Archives

Proxecto PLASMOWINE: Unha nova ferramenta para combater o efecto do cambio climático no mildiu da vide

O cultivo da vide dáse de forma tradicional en rexións con temperaturas medias anuais de entre 10 e 20°C, con características climáticas que permiten a produción óptima deste cultivo e a obtención de viños de gran calidade. En Galicia existen diferentes zonas con condicións apropiadas para a produción dunha gran variedade de uvas: Albariño, Caíño, Espadeiro, Godello, Loureira, Mencía ou Treixadura son as variedades tradicionalmente cultivadas na nosa comunidade, que conta na actualidade cunha extensión de viñas de máis de 30.000 hectáreas (MAPA, 2023). A adaptación das diferentes variedades a cada unha das zonas de cultivo depende das condicións e características climáticas de cada zona, e a variabilidade climática existente entre as diferentes tempadas de cultivo e colleita garanten unha diferenciación entre as campañas dentro das mesmas viñas. Deste xeito, os viticultores fóronse adaptando de forma gradual ás condicións ambientais locais de cada rexión e ás súas variacións para optimizar a produción. Dada a gran sensibilidade que presenta a vide ante o clima, as variacións producidas nos últimos anos por mor do cambio climático están a provocar modificacións no desenvolvemento dos ciclos produtivos destas plantas. Segundo os modelos de predición climática existentes, as principais alteracións esperadas nos próximos anos son o aumento das temperaturas tanto medias como máximas e mínimas, as variacións nos réximes pluviométricos e a intensificación dos eventos extremos. Por ser a vide un cultivo interdependiente de forma anual, no que as condicións dun ciclo de cultivo inflúen nas características do ciclo seguinte, estas alteracións teñen máis incidencia cada ano. Nos últimos anos desenvolvéronse numerosos estudos para analizar os efectos que as condicións climáticas cambiantes están a ter sobre os cultivos de vide, incluíndo variacións nas secuencias de pragas e enfermidades. A nivel español, de forma xeral está a observarse un descenso na superficie vitícola, un aumento na demanda de regadío e unha redución na esperanza de vida da planta dun 30%. Seguindo as previsións de clima futuro en diferentes escenarios climáticos (Gaitán, E. 2022), as temperaturas irán ascendendo de forma progresiva nas próximas décadas, con maior intensidade nos meses de verán, e as choivas caerán en igual volume, pero en períodos temporais máis curtos, incrementándose as choivas de tipo torrencial. Isto vai unido a unha tendencia para sufrir períodos de seca severos ou extremos, cada vez máis extensos e intensos. Neste contexto, a xestión de pragas e enfermidades da vide é cada vez máis complexa para os viticultores, dado que os momentos de risco de enfermidade adiantáronse no tempo, presentando unha afectación maior na planta durante un período máis longo, o que obriga a buscar os momentos nos que sexa máis efectivo aplicar os tratamentos fitosanitarios para evitar un malgasto no uso destes insumos, evitando así un consecuente impacto ambiental negativo e un incremento no gasto económico asociado. No caso concreto do mildiu, enfermidade fúnxica que na actualidade representa un problema endémico na metade norte de España, a deriva nas condicións climáticas está a provocar un adianto no desenvolvemento da enfermidade e na súa durabilidade. Durante o pasado outono-inverno houbo en Galicia temperaturas cálidas e tempo húmido, xunto á pouca incidencia de xeadas, condicións óptimas para o desenvolvemento das esporas do mildiu. Como consecuencia, un sistema de captación de esporas instalado nunha das parcelas experimentais da Estación Fitopatolóxica do Areeiro recolleu esporas de mildiu o 21 de febreiro de 2024, dando o primeiro aviso fitopatolóxico da tempada cun mes de antelación con respecto ao habitual. Pode observarse, por tanto, a necesidade de dispoñer de información de calidade, tanto climatolóxica como ambiental, que permita levar a cabo a toma de decisións en canto á aplicación dos tratamentos fitosanitarios contra o mildiu da vide. Neste contexto traballa o Grupo Operativo PLASMOWINE, co obxectivo de desenvolver un sistema de axuda á toma de decisións que permita determinar o momento óptimo de aplicación de tratamentos fitosanitarios contra o mildiu. Deste xeito preténdese mellorar a xestión desta enfermidade nas viñas galegas, promovendo unha viticultura de calidade, rendible, sostible e respectuosa co medio ambiente. O sistema proposto no proxecto PLASMOWINE está a traballar en indicar o momento óptimo de aplicación tanto do primeiro tratamento contra o mildiu como das súas renovacións, tendo en conta o risco de enfermidade e a eficacia e duración real da protección dos funxicidas empregados habitualmente contra este patóxeno. Para a aplicación do primeiro tratamento é necesario coñecer o período de maduración da oospora, o estado fenolóxico do viñedo e as condicións meteorolóxicas. As renovacións, pola súa banda, dependen da avaliación do risco de enfermidade, a fenoloxía e a modelización da eficacia e o período de cobertura real dos funxicidas. Desta forma, o proxecto leva desde a súa aprobación no ano 2022 analizando as variables bioclimáticas e biolóxicas e realizando o cálculo de esporas do mildiu presentes no ambiente nos días posteriores aos tratamentos. Con estes datos, xunto aos parámetros meteorolóxicos, agronómicos e as observacións do estado dos cultivos, están a desenvolverse modelos matemáticos que permiten indicar o momento óptimo da aplicación dos tratamentos no viñedo. A continuación, móstrase unha gráfica para a parcela experimental situada na DO Ribeiro que recolle os riscos de infección de mildiu, os datos do reconto de esporas, a choiva caída e o acumulado de horas de humidade foliar ao comezo da campaña 2022, en concreto no intervalo de estados fenolóxicos C-E, comprendido entre o 5 de abril e o 1 de maio. Ilustración 1. Riscos de infección de mildiu en parcela experimental de DO Ribeiro. Elaboración propia O modelo de risco baseado en condicións meteorolóxicas indica a primeira infección de mildiu da campaña o día 9 de abril, coincidindo co primeiro pico de esporas. O estado fenolóxico predominante na parcela é brotación (C), polo que non se aplica un tratamento fitosanitario xa que non se considera que nese estado fenolóxico haxa risco de implantación da enfermidade. O día 12 de abril indícase unha nova infección de mildiu e ao día seguinte rexístrase o pico de esporas máis elevado do período, cun total de 129 esporas. O estado fenolóxico segue sendo C, polo que tampouco se aplica un tratamento fitosanitario. O día 21 decídese aplicar un tratamento fitosanitario (TF1) xa que o modelo de risco de mildiu predicir risco de infección para o día 22 de abril. Ese día a parcela está maioritariamente en estado D (follas incipientes), aínda que xa hai plantas en estado E (follas estendidas). A efectividade deste tratamento reflíctese no reconto de esporas nos seguintes días, que se mantén en valores inferiores a 20. En resumo, a estratexia de optimización do control químico que se está desenvolvendo no marco do proxecto PLASMOWINE busca reducir os custos de explotación, o risco de resistencia polo patóxeno e a pegada de carbono, mellorando a protección ao medio ambiente e a saúde humana e aumentando a calidade do viño. O grupo operativo PLASMOWINE está formado por un equipo multidisciplinar no que participan especialistas en Viticultura, Botánica, Fitopatoloxía, Aerobioloxía, modelización estatística e tecnoloxías aplicadas ao sector primario. Os compoñentes do grupo operativo son Monet Tecnoloxía e Innovación, empresa representante, a Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra, o Grupo de Aerobioloxía da Universidade de Vigo e a Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA). Presupuesto total del proyecto: 179.999,99 € Subvención: 179.999,99 € Este proyecto está financiado por las ayudas para la ejecución de proyectos de los grupos operativos de la Asociación Europea de la Innovación (AEI), cofinanciadas en un 75% por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) en el marco del Programa de Desarrollo Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, con fondos propios de la Xunta de Galicia en un 22,5% y con fondos del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación en un 2,5%. La Consellería do Medio Rural es el órgano de la Administración Galega al que corresponde proponer y ejecutar las directrices generales en el ámbito rural, y engloba las competencias en materia de agricultura, ganadería, desarrollo rural y ordenación comarcal, estructuras rurales, industrias agroalimentarias y forestales, montes, prevención y defensa de los incendios forestales.

Seminario online de proxectos sobre innovacións no mundo do viño

O vindeiro martes 4 de xullo, ás 10h, celebrarase un seminario en liña gratuíto sobre estratexias innovadoras para a xestión sostible dos recursos nas viñas. Na xornada presentaranse os Grupos Operativos galegos PLASMOWINE e REGAVID, cuxos contextos se enmarcan dentro desta temática. Representantes das entidades participantes en ambos os proxectos explicarán os traballos que están a realizar para cumprir cos obxectivos propostos. O Grupo Operativo galego PLASMOWINE busca desenvolver un sistema de axuda á toma de decisións que permita determinar o momento óptimo para a aplicación de tratamentos fitosanitarios contra o mildiu. Deste xeito, o proxecto pretende minimizar a afección desta enfermidade nas viñas galegas, apostando por unha viticultura de calidade, rendible, sostible e respectuosa co medio ambiente. Doutra banda, dentro das condicións de cambio climático onde se observa unha tendencia á baixa nas precipitacións, o Grupo Operativo galego REGAVID pretende implementar unha ferramenta que permita modelizar as necesidades hídricas reais da viña e predicir os requirimentos de rega a futuro. No marco das actividades de divulgación dos proxectos, organízase este webinar de presentación en liña gratuíto que servirá como punto de partida para dar a coñecer os proxectos entre os distintos axentes do sector e público en xeral. Nesta xornada, as empresas que conforman os Grupos Operativos galegos expoñerán os obxectivos e actividades a desenvolver nos proxectos de innovación. Así mesmo, comentarán, de primeira man, o papel de cada unha das empresas e o impacto positivo que PLASMOWINE e REGAVID terán no sector vitivinícola. O webinar contará cos relatorios de representantes das diferentes entidades galegas que participan en ambos os proxectos. Para o proxecto PLASMOWINE participarán Monet Viticultura, a Universidade de Vigo, a Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra, a adega Viña Costeira e a Fundación Empresa-Universidade galega (FEUGA). Pola súa banda, para o proxecto REGAVID participarán Monet Viticultura, a Universidade de Santiago de Compostela, a adega Martín Códax e FEUGA. https://forms.office.com/e/8bwah7s3wV" rel="noopener" target="_blank">Inscricións neste enlace. Financiados polas axudas para a execución da Asociación Europea de Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

Xornada en Monforte sobre “As enfermidades do viñedo: Estratexias de protección razoada”

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, organiza o vindeiro 19 de maio, venres, unha xornada técnica en Monforte de Lemos sobre “As enfermidades do viñedo: Estratexias de protección razoada”. A formación correrá a cargo de expertos de renome nacional no estudo das principais enfermidades fúnxicas que afectan ao viñedo en Galicia (mildeu, oídio e black rot, así como enfermedades de la madera), como Pedro Mansilla, Rosa Pérez Otero, Alfonso Lucas Espadas ou Nuria de Prado. A xornada celebrarase no Salón de reunións do Restaurante Manuel Bistró (Monforte  de Lemos) a partir das 18:00 horas. Aforo limitado. Necesaria previa inscrición a través do código QR ou no seguinte enlace: https://forms.gle/ffoSrKTdM3BmBDRP7

Velaquí o programa da xornada:

 

Aumenta o risco de mildeu pola inestabilidade meteorolóxica

O último aviso fitosanitario de Areeiro advirte de que as condicións do tempo, con elevada humidade e temperaturas nocturnas bastante altas, son compatibles algúns días para as infeccións de mildeu, o que provocou a aparición de manchas novas en plantas testemuña sen tratar. Sen embargo, as viñas que foran tratadas con funxicidas non presentaron afección, pois as manchas antigas non presentaban zonas de avance. Ben é certo, sinala Areeiro, que por agora a concentración diaria de esporas de mildeu recollidas no captador de Areeiro é baixa, se ben tamén hai que dicir que é a máis alta do que levamos de campaña. A curto prazo, tendo en conta a inestabilidade do tempo, cómpre estar alerta e renovar tratamentos nas viñas nas que conclúa o periodo de protección da anterior aplicación. A medio prazo, as prediccións apuntan en principio a unha maior estabilidadre e a unha baixada de temperaturas, co que en teoría diminuirá o risco de infección. Areeiro lembra que os tratamentos deben aplicarse en días sen vento ou nos que, como máximo, se mova lixeiramente a folla das árbores. Do contrario, o tratamento non quedará no viñedo.

Como a tecnoloxía Furity de Seipasa mellora a acción do funxicida ‘Fungisei’

Furia e pureza: así é Furity, a tecnoloxía patentada, innovadora e revolucionaria que Seipasa aplicou no desenvolvemento e formulación do funxicida microbiolóxico Fungisei. Repasamos os puntos máis importantes que axudan a entendela.

1.- Cal é o valor engadido que achega a tecnoloxía Furity?

Sen dúbida, unha formulación exclusiva e diferencial. O mellor ingrediente activo do mundo non serve de nada sen un bo formulado. O obxectivo dun formulado é o de vehiculizar o activo, arroupalo e axeitalo a unha contorna que lle permita desenvolver todo o seu potencial.

A tecnoloxía Furity presente no biofunxicida Fungisei permitiu a Seipasa deseñar unha estrutura molecular capaz de protexer o microoganismo e asegurar a súa estabilidade e homoxeneidade. Furity permite que as esporas se manteñan inactivas e en perfecto estado de conservación até que se poñen en contacto coa auga no tanque de aplicación.

A aplicación dun produto de orixe microbiolóxico e o seu resultado no campo son procesos moi complexos onde, a diferenza dos principios activos baseados na química de síntese, existen moitos factores para ter en conta.

Partimos da base segundo a cal un activo microbiolóxico é un ser vivo que, desde o mesmo momento da súa aplicación no tanque de tratamento, vai entrar nun medio hostil. Por que? Porque pode dar con auga contaminada ou pode ser mesturado con outra clase de funxicidas ou compostos químicos que afecten á súa viabilidade. Tras a súa aplicación vai ser sometido a factores como os elevados índices de radiación solar ultravioleta, que poden ser extremos. Tamén pode enfrontarse ,,cunha microbiota que competirá polo nicho ecolóxico. Todo iso son condicionantes adversos que afectarán á viabilidade e ao resultado final do produto.

O que Seipasa conseguiu grazas á tecnoloxía Furity foi desenvolver unha formulación que estabiliza ao activo dentro deses medios adversos e potencia a súa viabilidade, de forma que lle permite instaurarse e desenvolver todo o seu potencial, é dicir, chegar ao foco e actuar contra a enfermidade coa máxima eficacia.

2.- Como actúa o produto a partir do seu modo de acción?

A tecnoloxía Furity confire ao funxicida microbiolóxico Fungisei tres modos de acción de carácter preventivo e curativo. O primeiro deles é o antagonismo, que se basea na colonización do espazo e a competencia directa polos nutrientes. Achega ao produto unha acción preventiva: permite unha implantación previa e potente do microorganismo, que consegue ocupar o espazo e impide a instalación dos patóxenos.

