Archives

Consellos para mellorar o tempo que esperan as vacas no muxido

Víctor Manuel López, durante a súa intervención nas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro O veterinario Víctor Manuel López Rodríguez ofreceu nas XX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro algúns consellos prácticos para reducir as incomodidades do gando na sala de espera, un lugar polo que as vacas pasan cando menos dúas veces ao día e que se pode converter nun foco de estrés para elas. “A sala de espera debería ser unha zona de transición rápida onde as vacas permanezan o menor tempo posible, non un lugar onde as amoreamos á espera de ser muxidas”, asegura Víctor, que na súa charla, titulada A sala de espera desespera, deu unha serie de recomendacións sobre como manexar as vacas no período de tempo que pasan desde que saen da zona de alimentación e cubículos até que entran na sala de muxido.
A sala de espera non debería existir como un lugar onde amoreamos vacas, senón unha zona de transición rápida
“A sala de espera desespera, pero a quen? Ás vacas, aos gandeiros, á rendibilidade da explotación?”, preguntouse o veterinario do servizo de calidade do leite de Seragro, que detallou que na actividade diaria óptima da vaca tres cuartas partes do seu tempo (unhas 18 horas) debería pasalo rumiando e descansando. “Debemos conseguir que as vacas pasen a maior parte do día comendo e descansando”, insistiu, polo que é contraproducente que transcorra máis dunha hora desde que a vaca sae da zona de cubículos e alimentación para ir muxirse até que volve. Adaptar os lotes á capacidade da sala de muxido Por iso, é fundamental adaptar o tamaño dos distintos lotes á capacidade da sala de muxido (número de puntos), de maneira que se reduza o tempo de espera. “O tempo na sala de espera debería ser o menos posible; o ideal sería que as vacas non botasen máis de 30 minutos esperando e un cuarto de hora muxíndose”, explica Víctor.
O ideal sería que as vacas non botasen máis de 30 minutos na sala de espera e 15 minutos na sala de muxido
O tempo de muxirse debería estar entre os 10 e os 15 minutos, en función da produción do animal, o momento da lactación e o tipo de vaca (velocidade de fluxo, vacas duras, etc). Ese tempo incluiría a entrada e saída á sala de muxido (a sala paralela e a rotativa son máis rápidas para a entrada e saída dos animais que a tándem e a espiña de peixe), o tempo de preparación (entre minuto e minuto e medio) e o tempo de muxido propiamente dito (entre 4 e 6 minutos). “Se temos 4 voltas de vacas por 15 minutos de media de tempo de muxido son xa os 60 minutos, que sería o tempo máximo que debería estar unha vaca fóra da zona de alimentación e descanso”, indica o veterinario de Seragro. Deseño da sala de espera “As salas de espera deben ser máis longas que anchas, cunha proporción 2 a 1 (2 metros de longo por cada un de ancho), con entrada pola parte de atrás para que ao entrar as vacas se dirixan á sala de muxido, que é o que queremos”, asegura.
Nas salas moi anchas as vacas dispérsanse moito e non se favorece o avance cara á sala de muxido
O espazo idóneo nunha sala de espera é de 1,8 metros cadrados por vaca. “Se temos moitas vacas coa cabeza erguida e co lombo arqueado quere dicir que non respiran e non caben ben. Se iso pasa na vosa sala de espera é que tendes vacas de máis ou sitio de menos”, dixo Víctor aos gandeiros asistentes ás xornadas técnicas de vacún de leite. Para ampliar a capacidade da sala de espera pode pecharse con cancelas algún pasillo da zona de cubículos pero non se deben aproveitar espazos mortos que non sexan axeitados. “As salas de espera con recovecos fan que constantemente teñamos que ir buscar vacas”, di Víctor.
O arrimador é unha ferramenta que hai que usar con sentidiño, non é un apilador de vacas
As entradas deben ser amplas. “Se traballamos con lotes de entre 80 e 90 vacas faríannos falla 3 metros de anchura na entrada á sala de espera e con máis de 100 vacas necesitariamos 5 metros. Deste xeito conseguimos que entren de maneira doada e evitamos que se golpeen”, aclara.
Debemos evitar que as entradas ás salas de espera sexan polos laterais, porque iso crea certo caos
En canto á pendente do chan da sala de espera, Víctor asegura que “se pode ser do 0% mellor, pero como máximo do 2-3%”. “Con pendentes moi elevadas ás vacas cústalles moito avanzar e acentúanse os problemas podais porque cargan máis peso nas patas posteriores e tenden a poñerse de lado ou mesmo de cu cara a sala de muxido.
A pendente do chan non debe superar o 2-3% para que ás vacas non lles custe avanzar e non provocar problemas podolóxicos
Ademais nos sistemas de lavado do chan por flushing, “cando temos pendentes elevadas a auga baixa moi rápido e en vez de arrastrar o lixo do chan salta por riba del e temos un lavado moi ineficaz”, asegura. Iluminación e ventilación Debido ao cambio climático, o estrés calórico do gando nos establos vai a máis e débese aproveitar o momento do muxido para baixar a temperatura corporal dos animais. “A sala de espera é un lugar perfecto para refrixerar as vacas, porque van pasar por ela 2 ou 3 veces ao día”, lembra o veterinario de Seragro.
A sala de espera é un lugar perfecto para refrixerar vacas e que entren frescas e tranquilas a muxirse
A sala de espera debe estar ben ventilada (ao estar as vacas xuntas a temperatura increméntase) e o ideal é que conte con sistemas de aspersores e ventiladores cos que lograr empapar de auga ás vacas evaporando o seu calor corporal mediante circulación de aire. Outro aspecto a ter en conta é o da iluminación. “Moitas veces atopámonos cunha sala de muxido moi ben iluminada pero ao lado a sala de espera moi escura. Iso é un problema porque estamos obrigando ás vacas a un contraste lumínico ao que lles custa moito adaptarse e que simplemente poñendo unhas luces para iluminar a sala de espera resolvemos”, indica Víctor.   Nin berrar nin dar golpes As vacas teñen bo oído, pero moléstanlles os ruídos fortes, bruscos e estridentes. “A menos 10 decibelios, cando nós non estamos escoitando nada, elas xa están oíndo perfectamente, pero a partir de 70 decibelios xa se empezan a molestar”, explica Víctor.
O nivel de ruído tolerable para unha vaca estaría nos 70 decibelios, que é o ruído habitual nunha sala de muxido
“O nivel de ruído habitual que hai nunha sala de muxido sitúase neses 70 decibelios, polo que canto máis ruído metamos a maiores peor”, afirma. “Hai que evitar berrar, tanto entre nós como coas vacas. Falarlles ás vacas non é malo, pero nunca berrarlles; hai que falarlles de xeito pausado e que asocien a voz da persoa a un estímulo positivo”, di. A utilización de música na sala de muxido para o veterinario de Seragro non ten demasiada utilidade. “As radios non deben estar a moito volume e se se quere poñer música que sexa constante, sen altibaixos que as asusten”, aclara. Tamén recomenda evitar ruídos estruturais estridentes ou chirridos molestos dos ferros, que son moi frecuentes nos establos. “Algúns deles soluciónase simplemente botándolle un pouco de aceite ás cancelas ou poñendo unha goma entre dous ferros e outros son ruídos pneumáticos para os que hai silenciadores. Deberiamos evitar que as vacas e nós mesmos teñamos que sufrir este tipo de ruídos nunha sala”, asegura. Tampouco se debe petar nos ferros para que as vacas anden. “Non serve absolutamente para nada; é algo contraproducente”, afirma. Acostumar ás xovencas a entrar á sala antes do parto No momento no que ás vacas que están agardando na sala de espera lles toca entrar a muxirse, hai que facer un manexo dinámico, acompañando a súa entrada con movementos en sentido contrario ao que se teñen que dirixir para que avancen cando algunha se queda clavada. “Non debemos estar chantados na entrada da sala de muxido mirando o móbil, nin dando golpes ou berrando, porque o que faremos será asustar ás vacas”, indica Víctor. Para o manexo das primeirizas, recomenda “non deixalas para o final do lote de muxido”. “As primeiras veces que se moxen teñen medo e tenden a irse para atrás e quedar rezagadas, pero entrarán mellor á sala se van polo medio de outras vacas”, di. Aconsella tamén meter ás xovencas antes de parir á sala de muxido. “Penso que estamos facendo un mal manexo das xatas desde que nacen ata que paren, porque nunca estamos con elas . Deberiamos de gastar un pouco máis de tempo en ter contacto coas xovencas e levarnos ben con elas para evitar ter que pelexar despois na sala”, asegura. Boas rutinas de preparación das vacas Unha das partes esenciais dun bo muxido pasa por establecer rutinas correctas de preparación das vacas nas salas (limpeza de pezóns, primeiros chorros, etc). “Se facemos unha boa preparación e temos vacas tranquilas o muxido é moito máis rápido e doado”, di. Ademais de establecer protocolos a seguir, hai que comprobar que se cumpren por parte do persoal encargado de muxir e que son eficientes. “O obxectivo é que ao colocar as pezoneiras empece a caer o leite mantendo un fluxo alto e continuo até o final, cando actúan os retiradores. Desta maneira teremos unha vaca perfectamente muxida en 5-6 minutos”, calcula.
O muxido bimodal dase máis nas salas e establos nos que hai présas
Pero se non preparamos ben as vacas previamente ou temos vacas estresadas, advirte, “teremos muxido bimodal, no que non cae leite ou cae moi pouco durante os primeiros 40 ou 50 segundos e o muxido alóngase moito máis tempo porque o fluxo é menor”, describe. “Ás veces mesmo salta o retirador porque non detecta leite, polo que temos que volver colocar as pezoneiras no modo manual e o muxido pasa a durar 7, 8 ou incluso 10 minutos”, relata. O muxido bimodal, di, “dase máis nas salas e establos nos que hai présas”, pero aclara que “a présa é un concepto humano; a vaca nunca ten présa”. “Se acabamos provocando sobremuxido, facéndolle dano á vaca e estropeándolle o esfínter do pezón, esa vaca vai ter unha lembranza negativa para o día seguinte e vai entrar máis mal a muxirse”, evidencia.
Á hora de muxir hai que tratar de ser o máis eficientes posible pero sempre respectando os tempos da vaca
Á hora de buscar rapidez e eficiencia, “non por ter máis xente na sala de muxido vai ser mellor”, asegura. “Temos que ter as menores persoas posibles pero moi preparadas. Hai que dar formación e cursos de reciclaxe aos traballadores cada 5-6 meses para refrescar ideas e corrixir erros”, recomenda Víctor. Sen obstáculos nin distracións á saída da sala Saída defectuosa dunha sala de muxido por un pasillo estreito que obriga a xirar 180 graos ás vacas A zona de tránsito á saída da sala de muxido debe estar sempre limpa e sen obstáculos. “Na saída da sala hai habitualmente máis atrancos que nas entradas e iso ralentiza moito os cambios. Temos que acompañar ás vacas no seu percorrido e ver onde e por que se paran e tratar de corrixir eses elementos”, afirma. Para favorecer o fluxo de vacas, a zona de saída debe estar ben iluminada, para que as vacas non teñan medo a saír dunha zona moi luminosa, como acostuma ser a sala de muxido, e entrar nunha zona do establo moi escura. “As luces non deben estar nunca enfocadas aos ollos das vacas, xa que as van deslumbrar e vai ser peor o remedio á enfermidade”, advirte Víctor.
O manexo das vacas para a saída da sala de muxido debe ser, o mesmo que para a entrada, dinámico, pero sen molestalas nin berrarlles
Nas salas nas que se comparte o pasillo de volta coa propia sala de espera o veterinario de Seragro é partidario de poñer paneis opacos de separación para que as vacas que saen de muxirse e as que agardan a entrar non teñan contacto visual e non se distraian ou enreden unhas coas outras. “Débese separar con planchas opacas, pero que non sexan planchas metálicas brilantes, que molestan moito ás vacas”, indica.

