Archives

Esta solución permitirá o teletraballo nas empresas galegas durante o coronavirus

A expansión do coronavirus está a obrigar a moitas empresas a modificar os seus hábitos de traballo. Medidas xa adoptadas nas comunidades con máis casos, como Madrid ou País Vasco, onde as empresas están a apostar polo teletraballo, están trasladándose a Galicia. Ante ese escenario, Grelo, a operadora galega de telefonía, puxo en marcha unha campaña para priorizar a posta en marcha de centralitas virtuais nas empresas galegas coas que traballa.

Teléfono IP.

As centralitas virtuais permiten que os traballadores poidan seguir traballando desde a casa utilizando o teléfono da oficina exactamente igual que se estivesen no centro de traballo, cos mesmos números de extensión e coa posibilidade de facer, recibir e transferir chamadas sen necesidade de realizar ningunha instalación e sen ningún custo engadido para o traballador.

A firma galega de telefonía, que xa viña prestando o servizo de centralita virtual, está percibindo nos últimos días o interese dos seus clientes por implantar esta medida, que facilita o traballo a distancia. A operadora está orientando ás empresas sobre os sistemas que lles poden facilitar á transición ó teletraballo dun xeito que teña a mínima incidencia na actividade cotiá das firmas.

Máis información

info@grelocomunicaciones.es

Web de Grelo Comunicaciones

881 821 100

Grelo, o operador galego de telefonía enfocado ao rural

Grelo Comunicaciones, o operador galego de telefonía, cumpre o seu primeiro ano no mercado cunha oferta enfocada ó rural. A compañía galega conta coa máxima cobertura e velocidade de telefonía móbil 4G, ao ser un dos poucos operadores que ten asinado un acordo para o uso da rede de Movistar. Grelo, que só presta servizos en Galicia, ofrece en toda a comunidade tanto telefonía móbil como telefonía fixa e internet (fibra óptica, ADSL ou 3G), pero a súa prioridade de traballo enfócase ó rural.

O director xeral da compañía, José Manuel Díaz, con ampla experiencia no sector das telecomunicacións, subliña que Grelo naceu co obxectivo de ofrecer unha óptima relación calidade prezo. “Contamos coa máxima cobertura e velocidade do mercado a tarifas competitivas”, explica. “Caracterizámonos tamén por unha atención persoalizada. Cada cliente recibe atención dunha mesma persoa, cun servizo postvenda rápido, e outra cousa que nos distingue é que ofrecemos unhas tarifas claras que non aumentan ao cabo duns meses de contrato. O cliente ademais pode cambiar de compañía cando estime oportuno”, conclúe o director xeral de Grelo.

Fachada da sede de Grelo.

Servizos para particulares e empresas
Grelo ofrece tanto servizos para particulares como para empresas, con tarifas e servizos adaptados ás necesidades das empresas, incluíndo centralitas virtuais, fibra óptica ou solucións 3G. A firma galega, impulsada por José Manuel Díaz Vidal e Luis Díaz Plaza, leva un ano no mercado, no que xa acadou os 5.000 servizos contratados. De cara ao 2020 prevé dar un gran salto en cota de mercado, baseándose nas tres claves da súa oferta: tarifas competitivas e claras, máxima cobertura e velocidade, e atención persoalizada.

O nacemento da compañía galega, con sede en Betanzos (A Coruña), tivo en parte a súa orixe no descontento que os seus impulsores percibían nos usuarios de telefonía. Con gran experiencia en multitude de proxectos de telecomunicacións, os fundadores de Grelo detectaron que España é o país da Unión Europea onde máis persoas se declaran descontentas coa súa compañía de comunicacións, polo que decidíronse a lanzar unha nova operadora coa idea de conseguir o contrario. Lograr o máximo número de clientes satisfeitos.

Máis información
Internet Rural 4G con Grelo.