alimentos. Esta entidade benéfica será a encargada de entregar os produtos doados ás familias e persoas que máis o precisen. Á marxe dos produtos que acheguen os participantes, as entidades organizadoras da camiñata solidaria, Delagro e Ucoga, doarán 10 litros de leite por cada persoa que complete o percorrido.

Horario e percorrido

O punto de encontro e inicio da ruta será o aparcadoiro do multiusos Fontes do Sar. Os participantes depositarán nesta zona os alimentos e produtos que desexen doar. A chegada dos asistentes, a recollida de doazóns e a entrega dos correspondentes distintivos está prevista para as 10.00 horas. Media hora máis tarde (ás 10.30 horas), o grupo partirá rumbo ó Monte do Gozo nun recorrido duns 9 quilómetros que finalizará na Praza do Obradoiro sobre as 14.00 horas. A xornada concluirá cun almorzo tipo cóctel fixado para as 14.30 horas no Hotel Monumento San Francisco. As inscricións son gratuítas e poden formalizarse no seguinte enlace ou nas páxinas web de Delagro e Ucoga.

Claves para contratar o seguro de viñedo

Este 1 de outubro abriuse a campaña de contratación do seguro de viñedo en outono, que rematará o 20 de decembro. O obxecto é incrementar a contratación deste tipo de pólizas en Galicia e facer fronte así ás adversidades climáticas, como xeadas, saraiba ou seca extrema, unhas inclemencias que agrava o cambio climático. E é que na nosa comunidade apenas un 20% dos viticultores teñen asegurados os seus viñedos fronte á media española que supera o 50%. Dende a correduría de seguros, Ucoga, líderes en Galicia en pólizas para o sector agrícola e gandeira, explican as principais novidades da Liña 312 para Uva de Vinificación.

Riscos e danos que se cobren:

A) Garantía da produción: Cóbrense os danos en cantidade que se ocasionen sobre a produción de uva, para os riscos de xeada, murchado fisiolóxico (só na variedade Bobal), saraiba, riscos excepcionais (fauna silvestre, incendio, inundación ou choiva torrencial, choiva persistente ou vento furacanado) e resto de adversidades climáticas (seca, golpe de calor, corremento da uva...etc). Tamén estarán cubertos os danos en calidade que se producen polo risco de saraiba e xeada no caso das producións que estean acollidas a unha Denominación de Orixe. B) Garantía de plantación: Para todas as plantacións cúbrese a morte da cepa polos riscos especificados na garantía de produción. Para as plantacións en produción: se non morreu a cepa, cúbrese a perda da colleita do ano seguinte, agás para a saraiba, que se compensarán os gastos de poda. C) Garantía ás instalacións: Cóbrense os danos ocasionados sobre as instalacións, polos riscos especificados na garantía de produción. Considéranse instalacións de produción os cabezais de rego, a rede de rego e os sistemas de condución (espaldeiras). Para asegurar as instalacións, é obrigatorio asegurar o conxunto da produción e a plantación.

¿Que explotacións vitícolas se poden asegurar?

Son asegurables en calquera dos módulos, as explotacións cuxo titular teña inscrita ao seu nome a explotación no Rexistro Vitícola -o titular da póliza ten que coincidir co titular do Rexistro- ou solicitada a regularización a data do contrato. Tense que incluír na declaración do seguro todas as producións asegurables a nome do mesmo titular.

¿Como e cando podo asegurar o viñedo?

O seguro conta con distintas opcións de aseguramento, que se reparten en dous grupos: seguro de outono e seguro de primavera, nas que se poden contratar coberturas por explotación ou por parcela. A estes módulos principais pódenselle sumar unha serie de módulos complementarios para incrementar os quilogramos asegurados. O período de contratación é o seguinte:

Período de carencia:

- As garantías inícianse transcorridos 6 días desde o día seguinte ao pago do seguro. - Non se aplicará carencia nas declaracións do seguro principal daqueles asegurados que contrataron este seguro na campaña anterior. - Non se aplica carencia para o seguro complementario - Aplicarase carencia para as garantías de xeada, nas declaracións que contraten con posterioridade ao 1 de Marzo.

¿Canta produción se pode asegurar?

A produción a asegurar é a produción real esperada (Produción que se espera recoller en condicións normais). O ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio ambiente (MAGRAMA ) establece o límite máximo de rendementos que cada asegurado pode declarar en cada unha das parcelas. Esta limitación de rendementos soamente establécese para o módulo 1, 2A, 2B E 3, no módulo P os rendementos son de libre fixación polo asegurado.

Modalidades de contratación:

A) Módulo de outono: Modificacións da póliza: Poderanse tramitar baixas nestes módulos 1, 2A, 2B e 3 por non plantación e altas de novas parcelas ata o 1 de Abril de 2018. Seguro complementario:  

¿A canto ascenden as subvencións das Comunidades Autónomas e de Enesa?

A subvención de Enesa é a seguinte: Subvención ENESA = Sub. Base + contratación colectiva + financiamento SAECA + Características do asegurado + Renovación + Prácticas da redución do risco. En caso de Entidades asociativas, a subvención é única, incompatible coas demais. De toda subvención de ENESA, descóntase 60 euros en concepto de custos de xestión. En canto ás Comunidades Autónomas, a subvención é do 22% da prima comercial base, incluídas as bonificacións e recargos. De toda a subvención da Comunidade Autónoma, descóntase 15 euros en concepto de gastos de xestión. Por outra parte, mantense a bonificación do 5% para os produtores que contraten por primeira vez ou deixaran de subscribir este seguro nos últimos 3 anos.

Inclúense novas variedades e revísanse á alza os prezos de aseguramento

Por outra parte, o Ministerio de Agricultura aprobou este ano a inclusión de novas variedades nas denominacións de orixe de Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, así como noutras do Estado español. Tamén houbo unha revisión dos prezos de aseguramento á alza, para incrementar a indemnización en caso de sinistro. Deste xeito, na Denominación de Orixe Monterrei a valoración da caste raíña nesta DO, a Godello, pasa dun mínimo de 0,43 euros o kilo e un máximo de 0,57 a un mínimo de 0,50 e un máximo de 0,70 euros o quilo. Tamén nesta DO se revaloriza a variedade Mencía de cara a percibir unha indemnización do seguro: pasa un intervalo de entre 0,43 e 0,59 euros o kilo a entre 0,50 e 0,70 euros o quilo. Na Denominación de Orixe Valdeorras a variedade Godello pasa de valorarse para Enesa en entre 0,43 e 0,58 euros o quilo a entre 0,60 e 1,1 euros o quilo de uva. Tamén sobre a valoración da Mencía: pasa dun intervalo de entre 0,43 e 0,63 a entre 0,65 e 0,85 euros o quilo de uva. En Ribeira Sacra, a variedade raíña desta DO, a Mencía, tamén experimenta unha suba na valoración de cara á contratación do seguro, e polo tanto de cara á posible indemnización. Pasa de entre 0,57 euros como mínimo e 1,00 euros o quilo como máximo o quilo de uva a entre 0,57 e 1,20 euros. Na Denominación de Orixe Ribeiro apenas se notan cambios, pois a variedade preponderante, a Treixadura mantense para Enesa nunha valoración de entre 0,57 e 0,97 euros o quilo. En canto a Rías Baixas tampouco se rexistran novidades xa que o Albariño segue valorándose entre 0,57 e 1,30 euros o quilo. Por último, unha cláusula que de momento non se logro modificar, a pesar das peticións trasladadas dende os produtores, é a que obriga ao viticultor a contratar seguro para todas as parcelas declaradas no Rexistro Vitícola, e non parcela individuais.

A Consellería de Medio Rural porá en marcha en novembro unha campaña divulgativa para fomentar os seguros agrarios no viñedo

A Consellería do Medio Rural desenvolverá ao longo do vindeiro mes de novembro unha campaña divulgativa para fomentar a contratación de seguros agrarios no sector vitivinícola galego. A iniciativa consistirá na organización de xornadas informativas dirixidas especificamente aos viticultores en cada unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas da comunidade autónoma. Programáronse en novembro para non entorpecer os traballos da vendima e para facelas coincidir co prazo para asegurar os terreos, que se prolonga dende outubro a finais de decembro de cada ano
.

Piden que os seguros de millo e de pastos se adapten á realidade de Galicia

Ucoga, a maior correduría de seguros agrarios de Galicia, critica que  por pare da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa), o organismo público dependente do Ministerio de Agricultura, se decidise non ampliar este ano o prazo para contratar o seguro do millo forraxeiro, que rematou o día 15 deste mes. “Desde Ucoga e desde as cooperativas fixemos xestións para que se ampliase o prazo para solicitar esta liña de millo forraxeiro, debido a que a última semana de solicitude coincidiu en Semana Santa, coa solicitude da PAC e cos cambios que se introduciron no pago verde en Galicia”, explican dende Ucoga. Sen embargo, por parte de Enesa negáronse “alegando que había que acostumar aos clientes a cumprir os prazos”. “Outros anos si que se ten ampliado o prazo 15 días máis, algo necesario ademais para a realidade de Galicia, onde, ao contrario do sur de España, a maior parte do millo seméntase despois desa data, e aínda que se pode contratar o seguro de millo despois do 15 de abril, non cubre os danos ou redución da produción pola seca”, explican dende esta correduría de seguros. A póliza do millo forraxeira é un dos seguros máis valorados polos gandeiros e agricultores, xa que por un cota asumible permite cubrir os danos do xabarín e, sobre todo, da seca, algo moi importante nun ano coma este e en Galicia, onde o cultivo de millo forraxeiro é na súa inmensa maioría sen regadío. Neste sentido, dende Ucoga consideran “chamativo que dende a Xunta de Galicia se recomende aos gandeiros este fin de semana que contraten un seguro agrario para facerlle fronte á seca, cando a liña xa estaba pechada dende o día 15”: Unións pide que o seguro de pastos se adapte á realidade galega para poder cubrir episodios de seca Pola súa parte, Unións Agrarias denuncia o que considera “indefensión dos gandeiros a hora de protexer os seus pastos diante da seca, pois os requisitos que se esixen para facer efectivas as coberturas das primas de seguros están máis pensados para rexións nos que se pode analizar de xeito rápido a falta de auga”. En concreto, dende o sindicato lembran que “o modelo de auditoría está baseado nun rastreo mediante fotos aéreas que avalían as diferenzas cromáticas nos prados en períodos de tempo en que en Galicia se manteñen verdes a pesar de estarse esgotando os acuíferos, tal como está ocorrendo nestas semanas”. “Deste xeito, para cando as pradarías que alimentan o gando en extensivo sequen xa estarán fora da cobertura dos seguros”, advirten.

Puntos clave do seguro para ganderías de vacún

Ata o 31 de Maio pódese contratar a nova póliza 401 de seguros agrarios para vacún, que inclúe, entre outras novidades, o seguro por perda da calidade do leite ou por redución da fertilidade. Dende Ugoca, a maior correduría de seguros agrarios de Galicia, destacan que “a nova liña dá maior marxe ao gandeiro á hora de elixir a cobertura, cunha garantía básica de contratación obrigatoria, e unha serie de garantías adicionais que pode contratar individualmente”. Ademais, recomendan contratar a póliza antes do 31 de Maio, xa que a partir desa data prevese un incremento dos seguros agrogandeiros pola diminución da porcentaxe de axudas de Enesa.

¿Que cubre a garantía básica do seguro?

As principais coberturas do bloque básico son: o saneamento básico, febre aftosa, EEB, ataque de animais, riscos climáticos, entre os que se destacamos incendios, aplastamento por derrubo da instalación e asolagamento, e por último a morte masiva e a perda de produción por morte masiva, que cubre a morte de forma simultánea de varias reprodutoras provocada por un mesmo evento e nun corto período de tempo. Dende Ucoga non recomendamos en absoluto contratar exclusivamente este bloque de garantías, como mínimo xunto con estas garantías debe contratarse sempre o saneamento extra que explicaremos máis abaixo.