“Temos que levar as vacas con tranquilidade, sen asustalas, porque o que non queremos é meter vacas nerviosas á sala de muxido”

A sala de muxido constitúe o verdadeiro corazón dunha gandería de leite e as salas de espera non son un elemento que se poida disociar da sala de muxido, ao igual que os corredores que conducen a esta parte do establo. Todos estes elementos conforman un todo coa sala de muxido e deben ser considerados en conxunto con esta zona tamén á hora de manexar aos animais.  Por iso, é necesario actuar dun xeito correcto desde o mesmo momento en que levantamos ás vacas dos cubículos para conducilas a muxirse. “Temos que levar as vacas con tranquilidade, sen asustalas, porque o que non queremos é meter vacas nerviosas á sala de muxido”, argumenta Víctor.
Unha vaca nerviosa pode estar nese estado de estrés entre 30 e 45 minutos e pasarlle esa ansiedade ás vacas que teña ao seu lado
Afirma ademais que “é importante saber como pensan as vacas, como reaccionan ante determinadas circunstancias, a que lle teñen medo ou como ven”. “Para min un dos maiores erros que cometemos hoxe en día nos establos é pensar que as vacas son coma nós, que pensan coma nós e reaccionan coma nós”, di. 
Un dos maiores erros que cometemos hoxe en día nos establos é pensar que as vacas son coma nós e como descoñecemos ese comportamento creamos patróns de manexo completamente inadecuados
“E iso lévanos a construír estruturas nos establos que non favorecen en nada o comportamento do animal ou a seguir patróns de manexo completamente inadecuados, porque as vacas reaccionan ante os estímulos dun xeito completamente distinto a como o facemos nós”, insiste. As vacas: curiosas e medosas As vacas son animais herbívoros presa de depredadores carnívoros. Iso fai que estean en todo momento alerta vixiando o seu entorno ante posibles ataques, o que as converte en curiosas e medosas por natureza. “Calquera elemento novo que haxa no establo, ou por exemplo se hai un plástico voando, enseguida irán mirar que pasa”, describe Víctor.
O cerebro da vaca non é capaz de fiar unha idea con outra ata chegar a unha conclusión; ten sobre todo memoria fotográfica
En canto á capacidade cognitiva, o cerebro da vaca é pouco evolucionado e non é capaz de enlazar unhas ideas con outras. “Teñen unha memoria máis ben fotográfica coa que relacionan os distintos espazos con actividades diferentes, é dicir, aquí como, aquí bebo, aquí descanso ou alí teño medo”, explica. A pupila do ollo da vaca é rectangular e grazas a iso as vacas son capaces de ver todo ao seu redor agás nunha zona cega que coincidiría coa prolongación do rabo, e que é moi útil para o seu manexo. Son ademais animais que crean unha zona defensiva de exclusión ao seu redor, que varía en función da vaca e na que non queren ter a ninguén.
A visión da vaca está deseñada para detectar perigo e percibir movementos rápidos e agresivos na súa contorna
“A súa visión bifocal é moito peor ca nosa e perciben as cores dun xeito moi distinto ao noso. Cústalles moito pasar rapidamente dunha zona clara a unha zona escura porque as zonas claras para elas brilan moito máis e as escuras son moito máis profundas; por iso o que para nós é unha simple sombra no chan a elas créalles moito medo porque ven un burato”, asegura Víctor.  
As vacas teñen querencia pola cor amarela; gústalles moito
Tendo isto en conta, o veterinario de Seragro recomenda unha serie de pautas de manexo, como son evitar facer movementos bruscos no entorno das vacas, aprender a manexar a súa zona cega e a súa zona defensiva para movelas cara onde nos interese e evitar facerlles pasar rapidamente de zonas moi claras a zonas moi escuras e viceversa.

Recomendacións para reducir as lesións durante o muxido

Dúas veces ao día un mínimo de 2 horas e a veces durante os 365 días do ano. Ese é o tempo que dedican as persoas que realizan o muxido a realizar esta labor clave nunha gandería de vacún de leite xa que do seu bo facer dependerá a calidade hixiénico-sanitaria do leite e moitas veces tamén a saúde do ubre das vacas. Sen embargo, as moitas horas que se lle dedica, e sobre todo a falta de ergonomía nos movementos, así como dunha boa organización do traballo e dunhas instalacións axeitadas, provocan con frecuencia a apariación de dores, e mesmo lesións, no lombo e nos ombreiros, que a veces mesmo chegan a ser incapacitantes. A diferencia de Galicia ou de España, en Francia os centros públicos, en concreto as cámaras agrarias e o Institut de L´Élévage (Idele) levan xa décadas informando aos gandeiros sobre como mellorar a hixiene postural e o deseño das instalacións para reducir o risco de lesións durante o muxido. Velaquí as principais recomendacións: -Os movementos dos brazos, por debaixo do corazón: O ideal durante o muxido -limpeza dos tetos, colocación das tetoeiras, despuntado...etc- é traballar o máximo posible cos cóbados cerca do corpo e sempre tentando que a altura á que traballamos coas mans estea por debaixo do noso corazón. Neste sentido, debería haber adaptacións para respetar esta hixiene postural por dúas vías: Plataformas de elevación individuais dentro da fosa, pois non é o mesmo que faga o muxido unha persoa de 1,90 metros de altura que unha de 1,70 metros. Por outro lado, a tendencia das últimas décadas de vacas Holstein cada vez máis altas, e polo tanto co ubre máis alto con respecto ao piso do foso da sala de muxido, deberían facer revisar as medidas de construcción. -Importantes diferenzas entre vacas adultas e primíparas: De media a altura dende o piso aos tetos é de 65 centímetros nas Holstein pero nas primeirizas pode elevarse até os 82 centímetros. É dicir, se o foso da sala de muxido ten un metro de profundidade, os tetos no caso dunha primeriza atópanse a 1,80 metros. E iso para unha persoa que mida 1,65 ou 1,70 metros obrigará a elevar os brazos 15 ou 20 centímetros por riba da súa cabeza, incrementando notablemente o risco de lesións músculo esqueléticas. -Limitar o máximo posible os desprazamentos, primando a economía de xestos. Tamén se debe asegurar o máximo posible o confort tanto na roupa (roupa cómoda e que nos protexa das baixas temperaturas, se é o caso) como de calzado, cómodo e que asegure un bo agarre ao chan.

Media de movementos durante o muxido: 

-Boa iluminación: Unha boa iluminación dos tetos, das tetoeiras, así que das zonas de risco (sobre todo as escaleiras), son indispensables. -O peso das tetoeiras: Segundo as marcas comerciais e o tipo de materiais, o peso das tetoeiras pode oscilar entre 1,9 e 2,5 kilos. O obxectivo debería ser reducir o seu peso ao máximo, tendendo cara os 2 kilos. -A posición dos mandos (apertura de portas..etc) debe estar na zona de confort da persoa que moxe, é dicir entre a altura dos ombreiros e da cintura e a unha distancia máxima que alcance o brazo.

O semáforo dos movementos recomendados durante o muxido: 

Principios xerais que inflúen na seguridade laboral durante o muxido:

1- Reducir o estrés organizando as rutinas: Como punto de partida resulta clave ter e cumprir un protocolo de rutinas que se deben realizar para reducir o risco de esquecer unha tarefa durante o muxido, colocando cerca todo aquilo do que imos precisar durante o muxido, para reducir deste xeito a necesidade de desprazamentos. 2- Mellorar a circulación dos animais durante o muxido: Non só vai reducir o tempo da operación senón que tamén reducirá as veces que teñamos que saír do foso da sala para empurrar as vacas, cun menor risco de caídas. 3-Mellorar a luminosidade: Unha sala de muxido ben iluminada, especialmente con dispositivos LED (cun menor consumo de enerxía), facilitará o traballo das persoas que moxen, e tamén reducirá o estrés dos animais (menos zonas de sombra). A luminosidade debe ser semellante entre a sala de espera e a sala de muxido, para reducir o estrés das vacas e facilitar a baixada do leite. 4- Facilitar a xestión do leite de descarte. Nalgunhas granxas prefiren poñer varios recipientes e noutras xuntalo nun só para reducir os desprazamentos. 5- Facilitar a limpeza da sala de muxido: A elección do tipo de revestimento do solo, tanto no foso como na zona de desprazamento dos animais inflúe tamén no confort.

Xornadas técnicas sobre muxido na EFA Fonteboa

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco, organiza ao longo deste mes de outubro unhas xornadas técnicas sobre muxido. As persoas interesadas en asistir poden enviar un email a fonteboa@fonteboa.es ou chamar ao 981 733 051

Delagro lanza unha promoción de produtos de hixiene de muxido

A cooperativa Delagro acaba de lanzar unha promoción de produtos de hixiene de muxido que se estenderá até finais de agosto.

A oferta inclúe descontos do 10% e agasallos pola compra de produtos Proquimia.

Esta promoción estará dispoñible en todas as coopeativas socias de Delagro.

Máis información na túa cooperativa, enviando un correo a delagro@delagro.org ou no teléfono 981 519920

Sala, robot ou rotativa: cando optar por un sistema de muxido ou outro?

O muxido é unha das tarefas diarias esenciais nunha explotación de produción de leite. Con distintas opcións dispoñibles no mercado, a escolla dun sistema ou outro vai condicionar o manexo do gando, os turnos de traballo ou mesmo a alimentación das vacas. Por iso, a elección da máquina de muxido é unha das decisións máis importantes á hora de poñer en marcha unha granxa ou reformar unha existente. “Antes de decidirse por un sistema ou outro, hai que analizar ben unha serie de condicionantes: tipo de explotación, dispoñibilidade de man de obra, número de vacas a muxir, perspectivas de crecemento, etc”, recomenda Andrés Mejuto, presidente da Asociación Galega de Técnicos de Equipos de Muxido (AGATEM).
Hai que ter en conta o tipo de vaca que hai na explotación e a persoa que a vai muxir
“Hai que analizar a máquina, o animal e o gandeiro, é dicir, o que dá a vaca, as instalacións que tes e a persoa que vai muxir. En función de todo iso é cando hai que optar por unha máquina de muxir ou outra, pero moitas veces non se ten nada diso en conta”, di. Establos de nova construción ou remodelacións Outro dos aspectos decisorios ten que ver coa facilidade de instalación, tendo en conta neste sentido se se trata dun establo de nova construción ou é necesario facer obras de adaptación para o cambio dun sistema de muxido por outro nunha granxa xa existente. “Poñer robots moitas veces obriga a quitar prazas e perder uns cubículos, pero nalgún caso é moito máis doado pasar dunha sala a un robot que cambiar ou aumentar a sala”, asegura Andrés, porque “hai que seguir muxindo todos os días durante o tempo que duran as obras e cambiar a sala pode levar tranquilamente un mes se se monta unha un pouco grande”, indica.
É moito máis doado pasar dunha sala a un robot que substituír unha sala por outra no mesmo sitio
Por iso, di, se nunha explotación segue funcionando a sala mentres se poñen os robots non supón tanto problema como cambiar unha sala por outra no mesmo sitio. “Convértese moitas veces nun problema gordo, é unha cousa que hai que pensar moito, porque hai que muxir todos os días 2 ou 3 veces nunha sala que vai estar en obras e as vacas estrésanse porque acabas variándolles os horarios para aproveitar máis tempo para traballar”. Para evitar este tipo de perxuizos, explica, hai ganderías que optan por construír dende cero a nova sala de muxido noutra ubicación ou nun edificio aparte, para seguir mantendo operativa durante ese tempo a vella sala. Esta opción recoméndaa, sempre que sexa posible, sobre todo en casos nos que se vai incrementar moito a capacidade da sala pero cóntase cun espazo reducido ou cunha sala de espera de escasas dimensións. Número de cabezas estabilizado ou en aumento Unha das disxuntivas que deberían influír na escolla do sistema de muxido é o tamaño futuro da explotación a medio ou longo prazo. “Se a gandería está estabilizada escollerá unha máquina acorde ao número de cabezas que ten, pero se ten pensado medrar ten que ter en conta como o vai facer porque o robot, nese sentido, obrígate a facelo de 50 en 50 vacas e moitas veces coa recría da propia explotación non chega. A sala dáche máis flexibilidade nese sentido”, afirma Andrés.
Inflúe o tamaño de explotación presente e futuro porque se un quere medrar, en función do sistema de muxido que teña, ten que pensar como facelo
Pero mesmo no caso de instalar unha sala, as decisións de crecemento futuro teñen que ser tidas en conta. “A sala hai que dimensionala, xa non só no número de puntos a instalar, senón na capacidade das infraestruturas de condución do leite ou na conexión eléctrica”, exemplifica. Se se ten pensado medrar xa pode quedar preparada para iso, di. “O ideal cando un establo está evolucionando é meter unha sala de muxir de liña baixa, porque se adapta moito mellor, e deixar o foso xa preparado. Nese caso só habería que aumentar a condución de leite e a bomba de baleiro acorde ao número de novos puntos a instalar”, explica. Distintos tipos de salas de muxido en función da produción por vaca Dentro das salas de muxido tamén as hai de varios tipos en función da colocación dos animais e aínda que “é cuestión de gustos ou do espazo dispoñible escoller unha ou outra”, Andrés recomenda ter en conta o número de muxidos diarios que se realizan e o nivel produtivo do rabaño.  “O muxido traseiro eu recomendaríao só para vacas de alta produción, de máis de 40 litros diarios. As vacas co ubre cheo non teñen máis remedio que abrir as patas, pero se estás a tres muxiduras ou tes vacas con pouca produción a vaca pecha as pernas e é difícil moitas veces poñer a pezoneira por atrás. Ao meu modo de ver, a sala máis cómoda para colocar e que menos problemas dá é unha sala en espiña, aínda que moitas veces non é posible por problemas de espazo e móntase unha semitraseira”, detalla.
A sala en espiña é a que menos problemas ten; eu unha traseira só a recomendaría para vacas de alta produción, por enriba de 40 litros a 2 muxiduras
Independentemente do tipo de colocación, Andrés recomenda sempre salas de liña baixa para vacas de alta produción. “O muxido é máis rápido e o nivel de baleiro menor”, di. Do mesmo xeito, engade, “as salas con medición electrónica, que son as que se poñen hoxe en día, son mais eficientes porque podes variar os parámetros e regular a pulsación en función da produción da vaca”. Lotes de muxido en sala e número de animais por robot Á hora de muxir, cando se distribúe o gando por lotes de produción, precísase un maior diámetro para a saída cara ao tanque de frío. “Se metes as vacas de moito leite xuntas necesitas unha sala con diámetros de condución máis fortes que se o gando entra mesturado”, explica Andrés. No caso dos robots, unha das claves para evitar retrasos é calcular ben o número de animais por cabina en función da súa produción e da velocidade de muxido do gando. “A vaca cando ten sensación de que precisa muxirse acude ao robot, pero se está ocupado dá a volta e igual xa non volve entrar”, razoa Andrés, que considera que os modelos de tráfico libre teñen “menor complicación” que os de tráfico dirixido.
Moitas veces o problema do robot é que está muxindo 65 ou 70 vacas
Con máis dun robot, a distribución en lotes dos animais, ao igual que no caso do muxido en sala, permite elaborar racións de alimentación diferenciadas, pero, a maiores, tamén é posible puntear de xeito individualizado o concentrado en función dos litros de leite producidos por cada vaca.   Man de obra Aínda que a proliferación actual de robots de muxido é en gran parte unha consecuencia directa da falta de man de obra dispoñible no sector, Andrés asegura que “un robot esixe moita máis man de obra que unha sala, porque hai que estar as 24 horas pendente del”. “Moitas veces o problema do robot é que moxe 65 ou 70 vacas. Se ten pouca carga de animais haberá menos atrasadas e podes esperar a pola mañá para metelas, pero se está saturado non”, aclara.
O robot esixe ser un gandeiro moi profesional e tamén é necesaria man de obra para atendelo
En canto aos problemas de células, di, “hainos igual no robot que na sala”. “Unha parte do problema pode ser a máquina, porque actúa 2 ou 3 veces ao día enriba do ubre e se non está ben calibrada ou non funciona axeitadamente pode causar danos, pero outra parte do problema procede habitualmente da cama, o manexo ou a alimentación”, argumenta. Robot vs sala: custo do litro de leite Na súa opinión, nunha explotación de 170 vacas en produción o debate entre poñer sala ou montar tres robots debe despexarse en termos económicos, máis que de man de obra. “Hai que pensar canto vai custar o litro de leite e hoxe pode haber tranquilamente entre 4 e 5 céntimos de diferenza a favor da sala, porque o robot aumenta o consumo de luz e de penso e incrementa os gastos de mantemento”, opina.  
O robot limítate máis, porque te obriga a medrar de 50 en 50 animais
“É certo que as vacas no robot aumentan á produción, pero fano ao aumentar o consumo de penso e nunca foi rendible producir litros de leite a base de penso”, afirma. En canto ás salas de muxido, insiste en que “hai que dimensionalas en función das necesidades da granxa”. “O muxido hai que facelo rápido, senón a xente que está operando cansa e perde a concentración. Muxir é un traballo delicado que esixe facelo ben, pero se pasas moitas horas o que queres ao final é acabar, aínda que sexa de calquera maneira. O máximo recomendado serían dúas horas máis o tempo de lavado”, indica. Cando optar por unha rotativa? Aínda que cada vez se ven máis robots de muxido instalados en ganderías de maior volume de produción, “os establos moi grandes escapan dos robots”, considera Andrés, que tampouco recomenda as salas rotativas para ganderías e pequeno tamaño. 
Para non ter que reducir a velocidade de xiro ten que haber como mínimo 3 persoas muxindo
“Hai rotativas pequenas, de 24 ou 32 puntos, pero tamén as hai de 60, pero para rendibilizar unha sala rotativa cantas máis vacas muxas mellor, pero sempre a partir de 100 vacas en produción”, di. Entre outros motivos, porque “nunha rotativa de colocación exterior hai que ter como mínimo 3 persoas funcionando: unha preparando ubres, outra poñendo pezoneiras e outra aplicando sellador e atallando os problemas que poidan xurdir”, indica. “Se falta man de obra hai que retrasar a velocidade de xiro, pero desa maneira xa non é eficiente unha rotativa”, asegura. O mesmo acontece nunha sala convencional: “nunha sala de 24 puntos podes muxir con 2 persoas ou con 1 soa, pero non é rendible, porque pode implicar ter a sala funcionando en baleiro a metade do tempo e a sala desgástase igual funcionando sen vacas que con elas, son horas de funcionamento igual”, insiste. “Hai que equilibrar o número de operarios cos puntos a atender para non ter as vacas moito tempo na sala, porque non están agusto”, lembra. Vida útil das instalacións “Todas as máquinas de muxir, sexa cal sexa, estropéanse sempre cando están en funcionamento”, di. Por iso, independentemente do sistema de muxido que un teña, é preciso levar a cabo un axeitado mantemento das instalacións, a maquinaria e os elementos de reposición, como gomas o pezoneiras.
As avarías nas máquinas de muxir prodúcense sempre á hora de muxir
“Depende do gandeiro, do meticuloso que sexa, e do mantemento que se faga da instalación, pero a vida útil dunha sala pode pasar dos 30 anos funcionando perfectamente. As salas quédanse normalmente anticuadas porque as vacas aumentaron moito á produción e as conducións de leite non teñen o diámetro axeitado e iso pode provocar moitos problemas de células”, explica. Ese aspecto hai que telo en conta tamén antes de ampliar a sala. “Se aumentas aos puntos tes que ter en conta o promedio actual de produción por vaca e día, o número de operarios que hai normalmente no foso muxindo a un tempo e o número de puntos cos que se conta para saber se as conducións que hai van ser suficientes para ese fluxo de leite que imos mandar”, recomenda.
Unha máquina funcionando mal non é unha máquina de muxir, senón unha máquina de mallar nas vacas
Ampliar unha sala, sobre todo se xa quedou previsto, “é máis barato que mercar outro robot”, di. “O segundo robot é máis doado de montar, pero ás veces se se tarda moito tempo xa non é posible sen cambiar todo o sistema porque os novos modelos pode que non sexan compatibles co antigo, a non ser que se instale un como o que tés de segunda man”, indica. En canto á vida útil dun robot, afirma: “normalmente cando o acabas de pagar xa está el tamén acabado”. Finalmente, sobre as salas rotativas, di, “son máquinas caras e complexas porque levan moitos automatismos”. En caso de avaría no sistema de rotación, acostuma haber problemas para liberar o gando. “Se che queda atrancada, que non poidas sacar as vacas, é un follón, porque tes que ter a eses animais sen comer, beber ou muxirse mentres non vén o técnico e a repara, e poden pasar un par de horas”, describe.

“A rotativa obrígate a andar máis rápido”

Sala de muxido rotativa de Gandería Barbeiro no establo de Arante (Ribadeo) Gandería Barbeiro conta con dous sistemas de muxido diferentes nos seus establos: sala paralela en Alfoz e sala rotativa interior en Ribadeo. Nos dous casos son instalacións de 20 puntos nas que moxe un operario só, polo que é posible comparar a eficacia dos dous sistemas. “Nun rabaño homoxéneo no que non haxa retardos é un pelín máis rápida a rotativa. A rotativa obrígate a sacar máis vacas, hai unha diferenza duns 10 animais por hora”, explica Juanjo Fraga. En Alfoz están muxindo na actualidade unhas 250 vacas a un ritmo de entre 85 e 90 vacas por hora, mentres en Ribadeo moxen 210 a un ritmo de entre 90 e 95 vacas á hora, detalla.
A paralela vai ao ritmo teu; na rotativa tes que ir ti ao ritmo dela para non retardala
“A rotativa é moi práctica, pero hai que estar máis atento, porque tes que atender varios puntos simultaneamente, mentres que na paralela o sistema é máis mecánico porque traballas en bloque, é dicir, entran 10 vacas xuntas, fas o predipping ás 10, colocas pezoneiras ás 10 e unha vez retirado fas o selado ás 10. A paralela vai ao ritmo teu, na rotativa tes que ir ti ao ritmo dela e se non das feito retárdala ti e ao final o que fas é baixarlle o rendemento á sala”, razoa.   “Un operario con 20 puntos ten que andar rápido en calquera das dúas para que non haxa retrasos, na paralela o ideal sería 16 puntos para un operario”,  recoñece. Tres muxidos Sala de muxido paralela de 20 puntos no establo de Gandería Barbeiro de Lagoa (Alfoz) Nos dous casos, tanto en Alfoz como en Ribadeo, están a facer tres muxiduras diarias ás 7 da mañá, ás 3 da tarde e ás 10 da noite con dous turnos de traballo de dúas persoas por turno: unha para muxir e a outra de apoio para meter vacas e facer camas. “Con 4 persoas amañamos o muxido nas dúas granxas pero temos sempre outras 4 persoas de reforzo para que haxa sempre un mínimo de 2 persoas por turno por se houbese calquera incidendia”, conta. A intención de Juanjo é ampliar a curto prazo a capacidade dos dous establos para achegarse aos 500 animais en produción en cada un deles, dobrando a capacidade actual das instalacións. “Contando a recría e as secas estariamos xa practicamente na capacidade máxima legal fixada para as explotacións leiteiras, 850 UGM”, calcula.
Aumentando o número de vacas queremos restar tempos mortos e optimizar as salas sen facer grandes investimentos en instalacións de muxido
Nese momento pasarán a tres turnos de traballo de 8 horas e aumentarán o tempo de funcionamento das dúas salas até as 18 horas diarias. “Queremos restar tempos mortos e optimizar as salas sen facer grandes investimentos en instalacións de muxido, que ao final é o máis caro”, di. Nin robots nin unha rotativa exterior Juanjo non ve factibles os robots para un tamaño de granxa como o que van ter as súas. “Eu o robot véxoo para muxir 120 ou 180 vacas, máis de aí xa non. Para as 200 vacas máis que imos ter en Alfoz teriamos que poñer 3 cabinas de robot máis, que serían 300.000 euros. Coa sala ese investimento non o temos que facer”, compara.
O robot non o descarto no futuro, pero ten que aparecer unha alternativa de robot para este volume de animais
En canto ao persoal necesario, di, “na sala actual de 20 puntos en 6 horas imos poder muxir casi 500 vacas cunha persoa soa e non eres capaz de atender esas vacas en robot co dobre de xente”, considera. Non descarta incorporar sistemas de muxido robotizado no futuro, pero di que “ten que aparecer unha alternativa de robot para este volume de animais, porque na vindeira primavera imos ter 500 vacas en muxido en Alfoz e teriamos que ter 10 robots”, evidencia.
Non vexo factible unha sala rotativa exterior para unha granxa de tamaño medio
Tampouco ve viable a instalación dunha rotativa exterior porque multiplicaría as necesidades de persoal. “Non a vexo factible para unha granxa de tipo medio porque fan falta 3 persoas para atendela”, asegura. Gandería Barbeiro fixo investimentos nos últimos anos para modernizar os seus sistemas de muxido. En Ribadeo a sala rotativa orixinaria, do ano 2007, era unha Gascoigne, pero foi remodelada no 2019 mantendo unicamente a estrutura e cambiando toda a parte de muxido polo sistema Afimilk. “Témola actualizada na parte electrónica de medición e identificación”, explica Juanjo. No caso da sala paralela de Alfoz, da marca Fullwood, foi montada no ano 2013 e xa lle actualizaron a identificación cun sistema máis moderno.  

“Non concibo a nosa granxa sen os robots”

Un dos tres robots de muxido que Lebón SC ten na súa explotación de Samos Hai xa case 20 anos que Lebón SC moxe en robot. Esta explotación de Samos foi unha das primeiras ganderías de Galicia en incorporar o sistema de muxido robotizado para as súas vacas. Manuel López fixera unha viaxe a Holanda, onde vira por primeira vez os robots, que aínda non se vendían en España. Estaba facendo o establo novo e xa non montou sala. Hoxe o seu fillo Marcos di non concebir a explotación sen os robots. “Vista a falta de persoal que hai, non me vexo muxindo nunha sala. Unha granxa familiar como a nosa a 3 muxiduras sería inviable e cos robots logro un promedio de 3 muxidos e unha produción por vaca entre 44 e 45 litros diarios. A media por lactación superou os 14.000 litros en 2022 no Control Leiteiro”, detalla. Contan na actualidade con tres Lely A5, despois de incorporar o último o pasado mes de xaneiro. O muxido robotizado, di Marcos, mellorou moito desde aquel primeiro Lely A2 montado no ano 2004. Esa evolución do sistema de muxido acompañou o crecemento desta gandería. No ano 2010 montaron o segundo robot, no 2018 cambiaron os dous por un modelo máis moderno e hai 5 meses instalaron o terceiro.
Non queremos ter máis de 55-60 vacas por robot, en función da época do ano
Marcos non se sinte condicionado pola capacidade do robot á hora de ir medrando. Neste momento está muxindo 145 vacas repartidas nas tres unidades, pero a súa intención é ir incrementando paulatinamente o número de vacas por cabina ata as 55-60 como máximo, dependendo da época do ano.   Flexibilidade horaria e calidade de vida Dos robots Marcos destaca “a flexibilidade horaria e a calidade de vida que che dan”. “Eu non me vexo ás 10 da noite nun establo todos os días do ano. Nós, salvo en campaña, na que as xornadas laborais sempre se alongan, ás 8 da tarde rematamos o traballo. Ao día seguinte empezamos ás 7 e media a meter atrasos, que normalmente son moi poucos, pero se un día vas ás 9 tampouco non pasa nada. A flexibilidade horaria é outra. Pero penso que os gandeiros valoran pouco ter un horario”, di. A gandería aténdena 3 persoas, pero muxindo nunha sala tres veces diarias as necesidades de persoal serían moito maiores para poder cubrir os distintos turnos e as libranzas, di. “A nosa granxa pode atendela unha persoa soa. Nunha sala iso non sería posible. Nós temos un obreiro e enténdese perfectamente cos robots porque o traballo é moito máis sinxelo”, di.
Aínda que te chame unha vez ao mes, prefiro iso que ter que muxir os 30 días
Hai que estar pendente dos avisos pero asegura que “poucas veces hai que ir porque o robot pare de muxir”. “Aínda que te chame unha vez ao mes, prefiro iso que ter que muxir os 30 días”, argumenta. Marcos non concibe a día de hoxe a súa explotación con sala de muxido. “Sería volver atrás”, considera, aínda que respecta que outros gandeiros aposten por outras opcións. “Cada un ten que escoller o sistema que mellor se lle adapte ou no que se sinta máis cómodo”, opina.   Con todo, considera imparable a robotización das ganderías de leite. “A demanda de robots non para de medrar. Antes dicíase que os robots eran para granxas pequenas pero agora hai tamén explotacións grandes con robots. Polo centro de España hai granxas de 6 e 8 robots”, exemplifica.

Análise de mastite con Uniform-Repro

A mastite supón un dos problemas máis importantes aos que se teñen que enfrontar os gandeiros no seu día a día. A incidencia que comporta supón unha das principais perdas económicas nas ganderías: descenso da produción, menor prezo de venda do leite producido ou mesmo retirada da mesma e custos veterinarios. 

Por iso, cobra especial importancia entender as razóns que fan aumentar os casos de mastite en cada granxa. É preciso coñecer os aspectos da xestión que non se están realizando de maneira correcta e que levan a unha maior incidencia de mastite na explotación. Para iso, débese detectar os grupos de animais e a tendencia onde a incidencia é maior.

UNIFORM-Agri conta cunha serie de ferramentas e análises de mastite que proporcionan información concisa sobre os patróns que seguen os animais con maior incidencia. Desta maneira, é posible atopar as causas e actuar en consecuencia para que coa xestión diminúan os casos de mastite.

As análises de mastite de UNIFORM-Agri permiten detectar os grupos de animais con maior incidencia para atopar as causas e actuar en consecuencia

No gráfico que segue pódense visualizar os casos de mastite presentes na gandería por mes de parto. Vese que neste caso en particular a maioría dos casos de mastite tiveron lugar en animais que pariron nos meses máis fríos do ano, o que nos pode dar certas pistas sobre o que deberiamos cambiar.

Gráfico 1: Casos de mastite por mes de parto.

Podemos ver tamén de maneira gráfica os casos de mastite por lactación, como se visualiza no gráfico a continuación, onde vemos que a maioría dos casos de mastite tiveron lugar en animais na súa terceira ou cuarta lactación.

Gráfico 2: Casos de mastite por mes de lactación.

Da mesma maneira, o informe permite visualizar os casos de mastite agrupados por outras categorías, tales como por mes, por días en lactación, por última produción ou por estado.

Así mesmo, con UNIFORM é posible analizar outros factores relacionados coa mastite, tales como a reincidencia ou a mastite por cuarteróns, o que nos permitiría analizar a relación do proceso de muxido coa incidencia de mastite.

Gráfico 3: Casos de mastite por repetición (reincidencia). Gráfico 4: Casos de mastite por cuarterón.

Con UNIFORM-Repro é posible analizar os casos de mastite por un amplo abanico de factores para detectar as razóns da incidencia e actuar en consecuencia.

Curso de muxido na EFA Fonteboa

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa organiza do 17 ao 21 deste mes de outubro un curso sobre muxido. A formación está dirixida principalmente ao alumnado de primeiro de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal (GASA) pero tamén está aberto a outras persoas interesadas en participar. O curso terá un horario de 8:00 a 14:00 horas distribuído en dúas partes: participación no muxido en granxas e formación na aula. Nesta acción formativa participan varias ganderías da zona e empresas especializadas en equipamentos e produtos como Química Industrial Savelo, De Gea ou Lely. As persoas interesadas en asistir poden chamar ao 981 733051 ou enviar un email a fonteboa@efagalicia.org

O sistema de pulsación: Claves na máquina de muxido

Tras abordar o funcionamento e os diferentes sistemas de muxido que poden instalarse na granxa, así como o sistema de baleiro e as conducións das máquinas de muxido nas primeiras entregas desta serie centrada na máquina de muxido, neste capítulo final abordamos o sistema de pulsación, fundamental na instalación. Ademais, o técnico acreditado e presidente da Asociación Galega de Técnicos de Equipos de Muxido (Agatem) Andrés Mejuto, achega explicacións e recomendacións a ter en conta para lograr un correcto funcionamento do sistema de muxido na granxa.

Sistema de pulsación

Un dos elementos destacados na máquina de muxido da granxa é o sistema de pulsación, indispensable no seu funcionamento. Tal e como indica Mejuto, entre os elementos fundamentais no sistema de pulsación atópanse o propio pulsador e a cámara de pulsación. O técnico incide tamén noutras cuestións primordiais a ter en conta para comprender o funcionamento do sistema de pulsación e a súa importancia na máquina de muxido.
“O pulsador é o accesorio indispensable en toda máquina de muxido, sen el o muxido non se chegaría a producir”
A normativa vixente define o pulsador como o dispositivo que produce cambios cíclicos de presión. Mejuto describe o pulsador como unha auténtica billa, que está a abrir e pechando o paso sen carga á cámara de pulsación. “O pulsador é o accesorio indispensable en toda máquina de muxido, sen el o muxido non se chegaría a producir”, explica Andrés Mejuto. A cámara de pulsación é o espazo anular entre o manguito de muxido e a copa. Estes cambios de subida e baixada sen carga fanse de forma moi controlada. De feito, hai normas ás que ten que adaptarse o fabricante para axustar a subida e baixada sen carga. Ademais, o propio fabricante tamén fixará a frecuencia e a relación de pulsación. Así, no sistema de pulsación tamén hai que ter en conta cuestiones como a frecuencia de pulsación, é dicir, o número de ciclos por minuto que se rexistran. A frecuencia non debe subir ou baixar máis de 3 ciclos por minuto dos valores dados polo instalador. Mentres, a relación de pulsación é o tempo en que o manguito de muxido está aberto con respecto ao tempo total do ciclo.   Fases de pulsación da máquina de muxir. Un ciclo de muxido está formado por 4 fases (A, B, C e D). En concreto, a fase para é a subida do baleiro, a fase B é o baleiro máximo ou a extracción de leite. A fase C corresponde á caída sen carga e a fase D é a fase de masaxe. “A normativa indícanos que a fase B non debe ser inferior ao 30% e a fase D ou de masaxe non pode ser inferior ao 15% e este non baixar de 150 milésimas de segundo”, concreta o experto. Ademais, a caída sen carga durante a fase B non debe ser superior a 4 kpas por baixo do baleiro máximo na cámara de pulsación e o baleiro durante a fase D tampouco debe ser superior a 4kpas. A suma da fase A e B é o tempo en que o leite pode empezar a fluír da mamila, por este motivo cando se quere aumentar a velocidade de muxido pódese subir a relación de pulsación. Hai dous tipos de pulsación: alterna e simultánea. Na pulsación alterna dúas dos manguitos altérnanse cos outros dous, é dicir, hai dúas canles. A diferenza entre estas dúas canles coñécese como coxeo. Tal e como explica Mejuto, non debe haber unha diferenza superior ó 5% entre as dúas canles. “Este modelo é máis recomendable por conseguir menos caída sen carga en punta da mamila e ser máis estable”, detalla o técnico. Por outra banda, a pulsación simultánea é o muxido das 4 mamilas á vez. Aínda que, na pulsación simultánea o coxeo non existe. Revisión da máquina de muxir realizada por un técnico especializado. // Foto cedida.

