Archives

O Ministerio de Agricultura asigna 12,7 millóns de euros de axudas da PAC para novos agricultores

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación asigna máis de 12,7 millóns de euros da reserva nacional de pago básico da campaña PAC 2022 para a instalación de novos agricultores e gandeiros, que benefician a 2.488 produtores que inician a súa actividade. O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) asignou 12.796.785 euros da reserva nacional de pago básico da Política Agraria Común (PAC) a 2.488 agricultores e gandeiros que inician a súa actividade, correspondentes á campaña de 2022. A asignación media por beneficiario alcanza os 5.143,40 euros. Esta asignación é unha das medidas contempladas no primeiro alicerce da PAC para apoiar aos mozos e novos agricultores que cumpran determinadas condicións de instalación e formación establecidas na normativa. Para todos os beneficiarios desta asignación de dereitos da reserva nacional da campaña 2022, levará a cabo a conversión definitiva dos seus dereitos de pago básico a dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade no marco da campaña de solicitude 2023. Os mozos e outros agricultores e gandeiros que comecen a actividade agraria seguirán tendo prioridade nas asignacións da reserva nacional da nova axuda básica á renda para a sustentabilidade para o período 2023-2027. O 85 % dos beneficiarios deste pago, 2.124 agricultores e gandeiros, son novos, que percibiron unha asignación total de 10.881.667,52 euros (5.123,20 euros de media por beneficiario). Así mesmo, a reserva nacional de pago básico concedeu a outros agricultores e gandeiros que comezan a actividade agraria un total de 1.915.116,90 de euros, a repartir entre 364 beneficiarios, o que supón unha asignación media de 5.261,31 euros por beneficiario. Segundo a información enviada polas comunidades autónomas á base de datos de xestión de dereitos de pago básico do FEGA, a distribución final da reserva nacional 2022 foi a seguinte: Estes datos consolidan a tendencia de crecemento da asignación da reserva nacional observada no período 2015-2022 con respecto á anterior etapa da PAC (2007-2014). Así, no conxunto deste último ciclo asignáronse dereitos de pago básico a 26.092 agricultores e gandeiros por un importe de máis de 135 millóns de euros, cunha media de 16,9 millóns de euros anuais, cando no período anterior esta media anual foi de cinco millóns de euros. Fronte á media anual de 1.050 mozos que recibiron dereitos da reserva entre 2007 e 2014, no período 2015-2022 atendeuse a 2.845 mozos cada ano.

Asignados novos dereitos da reserva nacional de pago básico da PAC

O Fondo Español de Garantía Agraria resolveu a asignación da reserva nacional do réxime de pago básico correspondente á campaña 2021 por un importe total de máis de 10,7 millóns de euros, repartidos entre 2.115 beneficiarios, dos cales 72 son de Galicia. A superficie galega cuberta é dunhas 932ha, e recibe un importe de 161.822 euros. Nesta táboa amósanse as persoas beneficiarias por Comunidade Autónoma O valor dos novos dereitos correspóndese co valor medio dos dereitos da rexión na que estean localizadas as parcelas dos solicitantes da reserva nacional. Ademais, se unha persoa agricultora beneficiaria xa dispón de dereitos con anterioridade e o seu valor é inferior ao da media rexional, os valores unitarios anuais increméntanse ata alcanzala. Os agricultores mozos representan o perfil maioritario de persoas beneficiarias desta reserva nacional 2021. Estas persoas, ademais, poderán beneficiarse dun pago complementario, que supón o 50% do importe medio dos seus dereitos activados, ata unha cantidade máxima de 90. Así mesmo, a reserva nacional de pago básico concedeu a 304 beneficiarios de todo o país que comezan a actividade agraria, un total de 1.384.704€.

Importes en cada rexión para os dereitos de pago básico da PAC 2021

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar un informe cos valores medios rexionais dos dereitos de pago básico das axudas da PAC na campaña 2021. O documento mostra o cálculo dos valores medios rexionais actualizados para  cada unha das 50 rexións de pago básico establecidas desde o ano 2015 en España. De face á próxima PAC tanto o Ministerio como a Comisión Europea pretenden reducir este número de rexións. O valor medio da axuda oscila desde os 83 aos 1416 euros por hectárea, segundo a rexión e o uso agropecuario do terreo.

Cálculo para a campaña 2021:

TC (Terras de cultivo), CP (Cultivos permanentes), PA (Pastos).

Valores dos dereitos de pago básico por rexión en terras de cultivo en secaño:

Valores dos dereitos de pago básico por rexión en terras de cultivo en regadío:

Valores dos dereitos de pago básico por rexión en terras de cultivos permantes:

Valores dos dereitos de pago básico por rexión en terras de pastos: