Archives

Sen cambios nos prezos do mercado de Amio

Un total de 2.157 reses asistiron á sesión de hoxe do Mercado de Amio; foron 396 máis que a do 20 marzo, sesión anterior á Semana Santa. En detalle foron 1.919 cabezas de vacún menor (435 máis que na semana pasada); 68 de vacún mediano (39 menos que na sesión anterior) e 170 de vacún grande (a mesma cantidade que na sesión anterior). En canto aos prezos, mantivéronse os da sesión do 20 de marzo para todo o gando de recría, o mediano de matadoiro e o vacún maior. Finalmente, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne. Máis información - Táboa de cotizacións de Amio (03-IV- 2024).

Rumi-MASTER, penso complementario líquido para becerros lactantes con diarrea

Distribuidor en Galicia:
GLOBAL GENETICS
Teléfono: 619760916

Importante caída do censo de xovencas leiteiras en España: Un 7,6% menos

O Ministerio de Agricultura acaba de publicar os datos de situación da cabana de vacún de leiteiro en España a xaneiro de 2024, no que destaca a importante baixada do número de xovencas leiteiras, un 7,6% menos en relación a xaneiro do ano pasado. A información elabórase cos datos do Sistema Integral de Trazabilidade Animal, ou SITRAN, a partir dos rexistros das comunidades autónomas. En canto ao censo de xovencas, en xaneiro de 2024 alcanza os 256.650 animais, o que supón un descenso do 7,6% respecto ao mesmo mes do ano pasado e un descenso do 2,1% respecto ao mes inmediatamente anterior. A caída é menos acusada en Galicia, que concentra o 43% desta cabana e o 41% das vacas leiteiras adultas. O censo destas últimas é de 780.962 vacas , o que supón un descenso do 0,8% con respecto ao mesmo mes no ano anterior. Con respecto ao mes inmediatamente anterior obsérvase un aumento do 0,3%. En canto á distribución do censo por comunidades autónomas, a que alberga maior censo de vacas leiteiras maiores de 24 meses é Galicia que, como pode observarse na seguinte gráfica, conta neste mes con 320.658 animais que representa o 41% do total de censo de vacas leiteiras, seguida de Castela e León con 90.333 animais (12%) e Cataluña en terceiro lugar con 74.822 animais (10%).

Causas da importante caída no número de xovencas

En canto ás causas da importante caída do número de xovencas, fontes do sector sinalan as seguintes: -Menor necesidade de reposición por maior lonxevidade das vacas grazas ás mellores no benestar animal. "O gandeiro deuse conta de que o benestar dos animais ten unha relación directa coa durabilidade e produtividade dos mesmos, o que leva a animais de máis tempo nas granxas e con necesidades menores de reposición", explica Manuel Morales, veterinario de OCEVA S.Coop. -Uso cada vez maior de seme sexado, co que as gandarías conseguen planificar mellor a recría que necesitan e obtela. A tendencia é utilizar seme sexado en xovencas e razas cárnicas en vacas adultas e mesmo está a empezar a implantarse o uso de seme sexado de razas cárnicas, para obter un maior valor na venda de tenreiros machos de cruzamento. -Maior profesionalización do sector que leva a unha xestión empresarial. A recría supón o segundo capítulo de gasto nunha granxa, por detrás da alimentación, polo que ter máis recría da que se necesita supón unha perda de diñeiro para a explotación, excepto nunhas poucas granxas que lograron notoriedade na venda de recría. -"Moita gandarías prefiren importar as xovencas polos elevados custos e necesidades de crialas na explotación ou en centro de recría. Evítanse así ter un diñeiro inmobilizado, os riscos de que enferme e cómprana cando realmente a necesitan", engade Antonio Barreira, de Ganados Barreira SL. -Por último, Manuel Morales, veterinario de OCEVA S.Coop apunta que "a incerteza na que nos movemos, desde o punto de vista normativo e a nova ordenación sectorial que vai restrinxir o crecemento desmesurado das granxas fai que as explotacións xa non pensen tanto no crecemento".

Subas no vacún maior e nos becerros de cebo en Silleda

O vacún maior mantivo esta semana a tendencia á alza na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca con subas en case tódalas categorías. Tamén os becerros de cebo rexistraron esta semana subas en todas as seccións. Mentres, nos tenreiros de recría frisóns houbo unha baixada xeral dos prezos de referencia. Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado continúa estable. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. No mercado do ovo houbo tamén incrementos dos prezos nalgunhas das categorías esta semana. Este martes dende a organización da Central tamén fixeron público o calendario das próximas feiras. Por mor das festividades de Nadal suspenderase a feira do día 26 de decembro, mentres que se manterá a do día 2 de xaneiro. 

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, descontaron 13 euros e sitúanse nos 68 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 114 euros (-7). Os becerros pintos de máis de 50 días foron a excepción, cunha suba de 19 euros, o que deixa un prezo de referencia de 160 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral foi á alza, agás os tenreiros máis novos, os exemplares con menos de 20 días. Así, nos machos houbo unha baixada de 51 euros e cotízanse a 312 euros e as femias descontaron 17 euros con respecto da semana pasada e o prezo de referencia é agora de 236 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 429 euros, logo dunha suba de 41 euros con respecto da feira anterior. Nas femias desta categoría o incremento foi de 23 euros e quedan cun valor de referencia de 302 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha suba de 39 euros e pasan a cotizarse de media a 526 euros, mentres que as femias tiveron un aumento de 10 euros e sitúanse nun valor medio de 396 euros. No caso dos becerros de cebo houbo subas en todas as categorías. Nos machos de cruces industriais rexistrouse un incremento de 78 euros con respecto do prezo medio da semana pasada, e o prezo de referencia foi de 1.137 euros. Nas femias produciuse un aumento de 275 euros e acadan un valor medio de 997 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.204 euros, ó rexistrar unha suba de 107 euros. As femias desta raza están nos 976 euros, logo dun incremento de 58 euros con respecto da semana anterior. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.161 euros (+94 euros). No vacún maior a tendencia foi de novo á alza, agás nos animais de segunda, que descontaron 3 euros con respecto da semana anterior e quedan cun valor de referencia de 742 euros. Pola súa banda, as vacas da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.123 euros, o que amosa unha suba de 69 euros. As vacas de primeira experimentaron un incremento de 15 euros e quedan nos 1.147 euros. Os exemplares de descarte cotizáronse a un prezo medio de 529 euros, o que supuxo un aumento de 71 euros con respecto da semana pasada. No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.470 euros (+198 euros).

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 87 euros (cun prezo de 4,35 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 82 euros e cun prezo por quilo de 4,1 euros. No mercado do ovo houbo subas nas categorías de menor tamaño (M e S), mentres que as demais se manteñen sen cambios. En concreto produciuse un incremento de 0,01 euros e os ovos da S cotízanse agora a 1,74 euros e os da M a 2,04 euros a ducia. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia e os da L están a 2,40 euros. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas no vacún maior en Silleda

Os prezos medios do vacún maior rexistraron esta semana unha suba na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca. Mentres, nos becerros, tanto na recría como nos de cebo, a tendencia foi á baixa.  Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado mantense estable e os leitóns experimentan unha nova suba. No mercado do ovo houbo tamén incrementos dos prezos nalgunhas das categorías esta semana.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, descontaron 3 euros e sitúanse nos 81 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días foron unha das excepcións, e o valor medio está nos 121 euros (+2 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días descontaron 14 euros e caen ós 141 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral tamén foi á baixa nos machos, a excepción dos animais máis novos, que cun incremento de 5 euros con respecto da semana pasada acadan un valor medio de 363 euros. Pola súa banda, as femias rexistraron subas en todas as categorías. Nas femias máis novas, o incremento foi de 13 euros e sitúanse nos 253 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 388 euros, ó descontar 7 euros con respecto da semana pasada. Nas femias desta categoría o incremento foi de 24 euros e quedan cun valor de referencia de 279 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha baixada de 37 euros e pasan a cotizarse de media a 487 euros, mentres que as femias tiveron unha suba de 12 euros e sitúanse nun valor medio de 386 euros. Tamén cotizaron á baixa os becerros de cebo, aínda que coa excepción dos machos de cruces industriais, onde se rexistrou un incremento de 32 euros con respecto do prezo medio da semana pasada. Deste xeito, esta categoría marcou un prezo de referencia de 1.059 euros. Nas femias produciuse unha baixada de 403 euros e quedan cun valor medio de 722 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.097 euros, ó rexistrar unha baixada de 34 euros. As femias desta raza están nos 918 euros, logo de descontar 285 euros con respecto da semana anterior. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.067 euros (-52 euros). A tendencia foi á alza no vacún maior, agás nos animais de descarte e nos comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia. Nos primeiros, houbo unha baixada de 21 euros e teñen un prezo medio de 458 euros. Mentres, nos exemplares de Vaca e Boi o prezo de referencia situouse 100 euros por debaixo da última feira, nos 2.272 euros. Pola súa banda, os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.054 euros, o que amosa unha suba de 43 euros. As vacas de primeira experimentaron un incremento de 37 euros e quedan nos 1.132 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 745 euros, o que supuxo un aumento de 13 euros con respecto da semana pasada.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 85 euros (cun prezo de 4,25 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 80 euros e cun prezo por quilo de 4 euros. No mercado do ovo houbo subas nas categorías de menor tamaño (M e S), mentres que as demais se manteñen sen cambios. En concreto produciuse un incremento de 0,03 euros e os ovos da S cotízanse agora a 1,73 euros e os da M a 2,03 euros a ducia. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia e os da L están a 2,40 euros. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas en Ternera Gallega e baixada dos prezos no mercado de Amio

Os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron esta semana unha suba de 0,02 euros para todas as categorías e calidades desta carne. Mentres, no Mercado de Amio, este mércores houbo unha gran afluencia de animais, logo de que a semana pasada apenas concorrera gando ó coincidir coa celebración de Todos os Santos. Hoxe contabilizáronse 2.577 animais, o que supón 1.018 máis que a semana pasada. En concreto, houbo 2.251 cabezas de vacún menor (942 máis), 129 de vacún mediano (25 reses máis) e 197 de vacún maior (51 máis). En canto ós prezos, houbo unha baixada de 10 euros nos prezos da recría de raza Frisoa. Tamén se aprecia unha tendencia á baixa no vacún maior das clasificacións O e P. Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (8-XI-2023).

Baixada nos prezos da recría frisoa e o vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca recuperou este martes a actividade por completo, logo de que a semana pasada se suspendese a poxa de becerros de recría por mor da festividade nacional de Todos os Santos. A comparativa cos prezos da última poxa celebrada o pasado día 24 de outubro na que concorreu este tipo de gando, amosa unha baixada dos prezos da recría frisoa e nas femias de cruces industriais. No vacún maior tamén hai este martes unha baixada en comparación dos prezos manexados a semana pasada. Nos becerros carniceiros a tendencia tamén é a baixa, pero houbo varias excepcións. Nas mesas de porcino volveuse producir unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo tamén rexistra un incremento do valor nalgunhas categorías.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. No caso da recría, a comparativa realizámola cos prezos rexistrados na última poxa que contou con este tipo de gando, a celebrada o pasado 24 de outubro. Nos animais de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días descontaron só un euro e mantéñense nos 45 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días o valor medio está nos 90 euros (-4). Nesta sección tamén se contabilizaron case o dobre de animais que na última feira. A baixada máis destacada produciuse nos becerros pintos de máis de 50 días, que descontaron 83 euros con respecto da última poxa e teñen un valor de referencia de 117 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia tamén foi á baixa, pero con varias excepcións. Os tenreiros máis novos foron unha delas, ó sumar 40 euros con respecto da última poxa e acadar un valor medio de 314 euros. As femias desa categoría descontaron 42 euros e sitúanse nos 194 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 362 euros, ó descontar 5 euros. Nas femias houbo unha baixada de 18 euros e quedan nos 269 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron un incremento de 10 euros e acadan os 499 euros, mentres que as femias descontaron 18 euros e sitúanse nun valor medio de 371 euros. Nos becerros de cebo a tendencia foi á baixa aínda que houbo excepcións como os machos frisóns, que tiveron un prezo medio de 946 euros (+267 euros). Mentres nos machos de cruces industriais, o valor medio foi de 1.051 euros, o que supón unha baixada de 37 euros. As femias cotizáronse a 914 euros, é dicir 30 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.137 euros, ó rexistrar unha baixada de 124 euros. As femias desta raza están nos 982 euros, ó descontar -144 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.161 euros (-69). Esta semana o vacún maior rexistrou baixadas en case tódalas seccións. Os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.040 euros, o que amosa unha redución de 53 euros. As vacas de primeira experimentaron unha baixada de 12 euros, polo que quedan nos 1.130 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 751 euros, o que supuxo unha suba de 9 euros con respecto da semana pasada e foron a excepción. Nas vacas de desfeito o valor de referencia estivo nos 433 euros (-59 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, o seu valor medio caeu 254 euros en comparación coa semana pasada e tiveron un prezo de referencia de 1.561 euros.

Baixadas no porco cebado

Unha semana máis, as mesas de cotizacións do porcino experimentaron novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,025 euros e quedan nos 1,685 e 1,66 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,156 euros, tras unha baixada de 0,032 euros. Os animais de descarte descontaron 0,02 euros e cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns continúan á alza. Esta semana tiveron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 77 euros (cun prezo de 3,85 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 72 euros e cun prezo por quilo de 3,6 euros. O mercado do ovo experimentou subas nalgunhas das categorías. Así, os ovos da S e a M tiveron un incremento de 0,02 euros, o que deixa un prezo de 1,7 e 2 euros a ducia, respectivamente. Mentres, no resto de categorías non houbo cambios. Nas galiñas de descarte semipesadas mantívose o prezo esta semana. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos sitúanse entre 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas no prezo medio dos becerros de cebo en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, celebrada en Silleda (Pontevedra), experimenta esta semana unha suba dos prezos medios de referencia dos becerros de cebo, con incrementos en tódalas categorías. Na recría a tendencia foi á baixa, en especial nos machos de raza Frisoa. No vacún maior non houbo unha tendencia clara esta semana. Nas mesas de porcino volveu producirse unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo tamén rexistra un incremento do valor nalgunhas categorías.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Cómpre recordar ademais, que a vindeira semana, o martes 31 de outubro, suspéndese a poxa de recría e só se venderán becerros cebados e vacún maior. En canto ós prezos desta senama, na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 46 euros, é dicir, 35 euros menos que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 94 euros, o que supón 23 euros menos. Os becerros de máis de 50 días foron a excepción nesta raza ó experimentar unha suba de 47 euros e acadar os 200 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os machos máis novos descontaron 76 euros no prezo medio con respecto da semana pasada e sitúanse en 274 euros. Mentres, nas femias houbo unha suba de 39 euros e cotízanse a 236 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, rexistrouse un incremento de 10 euros e teñen un prezo medio de 367 euros. As femias acadaron os 251 euros, logo de sumar 7 euros. Os machos de máis de 50 días tiveron un valor de referencia de 489 euros, (+29 euros). As femias sitúanse nos 353 euros, ó descontar 41 euros. Nos becerros de cebo houbo subas en case tódalas seccións. Os machos frisóns tiveron un prezo medio de 971 euros (424 euros). Nos becerros de cruces industriais, o valor medio foi de 1.093 euros nos machos (+45). As femias tiveron unha suba de 200 euros no prezo de referencia con respecto da semana pasada e acadan os 1.161 euros. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.256 euros, ó rexistrar tamén unha suba, neste caso de 22 euros. As femias desta raza están nos 1.424 euros, ó sumar 401 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un incremento de 108 euros e quedan cun prezo medio de 1.230 euros. Esta semana o vacún maior non houbo unha tendencia clara. As vacas descarte tiveron un incremento de 28 euros e acadan un valor medio de referencia de 445 euros, así como os animais de primeira, que sumaron 10 euros para acadar un prezo de 1.160 euros. Os exemplares comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia tiveron un valor de referencia de 2.404 euros, o que supón 70 euros máis que a feira pasada. Mentres, as vacas da categoría extra descontaron 180 euros e quedan nos 1.990 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a 712 euros, logo dunha baixada de 13 euros. 

Baixadas no porco cebado

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,04 euros e quedan nos 1,74 e 1,715 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,227 euros, tras unha baixada de 0,052 euros. Os animais de descarte descontaron 0,06 euros e cotízanse entre 0,87 e 0,93 euros o quilo. Os leitóns experimentaron unha suba dun euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 73 euros (cun prezo de 3,65 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 68 euros e cun prezo por quilo de 3,4 euros. O mercado do ovo experimentou subas nalgunhas das categorías. Así, os ovos da S e a M tiveron un incremento de 0,04 euros, o que deixa un prezo de 1,66 e 1,96 euros a ducia, respectivamente. Mentres, no resto de categorías non houbo cambios, así como nas galiñas de descarte semipesadas. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Baixada nos prezos da recría Frisoa en Amio

O Mercado de gando celebrado esta semana en Amio rexistrou unha baixada de 5 euros na recría de raza Frisoa, tal e como amosa a sondaxe realizada entre os asistentes. Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron esta semana manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades desta carne. En canto á asistencia houbo 1.664 reses, o que supón 67 máis que na sesión da semana pasada. En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.419 cabezas de vacún menor, 2 máis que na sesión anterior. Houbo 90 de vacún mediano (13 máis) e 155 de vacún grande (52 máis que a semana pasada). Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (18-X-2023).

Subas na recría frisoa e nos becerros carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, celebrada en Silleda (Pontevedra) rexistra esta semana unha suba dos prezos medios de referencia da recría de raza frisoa. Mentres, nos animais de cruces houbo baixadas das cotizacións nos machos máis novos e nos exemplares de maior idade. Nos tenreiros de cebo tamén se rexistraron subas en case tódalas categorías. A excepción veu dada por unha baixada mínima nas becerras de cruce. No vacún maior non houbo unha tendencia clara esta semana. Nas mesas de porcino volveu producirse unha baixada nos prezos dos porcos cebados, mentres que os leitóns experimentaron esta semana unha suba. Pola súa parte, o mercado do ovo mantense case sen cambios.
O martes 31 de outubro só haberá poxa de becerros cebados e vacún maior
Este martes, a Central avisou ós asistentes que o próximo día 31 de outubro, véspera do festivo nacional, suspéndese a poxa de tenreiros de recría, pero manteranse as vendas de becerros cebados e vacún maior.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. Cómpre ter en presente que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 79 euros, é dicir, 35 euros máis que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 108 euros, o que supón 19 euros máis. Os becerros de máis de 50 días tiveron un prezo medio de 125 euros, cun incremento de 12 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os tenreiros machos máis novos descontaron 60 euros no prezo de medio con respecto da semana pasada e sitúanse en 281 euros. Mentres, nas femias houbo unha suba de 29 euros e cotízanse a 218 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días rexistrouse un incremento de 21 euros e teñen un prezo medio de 348 euros. As femias acadaron os 228 euros, logo de sumar 7 euros. Os machos de máis de 50 días tiveron un valor de referencia de 451 euros, (-66 euros). As femias descontaron 64 euros, polo que se sitúan nos 367 euros. Nos becerros de cebo houbo subas en case tódalas seccións. Os machos frisóns tiveron un prezo medio de 929 euros (+456 euros). Nos becerros de cruces industriais, o valor medio foi de 1.122 euros (+28). As femias foron a excepción desta categoría, cunha mínima baixada de 2 euros no prezo de referencia con respecto da semana pasada e teñen un prezo medio de 844 euros. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.205 euros (+67) e as femias acadaron os 1.189 euros (+150). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron unha suba de 86 euros e acadan un prezo medio de 1.231 euros. Esta semana non houbo unha tendencia predominante no vacún maior. As vacas da extra descontaron 108 euros e o seu prezo de referencia sitúase nos 2.142 euros. As vacas de primeira acadan os 1.151 euros (+6). Os exemplares de segunda cotizáronse a 757 euros, logo dunha suba de 10 euros. Nos animais de desfeito, o valor medio situouse nos 490 euros, cunha baixada de 5 euros en comparación coa última feira. Os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia acadaron un valor de referencia de 3.228 euros, o que supón 473 euros máis que a feira pasada.

Baixadas no porco cebado

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,03 euros e quedan nos 1,81 e 1,785 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,318 euros, tras unha baixada de 0,039 euros. Os animais de descarte descontaron 0,06 euros e cotízanse entre 0,99 e 1,05 euros o quilo. Os leitóns experimentaron unha suba dun euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 71 euros (cun prezo de 3,55 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 66 euros e cun prezo por quilo de 3,3 euros. O mercado do ovo mantense esta semana case sen cambios. A única modificación experimentárona os ovos da M que incrementaron o seu valor en 0,02 euros e a ducia está agora en 1,89 euros. No resto de categorías mantéñense os prezos. Os ovos da XL cotízanse a 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,4 euros e os da S están en 1,62 euros. No prezo das galiñas de descarte semipesadas tampouco houbo cambios e cotízanse entre os 0,22 e os 0,30 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Galidiet, leite para becerros e rehidratantes contra as diarreas da máxima calidade

