Archives

A nova avaliación xenética de Conafe inclúe por primeira vez as emisións de metano

Conafe acaba de realizar en xuño deste ano novas probas para o vacún de leite. Con estas avaliacións comeza a aplicar a nova escala do ICO e é ademais a primeira avaliación xenética a nivel mundial que usa medidas directas de emisións de metano, unha información relevante relacionada coa eficiencia produtiva dos animais. Ademais, nestas novas probas inclúense por primeira vez valoracións xenómicas do efecto materno para facilidade de parto. Hai tamén outras modificacións: • Cambio da base xenética: Trasládase ás vacas nadas en 2013. • Cambio das Desviacións Típicas (DT) que se usan para estandarizar as probas dos caracteres de tipo. • Cambio da transformación de caracteres de tipo de óptimo intermedio (OI) no cálculo os índices combinados de Tipo. • Cambio das fiabilidades das probas xenómicas despois dun novo estudo de validación. Destaca o incremento na fiabilidade do valor combinado de varios caracteres.

Nova base xenética

Nesta avaliación xenética realizada por Conafe en xuño de 2023 actualizouse a base da valoración xenética, que agora son as vacas nadas en 2013. Isto supón un cambio en todos os animais de -73,1 en quilos de leite; -2,21 quilos de graxa; -2,39 quilos de proteína: entre 0,06 (Condición Corporal) e -0,11 (Profundidade de Ubre) nos caracteres de tipo; -0,03 en IPP; - 0,13 en ICU; e -0,18 en IGT. En Reconto varían en -0,02; en Velocidade de Muxido -0,07; e en Saúde Podal (ISP) -0,08. Estes valores equivalen ao progreso xenético da poboación de femias nadas en 2013 respecto a 2012. Para realizar a avaliación xenética tradicional de xuño de 2023 utilizaron os datos do Control Leiteiro Oficial e os datos das cualificacións dispoñibles a mediados de maio.

Animais xenotipados e probados

En canto ás avaliacións xenómicas, o número de animais xenotipados e avaliados foi de 205.862, incluíndo a poboación española formada por 4.067 machos con código ESP e 154.304 femias. Así, a poboación de referencia aumenta ata 42.194 touros xenotipados con proba de descendencia polo menos en produción. A lista dos 100 mellores touros xenotipados está encabezada por  Glax Delta ET, un exemplar nado no 2021 e cunha puntuación ICO de 1.356 e procedente do centro Aberekin (País Vasco). Nos seguintes postos da táboa atópanse Rico Ripley, un animal procedente de Xenética Fontao e cunha puntuación ICO de 1351. Séguelle Xa Sundowner ET (1350), PH Campeon ET (1349) e en quinto lugar CMP Gabrielle de Chanel ET (1347 ). Todos eles son exemplares nacidos en 2022. En canto aos touros testados, a listaxe dos 100 mellores exemplares testados está liderada por Nemo G Santi ET, un animal do 2017 cun valor ICO de 1265 e procedente do Centro de Inseminación Aberekin (País Vasco). En segundo lugar sitúase K&L Oh Rossi Guay, un exemplar do 2018, cunha puntuación 1262 e de Xenética Fontao. Séguelle Lieu Thomain Baltazar ET (1258), Saúde ET (1257)e en quinto lugar sitúase Salvus ET (1255). Son animais nacidos en 2017. No referido ao valor media, os 100 mellores touros probados españois sitúanse nos 1.217 e o dos 100 mellores touros xenómicos españois alcanza os 1.304. Como sinalan desde Conafe, os resultados das avaliacións xenéticas non son comparables a avaliacións previas, moito menos nesta ocasión co cambio de escala. No gráfico móstrase a tendencia xenética con este novo ICO para os touros ESP rexistrados e con proba oficial.