O segundo modo de acción é a indución sistémica de resistencia na planta (ISR). Tamén é preventivo. Unha vez que o microorganismo está presente na planta, esta detéctao como un posible patóxeno e acende os seus sinais de alarma. Nese momento, a transcriptómica da planta empeza a cambiar e a xerar defensas porque cre que vai ser atacada. Todas esas defensas servirán posteriormente para protexer a planta fronte á aparición dun patóxeno real.

O terceiro modo de acción é a antibiose e confire ao produto unha acción curativa a partir do seu efecto funxicida e bactericida. Comprende varios mecanismos de control biolóxico a partir da xeración de antibióticos naturais con capacidade para inhibir o crecemento de fungos e bacterias. Entre eses antibióticos están os lipopéptidos, que conseguen romper a membrana do fungo fitopatóxeno e desencadean a súa morte celular.

3.- Que vantaxes achega esta tecnoloxía ao agricultor no seu día a día?

Furity é unha tecnoloxía que facilita a vida ao agricultor. Máis aló da formulación, existe un requisito esencial para maximizar o uso dun produto, e ese requisito é a facilidade de manexo e a seguridade de uso. Furity elimina esas barreiras e permite que o biofunxicida Fungisei sexa moi sinxelo de usar. Por que? Porque é amplamente compatible con outros produtos funxicidas de sínteses, disólvese inmediatamente e mestúrase moi ben sen necesidade de removelo ou hidratalo previamente. Pódelo deixar na cuba ou tanque, retomar a aplicación 24 horas despois e comprobar que o produto segue estable e que non se separou en fases. Ademais, non deixa restos ou manchas nos cultivos tras a súa aplicación.

A tecnoloxía Furity é, ademais, moi visual. O agricultor, tan só con observar a formulación de Fungisei, vai detectar inmediatamente. Visualmente é unha tipoloxía de produto diferente ao que entendemos por un agroquímico. Furity está baseado en tecnoloxías de formulación da industria farmacéutica que achegan un plus de seguridade ao produto e que o diferencian totalmente dos funxicidas biolóxicos presentes no mercado.

4.- Que valor lle outorga ao produto dispoñer dunha patente?

A licenza de uso é achegada polo rexistro fitosanitario, pero a patente confire exclusividade. Recoñece o valor tanxible da innovación, o valor de desenvolver algo novo, diferente, e de ser capaces de poñelo en mans da sociedade. Todo iso está recollido na tecnoloxía Furity e na patente que hai detrás de Fungisei.

5.- Por que se presenta agora ao mercado?

Co nome Furity Seipasa quere facer máis comprensible a complexa tecnoloxía patentada que dá vida a Fungisei e transmitir o seu valor diferencial no momento no que lanzamos o produto ao mercado europeo. Convén lembrar que nos últimos meses Seipasa obtivo o rexistro fitosanitario en España, Portugal e Francia, tres mercados moi representativos dentro do continente europeo.

Furity pon o acento non só no activo, é dicir na cepa de alta eficacia de Bacillus subtilis, senón no formulado exclusivo que vehiculiza o activo e potencia o seu efecto. Trátase dun rexistro fitosanitario a partir dun microorganismo considerado como Low Risk pola UE e que representou case 10 anos de investimento, tempo e esforzo por parte de todos os equipos da compañía.

Mildio da vide: cando a prevención é a mellor e máis valiosa aliada

Se establecésemos unha clasificación acerca das enfermidades da vide, o mildio ocuparía, sen lugar a dúbida, unha das primeiras posicións. ‘Plasmopara viticola’, no seu nome científico, é un dos patóxenos máis graves e difíciles de solucionar cando aparece. E cando isto ocorre o mellor é moverse con anticipación e celeridade a través de alternativas como ‘Septum’, unha solución natural de acción funxicida de Seipasa cun potente efecto preventivo e curativo.

Septum é unha poderosa solución natural de acción funxicida onde as moléculas crave, procedentes do extracto de ‘Equisetum arvense’, foron illadas co equilibrio e o balanceado óptimos para asegurar a máxima eficacia do produto.

A partir do seu contido en fenois, saponinas, flavonoides e acedo silícico, Septum exerce unha acción preventiva que proporciona estabilidade estrutural ás células vexetais e resistencia mecánica fronte á propagación de fungos, ademais de desencadear respostas fisiolóxicas de defensa. Septum tamén impón unha acción curativa que provoca a ruptura e deshidratación dos tecidos fúnxicos.

Gráfico 1. Incidencia de mildio. Porcentaxe de follas atacadas.

O gráfico 1 amosa os resultados do ensaio técnico no que se avalía o rendemento de Septum fronte ao control (sen tratamento) e fronte a unha referencia química. Na estratexia adoptada realizáronse 6 aplicacións cada 7 días sobre unha explotación de uva da variedade Montepulciano. Tal como revela a gráfica, mentres a incidencia no control dispárase, Septum iguala a eficacia da referencia química, especialmente despois da 5ª aplicación.

O gráfico 2 avalía a severidade, é dicir a porcentaxe da superficie da folla atacada pola enfermidade, con resultados moi similares respecto da experiencia anterior. É dicir, Septum iguala a eficacia da referencia química cando se trata de controlar o avance do patóxeno.

Gráfico 2. Severidade do ataque. Porcentaxe de superficie foliar afectada.

‘Plasmopara viticola’, ese mal compañeiro de viaxe

Septum é unha ferramenta rexistrada para o seu uso en agricultura ecolóxica baixo normativa UNE, ademais dunha solución óptima e cun amplo percorrido ás súas costas para a súa introdución en estratexias de xestión integrada de pragas e enfermidades co obxectivo de reducir a carga de materias activas de síntese química.

Aplicado para o control do mildio da vide, Septum non deixa residuos na colleita e non afecta as calidades organolépticas da uva.

Septum é un produto natural que se presenta como unha solución ideal para estratexias de xestión integrada de pragas, co obxectivo de reducir fitosanitarios químicos

Trátase dunha alternativa real para a súa inclusión nos programas de tratamento de vide co obxectivo de substituír aquelas materias activas de sínteses químicas que progresivamente deixan de estar autorizadas polo endurecemento do marco regulatorio no uso de fitosanitarios. Existe un cambio de paradigma que é real, que se impón aos poucos, e a concienciación entre os produtores vitivinícolas cada vez é maior.

Tal como reza o título deste artigo, a prevención é a mellor aliada fronte ao mildio, especialmente cando as condicións ambientais advírtennos diso. Se o viticultor aguanta á aparición de síntomas claros da enfermidade, quizá sexa tarde para actuar.

O mildio e a regra dos ‘tres 10’
O mildio é unha enfermidade de primavera, que atopa o seu escenario ideal en climas con temperaturas cálidas e elevada humidade. Fálase moito da chamada regra dos ‘tres 10’ (brotes cunha lonxitude superior aos 10 cm, choivas por encima dos 10 L/m2 e temperatura medias ao redor dos 10º) pero o certo é que o mildio aparece durante a fase de desenvolvemento vexetativo da planta e en contornas con humidade relativa por riba do 75% e temperaturas entre os 10 e os 30º.

Aínda que o mildio en uva inicia a súa actividade na primavera, o fungo que o provoca ten a capacidade de sobrevivir ao inverno en forma de esporas aloxadas nas xemas e nos sarmientos. Por iso é importante destruír calquera pámpano e folla con síntomas da enfermidade de cara á próxima campaña.

O principal aviso desta enfermidade da vide é a aparición de pequenas manchas aceitosas ou de cor verde pálido na cara das follas que, no envés, vólvense esbrancuxadas cun aspecto algodonoso. As follas afectadas sécanse e acábanse caendo.

No caso dos acios, os síntomas varían dependendo do momento en que se produce o ataque, xa que poden manifestarse desde un evidente arrugamento até un cambio de coloración cara ao pardo-avermellado.

En todos os casos, a prevención é a mellor aliada do viticultor, especialmente ao comezo da brotación e cando se dan as condicións ambientais favorables para o desenvolvemento da enfermidade.

Zorvec Vinabel, o novo funxicida sistémico para a etapa de floración da vide

Zorvec é unha solución funxicida que, grazas ao seu modo de acción, cambia o concepto de tratamento antimildiu respecto ao acostumado ata o de agora, asegurando unha protección óptima tanto das follas como dos acios, o que permite ao viticultor lograr unha calidade de colleita excelente e, por tanto, maiores beneficios, mesmo en condicións difíciles.

Dentro da familia de produtos de Corteva, Zorvec Vinabel incorpora unha nova materia activa para o control de enfermidades fúnxicas en viñedo cun óptimo perfil ambiental e de seguridade para o usuario.

Constitúe un novo modo de acción completamente nova que non presenta resistencia cruzada cos funxicidas antimildiu existentes

Esta nova molécula química, o oxathiapiprolin, produce múltiples efectos sobre o ciclo de vida do fungo e, grazas ao seu comportamento sistémico, protexe ás follas tratadas a medida que estas crecen e se expanden, incluíndo as follas que teñen menos do 20% do seu tamaño final no momento da aplicación.

Zorvec Vinabel garante a máxima protección da viña en momentos de maior sensibilidade á enfermidade

Zorvec Vinabel combina as propiedades da zoxamida, que ten un efecto cerapenetrante, é dicir, entra nas primeiras capas de ceras cuticulares, onde se fixa fortemente e difúndese lateralmente a medida que os acios e follas van medrando.

Recoméndanse dúas aplicacións cun intervalo de entre 10 e 14 días, entre a floración e o callado do viñedo

Como resultado do movemento sistémico translaminador e ascendente (vía xilema) conséguese a protección uniforme da máxima superficie foliar da planta, o que garante un excelente control preventivo contra o posible lavado por choivas posteriores ao tratamento.

Recoméndanse dúas aplicacións en bloque, separadas entre 10 e 14 días, en función da presión de mildiu que teñamos na parcela, entre a floración e o callado do viñedo. A dose de aplicación autorizada é de medio litro de Zorvec Vinabel por hectárea. O produto é distribuído en Galicia polo Grupo Soaga.

Zorvec cámbiao todo

Zorvec constitúe unha ferramenta nova para o control do mildiu da vide e unha adecuada prevención do desenvolvemento de resistencias fúnxicas, un produto que polas súas propiedades é un importante balón de osíxeno para o viticultor. As súas principais vantaxes son:

  • Sen resistencia cruzada con calquera outro funxicida actual
  • Garante a máxima eficacia e duración de control grazas ao seu efecto sistémico, para obter un óptimo beneficio das estratexias de manexo da enfermidade
  • Resistente á choiva tan só 20 minutos despois da aplicación, o que permite maior flexibilidade de aplicación mesmo baixo condicións meteorolóxicas desfavorables, minimizando a necesidade de novas aplicacións en caso de choivas imprevistas
  • Protexe o cultivo tratado a medida que este medra e se expande, protexendo eficazmente novos brotes non expostos ao tratamento

Corteva: innovación na protección de cultivos ao servizo do agricultor

O viñedo é un cultivo estratéxico para Corteva. A compañía conta con algunhas ferramentas que resultaron ser un grande apoio para o agricultor no control de pragas e enfermidades do cultivo, onde predomina o uso de funxicidas.

Por iso, Corteva Agriscience pretende seguir innovando e aportando solucións que permitan aos agricultores e aos técnicos que os asesoran estar á vangarda dun sector tan valorado e competitivo coma este.

A gama Zorvec supuxo unha revolución no mercado dos tratamentos para a protección dos cultivos

Atopar novas moléculas máis eficaces e que ao mesmo tempo cumpran cos estándares regulatorios cada vez máis esixentes impostos pola UE aos produtos fitosanitarios non é doado e require dun gran esforzo en investigación para lograr os máximos niveis de seguridade e eficacia que se adapten ás necesidades dos agricultores e que lles axuden a ser máis competitivos nun mercado no que o consumidor é cada vez máis esixente coa calidade do produto e o coidado do medio ambiente.

Seipasa inicia a campaña de viña na feira Agrovid

Seipasa, empresa española especializada no desenvolvemento, formulación e fabricación de bioinsecticidas, biofunxicidas, bioestimulantes e fertilizantes, concluíu a súa participación na segunda edición de Agrovid, a feira para o cultivo da viña que se celebrou entre o 22 e o 24 de marzo en Valladolid. A compañía acudiu a esta cita con Agrosenara, socio especializado na distribución e asesoramento de tratamentos agrícolas de base tecnolóxica.

Seipasa presentou o seu novo catálogo para viña, desenvolvido baixo o modelo de Tecnoloxía Natural. Nel figura o bioinsecticida Pirecris, cuxa recente ampliación de etiqueta para o control de cicadélidos en vide convérteo nunha potente ferramenta de choque para a campaña que recentemente arrincou.

Raúl Lozano, delegado de Seipasa na zona noroeste, destacou os altísimos índices de eficacia deste bioinsecticida no control de pragas. “Pirecris é unha nova solución que acabamos de incorporar ao noso catálogo de viña a partir da ampliación do rexistro fitosanitario. Trátase dun produto que proporciona unha rápida diminución das poboacións, que non deixa residuos na uva e que se pode aplicar en momentos moi próximos á recolección. Está certificado para agricultura ecolóxica baixo selo UNE, algo que o converte nunha ferramenta cada vez máis utilizada nas adegas con esta liña de produción”, asegurou Lozano.

Septum: acción preventiva e curativa fronte a mildiu e oídio

O delegado de Seipasa na zona noroeste tamén se detivo noutras referencias da compañía, como Septum: “A primavera arrincou con moita choiva. Se continua o ambiente húmido e as temperaturas se suavizan temos moitas papeletas para que esta sexa unha campaña propicia para os ataques de mildiu, tal como sucedeu no 2020″.

Raúl Lozano referiuse a Septum como ferramenta moi consolidada no catálogo da compañía para o control de mildiu e oídio da vide: “Septum é unha solución natural de acción funxicida que personifica moi ben o noso modelo de Tecnoloxía Natural. Coñecémolo todo acerca de Septum grazas a un proxecto de investigación co CBGP da Universidade Politécnica de Madrid, que nos permitiu trazar un extenso mapa da súa composición molecular e de todos os activos naturais que compoñen o produto e, así, profundar na súa acción de defensa e control fronte a patóxenos”.

Pola súa banda, Vanessa Garrido, responsable de marketing de Seipasa, mostrou a súa satisfacción polo resultado da feira e a participación conxunta con Agrosenara.

“Agrovid axudounos a dar o pistoletazo de saída á campaña de viña dunha forma moi potente. Vir aquí xunto a todo o equipo de Agrosenara permitiunos consolidar todos os proxectos e valores que temos en común, e que non son outros que a innovación aplicada ao cultivo de vide a partir de solucións naturais e altamente tecnificadas“, asegurou Garrido.

O estand de Seipasa tamén contou coa presenza de distribuidores como Cecoga, Protección Verde ou Agro Maquieira, que se achegaron a participar da actividade da feira.

Agrovid, coa participación de máis de 160 empresas nesta edición, tamén reservou un espazo para a innovación a través do foro Agrotecnológica, coa presenza de mesas redondas e relatorios de carácter técnico.

Acerca de Seipasa

Seipasa é unha empresa española pioneira en biotecnoloxía aplicada á agricultura. Deseña, rexistra, fabrica e comercializa solucións naturais de orixe botánica e microbiolóxica para a protección, a bioestimulación e a nutrición dos cultivos a nivel global.