Eliseo López, na planta de fabricación de Galidiet no Arneiro Eliseo López ceba uns 2.000 xatos ao ano na súa granxa do Arneiro, no concello lugués de Cospeito. É unha explotación que leva 30 anos dedicada á recría de becerros e que neste tempo desenvolveu as súas propias fórmulas de leite en po e de produtos dietéticos, que agora saen ao mercado baixo o nome de Galidiet. O seu obxectivo é compartir con outras ganderías a experiencia adquirida. “Nós sufriamos os problemas habituais de diarreas e obtiñamos un baixo crecemento nas idades temperás cos leites que había no mercado. Iso levounos a desenvolver os nosos propios produtos, primeiro para consumo noso e agora para que poidan usar tamén outras granxas”, explica Eliseo.  
Sufriamos problemas habituais de diarreas e baixo crecemento nas idades temperás cos leites que había no mercado
Os produtos de Galidiet son produtos de máis calidade polos ingredientes que levan e polo coñecemento que lles proporcionou pasar máis de 15 anos facendo leite todos os días para máis dun cento de becerros. “Son produtos testados e que funcionan, levamos xa máis de 30.000 becerros alimentados con esta fórmula propia de lactoreemprazante”, conta Eliseo.
Os nosos produtos están testados, levamos xa máis de 30.000 becerros alimentados con esta fórmula
No seu cebadeiro non se usa ningún outro produto, nin leite nin antidiarreicos, que os fabricados por el mesmo. “A maioría das diarreas habituais que poden darse nunha explotación poden solventarse con estes produtos. Dada a súa eficacia, evita ter que usar outros tratamentos veterinarios ás explotacións, logrando un considerable aforro económico”, asegura. De gandeiro a gandeiro, sen intermediarios Galidiet non é unha multinacional farmacéutica, senón unha explotación de gando vacún que decidiu compartir o seu saber con outras granxas, destacan. “Fabricamos para nós e baixo pedido para os nosos clientes; ao ser unha fábrica pequena podemos facer produtos a demanda coas características que nos demanda o cliente, mesmo personalizados a nivel de marca e imaxe”, salienta Eliseo.
Os derivados lácteos que usan como materias primas proceden de empresas asentadas en Galicia
Buscan acurtar as cadeas de subministro e traballar sen intermediarios, de gandeiro a gandeiro. As materias primas que usan para elaborar os seus produtos son tamén de orixe local, derivados lácteos que proceden de empresas asentadas en Galicia, aos que se engaden outros ingredientes específicos adquiridos nos mercados internacionais. Teñen distribución propia para pedidos de maior tamaño e os produtos de Galidiet poden atoparse tamén nas comerciais agrícolas e veterinarias de confianza por toda Galicia.

Leite en po que garante unha maior asimilación e crecemento e sueros antidiarreicos 100% eficaces

O leite maternizado de Galidiet está elaborado a base de ingredientes lácteos para conseguir unha maior asimilación e un maior crecemento por parte dos animais lactantes. “O noso produto chámase É leite porque iso é o que é, leite; non leva substitutivos e por iso os animais asimilan mellor o que toman e medran máis”, asegura Eliseo López. O lactoreemprazante de Galidiet comercialízase baixo tres formulacións diferentes, pero todas levan materias primas de primeira calidade, entre elas leite enteiro en po, que é unha das características diferenciadoras do produto; leite desnatado en po, soro e concentrado de proteína láctea.
Ademais da compoñente alimenticia, o ovo ten un poder inmunolóxico que axuda a que os animais non enfermen
Na súa composición figura tamén levadura de cervexa, que lle aporta maior dixestibilidade; correctores vitamínicos minerais e ovo seco en po. “Antigamente os gandeiros daban ovos aos becerros e ás vacas porque o ovo ten un poder alimenticio que todos coñecemos, porque é unha das proteínas da natureza máis dixeribles xunto coa do leite, pero a maiores o ovo ten un poder inmunolóxico que axuda a que os animais non enfermen”, detalla Eliseo.
Con menos leite conseguimos máis crecemento, o que supón un importante aforro para as ganderías
O leite maternizado de Galidiet conta con tres gamas de prezo diferentes, en función dos seus compoñentes nutricionais, que se adaptan ás necesidades de cada tipo de explotación:
  • Leche Madre: só con produtos lácteos
  • Recría Élite: que introduce unha mestura de lácteos con proteínas vexetais
  • Recría Vital: a base de proteínas vexetais
Estas tres gamas de produto están indicadas desde o nacemento do animal ata a idade de destete establecida en cada gandería. “Cos nosos produtos conséguese acurtar o período de lactación e aforrar cartos, xa que con menos leite conseguimos máis crecemento”, asegura Eliseo. Neodiet Plus O produto Neodiet Plus é un suero rehidratante con propiedades antidiarreicas para tratamento e convalecencia da descomposición en animais que estean en fase de lactación. A súa eficacia deriva do seu alto contido (30%) en sementes de plantago ovata, unha planta que provén da India e que proporciona regulación intestinal. Trátase dun regulador natural do tránsito, moi rico en fibra, que desta forma absorbe auga dentro do intestino e axuda a que as diarreas e a perda de auga se corten rapidamente.
O plantago ovata é un regulador natural do tránsito intestinal que corta rapidamente a deshidratación
O segundo compoñente en importancia (8%) é o propionato sódico, que é un axente alcalinizante que combate a acidez estomacal que se produce cando hai diarrea. “Case todos os produtos deste tipo que hai no mercado levan bicarbonato, que mesturado co leite fai que non coagule, polo que non cortamos a diarrea. Sen embargo se en vez de bicarbonato lle votas propionato fas que o leite sexa básico pero ao mesmo tempo permite que calle e ten a maiores un compoñente alimenticio”, explica Eliseo.
Ao levar propionato sódico en vez de bicarbonato non é necesario retirar o leite durante a fase de tratamento e recuperación
Esta característica permite que Neodiet Plus se poida dar tanto con auga como con leite, para aqueles gandeiros que prefiran non sacar o leite aos animais durante esa fase. O produto preséntase en paquetes de 100 gramos, a cantidade equivalente a unha dose. Recomendamos cantas máis tomas mellor, para axudarlle ao animal a rehidratarse, pero como mínimo débense dar dúas tomas ao día”, aclara.
Neodiet Plus preséntase en sobres de 100 gramos para mesturar con auga ou con leite nas distintas tomas
Os sobres de Neodiet Plus levan ademáis minerais, para suplir os desequilibrios electrolíticos que se producen nunha dierrea; levadura de cervexa, que aporta maior dixestibilidade e fai que se recupere a microbiota intestinal; ovo, que aporta enerxía e protección a nivel gastrointestinal e incluso a nivel local polas inmunoglobulinas; dextosa, que aporta enerxía e o poder alimenticio que o animal necesita cando ten diarrea, e glicina.   Readiet Stop Dentro do catálogo de produtos de Galidiet está tamén Readiet Stop, con funcións antidiarreicas, ao igual que o Neodiet Plus, pero con menor porcentaxe de plantago ovata e menor poder alimenticio. Está indicado para diarreas menos graves nas que o animal enfermo non necesita tanto aporte nutricional. Pode utilizarse con carácter preventivo e está pensado para un uso máis diario, polo que se presenta en caldeiros de 3 kg, recomendando aplicar 50 gramos en cada dose, polo que chegaría para 60 tomas.
Os produtos de Galidiet están formulados tanto para gando vacún como para ovellas e cabras
Ao igual que as distintas gamas de leite, os produtos dietéticos para o tratamento da diarrea de Galidiet están formulados tanto para gando vacún como para outros rumiantes, como ovellas ou cabras.
Para recibir mostras ou coñecer máis información sobre os produtos de Galidiet chamar ao teléfono 606044802 ou mandar un email a infogalidiet@gmail.com.

Inmuno-MASTER, alimento complementario para becerros lactantes

Distribuidor en Galicia:
GLOBAL GENETICS
Teléfono: 619760916

Dobre récord nos becerros de cebo en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistrou este martes dous novos récords históricos nos becerros de cebo, tanto na asistencia coma no volume de transaccións. Mentres, os prezos medios desta sección foron á baixa en referencia ós acadados a pasada semana. Houbo subas nas cotizacións medias do vacún maior e a recría mantívose sen unha tendencia clara, con subas ou baixadas dos prezos en cada categoría. Nas mesas de porcino, houbo unha baixada xeral tanto nos prezos dos porcos cebados coma dos leitóns. Mentres, o mercado do ovo mantense sen cambios, logo de varias semanas experimentando baixadas dos prezos.

