Archives

Subas nos becerros e baixada nos prezos do vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou, este martes, baixadas nos prezos do vacún maior, mentres que nos tenreiros carniceiros e de recría houbo subida en case todas as categorías. En canto á afluencia de gando, na xornada de hoxe pasaron polo recinto un total de 1.243 animais, dos cales foron adxudicados 1.174; son cifras moi superiores ás da pasada semana. A organización da poxa lembra que o vindeiro martes, con motivo da Semana Santa, só se celebrará a poxa de cebados e vacas, como xa anunciaron previamente. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 120 euros, é dicir 15 euros máis que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 147 euros, o que supón 12 euros máis. Os machos de máis de 50 días obtiveron un prezo medio de 184 euros, cunha lixeira suba de 5 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia tamén foi á alza. Na categoría dos de 15 a 20 días, o valor medio subiu 2 euros e quedou nos 370 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor de referencia foi de 431 euros, é dicir, ascendeu 19 euros. Nos machos de máis de 50 días, o prezo medio foi de 584 euros, o que supón un incremento de 9 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 789 euros, é dicir, 221 euros menos que a semana pasada. Pola contra, os machos de cruces industriais subiron o seu valor 49 euros, ata os 1.068 euros. Mentres, as femias descenderon en 159 euros e quedaron nun valor medio de 717 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Tenreira Galega Suprema descenderon o seu valor 290 euros até conseguir un prezo de referencia de 707 euros. A tendencia foi á baixa no vacún maior. Así, os animais da categoría extra tiveron un valor medio de 2.194 euros (-8 euros). As vacas de primeira cotizáronse a 1.130 euros, o que mostra un descenso de 46 euros. As vacas de segunda baixaron o seu valor en 8 euros e quedan cun prezo de referencia de 770 euros. Nos animais de desfeito o valor medio foi de 428 euros, polo que baixaron 36 euros con respecto á última feira. Os animais comercializados baixo selo Vaca e Boi de Galicia viron reducido considerablemente o seu valor medio (369 euros) con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.895 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino tiveron un incremento esta semana. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal incrementaron o seu valor en 0,02, quedando en 1,835 e 1,810 euros, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,351 euros (+0,026). Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 106 euros (cun prezo de 5,3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 101 euros e cun prezo por quilo de 5,05 euros. Ambos conseguiron un incremento de 2 euros. O mercado do ovo volve rexistrar subas en todas as categorías, menos na XL, que mantén o seu prezo en 2,83. Así, os da L subiron 0,02 e quedan nos 2,34 euros; os da M aumentaron 0,05 euros e chegan a un valor de 2,15 euros e, finalmente, os da S subiron 0,03 e alcanzan os 1,85 euros. O prezo do coello mantense igual e está nos 2,35 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Continúan estables os prezos no mercado de gando de Amio

Unha semana máis, os prezos do mercado de Amio mantivéronse igual que na pasada semana, tanto para o gando de recría para o de matadoiro. En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.586 animais, 100 menos que na do 6 de marzo. En concreto, transcorreron polo recinto 1.327 cabezas de vacún menor (108 menos que na feira da semana pasada); 82 de vacún mediano (8 menos que na anterior) e 177 de vacún grande (16 reses máis). Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Tenreira Galega acordaron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne. Máis información - Táboa de cotizacións de Amio (13-III- 2024).

Subas nos prezos medios dos xatos cruzados de recría e baixada nos frisóns

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou subidas de prezos en case todas as categorías do vacún maior, mentres que na recría e nos tenreiros carniceiros houbo oscilacións. A organización lembra que o martes 26 de marzo suspéndese a subasta de becerros de recría, como xa estaba anunciado; só haberá a de vacas e becerros cebados. En canto á afluencia de gando, na xornada de hoxe pasaron polo recinto un total de 1.033 animais, dos cales foron adxudicados 985; son cifras máis baixas que a pasada semana, que se bateu marca na afluencia de recría. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 116 euros, é dicir, 17 euros menos que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 142 euros (-6 euros) e os machos de máis de 50 días obtiveron un prezo medio de 178 euros, cunha baixada de 4 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia foi á alza. Os de 15 a 20 días cotizáronse a un valor medio de 368 euros (+53 euros); nos machos de entre 20 e 50 días, o valor de referencia foi de 421 euros, é dicir 26 euros máis. Nos machos de máis de 50 días, o prezo medio foi de 578 euros, o que supón un incremento de 28 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 987 euros, é dicir, 133 euros máis que a semana pasada; as femias incrementaron o seu prezo en 188 euros e quedaron nun prezo de 569 euros. Os de cruce industrial subiron 1 euro e chegaron aos 1.064 euros; as femias sumaron 29 euros e alcanzaron un prezo medio de 927 euros. Pola contra, os machos de Rubia Galega baixaron o seu valor 4 euros, ata os 1.069 euros. Mentres, as femias sumaron 26 euros no prezo de referencia con respecto do valor da semana pasada e quedan nos 934 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema subiron 92 euros ata conseguir un prezo de referencia de 1.167 euros. A tendencia foi tamén á alza no vacún maior, con excepción nunha categoría. Os animais da extra tiveron un valor medio de 2.133 euros (+59 euros). As vacas de primeira cotizáronse a 1.171 euros, o que mostra unha suba de 11 euros. As vacas de segunda baixaron o seu valor en 19 euros e quedan cun prezo de referencia de 743 euros. Nos animais de desfeito o valor medio foi de 530 euros, polo que sumaron 2 euros con respecto á última feira. Os animais comercializados baixo selo Vaca y Buey de Galicia tamén viron incrementado o seu valor medio en 364 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.132 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino tiveron un incremento esta semana. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal incrementaron o seu valor en 0,03, quedando en 1,785 e 1,76 euros, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,286 euros (+0,039). Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo (+0,03). Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 104 euros (cun prezo de 5,2 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 99 euros e cun prezo por quilo de 4,95 euros. Ambos conseguiron un incremento de 2 euros. O mercado do ovo continúa esta semana con subas en boa parte das categorías. Só os ovos da XL se manteñen sen cambios e están a 2,81 euros a ducia. Mentres, os da L tiveron unha suba de 0,02 euros e quedaron en 2,30 euros a ducia. Nos ovos da M e da S o incremento foi de 0,04 euros e páganse a 2,06 e 1,78 euros, respectivamente. As galiñas de descarte semipesadas mantéñense igual e cotízanse entre os 0,26 e os 0,34 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,35 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Abertas as inscricións para a poxa de animais da gandería de Mouriscade

A Deputación de Pontevedra ten aberto ata o vindeiro luns, 11 de marzo o prazo de inscrición para a poxa de animais da gandería de Mouriscade.  As persoas físicas ou xurídicas interesadas, que deberán estasr inscritas no Rexistro de Explotacións Gandeiras, deben formalizar a inscrición a través da sede electrónica da institución provincial. En total ofértanse 19 vacas de raza frisoa cun prezo de saída de 1.750 euros, polas que se poderá poxar nas instalacións da finca en Lalín o martes 2 de abril, ás 11:00 horas.  Para poder participar na poxa é preciso presentar o modelo de inscrición previa cunha declaración responsable asinada conforme as persoas que poxan están inscritas no Rexistro de Explotacións Gandeiras, entre outra documentación. As ofertas económicas non poderán ser, en ningún caso, inferiores ao importe sinalado como prezo de saída no catálogo, 1.750 euros por exemplar.  A partir dese importe, o incremento na poxa deberá facerse de viva voz, alzando o cartel co número de identificación da persoa licitadora e en tramos de 50 euros. O proceso rematará no momento en que deixen de presentarse novas ofertas, quedando como persoa licitadora aquela que tivese realizado a poxa máis elevada (no caso de empate, acudirase ao sorteo). Cabe reseñar que a Finca Mouriscade é a quinta mellor granxa de España en calidade xenética dos seus animais, soamente por detrás de dúas ganderías barcelonesas (primeira e cuarta), unha coruñesa (terceira) e a lalinense G. B. Gandería (segunda). “Esta clasificación confirma que as tenreiras que naceron en Mouriscade a partir dos últimos embrións e o traballo realizado polos profesionais do laboratorio están a contribuír de xeito decisivo á mellora xenética da gandería, e como consecuencia á mellora da eficiencia produtiva das ganderías da provincia”, destacan desde a Deputación.

Estes son os animais que se poxarán este sábado en Chantada

Este sábado, 2 de marzo, a localidade lucense de Chantada levará a cabo a súa primeira poxa de gando frisón deste ano, organizada por AFRICOR Lugo, o Concello de Chantada e a cooperativa AIRA. Nesta edición tamén se ofertarán vacas procedentes dunha gandería ecolóxica. A poxa celebrarase a partir das 12:00 horas no mercado gandeiro. Sairán á venda un total de 19 animais procedentes de gandarías da provincia de Lugo: 15 vacas paridas e 4 xovencas próximas ao parto. Os compradores terán vantaxes como o transporte gratuíto para as ganaderías da provincia de Lugo, e 3 doses gratuítas de Sundowner, e outras 3 de Ripley, gracias á colaboración de Xenética Fontao. Estes son os 19 animais que sairán a venda:

Ascenso no prezo do vacún maior en Silleda

Os prezos da Central Agropecuaria de Galicia deste martes tiveron unha tendencia á alza en xeral. Así, o vacún maior tivo unha subida en case todas as categorías, do mesmo xeito que os tenreiros carniceiros. Como xa se anunciara, na xornada de hoxe só concorreron ao recinto animais de vacún maior e becerros carniceiros. A suspensión de becerros de recría foi acordada entre a Central e os principais operadores. Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É necesario ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos becerros carniceiros, nos machos só tivo subida a raza cruce industrial, que alcanzou un prezo medio de 1.066 euros, 127 euros máis que a pasada xornada. Pola contra, na raza frisoa houbo un descenso de 106 euros e quedou nos 563 euros; o mesmo sucedeu na Rubia Galega que caeu ata os 1.105 euros (-36 euros). Nas femias, as de raza frisoa tiveron un prezo de 338 euros; nas de cruzamento industrial houbo unha subida de 118 euros e quedou cun prezo medio de 946 euros e, por último, nas de Rubia Galega alcanzou os 968 euros (+46 euros). A Ternera Gallega Suprema tivo un prezo nesta sesión de 1.113 euros (+144 euros). Pola súa banda, no vacún maior houbo subida en case todas as categorías, fóra da segunda, que tivo unha caída de 25 euros e rexistrou un valor medio de 723 euros. Na categoría extra, o prezo medio estivo en 1.952 euros (+7 euros); na primeira foi de 1.172 euros (+26 euros) e na de desfeito quedou en 499 (+28 euros). No caso dos animais comercializados baixo selo de Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.126 euros (-201 euros). Mesas de prezos Esta semana o porco cebado tivo lixeiras subas mentres que os leitóns se manteñen igual. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,695 e 1,67 euros o quilo, respectivamente, e rexistran unha suba de 0,02 euros. Os porcos de canle II están a 2,169 (+0,026) e os animais de descarte cotízanse entre 0,83 e 0,89 euros o quilo (+0,03). Os leitóns chegados dunha única granxa están agora nos 98 euros (cun prezo de 4,9 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 93 euros e cun prezo por quilo de 4,65 euros. O mercado do ovo presentou lixeiras baixadas esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,81 (-0,02) euros a ducia, os da L están a 2,26 euros (-0,02), os da M están a 1,97 euros e os da S a 1,69 euros, estes dous últimos mantéñense sen variación. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,35 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 8 de febreiro.

Caída de prezos do vacún maior en Silleda

O vacún maior rompeu a tendencia da pasada semana e rexistra unha baixada dos prezos medios na Central Agropecuaria de Galicia, con descenso en tódalas categorías. Nos becerros de cebo a tendencia foi á baixa, mentres que na recría houbo subas. En canto a próximas poxas, a Central Agropecuaria anuncia que a poxa de becerros de recría non se levará a cabo o vindeiro martes, 13 de febreiro, se ben si se celebrarán as de vacún maior e becerros carniceiros. Esta suspensión, consensuada entre a Central e os principais operadores do mercado, como os que trasladan animais a outras comunidades autónomas, estenderase a algunhas outras sesións ao longo do ano. Así, non se celebrará a poxa de becerros de recría tampouco o 30 de abril. Ademais, debido ás xa referidas suspensións, que se farán na poxa de recría, e tamén á especial merma na concorrencia de animais por tratarse de festividades de gran relevancia, a Central decide suspender a totalidade de poxas (tamén vacún maior e becerros carniceiros) nas seguintes datas: 26 de marzo; 13 de agosto; 24 de decembro; e 31 de decembro. Así mesmo, como xa era habitual todos os anos, suspenderanse a totalidade de poxas o 28 de maio, debido á celebración esa semana da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Por outra banda, indicar que estes operadores tamén chegaron a acordos similares con outros mercados, se ben as datas non teñen por que coincidir coas establecidas para a Central Agropecuaria de Galicia ABANCA. Prezos do vacún deste martes Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, subiron 33 euros e quedaron nun valor medio de 119 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 141 euros (+ 8). Os becerros pintos de máis de 50 días acadaron unha suba de 37 euros, o que deixa un prezo de referencia de 176 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral foi á baixa, agás nos machos de máis de 50 días. Así, nos machos de 15 a 20 días a baixada foi de 24 euros e cotízanse a 281 euros; nas femias foi de 37 euros e quedouse en 184 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 367 euros, logo dunha baixada de 30 euros con respecto da feira anterior. Nas femias desta categoría o descenso foi de 23 euros e quedan cun valor de referencia de 252 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha suba de 41 euros e pasan a cotizarse de media a 573 euros, mentres que as femias tiveron un descenso de 7 euros e sitúanse nun valor medio de 373 euros. No caso dos becerros de cebo houbo unha oscilación nos prezos. Nos machos de cruces industriais rexistrouse unha suba de 42 euros con respecto do prezo medio da semana pasada, e o prezo de referencia queda en 939 euros. Nas femias produciuse un descenso de 88 euros e acadan un valor medio de 828 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.141 euros, ó rexistrar unha caída de 60 euros. As femias desta raza están nos 922 euros, logo dun descenso de 17 euros con respecto da semana anterior. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 968 euros (-48 euros). No vacún maior a tendencia foi á baixa en todas as categorías. Así os prezos quedaron da seguinte maneira: na categoría extra cun prezo medio de 1.995 euros (-135); na primeira de 1.146 (-32 euros); na segunda de 748 (-10 euros) e na de desfeito quedou en 471 (-28). No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.327 euros (+324 euros). Mesas de prezos Esta semana o porco cebado mantense de novo estable ao igual que os leitóns. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de canle II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,8 e 0,86 euros o quilo. Os leitóns experimentaron mantéñense igual. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 98 euros (cun prezo de 4,9 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 93 euros e cun prezo por quilo de 4,65 euros. O mercado do ovo presentou lixeiras baixadas esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,83 (-0,03) euros a ducia, os da L están a 2,28 euros (-0,03), os da M están a 1,97 euros (-0,01) e os da S mantéñense sen variación, a 1,69 euros. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,35 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 1 de febreiro.

Poxa de gando frisón o 2 de marzo en Chantada

O sábado 2 de marzo terá lugar en Chantada a primeira poxa do ano de frisón da provincia, organizada por Africor Lugo coa colaboración do Concello de Chantada e da Cooperativa Aira. A cita será no mercado gandeiro ás 12:00 horas. O prazo de inscrición remata o vindeiro 29 de xaneiro.  

Baixada nos prezos da recría frisoa e suba no vacún maior en Silleda

O vacún maior mantivo esta semana a tendencia á alza na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca con subas en case tódalas categorías. Nos becerros de cebo a tendencia foi a baixa, ao igual que nos de recría, nos que case non houbo subas nos prezos de referencia. En canto á afluencia de gando, polo recinto pasaron un total de 1.086 animais, dos cales foron adxudicadas un total de 1.024 cabezas; tamén son cifras menores que na pasada semana. Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, mantiveron o prezo en 63 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días tiveron un valor medio de 110 euros (+ 11). Os becerros pintos de máis de 50 días acadaron unha suba de 31 euros, o que deixa un prezo de referencia de 180 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral foi á baixa, agás nas femias de máis de 50 días. Así, nos machos de 15 a 20 días a baixada foi de 15 euros e cotízanse a 358 euros; nas femias foi de 56 euros e quedouse en 183 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 376 euros, logo dunha baixada de 27 euros con respecto da feira anterior. Nas femias desta categoría o descenso foi de 14 euros e quedan cun valor de referencia de 251 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha caída de 19 euros e pasan a cotizarse de media a 516 euros, mentres que as femias tiveron un aumento de 34 euros e sitúanse nun valor medio de 409 euros. No caso dos becerros de cebo houbo unha oscilación nos prezos. Nos machos de cruces industriais rexistrouse unha baixada de 24 euros con respecto do prezo medio da semana pasada, e o prezo de referencia foi de 934 euros. Nas femias produciuse un aumento de 20 euros e acadan un valor medio de 886 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.106 euros, ó rexistrar unha caída de 53 euros. As femias desta raza están nos 919 euros, logo dun descenso de 44 euros con respecto da semana anterior. Pola súa banda, os de raza frisón cotízanse a 895 euros (+41) e as femias tiveron unha gran caída (-628) quedándose nos 177 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.105 euros (-70 euros). No vacún maior a tendencia foi á alza, agás nos animais de da categoría extra, que descontaron 77 euros con respecto da semana anterior e quedan cun valor de referencia de 2.084 euros. Pola súa banda, as vacas da categoría primeira tiveron un prezo medio de 1.167 euros, o que amosa unha suba de 11 euros. As vacas de segunda experimentaron un incremento de 19 euros e quedan nos 750 euros. Os exemplares de descarte cotizáronse a un prezo medio de 482 euros, o que supuxo un aumento de 52 euros con respecto da semana pasada. No caso dos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 2.244 euros (-922 euros). Estabilidade nas mesas de prezos Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns seguen á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de canle II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 1 euros para ambas as categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 98 euros (cun prezo de 4,9 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 93 euros e cun prezo por quilo de 4,65 euros. O mercado do ovo presentou lixeiras baixadas esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,90 (-0,03) euros a ducia, os da L están a 2,34 euros (-0,03), os da M están a 2 euros (-0,02) e os da S a 1,70 euros a ducia (-0,02). As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 18 de xaneiro.