Listaxe actualizada dos mellores touros Holstein: Probas de CONAFE de xuño

A Confederación Nacional de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) aacaba de publicar as probas xenéticas e xenómicas correspondentes ao mes de xuño, cumprindo así o terceiro ano de publicación dos índices de mérito económico IM?T, así como o segundo ano desde as primeiras avaliacións xenómicas de velocidade de muxido. Este ano as melloras das avaliacións centráronse no avance das probas de lonxevidade e facilidade de parto. Historicamente a lonxevidade avaliábase combinando a chamada lonxevidade directa (baseándose na idade de baixa das reprodutoras) e a indirecta, sobre a base de caracteres que mostraban correlacións altas coa directa, e que podían ser recollidos nas vacas con antelación á súa data de baixa como podían ser os de morfoloxía ou reconto celular. Desta forma os touros podían ter proba de descendencia neste carácter ao mesmo tempo que a tiñan do resto de caracteres. Porén, coa xenómica esta información indirecta perde valor, xa que os animais poden ser avaliados a partir dos datos recolleitos de lonxevidade directa para os touros que forman a Poboación de Referencia, que son máis de 40.000 para este carácter e a súa información procede de máis de 3 millóns de fillas. Considerouse que o nivel de xenotipado das femias é xa suficiente como para poder prescindir da información da lonxevidade indirecta. En canto a facilidade de parto buscouse mellorar a armonización con outras avaliacións centrando o carácter a avaliar nas primeirizas. Cambiouse o modelo macho-avó materno polo modelo animal, que é o usado na maioría de caracteres. Desta forma, na avaliación úsase o dato de cada parto en lugar de utilizar o dato da descendencia de cada touro e pasouse a avaliar a facilidade de parto como un carácter distinto ao resto de partos. Nesta avaliación xenética realizada por CONAFE en xuño de 2022 actualizouse a base da valoración xenética, que agora pasan a ser as vacas nadas en 2012. Isto supón un cambio en todos os animais de -33,74 quilos de Leite, -2,9 quilos de graxa, -1,7 quilos de proteína, entre 0,03, (Anchura de Peito) e -0,14, (Profundidade de Ubre e Inserción Anterior) nos caracteres de tipo, -0,04 en IPP, -0,10 en ICU e -0,09 en IGT. En Reconto varían en 0,09, en Velocidade de muxido -0,09, e en Saúde Podal (ISP) -0,11. Para manter constante a escala do ICO, con independencia da base o termo fixo do ICO, sobe 77 puntos, que equivale ao progreso xenético da nosa poboación de femias nadas en 2012 respecto de 2011. Para realizar a avaliación xenética tradicional xuño 2022 utilizáronse os datos do Control Leiteiro Oficial e os datos das cualificacións dispoñibles a mediados de maio, e son os seguintes: Cualificacións: 2.721.629 Produción: 7.617.436 Lonxevidade funcional: 6.578.430 Rec. Cél. Somáticas: 7.306.857 Días abertos: 6.578.430 Velocidade de Muxido: 1.485.114 Fluxo de Muxido: 490.004 Facilidade de Parto: 1.282.553 Saúde Podal : 1.161.269 Respecto das avaliacións xenómicas, a poboación de referencia aumenta até 41.303 touros xenotipados con proba de descendencia polo menos en produción. O número de animais xenotipados e avaliados foi de 157.766, incluíndo a poboación española formada por 3.938 machos con código ESP e 108.872 femias. O valor media dos 200 touros top publicados no catálogo nacional para o novo índice combinado ICO é de 3808, o valor medio dos 100 mellores touros probados españois sitúase nos 3745 e o dos 100 mellores touros xenómicos españois alcanza os 4811. Hai que lembrar que os resultados das avaliacións xenéticas non son comparables a avaliacións previas. Respecto ao resto de índices as referencias para touros probados e xenómicos serían: Xenómicos: -IM € TLECHE: 335 euros -IM€TQUESO: 443 ,, -IM€TPASTO:171 ,, -IM€TECO: 280 ,, Probados: -IM € TLECHE: 234 euros -IM€TQUESO: 311  ,, -IM€TPASTO:118 ,, -IM€TECO:198 ,, Desde CONAFE lembran que estes novos índices exprésanse en euros de Rendibilidade por vaca e ano.

Tres sementais de Xenética Fontao, no podio dos mellores touros xenómicos de España

Galileo, número un dos touros xenómicos de España no mes de xuño Os touros de Xenética Fontao copan o podio de mellores touros xenómicos de España, con Galileo, Favorite e Gaudi como os tres mellores touros do ranking do mes de xuño, con 5.292, 5.269 e 5.259 puntos, segundo a actualización das avaliacións xenéticas realizadas pola Confederación de Asociaciones de Frisona Española (Conafe). 
Como vén sendo habitual, en touros xenómicos destaca o dominio de Xenética Fontao
A clasificación dos mellores touros probados tamén conta con representación da empresa pública galega asentada en Lugo, con Kiron e Braun situados entre os 10 mellores touros españois por índices xenéticos. Con todo, o mellor touro por ICO de España é Wilder Mocca, un semental de 6 anos con 1.380 quilos de leite, positivo en graxa e proteína e que aporta outros caracteres para unha valoración final de 4.373 puntos. Dominio de Xenética Fontao Conafe vén de facer públicos os resultados das súas probas de touros correspondentes a xuño. Como vén sendo habitual, en touros xenómicos destaca o dominio de Xenética Fontao, que colocou a Galileo en cabeza do listado, cun ICO de 5.292, 2.173 quilos de leite e positivo en proteína. Desbanca a Favorite, outro touro de Fontao que fora número 1 en marzo e pasa ao segundo posto,  cun ICO de 5.269 puntos e destacando por caracteres como a lonxevidade ou a proteína. Completa o podio de touros xenómicos a firma galega con Gaudi, que ten na saúde podal (ISP) un dos seus puntos fortes. Os tres penalizan sen embargo en graxa. Nos tres casos trátase de sementais nacidos no ano 2019 e cunha fiabilidade do 66%.
Galileo destaca por produción, Favorite por proteína e Gaudí por saúde podal
O bo rendemento que está rexistrando nos últimos anos Fontao en touros xenómicos anticipa un dominio futuro da firma galega en touros probados, que continúan a ofrecer unha maior seguridade para os gandeiros. Pódese consultar nesta táboa o ranking dos 100 mellores touros xenómicos na proba de xuño de Conafe. Ranking de touros probados En touros probados, na clasificación de semantais Xenética Fontao ocupa dous dos dez primeiros postos no ranking de xuño de Conafe, situando a Kiron no posto 6. Trátase dun touro do ano 2015 cunha fiabilidade do 96% e 4.258 puntos ICO, fértil e lonxevo, con baixo reconto de células somáticas e positivo en graxa. No caso de Kiron, cómpre subliñar ademais que é A2A2 para as beta caseínas, un aspecto que está a ser demandado xa noutros países por parte das industrias lácteas polo mellor comportamento dixestivo do leite. 
Kiron, Holmes, Braun e Gio son touros A2A2
É unha característica que tamén comparte Braun, situado no número 9 da clasificación, con 4.088 de ICO. No posto 11 atópase Bacardi e no 13 Julius, un habitual que cae desta vez do top-ten, pero que segue mantento a súa fiabilidade do 99% e sendo o número un en graxa. Todos eles sitúanse por riba dos 4.000 puntos ICO. Pódese consultar nesta táboa o ranking dos 100 mellores touros probados. Índices de mérito económico Tendo en conta os indicadores de mérito económico, adaptados ás circunstancias de produción, Favorite e Gaudí son os mellor parados para produción de leite líquido. Pero se a empresa á que se vende o leite fai queixo, un touro moi interesante é sen embargo Holmes, que destaca polos seus niveis de sólidos (graxa e proteína) e por produción de beta caseína A2A2 e kappa caseína BB, que mellora o rendemento queixeiro do leite. Holmes é tamén un touro que polos seus caracteres de ubre, é recomendable para os sitemas de muxido robotizado. 
Os índices de mérito económico exprésanse en euros de rendibilidade por vaca e ano
Nas clasificacións de Conafe por mérito económico dos sementais diferéncianse catro indicadores: para leite líquido, para queixo, adaptación ao pastoreo, onde destaca Gigaball, e produción en ecolóxico, para o que se adaptan ben touros como Favorite, Gaudí, Galileo ou Gio, un semental moi completo: facilidade de parto, fertilidade, días abertos, descornado e beta caseína A2A2.

Actualizadas as probas dos mellores touros Holstein en España e a nivel internacional

Xa están dispoñibles as valoracións xenómicas nacionais e as probas internacionais MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT. Do mesmo xeito que en decembro, nas listaxes internacionais inclúese o campo Rexistrado, onde se indica co símbolo ® tras o código xenealóxico que ese touro está debidamente rexistrado en CONAFE e estase comercializando en España. Desde CONAFE lembran aos gandeiros colaboradores que os touros que usen deben estar rexistrados para evitar problemas á hora de dar de alta ás súas fillas. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado. Actualmente están rexistrados en CONAFE 6.048 touros dos cales 5.962 teñen proba en base española. En total están avaliados 166.719 touros Holstein. Destes, 3.528 teñen proba nacional con fillas; 4.469 proba nacional sen fillas (só xenómica); 151.480 proba MACE (2.000 máis que hai un ano); e o resto proba GMACE. Por outra banda, lembran desde CONAFE que se actualizaron os valores xenómicos dos touros con proba de descendencia (de novembro) polo que hai algúns cambios tamén nas listaxes de touros nacionais. A poboación de referencia a partir da cal se realizan as valoracións xenómicas está formada por 39.758 Touros Holstein Probados por descendencia.

25 mellores touros probados españois por ICO:

25 mellores touros xenómicos españois por ICO: