Archives

A praga da mosca da nogueira aséntase en Galicia

A Consellería do Medio Rural confirma que segue a detectarse a presenza da nova praga da mosca da nogueira (Rhagoletis completa) en boa parte de Galicia. No ano 2020, confírmase a súa presencia en Galicia. É orixinaria de EEUU e México. De forma accidental, pasou a Europa na década de 1980.Trátase dun díptero. Os adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual. Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días. Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz. O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar. Para analizar a evolución desta praga, a Consellería do Medio Rural instalou o pasado 25 de xuño trampas de captura en catro comarcas con presencia relevante de nogueiras das provincias da Coruña e Lugo. Estas trampas ubícanse a dúas alturas distintas, 2 e 4 metros (a máis altura, máis capturas), sempre orientadas ao sur, e consisten nunha banda pegañenta xunto cun difusor de feromonas atraintes. As trampas están a capturar moscas da nogueira, sobre todo en Bergondo, Carral e Sada (A Coruña), así como en Guntín (Lugo). Iso si, detectaron un aumento significativo de capturas en trampas con cebo alimenticio fronte ás trampas sin cebo. Os tratamentos contra esta praga pódense facer de dúas maneiras: • TIPO CEBO: Un insecticida xunto con proteína hidrolizada para atraer aos adultos. Debe facerse ao inicio do voo e manterse ate a recolección. • TRATAMENTOS XENERALIZADOS A TODA A ÁRBORE: En función da evolución do voo, aplicando un insecticida ovo-larvicida. Ademais, recoméndase traballar a terra baixo a copa das nogueiras para eliminar as formas invernantes (pupas) desta mosca.

Recomendacións para o tratamento da mosca da nogueira

A mosca da nogueira (Rhagoletis completa) é unha praga de recente aparición en Galicia e que provoca importantes perdas na producción de noces. Como xa informou Campo Galego, os técnicos da Consellería de Medio Rural detectaron este ano unha ampla presenza deste insecto orixinario de Estados Unidos e México. En concreto, as trampas colocadas confirmaron o pasado mes de xullo a extensión da mosca da nogueira nas provincias da Coruña e de Lugo. En canto aos tratamentos, Francisco Otero, presidente da Asociación de Fruticultores de Galicia (AFRUGAL), asegura que se poden realizar de tres maneiras: -Tipo cebo: Colocar na nogueira trampas con insecticida que levan acoplado un cebo alimenticio, pois co cebo demóstrase que melloran as capturas de exemplares de mosca da nogueira. Canto maior sexa a altura á que se coloquen maior será o número de capturas. Sempre se deben orientar as trampas cara o sur. O cebo alimenticio é unha proteína hidrolizada para atraer aos adultos. Tanto o insecticida como a proteína pódense adquirir nun establecemento de fitosanitarios ou por internet. A colocación destas trampas tipo cebo debe facerse dende comezos de xullo, ao inicio do voo da mosca da nogueira, e manterse ate a recolección. -Tratamentos xeneralizados a toda a árbore: En función da evolución do voo, aplicando un insecticida ovo-larvicida. En canto aos insecticidas, dende AFRUGAL aconsellan empregar os seguintes: En agricultura ecolóxica: Spinosad. En producción integrada: Piretrinas sintéticas, como deltametrina, Lambda-cihalotrin, ... -Unha medida cultural moi últil é traballar a terra baixo a copa das nogueiras para eliminar as formas invernantes (pupas) desta mosca. Consistiría nun pase superficial (grade ou rotovator) a un máximo de 10 centímetros de profundidade para desenterrar as pupas deste insecto que están enterradas. Debe realizarse entre os meses de novembro e abril, de forma que ao expor as pupas ao frío estas morren.

Confirman a presenza e a expanxión en Galicia da nova praga da mosca da nogueira

Os técnicos da Consellería de Medio Rural confirman a presenza e expansión en Galicia da mosca da nogueira (Rhagoletis completa), unha nova praga procedente de Estados Unidos e México. Despois de detectar o pasado mes síntomas de danos nas noces compatibles coa presenza deste insecto, técnicos da Consellería de Medio Rural colocaron a comezos de xullo trampas de captura cinco comarcas con presencia relevante de nogueiras das provincias da Coruña e Lugo. Estas trampas cromáticas de cor amarela ubícanse a dúas alturas distintas, 2 e 4 metros (a máis altura, máis capturas), sempre orientadas ao sur e cun cebo alimenticio. A semana pasada capturáronse nas trampas as primeiras moscas, que foron levadas ao Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, para confirmar a súa presenza, obtendo un resultado positivo a mosca da nogueira (Rhagoletis completa). “A día de hoxe, seguen a capturarse moscas da nogueira en gran cantidade nas trampas de Bergondo, Cambre, Carral e Sada (A Coruña), así como Guntín na provincia de Lugo”, informan os técnicos. A mosca da nogueira pasou a Europa de forma accidental na década de 1980. Os adultos teñen un tamaño variable de entre 4 e 8 mm. Ten unha única xeneración anual. Os adultos emerxen do chan dende primeiros de xullo ata fináis de agosto cunha vida útil de 40 días. Pasa o inverno en forma de pupa enterrada no chan a pouca profundidade. Ás dúas ou tres semanas, as femias xa fertilizadas comenzan a posta de ovos na cáscara da noz. O desenrolo larvario dura entre 3 e 5 semanas. Despois, a larva cae ao chan ou caen coa froita enterrándose para pupar. Larvas de mosca da nogueira (Rhagoletis completa)