Archives

Nova ferramenta de xestión para rabaños pequenos de vacún de leite: UNIFORM-Repro Pocket

Moitos gandeiros e profesionais do sector (veterinarios, nutrólogos, asesores en xestión) comparten a opinión de que as explotacións deben tecnificarse e aproveitar a inmensa cantidade de datos e de información que se xeran a diario. Xestionar un rabaño de vacún leiteiro só con papel é, hoxe en día, practicamente un imposible. O cal non significa que non sexa a realidade de moitos porque aínda non se atopou unha ferramenta que encaixe co que se necesita.

Cada vez máis trámites fanse directamente online, como os movementos de animais e control do censo da explotación, ou as receitas dos medicamentos. Algúns actualízanse automaticamente, outros non. E por iso non se remata de abandonar o papel, porque ter unha sinxela aplicación no móbil axuda, pero resulta menos útil se os datos se actualizan cada 15 días e non ao momento.

Despois está a cuestión do investimento. Para tecnificar e dixitalizar a explotación débese valorar como de importante será o investimento. Entre as opcións están, por exemplo, instalar robots ou sistemas de detección de celos e actividade (que traen o seu programa e Apps propias), que ademais de dixitalizar o muxido ou a xestión da reprodución e axudar no manexo da información, reducen os gastos en man de obra.

O programa permite acceder a tódolos datos desde o móbil.

Aínda así, o retorno do investimento leva un tempo, segundo as circunstancias de cada explotación. Canto máis grande sexa o rabaño, máis se dilúe o investimento entre as nosas vacas. No entanto, sempre se pode facer un investimento non tan importante. Existen distintos niveis de investimento, especialmente para os rabaños que non teñen tantas vacas en muxido.

Para moitos gandeiros con rabaños que teñen non máis de 100 vacas en muxido, un cambio tan importante como pasar de ordeño en sala a robot non é ningunha tontería. E, con todo, encantaríalles poder ter a información das súas vacas sempre a man, poder saber dunha ollada as tarefas e tratamentos que haxa que facer ese día, abandonar o papel, xestionar o seu rabaño como quen utiliza o WhatsApp, desde o móbil e desde calquera sitio.

Por todo iso, desde UNIFORM-Agri, lanzamos un novo produto, para rabaños de vacún leiteiro de menos de 100 vacas: UNIFORM-Repro POCKET.

Este novo programa de xestión de rabaños, desenvolvido por unha empresa con máis de 30 anos de experiencia e usuarios en todo o mundo, permite dixitalizar as explotacións máis tradicionais, e levar sempre no peto a información das vacas. Os datos de animais históricos e a recría van incluídos xunto coa información das vacas en ordeño. Funciona en computador e móbil, de tal xeito que lle permite ao usuario:

  • Rexistrar o traballo diario facilmente.
  • Aforrar tempo en protocolos e controis reprodutivos.
  • Acceso en todo momento a información completa de cada vaca.
  • Analizar a situación actual e a evolución do rabaño nunha ollada.
  • Importar de control leiteiro mensual a xenética e acoplamentos.
  • Levar ao día o libro de tratamentos e movementos.
  • Ter os datos do seu negocio a recado.

UNIFORM-Repro POCKET permite levar a información fundamental do rabaño no móbil. Pode utilizarse só para consulta ou para introducir nova información. Desde a aplicación de computador, máis sinxela que o programa UNIFORM-Repro PRO, pódese analizar a evolución do rabaño. Inclúe análises fáciles de entender e necesarios para unha xestión básica do rabaño, como a estatística resumo, a análise do control leiteiro ou lactacións completadas.

Diana, usuaria de UNIFORM, e Almudena, do equipo en España da marca.

Utilizando unha axenda de papel ou un cartón reprodutivo dificilmente se pode saber se o rabaño está mellor ou peor que no pasado, se a produción é máis eficiente e cal é a previsión. Necesítase tempo para chegar a conclusións, e estas moitas veces están baseadas en sensacións e non en datos de calidade.

Con UNIFORM-Repro POCKET, simplemente abrindo os menús de análises do programa, obtéñense ferramentas tremendamente útiles e fáciles de entender para a toma de decisións e a xestión diaria da granxa. Ademais, se o veterinario ou asesor é tamén usuario UNIFORM, pode recibir a información da explotación sempre actualizada de forma automática no seu programa, para un seguemento e análise máis profunda.

Todo isto engadido a que UNIFORM-Repro POCKET é unha ferramenta que se mantén en continua evolución e innovación. E sen renunciar a ningún dos servizos de atención ao cliente que ofrece UNIFORM-Agri, entre os que está o moi valorado servizo de soporte e axuda aos usuarios.

Máis información

  • Quere coñecer a opinión doutros? Visite a sección de testemuños na nosa web.
  • Gustaríalle saber máis sobre esta nova ferramenta?. Contacte con nós: Tel. 695 45 67 35 / ventas@uniform-agri.com
  • Como incide o robot de muxido na produción de leite e na fertilidade

    Vacas no robot de muxido da Gandería Sola, no concello asturiano de Vegadeo. Os robots de muxido son hoxe unha realidade en moitas explotacións galegas e o seu avance nos últimos anos semella imparable, supoñendo un cambio total no xeito de traballar nas granxas e un aforro considerable en man de obra. Pero, cales son as consecuencias da instalación de robots de ordeño en aspectos como a produción e calidade de leite, a saúde de ubre ou a reprodución? "Até agora non se realizara ningún estudo en granxas galegas sobre estes parámetros, só había un feito por Ramiro Fouz sobre as causas de eliminación con robot, pero non sobre como afecta a instalación dos robots sobre a produtividade e a calidade do leite", explica Elio López, autor do traballo Fin de Grao titulado Avaliación das melloras produtivas e reprodutivas coa implantación do robot de muxido, o primeiro destas características realizado en Galicia sobre casos reais e presentado o pasado mes de xuño na Facultade de Veterinaria de Lugo, obtendo unha nota de 9,3. Este traballo experimental analizou os resultados trala instalación de sistemas automáticos de muxido en 18 explotacións, 6 delas ubicadas na provincia da Coruña e 12 na de Lugo, comparándoos cos previos á posta en funcionamento dos robots, tomados dos datos do control leiteiro dun ano antes.
    Os primeiros robots foron instalados en Galicia no 2004 e nos últimos tres anos a súa multiplicación foi exponencial nas granxas da nosa comunidade
    Entre as explotacións analizadas atópanse algunhas das primeiras en contar con robot en Galicia, como Lebón SC, unha explotación ubicada en Samos e que instalou o muxido automatizado no ano 2004, ou SAT Ladeira, constituída no ano 2005 por tres explotacións do Páramo e que comezou a funcionar con dous robots, e outras de instalación máis recente, como Vilasilvestre SC ou SAT Revolta, as dúas de Vilalba. Incrementos de produción do 12,5% de media "A dificultade deste estudo radica en que tés que ter datos de antes e de despois da instalación tomados do mesmo xeito", explica Elio. O traballo conclúe que tralo cambio aos robots "hai un incremento significativo na produción de leite dun 12,5% sen prexuízos para a calidade do leite nin para os parámetros reprodutivos". A media de produción nas granxas estudadas era de 31,6 quilos por vaca e día no promedio do conxunto das explotacións e este mesmo dato subiu até 36 quilos no robot.
    O promedio de produción das explotacións analizadas pasou de 31,6 litros por vaca e día muxindo na sala a 36 litros ao segundo ano de ter o robot
    Aínda que a media de aumento de produción foi de case catro litros e medio por vaca e día (12,5%) para as 18 explotacións analizadas, comparando o segundo ano trala instalación do robot co ano previo anterior, houbo importantes diferenzas entre as granxas, cunha diminución do 7% no peor dos casos e un incremento do 27% no mellor. Das 18 granxas estudadas, 17 delas estaban a 2 muxiduras antes de instalar o robot (16 en sala e 1 en praza fixa) e unha explotación muxía tres veces ao día. "O aumento da produción vai xunguido á frecuencia de muxido", establece o estudo, que engade que "a concentración de graxa e proteína é lixeiramente menor ca obtida coa muxidura tradicional dúas veces ao día pero o nivel de ácidos graxos libres aumenta". Unha décima menos de graxa e practicamente a mesma proteína A media conxunta de calidades das explotacións que formaron parte do traballo de investigación situábase antes da instalación dos robots en 3,76% de graxa e 3,34% de proteína e pasaron a 3,63% de graxa e 3,32% de proteína, polo que os descensos medios no conxunto das 18 explotacións foron dun 0,13% menos de graxa e dun 0,02% menos de proteína. Todas as granxas estudadas tiñan o mesmo sistema de alimentación, baseado en ración unifeed subministrada unha vez ao día e composta por ensilado de herba, ensilado de millo e penso. Agás nunha delas, que xa realizaba punteo de concentrado antes de instalar o robot, no resto de explotacións este aporte diferenciado de penso dependendo dos niveis de produción e dos días en leite de cada vaca comezou trala posta en funcionamento do muxido robotizado. Mellor fertilidade co robot Muxir máis frecuentemente significa, na maior parte das veces, máis produción de leite, pero isto pon en perigo o balance enerxético do animal, que á súa vez pode ter efectos negativos sobre a fertilidade. Sen embargo, o estudo desminte este apriorismo.
    "Hai unha tendencia á redución do intervalo entre partos nuns 10 días trala instalación do robot que non garda relación coa presenza ou non de detectores de celo"
    De feito, indica o traballo nas súas conclusións, "trala instalación dos robots constatouse unha tendencia á redución do intervalo entre partos e do intervalo entre parto e inseminación fecundante que se comprobou que non gardaba relación coa presenza ou non de detectores de celo", un sistema co que contaban o 72% das explotacións analizadas (11 gandeirías tiñan detector de celo e rumia e 5 delas tamén medidor de células somáticas, 2 explotacións contaban só con detector de celo e as 5 restantes non tiña ningunha tecnoloxía engadida máis que a do propio robot de muxido). "Tanto o robot como os detectores de celos non inflúen significativamente nos parámetros reprodutivos, aínda que hai unha certa tendencia a reducir o intervalo entre partos, que pasou de 434 días de media no conxunto das explotacións a 422 días, e tamén o intervalo entre o parto e a inseminación fecundante, que baixou 10 días de promedio, pasando de 145 días antes do robot a 135 despois, pasando a media de inseminacións de 2,46 a 2,45 doses", explica Elio. Detección precoz da mamite Existen diversos estudos que compararon o muxido automático e o convencional e a maioría deles conclúen que a saúde do ubre se deteriora coa introdución do robot por varios motivos: o aumento da frecuencia de muxido favorece a apertura do esfínter e a colonización bacteriana e as posibilidades de contaxio aumentan, pois até 65 vacas se moxen na mesma unidade de muxido.
    O reconto de células somáticas incrementouse un 5% trala instalación dos robots
    A análise do caso práctico destas 18 gandeirías galegas confirma esta conclusión, aínda que o incremento no reconto de células somáticas non foi moi elevado tendo en conta os datos de control leiteiro do ano pre-instalación e do segundo ano post-instalación do robot, pasando de media no conxunto das granxas de 303.360 RCS a 317.330 RCS. No tocante á cabana gandeira, nas 18 explotacións predominaba o gando frisón e soamente nunha había 6 vacas montbeliard en lactación no momento da realización do estudo. Ningunha das granxas analizadas mercou animais de fóra da explotación nos dous anos recollidos para a realización do estudo.

    40 anos desde a aparición do primeiro robot en Holanda

    A orixe dos robots de muxido atópase en Holanda en torno aos anos 80, aínda que non foi até 1992 cando se instalou o primeiro sistema automático de muxido nunha granxa convencional. A chegada ás explotacións leiteiras españolas produciuse no ano 2000 e en Galicia os primeiros robots instaláronse en Arzúa e en Samos a finais do ano 2004. Cinco anos despois xa había na nosa comunidade 49 instalados e nos últimos 2 anos a súa multiplicación foi exponencial. O traballo Fin de Grao presentado en Veterinaria complétase cunha enquisa aos titulares das granxas estudadas sobre os motivos para a súa instalación e a súa percepción tralo cambio no sistema de muxido empregado. Os responsables das explotacións coinciden en que o principal inconvinte é a adaptación ao robot e a principal vantaxe a diminución da man de obra.
    Os responsables das explotacións coinciden en que o principal inconvinte é a adaptación ao robot, por enriba mesmo do prezo, e a principal vantaxe a diminución da man de obra
    Para a maioría das explotacións (16 dos 18 titulares enquisados), o principal inconvinte dos robots é a "complicada adaptación" tanto dos propios animais como do gandeiro á nova forma de muxido, poñendo esta contraindicación mesmo por enriba da do prezo. "Outro inconvinte ao que tamén lle dan moita importancia os gandeiros novos, os menores de 40 anos, é que a instalación dun robot non permite aumentar pouco a pouco a cabana, como si que se podería facer cunha sala de muxido convencional porque non é rendible a compra dun robot para telo a menos da metade do rendemento da máquina, polo que os aumentos teñen que ir en función da capacidade do robot, medrando de golpe entre 60 e 70 animais", explica Elio. Unha vantaxe importante dos robots é a posibilidade de controlar numerosos parámetros de interese para a produción de forma continuada, permitindo ao gandeiro a toma de decisións individualizada para cada animal. Pola contra, o custo do equipo de muxido e os requisitos de mantemento dun robot son moito máis elevados en comparación a un equipo convencional.

    Uniform- Agri, como incorporar con éxito a xestión informatizada a unha granxa

    Unha explotación de vacún de leite é un negocio máis complexo de xestionar do que pode parecer, non consiste simplemente en darlle de comer ás vacas e en muxilas a diario. Aínda que estes dous aspectos son alicerces fundamentais para o bo funcionamento da explotación, hai moitísimos máis factores que se deben ter en conta para xestionar unha gandería de leite. Cada vez coñécense máis datos, xerados a diario, dun rabaño de vacas de leite. Todos ou case todos son tidos en conta para xestionar a explotación e tentar mellorar a rendibilidade e a sustentabilidade da gandería, crucial nestes días, tal e como está a situación do sector.

    Para poder agrupar, entender e manexar todos os datos xerados, necesítase unha boa ferramenta. Unha sinxela axenda é un básico nunha explotación de leite, pero non chega para xestionar. Son necesarias ferramentas máis potentes, que, se non están presentes na explotación, os técnicos que acoden ás ganderías a diario lévanas consigo, a miúdo nun computador portátil. A informática foise introducindo aos poucos no sector e cada vez é máis habitual que haxa que manexar un programa informático para xestionar a saúde e a produtividade do rabaño.

    O reto de implantar un programa informático novo na explotación esixe un apoio de calidade

    Pero, coidado, adquirir un programa informático non significa ter que buscarse a vida constantemente para poder entender como funciona. Non hai por que desesperarse porque se recibiu pouca formación e xa non se lembra a metade das cousas, ou se está preguntando ao veterinario sobre como conseguir determinadas listaxes cando (aínda que probablemente saiba como conseguilas) non é a persoa á que debe acudir.

    Todo isto non sucede se decide traballar con UNIFORM- Repro. Porque a filosofía de empresa de Uniform- Agri, desde os seus inicios hai máis de 30 anos, é dar un servizo de calidade ao cliente. Non deixalo abandonado á súa sorte ante o reto de implantar un programa informático novo na súa explotación.

    Uniform-Agri ofrécelle asesoramento personalizado ós usuarios e organiza reunións periódicas por zonas.

    Equipo de soporte
    Ademais de levar a cabo a instalación e posta en marcha do programa, incluíndo sesións de formación suficientes e personalizadas, para poder mostrar todos os aspectos do programa que máis interesan a cada usuario, temos un equipo de soporte a completa disposición dos usuarios que asiste de forma inmediata, por teléfono e online.

    Pódese contactar a este equipo sempre que se necesite axuda co programa. O servizo de soporte tamén inclúe as actualizacións de Uniform- Repro, que por norma hai polo menos unha ao ano para asegurar a continuidade do programa.

    Este ano adicáronse parte das reunións con usuarios á importación dos datos de control leiteiro e ás conexións con programas de sala ou robots

    O soporte a cliente tamén lle permite aos nosos usuarios ir profundando no uso do programa, aprender máis sobre as ferramentas de análises e mellorar así na xestión do seu rabaño. Como? Coas reunións de usuarios que se organizan cada ano.

    Reunións 2019
    Este ano 2019, as sesións para usuarios organizáronse entre xaneiro e marzo en Navarra, Cataluña, Asturias, Galicia, Madrid e Andalucía. Nelas reúnense a usuarios da zona para mostrar novidades e facer recomendacións para axilizar o uso diario do programa. Tamén para ensinar a interpretar en profundidade as análises que incorpora Uniform- Repro.
    Este ano, por exemplo, dedicamos parte das sesións ás análises que se xeran ao importar os controis leiteiros mensuais ou coas conexións con programas de sala ou robots ( Uniform- Repro pode comunicar con todas as marcas), así como ás análises de xenética ou a xestión do libro de tratamentos e dos axustes desde Uniform- Repro e a súa aplicación móbil.

    As xornadas están orientadas tanto a gandeiros como a técnicos e consultores e son moi aproveitadas polos asistentes, expondo cuestións que lles afectan e obtendo a visión e experiencia doutros usuarios.

    Non hai por que ter respeto á implantación dun computador ou un programa informático novo na súa explotación, se ten un bo soporte, un bo servizo de asistencia ao usuario detrás. E niso, en Uniform- Agri somos expertos.

    Uniform-App, unha ferramenta útil para gandeiros e veterinarios

    A tecnoloxía vaise implantando pouco a pouco no sector lácteo, cada vez hai máis aplicacións dispoñibles para ir abandonando paulatinamente o papel. Polo uso que se lle dá noutras facetas da nosa vida diaria, sabemos que a informática pode facilitarnos moito a vida, afórranos tempo e simplifica procesos. Aínda que a adaptación a ela pode crear certo respeto e resistencia, non hai nada que temer se se trata dunha ferramenta que está totalmente enfocada a axudar ao usuario e a resolver tarefas da forma máis eficiente posible.

    Uniform-Repro
    É o caso do programa UNIFORM-Repro, unha ferramenta de xestión de rabaños totalmente enfocada ao usuario, tanto gandeiro como veterinario. Uniform-Repro ten diversas ferramentas adicionais que permiten facilitar trámites ou o rexistro de determinados datos, como pode ser:

    – Importar controis leiteiros e valores xenéticos na mesma ficha de cada vaca na que se consulta o rendemento reprodutivo e a saúde.

    – Importar os axustes para saber que touro lle convén a cada vaca á hora de ir ao tanque a escoller a pajuela.

    – Controlar o stock de tanque de seme e do botiquín de medicamentos.

    – Ir xerando o libro de tratamentos, de forma totalmente automática en base ao rexistro diario do uso de medicamentos.

    – Xerar as guías de movementos e o libro de movementos da explotación, totalmente válido para presentar nas Oficinas da Administración.

    Estas funcionalidades adoitan ser máis útiles para gandarías que son usuarias de Uniform-Repro. No entanto, hai unha ferramenta que é igual de válida para gandeiros e veterinarios, esta é UNIFORM-App, a aplicación para móbil ou Tablet.

    Como funciona Uniform-App nunha explotación

    Apariencia da pantalla inicial de Uniform-App.

    Uniform-App vai enlazada co programa de ordenador e pode estar instalada en varios móbiles ou tablets. Pode traballarse con ela con ou sen conexión a internet e, unha vez se ten conexión, sincronízanse todos os datos introducidos desde o móbil co computador.

    Desta forma, podemos evitar estar a ir e vindo á oficina da explotación para consultar a historia dunha vaca ou para rexistrar eventos tan habituais como un parto, unha inseminación ou unha enfermidade. Tamén evitamos o risco de apuntalo nun papel que máis tarde pode extraviarse e perder o dato, alterando as análises da evolución da gandaría.

    Con UNIFORM-App podemos consultar animais individualmente ou levar no peto listas de tarefas, como animais a secar ou a lista de traballo do veterinario. Tamén temos listas de atencións, para animais que estean próximos a celo, por exemplo.

    Lembre que pode probar gratis Uniform-App cunha granxa de proba. Neste vídeo explicamos como facelo.

    Ademais de todo isto, Uniform-App pode ser implantada en gandarías que sexan clientes dun usuario con licenza Vet ADVANCED de Uniform-Repro.

    Uniform-App para veterinarios

    Un usuario introducindo datos de xestación durante a visita do seu veterinario.

    Para os equipos veterinarios desenvolveuse un novo formato da Uniform-App que non só permite que varios membros do equipo leven as súas gandarías no móbil, senón que tamén poden instalarlle a aplicación móbil a gandeiros que teñan contratados os seus servizos. Desta forma, os gandeiros poden tamén consultar a información das súas vacas e ir rexistrando datos a diario.

    Esta funcionalidade permite aforrar gran cantidade de tempo na visita periódica do veterinario, empregada xeralmente en organizar e rexistrar os datos. Se o gandeiro ten UNIFORM-App pódese empregar máis tempo en analizar a situación da gandaría e facer seguemento do seu rendemento.

    En cada conta da App, é posible ter varios usuarios, que poden ser de perfil veterinario ou gandeiro. Dependerá de a cantas gandarías se lles dea acceso. En calquera caso, os gandeiros só teñen acceso aos datos dos seus respectivos rabaños. Unha vez instalada a aplicación no móbil ou tablet, establécese un horario co gandeiro para coordinar a sincronización. Así, por exemplo, pode coordinarse o envío dos datos sempre 1 día ou 2 días antes da visita veterinaria para control reprodutivo.

