”En España contrólase de forma exhaustiva o benestar animal no transporte, pero non no resto da cadea”
“Os próximos cambios normativos relacionados co benestar animal son os que máis preocupan ao sector”-Cales son as principais problemáticas ás que se enfronta neste momento o voso colectivo? Os próximos cambios normativos relacionados co benestar animal son os que máis preocupan ao sector, xa que estamos a falar dunha posible redución de horas de viaxes dos animais ou a limitación das exportacións a terceiros países, onde o transporte rodado ten un activo moi importante a nivel económico. Outras problemáticas que ten o sector son: -A introdución de animais non aptos por parte das explotacións, onde a administración responsabiliza ao transportista e sanciónao. Débese traballar coa administración para que realice un baremo sancionador equitativo entre todos os intervinientes da cadea loxística. -O escaso número de centros de centros de limpeza e desinfección, como a deficiencia nas súas instalacións en gran número deles. -O transporte ilegal. Unha problemática que é moi acusada en equino, gando bravo e ovino. -Tempos de espera excesivos en matadoiros nacionais e nos portos para a exportación a terceiros países. -A implantación das 44 Tm e os 4,5 m de altura. Esta medida é necesaria para certas especies como o bovino ou as porcas de desvelle. -A escaseza de condutores.
“É prioritario concienciar a gran parte dos cargadores para que respecten o benestar animal e a actual normativa”-En que áreas vedes marxe de mellora neste último apartado? Hai moitísimas cousas que mellorar tanto a nivel practico como normativo, pero o primeiro, é concienciar a gran parte dos cargadores en respectar o benestar animal e a actual normativa. -As áreas de desinfección son claves para a bioseguridade no transporte. Como valorades a situación actual nesta área e que cambios vedes necesarios? Os centros de limpeza e desinfección son escasos e algúns deles precarios. Hai que mellorar substancialmente e facer un seguimento máis exhaustivo destes centros. Tamén cabe destacar que os matadoiros dispoñen do seu propio centro de limpeza e desinfección, pero no 90% dos casos non están dimensionados para dar servizo a todos os vehículos que necesitan para manter o seu nivel de sacrificio, creando esperas prolongadas aos transportistas.
“Os centros de limpeza e desinfección son escasos e algúns deles precarios”Hai que mencionar que o MAPA sacou a ferramenta RECELIDE que facilita a procura destes centros e a futuro (abril de 2024) será obrigatorio o rexistro das limpezas e desinfeccións na plataforma.
“En España contrólase de forma exhaustiva o benestar animal no transporte, pero non no resto da cadea”En España o problema que temos é que a administración leva un control exhaustivo do transporte animal, algo que é correcto, pero que non evita que se incumpran as normas de benestar animal por non ter medios suficientes para controlar as cargas ou outras operacións. Desde CETM cremos que a administración debe levar este control, pero entendemos que se debe crear un baremo sancionador que castigue de forma proporcional a todos os integrantes da cadea loxística para reducir substancialmente o número de incidencias no transporte. Isto levaría a sancionar de forma máis severa aos cargadores ante animais non aptos e aos organizadores se realizan mal os itinerarios das viaxes. -No caso do transporte de gando vacún, lévase reclamando desde o sector que se incremente a altura do remolque de 4 a 4,5 metros, tal e como se está autorizado en Francia, para mellorar a competitividade e o benestar animal. Compartides esta reclamación, tedes información sobre cambios normativos respecto diso? É necesaria esta medida por benestar animal. A nivel normativo a Lei 3/2022 xa contemplaba este cambio, de feito íase a implantar xunto ás 44 Tm pero o adianto das eleccións xerais bloqueou a medida que estaba a piques de aprobarse de maneira oficial co consecuente cambio na norma da DXT. Actualmente está parado e xa veremos cando poderemos retomar este tema. Doutra banda, tamén a Comisión Europea ten previsto realizar cambios normativas no que son as masas e dimensións dos vehículos de transporte de animais vivos. -Estades a lograr repercutir en nos portes os incrementos do prezo do gasóleo? O sector subiu o prezo dos portes, pero aínda así non se repercutiu toda a subida. Hai unha parte do prezo por km que foi absorbido polos transportista e outra parte polo cliente, aínda así creo que isto ocorreu en gran parte dos sectores, non só no noso.