Archives

Xornada de formación sobre os aspectos prácticos da normativa forestal

O Servizo de Montes de Ourense organiza o curso ‘Aspectos prácticos da normativa forestal’ que terá lugar en dous municipios do Distrito XII. A primeira edición será o 8 de novembro en Baños de Molgas, na Aula Multiusos do Centro de Saúde -código do curso FC2022F132059-; a segunda celebrarase o 10 de novembro no Centro Empresarial Transfronterizo de Barbadás - código do curso FC2022F132058-. O horario de ambos será de 17.00h a 21.00h e a súa asistencia require de preinscrición. O obxectivo destas actividades é “achegar a poboación do medio rural como lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándonos nos procedementos máis habituais que a maioría dos/as habitantes de aldeas e pobos van a necesitar nalgún momento”. Desta maneira, entre os contidos do curso estarán as obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios; os usos do lume e permisos de queima; as actividades en terreos queimados; as repoboacións forestais, e os aproveitamentos de madeira. O encargado de impartir estas temáticas será o axente forestal Fernando Moure. Para máis información está habilitado o teléfono 988386706 e o correo electrónico maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal.

Curso en Ourense sobre aspectos prácticos da normativa forestal

O Servizo de Montes de Ourense, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre os aspectos prácticos da normativa forestal. O obradoiro darase no salón de actos da delegación local do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral o vindeiro mércores, 29 de xuño, en horario de tarde dende as 16:30 ás 20:30 horas. O programa deste curso aborda aspectos prácticos da lei de montes e da lei de incendios forestais. Os alumnos serán formados en nocións tales coma repoboacións forestais, obrigas de xestión da biomasa, actividades en terreos queimados ou cambios de actividade no monte, entre outros aspectos. A inscrición pode realizarse online dende seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 988 386 706, ou enviarse un correo a maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal