Archives

Fertiberia TECH súmase ao sistema de reciclaxe de envases de SIGFITO

Fertiberia TECH xa está adherida ao sistema de recollida de envases de SIGFITO, que lle outorgou o logo de calidade que permite aos seus agricultores reciclar os envases de fertilizantes, bioestimulantes e nutricionais da compañía en calquera dos máis de 5.000 puntos en todo o territorio nacional.

A partir de agora, os agricultores que compren fertilizantes Fertiberia TECH poderán acceder ao sistema de recollida SIGFITO, que está autorizado nas 17 comunidades autónomas, podendo reciclar de forma fácil e cómoda todos os envases. Ademais, ao reciclar os envases nos puntos de recollida de SIGFITO, os agricultores poden xustificar o cumprimento coa normativa a través do albará de entrega, que deberán solicitar unha vez realizado o depósito dos envases.

O sistema de reciclaxe conta con 5.000 puntos de recollida autorizados en toda España

A adhesión de Fertiberia TECH a SIGFITO xorde do compromiso firme coa agricultura sostible, o respecto polo medio ambiente e a necesidade de frear a emerxencia climática que está a sufrir o planeta. A aposta de Fertiberia TECH pola tecnoloxía máis avanzada en fertilización, para buscar a máxima eficiencia co mínimo impacto ambiental, non é suficiente se non se acompaña dunha estratexia de sustentabilidade que abarque todo o relacionado coas boas prácticas agrarias: o coidado dos chans, o aforro de auga, o correcto uso e limpeza dos equipos de aplicación, a reciclaxe dos envases, etc.

Fertilización de precisión

Fertiberia TECH é a marca do Grupo Fertiberia que incorpora os abonos especializados de máis alta calidade, precisión e tecnoloxía, avalados por anos de comprobación agronómica nos diferentes cultivos. O concepto “TECH” comprende todo un traballo conxunto, desde a investigación e o desenvolvemento en colaboración con universidades e centros de investigación, ata o apoio técnico/comercial ao agricultor.

Fertiberia TECH desenvolveu así un catálogo de produtos líderes no mercado e tecnoloxicamente innovadores para garantir os mellores resultados. Ademais, Fertiberia Tech conta cunha rede de distribución seleccionada e un equipo amplo e experimentado de técnicos que asegura o asesoramento aos agricultores e un eficaz servizo post-venda.

Baixa a recollida de envases de fitosanitarios e fertilizantes en Galicia

Galicia foi unha das poucas Comunidades Autónomas nas que descendeu en 2018 a recollida de envases de fertilizantes e de produtos fitosanitarios. Así se recolle na memoria do Sistema de Recollida de Envases Agrarios (SIGFITO), a entidade que se encarga en España de realizar a recollida e correcto tratamento destes envases, pois pola contra suporían un perigo de contaminación para o medioambiente. O pasado ano, grazas ao compromiso dos agricultores e gandeiros españois, alcanzouse unha cifra récord de recollida, xa que SIGFITO xestionou correctamente 4.150 toneladas de residuos de envases, das 7.342 que se comercializaron durante 2018, o que supón un 56,5% de recollida, 5 puntos porcentuais máis que o ano anterior, que se rexistraron 51,5%.  Estas cifras comparadas co recolleito en 2017 (3.834 toneladas), indican un incremento dun 8% máis que ao ano anterior. De todos os envases recolleitos valorizouse o 100% dos residuos, reciclándose o 96,4 % fundamentalmente do plástico ríxido e  valorizándose enerxéticamente o 3,5% do papel cartón. Porén, Galicia foi das poucas Comunidades nas que descendeu a recollida destes envases, ao recoller 47.807 quilogramos, un 1,09% menos que os 48.336 quilogramos de envases de fertilizantes e fitosanitarios recollidos correctamente en 2017. Por provincias, soamente a de Ourense rexistrou unha evolución positiva.

Evolución da recollida de SIGFITO en Galicia:

Puntos de recollida dos envases

O Sistema Integrado de Xestión de envases baleiros de agrarios baséase en unha rede de centros, denominados «Puntos de recollida». Os puntos, na súa maioría, son cooperativas agrarias ou distribuidores de insumos agrícolas aos cales o consumidor pode levar os seus envases, e así cumprir as súas obrigas en xestión ambiental. Consulta aquí o teu punto de recollida máis próximo  
<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101891&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Cambios que se aveciñan na recollida de envases agrarios

As novas normas europeas obrigarán a que todos os envases agrarios sexan reciclados a través de sistemas de recollida antes do 2.025, un obxectivo ambicioso en España se se ten en conta que pouco máis do 50% dos envases de produtos fitosanitarios son reciclados neste momento. Ademais, axiña que como entren en vigor as novas directivas sobre residuos e envases, serán os fabricantes dos produtos fitosanitarios os que asuman a responsabilidade da xestión dos envases, e non os agricultores e gandeiros como sucede ata agora. Estes enfróntanse a sancións como consecuencia dunha mala xestión, como a queima ou abandono dos envases. O sistema de recollida de envases agrarios (SIGFITO) é a entidade que se encarga en España de realizar a recollida destes envases, con miles de puntos repartidos por toda a xeografía española e que permiten recoller cada ano máis de 3.800 toneladas de envases que, doutro xeito, suporían un perigo de contaminación para o medioambiente. Falamos co persoal técnico de Sigfito para aclarar os cambios que se aveciñan na recollida e reciclado de envases de produtos fitosanitarios:

¿Como se atopa España en canto a recollida e reciclaxe de envases agrarios?

