Archives

A “Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027” centrarase con especial incidencia nos sectores forestal e agrario

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na presentación da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027. O documento, elaborado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), contou co consenso dos interlocutores sociais, algo que a representante autonómica quixo poñer en valor porque contribúe a fomentar un mercado de traballo respectuoso, diverso e seguro. Rivo subliñou que a nova estratexia tivo en conta no seu deseño a configuración do tecido produtivo galego -integrado de xeito principal por pemes e micropemes-, as peticións das entidades sindicais e as achegas doutras consellerías da Xunta. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade agradeceu o consenso acadado na configuración do documento coa meta última de reducir a sinistralidade e mellorar as condicións de traballo a través da mellora da xestión preventiva. “Seguiremos sentándonos, dialogando e xerando debates construtivos coa sociedade para seguir avanzando na xeración dun mercado de traballo respectuoso, diverso e seguro”, rematou a conselleira. “O traballo abre as portas do benestar e o benestar é imprescindible no traballo”, recalcou. O novo marco estratéxico nace para avanzar na consolidación da calidade do emprego. Galicia está a sentar as bases para crear contornos de traballo seguros, saudables e sustentables. O documento avoga por situar como valores fundamentais a saúde integral das persoas traballadoras, o crecemento económico e social das empresas e organizacións e o benestar laboral, que sitúe no centro ás persoas. A Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027. conta cun orzamento de 55,8M€ para todo o período de vixencia. Entre os seis obxectivos estratéxicos e as máis de 135 medidas a desenvolver, recolle actuacións para adaptar a xestión preventiva ao uso das novas tecnoloxías nas contornas laborais, como a intelixencia artificial, a big data, os robots colaborativos, a Internet das cousas, os algoritmos ou as plataformas dixitais de traballo. Unha das prioridades será a de enfrontar os riscos psicosociais que afectan ás persoas traballadoras (estrés, violencia, desgaste laboral...) e tratar de reducir, con carácter xeral, os danos na saúde das persoas, tanto accidentes laborais como enfermidades profesionais. Na mesma liña quere combater patoloxías non traumáticas, riscos ergonómicos e os relacionados coa exposición a substancias e axentes perigosos.

Especial atención á reducción da sinistralidade no sector forestal e agrario

A nova estratexia, doutra banda, mira aos colectivos vulnerables ante o traballo e incidirá en sectores con alta sinistralidade. Menciona o forestal, a pesca, o dos coidatos ou a construción como algún dos prioritarios. Tamén terá en conta o idadismo e a diversidade xeracional para incidir na mellora da seguridade e saúde no traballo. A Xunta de Galicia avogará por xerar coñecemento e sensibilizar na cultura da prevención a persoas traballadoras, empresarios e mesmo ao alumnado, nas diferentes etapas educativas, polo que no novo marco reforzarase a formación. Medidas concretas No caso concreto do eido forestal, a Estratexia persegue incidir nos equipos de traballo, na organización do traballo, en medidas de emerxencia e coordinación de actividades, con actuacións como: A. Promover melloras nas operacións de maior risco e alta sinistralidade, facilitando asesoramento técnico, documentación, etc. aos servizos de prevención de riscos laborais do sector. Impulso da xestión mancomunada da prevención de riscos laborais. B. Programa de prevención de riscos e redución da sinistralidade na industria forestal, nas operacións de maior sinistralidade no traballo no monte, e investigación causal destes accidentes, incluídos os do persoal autónomo. C. Achegar información sobre o uso seguro de equipos de traballo, en particular no manexo de maquinaria forestal, mediante cursos de información e formación de carácter práctico. No caso do sector agrario, atenderase especialmente aos lugares de traballo, silos, caídas de altura, equipos de traballo, tractor e outra maquinaria agrícola e á aplicación segura de fitosanitarios. Utilizarase como instrumento técnico as coleccións Implanta e Actúa do Issga.

Descarga aquí o documento da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027

Cursos do ISSGA sobre manexo seguro da motoserra e a rozadoira

 A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), organiza 6 cursos teórico-prácticos para a prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira, co que se formarán preto dun centenar de persoas. As dúas primeiras edicións dos cursos serán no CFEA de Lourizán nas seguintes datas:
  • 26, 27 e 28 de abril de 9:00 a 14:00
  • 10, 11 e 12 de maio de 9:00 a 14:00

Identificación dos cursos

  • Nº de edicións: 6

  • Duración: 15 horas lectivas repartidas en tres xornadas de 5 horas cada unha

    <!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Forestal 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101886&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->
  • Nº de prazas por edición: 15

  • Modalidade: presencial

  • Custo dos cursos e financiamento: a asistencia a estes cursos será gratuíta para as persoas seleccionadas.

    <!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Forestal 2 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101887&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->
  • Datas: os cursos impartiranse durante os meses de abril a novembro do 2023.

  • Acreditación da formación: ao remate de cada curso o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.

Lugares

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Forestal 3 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101888&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Provincia

Concello

A Coruña

Narón

Brión

Lugo

O Vicedo

Lugo

Ourense

O Barco de Valdeorras

Pontevedra

Oia

 

A elección das sedes destas actividades do Issga vén motivada pola relevancia do ámbito forestal na zona, os datos de sinistralidade e a alta demanda deste tipo de formación por parte dos profesionais do sector.

Obxectivo

Proporcionar unha formación específica en prevención dos riscos laborais ás persoas traballadoras e profesionais do sector forestal e da actividade de silvicultura, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia, mellorar a calidade do traballo destas tarefas de especial risco e sensibilizar na importancia da prevención para diminuír os accidentes laborais no sector.

Programa

  • A seguridade e a saúde no traballo

  • A prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal

  • Os equipos de protección individual (EPI)

  • Planificación dos traballos de aproveitamento

  • Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente

  • Prácticas de manexo seguro da motoserra

  • Prácticas de manexo seguro da rozadoira

A parte práctica ten unha importancia fundamental no desenvolvemento do programa formativa en canto supón case a totalidade da formación, que se desenvolve na maior parte na parcela seleccionada en cada concello identificando os dispositivos de seguridade das máquinas, realizando os labores de mantemento, montaxe e desmontaxe e o seu manexo utilizando diferentes técnicas de traballo.

Destinatarios

Diríxense a persoas en activo que desenvolven a súa actividade no sector agrario, forestal e de xardinaría.

En canto aos criterios de selección, terán prioridade aquelas persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia; unha vez seleccionado este grupo por orde de inscrición, selecciónanse o resto de persoas, tamén seguindo a mesma orde.

Ás persoas seleccionadas facilitaráselle os equipos de protección individual (EPI) necesarios para o seu desenvolvemento.

Inscricións

O ISSGA publicará a correspondente convocatoria na súa páxina web, https://issga.xunta.gal/gl, a manterá actualizada toda a información relacionada con esta actividades formativa.

Sector forestal

A formación diríxese a un sector estratéxico da economía galega e pretende sensibilizar ao persoal en materia preventiva, ampliando as súas capacidades e favorecendo a aprendizaxe continua sobre a materia.

Motoserra e rozadoira

Estas dúas ferramentas atópanse entre as máquinas de traballo que maior sinistralidade ocasionan no sector forestal, principalmente nas actividades da silvicultura e explotación forestal, aínda que tamén en xardinaría, nas que son máquinas imprescindibles nos traballos de corta polo pé, a derrama, a tronza ou a poda de árbores, entre outros.

A motoserra é unha máquina con elementos afiados que traballa a gran velocidade e ten gran poder de corte. Os principais riscos no seu uso son os seguintes:

  • Rebote

  • Retroceso

  • Tiróns bruscos

  • Exceso de percorrido de corte

  • Desvío da traxectoria de corte

  • Rotura da cadea

  • Caídas, tropezóns e esvaróns

  • Vibracións

  • Cortes e golpes

  • Sobreesforzos

  • Queimaduras/incendios

  • Proxeccións

  • Ruído

  • Factores biolóxicos

  • Climatoloxía adversa

Antes de usar estas máquinas é de vital importancia coñecer o seu funcionamento e os sistemas de seguridade e protección.

Ningún equipo de protección individual (EPI) ou accesorio de seguridade ofrece unha protección absoluta contra as lesións e tampouco substitúe unha técnica de traballo segura. Polo tanto, é imprescindible observar os consellos de seguridade incluídos nas instrucións de uso tanto do EPI como da máquina.

É fundamental acadar a plena integración da prevención en todos os labores, procesos e actividades do ámbito forestal, desde antes do comezo do traballo ata a desmontaxe da maquinaria sen esquecer o seu mantemento e sistemas de seguridade así como os aspectos relacionados coa planificación dos traballos á hora do recoñecemento previo da parcela e a organización do método de traballo.

Aspectos clave dos cursos ISSGA

  • Destinados a un sector prioritario, estratéxico e preferente da economía galega como é o forestal

  • Dan continuidade ás accións realizadas neste sector nos últimos anos polo Issga, achegando información sobre o uso seguro de equipos de traballo, en particular no manexo de maquinaria forestal, mediante cursos de formación presenciais, de carácter eminentemente práctico e con prácticas reais

  • Integradores da PRL dende a formación

  • Sensibilización do persoal en materia preventiva

  • Enfoque amplo, máis alá das responsabilidades legais

  • Mellora e aumenta das capacidades e a eficacia do persoal traballador

  • Fomento e promoción da aprendizaxe permanente e o desenvolvemento profesional continuo

  • Responden á realidade galega actual de sinistralidade

  • Alto grao de demanda

  • Perfil do alumnado con distinto grao de experiencia e formación

  • Gratuítos

  • Facilítanse os equipos e os EPI

  • Contidos con especial fincapé na planificación, procedementos, instrucións e operacións con maior risco

  • Contidos formativos consensuados co grupo de traballo de sinistralidade laboral e postos en coñecemento do grupo de traballo técnico no ámbito forestal co obxecto de coñecer as necesidades e poñer en común a realidade de empresas e persoal traballador do sector

“No uso da motoserra hai que mellorar no emprego de equipos de protección e mantemento da máquina”

Alberto Conde Bóveda, técnico do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) O uso da motoserra é unha das principais causas de sinistralidade no rural galego. Así, soamente o ano pasado rexistráronse 204 accidentes laborais en Galicia, aínda que o número real é moito maior se se teñen en conta os sinistros fóra da xornada laboral. Para coñecer cales son as claves para un manexo seguro desta máquina falamos con Alberto Conde Bóveda, técnico do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), e coordinador dos cursos de prevención de riscos laborais no uso da motoserra que imparte este organismo dependente da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. -É o uso da motoserra un dos principais factores de sinistralidade no agro galego? Si que o é, principalmente nas actividades da silvicultura e explotación forestal no que é unha máquina imprescindible nos apeos e derrames, (tamén ten importancia nas actividades de xardinería que inclúan a poda das árbores). É unha máquina con elementos afiados que traballa a gran velocidade e ten gran poder de corte. Os datos rexistrados de accidentes laborais en xornada (en todos os sectores) nos que se declara que estivo presente a motoserra son os seguintes: -Elixir un tipo de máquina (potencia, lonxitude de espada, peso..etc) axeitada aos traballos que imos realizar, a nosa condición física...etc inflúe tamén na seguridade? Que aconsellaría neste sentido? Se ben á hora de elixir unha motoserra teremos en conta como criterio principal o traballo a realizar con esa máquina, tamén debemos de considerar a condición física como un aspecto relevante no momento de facer a elección, debido a que unha motoserra de maior potencia e lonxitude de espada leva aparellado un maior peso. Polo tanto, a condición física do operario determinará a posibilidade dos traballos a realizar en función da motoserra coa que pode traballar. Aquelas persoas que non conten con unha boa forma física deberán de optar por motoserras de menor potencia e menor lonxitude de espada. -Reducir o risco de accidentes coa motoserra comeza cun bo mantemento. Cales son os aspectos clave a ter en conta neste sentido? Hai que ter sempre en conta as indicacións especificadas polo fabricante no manual de instrucións. Os aspectos clave á hora de realizar un axeitado mantemento da motoserra son: -Revisión e mantemento de elementos de seguridade (freo de cadea, captor de cadea, silentblocks, etc). Isto reducirá o risco de accidente. -Afiado da cadea, xa que facilitará o corte, mellorará a súa precisión, diminuirá o consumo de combustible, limitará a posibilidade de rebote, alongará a vida útil dos compoñentes (piñón de arrastre, cadea e espada) e reducirá o esforzo do operario ao tempo que mellora a súa seguridade. -Limpeza do sistema de engraxe da cadea, xa que un bo engraxe alonga a vida útil da espada e da cadea ademais de diminuír o risco de rotura desta última. -Limpeza do filtro de aire. Axudará a reducir o consumo de combustible, evitará problemas no acendido, permitirá traballar con unha potencia óptima e previrá fallos no carburador, incrementando a súa vida útil. -Mantemento da espada e da cadea. Revisión do seu estado buscando posibles fisuras ou pequenas roturas que podan provocar un accidente. -O acendido da motoserra é un punto de partida no que tamén debemos ter precaución. Cal sería a técnica máis aconsellable? A técnica de acendido máis recomendable, para manter en todo momento o control total da motoserra, é aquela na que acendemos a motoserra apoiada no chan. Para iso asentaremos a máquina sobre o terreo e, mentres agarramos o mango dianteiro de xeito firme coa man esquerda e empurramos cara abaixo, introduciremos a punta do pé dereito no mango traseiro. Coa man dereita tiraremos do mango de arranque. Por suposto, arrincaremos a motoserra a máis de 3 metros do lugar de recarga, sobre unha superficie chá e nunha posición firme e segura evitando facelo en sitios pechados, agás que sexa eléctrica. -E para desprazarnos con esta máquina. Cales serían as recomendacións para non levar un susto? Á hora de desprazarnos coa máquina debemos de diferenciar sempre entre desprazamentos curtos no entorno da árbore na que estamos a traballar ou desprazamentos máis longos para cambiar de zona de traballo. No caso de desprazamentos curtos (cambiar de polas durante o derramado ou avanzar no torado da árbore), activaremos sempre o freo de cadea e procuraremos pisar con seguridade e mirando a zona sobre a que nos moveremos. Nos desprazamentos máis longos, apagaremos a motoserra, colocaremos o protector da espada e camiñaremos suxeitando a motoserra polo mango superior, mantendo o escape separado do corpo e a espada cara atrás. -Como debemos realizar o corte dunha árbore? En primeiro lugar observaremos o entorno da árbore para ver se hai obstáculos que debamos de ter en conta (liñas eléctricas, construcións, estradas, etc) e sinalizaremos a zona, para evitar o tránsito de persoas ou vehículos. A continuación comprobaremos a dirección de caída natural da árbore, para o que valoraremos a inclinación do tronco e a disposición das ramas da copa. Procederemos a despexar de vexetación e/ou obstáculos o entorno do tronco, así como a nosa ruta de escape (45º, na dirección oposta á de caída, en ambas direccións). Por último procederemos a realizar o corte polo pé de xeito seguro. Comezaremos polo corte direccional, para o que efectuaremos un primeiro corte a 45º, na zona da dirección de caída, de arriba cara abaixo e, a continuación, un corte horizontal que penetre aproximadamente 1/4 ou 1/5 do diámetro da árbore ata atoparse co anterior. Remataremos cun terceiro corte horizontal, que efectuaremos na parte oposta da árbore, e uns 3 cm por encima do segundo corte de dirección. Entre ambos cortes deixaremos unha zona sen cortar (bisagra) que servirá para que a árbore caia de xeito controlado. No momento que comece a caída da árbore pararemos a motoserra e separarémonos do toco polas vías de escape. -E no caso de que a árbore quede enganchada noutra, como deberíamos proceder? Cando a árbore que estamos apeando queda enganchada noutra, seguiremos unha serie de recomendacións: -Sinalizaremos a zona de influencia de caída da árbore enganchada e avisaremos a todo o persoal da localización da árbore -Non apearemos outras árbores sobre a enganchada nin apearemos a árbore sobre a que hai outra enganchada. -Non subiremos pola árbore enganchada para facela caer -Non traballaremos na zona de influencia de caída da árbore enganchada, nin tan sequera transitaremos por ela. E asegurarémonos de que ningunha outra persoa o fai -Analizaremos a existencia de ramas inseguras na zona de traballo e avaliaremos as posibles traxectorias de caída da árbore de cara a elixir o método de apeo máis seguro. -Se consideramos que podemos voltear a árbore con seguridade, cortaremos o centro da bisagra, deixando un pequeno anaco desta no extremo sobre o que queremos que xire a árbore, para a continuación empurrar a árbore, cara ao lado contrario do que nos atopamos, coa axuda dunha panca de derrube. -Cando sexa necesario empregar medios mecánicos (cabrestante manual ou cabrestante da maquinaria) amarraremos o tronco da árbore enganchada o máis abaixo posible e tirarase ata que caia ao chan. -Durante esta operación non se situará ninguén na zona de caída da árbore nin na zona de varrido do cable no caso de rotura. -En caso de que nos quede atascada a motoserra cortando unha árbore, cales serían as súas recomendacións? Neste caso podemos optar por empurrar a árbore a certa altura cunha panca. Outra opción será empregar unha panca de derrube que introduciremos no corte no que temos a motoserra atascada, tratando de levantar un pouco o tronco para liberala. No caso de que as opcións anteriores non funcionen procederemos, con outra motoserra, a realizar un novo corte en dirección oposta ao anterior -O rebote da motoserra é unha das principais causas de accidentes. Como proceder para evitalos? Para evitar o risco de rebote da motoserra procuraremos non cortar co cuarto superior da punta da espada (sempre que sexa posible cortaremos coa parte inferior da espada). Ademais empregaremos cadeas de seguridade ben afiadas e traballaremos coa motoserra en aceleración plena. Tamén poremos moita atención e coidado cando teñamos que introducir a espada nun corte xa iniciado e procuraremos que non existan ramas ou obxectos que poidan tocar a punta da espada mentres traballamos. Por suposto traballaremos sempre cos equipos de protección individual axeitados e verificaremos que o freo de cadea da motoserra funciona perfectamente. -Como valora a seguridade das motoserras eléctricas que se están empezando a introducir no mercado? Son máis seguras que as de gasolina? En xeral as motoserras eléctricas que existen no mercado son máis pequenas e menos potentes que as de gasolina. Esta menor potencia tradúcese nunha menor velocidade de xiro da cadea o que, xunto co seu menor peso, favorece o control por parte do usuario e reduce o risco de accidente. Ademais, soportar un menor peso durante o manexo da máquina supón menores problemas musculoesqueléticos para o operario.
“As motoserras eléctricas son máis seguras que as de gasolina”
Por outro lado, as motoserras eléctricas non emiten gases, son menos ruidosas e producen menos vibracións que as de gasolina, o que redunda en beneficio do motoserrista que estará exposto a menos gases e ruídos e soportará menos vibracións que se traballase con unha de gasolina. En base ao anterior podemos afirmar que as motoserras eléctricas son máis seguras que as de gasolina, aínda que na actualidade non permiten realizar traballos profesionais do mesmo xeito que as motoserras de gasolina (maior potencia e maior autonomía). -Como valora a acollida dos cursos de prevención no uso da motoserra que imparte? A acollida dos cursos de motoserra segue a ser moi boa. De feito, unha vez rematadas as accións formativas, a práctica totalidade do alumnado participante valóraas moi positivamente (xa que se trata de cursos eminentemente prácticos) e mesmo, á gran maioría, gustaríalle que contaran con maior carga horaria. -Cales son as principais carencias que detecta no uso da motoserra en Galicia? En xeral, as principais carencias no uso destas ferramentas son as referidas ao uso dos equipos de protección individual (EPI) e ao mantemento da motoserra. No primeiro dos casos temos que lembrar a importancia tanto de usar todos os EPI necesarios como de que estean nun bo estado e no segundo, destacar a importancia de saber realizar o mantemento básico da motoserra mais aló de afiar a cadea e limpar o filtro de aire. -Podería avanzarnos as próximas accións formativas neste ámbito que vai impartir o ISSGA? Neste momento no ISSGA estamos a traballar na elaboración do Plan de actuación para 2023 no que a formación é un dos eixes máis importantes e, polo tanto, trataremos de reforzar para o vindeiro ano programando actividades formativas que se adecúen tanto á perspectiva técnica como ás demandas e as necesidades que se observan no tecido empresarial galego no eido da seguridade e saúde nos centros de traballo. Potenciaremos a formación especifica eminentemente práctica en PRL naquelas actividades ou sectores con especial incidencia na sinistralidade,e/ou na escasa estrutura preventiva, multiplicidade de riscos, tanto tradicionais como emerxentes, ou ben por colectivos que precisen dunha especial tutela por parte do ISSGA para acadar melloras das súas condicións de traballo e integración das técnicas preventivas. En todo caso, esta formación diríxese principalmente a pemes, micropemes e persoal por conta propia. Especial relevancia adquirirán sectores con peso en Galicia como son actividades no sector forestal e na silvicultura, pesca e actividades afíns. Así mesmo priorizaranse sectores altamente feminizados e sectores considerados pola normativa de PRL como de alto risco.

Esta información contou coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Curso en Becerreá sobre manexo seguro da motoserra

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar no Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Becerreá unha formación sobre o manexo, mantemento e seguridade no emprego da motoserra. O curso impartirase ao longo de seis días en horario de mañá, desde as 8.45 ata as 15.00 horas, a partir do vindeiro luns 17. O obradoiro ten como obxectivo proporcionar aos alumnos, mediante unha parte teórica e outra práctica, os coñecementos necesarios sobre as partes, o funcionamento e o mantemento do motor de dous tempos dunha motoserra para que sexan capaces de realizar o mantemento adecuado do órgano de corte, ademais de que coñezan os EPIS e tomen conciencia da súa importancia en empregalos cando se traballa coa motoserra. Así mesmo, abordaranse outros temas como as diferentes métodos de traballo no apeo, tronzado e esgallado das árbores e mesmo se ensinarán diferentes técnicas de primeiros auxilios. Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. As persoas interesadas poden inscribirse na seguinte ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 367, ou enviarse un correo a cfea.becerrea@xunta.gal

Claves para previr accidentes coa motoserra

Unha parte importante dos accidentes graves e mortais no sector forestal en Galicia débense ao uso da motoserra. Esta máquina, presente en boa parte dos fogares do rural galego, emprégase principalmente en traballos forestais, aínda que tamén se utiliza noutros traballos como o de xardinería. Úsase, entre outras actividades, para a corta polo pé, a derrama, a tronza e a poda de árbores. Neste sentido, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), ten a disposición do sector unha folla informativa con medidas de prevención.

Principais riscos e medidas preventivas:

a) Rebote: 

Empinamento ou rexeitamento brusco cara a atrás ou cara a arriba da motoserra, sen posibilidade de control. Esta situación pode darse cando o cuarto superior da punta da espada tropeza ou roza cun obxecto duro como un nó, unha rama etc. Como medidas preventivas aconséllase: – Empregar os equipos de protección individual axeitados. – Usar unha motoserra que dispoña de sistema de protección antirrebote. – Traballar coa cadea de seguridade correctamente afiada e tensada. – Suxeitar a máquina firmemente coas dúas mans. – Cortar coa parte da cadea en retroceso ou coa parte inferior da espada. – Evitar traballar coa parte superior da punta da espada e, de ser necesario, evitar o traballo co cuarto superior da punta. – Extremar as precaucións ao introducir a espada nun corte xa comezado. – Extremar as precaucións cando exista risco de cambio na posición do tronco ou de peches de fendeduras do corte. – Afastar os obxectos que poidan ser rozados pola punta da espada. – Colocar o polgar arredor da asa dianteira. – Serrar unicamente con plena aceleración do motor.

b) Retroceso: 

Movemento brusco da máquina cando se traballa coa parte da cadea en avance e cando esta se traba ou sofre algún freo brusco. Aconséllase: – Empregar os equipos de protección individual axeitados. – Suxeitar a máquina firmemente coas dúas mans. – Cortar coa parte da cadea en retroceso. – Adoptar a secuencia de cortes máis adecuada a cada situación.

c) Tiróns bruscos:

Cando se traballa coa parte da cadea en retroceso e esta se traba ou sofre un freo brusco, a máquina tende a escapar cara a diante e pode desequilibrar o traballador. Para reducir este risco recoméndase: – Utilizar os equipos de protección individual axeitados. – Suxeitar sempre a máquina firmemente con ambas as mans.

d) Exceso de percorrido de corte:

Prodúcese cando se cortan dun modo brusco pólas ou matas xeralmente finas e a serra aínda accionada segue a traxectoria coa inercia do impulso orixinal, o que pode dar lugar a cortes nas pernas. Para evitalo aconséllase: – Empregar os equipos de protección individual axeitados. – Adecuar a forza, a aceleración e o arco de traxectoria dos cortes a cada situación. – Suxeitar con forza a máquina coas dúas mans.

e) Desvío da traxectoria de corte: 

Desvío da traxectoria da espada da motoserra ao sufrir golpes ou contactos con obxectos próximos. Recoméndase: – Usar os equipos de protección individual axeitados. – Suxeitar con forza a máquina coas dúas mans. – Vixiar a tensión a que están sometidos os elementos que se vaian serrar e aqueles outros alleos que poidan interferir.

f) Exceso de percorrido de corte:

Prodúcese cando se cortan dun modo brusco pólas ou matas, xeralmente finas, e a serra aínda accionada segue a traxectoria coa inercia do impulso orixinal, o que pode dar lugar a cortes nas pernas. - Empregar os equipos de protección individual axeitados. - Adecuar a forza, a aceleración e o arco de traxectoria dos cortes a cada situación. - Suxeitar con forza a máquina coas dúas mans.

g) Rotura da cadea:

– Non abusar da cadea de corte. – Afiar a cadea regularmente. – Revisar os remaches e os elos. – Empregar sempre un calibrador para afiar os limitadores de profundidade (andarines).

h) Caídas, tropezóns e esvaróns:

Perda do equilibrio mentres a motoserra está traballando, apoiándose na propia máquina. Pode caer sobre a motoserra cando remata o corte e contactar coa cadea. Para reducir este risco, as recomendacións son: – Empregar os equipos de protección individual axeitados. – Empregar motoserras dotadas de fiador de cadea que a bloquea ao desacelerar. – Asentar firmemente os pés nunha posición segura. – Manter o sistema de regulación da máquina sempre a punto, de tal xeito que cando a motoserra se atope en ralentí, a cadea estea sempre parada. – Nos desprazamentos, apagar a motoserra e levala coa espada cara a atrás e coa funda da cadea posta ou, polo menos, activar o freo da cadea cando se realizan pequenos desprazamentos. – Manter a zona de traballo o máis libre posible de obstáculos.

i) Vibracións:

– Manter en bo estado os sistemas amortecedores da motoserra. – Empregar sempre as luvas. – Limitar o tempo de uso e realizar descansos.

j) Cortes e golpes:

– Empregar os equipos de protección individual axeitados. – Suxeitar a máquina firmemente coas dúas mans. – En desprazamento, apagar o motor. – Realizar os labores de mantemento da máquina parada. – Non traballar máis dunha persoa na mesma árbore. – Evitar rebotes, retrocesos e desvíos de traxectoria.

k) Sobreesforzos:

– Agarrar correctamente a máquina. – Limitar o tempo de manexo ou realizar pausas. – Manter unha boa hixiene postural. – Empregar elementos auxiliares de axuda, no caso de que sexa necesario. – Non manipular cargas superiores a 25 kg. Se fose imprescindible facelo, pedirlle axuda a un compañeiro. – Non manexar a motoserra por riba dos ombreiros.

l) Queimaduras/incendios:

– Recargar sempre co motor apagado. – Non fumar durante a recarga e manter a máquina a distancia prudencial de calquera lume. – Evitar os derramos de combustible. – Arrancar o motor lonxe do lugar de recarga (3 metros). – En caso de derramo, limpar a máquina e, se é necesario, mudar a roupa. – Dispoñer dun extintor de incendios.

m) Proxeccións:

– Usar os EPI necesarios. – Manter a distancia de seguridade na presenza doutros operarios. – Non manexar a motoserra por encima dos ombreiros.

n) Ruído:

– Usar protectores auditivos. – Manter en bo estado o escape e o silenciador.

ñ) Factores biolóxicos:

– Utilizar lentes e roupa de traballo adecuada; ademais, pode ser necesario o uso de máscara en caso de alerxia ao pole. – Evitar picaduras coa utilización de luvas e botas. – Trasladar urxentemente a un centro hospitalario, no caso de determinadas picaduras.

o) Climatoloxía adversa:

- Hidratarse convenientemente (beber líquidos, preferentemente auga). – Empregar roupa axeitada. – Empregar protección solar, se fose necesario.

Recomendacións xerais de seguridade:

-O operador da máquina debe ser maior de idade, ter formación para o uso da máquina, ter información dos riscos e das medidas preventivas que debe adoptar para o labor que vai desenvolver e coñecer o contido do libro de instrucións da máquina. -Seleccionar a máquina idónea e elixir unha espada de anchura e lonxitude óptimas para o traballo que se vai realizar (a espada será o máis curta posible, dentro da súa idoneidade de traballo). – Comprobar a tensión da cadea antes de iniciar o traballo e, periodicamente, a intervalos regulares. -Non traballar coa motoserra nas proximidades doutras persoas. – Para poñer en marcha a motoserra, arrancar co freo da cadea accionado. Aconséllase colocar a motoserra no chan e situar o pé dereito sobre a empuñadura posterior e a man esquerda na anterior, mentres que se tira do arranque coa man dereita. Se non é posible colocala no chan, a empuñadura posterior suxeitarase entre ambas as pernas. – Independentemente de que a persoa sexa destra ou zurda, collerase a empuñadura traseira coa man dereita e a dianteira coa esquerda. Nunca se traballará coa motoserra cunha man soa. -Procurar manterse ben asentado sobre o chan durante o corte, evitar posicións inestables ou posturas forzadas e prestarlle atención a non situar ningunha parte do corpo no sector de xiro da motoserra. -Non cortar pólas que colguen, nin quitar raíces nin estorbos coa espada da motoserra.

Descarga aquí a guía completa do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) sobre prevención de accidentes coa motoserra

Reportaxe elaborada por Campo Galego coa colaboración comercial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia

Curso para obter a certificación europea de motoserrista

A EFA de Fonteboa, en colaboración coa empresa The Navigator, impartirá o curso para obter o carnet europeo de motoserrista (ECC). Esta formación impartirase entre o 28 e o 31 de marzo entre as 14.00h e as 19.00h, cunha duración total de 20 horas. O número total de prazas é de 8, polo que é necesario inscribirse. Esta certificación ten un nivel ECC1 no que se aborda ‘Mantemento da motoserra e técnicas de tronzado básico’. O coste do curso é de 220€, cunha redución de 15€ para os socios EFA Fonteboa. As taxas do exame son 195€, e existe a posibilidade de alugar máquina e EPIs. Aquelas persoas que traballen como autónomos, traballadores forestais ou de xardinería teñen unha bonificación pola que reciben un 20% de desconto. Este tipo de cursos só a poden impartir centros homologados, como é o caso de Fonteboa. Igualmente, aquelas persoas que teñan algunha dúbida ao respecto poden contactar co centro no 981 733 051, enviando un correo electrónico a fonteboa@fonteboa.es, ou a través da súa páxina web. Cartel de resumo do curso de ECC

Recomendacións para evitar accidentes coa motoserra

A motoserra é unha das máquinas presentes na maior parte das casas do rural galego, ademáis de ser un equipo imprescindible para os profesionais do sector madeireiro. Porén, o seu uso conleva un importante risco para as persoas, polo que é preciso extremar as precaucións. Neste sentido, a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), ten a disposición do sector unha folla informativa con medidas de prevención.

Recomendacións xerais de seguridade:

-O operador da máquina debe ser maior de idade, ter formación para o uso da máquina, ter información dos riscos e das medidas preventivas que debe adoptar para o labor que vai desenvolver e coñecer o contido do libro de instrucións da máquina. -Seleccionar a máquina idónea e elixir unha espada de anchura e lonxitude óptimas para o traballo que se vai realizar (a espada será o máis curta posible, dentro da súa idoneidade de traballo). - Comprobar a tensión da cadea antes de iniciar o traballo e, periodicamente, a intervalos regulares. -Non traballar coa motoserra nas proximidades doutras persoas. - Para poñer en marcha a motoserra, arrancar co freo da cadea accionado. Aconséllase colocar a motoserra no chan e situar o pé dereito sobre a empuñadura posterior e a man esquerda na anterior, mentres que se tira do arranque coa man dereita. Se non é posible colocala no chan, a empuñadura posterior suxeitarase entre ambas as pernas. - Independentemente de que a persoa sexa destra ou zurda, collerase a empuñadura traseira coa man dereita e a dianteira coa esquerda. Nunca se traballará coa motoserra cunha man soa. -Procurar manterse ben asentado sobre o chan durante o corte, evitar posicións inestables ou posturas forzadas e prestarlle atención a non situar ningunha parte do corpo no sector de xiro da motoserra. -Non cortar pólas que colguen, nin quitar raíces nin estorbos coa espada da motoserra.

Uso da motoserra para o traballo

A) Preparación para o traballo: Antes de iniciar o traballo, hai que realizar unha revisión a fondo da motoserra e unha posta a punto que inclúa: revisión da cadea e do filtro de aire, revisión das empuñaduras, revisión e engraxado do piñón de punta, revisión dos dispositivos de seguridade e revisión e reposición dos depósitos de aceite e combustible. B) Mantemento: É importante facer unha listaxe con todos os controis necesarios para asegurar un bo funcionamento e evitar riscos. Estes controis han de ser diarios, semanais e mensuais. C) Transporte: -Nunca realizar o transporte coa máquina acesa. -Colocar a funda na cadea. -Agarrar a máquina da asa dianteira coa espada dirixida cara a atrás, e a saída do escape no lado contrario do corpo. D) Recarga: -Sempre co motor parado. -Abrir lentamente a tapa do depósito para deixar saír progresivamente o exceso de presión. Unha vez concluída a reposición, apertar ben a tapa do depósito. - Intentar non verter combustible pola roupa. -Asegurarse de que hai boa ventilación nos lugares onde se manexe o combustible. - Nunca fumar durante a operación de enchedura. E) Posta en marcha: -Seguir o libro de instrucións da máquina. -Realizala unha soa persoa. -Procurar arrancar a máquina a certa distancia de onde se produciu a recarga. -Non permitir que outras persoas se acheguen á motoserra cando esta se pon en marcha. -Manter as mans secas, limpas e sen aceite. - Evitar que a cadea da motoserra non entre en contacto con ningún obxecto antes de poñer en marcha o motor. - Arrancar co freo da cadea accionado. - Poñer o mando para o acendido e arrancar cun tirón rápido, agarrar a asa da corda mentres esta se retrae.

Principais riscos e medidas preventivas:

a) Rebote: Empinamento ou rexeitamento brusco cara a atrás ou cara a arriba da motoserra, sen posibilidade de control. Esta situación pode darse cando o cuarto superior da punta da espada tropeza ou roza cun obxecto duro como un nó, unha rama etc. Como medidas preventivas aconséllase: - Empregar os equipos de protección individual axeitados. - Usar unha motoserra que dispoña de sistema de protección antirrebote. - Traballar coa cadea de seguridade correctamente afiada e tensada. - Suxeitar a máquina firmemente coas dúas mans. - Cortar coa parte da cadea en retroceso ou coa parte inferior da espada. - Evitar traballar coa parte superior da punta da espada e, de ser necesario, evitar o traballo co cuarto superior da punta. - Extremar as precaucións ao introducir a espada nun corte xa comezado. - Extremar as precaucións cando exista risco de cambio na posición do tronco ou de peches de fendeduras do corte. - Afastar os obxectos que poidan ser rozados pola punta da espada. - Colocar o polgar arredor da asa dianteira. - Serrar unicamente con plena aceleración do motor. b) Retroceso: Movemento brusco da máquina cando se traballa coa parte da cadea en avance e cando esta se traba ou sofre algún freo brusco. Aconséllase: - Empregar os equipos de protección individual axeitados. - Suxeitar a máquina firmemente coas dúas mans. - Cortar coa parte da cadea en retroceso. - Adoptar a secuencia de cortes máis adecuada a cada situación. c) Tiróns bruscos: Cando se traballa coa parte da cadea en retroceso e esta se traba ou sofre un freo brusco, a máquina tende a escapar cara a diante e pode desequilibrar o traballador. Para reducir este risco recoméndase: - Utilizar os equipos de protección individual axeitados. - Suxeitar sempre a máquina firmemente con ambas as mans. - Empregar as grampas da motoserra. d) Exceso de percorrido de corte: Prodúcese cando se cortan dun modo brusco pólas ou matas xeralmente finas e a serra aínda accionada segue a traxectoria coa inercia do impulso orixinal, o que pode dar lugar a cortes nas pernas. Para evitalo aconséllase: - Empregar os equipos de protección individual axeitados. - Adecuar a forza, a aceleración e o arco de traxectoria dos cortes a cada situación. - Suxeitar con forza a máquina coas dúas mans. e) Desvío da traxectoria de corte: Desvío da traxectoria da espada da motoserra ao sufrir golpes ou contactos con obxectos próximos. Recoméndase: - Usar os equipos de protección individual axeitados. - Suxeitar con forza a máquina coas dúas mans. - Vixiar a tensión a que están sometidos os elementos que se vaian serrar e aqueles outros alleos que poidan interferir. f) Rotura da cadea: - Non abusar da cadea de corte. - Afiar a cadea regularmente. - Revisar os remaches e os elos. - Empregar sempre un calibrador para afiar os limitadores de profundidade (andarines). g) Caídas, tropezóns e esvaróns: Perda do equilibrio mentres a motoserra está traballando, apoiándose na propia máquina. Pode caer sobre a motoserra cando remata o corte e contactar coa cadea. Para reducir este risco, as recomendacións son: - Empregar os equipos de protección individual axeitados. - Empregar motoserras dotadas de fiador de cadea que a bloquea ao desacelerar. - Asentar firmemente os pés nunha posición segura. - Manter o sistema de regulación da máquina sempre a punto, de tal xeito que cando a motoserra se atope en ralentí, a cadea estea sempre parada. - Nos desprazamentos, apagar a motoserra e levala coa espada cara a atrás e coa funda da cadea posta ou, polo menos, activar o freo da cadea cando se realizan pequenos desprazamentos. - Manter a zona de traballo o máis libre posible de obstáculos. h) Vibracións: - Manter en bo estado os sistemas amortecedores da motoserra. - Empregar sempre as luvas. - Limitar o tempo de uso e realizar descansos. i) Cortes e golpes: - Empregar os equipos de protección individual axeitados. - Suxeitar a máquina firmemente coas dúas mans. - En desprazamento, apagar o motor. - Realizar os labores de mantemento da máquina parada. - Non traballar máis dunha persoa na mesma árbore. - Evitar rebotes, retrocesos e desvíos de traxectoria. j) Sobreesforzos: - Agarrar correctamente a máquina. - Limitar o tempo de manexo ou realizar pausas. - Manter unha boa hixiene postural. - Empregar elementos auxiliares de axuda, no caso de que sexa necesario. - Non manipular cargas superiores a 25 kg. Se fose imprescindible facelo, pedirlle axuda a un compañeiro. - Non manexar a motoserra por encima dos ombreiros. k) Queimaduras/incendios: - Recargar sempre co motor apagado. - Non fumar durante a recarga e manter a máquina a distancia prudencial de calquera lume. - Evitar os derramos de combustible. - Arrancar o motor lonxe do lugar de recarga (3 metros). - En caso de derramo, limpar a máquina e, se é necesario, mudar a roupa. - Dispoñer dun extintor de incendios. l) Proxeccións: - Usar os EPI necesarios. - Manter a distancia de seguridade na presenza doutros operarios. - Non manexar a motoserra por encima dos ombreiros. m) Ruído: - Usar protectores auditivos. - Manter en bo estado o escape e o silenciador. n) Factores biolóxicos. - Utilizar lentes e roupa de traballo adecuada; ademais, pode ser necesario o uso de máscara en caso de alerxia ao pole. - Evitar picaduras coa utilización de luvas e botas. - Trasladar urxentemente a un centro hospitalario, no caso de determinadas picaduras. ñ) Climatoloxía adversa: - Hidratarse convenientemente (beber líquidos, preferentemente auga). - Empregar roupa axeitada. - Empregar protección solar, se fose necesario.

Descarga aquí a guía completa do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) sobre prevención de accidentes coa motoserra

Reportaxe elaborada por Campo Galego coa colaboración comercial da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia

Curso en Guísamo sobre talla, tronzado e decotado de árbores e mantemento de motoserra

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organiza esta semana, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Guísamo, un curso sobre técnicas básicas de talla, tronzado e demoucado de árbores, así como de mantemento de motoserra. Está previsto que esta actividade se desenvolva entre o vindeiro venres 10 de setembro e o sábado 18. Os obxectivos fixados para esta acción formativa son incrementar a seguridade e a saúde dos usuarios de motoserra, dignificar e profesionalizar o sector forestal apostando pola aprendizaxe continua, favorecer a mobilidade dos traballadores forestais a nivel europeo e, nese contexto, estandarizar as cualificacións profesionais vinculadas coa motoserra. Deste xeito, o programa contempla contidos sobre como previr os riscos xerais nos traballos forestais, sobre a motoserra e o seu manexo, sobre a talla e decotado de árbores, así como sobre a medición, tronzado e amoreado dos pés. A maiores, falarase do emprego do tráctel en operacións especiais de talla, sobre situacións de risco como as árbores apoiadas noutras ou as zonas de corta con presenza de liñas eléctricas de alta tensión e sobre as cuestións a ter en conta á hora de efectuar o mantemento das motoserras.  Cómpre apuntar que este curso está dirixido en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector. A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este. Nesta ligazón pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico vicente.manso.fuentefria@xuntal.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional poñéndose en contacto co coordinador do curso no teléfono 881881047.

Curso en Ferrol sobre seguridade con motoserras e máquinas de rozar

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego e Igualdade, ten aberto o prazo de inscrición para un curso de 15 horas que se vai desenvolver proximamente en Ferrol centrado no uso seguro de motoserras e rozadoiras. O obxectivo da acción formativa é proporcionar os coñecementos básicos para manexar estes aparellos en zonas que, coma a nosa, teñen unha alta produción forestal e tamén un maior índice de sinistralidade. Hai 8 prazas e as instancias hai que presentalas como moi tarde o 25 de agosto enviándoas por correo electrónico a formacion@conformaforestal.com. Con esta oferta preténdese proporcionar formación específica en materia de prevención de riscos ás persoas traballadoras e profesionais do sector forestal, aínda que os coñecementos adquiridos tamén son de aplicación no ámbito da agrogandaría e da xardinaría, onde é habitual botar man de motoserras e máquinas de rozar para múltiples tarefas. O curso comezará en Ferrol o 30 de agosto e rematará o 1 de setembro en horario de 16 a 21:00h. Son 15 horas en total que se repartirán nos seguintes módulos: seguridade e saúde no traballo, prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal, equipos de protección individual, planificación dos traballos de aproveitamento, normativa de seguridade, primeiros auxilios e, por último, 5 horas prácticas con motoserra e outras 5 manexando a rozadoira. Pódese obter máis información nos teléfonos 981 551 704 e 659 515 371 ou no enderezo issga.formacion@xunta.gal.  

Curso certificado de motoserrista do 7 ao 11 de xuño en Coristanco

A Federación EFA Galicia ofrece a semana que vén o curso conducente ao Certificado Europeo de Motoserrista (catalogado co nivel ECC1) no Centro de Promoción Rural Fonteboa, en Coristanco (A Coruña). O custo do curso será de 220 €, cun prezo especial de 205 € para tódolos socios e socias da Asociación EFA Fonteboa. Ademais, as taxas para examinarse son de 195 € e acreditan aos aprobados como certificados en mantemento da motoserra e técnicas de tronzado básico. O curso, que está patrocinado por Navigator, terá unha duración de 20 horas que se distribuirán entre o 7 e o 11 de xuño en horario de tarde de 15.00 a 19.00 horas. As persoas interesadas terán que facer a inscrición a través da web da EFA Galicia. Cartaz - Curso Motoserrista - Xuño 2021

Curso para obter o Carnet Europeo de Motoserrista

O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), impartirá este ano o curso para obter o “Certificado Europeo de Motoserrista” (ECC - European Chainsaw Certificate, en inglés). En concreto, impartirá o Nivel ECC1: Mantemento da Motoserra e Técnicas de Tronzado Básico. Ten unha duración de 20 horas e impartirase do 22 ao 26 de febreiro en horario de 15:00 a 19:00 horas. O número de prazas está limitado a 8, e haberá novas convocatorias para obter o Carnet Europeo de Motoserrista nos meses de abril, xuño, setembro e novembro de 2021. O custo do curso é de 220€ (Socios da Asociación EFA Fonteboa: 205€) Para inscribirse chamar ao 981 733 051 ou enviar un email a inscricion@efagalicia.org

Máis información: Carnet de Motoserrista Europeo (ECC - European Chainsaw Certificate)

Contextualización: EFESC (Consello Europeo de Capacidades Forestais e Ambientais) desenvolveu unha normativa de calificación común para os usuarios de motoserra en toda Europa. Os seus principais obxectivos son: Reducir os accidentes, as mortes e tamén os costes económicos e persoais asociados relacionados con accidentes. Mellorar e aumentar as capacidades e a eficacia do operador no posto de traballo. Mellorar a mobilidade do operador e o emprego entre os países europeos Mellorar e ampliar a prestación das normas existentes de formación e de avaliación profesional. Fomentar e promover o aprendizaxe permanente e o desenvolvemento profesional continuo. Normas europeas de motoserra: Desde o ano 2008, tódalas normas da motoserra dos países participantes foron intervariadas e avaliadas. En colaboración con varios centros de formación, centros de avaliación, certificadores en toda Europa (Austria, Bélxica, Dinamarca, Alemania, Francia, os Países Baixos, España e o Reino Unido), preparáronse catro niveles de motoserra. Os niveles son probados e avaliados por un equipo internacional de instructores de motoserra e avaliadores. Niveis de competencia: Os catro niveis ECC son: - Nivel ECC1: Mantemento da motoserra e técnicas de tronzado. Esta unidade está deseñada como un nivel introdutorio para os usuarios da motoserra (cuestións básicas de seguridade e saúde do operador, mantemento e inspección da rutina da motoserra, trocear madeira de pequenas dimensións de diámetro e o uso seguro das ferramentas de axuda ao levantar, apilar e manipular madeira). - Nivel ECC2: Técnicas básicas da tala de árbores pequenas. Esta unidade é adecuada para operadores de base (tala de árbores pequenas e árbores inclinadas empregando unha serie de técnicas, derribo de árbores colgadas empregando ferramentas de man, a eliminación de ramas e troceado de tronos, apilado e manipulación de madeira de forma segura). - Nivel ECC3: Técnicas avanzadas de tala de árbores. Esta unidade é adecuada para operadores máis experimentados (tala de árbores medianas e grandes empregando as técnicas máis avanzadas, o desrramado de árbores grandes e utilizando un equipo cabestrante axeitado, incluíndo métodos de desmontaxe). - Nivel ECC4: Técnicas para árbores arrancadas polo vento e danados. Esta unidade é axeitada para operadores moi experimentados (técnicas para placas de raíz, cortando as árbores desarraigadas, tala de árbores severamente inclinados e parcialmente arrancados, tala de árbores con copas rotas). ¿Qué ofrece? Aínda que o Certificado Europeo da Motoserra non é obrigatorio para os usuarios da motoserra nin para os profesionais do sector, ECC é complementario e súmase á calidade e seguridade. Son varias as razóns para adquirilo: Transparencia das habilidades e competencias a través da descrición detallada da titulación requerida para cada nivel. Mellora da mobilidade do operador e o emprego entre os países de Europa. Un certificado único que acredita as habilidades do titular, independentemente do seu idioma e país. Calidade e trazabilidade do titular do certificado con licencia a través dun rexistro no EFESC organización europea. Rexistro como formadores-proveedores ou examen en ECC para loitar pola calidade e a seguridade. Oferta formativa de curso ECC1: Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa (Coristanco, A Coruña). Convocatorias: febreiro, abril, xuño e setembro do 2021. Duración de 20 horas. Limitado a 8 prazas. Oferta formativa de curso ECC2: Requisito: Ter cursado e superado o nivel de competencia ECC1. Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa (Coristanco, A Coruña). Convocatorias: outubro e decembro do 2021. Duración de 20 horas. Limitado a 8 prazas.