Archives

Altibaixos na recría e subas no vacún maior extra en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca celebrou este martes o seu segundo mercado gandeiro do 2024, cunha boa afluencia. A poxa contou cun total de 794 becerros de recría e 265 de vacún maior, superando a marca de asistencia da última poxa do pasado ano, celebrada o 19 de decembro, na que foron 758 e 248 animais, respectivamente. Nas mesas de prezos, non houbo cambios nas cotizacións dos ovos e da carne de porco, pero si se rexistraron pequenas subidas nos leitóns. Prezos do vacún Detallamos as diferentes seccións do gando de vacún para coñecer a evolución dos prezos. É necesario resaltar que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares está condicionado por diferentes factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, tiveron unha baixada de 3 euros no seu valor e sitúanse nos 67 euros, respecto da pasada xornada. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa e representativa- tiveron un valor medio de 93 euros (-6 euros). Os becerros de máis de 50 días tiveron un prezo de referencia de 147 euros, que foron os que tiveron un ascenso medio reseñable, de 47 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, os becerros máis novos, con menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 261 euros, cunha subida de 45 euros. As femias desta sección cotízanse a 248 euros (+49 euros). Pola contra, nos animais de entre 20 e 50 días -a categoría máis numerosa-, rexistrouse unha leve subida de 7 euros, fixándose en 408; nas femias houbo unha baixada e quedou nos 283 euros de media (-6 euros). Nos exemplares de máis de 50 días, os machos baixaron de prezo unha media de 59 euros e sitúanse nos 497 euros. Mentres, as femias descontaron 87 euros con respecto da cotización de hai dúas semanas e quedan cun valor de referencia de 382 euros. No vacún maior só os animais das categorías extra e segunda experimentaron subidas esta semana, mentres que no resto de categorías impuxéronse as baixadas. Así, nos de extra o prezo incrementouse 150 euros e chegaron aos 2.056 euros. Pola contra, nos de primeira houbo unha baixada de 29 euros e sitúanse nos 1.133 euros. Nos animais da categoría segunda houbo un incremento de 13 euros e quedan cun valor de referencia de 712 euros. Por último, os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 495 euros, o que supuxo unha baixada de 27 euros con respecto á última poxa. En canto aos tenreiros carniceiros adxudicáronse 92 e o prezo medio foi de 1.068 euros. Mesas de prezos Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan cunha lixeira alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas as categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 96 euros (cun prezo de 4,8 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 91 euros e cun prezo por quilo de 4,55 euros. O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, os da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvieje semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 4 de xaneiro.

Baixada dos prezos da recría e no vacún maior no Mercado de Amio

Este mércores o Mercado de Amio mantívose na súa actividade habitual, con pequenas variacións en asistencia. En canto ós prezos, a baixada da anterior semana continuou, desta vez con 5 euros na recría de cruce industrial e de raza Frisoa. Ademais, tamén se rexistrou unha leve baixada de 0,05 euros nas canais de vacún maior de matadoiro. De novo, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne. En canto ao número de animais alí presentes houbo 1.956 reses, o que supón 78 menos que na sesión da semana pasada. En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.637 cabezas de vacún menor, 125 menos que na sesión anterior. Houbo 110 de vacún mediano (3 máis) e 209 de vacún grande (44 máis que a semana pasada). Máis información Táboa de cotizacións de Amio (05/090/2023)  

Sen cambios nos prezos de Ternera Gallega

As mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios esta semana as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando. No Mercado de gando de Amio, que se celebrou esta mañá, tampouco houbo modificacións dos prezos con respecto da semana pasada en tódalas categorías e razas, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira. En canto á asistencia houbo 1.557 reses, o que supón 65 menos que a sesión pasada. En concreto contabilizáronse 1.303 cabezas de vacún menor, 59 menos que na sesión anterior. Houbo 106 de vacún mediano (6 máis) e 148 de vacún grande (12 reses menos). Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (15-II- 2023).

Vendido en Silleda un becerro carniceiro por case 1.800 euros

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha nova xornada de prezos de récord, desta volta de man dos becerros carniceiros. Así, esta mañá un tenreiro carniceiro foi adquirido por 1.799 euros, o maior prezo pagado por un exemplar desta categoría na historia da Central. Trátase dun macho mestizo marcado como Ternera Gallega Suprema e nacido en marzo deste ano. O animal procede dunha gandería de Xermade (Lugo) e foi adquirido por Alimentación Vetusta, de Oviedo. Ademais, a Central logrou nesta xornada un novo récord no prezo medio dos becerros carniceiros. Acadouse un valor medio de 1.054,92 euros, mentres o máximo ata o momento foran os 1.032,57 euros da semana pasada.

Baixada xeral dos prezos do vacún en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca experimentou este martes unha baixada xeral dos prezos medios do vacún con respecto das cotizacións de referencia que se marcaron a pasada semana. Na recría houbo unha redución dos valores tanto nos becerros pintos coma nos de cruces industriais. Tamén os tenreiros carniceiros cotizaron á baixa. No vacún maior só as vacas de segunda conseguiron un maior prezo que na anterior feira, experimentando o resto de categorías unha baixada das cotizacións. Nas mesas de prezos do porcino, o porco cebado experimentou unha redución dos prezos en tódalas categorías. Mentres os leitóns mantéñense estables. O mercado do ovo logrou esta semana novas subas en boa parte das categorías. Facemos un repaso detallado polas cotizacións medias das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado. Cómpre ter presente que esta é unha comparativa entre os prezos deste martes e as cotizacións da feira da semana pasada para coñecer as tendencias dos prezos, pero existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal. Na recría de raza frisoa, os becerros máis novos, os de menos de 20 días, experimentaron unha baixada de 18 euros con respecto da semana pasada e o prezo medio sitúase nos 92 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, a sección con maior afluencia de gando do mercado; o prezo medio reduciuse 10 euros e atópase nos 112 euros. Nos becerros de máis de 50 días amósase unha baixada de 22 euros e o prezo medio foi de 131 euros. Nos tenreiros de recría de cruzamentos industriais a tendencia foi semellante, con algunhas excepcións, sobre todo nos prezos das femias. Os becerros de menos de 20 días tiveron un prezo medio de 236 euros, o que supón 25 menos que a semana pasada. As femias desta categoría experimentaron unha suba de 7 euros e teñen un valor medio de 202 euros. Nos tenreiros de entre 20 a 50 días o prezo medio situouse nos 300 euros, o que supón unha redución de 5 euros. As femias desta sección tamén rexistraron unha suba, de 13 euros, e cotizáronse a un prezo medio de 230 euros. Os tenreiros de máis de 50 días experimentaron un incremento de 77 euros no prezo medio, a suba máis significativa da xornada, e sitúanse nos 476 euros. As femias descontaron 51 euros e cotizaron de media a 340 euros. En canto ós prezos dos becerros carniceiros, a tendencia foi tamén á baixa. Os tenreiros frisóns cotizáronse a un prezo medio de 633 euros, o que supón unha redución de 222 euros. Os tenreiros de cruzamentos industriais, a categoría con maior afluencia, rexistrou unha baixada do prezo medio de 156 euros con respecto da semana pasada, de xeito que se sitúa nos 934 euros. As femias tamén experimentaron unha baixada, de 52 euros, e acadan un valor medio de 860 euros. Nos animais de Rubia Galega, os machos están nos 980 euros, o que supón unha caída do prezo de referencia de 141 euros. As femias descontaron 31 e quedan nos 946 euros. Os animais comercializados baixo o selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega Suprema tiveron un valor medio de 1.037 euros, o que supón 110 euros menos que a media da última feira. A tendencia foi tamén á baixa no vacún maior, coa excepción das vacas de segunda, que experimentaron unha suba de 12 euros con respecto da semana anterior, de xeito que o prezo medio de referencia é de 757 euros. Mentres, as vacas da categoría extra tiveron un valor medio de 2.071 euros, é dicir, 47 euros menos. Nos animais de primeira o prezo medio estivo nos 1.119 euros, o que supón 30 euros por debaixo do acadado a semana anterior. As vacas de desfeito sitúanse nos 430 euros, só un euro menos. O prezo medio dos exemplares comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia sufriron unha baixada de 1.274 euros con respecto do valor medio que se rexistrou a semana pasada, cando ademais se lograran dous prezos récord por senllos bois.

Baixada do prezo do porco cebado

A mesa de cotizacións do porcino acusou esta semana novas baixadas para o porco cebado, mentres que os leitóns se manteñen sen cambios. O porco selecto e o normal tiveron unha baixada de 0,02 euros e cotízanse a 1,72 e 1,695 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II experimentaron unha redución de 0,026 euros e están a 2,201 euros. Os animais de descarte sitúanse entre os 0,68 e os 0,74 euros o quilo, tras descontar 0,020 euros. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 61 euros (cun prezo de 3,05 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 56 euros e cun prezo por quilo de 2,8 euros. O mercado do ovo experimentou esta semana subas en boa parte das categorías. Só os ovos da XL se manteñen sen cambios cun prezo de 2,72 euros a ducia. Os ovos da L tiveron unha suba de 0,02 euros e acadan os 2,49 euros a ducia. Nos ovos da M o incremento foi de 0,04 euros e a ducia sitúase a 2,12 euros. Os ovos da S cotízanse a 1,88 euros a ducia tras un aumento de 0,03 euros. As galiñas de descarte semipesadas tamén experimentaron unha suba, de 0,01 euros, e o prezo por quilo atópase entre os 0,30 e os 0,37 euros.

Lixeira baixada dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola tendencia xeral á baixa nos prezos dos tenreiros de recría, tanto de raza Frisona como de Cruce Industrial. Pola contra, os prezos do vacún maior experimentaron unha lixeira suba. Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 98 euros, fronte aos 87 do pasado martes. Sen embargo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 116 euros por xato, fronte aos 122 da semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 156 euros de media por animal fronte aos 159 do pasado martes. Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi tamén á alza nos xatos de menos de 20 días: 337 euros de media por animal fronte aos 314 da pasada semana. Sen embargo, na categoría máis numerosa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 343 euros, fronte aos 362 do pasado martes. Nos becerros de máis de 51 situouse o prezo medio esta xornada nos 423 euros fronte aos 455 da anterior sesión. No vacún maior os prezos cotizaron á alza. Deste xeito quedaron en 1.040 euros de media en categoría primeira, 710 en segunda -a máis numerosa- e 426 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.099, 698 e 413 euros, respectivamente. As cotizacións quedaron da seguinte maneira: Ovos á alza Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana na categoría XL, que quedou en 1,15 euros. Pola contra, acordáronse subas para as restantes categorías: un 0,02% para a L ata os 1,07 euros por ducia; un 0,04% para M ata os 1,01 euros e un 0,02% para a S que quedou nos 0,89 euros. Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse nos 1,30 €/quilo. Estabilidade no porco cebado e nos leitóns Ao igual que a pasada semana, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións do porco cebado. Deste xeito, a categoría Selecta quedou nos 0,940 euros por kilo; a normal nos 0,915 euros por kilo, mentres que o Canal II quedou en 1,188 euros por kilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,31 euros o quilo. En canto aos leitóns tamén se acordou manter os prezos da pasada semana. Deste xeito quedaron nos 44 euros os procedentes de varias explotacións e nos 49 euros os procedentes dunha única explotación. Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Lixeira suba de prezos do gando vacún en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse por unha lixeira suba dos prezos do gando vacún, algo no que tivo que ver a importante redución da asistencia de xatos e vacas ao tratarse dun día feriado. Deste xeito, nos becerros de recría de Frisona, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 90 euros, fronte aos 86 do pasado martes. Nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, practicamente non houbo cambios: unha media de 102 euros por xato, fronte aos 103 da semana pasada. Onde si se notou máis a suba foi nos xatos de máis de 51 días: 143 euros por animal fronte aos 114 do pasado martes. Nos tenreiros de recría de Cruce industrial a tendencia foi similar aos de Frisón: os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 302 euros, mentres que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 380 e a 455 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 304, 354 e 422 €, respectivamente. No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables cun lixeiro repunte: 1.120 euros de media en categoría primeira, 717 en segunda e 430 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.103, 707 e 428 euros, respectivamente. As cotizacións quedaron do seguinte xeito: Ovos sen cambios e coello á baixa Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: as categorías XL e S quedaron en 1,55 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L quedou nos 1,36 € e a ducia dos de clase M en 1,25 €. Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos caeron un 0,15% ata os 1,70 €/kilo. O porco cebado mantense estable e soben os leitóns Despois de varias semanas consecutivas de baixadas do prezo do porco cebado, a mesa de prezos acordou hoxe manter as cotizacións da semana pasada: 0,895 euros por kilo en selecto e 0,870 en categoría normal, mentres que o canal II quedou en 1,130. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos mantivéronse sen cambios en 1,25 euros o kilo. En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos un 1,5%. Deste xeito quedaron nos 28 euros os procedentes de varias explotacións e nos 33 euros os procedentes dunha única explotación. As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

Baixada dos becerros de Frisona e suba dos de cruce industrial en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola baixada xeneralizada nos prezos dos becerros de recría de raza Frisona, e pola suba dos de Cruce Industrial. No vacún maior os prezos mantivéronse estables. Deste xeito, nos tenreiros de Cruce, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 389 euros, mentres que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 377 e a 439 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 297, 341 e 426 €, respectivamente. Nos becerros de recría de Frisona, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 74 euros, once menos que o pasado martes. Nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, rexistrouse tamén unha baixada: unha media de 91 euros por xato, fronte aos 109 da semana pasada. Tamén cotizaron á baixa os xatos de máis de 51 días: 119 euros por animal fronte aos 144 do pasado martes. No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables: 1.089 euros de media en categoría primeira, 701 en segunda e 439 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.073, 707 e 430 euros, respectivamente. As cotizacións quedaron do seguinte xeito: Suba nos ovos de L e M e coello sen cambios Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos: as categorías XL e S quedaron en 1,55 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L subiu un 0,01% ata os 1,36 €. Idéntica suba se acordou para os de clase M, que quedaron nos 1,25 € a ducia. Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, mantivéronse os 1,85 €/kilo da pasada semana. O porco cebado baixa por debaixo de 1 euro o quilo En porcino, a mesa de prezos acordou realizar unha nova baixada, desta vez un 0,05% en selecto e en categoría normal, que quedaron en 0,920 e en 0,945 euros o kilo, respectivamente. Para o canal II acordouse unha baixada do 0,065%,. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos caeron tamén esta semana un 0,05%. En canto aos leitóns acordouse subir os prezos un 0,5%. Deste xeito quedaron nos 26 euros os procedentes de varias explotacións e nos 31 euros os procedentes dunha única explotación. As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

O sector lácteo é o que máis denuncias e sancións recibe da AICA

O sector lácteo é o que máis denuncias e sancións acumula na Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), o organismo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que se encarga do correcto funcionamento das relacións de compra-venda no sector agroalimentario. Así, segundo o informe de actividade da AICA, entre o 1 de xaneiro de 2014 -cando botou a andar a axencia- e o 1 de setembro de 2015, o sector lácteo acumula máis do 60% das denuncias presentadas e é o máis sancionado por este organismo, con 77 sancións propostas. Malia ser o máis sancionado, o sector lácteo é no que menos inspeccións de oficio fai a AICA O informe feito público hoxe revela que a AICA realizou dende a súa entrada en funcionamento o 1 de xaneiro do pasado ano un total de 663 inspeccións a empresas ou establecementos, controlando unhas 3.000 operacións comerciais. É de destacar que sendo o sector máis denunciado e sancionado, sen embargo o lácteo é dos que menos inspeccións de oficio recibe da AICA: 109 nese período, correspondentes a leite líquido envasado, e só por diante das empresas que traballan con carne de polo, que recibiron 36 inspeccións. Pola contra, a maioría das inspeccións deste organismo do Ministerio corresponderon a froitas e hortalizas, con 353, seguido do aceite de oliva envasado, con 165. 6 de cada 10 denuncias presentadas ante a AICA corresponden ao sector lácteo Ademais destes programas de control e inspección realizados de oficio pola AICA, este organismo tamén recibe denuncias de asociacións ou de operadores por posibles incumprimentos da Lei de Cadea Alimentaria. Neste sentido, salientar que das 91 denuncias que recibiu a AICA, 50 corresponden a denuncias relacionadas co sector lácteo. Destacar tamén que o 36% das denuncias recibidas foron por “posible venda a perdas”, unha práctica que, segundo asegura o Ministerio, “está prohibida pola Lei de Comercio Minorista, pero na que a AICA non ten competencias”. Tamén chama a atención que das 91 denuncias recibidas, a AICA mantén 32 en fase de investigación e resolveu 59, a maioría das cales, en concreto 53, “foron desestimadas ben porque se concluíu que non había infracción ou ben por falta de probas” e só 6 deron lugar a expedientes sancionadores. O sector lácteo acumula a maior parte das sancións: o 36% A partir das inspeccións e das denuncias presentadas a AICA incoou un total de 141 expedientes sancionadores, dos que 29 foron arquivados, 74 atópanse en fase de tramitación administrativa e 38 deron lugar a unha proposta de multa. Estes últimos conlevan un total de 210 sancións. E de novo o sector lácteo ocupa o primeiro posto con 77 sancións, o que supón o 36% do total. En canto aos motivos dos 38 expedientes sancionadores, a maioría (19) son por non contestar aos requirimentos da AICA, seguidos pola falta de contratos (11), por non ter todos os extremos necesarios nos contratos (4) e por incumprimento dos prazos de pagamento (4). A gran distribución acumula o 68% dos expedientes sancionadores Por último, se analizamos os resultados polos distintos chanzos da cadea e operadores comerciais, dos 141 expedientes sancionadores incoados -o que non quere dicir que deran lugar a sanción- pola AICA o 68% corresponde á distribución comercial maiorista; o 27% á distribución minorista; 0 4% á industria alimentaria -un no sector da carne de polo e catro a industrias lácteas- e só o 1% corresponde a produtores, en concreto do sector de froitas e hortalizas. Descarga aquí o informe completo de actividade da AICA.