    Sincronización de datos
    Os datos que se envían desde as gandarías son sincronizados co computador central, onde está instalado Uniform-Repro en versión para veterinarios. Este computador pode estar na oficina, aceso 24 horas todos os días, ou pode ser o portátil do veterinario, sempre que se coordinen ben as horas de sincronización de datos.

    Apariencia da ficha individual dunha vaca que está baleira. Nela figuran os acoplamentos que lle corresponden en base ó fixado no programa de ordenador.

    Ao sincronizar, os gandeiros non só envían datos, tamén reciben os datos que fosen introducidos desde o computador, como son os resultados, protocolos e tarefas a realizar tras o control reprodutivo, a actualización do censo da explotación, os resultados de control leiteiro ou un touro novo para inseminar.

    Módulo MFS Bureau
    A sincronización de datos pode perfeccionarse aínda máis, non só entre gandeiros e veterinarios, senón tamén entre veterinarios dun mesmo equipo, mediante a adquisición dun módulo exclusivo para xestionar as gandarías de forma segura e automática.

    Este módulo, denominado MFS Bureau Service, permite realizar copias de seguridade de forma automática, que son enviadas á nube ou a un servidor. Estas copias de seguridade están actualizadas grazas ao traballo diario do equipo e á sincronización desde a UNIFORM-App.

    Ao abrir o seu programa, cada veterinario pode, mediante un clic, comprobar que ten a versión máis actualizada da explotación que quere analizar. Se non é así, o programa encárgase de restaurar a versión máis actualizada. Ademais, este módulo inclúe a posibilidade de comparar gandarías entre si nunha soa pantalla.

    Se quere máis información sobre UNIFORM-App para gandaría ou para veterinarios, así como información máis detallada sobre MFS Bureau Service para veterinarios, pode contactar co noso equipo no email: ventas (arroba) uniform-agri.com ou chamando ao 695 45 67 35.

    Como mellorar a rendibilidade no manexo das vacas de carne

    Os números revelan que as ganderías de vacún de carne teñen marxe para mellorar o manexo dos animais, de xeito que aumente a rendibilidade da granxa. O director técnico de Alltech, Josep Roquet, interviu recentemente na reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, onde explicou recomendacións prácticas para a mellora do manexo das vacas de campo. Roquet é ademais gandeiro de vacún de carne en Cataluña, onde xestiona unha gandería de 100 vacas cruzadas das razas pardo alpina e charolesa, A primeira cuestión a ter en conta pasa por fixar obxectivos de produción. Algúns dos obxectivos a ter en conta son os seguintes:
    "Mercar un bo touro é un investimento, non facelo é un gasto, é tirar cos cartos"
    - Un parto por vaca e ano. “Cando lle preguntas a un gandeiro, normalmente diche que está nesas cifras, pero se miras os papeis, ao final a maioría están nun 75-80% de animais con partos cada ano”, sinala Josep Roquet. Pasar dun intervalo de partos de 518 días a 405 días repercutiría nun aumento de beneficios de 90 euros por xato producido. - Máis do 90% de xatos destetados, xa que é posible que algún morra. - Minimizar a presenza de animais improdutivos na explotación. Se unha vaca non queda preñada de xeito recurrente, hai que desbotala.
    "Se nas explotacións de leite os partos se fan ós dous anos, non hai motivo para que nas de carne a media estea nos tres anos"
    - Adiantar o primeiro parto. Se nas explotacións de leite, pódese facer ós dous anos, non hai motivo para que nas de carne se ronden os tres anos no primeiro parto. Cada día de adianto do primeiro parto, supón unha repercusión de 23 céntimos / día. Pasar de 36 meses a 27 meses suporía unha mellora de 63 euros. - Lograr o máximo valor do xato ó destete, ben por quilos, ben por calidade. A xenética é neste aspecto fundamental. “O custo dun touro é de 2 céntimos por quilo canal producido. Paga a pena investir en boa xenética” -aconsella o director técnico de Alltech-. “Unha mellora do 1% no rendemento canal devolve ata 7 céntimos por quilo de carne; en tanto que unha maior eficiencia de convertir penso en carne supón melloras de ata 15 céntimos por quilo”, subliña. En definitiva, Roquet conclúe que “mercar un bo touro é un investimento; non facelo é un gasto, é tirar cos cartos”. Josep Roquet.

    Manexo da alimentación e da reprodución

    Repasamos algunhas das cuestións prácticas que abordou o director técnico de Alltech na súa intervención. Roquet aporta unha serie de consellos, se ben tamén advirte de que “a nutrición non son matemáticas”. “A vaca é a que di se se están facendo ben as cousas ou non”, conclúe.
    "A nutrición non son matemáticas. A vaca é a que di se se están facendo ben as cousas"
    - As prioridades do organismo son manter as constantes vitais, o sistema inmunitario, o crecemento e a lactación. En último termo quedan a reprodución e o engorde. Quedarse preñada, por tanto, é das últimas prioridades dunha vaca, así que se non está ben alimentada, non quedará. - Unha vaca en preparto e parida precisa maior alimentación. Na maioría das explotacións dáselles a mesma alimentación á vaca seca que a unha vaca parida ou en preparto. - As vacas gordas teñen un custo elevado, xa que teñen unhas necesidades de alimentación un 20% superiores. O peso dos xatos no nacemento será ademais máis baixo, cuns xatos débiles, pois a vaca quitaralle azúcares ó feto. - Non tratar igual a vaca seca que a parida ou a punto de parir. Estes dous últimos grupos, alimentados cunha ración de proteína superior a 900 gramos por día, terán só un 0,6% de terneros débiles e menores índices de diarrea nos seus xatos. Se se lles aportan menos de 680 gramos de proteína, a porcentaxe de xatos débiles medra ata o 9,5%. - Ás vacas secas, en cambio, convén aportarlles outra ración, pois unha vaca seca gorda será síntoma de problemas. - Se a vaca presenta boa condición ó parto, a partir dos 60 días estará lista para cubrir nun 90% dos casos. Xestión das parideiras - O periodo máis importante da alimentación da vaca é no mes ou mes e medio previo ó parto, así coma nos tres meses de post-parto, pois o animal ten altas necesidades de nutrientes para criar ó xato e para manter unha boa condición, coa perspectiva de lograr cubrila o antes posible. - É importante a atención ós glúcidos no preparto. En pastos de primaveira, hai moitos azucres, polo que convén limitar o tempo de acceso a pastos para evitar que o xato teña excesivo peso ó nacemento, o que pode xerar problemas nos partos. Tamén hai a posibilidade de suministrarlle palla á vaca antes do seu acceso ós pastos. - Dos 3 ós 6 meses post-parto, é un periodo menos importante. Se temos vacas gordas no rabaño, será o intre de correxilo.

    Agrupamento de partos. Por que agrupalos?

    A IXP Ternera Gallega avoga desde hai anos polo agrupamento de partos, orientando unha parte cara o outono, se ben cun éxito limitado entre as ganderías. Desde a perspectiva de Roquet, o agrupamento de partos tamén resulta aconsellable, xa que aporta unha serie de vantaxes. - Para o manexo da alimentación, o máis sinxelo é ter lotes de vacas, co obxectivo de proporcionarlles en cada momento a dieta que precisan. A división por lotes tamén facilita o manexo dos touros. O agrupamento por lotes debe ir acompañado dun diagnóstico de xestación ó cabo dun mes. No caso das vacas que non estean preñadas e que xa sexan vellas ou tiveran fallos anteriores, a decisión debe pasar por cebalas e vendelas para sacrificio. - Permite programar os partos en función da comida dispoñible no campo, antes da máxima dispoñibilidade de pastos. - Concentración da atención nos partos só en determinados meses. - Permite programar vacinacións, que é mellor facelas antes do parto, e desparasitacións. - Tamén ter a venda dos animais na época de maior prezo.
    Uso de suplementos minerais Os estudos de Alltech con vacas de carne revelan que a eficacia reprodutiva dos animais en inseminación artificial mellora de xeito sensible naqueles que reciben suplementos minerais, pois fronte ó 56% de vacas preñadas no lote sen suplementos, logrouse un 75% no lote con suplementos. En Galicia, as análises de Alltech comprobaron as deficiencias de selenio nos animais, se ben noutros minerais coma zinc ou cobre, non se detectan carencias.

    “Uniform – Repro é unha ferramenta áxil e eficiente para o control reprodutivo das granxas”

    No outono publicamos unha entrevista a Eduardo, un veterinario e gandeiro de Álava que utiliza o noso software para a xestión da súa explotación. Neste artigo traemos a experiencia de Mari, administrativa en SeriVet Asturgalaico, cuxas oficinas están en Ribadeo (Lugo), aínda que os veterinarios do equipo móvense por varias provincias. Mari é a única persoa na oficina e leva xa máis de 20 anos traballando nesta empresa, que a día de hoxe conta con 6 veterinarios, 4 socios e 2 contratados. Este equipo é coñecido pola súa experiencia no sector, ofrece servizos de control reprodutivo, alimentación mellora xenética e ADS.

    En Serivet utilizaron varios programas de xestión de granxas en versión multiexplotación e desde hai uns meses son usuarios de UNIFORM-Repro, que foi instalado nun servidor para que todo o equipo teña acceso ao programa.

    Mari explica en detalle a dinámica de traballo: “Traballamos moito o control reprodutivo das explotacións e gústanos ter boa información. Na rutina diaria, utilizamos listados e cadros reprodutivos que elaboro a comezos de cada ano. Así, os veterinarios encárganse de actualizar os datos na lista que levan ao visitar as granxas. Nesas listas, tamén enchen os resultados da visita e entréganmo a min. Eu encárgome de recopilar todos os datos e introducilos no programa para manter actualizadas as bases de datos das granxas. Despois, entregámoslle periodicamente informes aos gandeiros da súa evolución para poder asesoralos.”

    “Coas bases de datos actualizadas, podemos seguir planificando o traballo de forma eficiente. Dedico unha media de dúas horas e media ao día ao rexistro de datos, na primeira quincena do mes é máis porque faise control reprodutivo en moitas gandarías. Aínda que é certo que en UNIFORM non me leva moito tempo rexistrar os datos das listas, por exemplo, dunha granxa cunhas 150-200 vacas en muxido, que teña na lista de control veterinario unhas 40-50 vacas, tardo entre 5 e 8 minutos en introducir todo.”

    “En actualizar os datos dunha gandería que teña 40-50 vacas na lista de control, tardo entre 5 e 8 minutos”

    “Probamos outros programas, pero ante as opcións que ofrecía UNIFORM decidimos cambiarnos. É importante o rexistro de datos neste tipo de servizos, para saber que animais hai que controlar e poder valorar a evolución dos animais e do rabaño en xeral. Para dar un bo servizo necesítase ter datos actualizados”.

    Programa completo
    “O que nos gustou de UNIFORM-Repro é que é un programa moi completo, dá moita información de como está en todo momento a gandaría. Tamén buscabamos un produto áxil no rexistro de datos, e UNIFORM-Repro o é, non me custou case nada adaptarme ao programa. Ten en conta que eu dedico gran parte do meu tempo a rexistrar datos, necesito unha ferramenta sinxela e que me simplifique o traballo”.

    UNIFORM-Repro pode ser unha ferramenta moi poderosa, se se sabe utilizar adecuadamente, por iso, en UNIFORM-Agri ofrécense unhas sesións de formación inicial e soporte en todo momento aos usuarios.

    Con respecto a isto, Mari comentounos: “En todo momento puiden expor dúbidas e resolvéronmas enseguida. A atención é inmediata, se non é no mesmo día, é nos seguintes días. O feito de que se poida conectar a través de TeamViewer (aplicación que permite acceso remoto a computadores) é moi cómodo, ademais permite que o usuario vexa en directo como se soluciona e así se aprende. É moi bo sistema.”

    Vantaxes
    Ao preguntar sobre que é o que máis lle gusta do programa, Mari respondeunos que o abanico de opcións para xerar informes:

    “Aínda non profundamos o tema dos informes, estamos a investigalo para decidir que lle imos entregar aos gandeiros. Polo que fun pescudando, hai moitísimas opcións, hai informes moi completos e, ademais, existe a opción de crear informes personalizados de practicamente todo o que se queira, para min é algo extraordinario. É a gran vantaxe de UNIFORM-Repro. Tamén me gusta moito ter axustes personalizados para cada granxa”.

    Desenvolvemento

    Por suposto, tamén quixemos ouvir que melloraría, para tomar nota e seguir desenvolvendo o software:

    Gandería que traballa con Uniform.

    “Gustaríame que os cadros reprodutivos fosen máis flexibles, que houbese opción a personalizalos un pouco. Por exemplo, a orde na que se queren mostrar as vacas, para que lle sexa máis fácil identificalas no cartón ao gandeiro. Algúns fano por número, outros por nome. Tamén o ter un calendario máis aberto para as datas de revisións na lista de control veterinario estaría ben”.

    Mari fixo suxestións desde o principio e é unha usuaria moi activa. Nos próximos meses vaise lanzar a seguinte versión de UNIFORM-Repro, na que estes dous aspectos comentados por Mari foron mellorados e poderase establecer unha orde personalizada nos cartóns e unha data flexible na lista de control veterinario.

    En xeral, en SeriVet Asturgalaico están satisfeitos co cambio. Mari recoñece que, dentro do equipo, hai quen presentou máis resistencia ao cambio, pero ela, que é quen o manexa a diario, soubo mostrarlles os beneficios que ten.

    Por último, pedímoslle que definise UNIFORM-Repro versión Multiexplotación en tres palabras e, tras pensalo un pouco, fíxoo nunha: “Áxil. Englóbao todo: áxil en solucionar problemas, en rexistrar datos e en xerar informes, xa que permite personalizar. Adáptase ao usuario.”

    Se queres máis información ou che interesa probar ti mesmo o software UNIFORM-Repro en versión multiexplotación ou para gandaría, podes contactar con:

    Almudena Molinero Argüello
    695 45 67 35
    almudena (arroba) uniform-agri.com

    Recomendacións para mellorar a reprodución en vacún de carne

    Existen moitas razóns polas cales unha vaca non pode quedar preñada despois de manterse cos touros durante varias semanas. Neste sentido, Robert L. Larson, especialista en reprodución bovina da Universidade Estatal de Kansas (Estados Unidos) falou no Congreso Internacional Anembe de Medicina Bovina sobre as principais fallos en reprodución en vacún de carne e como solucionalo. A continuación resumimos os principais aspectos a ter en conta:

    1)A importancia da distribución dos partos na seguinte tempada de cría

    -O número de oportunidades que unha vaca ten de ser preñada durante a tempada de apareamento é unha limitación importante á hora de quedar preñada ou non. Normalmente, unha vaca fértil ten unha probabilidade do 65% de parir un tenreiro con cada ovulación e apareamento (período de celo). -Unha vaca que pare o suficientemente pronto como para retornar ao ciclo ao comezo dunha tempada de apareamento de 65 días terá tres oportunidades de quedar preñada. Por tanto, é esperable que a vaca teña unha probabilidade do 95% de levar a xestación a termo. -Se unha vaca pare máis tarde durante a tempada de partos, de forma que non retorne ao ciclo ata os últimos 40 días da tempada de apareamento (é dicir, terá dúas oportunidades de quedar preñada), espérase que esa vaca teña un 88% de probabilidades de levar a xestación a termo. -Se unha vaca pare realmente tarde na tempada de partos, de forma que non retorna ao ciclo ata os últimos 20 días da tempada de apareamento (é dicir, só terá unha oportunidade de quedar preñada), espérase que a vaca teña un 65% de probabilidades de levar a xestación a termo. -A porcentaxe máxima de xestación de todo o rabaño determinarase polo número de vacas de cada categoría: 3, 2 e 1 oportunidades de quedar preñada. “É moi importante ter unha alta porcentaxe do rabaño parindo pronto na tempada de partos” Por tanto, é moi importante ter unha alta porcentaxe do rabaño parindo pronto na tempada de partos, para que teñan suficiente tempo como para retornar ao ciclo antes do comezo da seguinte tempada de apareamento. O tempo medio para retornar ao ciclo é de 50 a 50 días; por iso é polo que as vacas que paren aos 30 ou 40 días tras o comezo da tempada de partos teñen poucas probabilidades de volver retornar ao ciclo antes da seguinte tempada de reprodución. E as vacas que paren 60 días despois do comezo da tempada de partos teñen moi poucas posibilidades de comezar o seu ciclo ata ben entrados na seguinte tempada de reprodución.

    2)Unha porcentaxe insuficiente das vacas quedan preñadas cedo na tempada de apareamento.

    As razóns desta baixa porcentaxe poden ser tres: -Un número baixo de femias teñen un período de celo fértil ao comezo da tempada de apareamento. -Os touros non foron capaces de depositar as cantidades adecuadas de seme fértil no tracto reprodutivo das femias. -Axentes infecciosos ou non infecciosos que preveñen ou terminan a preñez. O uso do exame físico, o historial, a evolución do rexistro da granxa e as probas diagnósticas de laboratorio pódense utilizar para determinar que causas son máis ou menos probables para esta distribución non desexable da preñez.

    3)Unha porcentaxe baixa de femias están en ciclo ao comezo da tempada de apareamento.

    -O 65% do rabaño debería levar, polo menos, 60 días de postoparto, ao comezo da tempada de apareamento. Se menos do 55% do rabaño leva 60 días ou máis de postparto, entón deberiamos empezar a considerar como solucións adiantar a data de comezo da tempada de apareamento deste ano ou distribuír os partos do último ano.
    Ao comezo da tempada de apareamento as vacas deben ter unha condición corporal mínimo de 5 sobre 9 e de 6 nas xovencas
    -Para asegura unha alta proporción de cicliclidade, as vacas maduras deberían ter un mínimo de condición corporal 5 usando unha escala de 9 puntos ao comezo da tempada de apareamento. No caso das xovencas debería subir a un mínimo de 6 puntos. -Un mínimo do 80% das xovencas deberían alcanzar a puberdade ao comezo da tempada de apareamento.

    4) Os touros non depositan suficiente cantidade de seme fértil no tracto reprodutivo das femias:

    -O cociente medio de femias por touro aconséllase que sexa de 17,5 femias cando os touros son dun ano, con menor capacidade de servizo, e de 25,3 femias para touros maduros. Porén, en Estados Unidos os touros maduros que pasaron un exame de validez reprodutiva poden servir de maneira axeidada a 50 femias. Sen embargo, se se utilizan pastos cun só reprodutor, esta presión de cría ten riscos. -Se se utilizan touros maduros tras a sincronización do celo, recoméndase un cociente de femias por touro de 25:1. Se se trata de touros dun ano, non se debe esperar que preñen a máis de 10 femias. -Débese realizar un exame de validez reprodutiva a todos os touros antes da tempada de apareamento. Débese incluír un exame físico exhaustivo para descartar problemas de saúde do pene, testículos, cascos, patas ou outros problemas musculares ou esqueléticos.

    5) Axentes infecciosos ou non infecciosos que deteñen ou preveñen a preñez

    -Os axentes infecciosos a considerar nas perdas de preñez detectadas durante o diagnóstico de xestación (normalmente, entre as 17 e as 25 semanas de xestación), inclúen: tricomoniase, compilobacteriose, lingua azul, diarrea vírica bovina, rinotraqueite infecciosa bovina, Actinomices pyogenes, brucelose, ureaplasmose e candidiase. -Os puntos non infecciosos que poden provocar perdas de xestación ao comezo da preñez son: inxesta de forraxes altamente infestados de endófitos durante períodos de elevada temperatura ambiental, inxesta de plantas tóxicas e trastornos xenéticos, tales como a presenza de xenes letais.
    Débese realizar un exame de validez reprodutiva a todos os touros antes da tempada de apareamento

    6)A porcentaxe de vacas preñadas non é axeitada durante a segunda metade da tempada de apareamento.

    Nos rabaños nos que o desempeño reprodutivo é bo inicialmente pero logo deteriórase, as áreas nas que traballar son: -Comprobar se os touros desenvolveron problemas testiculares, musculares ou esqueléticos, que dificulten a produción ou depósito de seme fértil. -Examinar a posibilidade de que as substitucións do rabaño, incluídos despois do comezo da tempada de apareamento, introducisen enfermidades venéreas. -Considerar se se limitaron as forraxes e/ou o penso despois de que comezase a tempada de apareamento. Neste sentido, examinar se a limitación do pasto e a baixa condición corporal a metade de tempada pode provocar un déficit alimentario que cause falta de capacidade reprodutiva.

    Conclusións:

    -É clave para a rendibilidade das gandarías de vacún de carne lograr unha alta eficiencia reprodutiva. -Establecer e manter un sistema de manexo que teña como resultado unha alta porcentaxe de partos no rabaño nunha tempada curta de partos, coa maioría dos tenreiros nados nos primeiros 21 días, require que as vacas e as xovencas estean en ciclo antes de empezar a tempada de apareamento. Tamén require que os touros sexan fértiles e fisicamente capaces de cruzarse coas vacas, e que as enfermidades non causen unha perda da preñez. -A nutrición, a xenética, a crianza de animais, a validez reprodutiva dos machos e as femias, e a saúde teñen un impacto sobre a eficiencia reprodutiva do rabaño. -Mediante a avaliación do rabaño ao longo do ano os veterinarios poden identificar as fortalezas e debilidades do sistema de manexo do rabaño, e desenvolver plans para manter unha alta eficiencia reprodutiva.