Archives

Resultados das catas dos viños e augardentes de Galicia 2021

Este mércores deuse a coñecer os premiados na XXXIII Cata de Viños de Galicia 2021, a XXIII Cata de Augardentes de Galicia e a X Cata dos Licores Tradicionais de Galicia. O mellor viño branco desta edición foi Pazo de Rubianes, da adega Pazo de Rubianes, da Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas. Entre os tintos, o mellor viño de Galicia neste 2021 resultou o Prónime Singular de Adegas Petrón, da DO Ribeira Sacra.  Como novidade, este ano, incorporouse unha nova categoría de premios ao 'mellor deseño da botella e etiquetaxe'. Esta nova sección busca premiar aquelas adegas que apostan por unha presentación innovadora e creativa na súa etiquetaxe e no propio envase, pois moitas veces o consumidor escolle o produto pola súa imaxe exterior. Ademais das catas, entregáronse dous premios honoríficos ás figuras de Waldo Carreiras e Alain Huetz de Lemps. Recollemos, a continuación, os resultados destes premios, convocados polos Consello Regulador das denominacións de orixe vitivinícolas e pola Consellería de Medio Rural:

XXXIII CATA DOS VIÑOS DE GALICIA - 2021

  XXIII CATA DAS AUGARDENTES DE GALICIA 2021

 X CATA DOS LICORES TRADICIONAIS DE GALICIA 2021

MELLOR DESEÑO