Archives

Novidades do catálogo 2024 de Bayer en millo forraxeiro para Galicia

Dekalb, marca líder en sementes de millo e integrada na multinacional Bayer, celebrou o pasado mes de marzo en Toques (A Coruña) unha xornada técnica na que tamén presentou as súas novidades no seu catálogo de sementes de millo forraxeiro para este 2024.

En concreto, Anxo Valiño, responsable do departamento de desenvolvemento de mercado de Bayer para a Cornixa e Castela e León, foi o responsable de presentar as distintas novidades desde os ciclos 250 a 600. Son estas:

DKC 3513:

Un ciclo 250 que vén a substituir ao DKC 3575. Representa unha mellora en potencial produtivo. Os datos dos últimos 3 anos de campos de ensaios conclúen que produce case dúas toneladas máis de materia húmida e unha tonelada máis de materia seca. Presenta moi boas calidades de silo, como as de DKC 3575, excelente staygreen e é mellor en sanidade que o seu predecesor, con maior resistencia tanto fronte a roia como fronte a helminthosporium.

DKC 4897:

Un ciclo 300 que é un perfecto complemento a DKC 4598, un 300 máis curto, e a DKC 4621, un ciclo 300 máis longo. Ten moi boas calidades de silo, con mazaroca redonda e ciclíndrica, excelente staygreen e moi boa tolerancia ao fungo helminthosporium, sendo o que presenta mellor sanidade dos ciclos 300. “O DKC 4897 é perfecto para, sen alargar moito máis o ciclo, realizar sementeiras máis tardías e aumentar o potencial produtivo en 2 toneladas máis respecto ao DKC 4598, que é un ciclo 270”, aconsella Anxo Valiño.

DKC 5432:

Novo ciclo 400 medio con moito potencial para ser o híbrido de millo forraxeiro máis vendido en 2025, desbancando ao DKC 5911. Trátase dun moi bo complemento ao DKC 5144, moi produtivo, con bo staygreen e ideal para gran húmido, con boa tolerancia a helminthosporium e as mesmas calidades que o DKC 5144. “DKC 5432 é máis produtivo que o 5144, con 3 toneladas máis de materia húmida e 2 toneladas máis de leite por hectárea. Ademais, mantén a mesma calidade do 5144 e para os que queren dobre aptitude, para silo ou gran húmido ou pastone, é o mellor híbrido do mercado, pois ten un talo moi bo que permite que se cultive máis tarde para gran ou pastone, sen que caia debido ao vento ou a choiva. Claramente é a nosa recomendación para os gandeiros que queiran sementar un ciclo 400”, resume Anxo Valiño.

 “DKC 5432 é a nosa recomendación para os gandeiros que queiran sementar un ciclo 400”

Ademais, dentro do ciclo 400, Bayer dispón doutros dous híbridos: o xa citado DKC 5144 pero tamén o DKC 5110, un ciclo 400 curto que recomendan para os que sementan un 300 longo, pois produce máis materia seca, ao redor dunha tonelada máis, que un DKC 4621 -ciclo 300 longo- con ao redor de só 10 días máis de cultivo.

Ciclo 500:

Ademais, e aínda que non é unha novidade, o catálogo de Bayer-Dekalb para 2024 inclúe tamén o DKC 5911, o ciclo 500 máis vendido e demandado en Galicia. Destaca pola súa boa tolerancia a helminthosporium, moita produción de materia seca e de litros de leite e bo look e staygreen.

Ciclo 600:

Por último, Bayer tamén inclúe como novidade o DKC 7023, un ciclo 600 longo con récord de produción en silo, que destaca tamén pola súa boa resistencia a caída grazas ao seu talo flexible e a un sistema radicular forte. Ademais, é de subliñar a súa excelente tolerancia a helminthosporium e moi bo staygreen.

Máis información:
https://www.cropscience.bayer.es/Dekalb/Maiz-Silo

Recomendacións de Calfensa para a campaña de millo

Nos solos galegos, de carácter ácido, a caliza é un aliado fundamental para optimizar a nutrición dos cultivos, pois contribúen a que as plantas capten e asimilen os nutrientes aportados por abonos e xurros. Repasamos da man de Calfensa a gama de produtos dispoñible no mercado e consellos de aplicación para a campaña de millo.

Gama de produtos

Caliza agrícola O carbonato cálcico, a caliza agrícola tradicional, é un produto moi empregado e non caústico. O grao de finura do produto determinará o seu tempo de reacción en chan. “Canto máis fino é un produto, terá un maior número de partículas que se descompoñerán antes no solo. No caso das calizas de Calfensa, estamos falando dun tempo de reacción de 3 – 4 semanas, dependendo de factores como a humidade do solo ou as súas características”, explica Alberte Momán, enxeñeiro técnico agrícola do departamento comercial de Calfensa. “Paga a pena valorar que tipo de produto se está usando, pois hai no mercado produtos pouco reactivos ou cun maior grao de impurezas”, valora o técnico. Outra cuestión a ter en conta é a capacidade da caliza para correxir a acidez do solo, que se mide polo seu valor neutralizante. A caliza agrícola de Calfensa presenta un valor neutralizante de 50, polo que para a maioría de solos agrícolas galegos, caracterizados pola súa acidez, serán precisas doses de aplicación de 2.000 – 2.500 Kg. / hectárea. “Esta é a dose habitual, pero sempre aconsellamos que o produtor faga unha análise de terras para facer un encalado con maior precisión”, sinalan en Calfensa. No mercado das calizas, hai ademais mensaxes que levan á confusión, pois existen produtos que se presentan nun formato de granulado esférico con doses de aplicación recomendadas de 400 – 600 Kg. / hectárea. “Non hai explicación técnica para aconsellar unha dose tan baixa, pois o valor neutralizante destes produtos é igual que o da nosa caliza, polo que a cantidade a aplicar ten que ser a mesma” -advirte Alberte Momán.- “Hai que prestarlle atención ó valor neutralizante do produto”, recomenda. Outra situación confusa pode producirse con calizas procedentes de Portugal, país que ten un sistema diferente para medir o valor neutralizante. Así, calizas lusas que se presentan en Galicia cun valor neutralizante de 85 son equivalentes ás calizas españolas con valor neutralizante de 40. Por último, cómpre sinalar que no mercado hai tamén calizas a base de dolomita, cun tempo de reacción máis longo que o carbonato cálcico, se ben non é un produto co que traballe Calfensa. Caliza magnesiana (Caliza agrícola + óxido de magnesio) Os solos agrícolas galegos adoitan presentar carencias de magnesio, polo que Calfensa ofrece unha caliza agrícola que incorpora un 20% de óxido de magnesio. Corríxense así as deficiencias en calcio e magnesio, dous elementos importantes para mellorar a nutrición dos cultivos. A incorporación do óxido de magnesio eleva o valor neutralizante do produto a 60, polo que a dose será lixeiramente inferior á do carbonato cálcico. A aplicación das calizas agrícolas é realizada por Calfensa por medio de equipos con brazos dosificadores, dotados dun sistema de pesado e dosificación programado. A empresa conta con tres equipos aplicadores, cos que responder ós picos de demanda da primavera, e tamén se mantén en servizo un aplicador con aire a presión, xa que é máis versátil para parcelas que presentan dificultades no uso dos equipos con brazos aplicadores. Óxido de calcio e óxido de magnesio Son os produtos que presentan unha maior velocidade de reacción, se ben o seu custo tamén é máis alto. O valor neutralizante do óxido de calcio está en 92 e o da dolomía calcinada (óxido de calcio e óxido de magnesio) en 92,8. Eses valores determinan a aplicación de doses medias en Galicia de 1.200 – 1.600 kg. / hectárea. O produto servido por Calfensa preséntase granulado, a modo de gravilla, e pode ser esparcido polo propio gandeiro por medio de abonadoras. “A principal vantaxe que ofrece é a comodidade”, sinalan na empresa. Novamente hai que ter en conta factores como o valor neutralizante do produto ou a súa facilidade para desfacerse no solo.

Consellos de aplicación

Incorporación ó solo Dado que a acción do encalante é por contacto directo, cómpre facer un esparexido homoxéneo en toda a superficie, así como unha incorporación inmediata ó solo por medio dun laboreo. Deste xeito, garantirase o beneficio do produto en toda a zona que ocuparán as raíces do cultivo. Suba do pH Deben usarse doses que non suban o nivel do pH do solo máis dun punto, xa que unha suba repentina maior tería efectos negativos nos microorganismos do solo. Aplicación de xurros e abonos No posible, é conveniente esperar unhas semanas a que o produto encalante teña reaccionado no solo antes de incorporar xurros, estercos ou abonos. De non facelo así, o encalante pode reaccionar co esterco ou con abonos nitroxenados amoniacais, desprendendo amoniaco e, por tanto, reducindo a capacidade de fertilización do abono ou do xurro. Tamén pode repercutir de xeito negativo nos fosfatos.

Contacto Calfensa

  • Teléfono: 982 30 59 02

Principais beneficios das calizas

  • Evítase o bloqueo e fixación dos fosfatos, ao formarse compostos de calcio máis asimilables polas plantas.
  • Redúcese a toxicidade de determinados minerais para as plantas, como o aluminio, o ferro ou o manganeso.
  • Favorécese a absorción de Molibdeno (Mo) presente no solo por parte das plantas, algo que é especialmente positivo nas leguminosas, que presentan altas necesidades do mineral.
  • Mellora a estrutura do solo e as súas propiedades físicas.
  • Estimúlase a actividade dos microorganismos, o que repercute nunha mellor transformación da materia orgánica e nunha maior dispoñibilidade de nutrientes.
  • Contribúe ó bo desenvolvemento e distribución das raíces das plantas.

Iseran, un herbicida para o control das malas herbas en millo

Na campaña 2023, SIPCAM Iberia lanzou Iseran, un novo e sostible herbicida para aplicacións en pre-emerxencia e en post-emerxencia temperá das malas herbas.

Iseran posicionouse no mercado como “unha solución flexible para o cultivo de millo”, segundo destacou xa nun inicio o Product Manager de SIPCAM Iberia, Pepe Martínez. Doce meses despois do seu lanzamento, a compañía de sanidade vexetal demostrou o alto rendemento da súa nova. ferramenta.

No seu primeiro ano de uso comercial, máis de 40 agricultores leoneses puideron comprobar o pasado mes de xullo como Iseran pode converterse na clave para lograr unha campaña de éxito. Da man do equipo da compañía, comprobaron a súa efectividade no control de malas herbas durante unha demostración en campo.

Demostración en campo do funcionamento do herbicida.

“Puidemos observar que este herbicida ten unha alta eficacia fronte a dicotiledóneas (malas herbas de folla ancha) e que, combinado con outras materias activas, é capaz de reforzar a súa efectividade para o control de monocotiledóneas”, analiza a delegada de Field Marketing Patricia de Blas.

Iseran nace froito da tecnoloxía Microplus Technology ®, patentada por Sipcam-Oxon. “Está formado por Mesotriona en forma de suspensión concentrada, a cal actúa sinerxicamente coa Clomazona, que se atopa en forma de suspensión de microcápsulas”, explica o Product Manager.

Acción
O herbicida ofrece un modo de acción diferente ao resto, dada a súa composición. As dúas materias activas son absorbidas polas malas herbas, tanto polas follas como polas raíces, translocándose por toda a planta e logrando que non nazan as malas herbas ou unha necrose destas.

Con este herbicida, SIPCAM Iberia ofrece unha acción herbicida inmediata grazas á Mesotriona, mentres que as microcapsulas de Clomazona libéranse dun modo controlado, gradual e continuo. Desta forma, garántese unha eficacia máxima, así como maior persistencia de acción e selectividade para o cultivo do millo.

“Se os profesionais buscan unha estratexia para control de malas herbas en pre-emerxencia ou post-emerxencia temperá, ata tres follas, Iseran é dos poucos produtos do mercado que cumpren con eses requisitos”

Este formulado ofrece unha dose flexible que permite controlar as principais malas herbas de folla ancha e estreita das zonas de millo. Ademais, destaca pola súa capacidade de integración en calquera estratexia herbicida e non ten limitacións do seu uso nos anos seguintes.

“Se os profesionais agrícolas buscan unha estratexia para a súa campaña 2024 coa que controlar as malas herbas en pre-emerxencia ou post-emerxencia temperá (ata tres follas), Iseran é un dos poucos herbicidas que hai no mercado con estas características. Ademais, é un produto composto cunhas materias activas que non teñen restricións”, conclúe a delegada de Field Marketing da zona.

Acerca de SIPCAM Iberia
SIPCAM Iberia é unha empresa de I+D, márketing e comercialización de produtos fitosanitarios, bioestimulantes e nutricionais especiais, tanto químicos como biolóxicos, con vocación de liderado, que elabora solucións innovadoras de investigación e desenvolvemento agrícola, ofrece unha ampla carteira de produtos para os principais cultivos. A compañía destaca por unha liña de produtos seguros para o agricultor, o consumidor e o Medio Ambiente.

Para máis información

A gama de abonos máis eficaz para o millo: Fertimón Pro e Fertimón Tech

O cultivo do millo necesita dunha fertilización adecuada para obter unha colleita en calidade e cantidade. O Grupo Soaga, líder na distribución de produtos agrícolas e gandeiros no noroeste peninsular, dispón de gamas específicas que cobren todas as necesidades do cultivo.

Fertimón Pro

Fertimón Pro, con tecnoloxía slow, permite unha liberación gradual do nitróxeno para cubrir o ciclo completo do millo, logrando deste xeito un abonado racional e eficaz.

Fertimón Pro, con tecnoloxía slow, permite unha liberación gradual do nitróxeno para cubrir o ciclo completo do millo, logrando deste xeito un abonado racional e eficaz.

É un fertilizante idóneo para aplicar no momento de sementeira, evitando ter que facer unha segunda achega de nitróxeno en coberteira. As doses deben axustarse en función do tipo de solo e das achegas de xurro realizados na parcela.

Fertimón Tech

Como complemento a Fertimón Pro, para dar resposta ás necesidades do agricultor, o Grupo Soaga desenvolveu unha nova liña de produtos con aplicación específica para millo, dentro da súa gama Fertimón Tech.

  • STARTER é un abono con nitróxeno e fósforo que se introduce na liña de sementeira á beira da semente e que facilita a xerminación do millo e o desenvolvemento das raíces nos primeiros estadios, converténdose en determinante para que a planta forme un bo sistema radicular.
  • LIBERPLUS é un mobilizador de fósforo que contén células vivas de ‘Pseudomonas putida’. O principal interese agronómico desta bacteria débese á súa capacidade de solubilizar fósforo e calcio, facéndoos dispoñibles para as plantas.

    Un dos problemas dos chans acedos, abundantes en Galicia, é precisamente que o fósforo se bloquea con moita facilidade. ‘Liberplus’ logra poñer ese fósforo presente no solo ao dispor do cultivo de millo.

  • MONZÓN é un mollante para potenciar os efectos dos herbicidas no momento de aplicar os tratamentos e aumentar deste xeito a súa efectividade, sobre todo para o control de gramíneas e herbas de folla estreita.
  • FERTIMÓN VERDE é un abono foliar que presenta unha formulación líquida en xel, o que permite un maior aproveitamento, ao fixarse moito mellor sobre a superficie foliar do millo, aumentando deste xeito o rendemento e a asimilación do produto.
  • NITROFIX axuda a fixar nitróxeno atmosférico, quedando dispoñible para as plantas.

Son todos produtos que se poden mesturar cos insecticidas e herbicidas, tanto de pre-emerxencia como de post-emerxencia, o que permite un aforro de tempo e diñeiro, así como actuar no momento en que o cultivo o necesite.

“Usándoo en fondo, BLUE STAR MAIZ, pode mellorar a produción de millo até nun 14%

BLUE STAR MAIZ é fertilizante bioestimulante ideal para usar abono de fondo en millo. Achega nutrientes específicos adaptados á acidez do solo que caracteriza os cultivos do norte de España, mellorando así a eficiencia da planta na captación e aproveitamento dos nutrientes dispoñibles no solo. A súa fórmula, especificamente deseñada para o millo foi contrastada durante os últimos anos con excelentes resultados.

O elemento diferenciador de BLUE STAR MAIZ respecto doutros fertilizantes é que leva incorporada na súa formulación TECNOLOXIA CONTRIBUTE, que achega ao abono dúas bacterias: azospirilum brasilense e Pseudomona Putida. Todos estes microorganismos producen unha serie de reaccións no solo que inflúen directamente no desenvolvemento dos cultivos: solubilizan fósforo, solubilizan potasio, producen hormonas, xeran encimas con diferentes usos, ben sexan encimas que nos permitan combater patóxenos, encimas que nos permitan degradar a materia orgánica etc.

Alonso López, Product Manager de Delagro, con máis de 30 anos de experiencia ás súas costas no sector agrícola galego, explícanos que “o azospirilum brasilense fixa o nitróxeno atmosférico que temos en forma de amonio que é moito menos lixiviable que un nitrato, de forma que está dispoñible para a planta durante moito máis tempo”. É importante destacar que o efecto que teñen as bacterias no cultivo non é inmediato, pero é moito máis sostido no tempo. A súa achega é continua ao longo de todo o cultivo, de forma que este desenvólvese de forma máis homoxénea e equilibrada, o que reduce o risco de que sufra enfermidades.

Outro dos beneficios é que favorece a produción de hormonas (auxinas) favorecendo o desenvolvemento da raíz e a maiores contén contén tres encimas diferentes fixadoras do nitróxeno. O azospirilum brasilense produce sideróforos, o que lle outorga unha gran capacidade antifúnxica. En palabras do propio Alonso, “BLUE STAR MAIZ favorece o desenvolvemento das raíces de forma que a planta pode aproveitar mellor os nutrientes que hai no solo. A consecuencia directa disto é que medrará máis e mellor. Estudos realizados por IDEAGRO, empresa líder de investigación agrícola en España demostran que pode producirse até un 14% de incremento de produción”.

Outro dos elementos diferenciadores de BLUE STAR MAIZ é a pseudomona pútida. “En solos con materias orgánicas moi altas hai moito fósforo non asimilable. Se conseguimos que ese fósforo se mineralice e póñase ao alcance da planta auméntase a cantidade de nutrientes dispoñibles, logrando un mellor desenvolvemento do millo” dinos Alonso López. A  pseudomona putida, á parte do visto anteriormente caracterízase porque inhibe o crecemento de fungos patóxenos, mellorando así a saúde da planta.

Sen dúbida, BLUE STAR MAIZ converteuse no abono de fondo referencia do mercado pola súa exclusiva formulación. Os beneficios que achega ao millo fai que as producións sexan maiores e de mellor calidade.

Máis información:

Alonso López, Product Manager Delagro
Teléfono: 608 67 34 83
www.delagro.org

Variedades de millo forraxeiro RAGT: Altas producións e dixestibilidade e adaptadas ás condicións de Galicia

A multinacional RAGT acaba de presentar o seu catálogo de variedades de millo para silo 2024, no que destacan catro variedades adaptadas ás condicións climáticas de Galicia, pero tamén de Asturias e de Cantabria.

Son estas:

RGT ELARAXX: Ciclo medio-longo con dobre aptitude silo/gran

Trátase dunha variedade de ciclo medio-longo, cun tipo de gran dentado e cun gran equilibrio entre produción e dixestibilidade.

“Estamos ante unha variedade cun bo vigor de nascencia, que destaca tamén pola súa boa sanidade, con alta resistencia a Helminthosporium, e cunha dobre aptitude tanto para silo como para gran húmido ou pastone”, explica Beatriz Vázquez, delegada de RAGT para Galicia, Asturias e Cantabria.

En canto á morfoloxía, RGT ELARAXX é unha planta de porte medio-alto e cunha inserción media da mazaroca.

RGT MEXXPLEDE: Ciclo medio que se adapta a todos os solos

RGT MEXXPLEDE é unha variedade de ciclo medio, que destaca polo seu alto rendemento, así como por:

– Excelente stay-green
– Gran regularidade (planta e mazaroca)
– Potencial produtivo en situacións limitantes. Adaptación a todos os solos
– Boa regularidade de nascencia
– Resistencia do talo: Variedade cunha forte resistencia á caída, que asegura un bo desenvolvemento vexetativo.

RGT DRAGSTER: Ciclo medio-curto cun bo potencial produtivo mesmo en situacións de estrés hídrico

RGT DRAGSTER é unha variedade de ciclo medio-curto que destaca polo seu bo potencial produtivo, mesmo en situacións de estrés hídrico.

En concreto, as súas principais calidades son:

– Talo moi robusto e de gran resistencia
– Bo comportamento en altas densidades
– Excelente sanidade do talo
– Bo look silo
– Estable en rendemento
– Bo stay-greenSTRESSLESS H2O: xeneticamente eficiente en todas as condicións de estrés hídrico.

RGT MUXXEAL: Ciclo curto con moita produción en moi pouco tempo

RGT MUXXEAL é un ciclo curto recoñecido por lograr boas producións en pouco tempo, o que o fai idóneo para sementeiras tardías debido ás condicións meteorolóxicas, como apunta este ano, ou para lograr un segundo corte de herba.

As súas principais caraterísticas son:

– Excelente calidade de forraxe
– Variedade con alto contido en gran
– Moi boa fecundación
– Moi boa tolerancia a Helmintosporium
– Forraxe moi equilibrada
– Excelente stay-green
– Variedade cunha forte resistencia á caída, que asegura un bo desenvolvemento vexetativo
– Variedade cun óptimo vigor de partida que asegura unha perfecta
implantación do millo no terreo.

Para máis información:

Beatriz Vázquez, delegada de zona

bvazquez@ragt.es

Telf. 665720200

Gustavo García: “LG leva máis de 40 anos traballando en seleccionar variedades de millo con alta dixestibilidade e agora vense os froitos”

Gustavo García, Xefe Rexional de LG

A piques de dar comezo a unha nova e apaixonante campaña de millo, Gustavo García, Xefe Rexional de LG, e un dos maiores expertos en millo do norte de España, en colaboración con Delagro, explícanos todo o que debemos ter en conta durante todo o proceso do millo: desde a selección da variedade ata que coidados debe ter o silo para evitar perdas.

O millo é un dos cultivos de maior importancia en Galicia e na Cornixa Cantábrica, non só polo seu número de hectáreas cultivadas se non tamén por ser o sustento principal de moitas das granxas. O silo de millo demostrou ser un elemento fundamental na ración que se adoita traducir en maiores e mellores producións de leite.

Porén, non todo o millo é igual. Elixir a variedade que necesitamos pode ser clave e marcar a diferenza á hora de conseguir un bo silo. Empresas como LG levan décadas traballando en seleccionar as mellores e máis adecuadas para a zona da Cornixa.

Un bo silo empeza por escoller a variedade máis adecuada, que consello darías aos gandeiros para escoller a que realmente necesitan?
Á hora de escoller a mellor variedade en cada zona é moi importante, en primeiro lugar,, coñecer as características edafo-climáticas da zona onde vaiamos cultivar o millo e coñecer o potencial produtivo das parcelas.

En segundo lugar, debemos coñecer o destino dese millo, para así planificar o cultivo en función do uso que lle vaiamos dar. Non é o mesmo millo para gran, que millo para silo, e mesmo dentro do millo para silo, debemos coñecer a que tipo de animais vai destinado, xa que canto máis nivel de produción teña a vaca, máis importante será dispor dunha alta dixestibilidade no ensilado.

É clave elixir ben a variedade, que estea adaptada á zona e data de sementeira

De cara a maximizar tanto a calidade como a cantidade silo de millo, que factores son clave?
É clave elixir ben a variedade, que este adaptada á zona e data de sementeira. Buscar variedades produtivas, con boa sanidade e ao mesmo tempo cunha alta calidade, especialmente variedades que nos proporcionen unha alta calidade de fibras, xa que é un factor que vai moi ligado á xenética da variedade escollida, e non é o mesmo facer millo silo que millo gran.

Se falamos de dixestibilidade, que variedade destacarías dentro do voso catálogo e por que?
Dentro do catalogo de LG temos variedades con alta dixestibilidade de fibras en todos os ciclos, LG leva máis de 40 anos traballando en seleccionar variedades con alta dixestibilidade e agora vense os froitos.

Variedade Bowen, de LG

Dentro das novas variedades destacaría LG 31.459 e LG31.331 dúas variedades co Label LGNA e con altísima calidade. Entre as variedades xa consolidadas Bowen é un bo exemplo, dunha variedade con excelentes resultados, tanto agronómicos como especialmente de calidade con altos valores de almidón e dixestibilidade de fibras. Como exemplo, hai moitas mostras de gandarías con máis de 1.800 kg leite/por tonelada de materia seca, isto demostra que esta calidade nos proporciona máis leite.

De Bowen temos moitas mostras de gandarías con máis de 1.800 kg leite/ton MS

Korit Pro demostrouse como un dos tratamentos máis efectivos desenvolvido por LG, á parte de funcionar como repelente de paxaros, que outros beneficios achega ao millo?
Cada vez temos máis problemas de paxaros e Korit Prol demostrou nos dous últimos anos que é a mellor opción para loitar contra este problema, xa que ademais de incorporar o Ziram, que é a materia activa repelente, engadimos un bioestimulante e dous elementos esenciais, como son o Zinc (Zn) e o Manganeso (Mn). Así conseguimos unha nascencia máis rápida, unhas raíces máis fortes, e desta forma reducimos o tempo que os paxaros teñen para arrincar o millo e pómosllo máis complicado, grazas a unha maior superficie radicular nos primeiros estadios.

Nun contexto climático de cada vez máis seca e todo o que iso implica, que aspectos debemos ter en conta para evitar diminucións na produción de millo?
Cada vez as condicións climáticas son máis cambiantes, incrementamos a integral térmica e en xeral temos menos problemas de fríos a finais de primavera polo que nos últimos anos podemos ver como as sementeiras temperás durante o mes de abril desenvólvense perfectamente. Anos atrás, nestas sementeiras temperás era normal observar plantas con escaso vigor e con carencias nutricionais.

Por tanto, se é posible, semteiras temperás (sempre que teñamos polo menos unha temperatura do chan de 10-12 ºC) están a dar mellores resultados, pero ao mesmo tempo é importante buscar variedades rusticas que se adapten ben.

Dentro de Limagrain desenvolvemos variedades que presentan unha especial tolerancia á seca, son as que levan o label Hydraneo, por exemplo LG30.500 ou LG31.388

Variedade LG 31459

Que vantaxes ofrecen as ferramentas como Agrility e como o asesoramento é clave en todo o proceso do millo?
Hoxe en día a dixitalización chegou ao campo e aínda que algúns non o crean moito máis rápido que a outros sectores. Neste sentido, Agrility é unha ferramenta que nos permite facer un seguimento vía satélite das nosas parcelas para ver o seu índice NDVI, facer sementas variables en función da variedade ou o potencial da parcela, así como ver unha estimación do rendemento esperado ou a data de colleita.

Todo isto permítenos levar un mellor control e poder alcanzar mellores resultados.

Para terminar, elixín a variedade ideal, fixen todo ben durante a fase de desenvolvemento da planta e grazas a Agrility cultivei no momento ideal. Que erros debo evitar unha vez feito o silo?
Á hora de ensilar é clave facer un bo pisado, se queremos asegurar unha boa conservación este é un dos factores máis limitantes, pois cada vez a capacidade de recolección das picadoras é máis grande e moitas veces non damos pisado o silo de forma axeitada.

Unha vez pisado outro factor clave é facer un bo tapado, debemos garantir que non entre nada de aire no silo, xa que isto causaríanos fermentacións aerobias e altas perdas no silo.

Para máis información:

Gustavo García
Tel: 647 794 366
gustavo.garcia@limagrain-iberica.es

LIDEA, un ano máis líder en ensaios oficiais de millo

As variedades consolidadas son ano tras ano unha aposta segura para sacar o máximo rendemento das explotacións, aínda que para esta campaña hai que ter en conta novidades que, grazas ao traballo de investigación e ensaios en campo, son excelentes alternativas, segundo a necesidade e características de cada chan e zona xeográfica.

Excelentes resultados ano tras ano
No boletín de valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro, publicado polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), podemos ver a valoración dun bo número de variedades de LIDEA, que van desde os 116 aos 139 días de ciclo (sementeira – colleita), cun índice produtivo (IP), medio de 123. Datos que nos permiten destacar o potencial e innovación do material xenético que avaliamos en toda a zona Norte e en Galicia en particular.

Obviamente, non podemos esquecer que LIDEA conta coa variedade máis produtiva dentro destes ensaios oficiais, que é Berlioz.

Berlioz, de Lidea, é a variedade máis produtiva nos ensaios do CIAM – Mabegondo

Estamos orgullosos do comportamento das nosas variedades e do grao de satisfacción que proporcionan aos nosos clientes. Zapotek, LID 7001C, Armandi, LID 6130C, Berlioz, Izzli, Hornet, LID 4111C, Method , LID 2888C, Es Bond… son produtos que aúnan produción, estabilidade e adaptabilidade a todo tipo de parcelas.

Berlioz é a gran aposta de Lidea e nº 1 en CIAM-Mabegondo
Berlioz cumpre o principal requisito que moitos gandeiros lle piden a unha variedade de millo: ser a variedade máis rendible para a súa explotación. Datos avalados cunha boa capacidade produtiva ( 27,4 Tn Ms/Ha, dato CIAM-Mabegondo) e cuns bos parámetros nutricionais, conseguindo ser así un gran produtor de Kg de leite/Ha.

Se a estas cifras lle engadimos un inmellorable vigor inicial, un excelente potencial gran, un perfil agronómico moi seguro e unha gran rusticidade, podemos afirmar que BERLIOZ é xa unha referencia para o gandeiro e unha clara e decidida aposta de LIDEA.

Asturias occidental
Recentemente puidemos comprobar os excelentes resultados que a nosa novidade LID 6130C obtivo nos ensaios oficiais realizados polo SERIDA en Asturias; sendo a variedade Nº1 en produción, da lista principal, na costa occidental asturiana.

LID 6130C foi número 1 en Asturias occidental en produtividade, segundo os ensaios oficiais do SERIDA

Datos que confirman o potencial e excelente adaptabilidade do noso material xenético.

Lidea, innovación ao servizo da agricultura

En pleno contexto de escaseza de auga, Lidea vai máis aló, e ofrece variedades de millo con tecnoloxías que, precisamente, son idóneas para estas circunstancias. Variedades como IZZLI, LID 4111C y DUO SILO 300 son CACTUS, é dicir, híbridos de millo máis eficientes no uso da auga, e por tanto, especialmente adaptados a situacións de estrés hídrico.

A marca ofrece unha liña de variedades con tecnoloxía CACTUS, adaptadas ó estrés hídrico

Outra das tecnoloxías exclusivas de Lidea é DUO SILO, que é a combinación de dous híbridos de millo silo, que son agronómicamente compatibles e complementarios nos seus valores nutricionais; proporcionándonos un aumento na produción e calidade do leite. (resultados avalados por máis de 100 test realizados por toda Europa).

Juan Pablo Gnata: “Colleitar o millo forraxeiro no momento ideal é clave para ter un ensilado de calidade”

Juan Pablo Gnata nun campo de ensao

Como cada ano a campaña de millo supón un reto tanto para gandeiros como empresas do sector. Delagro e Mas Seeds, que levan anos colaborando xuntos co obxectivo de dar a cada gandeiro a variedade que necesita. Ao mesmo tempo, as ferramentas informáticas xogan un papel claro e diferenciador para conseguir silos de máxima calidade. O control por satélite ou do clima pode ser clave para seleccionar, por exemplo, os momentos óptimos de colleita do millo.