En canto aos envases fitosanitarios estamos por rib do 50%; en canto aos restantes produtos, que son moitos máis que estes, descoñecémolo. Pero a xulgar pola cantidade de rexeitamentos que hai nos nosos puntos de recollida debe ser moi baixo.

¿Cales son as principais novidades das directivas europeas de envases agrarios publicadas hai uns días?

As novas Directivas de Residuos e de Envases publicadas o 26 de febreiro para a súa adopción no Consello, traen melloras considerables para a xestión dos residuos. En concreto, a Directiva de Envases fixa o ano 2.024 como data tope para que os fabricantes dos produtos asuman a responsabilidade da xestión dos envases comerciais e industriais. Ata agora son os consumidores finais, quen teñen a obrigación de xestionalos. Este novo marco normativo vai supor un gran avance na reciclaxe dos envases industriais agrarios, especialmente naqueles cuxa difícil xestión imposibilitaba a súa reciclaxe.
“A nova normativa vai supor un gran avance na reciclaxe dos envases industriais agrarios”
Outro avance que contemplan os textos é o de establecer requisitos mínimos para todos os sistemas de responsabilidade dos fabricantes. Con estas novas esixencias conságrase o principio de universalidade do servizo de recollida, no que todos os sistemas estarán obrigados a prestar o seu servizo ofrecendo ampla cobertura a todos os seus usuarios en toda a área xeográfica onde se xeren os residuos. Esta nova norma erradicaría a todos aqueles sistemas de recollida que só circunscriben a súa actividade a aquelas áreas onde a xestión dos residuos é máis rendible, dando servizo exclusivo a aquelas zonas onde se concentran maior volume de residuos e quedando desatendidas as áreas de minifundio con pouca xeración.

¿Como valoran desde Sigfito estes cambios?

O sistema de recollida SIGFITO aplaude este avance que, sen dúbida, introduce de cheo ao ámbito agrario na economía circular. “Por coherencia e por necesidade ambiental, a transposición da norma debería ampliar a responsabilidade aos fabricantes de todos os produtos agrarios envasados desde o principio, e non manter por máis tempo a situación excepcional e dificilmente xustificable na que só os fabricantes de fitosanitarios asumen a recollida dos seus envases”, explica Rocío Pastor, directora xeral de SIGFITO.

¿Que carencias detectan no sistema actual de recollida de envases agrarios?

En SIGFITO estamos continuamente traballando para ofrecer o mellor servizo posible ao agricultor, optimizando as recollidas, para iso, pedimos aos puntos de recollida que verifiquen que se realiza unha separación correcta de residuos para lograr unha maior eficiencia no tratamento final . Ademais os puntos SIGFITO deben cumprir os requisitos que garantan a seguridade nas súas instalacións para evitar pór en perigo o medio ambiente e a saúde das persoas. Para que o sistema sexa eficiente pedímoslles que almacenen un mínimo de 8 bolsas para que a súa recollida sexa sustentable. Pero non só os puntos colaboran na sustentabilidade do sistema, tamén os xestores de SIGFITO organizan rutas de recollida de maneira eficiente para aproveitar os traxectos e a loxística e reducir CO2. Indubidablemente o sistema será máis eficiente e daremos un mellor servizo cando se amplíe a todos os envases.
"É necesario harmonizar a normativa entre as Comunidades Autónomas”
A outra carencia é a falta de harmonización coa que debemos lidar, de forma que as obrigacións que teñen o sistema, os puntos de recollida e os agricultores, aínda que emanan dunha norma europea, acaban sendo distintas segundo a Comunidade autónoma en esteámola. Ata a separación en orixe cambia e un agricultor separa en distintos fluxos se entrega nun punto ou no da comunidade veciña.

¿Que outros cambios normativos prevense nun futuro?

Os cambios normativos máis relevantes refírense á trasposición das Directivas Europeas, a de envases e a de residuos, que poden tardar ata 24 meses, pero tamén está a modificación da normativa de traslado de residuos que debería simplificar os trámites, harmonizalos e mellorar a súa rastrexabilidade. Das Directivas e a súa trasposición ademais de obxectivos máis ambiciosos, esperamos cambios que leven a un control maior e máis uniforme de todos os sistemas e de todos os implicados e a que as decisións e actuacións sexan coñecidas e compartidas por todos. No noso caso, por exemplo, os fabricantes adiantan o financiamento do sistema, pero son os agricultores os que finalmente o pagan e por iso son participes e coñecedores da nosa xestión xunto a envasadores e distribuidores.