Archives

Obradoiro en Outeiro de Rei de identificación e procesado de plantas medicinais

A Deputacion de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras Do Miño, en colaboración co Sindicato Labrego Galego e o Concello de Outeiro de Rei, organizan un obradoiro de identificación e procesado de plantas medicinais. Será os vindeiros 15 e 16 de xuño, en horario de 16:00 a 20:00 horas no Centro Cultural de Outeiro de Rei. Imparte Lola Tourón. As inscrición poden realizarse no seguinte formulario: https://forms.gle/4jpQi1fdKhBeWVQX6 Máis información no teléfono 981 231 154 (Belén) ou enviando un correo a lugo@sindicatolabrego.gal

Curso sobre aproveitamento de plantas silvestres para a agricultura ecolóxica

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco, organiza o curso “A horta menciñeira”, no que se impartirá formación sobre aproveitamento de plantas silvestre en agroecoloxía. As aulas terán lugar os xoves de abril, maio e xuño en horario de 16:00 a 19:'00 horas. As persoas interesadas en asistir poden chamar ao 981 73 30 51 ou ao 649 587 935 O prezo do curso completo é de 100 euros e de 90 para socios da asociación EFA Fonteboa. Velaquí o programa completo:

Xornada formativa en Boqueixón sobre cultivo de plantas medicinais e aromáticas

O centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Boqueixón, dependente da Consellería do Medio Rural, acollerá un curso de formación e adquisición de competencias sobre os cultivos das plantas aromáticas e medicinais. A acción formativa ten unha duración total de 12 horas que se reparte en dúas xornadas: o día 11 de xuño (en horario de mañá) e o 18 de xuño (en quenda de mañá e tarde). O obradoiro aborda tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre o estudo do cultivo e da comercialización ecolóxica das plantas. Esta iniciativa está dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, e tamén ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto a xuventude do medio rural. Pódese facer a inscrición en liña nesta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 867 331, ou enviarse un correo a cursos.agacal.sergude@xunta.gal.

Curso de iniciación á produción de cultivos alternativos na horta

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), en colaboración coa Fundación Juana de Vega organiza un “Curso de iniciación á produción de cultivos alternativos na horta”, como plantas medicinais ou biofertilizantes, entre outros. A formación impartirase de marzo a xuño de 2021 todos os xoves en horario de 16,00 a 19,00 horas. Contidos: -Deseño e preparación de bancais. -As plantas medicinais: identificación e coidados -Elaboración de preparados biolóxicos para a loita ecolóxica -Elaboración de nutrientes para as plantas: biofertilizantes, abonos verdes. -Recolleita e elaborados de plantas -Elaboración de remedios medicinais con plantas silvestres -Elaboración de receitas medicinais e preparados culinarios Público destinatario: -Pequenos produtores que queiran iniciar a produción de cultivos hortícolas en ecolóxico. -Persoas que queiran transformar a súa produción convencional en ecolóxica. -Consumidores que dispoñan dunha pequena horta e pretendan producir en bio os seus propios alimentos. Inscrición: Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa. Teléfono 981 733 051 e email inscricion@efagalicia.org Prezo: Socios da Asociación EFA Fonteboa:100 €. Non Socios: 120 €

Curso sobre aproveitamento comercial de plantas medicinais e aromáticas

A Consellería do Medio Rural organiza o vindeiro día 21 de setembro na Estrada un curso sobre “Aproveitamento sustentable de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético”.

A inscrición é gratuíta para esta xornada que se celebrará na sala de actos da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. Está dirixida a todas aquelas persoas con interese no aproveitamento comercial deste recurso que presenta unha crecente demanda e que pode supor unha importante fonte de creación de riqueza e emprego no rural.

O aforo está limitado a 35 persoas. As persoas interesadas deben enviar a ficha de inscrición cuberta a infolourizan.mr@xunta.gal

Programa:

A xornada comezará ás 9:30 horas co seguinte programa:

-” Presentación da xornada e descrición do proxecto: Obtención de infusións e esencias a partir de procedencias galegas de especies silvestres medicinais e aromáticas”. Dr. Francisco Javier Silva Pando (Coordinador científico do proxecto) Centro de Investigación Forestal de Lourizán

– “Plantas de interese medicinal, aromático e cosmético en Galicia”. Dr. Francisco Javier Silva.

– “Principios activos das plantas medicinais: Actividade terapéutica dos principais grupos”. Dr. Nicanor Floro Andrés Rodríguez, director Técnico da oficina de Farmacia, Vigo

-Pausa-café 30 minutos

-”O cultivo de plantas de interese medicinal, aromático e cosmético. Posibilidades de Galicia”. Dra. Rosa Romero Franco (EPS. Universidade de Santiago de Compostela)

-”O procesado industrial das plantas medicinais, aromáticas e cosméticas”. Dna. Carmen Valiño Vázquez (Milhulloa, Palas de Rei)

-Almorzo (O xantar non está incluído na actividade formativa)

16:00 – 20:00 h Taller práctico:

– “Normas de recolección de plantas para uso medicinal e aromático”. Dr. Francisco Javier Silva Pando e Dna. Mª José Rozados Lorenzo,do Centro de Investigación Forestal de Lourizán

– “Obtención de extractos de plantas medicinais e aromáticas. Oleatos, tinturas, destilados e hidrolatos florais”. Dna. Carmen Valiño Vázquez e Dna. María Jesús Expósito Casal, de Milhulloa, , e Dna. Mª José Rozados Lorenzo, do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Descarga aquí o programa

Descarga aquí a ficha de inscrición