A compañía naceu no 1998 a partir da visión empresarial de anticiparse ao cambio e á transformación que a industria agrícola vive hoxe en día. 24 anos despois, Seipasa impulsou o modelo Natural Technology®, a partir do cal desenvolve solucións de alto valor tecnolóxico, aliñadas coa sustentabilidade e que se aplican nas agriculturas máis esixentes do planeta.

A súa sólida aposta pola innovación nun sector tradicional e fortemente regulado como o agrícola fixérona merecedora do Premio Nacional de Innovación 2020, que concede o Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno de España. Seipasa exporta os seus produtos a máis de 25 países en todo o mundo.

Profiler®: Alta persistencia fronte ao mildiu en viñedo

Profiler® é un funxicida de BAYER cunha alta persistencia fronte ao mildiu, protexendo ao viñedo durante un maior período de tempo.

“Profiler® é un anti-fúnxico de acción sistémica e penetrante, cunha actividade prolongada no tempo protexendo acios e follas de forma eficaz fronte ao mildiu, especialmente no período de maior sensibilidade á enfermidade”, destacan desde Bayer.

Este anti-mildiu combina na súa composición dúas materias de actividade complementarias: fluopicolida e fosetil-Ao. Fluopicolida é un ingrediente activo pertencente a unha nova familia química, cunha potente acción preventiva e, aínda, curativa e anti-esporulante sobre os mildius. Pola súa banda, Fosetil-AL é un ingrediente activo sistémico, cunha sistemia tanto ascendente (acrópeta) como descendente (basípeta) e con acción preventiva sobre mildius.
A sistemia completa de fosetil-AL asociada á acción translaminar da fluopicolida garante unha perfecta protección.

Profiler mostra actividade preventiva contra o mildiu da vide

Dadas as características do produto as aplicacións poderán realizarse de modo preventivo, separadas por intervalos de 10-14 días, dependendo dos niveis de infección.

A floración é por innumerables razóns o período de maior sensibilidade ao mildiu pola sensibilidade da flor, pola gran dinámica de crecemento e pola severidade habitual das condicións meteorolóxicas. Profiler é un funxicida ideal para o período entre o estadio de inflorescencias claramente visibles e bagos tamaño guisante.

Dose e modo de emprego

Aplicar en pulverización normal ao 0,225-0,3% equivalente a 225-300 g/hl, sen exceder un máximo de 3 kg/ha.

Profiler® comercialízase en envases de 1 Kg e 5 Kg.

Prazo de seguridade para a recolección

Desde a última aplicación até a recolección dos froitos tratados, deberán transcorrer, como mínimo, 28 días.

Consellos para unha boa aplicación:

– Como en todas as aplicacións con produtos de protección de cultivos, a calidade no mollado das plantas é de capital importancia.

– Non afecta a organismos beneficiosos para o medioambiente.

– Recoméndase en programas de protección integrada.

– Non mesturar con produtos a base de cobre nin fertilizantes foliares que conteñan nitróxeno ou xofre en forma líquida.

Máis información nesta ligazón

Romeo® e o seu papel no control de enfermidades fúnxicas na vide

Unha boa protección de cultivos é esencial para ofrecer produtos de calidade aos consumidores. No actual escenario no que se atopan os agricultores, suxeitos a un estrito control por parte de autoridades reguladoras e a elevadas esixencias normativas, o seu labor vólvese cada vez máis complexo.

Atopámonos nun sector fortemente regulado, onde se realiza un estrito seguemento e control dos produtos utilizados en sanidade vexetal, de xeito que podamos ofrecer colleitas máis seguras para o consumidor, o traballador e o medio ambiente. Neste marco regulatorio e normativo, vemos como cada vez temos menos ferramentas fitosanitarias para defender os nosos cultivos das pragas e enfermidades, que poden afectalas ao longo da campaña.

Este ano, por exemplo, vimos a cancelación de diversas sustancias tradicionalmente utilizadas, como o mancozeb, funxicida de amplo espectro, que ademais de protexer ao viñedo de mildiu e outras enfermidades fúnxicas, é unha ferramenta de gran axuda para a prevención de resistencias a fungicidas, o que a partir da campaña que vén, obrigará a moitos agricultores a buscar novas estratexias para protexer os seus cultivos.

“A cancelación de sustancias tradicionalmente usadas, como o mancozeb, dificulta a protección dos viñedos e a prevención de resistencias”

A isto hai que engadir os novos retos aos que se terá que adaptar o agricultor de forma gradual coa posta en marcha do plan ‘Da granxa á mesa’, que propón unha serie de ambiciosas medidas a implementar na Unión Europea no prazo de 10 anos.

Por todas estas razóns, cada vez faise máis necesario o uso de tódalas ferramentas dispoñibles que, combinadas, poidan dar resposta a estes requirimentos, así como ás demandas dos consumidores, e todo iso sen perder rendibilidade no seu negocio.

Estratexia BioWin®

Neste complexo escenario, e co seu espírito de mellora continua, Kenogard lanza a súa estratexia BioWin®, combinación de solucións químicas convencionais e produtos de biocontrol, nas que se ten en conta a xestión de residuos coas estratexias anti-resistencia; a eficacia na protección de cultivos coa mellora na calidade final; e o retorno do investimento coa sustentabilidade.

No caso do manexo e control de enfermidades da viña, a estratexia de Kenogard baséase en establecer uns programas de control con Romeo® combinados con outros produtos ecolóxicos ou convencionais de perfil favorable, asegurando a mellor protección do cultivo.

Romeo® é o primeiro biofunxicida rexistrado en España (nº É-00519) a base de Cerevisane®, sustancia de baixo risco autorizada na Unión Europea.

Romeo® é un inductor da resistencia biolóxica das plantas, con acción funxicida de amplo espectro, exento de Límite Máximo de Residuos (LMR) e autorizado en agricultura ecolóxica, comercializado por Kenogard dentro do seu catálogo de produtos BioRacionales.

Cerevisane®, sustancia activa de Romeo®, é a parede celular do fermento ‘Saccharomyces cerevisiae’, que se atopa presente na natureza, sen estar asociado a ningún patóxeno, de uso habitual en alimentación humana, e que se descompón de forma natural en diversos elementos aproveitables por outros organismos vivos.

O modo de acción de Romeo está baseado na autodefensa da planta, logrando unha rápida resposta. En 2 horas trala aplicación, a defensa inmunitaria da vide está activa xa ó 60%

Cerevisane® está composto a base de quitina, mananos, glucanos e polímeros relativos (azucres e proteínas), en común cos fungos patóxenos, conseguindo que tras a súa aplicación a planta se senta realmente atacada por un patóxeno, activando o seu sistema interno de defensas de maneira rápida e altamente efectiva.

O modo de acción de Romeo® está baseado na defensa endóxena das plantas, avaliándose a sobrexpresión de diferentes xenes tras a súa aplicación, que se traducen no reforzo de sistemas estruturais celulares (engrosamientos de lignina), segregación de compostos funxicidas naturais (fitoalexinas e proteínas PR) e na aceleración do metabolismo oxidativo da planta (peróxidos, flavonoides).

Romeo® estimula tanto a vía do ácido salicílico como a do ácido jasmónico e o etileno, demostrando un amplo espectro de acción contra os fungos biotróficos (mildiu, oídio) e necrotróficos (botrite).

Os sistemas de defensa endóxena dependen de cada especie e mesmo de cada variedade. A capacidade de cada especie para reaccionar fronte a un patóxeno e a rapidez coa que se produce esta resposta, está relacionada coa Resistencia planta-patóxeno. A resposta da planta á aplicación de Romeo® é moi rápida. Ás 2 horas a defensa inmunitaria xa está activa ao 60%, obtendo a súa resposta máxima entre as 24 e as 48 horas tras o tratamento.