Media de 2794 euros por animal na Poxa de Gando Frisón de Santa Comba

Este domingo celebrouse na localidade coruñesa de Santa Comba a edición número vintecinco da súa Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña, en colaboración co concello, a deputación, Xunta de Galicia e a cooperativa Xallas. Finalmente vendéronse 27 animais cun prezo medio de 2794 euros, unha cotización alta na liña das últimas subastas celebradas en Galicia. O prezo máis alto acadouno GRILLE DELTA LAMBDA AL 1756, da gandería Grille S.Cooperativa, que foi adquirida por 3.900 euros por Granxa Riveiro, de Vimianzo (A Coruña). Velaquí os resultados completos:

Estes son os 28 animais que este domingo se poxarán en Santa Comba

A localidade coruñesa de Santa Comba celebra este domingo, 21 de xaneiro, a edición número vintecinco da súa Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña, en colaboración co concello, a deputación, Xunta de Galicia e a cooperativa Xallas. A cita será a partir das 11:00 horas no recinto feiral. Velaquí a listaxe de animais e das ganderías de prodencia:

Xornadas técnicas o venres

No marco desta poxa este venres celebraranse no edificio multiúsos unhas xornadas técnicas co seguinte programa:

Descarga aquí o católogo

Subas no prezo do vacún maior e baixada da recría en Silleda

Boa parte do gando de recría e xatos de cebo que se vendeu este martes na Central Agropecuaria de Galicia Abanca tivo prezos menores que a semana pasada. Mentres, tanto no vacún maior experimentou un aumento. En canto á afluencia de gando, polo recinto pasaron un total de 1.184 animais, dos cales foron adxudicadas un total de 1.117 cabezas. Prezos do vacún Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría raza frisoa, os machos máis novos de menos de 20 días, baixaron lixeiramente o seu valor en 33 euros e sitúanse nos 63 euros. Nos exemplares frisóns de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 99 euros (+5 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días tiveron unha suba de case dous euros e alcanzan un valor medio de 149 euros. Nos tenreiros de recría de cruces industriais a tendencia non foi clara, xa que houbo subidas e baixadas. Os tenreiros máis novos sumaron 111 euros con respecto da última poxa e alcanzaron un valor medio de 373 euros. As femias desa categoría, pola contra, baixaron en nove euros e quedaron nun prezo medio de 239 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 403 euros, ao caer en 5 euros. Nas femias tamén houbo un descenso de 18 euros e alcanzan os 265 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos tiveron unha subida de 39 euros e teñen un prezo de referencia de 535 euros, mentres que as femias tiveron unha baixada de 7 euros e sitúanse nun valor medio de 375 euros. Nos becerros de cebo tampouco houbo unha tendencia clara. Nos machos frisóns o prezo medio foi de 854 euros (na anterior poxa non se adxudicou ningún animal nesta categoría). No caso das femias, adxudicáronse por unha media de 805 euros (+60 euros). Os machos de cruces industriais tiveron unha baixada do prezo bastante pronunciada (160 euros) e quedan cun valor medio de 958 euros. As femias cotizáronse a 866 euros, é dicir 55 euros menos que a semana pasada. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.159 euros, ao rexistrar unha subida de 18 euros. As femias desta raza están nos 963 euros, ao baixar 85 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.104 euros (- 3 euros). No vacún maior a tendencia foi alza. Así, nos de extra o prezo incrementouse 105 euros e chegaron aos 2.161 euros. Do mesmo xeito que na categoría primeira, que alcanzaron os 1.156 euros (+24 euros), e na segunda, que chegaron aos 731 euros (+18 euros). Pola contra os animais de descarte cotizáronse a un prezo medio de 433 euros, o que supuxo unha baixada de 62 euros con respecto á última poxa. Mesas de prezos Esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os lechones seguen á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os lechones experimentaron un incremento de 1 euros para ambas as categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 97 euros (cun prezo de 4,85 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 92 euros e cun prezo por quilo de 4,6 euros. O mercado do ovo presentou lixeiras baixadas esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,93 (-0,05) euros a ducia, os da L están a 2,37 euros (-0,03), os da M están a 2,02 euros (-0,02) e os da S a 1,72 euros a ducia (-0,02). As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo, segundo a última Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), do pasado 11 de xaneiro.

Estas son as 26 xovencas e vacas que sairán a venda este domingo en Mazaricos

O recinto feiral da Picota (Mazaricos, A Coruña) acollerá este domingo, 3 de decembro, a edición número quince da Poxa de Xovencas de Raza Frisona Memorial José Moreira, organizada por Africor Coruña e o Concello de Mazaricos. Sairán a venda un total de 26 animais, entre xovencas e primeirizas, procedentes de ganderías da provincia da Coruña. As poxas darán comezo ás 11:00 horas e ao finalizar haberá sorteos de varios agasallos valorados en 2.000 euros. O prezo de saída de cada lote, que se dará a coñecer no momento da exhibición, será fixado polo propietario e a comisión organizadora. Os compradores recibirán como agasallo 3 doses de seme de cada un dos touros “GABRIELLE” e “GIGANTIC”, obsequio de Xenética Fontao

Ganderías participantes:

Animais que sairán a poxa:

Descarga aquí o catálogo da poxa

A Xunta poxará 44 lotes de madeira na provincia de Ourense o 15 de decembro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución da convocatoria dun alleamento de madeiras en Ourense, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, nunha poxa pública electrónica que terá lugar na Delegación Territorial da Xunta na provincia ourensá. Nesta poxa, adxudicaranse 44 lotes cun valor total de 1.310.202,92 euros, dos cales 29 contan con certificación forestal sostible PEFC e 14 dispoñen da dobre certificación, PEFC e FSC, os dous sistemas de certificación máis implantados no mundo. Case todos os lotes, pertencen a comunidades de montes veciñais en man común que teñen convenios ou consorcios de xestión forestal coa Consellería do Medio Rural. As empresas que opten aos lotes deben ter un certificado de cadea de custodia, que garante a trazabilidade da madeira. A certificación forestal sostible asegura que a xestión dos bosques de onde procede a madeira é respectuosa co medio ambiente, mentres cumpre con outras funcións ecolóxicas, económicas e sociais. Os lotes suman máis de 63.000 metros cúbicos de madeira de coníferas, unha pequena porción de eucalipto branco e chopo negro. Ademais, é toda verde e será vendida baixo os sistemas de risco e ventura e a resultas de liquidación final. Ao igual que en poxas electrónicas anteriores, os licitadores realizarán os trámites de forma telemática, dende a consulta dos lotes dispoñibles ata a poxa final. Para seguir todo o proceso, disporán dunha sala virtual creada para tal fin.

Plataforma de consulta

Os interesados en poxar por algún destes lotes dispoñen dunha plataforma desenvolvida pola Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para consultalos e obter información sobre as súas características a través dun visor web cartográfico creado polo Instituto de Estudos do Territorio. Ademais, este espazo tamén permite facer consultas ou buscas por múltiples campos, exportar en formato PDF os planos ou descargar os límites dos lotes en dispositivos móbiles, para localizar facilmente as superficies arboradas obxecto de poxas públicas. Por outra banda, os licitadores terán que presentar as súas ofertas económicas a través da sede electrónica da Xunta, apoiándose nun videotitorial elaborado para axudar nesta situación.

Enlace á publicación do DOG