Control dunha máquina de muxido

O incorrecto funcionamento da máquina de muxido é un dos factores que pode provocar unha maior incidencia de mastitis na granxa, un dos problemas sanitarios máis comúns e á vez destacados nas ganderías de vacún de leite. De aí a importancia de manter un control e revisións das instalacións de muxido, co obxectivo de evitar problemas sanitarios na gandería e contribuír ao benestar dos animais. O mal funcionamento dunha máquina de muxido pode deberse a factores diversos como unha mala instalación, estar mal dimensionada para as necesidades da granxa, a falta sen carga ou atoparse cunha reserva real baixa. Ademais, o mal funcionamento do sistema de regulación e do sistema de pulsación poden estar detrás de problemas coa máquina de muxido. Á hora realizar unha supervisión da máquina de muxido, un dos primeiros parámetros que se avalían polos técnicos especializados son as caídas de baleiro. “Cando facemos un control completo empezamos medindo as caídas sen carga que hai entre a unidade final e a bomba sen carga e entre a unidade final e o sensor do regulador”, explica Mejuto. Estas caídas sen carga mídense a baleiro de traballo e 2 kpas por baixo do baleiro de traballo. “As esixencias da normativa están centradas nas 2 kpas por baixo do nivel sen carga de traballo porque nese momento a bomba produce máis litros de caudal e o regulador sen carga debe estar pechado, entón o caudal da bomba debe circular desde o receptor ata a bomba sen producir caídas sen carga superiores ao permitido”, detalla o técnico. Ter unha condución principal insuficiente pode ser outro dos factores que orixinen un incorrecto funcionamento da máquina de muxido, xa que poden producirse perdas de regulación e reserva real insuficiente, que á súa vez provocará fluctuaciones sen carga. Ademais, se a bomba de baleiro é escasa pode producirse un problema similar. Outro tema para ter en conta para garantir o correcto funcionamento do a máquina de muxido é o cálculo da condución de leite. “Debemos medir o seu pendente e en función desta debemos calcular o seu diámetro mínimo para a produción de leite, lembrando que en calquera momento do muxido e en calquera punto da condución de leite o baleiro non debe caer máis de 2 kpas”, concreta o técnico especializado. Nun control da máquina de muxido tamén hai que medir as fugas das conducións de baleiro e conducións de leite. “De pouco importa ter unha bomba de moito caudal se despois queda polo camiño”, valora Mejuto. Ademais, as fugas desestabilizan o baleiro e todas as normas están encamiñadas a ter baleiro estable na punta da mamila, que é o sitio máis difícil de conseguir. “O baleiro estable só conséguese tendo conducións tanto sen carga como de leite ben dimensionadas, unha reserva suficiente e unha boa regulación do baleiro”, sentencia o experto. Tamén é moi importante o bo funcionamento dos colectores. Hai que medir a entrada de aire, o peche e as fugas. “Se temos unha entrada de aire superior a 12 litros por minuto isto pode facer caer o nivel sen carga en punta da mamila e conseguir un muxido máis lento en prexuízo da saúde da ubre”, detalla o especialista. Para conseguir un muxido rápido e eficiente debe terse un caudal no tubo longo de leite suficientemente alto. “A normativa di que non debe baixar de 65 litros por minuto, pero eu considéroo moi baixo debido a que hai máquinas que chegan a 320 litros por minuto e a maior parte están ao redor de 200 litros por minuto. Cando o caudal é alto aínda que teñamos colectores con consumos un pouco máis altos dos normal poden seguir funcionando ben”, xustifica Mejuto. E para terminar a supervisión da máquina de muxido debe supervisarse o funcionamento dos pulsadores. Tras máis de 30 anos de experiencia como técnico especializado no control de equipos de muxido, Andrés Mejuto tamén incide na importancia de manter informado ó gandeiro sobre todos os defectos detectados na súa máquina.

-Consulta aquí as entregas previas desta serie sobre os equipos de muxido, o seu funcionamento e control:

-Máquina de muxir I

-Máquina de muxir II

-Máquina de muxir III

Aspectos a ter en conta na condución do leite: Claves na máquina de muxido (III)

Un dos elementos fundamentais para un correcto funcionamento da máquina de muxido é o sistema de condución do leite. Conseguir axustarse ás necesidades da granxa é primordial para lograr un correcto funcionamento do equipo de muxido. De man de Andrés Mejuto, técnico acreditado e presidente da Asociación Galega de Técnicos de Equipos de Muxido (Agatem) abordamos xa o funcionamento e os diferentes sistemas de muxido que poden instalarse na granxa, así como o sistema de baleiro e as conducións das máquinas de muxido nas dúas primeiras entregas desta serie. Nesta ocasión, Mejuto céntrase na condución do leite e ofrece claves para unha optimización no sistema de muxido. Condución de leite e receptor nunha sala de muxido.

Condución de leite

A condución de leite é o sistema que se encarga de transportar o leite desde as unidades de muxido ao receptor, un depósito que almacena leite ata un nivel máximo. Este nivel é a parte inferior das entradas de leite. En concreto, o volume de leite non pode exceder, en nivel, as entradas de leite, xa que se produciría unha caída sen carga superior ao permitido. Unha das cuestións claves na condución do leite é o cálculo do diámetro que se necesita na máquina de muxido. Para realizar esta estimación é preciso ter en conta os seguintes factores: 1-O número de unidades de muxido que se necesitan, coñecidas estas unidades como o número de puntos de muxido. 2-A produción de leite por vaca ao día. “Á hora de facer este cálculo son partidario de exceder un pouco esta produción estimada, xa que as vacas poden mellorar o rendemento e dese modo a condución non resultará insuficiente aínda que se produza un aumento da produción”, detalla Andrés Mejuto. 3- Grao de pendente da condución de leite. Esta condución ten que ter pendente en dirección ao receptor. Ademais, canto maior é a pendente menos diámetro se precisa. “En conducións horizontais, o leite ocupa máis volume e isto fai que quede menos espazo para circular o baleiro que está a circular pola condución”, explica Mejuto. Á hora de calcular o diámetro tamén é preciso ter en conta que, en ocasións, cando se produce unha entrada de aire ocasional, ao colocar tetoeira ou retiralas ou ben porque unha vaca tira un xogo de muxido, este aire circula pola condución. Ao non ter espazo suficiente, o aire fai levantar ondas na parte superior do leite e produce tapóns, o que provoca unha caída do baleiro na punta do teto ou mesmo pode facer que se solten as tetoeiras ou respirar.

Diferenza entre condución simple e en anel

A condución simple está unida ao receptor por un extremo e no outro ten un tapón. O leite de todos os puntos circula polo mesmo tubo, por tanto necesita máis diámetro. Así, cando se fai un tapón de leite durante o muxido, na parte posterior do tapón córtase o nivel sen carga. En conducións longas, como son os circuítos de muxido, cando isto ocorre poden caer os xogos de muxido dos ubres. A condución en anel ofrécenos moitas vantaxes para muxir e para lavar. Unha delas é que se precisan diámetros máis pequenos. Xa que os puntos se reparten entre dúas liñas, ao estar unidas ao receptor polos dous extremos, o leite sempre seguirá o camiño máis curto e se hai unha entrada inesperada de aire repártese entre as dúas liñas. Por este motivo, será moito máis difícil que se faga tapón. Aínda así, no caso de que se fixese tapón, se non provoca baleiro á punta do teto por unha liña fornéceo a outra. En canto ao lavado, coa condución de leite en anel, pode necesitarse menos caudal de bomba de baleiro, debido a que este modelo de condución necesita menos diámetro. Canto menor sexa o diámetro da condución de leite máis fácil é producir turbulencias na condución.
No muxido, o leite e o baleiro deben circular á mesma velocidade, mentres que no lavado deben entrar auga e aire para que se produzan turbulencias que contribúen á limpeza das conducións
Mejuto lembra que nunha condución de leite todo o que debe ocorrer para muxir non pode pasar para lavar. Así, mentres no muxido debe circular o leite á mesma velocidade que o baleiro, así non haberá turbulencias que provoquen tapóns, durante o lavado debe pasar todo o contrario. No lavado debe entrar auga e aire para provocar turbulencias. De non producirse así, a parte superior da condución pode quedar sen lavar. Na parte superior, fluxo laminar. No medio, fluxo turbulento e no debuxo inferior, deslizándose un tapón. Ademais, as billas ou embocaduras de leite deben estar sempre colocados na parte superior da condución, para que o leite, durante o muxido nunca pase por encima da entrada e non produza caídas sen carga innecesarias na punta do teto. O experto móstrase partidario de non instalar conducións mínimas de diámetro, debido a que hoxe en día estanse colocando xogos de muxido con consumos máis altos dos recomendados pola normativa, que deben estar entre 4 e 12 litros por minuto. “O aire que entra no colector tamén ten que pasar pola condución e os cálculos están feitos para 12 litros por minuto”, explica Mejuto. Outro motivo para evitar instalar conducións dun diámetro mínimo ten que ver co incremento da velocidade de muxido que pode producirse cando se aumenta a produción por vaca e día ou cando a persoa encargada do muxido cambia a rutina.

Recomendación para o persoal de control leiteiro

As máquinas de muxido poden clasificarse en base a se dispoñen dunha liña alta ou baixa de condución do leite. Así, as máquinas de liña alta son aquelas nas que o leite sobe do colector á condución, que se sitúa máis alta que o colector. Medidor porcentual colocado correctamente. Mentres, nas máquinas de liña baixa esta sitúase por baixo dos pés do animal. Deste xeito, o leite ao subir a liña alta necesita un nivel de baleiro máis alto, en regulador, que a liña baixa e pode haber ata 10 kpas de diferenza. “Atopeime moitas veces co problema de que nas liñas baixas se coloca o medidor porcentual colgado na estrutura da sala. Nestes casos, ao quedar máis alto que a condución, o que era unha liña baixa convértese nunha liña alta e provócase unha caída sen carga na punta do teto e normalmente ese día o muxido é máis lento e pode haber vacas mal muxidas provocando subida de células”, explica Mejuto. Por este motivo, o técnico recomenda evitar os medidores porcentuais. “Non son moi recomendables. Sempre producen caídas sen carga e se o mantemento é nulo o problema multiplícase”, sinala o experto.

Caudal no tubo longo de leite

Outro dos elementos fundamentais do sistema de muxido é o tubo longo de leite, unha tubaxe flexible que une o colector coa condución de leite. Para realizar esta medida débese facer desconectando do colector e axustando o medidor de caudais, pechado e medindo o nivel de baleiro. A continuación, ábrese o medio ata facer caer o baleiro 5 kpas. “O caudal que está a entrar non pode ser inferior a 65 litros por minuto e canto máis grande sexa, máis rápido evacúa o colector e o muxido será máis rápido”, concreta Mejuto. Esta medida mellora cando as embocaduras e billas de leite teñen un pase de leite con diámetros amplos. Cando os tubos longos de leite están en moi bo estado tamén mellora considerablemente. Con todo, cando estes tubos longos teñen fendas no seu interior ofrecen máis rozamento e baixa a capacidade de evacuación. O tubo longo de leite ten que ter un diámetro mínimo de 12,5 milímetros e como máximo 16 milímetros en liña alta. En liña baixa canto máis diámetro mellor, adaptándose á medida da toma de leite e á embocadura do colector.
Se se colocan colectores que consuman máis de 12 litros por minuto ou que teñan fugas, o muxido pode ser un fracaso
O caudal en tubo longo de leite da maior partes das máquinas entra ao redor de 180 a 220 litros por minuto, pero tamén as hai de 320 litros por minuto. “En medidores volumétricos se chega a 125 litros por minutos case nos podemos dar por satisfeitos. Isto débese ao pase das embocaduras de entrada do baleiro de muxido e á embocadura do tubo longo de leite, que sempre teñen diámetros moi escasos”, detalla Mejuto. O técnico tamén advirte de que se se colocan colectores que consuman máis de 12 litros por minuto ou teñan fugas, o muxido pode ser un fracaso, debido a que cando a capacidade de evacuación é baixa ao entrar moito aire no colector, o nivel de baleiro cae considerablemente na punta do teto e o muxido vólvese máis lento.

Condución do receptor

Esta condución non é condución de leite, é a condución que une o depósito sanitario co receptor. Non está suxeito a ningunha medida, pero por experiencia sábese que cando ten un diámetro moi pequeno, con respecto ao caudal de bomba, produce unha caída de baleiro superior á permitida entre bomba e receptor e tamén entre regulador e receptor, por este motivo débese instalar cun diámetro amplo para que poida circular o caudal da bomba sen caer o nivel de baleiro máis do recomendado pola normativa. Isto pode provocar perdas de regulación, coa consecuente subida de células.

Claves sobre o sistema de baleiro e as conducións das máquinas de muxir (II)

As máquinas de muxir, ben sexan os sistemas máis tradicionais ou os novos robots de muxido automatizado, son dos sistemas indispensables nas granxas de leite. Á par de imprescindibles, a súa posta a punto e o coñecemento que se teña do seu funcionamento pode resultar de interese para atallar e previr avarías e garantir que están a funcionar correctamente. Con Andrés Mejuto, técnico acreditado e presidente da Asociación Galega de Técnicos de Equipos de Muxido (Agatem) afondamos xa sobre o funcionamento e os diferentes sistemas de muxido que poden instalarse na granxa na primeira entrega desta serie de artigos pensados para ampliar os coñecementos sobre as máquinas de muxir. Agora, tratamos con el o sistema de baleiro e as conducións, dous elementos fundamentais dos equipos. Ademais de coñecer o funcionamento deles, Mejuto tamén aporta recomendacións para o correcto mantemento na granxa. 

O sistema de baleiro

Nesta segunda entrega, Mejuto aporta información sobre un dos elementos claves no funcionamento das máquinas de muxir: o sistema de baleiro. Como ben indica o seu propio nome, o sistema de baleiro dunha máquina de muxir está composto por unha serie de accesorios que funcionan como baleiro e permiten conducilo ás diferentes partes da máquina de muxir.

A bomba

A peza fundamenta no sistema de baleiro é precisamente a bomba que produce o baleiro. Tan importante coma o propio baleiro que se xera para o funcionamento do equipo é o caudal de baleiro que se xera e garantir ademais que este sexa suficiente. “Tódalas máquinas de muxir funcionan co baleiro, polo tanto precisamos unha bomba que sexa capaz de producir un caudal de baleiro suficiente para que toda a instalación funcione cun nivel de baleiro estable e axeitado”, concreta Mejuto. Á hora de establecer o caudal de necesidades da máquina, o técnico precisa coñecer algúns datos como o lugar no que se instalará a máquina, xa que a altitude sobre o nivel do mar modifica as necesidades do caudal da bomba.  “É moi importante coñecer a altitude á que nos atopamos pola influencia que ten a presión barométrica sobre o rendemento da bomba”, explica o técnico de muxido.
A altitude á que se atopa a granxa condiciona o rendemento da bomba. A máis altitude precísanse bombas con maior caudal e do mesmo xeito, as necesidades para muxir son maiores
A altitude á que se atopa a granxa condiciona o rendemento da bomba. "Cando temos altas presións a bomba de baleiro produce máis caudal, por este motivo cando aumenta a altitude sobre o nivel do mar a presión barométrica baixa e a bomba baixa rendemento", explica o experto. Así, a máis altitude precísanse bombas con maior caudal e do mesmo xeito, as necesidades para muxir son maiores. Outros elementos que condicionan o funcionamento da bomba son os puntos de muxido. “Precísase saber o número de puntos de muxido que se van dispoñer para o cálculo do caudal e o sistema de baleiro”, indica o especialista. Tamén é imprescindible coñecer o diámetro da condución de leite, xa que canto máis diámetro haxa máis caudal de bomba se necesita para facer o lavado. Ademais do número de puntos de muxido, se os colectores teñen peche automático tamén inflúe no caudal da bomba e precisaranse 200 litros por minuto menos de caudal na bomba. "O peche automático é o peche que ten o colector e débese muxir con el libre, posto que se se dá o caso de que unha vaca tire o colector, o peche salta automaticamente", detalla Mejuto. Con todo, o peche do retirador non é automático e sempre tarda uns segundos en pecharse.

A condución principal

Tan importante como a bomba é a condución principal. Esta tubaxe une a propia bomba co depósito sanitario. Nesta condución sitúanse outras pezas fundamentais como o refervedor de baleiro, o regulador ou o vacuómetro. “A principal función do refervedor de baleiro é evitar que pasen líquidos ou calquera corpo estraño á bomba”, explica o técnico de muxido. Debe ter entrada e saída do mesmo diámetro ou superior que a condución, para que deste xeito non se produzan caídas de baleiro innecesarias.
A condución principal debe ter un diámetro suficiente para que poida circular o caudal da bomba sen caer o baleiro máis de 3 quilopascais
Mentres, o regulador de baleiro é unha válvula que serve para manter o nivel de baleiro estable na instalación. “Tódalas normas de montaxe van encamiñadas a conseguir un nivel de baleiro estable na punta do teto, co que garantir un muxido adecuado”, detalla o especialista. A condución principal tamén debe contar cun vacuómetro, un aparato que lle permite ó muxidor que poida saber o nivel de baleiro da máquina. Para garantir que a condución principal funcione correctamente debe ter un diámetro suficiente para que poida circular o caudal da bomba sen caer o baleiro máis de 3 quilopascais. A normativa recomenda facer un cálculo para 1 quilopascal de caída entre a bomba e o receptor. Tamén cómpre ter en conta que hai outros factores que repercuten no diámetro da condución principal como son o caudal da bomba, os metros de lonxitude, o número de curvas e cruzamentos (tes) que haxa, así como o número de refervedores e tamén as variacións de diámetro da condución. Ademais destes elementos, a condución principal tamén pode incorporar un tanque de distribución. Trátase dun refervedor opcional que se emprega como colector para outras conducións. “Este refervedor de baleiro fará que necesitemos un diámetro superior de condución principal”, apunta Mejuto.

As caídas de baleiro

Para o correcto funcionamento da máquina de muxir é preciso ter moi presente as caídas de baleiro e as súas consecuencias no caudal. “As caídas de baleiro esixidas pola norma non son un capricho, xa que cando calculamos un caudal para unha máquina, ese caudal ten que estar dispoñible no receptor. Se non temos unha condución suficiente, estaremos muxindo igual que se tiveramos unha bomba pequena”, argumenta o técnico.
"As caídas de baleiro obrígannos a meter conducións de maior diámetro e isto encarece o prezo da máquina de muxir"
É preciso ter presente que cando o caudal de baleiro pasa dunha tubaxe a un refervedor prodúcese unha expansión do baleiro. Mentres, cando pasa do refervedor á tubaxe ten lugar unha comprensión. En ámbolos dous casos, tanto a expansión como a comprensión provocan unha caída do baleiro. "As caídas do baleiro obrígannos a meter conducións de maior diámetro e isto encarece o prezo da máquina de muxir" concreta Mejuto. Tamén é fundamental a situación do regulador ou o sensor do variador. Neste caso, a caída de baleiro permitida entre o regulador e o receptor é de 1 quilopascal. “Se se supera esta medida, o regulador non se decata das caídas que pode haber no receptor e non cerra a entrada de aire na instalación, de xeito que queda muxindo cun nivel de baleiro máis baixo. Isto é o que se coñece como perdas de regulación”, detalla Mejuto.
Unha incorrecta caída de baleiro entre o regulador e o receptor pode derivar en que aumente o reconto de células na granxa
Este tipo de variacións xa non só inflúen no funcionamento da máquina de muxido, senón que é ademais causa de subida do reconto celular no leite, segundo informa o técnico. Para evitar que se xeren estes problemas, Mejuto recomenda achegar sempre o máximo posible o sensor de regulador ó receptor. Outras das pezas da máquina de muxido é o depósito sanitario, que está situado entre o sistema de leite e o de baleiro. “A función deste depósito é evitar que pase leite ou auga do lavado ó sistema de baleiro”, concreta o técnico. Máquina de muxido con condución.

Condución de baleiro de muxido e condución de pulsación

Tamén cómpre sinalar que nas salas de muxido con medidores volumétricos existe unha condución de baleiro de muxido. Este tipo de condución une o medidor coa condución principal e tamén serve como tubo de lavado. Para rematar, Mejuto lembra que na máquina de muxido existe tamén unha condución de pulsación, aquela que soporta os pulsadores e dá baleiro tamén ós retiradores. “Esta condución necesita diámetros pequenos porque aquí os consumos son baixos, normalmente mesmo está sobredimensionada”, recoñece o técnico de muxido.

Claves sobre a máquina de muxir e o seu mantemento (I)

A máquina de muxir é un dos equipos fundamentais nas ganderías de vacún de leite. Durante anos en Galicia as revisións destas máquinas eran obrigatorias e levábanse a cabo alomenos unha vez ó ano para asegurar un correcto funcionamento. A día de hoxe, como apuntan dende a Asociación Galega de Técnicos de Equipos de Muxido (Agatem) aínda que a Xunta deixou de esixir esta revisión, resulta igual de importante controlar o equipo de muxido para garantir o seu correcto funcionamento antes de que poida producirse unha avaría de maior transcendencia ou de que pequenos desaxustes poidan derivar en problemas para o propio gando ou a actividade e a rendibilidade da granxa. En función do número de animais da gandería tamén será preciso un recambio máis habitual das pezas como as gomas das tetoeiras, xa que estarán sometidas a un maior desgaste, tal e como xa o recomendan os propios fabricantes. Da man de Andrés Mejuto, técnico acreditado e presidente de Agatem, afondamos no coñecemento sobre as máquinas de muxir. Nesta primeira entrega debullamos algunhas das cuestións a ter en conta para comprender o funcionamento da máquina de muxido, así como os diferentes tipos. Con ela iniciamos unha serie de artigos nos que abordaremos cuestións como as distintas partes da máquina e os seus accesorios, explicando a función que teñen cada un destes elementos e os mínimos esixidos pola normativa para garantir o seu correcto funcionamento na gandería.

Coñecer a máquina

Nas ganderías galegas podemos atopar a día de hoxe varios tipos diferentes de máquinas de muxir: 1_ Cántaras ou máquina de muxido con cubo. Son as máis elementais e tamén as que primeiro se comezaron a instalar nas ganderías. 2_ Máquinas de muxido con condución de leite. Neste grupo é onde se encadran tanto os circuítos como as salas de muxir. Nas máquinas con condución de leite poden establecerse outras dúas clasificacións, que son tamén as que máis nos interesan para comprender mellor a máquina: liñas altas e liñas baixas. Chámanse de liña alta aquelas máquinas nas que o leite sube do colector á condución do leite, posto que esta está máis alta que o colector. Mentres, coñécense como máquinas con condución de leite de liña baixa aquelas nas que o leite baixa do colector a unha condución que está situada a unha altura por debaixo dos pés da vaca. Cómpre ter claro que as máquinas de muxido en circuíto serán sempre unha liña alta. Porén, unha sala pode ser liña alta ou baixa dependendo da altura da condución do leite. O caso da cántara de muxir practicamente é unha liña baixa que pode traballar a entre 40 ou 43 quilopascais e os reguladores fixos regulan a 50 quilopascais. Sistemas modernos e actuais como os robots de muxido teñen cálculos semellantes ós empregados para as cántaras. 

As pezas fundamentais

Á hora de analizar o funcionamento da máquina de muxir é prioritario ter un coñecemento sobre os seus compoñentes. “Hai partes fundamentais que si lle faltan non funcionarían e outras que son opcionais, como é o caso dos medidores”, apunta o técnico. A máquina de muxir traballa por baleiro, polo tanto o primeiro compoñente será unha bomba de baleiro. Para unir dita bomba coas demais partes da máquina necesítase un sistema de baleiro, que á súa vez debe contar cun sistema de regulación do baleiro e pulsación. Este é o accesorio encargado de traballar sobre o teto da vaca para producir a baixada do leite. Outra parte importante da máquina de muxir é o sistema de leite, que se encarga de levar o leite dende o colector ó receptor. Nesta parte da máquina poden ir incorporados os medidores.
“Tódalas máquinas, tanto liñas altas como baixas teñen ou poden ter os mesmos compoñentes, a única diferenza entre elas é o nivel de baleiro ó que traballan”
O nivel do baleiro é unha das cuestións ás que é preciso prestar especial atención. “Tódalas máquinas, tanto liñas altas como baixas teñen ou poden ter os mesmos compoñentes, a única diferenza entre elas é o nivel de baleiro ó que traballan”, explica Mejuto. O leite ó subir do colector á condución produce unha caída de baleiro importante, así, canto máis alta está a condución, máis caída haberá na punta do teto da vaca, que realmente é o baleiro que interesa ter en conta na máquina de muxir. Nos robots de muxido, a caída de baleiro é baixa, posto que por cada tetoeira hai un tubo longo de leite, mentres que nun sistema normal hai un tubo para as catro tetoeiras. O nivel de baleiro no robot de muxido é variable, en función do caudal de leite que baixa a vaca nese intre, así canto máis leite máis baleiro.   

Solucións ante variacións dos niveis de baleiro

As variacións dos niveis de baleiro poden provocar situacións que sexan prexudiciais para o correcto funcionamento da máquina ou para lograr bos resultados no muxido do animal. Analizamos algunhas das circunstancias máis habituais que poden producirse na máquina de muxido en canto ós niveis de baleiro e como corrixilas:

- Nivel de baleiro alto no teto da vaca.

Nas máquinas de muxir en liña alta utilízanse niveis de baleiro en regulador de entorno a 50 quilopascais ou incluso máis. Nestes sistemas poden xurdir problemas derivados dun nivel de baleiro alto na punta do teto. Así, no momento no que se colocan as tetoeiras, e mentres non hai leite, o baleiro sobe no teto case a niveis máximos. “Nestas circunstancias, se hai 50 quilopascais no regulador podemos chegar a ter na punta do teto 48 quilopascais. Este nivel de baleiro normalmente é moi alto para facer un muxido correcto”, especifica o técnico. Para mellorar esta variación do nivel de baleiro, Mejuto recomenda preparar moi ben as vacas para a baixada do leite e retirar as tetoeiras xusto cando termine de baixar o leite. “Nestes casos as tetoeiras deben retirarse canto antes, todo o máis axiña posible”, concreta o especialista.

-Caída do baleiro.

Outro problema das liñas altas prodúcese con aquelas vacas que apuran a baixar o leite no pico máximo do muxido, xa que pode caer o baleiro na punta do teto a 30 quilopascais ou mesmo por debaixo deles, un nivel de baleiro que se considera moi baixo para muxir. Por esta razón, é recomendable montar salas de liña baixa, sobre todo naquelas ganderías que teñan ou queiran traballar con producións altas de leite. “Cunha liña baixa ben dimensionada e correctamente instalada podemos traballar con baleiros no regulador de entorno a 42 quilopascais e ter na punta do teto, de principio a fin do muxido, 40 quilopascais. Así, pódese facer un muxido rápido e suave”, explica o técnico. Baixar o nivel do baleiro pode ser a solución para distintos problemas que pode haber na granxa e co gando. “Cando se comezaron a instalar as muxideiras eran todas cántaras de muxir, cunha liña baixa e cos reguladores de baleiro fixos. Con estes sistemas, daquela teño resolto moitos problemas de recontos de células somáticas altos con só baixar o nivel de baleiro”, apunta Andrés Mejuto.
*Nas vindeiras entregas continuaremos a coñecer as distintas partes da máquina, a súa función e os mínimos esixidos pola normativa para garantir o seu correcto funcionamento na gandería.
 

Oferta de emprego nunha gandería de leite de O Páramo

A gandería Pena Guisande SC, do concello lucense de O Páramo, busca un empregado para colaborar nas tarefas diarias desta granxa de leite. As funcións a desempeñar céntranse principalmente no muxido das vacas, así como, de xeito complementario, deberá colaborar coa realización do resto de traballos da gandería, como a alimentación do gando, o mantemento das camas, a limpeza dos silos… A gandería conta cunhas 400 cabezas de gando das que ten 240 en muxido. A intención é que a persoa contratada se encargue do muxido dunha parte do rabaño, que se atopa nunha granxa próxima ás instalacións principais. Polo momento, o muxido realizarase en sala, pero na gandería están pendentes da instalación dun robot de muxido, polo que unha vez que o fagan tratarase de supervisar o funcionamento deste. Nestes momentos, na gandería xa teñen contratado outro empregado que colabora xunto cos propietarios na atención do gando, pero dada a carga de traballo actual están buscando incrementar o cadro de persoal. Ademais, dende a gandería tamén informan de que o empregado poderá optar a alugar unha vivenda próxima á granxa. As persoas interesadas nesta oferta poden poñerse en contacto con Adrián chamando ó teléfono 680 84 81 88. Ó igual que esta granxa, outra gandería familiar situada no Páramo tamén está a procurar un empregado para colaborar no muxido e as tarefas diarias. Neste caso trátase dunha gandería de menor tamaño, cuns 40 animais en muxido, que precisa incorporar persoal.

“Inspeccionar o equipo de muxido é moi necesario, aínda que agora non sexa obrigatorio nin subvencionado”