O uso do biofunxicida é unha primeira barreira contra a infección. Resulta especialmente interesante en fases de estrés da planta

A ampla variedade de sustancias producidas pola planta trala aplicación de Romeo® convérteo nunha ferramenta moi versátil para a defensa do cultivo. Romeo® permite á planta construír o seu propio conxunto de defensas físicas e bioquímicas, anticipando os tempos de resposta, obtendo así unha resposta preventiva válida para reducir a susceptibilidade aos patóxenos.

Estas rutas metabólicas activadas a nivel celular, ademais de conformar a primeira barreira para deter as infeccións fúnxicas, resultan especialmente interesantes en períodos de stress da planta. Neste sentido, a aplicación de Romeo® proporciónalle un efecto estimulante á planta, que lle permite superar mellor estes períodos de stress, mantendo o metabolismo produtivo en altos niveis de eficiencia.

Romeo® está autorizado para o seu uso en vide, actuando como inductor de defensas naturais da planta e proporcionando unha protección de amplo espectro, fronte a oídio, mildiu e botrite.

Ademais, está autorizado en tomate, berenxena e cucurbitáceas, fresa e leituga.

Aplicación

Romeo® debe aplicarse en vide a 250 g/ha, sempre de forma preventiva, asegurando unha boa cobertura do cultivo. Tras a aplicación, a planta manterá activas as defensas cunha persistencia de 7-10 días, debendo repetir o tratamento tras ese período. Para obter a mellor resposta da planta, recoméndase aplicar Romeo® en 2-3 aplicacións consecutivas, buscando un efecto acumulativo, con especial atención ás fases máis susceptibles do ciclo de cultivo.

Para unha adecuada protección do cultivo fronte a mildiu e oídio, Romeo® pode aplicarse en programas combinados con cobres, xofre ou outros produtos de síntese, de maneira que se potencia o efecto destes.

No caso de botrite, Romeo® pode aplicarse só, en fincas con manexo ecolóxico, ou establecer un programa co noso antibotrite Prolectus®, asegurando unha total protección do acio antes da vendima. Ademais demostrouse que aplicacións conxuntas de Romeo® co coadxuvante Bond®, reforzan a eficacia do produto.

A actuación conxunta dentro dun programa de inductores de resistencia como Romeo® e produtos funxicidas é unha estratexia axeitada para un bo manexo integrado e sustentable dos cultivos, favorecendo unha adecuada prevención de resistencias, axudando a cumprir cos requisitos normativos e dando resposta ás esixencias dos consumidores.

Con este novo lanzamento, Kenogard® mantén a súa aposta por unha agricultura sustentable, ofrecendo un catálogo completo de ferramentas, tanto naturais como de síntese, para axudar ao agricultor cunha óptima xestión das súas explotacións.

Porcentaxe de control sobre a incidencia de oidio e botrite en acio. Comparativa dunha parcela tratada segundo a estratexia do agricultor e tratada con Romeo a 250 gr. / hectárea. (2 ensaios campaña 2019).

“O 2020 é o máis complicado que recordo para controlar o mildio na viña”

O mildiu é un dos fungos que máis afecta aos viñedos en Galicia, e especialmente este ano, onde está a supor un quebradeiro de cabeza para moitos viticultores, sobre todo nas denominacións de orixe Rías Baixas e Ribeiro. E é que dende o mes de abril cumpriuse a chamada regra dos tres 10 para o desenvolvemento deste fungo que ataca as follas pero tamén os acios das vides: o patóxeno aparece cando os gromos das videiras acadan os 10 ou máis centímetros; cando se rexistraron precipitacións maiores de 10 litros por metro cadrado durante 1 ou 2 días e cando hai unha temperatura media superior aos 10 graos. Unha regra que este ano se cumpriu dende moi cedo e de forma reiterada, dando lugar a un ciclo continúo de infeccións solapadas. Falamos con tres expertos en viticultura que nos contan a súa experiencia este ano na loita para conservar a saúde da viña fronte aos ataques do mildio.

Rosa Pérez Otero (Estación Fitopatolóxica Areeiro): “Hai que insistir en que as doses e os tratamentos fitosanitarios se fagan ben”

A doutora Rosa Pérez Otero, responsable dos avisos fitosanitarios da Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, recoñece que “este ano hai e houbo moitísimo mildio no viñedo”. As razóns foron as condicións climáticas especialmente favorables para o desenvolvemento do mildiu, un fungo que chegou a Galicia procedente de Norteamérica a mediados do século XIX. “Primeiro, tivemos un inverno moi chuvioso e con pouco frío, e iso teóricamente xa favorece a maduración das esporas de mildiu. Despois, durante a primavera alternaron períodos de choiva con períodos de sol, e ademais as temperaturas nocturnas foron e son moi altas, con noites nas que chegamos a 20 graos en zonas da provincia de Pontevedra. Todo iso,unido á humidade, son condicións moi favorables para o desenvolvemento da esporulación do mildiu ”, detalla a responsable da Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Ademáis, Rosa Otero apunta a outro factor que tamén agravou esta situación crítica: “Moitos viticultores a tempo parcial non puideron tratar as viñas a tempo nos meses de abril e maio debido ás restriccións de mobilidade polo estado de alarma a raíz do coronavirus”. Os ciclos contínuos de ataques de mildiu -unha vez que coloniza as follas ou os acios da viña, o fungo libera as súas esporas ao aire que inician un novo ciclo se as condicións climáticas son favorables- fixeron tamén que a protección dos tratamentos fose máis curta. “Algúns colaboradores informáronnos de propietarios que tiveron que facer tratamentos cada 5 días recorrendo de forma xeneralizada aos antifúnxicos sistémicos, para aumentar o período de protección, aínda que é certo que estes produtos son os que máis resistencias nos fungos poden xerar”, asegura Rosa Pérez Otero. Outro aspecto no que incide a técnica é na importancia de aplicar tratamentos de calidade para mellorar a súa efectividade. “Como principais aspectos a corrixir están evitar aplicar os tratamentos con vento; coas viñas demasiado frondosas, xa que o produto non penetra ben; e sen ter controlada a herba do solo. Tamén non sempre se respetan as doses recomendadas, sobre todo en anos de especial incidencia da enfermidade, aínda que niso tampouco axuda que agora en moitos fitosanitarios as doses veñen referidas a hectárea, non a hectolitro como se facía antes”, recoñece a experta. Neste momento, xa a comezos de xullo, a situación empeza por fin a mellorar nos viñedos da provincia de Pontevedra: “Nas visitas que realizamos esta semana ás viñas vimos que a expansión do mildio está máis contida, aínda que nas videiras testemuña que non levaron ningún tratamento seguen aparecendo manchas de mildio, e iso significa que seguen a darse condicións favorables”, advirte.

Diego García (Adega Paco & Lola): “Hai mermas pero non creo que sexa o ano con máis perdas de uva polo mildio”

Diego García é director de viticultura da Adega Paco & Lola, unha das de referencia na Denominación de Orixe Rías Baixas. Recoñece que o 2020 está a ser “un ano moi complicado, porque ao longo de toda a campaña as condicións meteorolóxicas favoreceran que se estivesen iniciando distintos ciclos de mildio de forma solapada, o que nos obrigou a tratar con máis frecuencia”. E tamén dende máis cedo debido ao adianto no ciclo vexetativo que se rexistra este ano: “A finais de marzo xa detectamos as primeiras manchas de mildiu e empezamos a aplicar os primeiros tratamentos o 10 de abril, cando o ano pasado comezamos a tratar a primeira semana de maio, e nun ano normal sería cara finais de abril”, explica Diego García. A situación actual, unha vez que o acio da uva comeza a pechar e a acumular zume é menos problemática para a incidencia do fungo nas uvas, aínda que hai que seguir vixilantes ante o mildio larvado. O que si lle chamou a atención ao director de viticultura da Adega Paco & Lola é que “este ano, ademais de afectar ás follas e aos acios das vides, tamén afectou de forma xeneralizada aos pámpanos, algo que nunca vira nos anos que levo traballando, e que indica a elevadísima esporulación do mildiu que houbo no ambiente”. En canto ás perdas que puideron ocasionar estes ataques sucesivos do patóxeno, Diego García, considera que “aínda que foi unha afección moi dilatada no tempo, e polo tanto máis difícil de controlar, non creo que sexa dos anos de máis perdas por mildiu, como cando ten habido ataques máis agresivos na fase de floración”.

Francisco Rego (técnico xubilado da EVEGA): “A clave é ter maquinaria para dar os tratamentos á viña en pouco tempo”

Francisco Rego Martínez, investigador e técnico xubilado da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), recoñece que na súa longa experiencia “este ano posiblemente sexa un dos peores de mildiu”. “Aquí no Ribeiro as viñas estaban adiantadas e houbo un ataque moi longo e persistente debido a que tivemos un clima demasiado oceánico, de forma que tratabas pero aos poucos días xa había outra esporulación e tiñas que volver aplicar fitosaniario”, recoñece. A inusual climatoloxía obrigou a aplicar tratamentos cada poucos intervalos de forma que, segundo Francisco Rego, “a clave estivo en ter maquinaria axeitada e suficiente para, cando escampaba, tratar as viñas en poucas horas”.  

Aconsellan extremar a vixilancia do viñedo fronte á propagación do mildio

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, ven de publicar o seu aviso fitosanitario, no que fai un repaso polo estado dos viñedos na provincia e ofrece unhas recomendacións para o seu coidado. A climatoloxía que se prevé, con elevada humidade e temperaturas suaves, son claramente favorables para o mildio e o oídio, dous dos patóxenos que máis perdas provocan na viticultura, polo que é preciso extremar as precaucións. O lado positivo é que as altas temperaturas destes días e o tempo solleiro que houbo en xeral favoreceron que nas viñas máis adiantadas xa estean os grans tocándose na maioría de acios e que nas outras se estea a acadar este estado. Reproducimos a continuación a situación fitosanitaria dos viñedos na provincia:

Mildio:

Nalgunhas localidades houbo precipitacións lixeiras entre os días 20 e 21 (a pasada fin de semana); noutras, ou mellor dito en case todas, néboas locais ao longo de períodos máis ou menos longos de tempo nos últimos días, e na totalidade de comarcas temperaturas nocturnas elevadas con humidade foliar durante horas, como está sendo a tendencia normal desta campaña tan complicada. Tamén é certo que se rexistraron as anunciadas temperaturas superiores a 30 ºC, pero na maioría de zonas durante un tempo insuficiente para producir desvitalización dos esporanxios do fungo do mildio. Este ano fundamentais rozas e despuntes viña cuberta vexetal. Foto: Estación Fitopatolóxica de Areeiro Todas estas circunstancias tiveron o seu reflexo nas numerosas viñas que visitaron os técnicos da Estación de Areeiro nesta semana, e nas que observaron unha diversidade de situacións cuxos estremos foron os seguintes: -Dun lado, síntomas completamente viables ou mesmo avanzando aínda despois de ter feito un tratamento. Nestas situacións máis graves, incluso acios completamente soleados presentaban frutificación e/ou outros danos. -Doutra banda, síntomas ben controlados, tanto en acio como en folla, e sen frutificación ou zona de avance ningunha a pesar de que nalgúns casos xa se rozaba o fin do período de protección da aplicación precedente. -No medio destes casos, o resto de viñas, que presentaban tanto síntomas ben contidos como algúns aínda non ben controlados, sobre todo a nivel dos acios, sendo esta a situación máis frecuente. -Pola súa banda, nas plantas testemuña sen tratamentos continúa evolucionando a perda de follas (acios xa perdidos totalmente na maioría). A día de hoxe, a totalidade de previsións meteorolóxicas consultadas apuntan ao mantemento de condicións favorables ás infeccións, con choivas (en xeral de escasa entidade) calquera día ata domingo, humidade alta e temperaturas mínimas tamén elevadas. Deste xeito, e combinado coa cantidade de inóculo presente este ano, a recomendación dos técnicos é realizar revisións exhaustivas e continuas das viñas para comprobar a evolución da enfermidade, dar un novo tratamento (con funxicidas que teñan acción curativa e antiesporulante) se a evolución da enfermidade é continua e nunca descoidar as prácticas culturais que facilitan a ventilación dos acios.

Oídio:

Mostra de Moscatel con oidio. Foto: Estación Fitopatolóxica de Areeiro As condicións típicas desta época son favorables ao oídio, e máis neste ano no que tamén as temperaturas nocturnas son tan elevadas. Ademais, dende a Estación de Areeiro lembran que a luz difusa tamén é moi favorable ao patóxeno co que é de esperar que continúe o seu avance naquelas viñas onde non se lograra frear coas intervencións realizadas. Con esta situación, a recomendación é permanecer moi alertas para poder reaccionar a tempo, pois nalgunhas das viñas que visitaron os técnicos esta semana xa hai acios que presentan algún gran rachado.

Black-rot:

Nas viñas tratadas os técnicos da Estación Fitopatoloxica de Areeiro non observaron síntomas novos nin en acio nin en folla.

Botrite:

A humidade elevada parece que se vai manter nos próximos días, e tamén vai haber temperaturas altas, combinación que favorece ao patóxeno da botrite. Por este motivo, o consello é que haberá que incrementar a vixilancia, considerando que ademais xa se empezan a ver acios rachados por oídio e que en breve aparecerán os primeiros acios con perforacións das eirugas da avelaíña.

Alteracións da madeira:

As temperaturas elevadas favorecen a manifestación dos síntomas nas plantas que están afectadas por fungos causantes destas enfermidades. Nalgunhas destas plantas o avance é xa tan evidente que xa están a secar, polo que é pouco probable que sobrevivan á infección. Aconséllase ir marcando as plantas enfermas, eliminar o/s brazo/s afectado/s se son puntuais (aplicando funxicida despois no corte) e arrincar e destruír xa as plantas mortas.

Avelaíñas do acio:

Os técnicos da estación pontevedresa observaron esta semana o primeiro ovo da avelaíña da couza, a pesar de non ter capturas de adultos nas trampas de feromonas na viña onde o atoparon, de onde se deduce que non é suficiente con controlar as trampas senón que tamén hai que facelo nos acios. A recomendación: incrementar a vixilancia, porque en breve aparecerán as primeiras perforacións das eirugas.

Ácaros:

En dúas viñas das visitadas esta semana había un número importante de follas tenras con erinose de verán, pero lembran que este ácaro non é preciso tratalo nos viñedos da provincia de Pontevedra, máis que en casos moi puntuais de planta nova fortemente afectada. Síntomas de erinosis de verano en variedad tinta. Foto: Estación Fitopatolóxica de Areeiro

Recomendan respetar as doses e os prazos nos tratamentos contra o mildio na viña

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, emitiu este xoves o seu aviso fitosanitario, no que aconsella respetar as doses e os prazos nos tratamentos contra o mildeu no viñedo, unha patoloxía que debería remitir nos próximos días coa previsión de baixada das temperaturas. Velaquí a situación fitosanitaria nos viñedos da provincia de Pontevedra:

Mildio: 

Os técnicos de Areeiro informan de que “nas viñas tratadas da nosa rede e noutras moitas que imos revisando nos traxectos, observamos diferentes situacións, pero a maioría delas teñen aparentemente controladas as infeccións, e todo o máis apareceu algunha mancha moi dispersa na vexetación máis tenra”. Non obstante, recoñecen que nalgunhas aínda se observa frutificación viable nalgúns acios e tamén nas follas, e noutras hai unha elevada proporción de acios afectados (superior ao 50% dos mesmos). “É normal debido á continuidade das contaminacións derivada dunhas condicións extremadamente favorables ao patóxeno, con noites cálidas e elevada humidade, e non sempre aos tratamentos”, recoñecen dende a Estación de Areeiro. Neste sentido, a recomendación dos técnicos da Estación de Areeiro é a revisión constante das viñas para poder actuar a tempo de frear as infeccións no caso de que continúe a aparición de síntomas. En canto ás previsións para os próximos días, informan de que “as diferentes axencias meteorolóxicas consultadas, o risco de infección debería ser menor nos días inmediatos debido ao descenso nas temperaturas mínimas e aos ventos de dirección dominante norte ou nordés, pero para a segunda metade da semana anuncian (a día de hoxe) novas precipitacións e subida de temperaturas mínimas, o que, de producirse, elevaría novamente o nivel de risco”. Ademais, os técnicos lembran que “neste ano cobra aínda maior importancia, facer unhas aplicacións coidadosas, de calidade, e non superar as doses máximas das etiquetas nin aplicar volumes de caldo extremos, pois pode obterse precisamente o efecto contrario ao perseguido”. Asemade, insisten na necesidade de controlar a vexetación, tanto das vides como da herba para que o funxicida penetre de forma idónea na vide.

Oídio: 

Polo que respecta ao oídio, dende a Estación Fitopatolóxica de Areeiro informan de que de momento non detectaron síntomas, pero subliñan que “estamos nunha etapa na que a uva é moi sensible, polo que o nivel de alerta debe ser máximo”.

Black-rot: 

Unicamente apreciaron evolución na presenza de síntomas en follas nunha viña abandonada da comarca do Condado, non así nas demais, tratadas ou testemuña sen tratamentos. “As condicións previstas a corto prazo non serán tampouco especialmente sensibles á enfermidade, aínda que por fenoloxía da uva si hai risco”, precisan.

Botrite: 

Malia ter habido algúns días condicións de temperatura e de humidade favorables a este fungo oportunista, nin nos restos non desprendidos das flores, nin nos órganos necrosados polo mildio os técnicos da Estación de Areeiro detectaron o micelio do patóxeno. Polo demais, informan, de que “as previsións climatolóxicas para os próximos días tampouco lle resultan favorables, polo que o risco será feble”.

As chuvias que se anuncian para a semana obrigan a incrementar os tratamentos do viñedo

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, ven de publicar hoxe o seu aviso fitosanitario, no que fai un repaso pola situación sanitaria dos viñedos na provincia e ofrece unhas recomendacións para previr ou controlar as principais patoloxías. As elevadas temperaturas que se rexistran, non só as diúrnas senón tamén as nocturnas, favoreceron un marcado avance na fenoloxía ou desenvolvemento das plantas de xeito que, se a semana pasada aínda estaba a floración nos seus comezos, nesta xa hai mesmo unha boa porcentaxe de acios no estado de callado máis ou menos avanzado. Dáse a circunstancia de que a mesma situación ocorreu nas mesmas datas do ano anterior.

Mildio

Respecto ao mildio, unha patoloxía fúnxica que este ano está a afectar especialmente aos viñedos de Galicia, os técnicos de Areeiro, advirten de que as condicións de chuvia que se anuncian para a vindeira semana obrigan a extremar os coidados. Durante esta semana, malia que as temperaturas foron elevadas e o tempo estivo seco, polas noites seguiu habendo condicións para a frutificación do fungo en todas as zonas, polo que a presión da enfermidade continúa a ser elevada polas condicións favorables que se levan producindo de xeito recorrente no que vai de campaña. Deste xeito, na revisión de viñedos que realizaron esta semana, os técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro advirten de que “continuaban a aparecer manchas de mildio, de grande superficie e/ou moi abundantes, en follas máis ou menos tenras independentemente da sensibilidade varietal”. No caso das viñas tratadas, a situación máis frecuente que detectaron foi a de viñas sen máis que algún dano puntual anterior nos acios pero con maior ou menor cantidade de manchas novas, situación que foi a máis frecuente. “Supoñemos que a grande maioría dos viñedos están protexidos neste momento por algún tratamento, pero debido á presenza xeral de mildio tamén estes deben ser revisados coidadosamente para comprobar a evolución da enfermidade despois destes dous últimos días secos que, segundo as previsións, poderán estenderse ata domingo ou luns-martes, cando parece que haberá un incremento das probabilidades de choiva pola perda da influencia anticiclónica sobre Galicia”, recomendan. Neste sentido, engaden que “de cumprirse as previsións haberá que estar moi alerta pensando en que será probable que haxa que renovar unha vez máis as aplicacións se finalmente non se observan indicios de bo control da enfermidade polo binomio "funxicida aplicado-climatoloxía seca". “Nestes casos haberá que intervir aínda acortando o período de protección teórico do produto, posto que estamos nun momento de elevada sensibilidade dos acios aos ataques do patóxeno”, advirten.

Exceso de vexetación

Os técnicos de Areeiro tamén notifican que coas condicións tan húmidas deste ano “xa hai moitas viñas cun exceso de masa foliar que dificultan a correcta penetración dos produtos no interior porque, aínda que se estean aplicando produtos sistémicos ou penetrantes, as aplicacións deben ser de calidade”. Por este motivo, recomendan que “nas viñas coa floración xa concluída que presenten esta situación, ademais das rozas da vexetación do solo poden iniciar xa as esfollas e as podas verde para axudar ao control dos patóxenos”. “Iso si, -precisan- estas operacións teñen que ser moi lixeiras para non prexudicar o desenvolvemento dos acios”.

Oídio

As temperaturas destes últimos días son moi favorables ás infeccións de oídio, pois o seu óptimo está entre 25 e 28ºC. Así, e tamén debido a que por fenoloxía a viña está nun período de máxima sensibilidade, o risco é alto. Por este motivo, e aínda que nas revisións que realizaron os técnicos da Estación de Areeiro nesta semana non atoparon novos síntomas máis que nas plantas testemuña, a súa recomendación é que “non hai que descoidar a vixilancia, sobre todo se consideramos que a perda da influencia do anticiclón que se anuncia, dará lugar a unha maior humidade e polo tanto a condicións aínda máis favorables”. Consecuentemente, recomendan que “será aconsellable engadir un antioídio aos potenciais tratamentos que se planifiquen nas viñas, sobre todo nas máis sensibles, e mesmo intervir especifícamente se continúan aparecendo síntomas”.

Black-rot

Malia a ter existido certas condicións favorables, non observaron cambios no estado das viñas na revisión desta semana, tampouco nas abandonadas das estremas de predios cultivados ou nos bordos de camiños. Aínda así, lembran que “os síntomas poden manifestarse ata tres semanas despois de ter lugar a infección, polo que aínda hai posibilidades de que aparezan os correspondentes ao tempo húmido das semanas anteriores”. Por este motivo, aconsellan que “nas viñas con síntomas ou con plantas afectadas nas proximidades, no caso de realizar unha intervención fronte a mildio ou oídio utilicen un produto que tamén teña efectos fronte a esta patoloxía, máis considerando que o acio está nun momento moi sensible”.

Botrite

Ao dominar, quitando o pasado venres día 22, as condicións de tempo sen humidade excesiva e/ou precipitacións, a floración está a transcorrer limpamente, e os restos das flores estanse desprendendo axeitadamente (sería sobre eles onde nestes momentos podería instalarse o fungo de haber humidade). Porén, dende a Estación Fitopatolóxica de Areeiro advirten de que “haberá que estar á espera da intensidade do cambio que se anuncia, a día de hoxe, para os comezos da semana próxima, pois aínda hai flores que están abrindo”. A atención deberá ser maior nas viñas con glomérulos ou niños de avelaíña, pois estes poden dificultar que se liberen os restos.