Archives

As queimas de restos agrícolas e forestais poden volver solicitarse dende hoxe

A Xunta reactiva desde hoxe mesmo as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na nosa comunidade, tanto dende a web habilitada como a través do teléfono 012.

A maiores, os particulares que dispoñan dun permiso vixente antes da prohibición do pasado 21 de marzo, poderán realizar as queimas desde hoxe mesmo. Os que soliciten un novo permiso hoxe, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa, poderán levar a cabo a queima a partir deste xoves, 28 de marzo.

En concreto, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101891&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Mentres, aos interesados que chamen ao 012 para comunicar a queima preguntaráselles tamén ao respecto, para que confirmen se se trata do tipo de material e circunstancias indicadas e poder continuar co proceso de comunicación.

A maiores, tamén se retoman desde hoxe as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

Cabe engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 2 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101892&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Segue vixente a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais

A Consellería do Medio Rural informa de que se mantén, ata novo aviso, a prohibición de realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados, malia que este sábado rematou a tempada de alto risco de incendios forestais en Galicia. Polo tanto, non se concederán comunicacións nin autorizacións para realizar ditas queimas. A decisión tomouse tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas así o estimen, como é o caso destes días con temperaturas anormalmente elevadas e tempo solleiro.

Reactívase a autorización de queimas agrícolas, previa comunicación á Xunta

A Xunta reactiva desde hoxe mesmo as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na nosa comunidade, tanto dende a web habilitada como a través do teléfono 012. En concreto, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”. Mentres, aos interesados que chamen ao 012 para comunicar a queima preguntaráselles tamén ao respecto, para que confirmen se se trata do tipo de material e circunstancias indicadas e poder continuar co proceso de comunicación. Nesa liña, cómpre lembrar que a comunicación debe efectuarse con dous días de antelación. A maiores, tamén se retoman desde hoxe as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación. Cabe engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Prohibidas con carácter inmediato as queimas agrícolas e forestais

A partires deste momento quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Isto implica que, dende xa, non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste momento. Só quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control. Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento no teléfono anónimo e gratuíto 900 815 085, dado que desde hoxe e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares. Ademais, a Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Completadas máis dun cento de queimas prescritas para a prevención de incendios

No que vai de ano, a Consellería do Medio Rural actuou sobre máis de 500 hectáreas de terreo a través de máis dun centenar de queimas controladas coa finalidade de eliminar combustible vexetal e contribuír á extinción e defensa contra os lumes. Ata o momento, a Consellería interveu sobre unha superficie do 31% superior que a media dos últimos 10 exercicios completos. “Con estas actuacións perséguese crear descontinuidades en áreas, que, de producirse un lume, se deteña na zona tratada con queima prescrita”, sinalan desde a Consellería. Deste xeito, “búscase mellorar as capacidades de actuación dos medios de extinción e reducir, polo tanto, o risco de incendios de alta severidade, ao tempo que se aposta pola conservación de certas formacións vexetais de interese”, avanzan desde a Consellería. Ademais da queima prescrita realizada hoxe no concello de Santiago de Compostela, “o Servizo de prevención e extinción tiña programadas outras catro queimas que suman 52 hectáreas”, afirma o conselleiro, José González. Como se executan estas queimas? “Previamente á súa execución procedeuse a labores de roza mecanizada con tractor para preparar os traballos que se están a realizar. Para que todo transcorra segundo o previsto, están pendentes un axente ambiental -xefe da queima-, 3 brigadas e 4 motobombas con condutor, equipo humano imprescindible para garantir o éxito desta técnica que vén mostrando a súa eficacia nos últimos anos”, explica o titular do Medio Rural. Debido á esixencia do alto grao de tecnificación e coñecemento das condicións de execución que existe para non afectar ao chan ou xerar outros efectos indesexados, existe un procedemento pautado pola Consellería para levar a cabo queimas prescritas, que define unha serie de ventás de prescrición. O marco de valores para as distintas variables que afectan ao comportamento do lume, ou o rango de lume estimable e aceptable para a consecución dos obxectivos marcados para a queima son cuestións que ten en conta este protocolo. “A información establecida nesas ventás de prescrición -número de días sen chuvia, temperatura, humidade relativa, humidade do combustible, velocidade do vento, etc.- serve de referencia para determinar as condicións adecuadas para a queima”, detallan desde a Consellería. No aspecto temporal, as queimas prescritas tamén se ven limitadas polo estado fenolóxico da biota e de humidade do solo das áreas a queimar e pola incidencia de incendios forestais. “Cómpre engadir que as queimas prescritas só están permitidas fóra da época de perigo alto e con índice de risco diario de incendio forestal baixo ou moderado”, destacan.

Que alternativas hai se se prohíbe a queima dos restos agrícolas?

A Ley 7/2022 de Residuos y Suelos Contaminados estableceu desde abril a prohibición ás queimas de restos agrícolas, coa excepción de motivos fitosanitarios e sempre con autorización previa. Pasado o verán, cando toca reabrir as queimas agrícolas, a postura das distintas comunidades autónomas está a oscilar entre ir trampeando, establecer moratorias temporais para permitir a adaptación do agro ou aplicar a normativa ao pé da letra. Nos próximos meses, o Goberno terá que aclarar e unificar o escenario. A esperanza das comunidades autónomas é que a actual Ley 7/2022 de Residuos y Suelos Contaminados se modifique no Congreso, algo que está a debate, logo de que, en principio, ningún grupo se opuxese na Comisión de Agricultura a tramitar un cambio da normativa. A cuestión é ata que punto España ten capacidade para cambiar a Ley 7/2022, pois a prohibición das queimas agrícolas vén marcada por directivas europeas de residuos. Haberá que ver cal é a postura do Ministerio de Transición Ecolóxica ao respecto. A actual normativa establece que só se poden permitir queimas agrícolas cando haxa motivos fitosanitarios, e sempre previa autorización individual, segundo se recolle no artigo 27.3 da Ley. En Galicia, polo de agora a Xunta optou, sen embargo, por manter o sistema de queimas agrícolas dun xeito similar ó anterior, baseado nun sistema de comunicacións previas, sen necesidade de autorización. A Xunta acóllese ó artigo 3e) da Ley, no que se establece que non son obxecto da Lei “a palla e outro material natural, agrícola ou silvícola non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e gandeiras, na silvicultura ou na produción de enerxía a base desta biomasa, mediante procedementos ou métodos que non poñan en perigo a saúde humana ou danen ó medioambiente”. Claro que esa é unha disposición suxeita á interpretación, pois as partículas finas que emiten as queimas agrícolas representan un problema de saúde humana e ambiental, sobre todo en determinadas comarcas e periodos. Así llo trasladou xa á Administración un colectivo ecoloxista, que advertiu de que o mantemento das queimas podería chegar a dirimirse en sede xudicial.

Centros loxísticos de biomasa e redes de calor locais

En Galicia fanse cada ano arredor de 400.000 queimas comunicadas de restos agrícolas procedentes de podas e rozas, pois trátase dun método sinxelo e económico para eliminar eses ‘residuos’. A alternativa principal pasa polo triturado, con incorporación ó solo ou retirada, pero é máis cara e esixe unha mecanización previa, a parte de xerar unha pegada de carbono polo gasto de combustibles fósiles. En comarcas de viñedo e kiwi, cun mínimo de 2-3 toneladas de restos por hectárea, nin sequera habería vías para xestionar esa biomasa das podas. Hai uns anos, o proxecto Biomasa Ap, liderado polo CIS Madeira, comprobou que era posible a trituración e retirada dos restos para o seu procesado posterior. A iniciativa logrou obter pellets dos restos de viñedo que eran aptos para caldeiras industriais, se ben non se deron pasos posteriores nesa liña. Desde o Clúster de Biomasa de Galicia, o seu presidente, Francisco Álvarez, considera lóxica a restricción á queima de restos agrícolas, pero subliña que hai que ofrecer alternativas, que el encamiña á valorización enerxética desa biomasa. "A semana que se abren as queimas agrícolas, estas queimas emiten máis partículas finas ó aire que todo o parque de calefacción de España" -sinala Álvarez-. "Así que restrinxir as queimas, si, pero que se fai cos restos?". Unha posibilidade que apunta Álvarez pasa por establecer centros loxísticos de biomasa, que funcionen cos restos de poda dun xeito similar a un punto limpo, coa recollida de restos e o seu posterior estelado, orientado a caldeiras de leña e similares. “É un sistema que xa está funcionando noutras comunidades autónomas e que se podería implantar en Galicia”, valora. En España, o proxecto Agroinlog pescudou precisamente a posibilidade de crear centros loxísticos de biomasa integrados con industrias agroalimentarias, como adegas e cooperativas, de xeito que as agroindustrias abrisen unha liña de negocio paralela coa biomasa, á vez que aproveitaban o persoal e a maquinaria que quedaba sen carga de traballo fóra do ciclo das campañas agrícolas. Outra opción que plantea o Clúster de Biomasa de Galicia pasa pola promoción de redes de calor microlocais, orientadas a aldeas e pobos. É un sistema que o Clúster da Biomasa xa propuxo para o proxecto de Aldeas intelixentes que promove a Xunta nas aldeas modelo (21 declaradas en toda Galicia). A idea é aproveitar nesas redes de calor os restos agrícolas e buscar sinerxias coas comunidades de montes próximas, a fin de avanzar na autosuficiencia enerxética dos pobos.

Dende hoxe pódense volver solicitar queimas agrícolas e forestais en Galicia

A Xunta reactiva desde hoxe mesmo as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na comunidade, tanto dende a web habilitada como a través do teléfono 012. En concreto, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”.  Mentres, aos interesados que chamen ao 012 para comunicar a queima preguntaráselles tamén ao respecto, para que confirmen se se trata do tipo de material e circunstancias indicadas e poder continuar co proceso de comunicación. Nesa liña, cómpre lembrar que a comunicación debe efectuarse con dous días de antelación. A maiores, tamén se retoman desde hoxe as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

A Xunha prohibe as queimas agrícolas e forestais polo risco de incendios

A partires deste momento quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Isto implica que, dende xa, non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste momento. Só quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control. Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde este sábado e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares. Ademais, a consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Dende este luns poden volver solicitarse permisos de queimas de restos agrícolas e forestais

A Consellería do Medio Rural permite desde hoxe tramitar de novo permisos para facer queimas, despois de que fosen prohibidas dende finais de xaneiro debido ás condicións meteorolóxicas. Deste xeito, o mércores 23 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Os interesados poderán realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación.

Cómpre ter presente que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días de vento e altas temperaturas.

-Consulta aquí máis información para a tramitación dos permisos que queimas.

Collido ‘in fraganti’ un suposto incendiario no concello lugués de Castroverde

Un membro dos equipos de investigación traballando en determinar as causas dun incendio forestal A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural esclareceu este xoves un incendio na parroquia de Serés, no concello lugués de Castroverde, no que se chegaron a localizar ata tres puntos de lume. Tras un operativo específico de vixiancia, tres axentes deste corpo localizaron in fraganti e identificaron ao suposto incendiario, que é tamén o suposto responsable de varios lumes rexistrados con anterioridade na mesma zona, segundo se desprende das investigacións realizadas por estes profesionais da Xunta. Ademais, grazas á rápida actuación dos axentes da UIFO, o lume quedou reducido a un conato de apenas 6 metros de superficie e afectou só superficie agrícola, evitando que pasara ao monte. Para a súa extinción mobilizáronse 2 axentes, 1 brigada e 1 motobomba. O sinistro iniciouse ás 17:07 horas e quedou extinguido ás 17:30 horas.
O identificado é tamén o suposto responsable de varios lumes rexistrados con anterioridade na mesma zona, segundo as investigacións realizadas
A Consellería do Medio Rural reforzou estes días o despregamento da UIFO sobre o territorio galego diante das condicións meteorolóxicas que favorecen a actividade delituosa incendiaria e mantén, ata o novo aviso, a prohibición de realizar queimas de restos agrícolas ou forestais amoreados por parte de particulares.
A Xunta reforzou estes días o despregamento de axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais diante das condicións meteorolóxicas favorables para a propagación dos lumes e continúan tamén prohibidas as queimas agrícolas
A Xunta lembra ademais que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. A maiores, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Terceira persoa detida nos últimos 2 meses por provocar lumes