Prezos do vacún

Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que cómpre ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 62 euros, é dicir 1 euro máis que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 84 euros, o que supón 21 euros menos que na feira pasada. Os machos de máis de 50 días tiveron un prezo medio de 118 euros, cunha baixada de 5 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os tenreiros machos máis novos e os de entre 20 e 50 días mantiveron os prezos da semana pasada. Así, cotizáronse a 273 euros e 309 euros, respectivamente. Mentres, nas femias de menos de 20 días houbo unha baixada de 20 euros que deixa un prezo medio de 156 euros. No caso das becerras de entre 20 e 50 días, rexistrouse unha suba de 4 euros e acadan os 232 euros. Nos machos de máis de 50 días, o prezo de referencia foi de 569 euros, logo dun incremento de 10 euros. Nas femias desta sección a suba foi de 43 euros, polo que se sitúan nos 381 euros. Na sección dos becerros de cebo acadouse a maior asistencia de animais do mercado nunha sesión, con 215 tenreiros. Ata hoxe o récord atopábase nos 210 animais que se rexistraran o 17 de decembro de 2019. A maior afluencia pode estar en certa medida motivada polo feito de que a próxima semana non se celebre a poxa de gando, ó ser xornada festiva. Como sinalan dende a Central, esta elevada cifra de afluencia de becerros carniceiros conlevou a que se acadase outro récord no volume de transaccións de cebo con 206.974 euros. Ata o momento, a cifra máxima foran os 162.360 euros da poxa do 28 de marzo deste mesmo ano. En canto ós prezos dos becerros de cebo, a tendencia foi á baixa en case tódalas seccións. Só os tenreiros frisóns experimentaron unha suba de 57 euros, de xeito que acadan un prezo de referencia de 700 euros. Nos becerros de cruces industriais o valor medio foi de 1.129 euros, logo dunha baixada de 52 euros. Nas becerras desta categoría, o prezo de referencia atópase nos 938 euros, cunha redución de 92 euros con respecto da semana pasada. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.241 euros, cando a semana anterior estaban 43 euros por encima deste prezo. Nas tenreiras a baixada foi máis destacada, de 151 euros, ata situarse nun prezo medio de 1.107 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema reduciron o seu valor medio en 121 euros e quedan nos 1.034 euros. O vacún maior foi unha das excepcións, con subas en case tódalas categorías. As vacas da extra incrementaron o seu valor en 82 euros e sitúanse nos 2.090 euros. As vacas de primeira cotizáronse a 1.145 euros, o que amosa unha suba de 13 euros. Nos exemplares de segunda o prezo medio foi de 762 euros, logo dunha suba de 5 euros. Nos animais de desfeito, o valor medio situouse nos 423 euros, polo que se incrementou en 20 euros con respecto da última feira. A única excepción veu nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, que tiveron un prezo medio de referencia de 1.151 euros, o que supón unha redución de 953 euros.

Baixadas no porcino

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana baixadas nos prezos tanto do porco cebado como nos leitóns. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal descontaron 0,02 euros e quedan nos 2,035 e 2,01 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,610 euros tras unha baixada de 0,026 euros. Os animais de descarte mantivéronse sen cambios e cotízanse entre 1,37 e 1,43 euros o quilo. Nos leitóns houbo unha baixada de 5 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 86 euros (cun prezo de 4,3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 81 euros e cun prezo por quilo de 4,05 euros. O mercado do ovo mantense esta semana sen cambios. Os ovos da XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,59 euros, os da M cotízanse a 2,07 euros e os da S están en 1,82 euros a ducia. No prezo das galiñas de descarte semipesadas tampouco houbo cambios e cotízanse entre os 0,23 e os 0,31 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Cae un 1,3% interanual o censo de vacas de leite e un 2,3% o de xovencas en España

O Ministerio de Agricultura informa no seu boletín sobre a situación do sector lácteo de que en xullo de 2023 o censo de vacún leiteiro en España é de 783.650 vacas , o que supón un descenso do 1,3% con respecto ao mesmo mes no ano anterior. Con respecto ao mes inmediatamente anterior obsérvase un descenso do 0,4%. En canto ao censo de novillas , en xullo de 2023 alcanza os 269.121 animais, o que supón un descenso do 2,3% respecto ao mesmo mes do ano pasado e un descenso de tan só 67 animais respecto ao mes inmediatamente anterior. Polo que respecta á distribución do censo por comunidades autónomas, a que alberga maior censo de vacas leiteiras maiores de 24 meses é Galicia que, como pode observarse na seguinte gráfica, contaba en xullo con 322.667 animais que representa o 41% do total de censo de vacas leiteiras, seguida de Castela e León con 92.031 animais (12%) e Cataluña en terceiro lugar con 75.533 animais (9%).