Archives

Estabilidade nos prezos no mercado de Amio

O mercado de Amio deste mércores 17 de xaneiro rexistrou unha menor asistencia de gando respecto da sesión anterior, con 1.645 reses (-413). Por categorías, houbo 1.368 cabezas de vacún menor (432 menos que na sesión anterior); 90 de vacún mediano (+ 7) e 187 de vacún grande (+12). En canto aos prezos do gando, estabilizáronse e mantéñense como na sesión anterior, pero cunha tendencia á baixa na recría da raza cruces industrial cor e do vacún maior Ou e P. Máis información - Táboa completa dos prezos de Amio (17-I-2024).

Mantéñense as subas nos prezos dos leitóns en Silleda

Esta semana non houbo gando na Lonxa Agropecuaria de Silleda pola celebración do Nadal e só se celebraron as mesas de prezos. A actividade recuperarase a próxima semana, na sesión do día 2 de xaneiro, cando volva haber gando vacún para a venda. En canto ás Mesas de prezoas, nas cotizacións do porcino, esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 1 euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 92 euros (cun prezo de 4,6 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 87 euros e cun prezo por quilo de 4,35 euros. O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, nos da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello experimentou unha baixada de 0,2 euros e cotízase a 2,45 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Baixadas na recría e subas no vacún mediano no Mercado de Amio

Esta semana no Mercado de Amio a recría de cruces de cor experimentou unha baixada de 5 euros dos prezos de referencia. Mentres, as canais de vacún mediano de matadoiro coas clasificacións S e R rexistraron subas. En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 2.036 animais, 188 máis que na feira da semana pasada. Tal e como indican dende a organización do Mercado, este incremento pode deberse á suspensión da próxima feira, o mércores día 27 de decembro, por mor das festas de Nadal. En concreto, na sesión de hoxe houbo 1.784 cabezas de vacún menor (239 máis), 106 de vacún mediano (2 reses máis) e 146 de vacún maior (53 menos). Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne. Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (20-XII-2023).

A Central pecha o ano cunha xornada de récord de afluencia de becerros carniceiros

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca pecha hoxe o ano con récords na categoría de becerros carniceiros. Así, esta mañá, na última poxa de 2023, rexistrouse tanto o maior número de tenreiros carniceiros nunha sesión, cun total 217, como a maior cifra de adxudicados, con 206. Ata o de agora a máxima asistencia foran 215 animais e o maior número de adxudicados 196, unhas cifras rexistradas o pasado 8 de agosto. Consecuentemente con este récord de afluencia tamén se acadou o maior volume de transaccións, con 215.538 euros, polo que se supera a cifra máxima ata o momento, os 206.974 euros, tamén da poxa do 8 de agosto. Porén, en canto ós prezos de referencia nesta categoría non houbo unha tendencia clara. Pola súa banda, na recría houbo unha baixada xeral, tanto nos becerros de recría coma nos de cruces industriais. No caso do vacún maior, esta semana os prezos experimentaron unha suba nas categorías de primeira e segunda. Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado continúa estable. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana.
A próxima poxa será o 2 de xaneiro, ó suspenderse a do día 26 de decembro
Esta é a última sesión do ano, logo de que dende a Central acordaran suspender a poxa do próximo martes día 26. Así, a seguinte sesión celebrarase xa no ano novo, o día 2 de xaneiro.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, tiveron unha baixada de 25 euros o seu valor e sitúanse nos 72 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 107 euros (-31 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron un prezo de referencia de 156 euros (-15 euros). Nos becerros de recría de cruces industriais, os tenreiros máis novos, con menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 304 euros, logo dunha baixada de 30 euros. As femias desta sección cotízanse a 227 euros (-50 euros). Nos animais de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 374 euros, tras descontar 34 euros con respecto da feira anterior. As femias marcaron un prezo de referencia de 270 euros (- 29 euros). Nos exemplares de máis de 50 días, os machos foron a excepción e incrementaron o seu valor en 54 euros e sitúanse nos 542 euros. Mentres, as femias descontaron 60 euros con respecto da cotización da semana pasada e quedan cun valor de referencia de 350 euros. No caso dos becerros de cebo non houbo unha tendencia clara. Nos machos de cruces industriais rexistrouse unha suba de 49 euros con respecto do prezo medio da semana pasada e o prezo de referencia foi de 1.082 euros. Nas femias produciuse unha baixada de 53 euros e quedan cun valor medio de 913 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.097 euros, ó rexistrar unha baixada de 72 euros. As femias desta raza están nos 1.055 euros (-13 euros). Os becerros frisóns rexistraron esta semana unha suba de 523 euros ata un valor de referencia de 795 euros, logo de que a semana pasada marcaran un mínimo de 272 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.074 euros (- 153 euros). No vacún maior só os animais de primeira e segunda experimentaron subas esta semana. Así, nos de primeira o prezo incrementouse 13 euros e acadan os 1.142 euros. Nos de segunda a suba foi de 23 euros e sitúanse nos 749 euros. Nos animais da categoría extra houbo unha baixada de 94 euros e quedan cun valor de referencia de 2.081 euros. Os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 436 euros, o que supuxo unha baixada de 36 euros con respecto da semana pasada. No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 1.962 euros, 512 euros menos que na feira anterior.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 91 euros (cun prezo de 4,55 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 86 euros e cun prezo por quilo de 4,3 euros. O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, os da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas no vacún maior no Mercado de Amio