Tras unhas campañas marcadas pola inestabilidade do mercado, a tendencia do sector pasar por facer reservas anticipadas de millo que permitan ao gandeiro ter dispoñible a variedade que máis lle encaixa, tal e como nos explica Juan Pablo a continuación.

Como se presenta esta campaña? Acabáronse xa os problemas de dispoñibilidade de semente?
Para a campaña de millo ensilado 2024, recomendamos aos gandeiros e asesores técnicos estar moi atentos ao desenvolvemento de insectos daniños como a rosquilla Agrotis ipsilon e a eiruga defoliadora Mythimna unipuncta. A campaña anterior houbo unha forte presenza destas pragas e é esperable que as volvamos atopar. Máis aló do control químico, debemos ter en conta que reducir a presenza de gramíneas na parcela e nos bordos da mesma, reduce a probabilidade dun ataque severo de Mythimna.

A ferramenta de Reserva Anticipada de MAS Seeds vén implementando desde a campaña pasada cun éxito rotundo para aumentar a calidade da atención aos nosos clientes fieis. Os clientes de sempre e os novos, confían e elixen a súa variedade ideal, co apoio técnico dos nosos distribuidores e o meu propio. A dispoñibilidade de semente para esta campaña é correcta grazas a unha boa meteoroloxía en Europa a campaña pasada que permitiu recuperar os stocks e ao traballo do noso departamento de Produción e Loxística.

A reserva anticipada busca asegurar que ningún gandeiro quede sen a variedade que necesita

Que importancia ten a elección da variedade adecuada? Dentro do voso catálogo, cales serían as ideais para esta zona?
Os estudos indican que a variedade utilizada é a responsable do 15% de produción final. O asesoramento profesional e próximo do técnico de confianza, é fundamental para elixir a variedade máis axeida e mellor adaptada a cada explotación.

Mas 400 D en Chantada

En Galicia, Asturias e Cantabria, e inclusive País Vasco, para millo ensilado o noso produto estrela e en fase expansiva é MAS 400.D. Demóstrao o altísimo nivel de satisfacción dos gandeiros que confían nel desde fai 2 campañas. Tras anos de seguimento na nosa Rede de I+D, na nosa rede de ensaios locais realizados xunto a Delagro en 2021, 2022 e 2023, así como nos ensaios do CIAM Mabegondo, MAS 400.D demostrou responder con creces aos aspectos que máis importan aos gandeiros da Cornixa: produción, calidade, ciclo adecuado para a súa sementeira ao longo do mes de maio, tolerancia ao encamado excepcional, boa sanidade de folla ao final do ciclo, e gran rendibilidade mesmo no seu ano de lanzamento 2022 que foi tan seco. Elixir MAS 400.D é un acerto enorme.

Na nova gama de variedades MAS Seeds destacamos MAS 576.N, ciclo 500 de excelente rusticidade, ao cal se lle presenta o gran desafío de mellorar a MAS 54.H e MADIRAN. En ciclo 400, a prometedora novidade MAS 524.A que será un exitazo en Cantabria e A Coruña. Foi o híbrido de maior produción de materia seca e % de almidón nos ensaios zonais. En ciclo 350, MAS 400.D é capaz de competir en produción con ciclos máis longos. En ciclos curtos, para os terreos máis complexos, recomendamos CITADEL, MAS 282.K e MAS 24.C. É unha fortaleza importantísima contar con estas variedades que permiten boas producións en zonas de escasa humidade, como Chantada e Taboada.

Para Terra Chá, introducimos MAS 171.L un ciclo 200 de xenética Green+, a nosa insignia para os millos con máxima dixestibilidade de almidón e fibras.

Sen dúbida, a nosa variedade estrela e a máis demandada é a Mas 400.D

Unha vez elixida a variedade, que prácticas podemos levar a cabo para maximizar o rendemento e calidade da mesma?
O millo ten un potencial produtivo altísimo en condicións ideais. Canto máis limitantes haxa no seu ciclo de vida, máis lonxe estaremos de alcanzar ese potencial. É habitual escoitar que o rendemento final depende case exclusivamente do clima do ano, pero hai aspectos moi importantes que podemos controlar e que influirán directamente na rendibilidade da explotación.

Os veráns son cada vez máis secos, así que o millo depende cada vez máis do chovido na primavera. Doutra banda, coa rotación pradaría-millo, a auga e nutrientes consumidos polo cultivo inicial en maio, reducen a dispoñibilidade destes elementos para o cultivo de millo.

Anticipar de 15 días a sementeira do millo respecto da data habitual limita a competencia por auga e nutrientes co cultivo anterior e reduce a tensión hídrica do cultivo na fase de floración. Isto tradúcese en +1 Tn MS/ha e +0.02 enerxía/kg MS por cada 15 días de adianto da sementeira. Se a sementeira faise o 1 de maio en lugar do 31 de maio, estaremos a gañar +2 Tn MS/ha e +0.04 enerxía/Kg MS. Convido a que cada un faga este exercicio para a toma de decisións.

O millo ten un potencial produtivo altísimo en condicións ideais

Outras prácticas de laboreo de conservación axudarannos tamén a reducir as perdas de auga no chan. Un exemplo é o acurtar os tempos entre o laboreo e sementeira para reducir as perdas por evaporación.

Todo o que sexan técnicas de maior eficiencia no uso do xurro e fertilizantes, como axustar as doses ás necesidades do terreo, farán aumentar a rendibilidade do sistema. Xa sexa que as labores as fagamos nós ou unha empresa de servizos, hai que esixir ou esixirse cumprir coas tarefas en tempo e forma.

Mas 54 H

Cantidade fronte a Calidade: Como podemos maximizar este binomio? Lograr a maior cantidade de silo sen sacrificar a calidade.
Hoxe en día maximizar este binomio é aínda máis fácil co Agroservicio Nutriplus SAT® que nos dá un prognóstico certeiro da data na que o millo da nosa parcela en cuestión chegará ao 32% MS. É aí onde se atopa a relación de óptimos entre estes dous elementos. Hoxe en día con variedades tan produtivas como MAS 400.D podemos cultivar moitos quilos de materia verde e de gran calidade por hectárea sen forzar a sementeira de ciclos longos onde non corresponden.

Con Nutriplus Silo® somos capaces de atopar oportunidades de mellora para facer a confección do silo á perfección.

Nutriplus e Agrotempo, son ferramentas que para moitos gandeiros xa son imprescindibles, de que forma pode marcar a diferenza entre un silo de máxima calidade e un de calidade máis baixa?
Podemos facer todo moi ben e ter un millo excelente, pero se erramos de oportunidade de colleita, estamos a desperdiciar o noso bo traballo anterior. Os nosos Agroservicios poñen a disposición da gandeiro información contrastada do seu propio millo para unha toma de decisións ben informada. Grazas ao diagnóstico de silos Nutriplus Silo®, somos capaces de atopar oportunidades de mellora para facer a confección do silo á perfección.

Gandarías premiadas por Dekalb por lograr os mellores rendementos de millo en 2023

Dekalb, marca líder en sementes de millo e integrada na multinacional Bayer, celebrou este mércores en Toques (A Coruña) unha xornada de entrega dos premios da segunda edición do concurso Dekalb+Silo, que organiza para premiar ás gandarías de vacún de leite que lograron mellores rendementos na campaña 2023.

Uns 100 profesionais do sector, entre gandeiros e técnicos, déronse cita no restaurante Xaneiro na entrega de premios deste certame, do que Marcial Costoya, Territory Sales Manager de Bayer para a Cornixa Cantábrica, Galicia e León, salientou a súa elevada participación.

Listaxe de premiados

O concurso Dekalb+Silo ten como obxectivo dar máis valor a lograr un silo de millo de calidade. Estes son os premiados nas dúas categorías nas que se estruturou:

1) En colleita: Premios para as mellores calidades de mostras en verde medido en litros de leite por tonelada  de materia seca de millo forraxeiro logradas:

-Primeiro premio (1000 euros): Para a gandería de José Ignacio Leal. . Logrou 1893 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 4621, un ciclo 300 de altas produccións.

-Segundo premio (600 euros): Gandaría Novoa SC. Logrou 1862 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb DKC 5144

-Terceiro premio (400 euros): Gandaría Casa Castro. Logrou 1858 litros de leite/tonelada de materia seca cun millo Dekalb, coa variedade DKC 4621.

2) En silo:  Premios para as mellores producións medidas en litros de leite por hectárea. Para iso tomouse unha mostra do silo e cubicáronse os silos, expresando o resultado en litros de leite por hectárea logrados polo millo ensilado, premiando ás mellores producións segundo o ciclo de millo.

-Ciclo largo (1000 euros): Ganadería Pastora, que logrou 53525 litros de leite por hectárea cun DKC 5911, un ciclo 500.

-Ciclo medio (1000 euros): Gandaría Serabel SC, que logrou 43614 litros de leite por hectárea cun DKC 5110, un híbrido bisagra entre un ciclo 300 e un 400.

-Ciclo curto (1000 euros): Gandaría Fernández Sánchez, que logrou 43141 litros de leite por hectárea cun DKC 3575, unha variedade de ciclo 200.

Xornada técnica de formación

Ademais da entrega de premios, a xornada organizada por Dekalb tamén serviu para coñecer como xestiona o cultivo do millo Granja San José, en Huesca, a cargo de Salvador Castellanos, responsable de xestión de forraxes. Esta gandería, con 3776 vacas en muxido, sementou o ano pasado 973 hectáreas de millo forraxeiro.

A continuación, Anxo Valiño, responsable do departamento de desenvolvemento de mercado de Bayer para a Cornixa e Castela e León, presentou as últimas novidades do catálogo de millo de Dekalb para 2024. Seguidamente, Montserrat Vázquez, delegada comercial de Bayer para Galicia, explicou as claves para o manexo sustentable de produtos fitosanitarios, especialmente herbicidas, durante o cultivo de millo.

A xornada formativa concluíu cunha charla de Sergio Grille, gandeiro de Mazaricos, que nos últmos anos acometeu unha dixitalización completa dos traballos agrícolas na súa granxa.

Fotos das ganderías premiadas: 

 

As mellores variedades de millo para esta campaña: resultados dos ensaios de Mabegondo

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) vén de publicar a actualización para o ano 2024 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia, unha referencia que serve de axuda á hora de escoller as variedades que mellor se adaptan a cada zona con vistas á campaña de sementeira que comezará nas vindeiras semanas. Trátase dunha análise comparativa anual que se realiza dende o ano 1999 co obxectivo de avaliar o rendemento e calidade das variedades comerciais máis utilizadas na comunidade. Os ensaios fixéronse en catro comarcas: Sarria, Trasdeza, Ordes e A Mariña lucense. Nos campos de cultivo utilízase un deseño en bloques ao chou con tres repeticións, cunha densidade de 90.000 plantas/ha. Recolleuse cada variedade no momento en que a liña de leite estaba a 1/3-1/2 do ápice (gran pastoso-vítreo) e analizouse a parte verde da planta e as espigas por separado.

Variedades cun ano de avaliación, con menor fiabilidade:

Variedades con dous ou máis anos de avaliación, maior fiabilidade:

Recomendacións para elixir unha variedade

Á hora de elixir unha variedade, dende o CIAM recomendan que o primeiro que temos que ter en conta é o ciclo que resulte máis axeitado ao clima da zona. Neste sentido aconsellan que:
  • Se sabemos a data de sementeira e sumamos os días que aparecen na columna “Días S-C”, teremos a data probable de recollida para unha zona fría do interior.
  • Se é unha zona cálida haberá que restarlle 15 días.
  • Tamén é importante a dispoñibilidade de maquinaria para esa data.
Dentro do ciclo elixido, dende o CIAM recomendan escoller aquelas variedades que reúnan as dúas condicións seguintes ao mesmo tempo:
  • Un elevado índice produtivo (IP) (canto maior sexa o dato da columna IP, mellor)
  • Unha elevada calidade (canto maiores sexan os datos das columnas ESPIGA, DMO e PB, mellor).

Descarga aquí a actualización correspondente ao ano 2024 do Valor Agronómico das Variedades Comerciais de Millo Forraxeiro en Galicia

 

“Logramos que a vaca sexa máis eficiente coa mesma ración e que produza entre 1,5 e 2 litros máis de leite ao día”

Josef Rous é director xeral BODIT, a empresa creadora de Optipartum C+, un produto natural a base de encimas que logra mellorar a eficiencia enerxética das vacas, incrementando entre 1,5 e 2 litros de leite a produción diaria por vaca coa mesma ración. Esta semana visitou Galicia, onde Optipartum C+ está a ter unha gran acollida entre os gandeiros Que traballo desempeñas actualmente en BOTIT, a empresa creadora de OPTIPARTUM C+? Son Josef Rous, director xeral dunha empresa especializada en produtos alimentarios para rumiantes na República Checa, chamada BODIT. O meu pai e eu creamos esta empresa en 1992 e a multinacional británica AB Agri adquiriuna en 2015. A miña función é supervisar o crecemento dese negocio, e síntome máis satisfeito cando estou en granxas e con distribuidores no estranxeiro axudándolles a utilizar e lograr melloras no rendemento do gando grazas a nosa nosa exclusiva oferta de produtos para rumiantes. Por que decidiches centrar o teu traballo en desenvolver un produto que mellore a eficiencia alimentaria dos rumiantes? Encántame traballar con animais xa que sempre dan unha resposta honesta. Poderíase dicir: "as vacas non menten". Temos 2 ou 3 produtos únicos para rumiantes, e o que mellora a eficiencia alimentaria é o máis popular, xa que é unha maneira fácil para de que os gandeiros gañen máis diñeiro. Sempre me fascinou observar os animais -”pensar como unha vaca”- e ler libros antigos que os gandeiros consultaban na época comunista. Inspireime niso para establecer o que creo que é unha tecnoloxía única, efectiva e fácil de usar, e que é 100% natural. Neste sentido, que cantidade de almidón en media poderíase estar a perder nas explotacións de gando leiteiro e que impacto económico podería ter isto? Para facilitar as cousas na granxa, animamos aos gandeiros (ou ao seu nutrólogo) a realizar unha simple inspección física dos excrementos das vacas. Isto é para que vexan o cambio na consistencia das feces despois de usar a tecnoloxía que ofrecemos. Máis recentemente, a medida que melloramos a formulación do produto para poder utilizar só 40 gramos de Optipartum C+/vaca/día, levamos a cabo algunhas análises de laboratorio das feces, medindo especificamente a porcentaxe de almidón que contiñan. O que notamos foi que mesmo nos rabaños de alto rendemento, onde non hai material físico aparentemente visible nas bostas, as vacas excretan entre un 3 e 4% de almidón en base a materia seca.
 “O almidón que se perde a través das feces das vacas redúcese nun 40% despois de 30 días utilizando Optipartum C+”
Despois de 30 días, utilizando as mesmas vacas numeradas, puidemos mostrar unha caída de máis do 40% en almidón nos excrementos. Tamén debemos lembrar que existe un 'efecto fibra' coa tecnoloxía (de aí o cambio físico das bostas despois de 10 días) e é a mellora combinada do almidón e parte da fibra o que resulta na liberación de máis enerxía da mesma ración. O impacto económico que esperaremos ver é de entre 1,5 e 2 litros de leite adicionais ao día ao cabo de entre 30 e 60 días. Isto lógrase facendo que a vaca sexa máis eficiente coa mesma ración, e sen que o gandeiro ou o nutrólogo realicen cambios na ración do rabaño. O noso enfoque é traballar coa ración que o gandeiro e o seu asesor estableceron (e demostrar o que as súas vacas realmente poden lograr con esa ración) cunha simple adición diaria de 40 gramos por vaca ao día de Optipartum C+ Que diferenza a Optipartum C+ do resto de produtos do mercado? Do único que podo falar é de Optipartum-C+. É unha mestura 100% natural de máis de 5 enzimas naturais diferentes. Cando se lles dá ás vacas, vemos un efecto sinérxico dentro do rume. Non é un aditivo sintético baseado en transxénicos; é simplemente un ingrediente alimentario que contén altos niveis de encimas naturais que actúan simultaneamente no rume. En lugar de comparar características con outros produtos, preferimos "escoitar ás vacas" e ver como melloran a súa eficiencia alimentaria co produto. Estamos máis interesados no que o gandeiro ve en termos de máis leite que en comparar a nosa tecnoloxía con outros produtos de rendemento. O que é importante dicir é que antes de que un gandeiro comece a usar Optipartum-C+, gústanos preguntar se está a usar algo na súa ración que se dirixa especificamente ao almidón e algo de fibra. Aquí é onde encaixa Optipartum-C+: traballar coa ración existente, dunha maneira diferente e complementaria. Como actúa este produto no sistema dixestivo da vaca para lograr un mellor aproveitamento do almidón e a fibra? De que porcentaxes de eficiencia podemos estar a falar? Mencionei anteriormente o impacto que vemos nos niveis de almidón nas feces. Creo que a mellor redución da excreta de almidón que teñamos visto é do 46%. Para ser xustos, unha vez que medimos a caída de almidón no esterco en varias granxas, puidemos ver o modo de acción e logo simplemente centrámonos na produción de leite como a nosa medida preferida de rendemento. Ver as melloras nas bostas é un bo indicador da eficacia do noso produto, pero é o aumento na produción de leite a medida máis importante de mellora do rendemento. A análise in vitro utilizando líquido ruminal demostra inequivocamente que o efecto encimático atópase dentro do rume.
“Optipartum-C+ é un produto fácil de usar, non hai que cambiar a ración, e os resultados son entre 1,5 e 2 litros máis de leite ao día por vaca”
Afirman que con Optipartum C+ as vacas logran aumentar a produción até 2 litros de leite diarios coa mesma ración. Con que datos o certifican? A nosa media típica de aumento de leite en granxas reais en funcionamento é de entre 1,5 e 2 litros. Unha das razóns do éxito de Optipartum-C+ non é só o fácil que é de usar, senón tamén o fácil que o fixemos para que os gandeiros midan o seu rendemento nas súas propias granxas. Utilizamos probas con rabaños completos para facilitar a tarefa aos granxeiros, quen logo simplemente o engaden a todas as racións da granxa. Non recompilamos ningún dato adicional dos que o gandeiro xa recompila. Simplemente mostramos como se está comportando o seu rabaño en cada etapa da lactación o día 1 e comparámolo con vacas nas mesmas etapas de lactación o día 30 ou 60. Usando as cifras de rendemento e porcentaxe de graxa do propio granxeiro, simplemente mostramos a diferenza. Non utilizamos enfoque estatístico, nin informes con 3 decimais. A maioría das veces, o gandeiro xa sabe e pode comprobar por si que o rendemento das súas vacas aumentou antes de que revisemos os datos con eles. Cales son as recomendacións para administrar este produto a animais? Temos que porllo fácil. Non o “administramos”; como é un ingrediente do alimento, simplemente o “suplementamos” ás vacas. Os gandeiros son persoas ocupadas con moitos detalles diferentes cos que lidar cada día. Hai un criterio simple que cumprir, porque sabemos onde funciona a tecnoloxía e onde non. Se unha ración contén un mínimo de 20 % de almidón (base de materia seca), entón sabemos que debemos agregar Optipartum-C+ á TMR. Se a ración é inferior ao 20% de almidón, aínda veremos cambios nas excretas e a vaca dixerirá o almidón (e algo de fibra) de maneira máis eficiente; porén, non hai suficiente almidón dispoñible para mover a agulla do leite. A nosa estratexia é simple: alí que se alimente ás vacas con millo, podemos esperar de maneira confiable que o almidón supere o 20% na ración e, por tanto, simplemente seguimos o millo en todo o mundo. Curiosamente, o Reino Unido, debido á súa dependencia do ensilaxe principalmente de pasto, é un mercado moi pequeno para esta tecnoloxía.
 Fornécese a razón de 40g/vaca/día en racións con silo de millo engadíndoo directamente no carro mesturador
Lembremos: estamos a incorporar Optipartum-C+ para producir máis leite. Fornécese como unha fariña seca moída grosa e de fluxo libre que se agrega directamente ao carro mesturador ou se premezcla nunha premezcla ou mestura concentrada. Fornécese a razón de 40g/vaca/día. Non recomendamos agregalo en gránulos compostos. Como inflúe a calidade da ensilaxe de millo nos resultados de Optipartum C+? Sabemos que Optipartum-C+ é unha ferramenta moi valiosa para que a utilicen os gandeiros a principios de outono, no caso de que necesiten alimentar con silo de millo inmaduro. Centrámonos no millo (almidón) en lugar da ensilaxe de pasto, xa que sabemos que se o almidón non alcanza o 20%, independentemente da fibra na ración, non vemos a resposta do produto na produción de leite. A medida que mellora a calidade do silo de millo, seguimos vendo a resposta do leite, o que nos leva de novo á simple medida da porcentaxe de almidón, en lugar da a calidade do almidón, que determina se Optipartum-C+ dará resultados. Cando empezas a notar os primeiros resultados? Existen variacións nas porcentaxes de graxa e proteína do leite? Se empezamos a empregalo o día 1, cara ao día 10 veremos como as feces cambian, volvéndose máis suaves e cremosas. Esta é unha medida moi importante xa que mostra ao gandeiro que as súas vacas están a responder positivamente a Optipartum-C+. Estamos a iniciar o cambio na eficiencia das vacas coa mesma ración. Non vemos ningún cambio no leite debido a Optipartum-C+ durante polo menos 3 semanas. Para o día 30, podemos empezar a ver o cambio observando os datos de cada vaca. Se as medias e os datos do tanque só están dispoñibles, entón utilizamos unha proba de alimentación de 60 días. Cada ración e rabaño é diferente, e vemos diferentes efectos sobre a porcentaxe de graxa e proteína segundo a época do ano e os días en leite de cada vaca do rabaño. Se a ración é capaz de producir máis graxa, normalmente esperamos ver que o cambio comece entre o día 30 e o día 60. Se realizamos unha proba entre setembro e decembro, entón é moi importante medir a porcentaxe de graxa para o rendemento xeral das vacas. Non adoitamos ver un cambio na proteína do leite, pero o que pode suceder é que a urea no leite baixe, como efecto indirecto ao liberar máis enerxía da ración.
 Optipartum-C+ permite mellorar o balance enerxético da vaca, e por tanto mellora a fertilidade
Ademais do aumento da produción, que outros efectos destacarías da administración de Optipartum C+? Optipartum-C+ permite mellorar o balance enerxético da vaca, co que podemos ver unha serie de melloras ademais dos cambios na produción de leite e dos sólidos. Os gandeiros infórmannos dunha mellora na fertilidade e nas taxas de crecemento como resultado da mellora do estado enerxético. Tamén veremos unha caída na cetose. Gústanos dicir que Optipartum-C+ axudará a que as vacas boas sexan mellores, non fará que as vacas malas sexan boas. Debido ao desfasamento de 3 semanas entre a alimentación de Optipartum-C+ e a adaptación da vaca aos cambios ruminais, recomendamos aos gandeiros que consideren comezar a engadilo á ración 3 semanas antes do parto. Isto significa que as vacas se adaptan a el antes da lactación, de modo que cando comecen a muxilas, non teñamos que esperar outras 3 semanas para que produzan máis leite. Que oportunidades e desafíos ve na gandaría leiteira para aumentar a eficiencia alimentaria e tamén reducir as emisións de metano? O sector da gandería de vacún de leite necesita seguir atopando novas formas de mellorar a eficiencia alimenticia, logrando producir máis con menos. Sabemos que Optipartum-C+ axuda a reducir a pegada de carbono, xa que producimos máis leite sen máis enerxía nin insumos de penso. O importante é que, como gandeiros, sigamos medindo os insumos e os produtos con precisión. Se non medimos, non podemos facer xestión. As emisións de metano tamén deberían ser unha área de atención á hora de producir leite. Un dos desafíos que enfrontamos coa produción e redución das emisións de metano nas granxas é a nosa capacidade para medir as melloras e saber canto deberiamos reducir as emisións de metano en relación con cada litro de leite producido.

As vantaxes de Axcelera-C, un produto para mellorar o desenvolvemento dos tenreiros

Que destacaría do resto de produtos que a súa empresa desenvolveu para rumiantes? A nosa outra tecnoloxía de alimentación emblemática e única é Axcelera-C. Trátase dun pellet cun 40% de lactosa para tenreiros. Sabemos que o noso obxectivo na crianza de tenreiros é desenvolvelos de monogástricos a rumiantes da maneira máis eficiente posible. Normalmente utilizamos dúas ferramentas: leite líquido e alimento inicial. Axcelera-C é unha terceira ferramenta para usar con leite e penso inicial. Debido a que ten un 40% de lactosa, os tenreiros de tan só 4 días recoñecerana como "leite" e comerana, 2 semanas antes que unha toma inicial. Acelera o desenvolvemento do rume e a inxesta inicial de alimento, o que significa que os tenreiros alcanzan unha inxesta diaria de alimento sólido de 1,5 kg máis rápido que a alimentación convencional, acelerando o crecemento dos tenreiros até o destete e máis aló. Para os granxeiros que usan niveis máis altos de leite e enfróntanse a unha caída no crecemento e a condición ao destete (a caída do destete), podemos usar Axcelera-C só 10 días antes e 10 días despois do destete (20 % mesturado con alimento inicial), para axudar a eliminar a depresión do destete nos tenreiros. En que liñas de investigación ou novos produtos estades a traballar de cara ao futuro? Seguimos enfocándonos en mellorar aínda máis a eficiencia alimenticia, particularmente durante os períodos de estrés por calor, cando o consumo e a produción de leite redúcense de forma habitual. Do mesmo xeito, estamos a empezar a centrarnos no uso de Optipartum-C+ como medio para substituír a enerxía contida na graxa desviada, para obter unha vantaxe de sustentabilidade tanto económica como ambiental. Que impresión tes das granxas galegas que visitaches? Foi un verdadeiro pracer visitar a varios gandeiros galegos. Están moi orgullosos dos seus rabaños, mostran unha gran atención ao detalle e teñen a fortuna de vivir nunha terra cunha excelente combinación de choiva e clima cálido, perfecta para producir unha forraxe excelente. Tamén é moi positivo atopar tantas explotacións relativamente xuntas.
 “Compartimos a filosofía dos gandeiros galegos de facer as cousas o máis fáciles posibles para así ter menos posibilidades de cometer erros”
Unha cousa que notei, que non vin tan consistente como noutras áreas do mundo, é como os gandeiros en Galicia simplifican moito máis a ración: Teñen o silo de millo, o silo de herba e o depósito para o penso, cando noutros países compran os ingredientes do penso por separado, así como os correctores e aditivos e logo mestúranos todos. Isto demostra que compartimos a mesma filosofía de facer as cousas o máis simples posible na granxa. Se é fácil de facer, farase ben e haberá poucas oportunidades de cometer erros. Algo máis que queiras engadir? Creo que a mensaxe final é reiterar a nosa filosofía, que é facer as cousas simples, alcanzables, mensurables e manexables. Os gandeiros son persoas ocupadas, polo qque calquera cousa que fagamos para axudar a mellorar o desempeño das vacas ou do rabaño debe facerse de tal maneira que faga a vida máis fácil, non máis complexa ou propensa a cometer erros. Necesitamos traballar cos gandeiros e as súas vacas para o beneficio xeral das vidas dos animais e dos seus propietarios.

Distribución en España

  • Develatt é o distribuidor oficial para España de OPTIPARTUM C+
  • En Galicia: Animalvit distribuidor para Galicia
Contacto: Pablo Carro  telf. 647599782, pablocarro@animalvit.com

Claves para mellorar a produción das fincas de millo

David Vilacoba, durante a súa charla nas xornadas organizadas por Seragro na Facultade de Veterinaria de Lugo David Vilacoba Vieito, enxeñeiro agrícola e responsable da gandería Pacheco Meimendre SC, falou nas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro de como aumentar a produción de millo en Galicia. Durante os últimos 15 anos David estivo compaxinando o traballo na granxa familiar co asesoramento a nivel de campo para distintas casas de semente. Na actualidade adícase de pleno á súa explotación, ubicada no concello coruñés da Baña. “É posible aumentar o rendemento do millo pero son moitos os factores que inflúen e temos que pensar cales son os que temos capacidade de manexar e alterar para mellorar e os que non, aqueles que temos que adaptarnos a eles”, indicou.  “Podemos influír nas labores de preparación do solo, na elección da variedade e a sementeira, no tratamento fitosanitario para o control de pragas e malas herbas ou no abonado. E esas son as cousas nas que nos temos que centrar á hora de mellorar o cultivo”, recomendou.
Podemos influír na preparación do solo, na escolla de variedades ou no control de pragas e malas herbas, pero non nas condicións climatolóxicas, ás que nos teremos que adaptar
Pola contra, explica David, hai outra serie de factores sobre os que non temos control, como os danos provocados pola fauna salvaxe ou as condicións climatolóxicas, ás que sen embargo nos podemos adaptar con decisións como a escolla das parcelas, a data de sementeira ou o tipo de variedade. Tomar decisións en base a datos Á hora de iniciar a campaña de sementeira, en primeiro lugar, di, temos que planificar o cultivo e ter en conta as colleitas precedentes en cada finca. “O máis lóxico é recompilar datos do ano anterior, pero ten que ser de forma obxectiva e totalmente autocrítica, senón non serve de moito”, matiza. “É dicir, se nunha zona tivemos mala colleita porque acabamos o abono e por non volver a casa non llo botamos, hai que poñelo”, exemplifica.
Os datos de rendementos de anos anteriores temos que conservalos, porque son a chave do cultivo
Para esta toma de datos da colleita anterior existen novas ferramentas, como os mapas de rendemento, que facilitan esa labor. “Eses datos temos que conservalos, para ter información de máis dun ano, porque son a chave do cultivo”, indica tamén David. Fertilización e aproveitamento do purín Un primeiro punto de mellora no cultivo de millo é o abonado. “A fertilización é quizais a parte máis simple, porque é unha cuestión matemática, unha simple ecuación ou regra de tres, xa que sabemos a demanda media que ten o cultivo (para facer unhas 10 toneladas de gran por hectárea fannos falta 250 unidades fertilizantes de nitróxeno, unhas 120 de fósforo e unhas 230 de potasio; e se queremos aumentar a produción deberemos aumentar tamén na mesma proporción estas cantidades”, explica. David destaca a importancia do purín para o abonado das fincas de millo. “Uns 10 metros cúbicos de purín por hectárea, máis ou menos unha cisterna de tamaño medio, equivalen a 125 kg de abono complexo NPK 12-12-24 máis 33 kg de urea ao 46% de nitróxeno”, detalla.
Hoxe en día temos ferramentas para saber como está o solo (analíticas de chan) e outras que nos din o que lle aportamos nós
“Esa conta temos que extrapolala á cantidade de purín que aportemos e restala da demanda real do cultivo (en función da analítica de solo e o rendemento agardado) para calcular despois a cantidade de abono mineral necesario”, engade. A maiores do encalado e do abonado de fondo da sementeira, destinado a correxir as carencias do solo e cubrir as necesidades do cultivo, David recomenda “na medida en que o peto o permita”, facer un abonado nitroxenado en coberteira cando o millo teña entre 8 e 10 follas. Preparación do solo “A preparación do solo é un tema realmente descoidado no que se pode mellorar moito”, asegura David, que recomenda intercalar nas labores de preparación do solo un subsolador para romper a suela de labor e facilitar que as raíces das plantas de millo poidan acceder a nutrientes e auga máis abaixo. “Cando levamos anos traballando co arado déixanos por abaixo un solo duro que as raíces do millo non son capaces de traspasar. Cando vén tempo seco esa capa superficial de terra sécase e a planta sufre moito máis os efectos da seca e pode ter tamén moitos máis problemas de caída. Pola contra, cando chove moito, prodúcense encharcamentos porque o terreo non drena. Por iso, co subsolador, ademais de mellorar a estrutura do solo, melloramos tamén a circulación da auga en sentido vertical”, conta.
O solo é un recurso único e irreparable; non podemos perdelo e temos que tratar de melloralo
Existen distintos tipos de compactación: a compactación superficial na capa arable polo efecto pisado da maquinaria; a suela de arado; a compactación profunda, que se dá a máis de 30 centímetros de profundidade; e as costras na superficie, que se producen cando se desmenuza moito o chan nas últimas labores de preparación da terra en solos con moita arxila e se dan choivas posteriores, creándose unha capa superficial dura que impide que o xerme do millo sexa capaz de saír e provocando mermas de produción por perda de plantas na nascencia.
A suma de maquinaria moi pesada e elevada humidade no chan fai que os nosos solos se volvan durísimos, case infértiles
Para evitar a compactación, “baixo ningunha circunstancia debemos traballar o solo mollado”, advirte, e menos cando a maquinaria de laboreo, sementeira ou recollida da colleita é cada vez máis grande e dunha maior tonelaxe. “A suma de elevados pesos e elevada humidade no chan fai que os nosos solos se volvan durísimos, case infértiles”, di. Os efectos da compactación danse tamén máis nos bordes da parcela polo efecto das manobras de xiro, por iso David recomenda pasar o subsolador cando menos por estas zonas do perímetro se non o facemos por toda a finca. Rotación de cultivos O responsable da gandería Pacheco Meimendre SC afirma que “non deben quedar as fincas desnudas” no inverno e destaca os efectos positivos da rotación de cultivos: “Cando unha finca vén de unha rotación de dous ou máis anos con pradeira temos gratis un 10% de produción de millo”, di. En función das necesidades forraxeiras da explotación e do efecto que queiramos lograr no solo introduciremos un cultivo de inverno ou outro, tendo en conta tamén as esixencias da nova PAC para cumprir coa condicionalidade reforzada e o ecorrexime de rotación con especies mellorantes.
Cando vimos de 2 anos de rotación con pradeira temos un 10% de produción de millo gratis
As leguminosas (chícharo, faba, altramuz, veza, alfalfa, trevo) fixan nitróxeno ambiental no chan e melloran a súa estrutura, mentres as crucíferas (rábano, rúcula, nabo) producen un efecto de desinfección no solo contra nemátodos e algúns fungos. Outras opcións para meter un cultivo intermedio entre millo e millo serían as oleaxinosas (xirasol, colza, soia) e as mesturas de cereal de inverno con especies pratenses forraxeiras.
A chuvia marcha co solo e cos recursos que temos nel. Metendo un cultivo intermedio evitamos a erosión e se temos falta de forraxe podémolo aproveitar
“Temos que rotar fincas e intercalar un cultivo intermedio entre millo e millo, non deixar as fincas desnudas. Este ano, despois de ter caído 1.000 litros de auga as fincas baleiras quedan sen practicamente elementos finos e sen ningún tipo de microbioloxía que nos poida axudar. A chuvia marcha co solo e cos recursos que temos nel”, advirte.   Reducir o ‘efecto borde’ Outro aspecto a mellorar é o chamado efecto borde (sombra de árbores, menor fertilización, exceso de tratamentos por solape, maior compactación do chan, etc), no que imos ter menos produción e iso vai baixar a produción media obtida nas fincas da explotación. Os efectos negativos vense acrecentados en Galicia debido ao minifundio. “Se temos unha finca de 25 hectáreas e temos un perímetro de 10 metros de ancho afectados todo ao redor, serían 3 hectáreas afectadas, pero se temos 25 fincas de 1 hectárea o efecto borde multiplícase e xa serían 8 as hectáreas afectadas sumando todas as parcelas”, argumenta.
Os 10 metros de perímetro nunha finca de 25 hectáreas son 3 hectáreas pero se as temos en pezas de 1 hectárea os bordes suman 8 hectáreas
Polo que, di, “a solución ao efecto borde é meter subsolador e coidar a fertilización dos perímetros, porque se a finca ten media hectárea non se lle pode poñer nin sacar e en Galicia sabemos que abunda o minifundio”, lamenta. Elección da variedade David recomenda labrar “variedades rústicas”. “Para min unha variedade rústica é aquela tolerante a estrés hídrico, que teña un bo vigor de nascencia, que sexa produtiva pero á súa vez dixestible, que teña un bo talo fronte a fusarium, e que sexa resistente fronte a algunhas enfermidades foliares frecuentes como a rolla ou o helminthosporium”, describe.   Considera que se debe escoller o tipo de variedade en función da finca e o destino final do cultivo, diferenciando por exemplo o millo para ensilaxe do labrado para facer gran húmido, aínda que en caso de non ter claro a que se vai destinar “existen variedades polivalentes para ambas cousas”.
Eu aconsello acurtar o ciclo do millo destinado a gran húmido e labralo en fincas máis secas para poder recollelo xusto despois de acabar de ensilar e que non teña que quedar un mes máis
O que si aconsella é acurtar o ciclo do millo destinado a gran para poder facer a recollida do gran húmido xusto ao acabar de ensilar o outro millo “e que non pase o que aconteceu este ano, que se puxo a chover e estaba aínda nas fincas o millo para grao húmido sen recoller”. Distribución uniforme da semente A sementeira é a parte máis delicada do cultivo, onde non temos marxe de volver atrás. “Se deixamos este traballo ben feito, ben feito queda, pero se o deixamos mal feito, mal feito queda até o final do ciclo”, insiste, polo que recomenda revisar o estado da máquina que vaiamos a empregar.  “A data ideal para min está entre o 10 e o 25 de maio, porque antes desa data hai máis problemas de encharcamento, posibles xeadas e pragas como a mosca de sementeira ou o verme branco e unha vez pasado o 25 de maio a competencia coas malas herbas é brutal, porque o desenvolvemento das malas herbas é maior que o do propio millo, a parte da proliferación de ataques de insectos, en concreto lepidópteros”, describe.
Para min, a data ideal para labrar está entre o 10 e o 25 de maio
A profundidade á que se debe labrar varía entre os 5 e os 8 centímetros, pois depende do momento no que se realice a sementeira e da variedade elixida. “Debemos facer sementeiras máis superficiais cando temos unha semente miúda ou de pouco vigor ou se se prevén días de moita chuvia posteriores á data de sementeira e, pola contra, faremos sementeiras máis profundas cando temos un calibre de semente moi groso ou se prevé seca, porque  fainos falta un 30% do peso da semente en auga para que poida xerminar, por iso hai que variar a profundidade en función do tipo de semente que vaiamos labrar e a climatoloxía prevista”, recomenda. En canto á velocidade de sementeira (entre 4 e 7 km/h), hai que adaptala sempre ao estado da máquina e máis ao estado do solo.
Se temos problemas de paxaros é recomendable labrar a maior profundidade para dificultarlles que poidan arrincar a semente
Á hora de establecer a densidade óptima de semente é útil aproveitar os datos que nos proporcionan os mapas de rendemento da colleita dos anos anteriores. A dose habitual está entre as 90.000 e as 100.000 plantas por hectárea, pero a  sementeira variable permite meter máis semente nas zonas máis produtivas e menos nas zonas máis conflitivas. “Podemos obter un incremento substancial no rendemento das colleitas facendo iso”, asegura David.
Podemos lograr un incremento substancial de rendemento facendo sementeira variable, metendo máis semente nas zonas máis produtivas e menos nas máis conflitivas
Con todo, di, “é interesante abusar un pouco do número de plantas porque de por si imos ter baixas e se poñemos 80.000 plantas por hectárea e temos algún problema quedaremos cunha densidade inferior á recomendada”, advirte. Aconsella, iso si, baixar a dose de sementeira en fincas máis secas ou destinadas a grao. A distribución da semente entre plantas ten que ser “perfecta en toda a finca”, di. “Se faltan plantas ou as distancias non son uniformes estamos perdendo capacidade de produción na nosa parcela”, alerta. Defende tamén estreitar os regos para poder aumentar a distancia entre plantas. “Se estreitamos un pouco as mesas podemos distanciar algo máis entre plantas e os recursos do chan serán máis aproveitables”, indica.
É interesante estreitar un pouco os regos e distanciar o espazo entre plantas
Considera ademais “opcional pero moi interesante” incorporar un abono starter no momento da sementeira para mellorar a emerxencia e o enraizamento das plantas de millo. “Fai que teña un maior vigor nos seus primeiros estadíos, polo que se pode defender mellor de adversidades climáticas porque ten un maior desenvolvemento radicular”, considera. Control das malas herbas A presenza de malas herbas é “o principal problema na produción de millo”, afirma David, podendo chegar a perder ata un 40% do rendemento por esta causa. Pero,  a que chamamos mala herba? “Mala herba pode ser calquera herba se non está no lugar correcto”, describe. As malas herbas compiten polos recursos (a auga, os nutrientes e a luz) coa planta de millo e son refuxio de pragas e patóxenos que causan posteriores danos no cultivo. Ademais, algunhas especies destas herbas presentes nas fincas de millo segregan substancias alelopáticas (nocivas para o millo). Por exemplo, o Chenopodium Album e a Setaria Viridis, que retardan a floración, ou a Digitaria Sanguinalis e a Cyperus Rotundus, que reducen o crecemento e producen unha diminución severa do rendemento. Para combater as malas herbas David lembrou algunhas pautas a seguir: “o primeiro é identificar as diferentes especies de malas herbas presentes nas fincas (folla ancha, estreita ou ambas) e saber en que estadío se encontran”, di. A continuación, “temos que buscar unha solución que sexa o máis respectuosa posible co cultivo, porque o que queremos é matar a mala herba pero sen afectar ao millo”, evidenciou.
As malas herbas son a principal causa de diminución do rendemento no cultivo do millo, podendo chegar as perdas ao 40%
Á hora de aplicar o tratamento é necesario ter en conta as condicións climatolóxicas previas e posteriores á realización da aplicación e revisar o estado da sulfatadora, para garantir unha aplicación correcta, poñendo boquillas antideriva para aumentar a eficacia e non danar cultivos adxacentes. “Se temos un 10 ou un 15% de produto que nos marcha en forma de nube estamos perdendo un 10 ou un 15% de efectividade no noso tratamento”, razoa David. En canto ás doses, recomendou seguir as directrices do fabricante respectando as doses fixadas, sen incrementalas. “O fabricante é o maior interesado en vender o produto, non lle temos que axudar nós aumentando as doses”, argumentou. Para evitar as posibles resistencias non se debe usar sempre, ano tras ano, o mesmo produto ou materia activa. “O amaranthus é hoxe a mala herba que presenta maior resistencia aos herbicidas”, recoñeceu.
Temos que buscar unha solución que sexa o máis respectuosa posible co cultivo e co medio ambiente
Un protocolo doado de cumprir para o control de pragas e malas herbas no cultivo de millo comezaría coa aplicación dun insecticida máis un herbicida de preemerxencia trala sementeira, “o que nos daría certa marxe para evitar que as malas herbas se nos adianten e que una posible praga, como pode ser a rosquilla, poida agardar até a aplicación do segundo tratamento, o de postemerxencia. Iso danos certa tranquilidade, porque en caso de vir despois mal tempo teriamos o noso cultivo protexido; en caso contrario se hai un ataque de rosquilla e chove, polo que non podemos entrar a tratar, poderiamos perder até un 15% das plantas”, di David. Existe tamén a posibilidade de aplicar tratamentos para evitar os ataques de paxaros ou insectos, pero descarta “metelos por sistema”.
Cada vez que entramos na finca perdemos un 2% das plantas
Unha vez que se produce a nascencia hai que revisar que non hai ataques de paxaros, de verme branco, ou de alambre e antes de facer o tratamento de postemerxencia débese revisar tamén que tipo de malas herbas son as que hai na finca porque “se non hai herbas de folla estreita non temos por que meter un herbicida de folla estreita; igual amañamos só cun de folla ancha”, argumenta. Esta aplicación de herbicida, que se faría cando o millo ten entre 4 e 5 follas, habería que acompañala tamén dun insecticida “para que nos dea a garantía de chegar ao final do cultivo sen pragas e co millo san”, di. Se esta aplicación combinada non fose suficiente para controlar algún tipo de mala herba ou aparecese posteriormente algunha praga, “habería que volver a entrar a tratar”, recomenda David. “Que non vos dea pereza, porque aínda que cada vez que entramos perdemos un 2% de prantas, se non tratamos os danos poden ser moito maiores”, xustifica.

A auga, un factor cada vez máis limitante para o cultivo do millo en Galicia

Un dos aspectos clave para o cultivo do millo é a auga. “Se tomamos os datos da precipitación acumulada este ano entre o 1 de abril e o 30 de setembro vemos unha variabilidade moi grande dunhas comarcas a outras. En Santa Comba, por exemplo, choveu o dobre que en Castro de Rei”, detallou David. “Sabemos que as necesidades do cultivo son de 350 litros por quilo de materia seca. Así pois, para obter 13.200 kg de MS por hectárea (o que equivale a 40.000 kg de materia verde por hectárea), necesitariamos 4,6 millóns de litros por hectárea de precipitacións”, explica.
Dentro de Galicia, hai moita variabilidade nas precipitacións por comarcas. Este ano, por exemplo, en Santa Comba choveu o dobre que en Castro de Rei
“Por iso, se tomamos a auga como factor limitante, coas precipitacións que se deron en Castro de Rei seriamos capaces de lograr 30.000 kg por hectárea, mentres en Santa Comba poderiamos chegar ás 65.000”, engade. Pero para valorar o efecto das chuvias, non só debemos cuantificar as precipitacións acumuladas como valor absoluto, senón que debemos ver como se producen ao longo do ciclo do cultivo do millo.
As necesidades hídricas do cultivo de millo son de 350 litros por quilo de materia seca
“Nos últimos 5 anos (2018-2022) vemos que a maior parte das precipitacións nos caen nos meses de inverno. A liña de tendencia que amosa a media de precipitacións nos últimos 30 anos na nosa comunidade indica que nos meses de verán, que son os meses fundamentais desde o punto de vista do cultivo do millo, practicamente non temos precipitacións”, destaca. Recomendacións fronte ao estrés hídrico Por iso, engade que “en Galicia dependemos do tempo, porque non temos regadío. O tempo non o podemos cambiar, pero si adaptarnos a el. Temos que intentar que a floración do cultivo non coincida cos meses de xullo e agosto, que é o período crítico de precipitacións en Galicia, que esa floración se produza a poder ser un pouco antes”, asegurou David.
Nas fincas máis secas hai que sementar o millo máis cedo e facer un ciclo máis curto
Entre os consellos que dá este enxeñeiro agrícola e gandeiro está o de elixir para labrar o millo as fincas que teñan maior capacidade de retención de auga e darlle maior protagonismo aos cultivos forraxeiros de inverno nas fincas moi secas. “Dentro da superficie dispoñible que teñamos na nosa explotación temos que intentar escoller para o millo aquelas parcelas que teñan un maior potencial hídrico e maior capacidade de reter auga. Nas fincas máis secas é importante adiantar as sementeiras, sementar ciclos máis curtos e elixir variedades máis rústicas resistentes ao estrés hídrico que se produce nesas parcelas”, recomendou.  Máis de 5.000 hectáreas afectadas pola fauna salvaxe Outro dos factores que escapa á man do gandeiro en Galicia son os destrozos provocados pola fauna salvaxe (xabaríns, teixos e corvos). Estímase que das 73.600 hectáreas labradas a millo este ano na comunidade, o 7,5% da superficie, é dicir, unhas 5.500 hectáreas, víronse afectadas por danos provocados pola fauna. “Practicamente é unha hectárea por granxa”, evidenciou David.

Optipartum C+: A encima que permite aumentar 2 litros por vaca a produción de leite….sen cambiar a ración

Ao longo da historia foron moitos as descubertas que revolucionaron o mundo no que vivimos e que foron aproveitados polo home para diferentes fins. Referímonos ao lume, a roda, o arado, a máquina de vapor, a imprenta, os antibióticos ou internet, entre outros.

Claramente un dos obxectivos máis importantes de calquera achádego baséase na mellora da eficiencia dun proceso ou actividade.

O principio de conservación da enerxía enuncia que “a enerxía non se crea nin se destrúe, só se transforma”. Pero non toda a enerxía que entra a un sistema convértese en enerxía aproveitable, precisamente porque existe unha interacción entre o sistema e a contorna. Tomando como exemplo un motor de combustión interna, vemos que son moitas as perdas de enerxía que se producen, por exemplo, por fricción. Porén, se melloramos a combustión e instalamos sistemas de recuperación de enerxía, poderemos aumentar a cantidade de enerxía útil convertida e reducir o consumo de combustible. Estaremos, desta forma, ante un motor máis eficiente.

Centrémonos no terreo que nos ocupa: a vaca de produción e a súa relación coa ración. Poderiamos facer unha comparativa entre o animal en cuestión e unha máquina. Grazas a un parámetro coñecido como “dixestibilidade” podemos medir canta enerxía e nutrientes poden extraer os animais dos alimentos que consomen.

Chegados a este punto e tendo en conta as anteriores consideracións, podemos determinar que incrementado o coeficiente de dixestibilidade (conseguindo un maior aproveitamento dos nutrientes da ración) estaremos a mellorar a eficiencia no proceso de alimentación.

Pero, como conseguilo? A clave está en Optipartum-C+

Para comezar, diremos que Optipartum é un produto probado e valorado en países de todo o mundo, que chega a España da man de Animalvit para incrementar o rendemento das racións das gandarías galegas.

Trátase dun produto composto por ingredientes naturais, descuberto tras anos de traballo por parte de investigadores da República Checa. Optipartum, como vimos dicindo, está deseñado para mellorar a dixestión da ración. A súa composición a base de biocomplexos naturais consegue mellorar a degradación do almidón e a fibra, liberando máis enerxía que antes estaba bloqueada na ración.

Como funciona Optipartum-C+?

O seu modo de acción baséase na achega de encimas naturais que actúan no rume da vaca degradando o almidón (grazas á Amilasa) e a fibra (grazas á Glucanasa).

A través da degradación do almidón obtense a enerxía necesaria para cubrir as necesidades do animal, entre as que se atopa a produción de leite.

Onde se atopa o almidón da ración?

Sabemos que o almidón é un polisacárido composto por dous polímeros de glicosa: a amilosa e a amilopectina. É o compoñente fundamental dos cereais e localízase na súa maior parte no endospermo da semente. Entre os cereais con maior contido en almidón destacan o arroz, millo, sorgo, trigo sarraceno, avea…

Cada ano seméntanse só en Galicia unhas 70.000 has de millo forraxeiro. No ano 2023 obtéñense cifras récord de produción, alcanzándose rendementos de máis de 70 Tm/ha.

Por tanto, OPTIPARTUM non podería chegar nun mellor momento.

Como usar OPTIPARTUM?

-Engadir 40 g/vaca/día de OPTIPARTUM C+ durante un mínimo de 30 días

-Non alterar a ración durante o período de avaliación

-Recolleremos datos de produción antes, durante e despois de engadir OPTIPARTUM C+ (nº vaca, días en leite, kgs leite, % graxa).

Importante destacar que a utilización de OPTIPARTUM C+ non implica ningunha modificación sobre a ración das vacas de produción. A fórmula súper concentrada de OPTIPARTUM C+ está deseñada para agregarse directamente ao carro mesturador, ao penso ou ao corrector, o que simplifica o traballo.

Que resultados se obteñen co uso de OPTIPARTUM C+?

Nas probas en granxa confírmase que alimentando as vacas con OPTIPARTUM gáñase máis diñeiro. En concreto:

-Incrementa a produción de leite
-Reduce a excreción de almidón
-Fortalece a saúde do animal

Aínda que, o período óptimo de utilización do produto comprende os 45-60 días para confirmar un incremento notorio da produción, os resultados son visibles moito antes:

-Na 1ª semana xa hai cambios na consistencia das feces debido a unha mellor dixestión.

-Na 3ª semana hai un cambio en produción de leite e sólidos

Datos reais: Como traballa OPTIPARTUM C+ en Galicia?

Os incrementos na produción de leite (aproximadamente un incremento de 2 Litros/vaca ao cabo de 30 días) supoñen un beneficio extra para as gandarías e xa están a ser comprobados polos clientes de Animalvit.

En resumo, OPTIPARTUM C+ na súa explotación implica:

-Obter unha maior eficiencia co mesmo cociente.
-Unha forma sinxela de aumentar o rendemento e a rendibilidade.
-Proporcionar máis enerxía e maiores rendementos.

Distribución en España

  • Develatt é o distribuidor oficial para España de OPTIPARTUM C+
  • En Galicia: Animalvit distribuidor para Galicia

Contacto: Pablo Carro  telf. 647599782, pablocarro@animalvit.com