Andrés Mejuto é un dos técnicos de equipos de muxido máis experimentado de Galicia, con máis de 35 anos especializado na revisión e control destas máquinas. Foi o primeiro técnico da provincia de Pontevedra autorizado para facer estes controis. Dende hai máis de 5 anos exerce tamén como presidente da Asociación Galega de Técnicos de Equipos de Muxido (Agatem). Abordamos con el a evolución que sufriron estes equipos nos últimos anos, así como os aspectos que se deben ter en conta para lograr un bo funcionamento ou o control que se fai deles nas ganderías na actualidade. -Hai pouco máis de 5 anos que a asociación botou a andar, como valoran estes primeiros anos? En que se centraron neste tempo? -A intención de crear a asociación foi para tentar estar un pouco unidos, xa que cada quen traballamos en distintas empresas e para seguir dalgún xeito en contacto e coordinados como cando as testaxes eran obrigatorias e subvencionadas pola Xunta. Daquela facíanse cursos e reunións para abordar temas que nos interesaban e a intención da asociación e seguir mantendo á xente en contacto. Outro dos obxectivos é facer cursos de formación. Polo momento xa fixemos algún curso e agora temos outro solicitado para formar a máis xente, xa que as casas de muxido seguen solicitando este perfil e non atopan profesionais con esta formación. Neste tempo xa conseguimos que a Xunta nos cedese a Unidade de Muxido que hai no Centro de Experimentación e Formación Agraria (CFEA) de Sergude (Boqueixón, A Coruña) para que fagamos uso dela. Isto permítenos facer un control e revisión dos nosos equipos, cada técnico paga a súa revisión, pero temos un espazo e un equipo co que verificar os nosos.
“Hai 35 anos os controis eran obrigatorios e estaban subvencionados segundo os puntos de muxido que había na granxa. Daquela dábanlle ata as cánulas de secado e os deterxentes que se precisaban para a sala de muxido”
- Durante algún tempo as revisións dos equipos de muxido nas granxas foron subvencionadas e obrigatorias, cal é a situación actual? -Agora non hai inspección por parte da Xunta. Haberá uns 10 anos que deixou de haber subvencións para a testaxe dos equipos e deixou tamén de facerse ese control, polo que as revisións pasaron a ser voluntarias. Hai 35 anos, cando eu comecei, os controis estaban subvencionados segundo os puntos de muxido que había en cada granxa. Daquela dábanlle as cánulas de secado das vacas e os deterxentes que se precisaban para a sala de muxido. Iso foi tamén o primeiro que suprimiron, cando consideraron que os gandeiros xa sabían da importancia de empregalos e que os mercarían eles. As testaxes continuaron aínda bastantes anos sendo obrigatorios e subvencionados. Cando remataron de ser financiados, moitos profesionais seguiron esixíndoos porque saben da importancia para comprobar que a máquina funcione correctamente. Nótase que cada vez a xente esixe máis, pero tamén houbo quen deixou de facerllos. -Con cantos socios contan na actualidade na asociación? Que porcentaxe supón dos técnicos que operan en Galicia? -Agora mesmo estamos sobre uns 40 socios, pero hai moitos técnicos fóra, xa que inicialmente nos estatutos recolleuse que só podía asociarse aquel persoal que estivera autorizado a facer a testaxe, que contase con certificación oficial. É un tema que temos que revisar, para tentar que poidan participar máis, xa que en Galicia pode haber preto de 400 técnicos que están a traballar con sistemas de muxido e tanques de frío. Agora ben, que fagamos só as testaxes pode que sexamos uns 10, deles 3 alleos ás marcas. -Teñen algunha reclamación á Administración como colectivo? -Estivemos durante anos tentando reunirnos cos distintos Conselleiros e agora conseguimos que este nos recibise. Nós pedímoslle poder facer un curso de formación e un exame oficial que permita á xente prepararse en condicións, así como dispoñer dos equipos nas condicións adecuadas para facer un control axeitado e contar cun título oficial que o acredite. Polo momento non foi posible, pero imos seguir insistindo. Agora mesmo entre Raul Regueiro, que é o vicepresidente da asociación, Zapata que é o secretario e máis eu estivemos impartindo os cursos que houbo en Sergude, pero precisamos relevo porque algúns xa imos para xubilarnos. -Como foi a instalación daqueles primeiros sistemas de muxido en Galicia? -Lémbrome que cando fixemos o primeiro curso da nova normativa en Sergude, estabamos controladores de toda Galicia, e todos falaban daquelas primeiras salas de muxido na comarca do Deza. As tres empresas que había por entón querían instalar estas primeiras e recordo, como sen contar, ó final rematei sendo eu o que realizara o control daquela sala que se instalou, que xusto acaba agora de incorporar un robot. Era unha sala de muxido con 6 puntos, que para aquel momento era xa todo un avance, cando agora son das máis pequenas que hai, posto que hai granxas con 20 ou 30 puntos de muxido.
“Facer unha testaxe é moi necesario, xa que se o equipo de muxido non funciona ben é moi probable que aumenten os recontos de células somáticas”
-Coa automatización que experimentou o muxido nos últimos anos, está a ser máis necesario o labor dos técnicos especializados nestes equipos? -Facer unha testaxe é moi necesario, xa que se o equipo de muxido non funciona ben é moi probable que aumenten os recontos de células somáticas. É certo que tamén hai granxas onde o equipo de muxido está en pésimas condicións e se manteñen as células en valores normais, pero non é o habitual. Eu creo que facer unha testaxe e un control do sistema é tan necesario agora como o era antes, só que agora non é obrigatorio nin subvencionado. A normativa do 1981, que foi a primeira que houbo en Galicia, e que se modificou no ano 2001 para facela máis esixente, segue a ser pola que nos rexemos. -Como evolucionaron os equipos de muxido nestes anos? -Antes chegábase á granxa e había unha tubaxe de leite, unha tubaxe de baleiro e unha bomba e medíamos que todo funcionara ben, agora é todo bastante semellante, só que empregamos unha folla de cálculo para estimar as necesidades da máquina en función dos puntos de muxido e a produción de leite, para que non haxa problemas na circulación do leite e o caudal tanto da bomba coma os diámetros da condución sexan os necesarios. Temos que ser conscientes de que cando se precisa un caudal mínimo na bomba, ese caudal debe estar dispoñible para muxir as vacas. Ese é un aspecto que antes non se tiña en conta. Tamén foron aparecendo medidas novas, como as perdas de regulación, que é moi semellante ó que antes eran as fugas do regulador. Cando temos as perdas de regulación controladas quérese dicir que a máquina ten a condución principal de baleiro adaptada ó caudal da bomba e ese caudal está dispoñible na unidade final para poder muxir as vacas. Outras medidas novas que se foron incorporando e que son moi necesarias para facer un muxido rápido e eficaz é a capacidade de evacuación dos colectores. Cunha capacidade alta de evacuación, o leite circula mellor e conseguimos menor caída de baleiro na punta do teto, cun baleiro máis estable e un muxido máis rápido. -Precisan máis revisións e mantemento agora estas instalacións? -Non é que sexan necesarias máis revisións, é preciso cambiar as gomas e facerlle o mantemento ó regulador para asegurarse de que estea limpo como se facía antes. Agora coas medicións electrónicas e coas incorporacións de servizos que se inclúen, como os retiradores automáticos, increméntanse tamén as posibilidades de que haxa avarías. As máquinas que mellor funcionan son as máis sinxelas, as que menos extras teñen, pero ás veces eses servizos a maiores son moi necesarios para o día a día dos animais e do gandeiro.
"O robot non deixa de ser un caldeiro de muxir como que había antes, pero cun ordenador incorporado para tentar substituir ó gandeiro, o cal é moi difícil"
-Como valora a introdución dos sistemas de muxido robotizados? -É unha maquina de muxir tan honrosa como a que máis. O robot non deixa de ser un caldeiro de muxir como que había antes, pero cun ordenador incorporado para tentar substituir ó gandeiro, o cal é moi difícil. O robot está solucionando o problema de falta de man de obra para o muxido, pero segue necesitando que esteas pendente del, non te libera por completo do muxido, como pode parecer inicialmente. O robot non elimina man de obra, case diría que ó contrario. -Que opina sobre o sistema de muxido móbil? - En Galicia aínda hai moi poucas e está pensado sobre todo para aquelas ganderías que teñen os prados afastados e para evitar que o gando se desprace moito. Debe ser unha máquina igual de eficiente que a que teñas na sala, só que no canto de tela na granxa tela montada sobre rodas. Un dos maiores inconvenientes que presentan estes sistemas é que precisan ter grupos electróxenos sofisticados para que che proporcionen unha corrente eléctrica estable.
“Un regulador ben axustado é primordial para conseguir un muxido eficiente"
-Cales son os aspectos máis importantes no control dos equipos de muxido? -A alma mater do equipo de muxido é o regulador, tanto os máis tradicionais como os variadores de revolucións que hai agora, que destacan polo aforro eléctrico que conseguen. Un regulador ben axustado é primordial para conseguir un muxido eficiente, senón ademais de non aforrar, pódeche amolar o muxido. A norma principal para unha máquina de muxir é o nivel de baleiro estable na punta do teto, e iso é o máis difícil de conseguir. Se á máquina lle falla, tanto o regulador normal como o variador, iso desastibiliza o muxido. Ademais, para ter un muxido eficiente precísase unha bomba cun caudal suficiente. Tamén se necesita que tódalas conducións teñan as dimensións necesarias, cumprindo o mínimo da normativa. A pendente na condución do leite tamén é fundamental, para que o leite corra pola seu peso e debe ter un diámetro axeitado, tal e como especifica a normativa, para que en calquera momento do muxido e en calquera punto da condución de leite o baleiro non caia máis de 2kpas e o caudal do leite circule á mesma velocidade que o caudal de aire, para que non se fagan tapóns de leite.

"Cando nunha granxa teñen que usar moita oxitocina hai que pensar que pode non funcionar correctamente o sistema de muxido"

-A que deben prestar maior atención os gandeiros durante o muxido para optimizar o funcionamento destes equipos? -Os gandeiros xa teñen bastante traballo con alimentar e atender ós seus animais e non poden ter que estar pendentes das máquinas, para iso estamos os técnicos para asegurarnos de que o equipo de muxido funcione correctamente. Con todo, na sala de muxido, tal e como recolle a normativa, debe haber un manómetro visible, que lle pode indicar ó gandeiro se hai fallos no sistema. Tampouco é que sexan unha ferramenta moi útil, posto que a maioría son analóxicos e cando o gandeiro pode apreciar unha variación neles é que se trata xa dun problema moi grave, xa que os técnicos no día a día empregámolos dixitais e temos en conta as mínimas variacións. As unidades finais de cristal, que cada vez quedan menos, é outra parte do equipo que para os gandeiros pode ser de utilidade á hora de detectar problemas no sistema. Neste punto o leite debe chegar de forma continua, sen formación de tapóns. Se non é así hai algún fallo no funcionamento, ben pola falta de pendiente ou por un diámetro insuficiente na condución do leite. O gandeiro tamén debe ser consciente que se ten unha máquina en condución simple do leite normalmente pode darlle problemas. O que está funcionando hoxe en día son as conducións en anel, para evitar que haxa tapóns que obstaculicen todo o funcionamento do sistema. Ás veces, cando nunha gandería teñen que recorrer a un uso moi habitual de oxitocina, para conseguir o muxido dun bo número de animais, cómpre barallar que pode estar habendo un problema no sistema de muxido, que provoca que vaia moi lento o muxido.
"Tanto as fábricas de leite como as certificadoras están esixindo unha testaxe anual"
-Que resulta máis problemático nun sistema de muxido? -As conducións de leite é un dos puntos máis problemáticos. Neste aspecto sempre é mellor contar cunha marxe ampla, no canto de quedarse curtos á hora de calcular as necesidades do sistema para o volume de leite que vaia haber na granxa. Estamos vendo granxas que seguen coa mesma máquina despois de 20 anos, pero neste tempo as producións incrementáronse moito e a xenética contribuíu a que o leite baixe con maior rapidez, polo que é moi necesario que as conducións sexan amplas para poder asumilos incrementos. -Cada canto tempo se deben revisar os equipos de muxido? -Os equipos deberan de someterse a unha testaxe, alomenos unha vez ó ano. Tanto as fábricas de leite como as certificadoras están esixindo unha testaxe anual, e a tendencia é que se queira granxas con equipos certificados. Houbo tamén épocas nas que dende Sanidade, ó detectar recontos celulares moi elevados, esixíaselle realizar unha revisión. -Hai aspectos que se descoiden no mantemento e control das instalacións de muxido nas granxas galegas? -Sempre hai marxe para mellorar. Moitas veces hai que mellorar na limpeza que se fai dos equipos. Aínda que aparentemente poida verse limpo, van quedando espazos nos que non se fai unha limpeza axeitada. Outro dos aspectos que se descoida son os cambios de gomas. As tetoeiras e os tubos de leite cámbianse cando rompen e non cando deberan. Tanto por hixiene como por funcionamento deberan de cambiarse. Hai moitos gandeiros que están a facer un mantemento moi bo, cambiando cando lle corresponde, pero tamén hai quen tenta aguantar mentres non rompen. Tanto nas gomas como nas tetoeiras os propios fabricantes indican cando deberan de cambiarse. En base ó uso que se faga delas poden aguantar un ano, aínda que hai granxas que as teñen que cambiar cada 6 meses, dependendo do número de vacas e de puntos de muxido. Tamén cómpre lembrar que se debe seguir un protocolo de lavado despois de cada muxido. Para iso é preciso que se utilice unha cantidade de auga suficiente e á temperatura indicada polo fabricante do deterxente. Debe facerse un tempo mínimo de tempo de circulación da solución formando tapóns na condución do leite. Ó final debe facerse un moi bo aclarado para garantir a eliminación dos restos de deterxente.

Medio Rural estuda crear cuadrillas de substitución para granxas afectadas pola Covid-19

A Consellería de Medio Rural está a avaliar a creación de cruadrillas de peóns para facer substitucións naquelas ganderías cuxos propietarios ou traballadores se vexan afectados directamente polo coronavirus e teñan que afrontar a enfermidade ou pasar unha corentena. Estas cuadrillas estarían integradas por peóns agrícolas especializados en muxido e maquinaria. A medida inclúese nun paquete de propostas que a administración está a estudar para afrontar as consecuencias da Covid-19 nos distintos sectores agrarios e gandeiros. Aínda por concretar os pormenores, a disposición anunciouse nunha reunión celebrada a comezos de semana e na que participaron o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e organizacións agrarias. A proposta de poñer en marcha distintas brigadas para garantir que a actividade nas ganderías poida continuar en caso de sufrir un contaxio por coronavirus responde a unha petición realizada por Unións Agrarias, que se amosa satisfeita coa sensibilidade da Consellería respecto desta situación. “Hai un problema real para os gandeiros cun positivo de Covid-19, posto que poden illar ós traballadores dunha granxa e a gandería é unha actividade que non pode esperar”, explica José Ramón González, responsable de Agricultura e Producións Extensivas de Unións Agrarias. A organización agraria solicítalle ademais á Consellería a continuidade destas cuadrillas de substitución no sector gandeiro. “O que demandamos é que estas brigadas, aínda que non sexan subvencionadas ó 100%, que continúen despois da Covid-19, porque lle vai permitir a moitos gandeiros descansar algún día”, apunta González. Polo momento, dende a Consellería de Medio Rural só confirmaron que están a avaliar a aplicación desta medida, mais non quixeron concretar prazos. Porén, en dita reunión, segundo Unións, apuntaron a que a orde podería quedar aprobada esta mesma semana. Máis información - -Recomendacións para granxas familiares con casos positivos de coronavirus.