O detido en Castroverde é a terceira persoa arrestada nos últimos dous meses en Galicia en relación a incendios forestais, logo das detencións practicadas nos meses de decembro e xaneiro en Carnota e Chandrexa de Queixa a partir do traballo da Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta.  Esta Unidade, creada no Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) do ano pasado, está formada por 15 membros da escala de axentes ambientais que están desvinculados das tarefas de extinción, polo que se centran especificamente na investigación dos lumes. O pasado mes de decembro, a UIFO puxo a disposición xudicial un home de 61 anos como suposto autor de dous lumes no concello ourensán de Chandrexa de Queixa. Os incendios tiveron lugar no pasado mes de outubro, afectando unha superficie de 0,8 e 0,32 hectáreas de monte raso nesta zona do Macizo Central ourensán, unha das zonas de Galicia que ten unha alta incidencia incendiaria.
A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta foi creada no Pladiga do pasado ano e está formada por 15 axentes ambientais exhimidos das tarefas de extinción para centrárense en investigar a orixe dos lumes
Do mesmo xeito, a finais de xaneiro foi detida outra persoa en Carnota en relación a un incendio forestal sucedido o día 22 de xaneiro na parroquia de Pindo. A causa deste lume, que queimou 6.000 metros de superficie rasa, foi unha queima de restos forestais sen autorización. Esta neglixencia, agravada polo forte vento, fixo que o lume prendese na vexetación próxima. O veciño detido recoñeceu os feitos no xulgado de garda de Muros e admitiu que non foi capaz de sofocar as chamas.

Prohibidas as queimas agrícolas e forestais de particulares a partir de sábado

A Xunta de Galicia prohibe, a partir das 00.00 horas do sábado 29 de xaneiro, as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia, quedando excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais, debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. Isto implica que, dende hoxe, non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste vindeiro sábado. A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica, e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén, tendo en conta que a normativa -Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais- prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control. Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde este sábado e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares. Ademais, a Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Xornadas formativas na provincia de Ourense sobre aspectos prácticos da normativa forestal

Ó longo deste mes de novembro celebraranse na provincia de Ourense distintas accións formativas sobre Aspectos Prácticos da Normativa Forestal. En concreto as xornadas levaranse a cabo en nove localidades: Carballiño, Xunqueira de Espadañedo, Ourense, O Barco de Valdeorras, Castro Caldelas, Verín, A Gudiña, Bande e Xinzo de Limia. O obxectivo destas actividades é achegar á poboación do medio rural como lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándose nos procedementos máis habituais que a maioría dos habitantes de aldeas e pobos van a necesitar nalgún momento. Así, no programa inclúense, entre outros, os seguintes temas: - Obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios - Usos do lume e permisos de queima - Actividades en terreos queimados - Repoboacións forestais - Aproveitamentos de madeira - Cambios de actividade Estas accións están aprobadas dentro do plan de Formación Continua de Medio Rural a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). As xornadas están organizadas polo Servizo provincial de Montes de Ourense en colaboración cos distritos forestais da provincia, cuxo persoal impartirá a formación. Os cursos están dirixidos a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria alimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial xuventude do medio rural. As persoas interesadas poden solicitar máis información nos teléfonos 988 386 706 e 616 480 069 e anotarse enviando un email a montes.medio-rural.ourense@xunta.gal ou maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal

Datas, lugares e horarios dos cursos:

9/11/2021 Xunqueira de Espadañedo (Salón de actos do Concello) de 16.30 a 20.30 horas. 11/11/2021 O Barco de Valdeorras (Casa Grande de Viloira) de 16.30 a 20.30 horas. 12/11/2021 A Gudiña (Casa da Viuda) de 16.30 a 20.30 horas. 15/11/2021 Castro Caldelas ( Salón Noble do Castelo) de 16.00 a 20.00 horas. 16/11/2021 Ourense (Salón de actos ISSGA) de 16.30 a 20.30 horas. 17/11/2021 Verín (Casa da Cultura) de 17.30 a 21.30 horas. 18/11/2021 Xinzo de Limia (Casa da Cultura) de 17.30 a 21.30 horas. 19/11/2021 Bande (Salón de actos do Concello) de 16.30 a 20.30 horas. 24/11/2021 O Carballiño (Casa da Cultura) de 16.30 a 20.30 horas.

Dende este mércores poden solicitarse de novo permisos de queima

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá mércores, día 19 de outubro, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 22, venres, será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, a partir de mañá ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, recordan desde Medio Rural que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101891&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Máis información, aquí: https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/defensa-monte/permisos-queimas

 

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 2 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101892&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Dende este xoves poden volver solicitarse en Galicia permisos para queimas de restos agrícolas e forestais

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá xoves, día 25 de marzo, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o sábado 27 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas. Polo tanto, a partir de mañá ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural .Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de tramitación é maior. En todo caso, dende a Xunta lembran que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas. Máis información, aquí: http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/queimas/