¿Cales son as coberturas adicionais que se poden contratar?

Dentro das coberturas adicionais dende UCOGA destacamos as seguintes. 1)Accidentes individuais. Cúbrese a morte ou sacrificio necesario principalmente por traumatismos músculo esqueléticos, viscerais ou no aparello circulatorio; afogamento, obstrución esofáxica e intoxicación aguda. En vacún de leite están excluídos os accidentes nos 7 días seguintes ao parto. 2) Cobertura de parto e cirurxía. En función dos días que pasen dende o parto podemos atopar diferentes coberturas: -Nos 7 días seguintes ao parto, cúbrese o parto distócico; hemorraxia no parto ou post-parto, hipocalcemia aguda e traumatismos. Ademais, para os asegurados con bonificación, tamén cubre a morte da nai de menos de 72 meses de idade, calquera que sexa a causa. -Nos 10 días seguintes ao parto. Cúbrese a cesárea e o prolapso de matriz. -Nos 20 días seguintes ao parto. Cúbrese o prolapso de vaxina. Unha parte moi importante dentro da garantía son os gastos veterinarios. Abónanse contra factura 90 euros en caso de intervención por prolapso de matriz e de 175 euros para operación de cesárea. 3) Morte de crías. Cúbrese a morte das crías calquera que sea a causa, desde o momento do parto ata 30 días despois. Unha das principais limitacións desta garantía é que aos asegurados con recargo establéceselles un límite de crías indemnizadas do 9% de reprodutores. Esta é unha das limitacións que para o novo plan se elimina, de forma que a partir do 1 de Xuño do 2017 calquera asegurado con recargo non poderá acceder a esta cobertura. 4) Diminución da prolificidade. Cubre a diminución da prolificidade maior ao 15% respecto á obtida nos 12 meses anteriores. Esta garantía só está pensada para vacún de carne. 5) Mamite. -Réxime lácteo. Cubre mamites clínicas, infecciosas, con perda irreversible da función láctea nun ou máis cuarteróns. Tamén cubre a morte do animal por mamite hiperaguda. -Réxime cárnico. Cobre a morte por mamite hiperaguda ou o sacrificio da vaca por incapacidade de manter á cría polas secuelas derivadas dunha mamite. 7) Perda da calidade do leite. Cóbrese a perda da calidade da leite ocasionada por un incremento do RCS e presenza de aflatoxinas ou inhibidores. -En relación ao incremento do RCS mensual destacar que a valoración é en euros por toneladas producidas ao mes. -En canto á presenza de inhibidores, cúbrese un máximo dunha vez no período de garantías. Cubriría a destrución do leite do tanque; o valor do leite destruído, cun custo de ata 0,24 euros por kilogramos e a penalización económica á gandería por parte da industria láctea, cunha indemnización de ata 4 céntimos por ilo producido ao mes, ou 40 euros por tonelada. -Aflatoxinas. Cúbrese un máximo dunha semana. Contempla a indemnización por destrución do leite do tanque e o custo da destrución, con ata 24 céntimos por kilo. 8) Outras garantías que se cobren: -Enfermidades. Entre as que destacamos a morte ou sacrificio por úlceras de abomaso (cuajar). Resaltar tamén que dentro desta cobertura a parte de abonar un importe por a morte do animal por cuajar, Agroseguro abona tamén contra factura a intervención cirúrxica de corrección da torsión dou desprazamento de abomaso, con un importe máximo de 150€. -Síndrome respiratorio bovino (SRB). Cóbrense os animais non produtivos que padezan signos de pneumonías, cando lles produza a morte ou un estado tal que requira o sacrificio. -Meteorismo agudo. Cubre a morte por acumulación de gas de forma repentina nos dous primeiros compartimentos do estómago do rumiante. -Carbunco -Morte súbita: cúbrese a morte repentina dun animal. Para poder contratar esta garantía é necesario que o asegurado sea bonificado, teña a cobertura de enfermidades contratada e a de accidentes e /ou partos.