Esta semana no Mercado de Amio amósase unha suba de 0,10 euros nas canais de vacún maior das clases O e P. Tamén se aprecia unha tendencia á baixa no vacún menor de raza Frisoa. En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.848 animais, 643 máis que na feira da semana pasada, que coincidiu cunha xornada festiva nacional. En concreto, houbo 1.545 cabezas de vacún menor (510 máis), 104 de vacún mediano (22 reses máis) e 199 de vacún maior (111 máis). Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne. Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (13-XII-2023).

Baixadas no vacún maior e nos becerros de cebo en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca rexistrou esta semana unha baixada dos prezos de referencia tanto nos becerros de cebo como no vacún maior, despois de que na feira anterior houbera subas en ambas categorías. Nos becerros de recría tamén houbo baixadas das cotizacións, aínda que non en todas as seccións. Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado continúa estable. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, incrementaron en 29 euros o seu valor e sitúanse nos 97 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 138 euros (+ 24 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días foron a excepción nesta raza cunha baixada de 19 euros, o que deixa un prezo de referencia de 141 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, os tenreiros máis novos, con menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 343 euros, logo dunha suba de 31 euros. Nos animais de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 408 euros, logo dunha baixada de 21 euros con respecto da feira anterior. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos descontaron 38 euros e pasan a cotizarse de media a 488 euros. No caso dos tenreiros de cebo case tódalas categorías rexistraron unha caída dos prezos. Nos machos de cruces industriais rexistrouse unha baixada de 104 euros con respecto do prezo medio da semana pasada e o valor de referencia foi de 1.033 euros. Nas femias produciuse unha baixada de 31 euros e quedan cun valor medio de 966 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.169 euros, ó rexistrar unha baixada de 35 euros. As femias desta raza están nos 1.068 euros. Foron das únicas seccións nas que se rexistrou unha suba (+ 92 euros). Os becerros frisóns rexistraron esta semana unha forte caída do prezo prezo medio, pasando dos 1.039 euros que se pagaron a semana pasada ós 272 euros desta. Tamén as femias pintas experimentaron unha baixada do prezo, aínda que non tan destacada. O valor de referencia é de 541 euros (- 92 euros). Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.227 euros (+ 66 euros). No vacún maior a tendencia foi de novo á baixa, agás nos animais da categoría extra,  que tiveron unha suba de 52 euros e quedan cun valor de referencia de 2.175 euros. Pola súa banda, as vacas de primeira experimentaron unha baixada de 18 euros e quedan nos 1.129 euros. Os exemplares de segunda tiveron unha redución de 16 euros e teñen un valor de referencia de 726 euros. Os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 472 euros, o que supuxo unha baixada de 57 euros con respecto da semana pasada. No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.474 euros, 4 euros máis que na feira anterior.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 89 euros (cun prezo de 4,45 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 84 euros e cun prezo por quilo de 4,2 euros. O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, nos da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Tendencia á alza na recría frisoa en Amio

Esta semana os prezos do gando mantivéronse sen cambios con respecto da feira pasada no mercado de Amio. Con todo apréciase unha tendencia á alza na recría de raza Frisoa. En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.650 animais, 81 máis que na feira da semana pasada. En concreto, houbo 1.389 cabezas de vacún menor (34 máis), 99 de vacún mediano (15 reses máis) e 162 de vacún maior (32 máis). Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne. Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (29-XI-2023).

Subas no vacún maior en Silleda

Os prezos medios do vacún maior rexistraron esta semana unha suba na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca. Mentres, nos becerros, tanto na recría como nos de cebo, a tendencia foi á baixa.  Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado mantense estable e os leitóns experimentan unha nova suba. No mercado do ovo houbo tamén incrementos dos prezos nalgunhas das categorías esta semana.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, descontaron 3 euros e sitúanse nos 81 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días foron unha das excepcións, e o valor medio está nos 121 euros (+2 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días descontaron 14 euros e caen ós 141 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral tamén foi á baixa nos machos, a excepción dos animais máis novos, que cun incremento de 5 euros con respecto da semana pasada acadan un valor medio de 363 euros. Pola súa banda, as femias rexistraron subas en todas as categorías. Nas femias máis novas, o incremento foi de 13 euros e sitúanse nos 253 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 388 euros, ó descontar 7 euros con respecto da semana pasada. Nas femias desta categoría o incremento foi de 24 euros e quedan cun valor de referencia de 279 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha baixada de 37 euros e pasan a cotizarse de media a 487 euros, mentres que as femias tiveron unha suba de 12 euros e sitúanse nun valor medio de 386 euros. Tamén cotizaron á baixa os becerros de cebo, aínda que coa excepción dos machos de cruces industriais, onde se rexistrou un incremento de 32 euros con respecto do prezo medio da semana pasada. Deste xeito, esta categoría marcou un prezo de referencia de 1.059 euros. Nas femias produciuse unha baixada de 403 euros e quedan cun valor medio de 722 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.097 euros, ó rexistrar unha baixada de 34 euros. As femias desta raza están nos 918 euros, logo de descontar 285 euros con respecto da semana anterior. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.067 euros (-52 euros). A tendencia foi á alza no vacún maior, agás nos animais de descarte e nos comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia. Nos primeiros, houbo unha baixada de 21 euros e teñen un prezo medio de 458 euros. Mentres, nos exemplares de Vaca e Boi o prezo de referencia situouse 100 euros por debaixo da última feira, nos 2.272 euros. Pola súa banda, os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.054 euros, o que amosa unha suba de 43 euros. As vacas de primeira experimentaron un incremento de 37 euros e quedan nos 1.132 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 745 euros, o que supuxo un aumento de 13 euros con respecto da semana pasada.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 85 euros (cun prezo de 4,25 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 80 euros e cun prezo por quilo de 4 euros. No mercado do ovo houbo subas nas categorías de menor tamaño (M e S), mentres que as demais se manteñen sen cambios. En concreto produciuse un incremento de 0,03 euros e os ovos da S cotízanse agora a 1,73 euros e os da M a 2,03 euros a ducia. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia e os da L están a 2,40 euros. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas na recría no mercado de Amio

O Mercado de gando de Amio rexistrou esta semana unha suba de 10 euros nos becerros de recría de cruces industriais de cor. Mentres, continúan á baixa os prezos do vacún maior das clasificacións O e P. En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.569 animais, tan só 2 menos que na feira da semana pasada. En concreto, houbo 1.355 cabezas de vacún menor (77 máis), 84 de vacún mediano (54 reses menos) e 130 de vacún maior (25 menos). Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne. Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (22-XI-2023).

Subas nos prezos da recría e os becerros carniceiros en Silleda

Os becerros, tanto de cebo como a recría, experimentaron esta semana unha suba na Central Agropecuaria de Galicia Abanca. Mentres, no vacún maior a tendencia foi á baixa, coa excepción das vacas de desvelle e os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia. Nas mesas de porcino e logo de varias semanas á baixa, o prezo do porco cebado estabilízase. Mentres, os leitóns experimentan unha nova suba. O mercado do ovo mantense estable esta semana.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, incrementaron o seu valor en 6 euros e sitúanse nos 84 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 119 euros (+2). Os becerros pintos de máis de 50 días mantéñense sen cambios e teñen un prezo medio de 155 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais tamén houbo mínimas subas nalgunhas seccións, aínda que noutras os prezos foron máis baixos que a semana pasada. Os tenreiros máis novos sumaron 9 euros con respecto da última poxa e acadaron un valor medio de 358 euros. As femias desa categoría tiveron un incremento de 4 euros e sitúanse nos 240 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 395 euros, ó sumar 6 euros. Pola súa banda, as femias descontaron 39 euros e quedan nos 255 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha baixada de 6 euros e pasan a cotizarse de media a 524 euros, mentres que as femias descontaron 30 euros e sitúanse nun valor medio de 374 euros. Aínda con algunha excepción, en boa parte das seccións dos becerros de cebo houbo subas. Os machos frisóns acadan un prezo medio de 981 euros, logo de cotizarse a semana pasada a 378 euros. Os machos de cruces industriais incrementaron en 20 euros o seu valor en comparación coa feira anterior e acadan os 1.027 euros. As femias cotizáronse a 1.125 euros, é dicir 100 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.131 euros, ó rexistrar unha baixada de 57 euros. As femias desta raza están nos 1.203 euros, ó sumar 114 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.119 euros (-53 euros). No vacún maior a tendencia foi á baixa, con dúas excepcións. Así, os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.011 euros, o que amosa unha redución de 17 euros. As vacas de primeira experimentaron unha baixada de 44 euros e quedan nos 1.095 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 732, o que supuxo descontar 15 euros con respecto da semana pasada. Nas vacas de desfeito, o valor de referencia estivo nos 479 euros (+9 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o seu valor medio incrementouse nesta sesión en 88 euros e tiveron un prezo de referencia de 2.372 euros.

Subas nos leitóns

O porco cebado estabilízase esta semana, logo de acumular varias sesións con baixadas. Mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 3 euros para ambas categorías. Os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 83 euros (cun prezo de 4,15 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 78 euros e cun prezo por quilo de 3,9 euros. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana. Os ovos cun tamaño XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, mentres que os da M cotízanse a 2 euros e os da S sitúanse en 1,70 euros a ducia. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Baixadas no vacún maior no mercado de Amio

O mercado de gando de Amio rexistrou esta semana unha baixada de 0,1 euros nos prezos das canais de vacún maior das clasificacións O e P. Tamén houbo unha tendencia á baixa dos prezos do vacún mediano para sacrificar. En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.571 animais, o que supón 1.006 exemplares menos que a semana pasada, co que se restablecen as cifras habituais de concorrencia, logo de que se producira un desaxuste que se veu arrastrando nas últimas sesións debido á festividade do 1 de novembro. En concreto, houbo 1.278 cabezas de vacún menor (973 menos), 138 de vacún mediano (9 reses máis) e 155 de vacún maior (42 menos). Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne. Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (15-XI-2023).

Suba nos prezos da recría en Silleda

Boa parte do gando de recría que se vendeu este martes na Central Agropecuaria de Galicia Abanca tivo prezos maiores que a semana pasada. Mentres, tanto no vacún maior e nos becerros de cebo non houbo unha tendencia clara. Nas mesas de porcino volveuse producir unha baixada nos prezos dos porcos cebados. Mentres, os leitóns experimentaron unha nova suba. O mercado do ovo mantense estable esta semana. Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, incrementaron o seu valor en 33 euros e sitúanse nos 78 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 117 euros (+27 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron unha suba de 38 euros e acadan un valor medio de 155 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia tamén foi á alza. Os tenreiros máis novos sumaron 35 euros con respecto da última poxa e acadaron un valor medio de 349 euros. As femias desa categoría tiveron un incremento de 42 euros e sitúanse nos 236 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 389 euros, ó sumar 27 euros. Nas femias houbo un incremento de 25 euros e acadan os 294 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron unha suba de 31 euros e teñen un prezo de 530 euros, mentres que as femias sumaron 33 euros e sitúanse nun valor medio de 404 euros. Nos becerros de cebo non houbo unha tendencia clara. Nos machos frisóns o prezo medio foi de 378 euros, cunha destacada caída de 568 euros con respecto dos valores de referencia da feira pasada. Os machos de cruces industriais tamén tiveron unha baixada do prezo, aínda que non tan pronunciada (44 euros) e quedan cun valor medio de 1.007 euros. As femias cotizáronse a 1.025 euros, é dicir 111 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.188 euros, ó rexistrar unha suba de 51 euros. As femias desta raza están nos 1.089 euros, ó sumar 107 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.172 euros (+11). Tampouco no vacún maior houbo unha tendencia predominante. Os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.028 euros, o que amosa unha redución de 12 euros. As vacas de primeira experimentaron unha suba de 9 euros e quedan nos 1.139 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 747 euros, o que supuxo descontar 3 euros con respecto da semana pasada. Nas vacas de desfeito, o valor de referencia estivo nos 470 euros (+37 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, o seu valor medio incrementouse nesta sesión en 723 euros en comparación coa semana pasada e tiveron un prezo de referencia de 2.284 euros.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado volveu experimentar unha nova baixada aínda que máis moderada. Mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,01 euros e quedan nos 1,675 e 1,650 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros, tras unha baixada de 0,013 euros. Os animais de descarte mantéñense sen cambios e cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 3 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 80 euros (cun prezo de 4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 75 euros e cun prezo por quilo de 3,75 euros. O mercado do ovo mantense sen cambios esta semana. Os ovos cun tamaño XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, mentres que os da M cotízanse a 2 euros e os da S sitúanse en 1,70 euros a ducia. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello mantense nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas en Ternera Gallega e baixada dos prezos no mercado de Amio

Os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron esta semana unha suba de 0,02 euros para todas as categorías e calidades desta carne. Mentres, no Mercado de Amio, este mércores houbo unha gran afluencia de animais, logo de que a semana pasada apenas concorrera gando ó coincidir coa celebración de Todos os Santos. Hoxe contabilizáronse 2.577 animais, o que supón 1.018 máis que a semana pasada. En concreto, houbo 2.251 cabezas de vacún menor (942 máis), 129 de vacún mediano (25 reses máis) e 197 de vacún maior (51 máis). En canto ós prezos, houbo unha baixada de 10 euros nos prezos da recría de raza Frisoa. Tamén se aprecia unha tendencia á baixa no vacún maior das clasificacións O e P. Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (8-XI-2023).

Baixada nos prezos da recría frisoa e o vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca recuperou este martes a actividade por completo, logo de que a semana pasada se suspendese a poxa de becerros de recría por mor da festividade nacional de Todos os Santos. A comparativa cos prezos da última poxa celebrada o pasado día 24 de outubro na que concorreu este tipo de gando, amosa unha baixada dos prezos da recría frisoa e nas femias de cruces industriais. No vacún maior tamén hai este martes unha baixada en comparación dos prezos manexados a semana pasada. Nos becerros carniceiros a tendencia tamén é a baixa, pero houbo varias excepcións. Nas mesas de porcino volveuse producir unha baixada nos prezos dos porcos cebados e os leitóns experimentaron unha nova suba esta semana. O mercado do ovo tamén rexistra un incremento do valor nalgunhas categorías.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. No caso da recría, a comparativa realizámola cos prezos rexistrados na última poxa que contou con este tipo de gando, a celebrada o pasado 24 de outubro. Nos animais de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días descontaron só un euro e mantéñense nos 45 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días o valor medio está nos 90 euros (-4). Nesta sección tamén se contabilizaron case o dobre de animais que na última feira. A baixada máis destacada produciuse nos becerros pintos de máis de 50 días, que descontaron 83 euros con respecto da última poxa e teñen un valor de referencia de 117 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia tamén foi á baixa, pero con varias excepcións. Os tenreiros máis novos foron unha delas, ó sumar 40 euros con respecto da última poxa e acadar un valor medio de 314 euros. As femias desa categoría descontaron 42 euros e sitúanse nos 194 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 362 euros, ó descontar 5 euros. Nas femias houbo unha baixada de 18 euros e quedan nos 269 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron un incremento de 10 euros e acadan os 499 euros, mentres que as femias descontaron 18 euros e sitúanse nun valor medio de 371 euros. Nos becerros de cebo a tendencia foi á baixa aínda que houbo excepcións como os machos frisóns, que tiveron un prezo medio de 946 euros (+267 euros). Mentres nos machos de cruces industriais, o valor medio foi de 1.051 euros, o que supón unha baixada de 37 euros. As femias cotizáronse a 914 euros, é dicir 30 euros máis que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.137 euros, ó rexistrar unha baixada de 124 euros. As femias desta raza están nos 982 euros, ó descontar -144 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron un prezo medio de 1.161 euros (-69). Esta semana o vacún maior rexistrou baixadas en case tódalas seccións. Os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.040 euros, o que amosa unha redución de 53 euros. As vacas de primeira experimentaron unha baixada de 12 euros, polo que quedan nos 1.130 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 751 euros, o que supuxo unha suba de 9 euros con respecto da semana pasada e foron a excepción. Nas vacas de desfeito o valor de referencia estivo nos 433 euros (-59 euros). Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia, o seu valor medio caeu 254 euros en comparación coa semana pasada e tiveron un prezo de referencia de 1.561 euros.

Baixadas no porco cebado

Unha semana máis, as mesas de cotizacións do porcino experimentaron novas baixadas nos prezos do porco cebado. Os animais das categorías selecta e normal descontaron 0,025 euros e quedan nos 1,685 e 1,66 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,156 euros, tras unha baixada de 0,032 euros. Os animais de descarte descontaron 0,02 euros e cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns continúan á alza. Esta semana tiveron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 77 euros (cun prezo de 3,85 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 72 euros e cun prezo por quilo de 3,6 euros. O mercado do ovo experimentou subas nalgunhas das categorías. Así, os ovos da S e a M tiveron un incremento de 0,02 euros, o que deixa un prezo de 1,7 e 2 euros a ducia, respectivamente. Mentres, no resto de categorías non houbo cambios. Nas galiñas de descarte semipesadas mantívose o prezo esta semana. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos sitúanse entre 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).