Archives

Suba na recría de cruces industriais de cor en Amio

A mesa de prezos do gando de abasto do Mercado de Amio (Santiago), acordou esta semana unha suba de 5 euros para os becerros de recría descalostrados e lactantes da raza Cruces Industriais de Cor. Mentres, no resto de categorías de recría, como no mediano para sacrificar e o vacún maior mantivéronse os prezos da semana pasada.
Tampouco houbo variacións na Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega en ningunha das categorías.

En canto á asistencia de gando, esta semana houbo 1.841 reses, 62 menos que a pasada semana. Contabilizáronse 1.462 cabezas de vacún menor (79 menos que na feira anterior), 187 de vacún mediano (5 máis que hai unha semana) e 176 de vacún grande (9 reses máis que a feira pasada).

Máis información

– Táboa completa das cotizacións de Amio (27-XI-2019).

Temen que cos prezos á baixa as femias de recría deixen de comercializarse en Amio

A mesa de cotizacións do Gando de Abasto do Mercado de Amio mantívose sen cambios esta semana porén apréciase unha tendencia á baixa dos prezos do gando de recría, en concreto das femias de calidades regular e inferior en tódalas razas. Unha situación que os vogais coinciden en definir como extraordinaria e temen que de continuar esta tendencia se deixe de comercializar esta recría  no mercado de Amio.

Nesa mesma mesa, os prezos mantivéronse sen variacións para o gando mediano para sacrificar e para o vacún maior aínda que neste último tamén se aprecia unha tendencia á baixa.

A mesa de prezos da IXP Ternera Gallega foi a única que experimentou un incremento dos prezos en 4 céntimos para as canais da categoría Suprema. Os vogais tamén sinalaron unha escaseza notable desta calidade no mercado.

No referido á asistencia de gando, na sesión de hoxe contabilizáronse 2.327 reses, 99 menos có pasado 12 de setembro. Houbo 1.753 cabezas de vacún menor (151 menos que na sesión anterior), 286 de vacún mediano (24 máis ca no mercado pasado) e 270 de vacún grande (21 animais máis có mércores anterior).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (19-IX-2018)

Suben as cotizacións da Ternera Gallega no mercado de Amio

As cotizacións do mercado de gando de Amio rexistraron esta semana unha suba xeral na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega. A mesa de prezos acordou un incremento de 4 céntimos na categoría Suprema e de 2 céntimos na categoría de Ternera. Namentres, o restos de mesas de cotizacións mantivéronse sen cambios con respecto á semana anterior.

En canto á afluencia de gando, na sesión de hoxe rexistráronse 2.148 reses, 11 máis que a semana pasada. Houbo 1.705 cabezas de gando vacún menor (42 máis que na sesión anterior), 227 de de vacún mediano (32 menos) e 199 de vacún grande (13 menos).

Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (04-VII-2018).

Subas de Ternera Gallega en Amio

As cotizacións de Ternera Gallega experimentaron esta semana un repunte de 3 céntimos en todas as categorías e calidades do gando, tras varios meses de estabilidade. A decisión adoptouse por maioría de votos na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega en Amio. En canto á Mesa de Prezos de Abasto, os vogais coincidiron en apreciar unha tendencia á baixa nos prezos das calidades regular e inferior do gando de recría de rubia galega e de cruce, se ben acordaron manter todas as cotizacións igual que na anterior sesión. Tampouco houbo cambios en vacún maior e en abasto. A asistencia de gando esta semana á feira de Amio foi de 1.786 reses, 384 menos que a pasada semana. Por categorías, houbo 1.373 cabezas de vacún menor, 248 de vacún mediano e 241 de vacún grande. Máis información - Táboa completa das cotizacións de Amio (7-XII-2016)

Subas en Amio de Ternera Gallega e nalgunhas categorías de gando de abasto

O Mercado Nacional de Gando de Santiago de Compostela caracterizouse na sesión deste mércores, 20 de xullo, pola subida de Ternera Gallega, así como nalgunhas categorías de tenreiros cebados, mentres que os prezos do vacún maior mantivéronse estables. En concreto, a Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega decidiu pola maioría dos seus vogais: -Subir 0,05 euros por quilo os prezos da calidade Suprema: os das femias de peso en canle ata 200 quilogramos e os dos machos cun peso en canle ata 225 quilos. -Subir 0,03 euros os restantes prezos das femias e os machos da devandita calidade. -Subir 0,02 euros por quilo os prezos das femias e os machos de tenreira. En canto á Mesa de Prezos de Abasto, decidiuse por unanimidade: -No gando de recría, manter os prezos de todas as categorías e calidades, igual que na sesión anterior. -En canto ao gando de abasto, sobe 0,05 euros por quilo o prezo da clasificación Ou e 0,10 euros por quilo o da clasificación R das becerras e os becerros de peso en canle de ata 180 quilogramos. Acordouse tamén subir 0,05 euros os prezos das clasificacións Ou, R, Ou e P das becerras e becerros con peso en canle de ata 220 kg. Os vogais coinciden en apreciar unha tendencia á baixa nos prezos do vacún maior de abasto, aínda que nesta sesión mantéñense igual que na anterior. Por último, a asistencia de gando á sesión deste mércores foi de 2.161 reses, 131 menos que en sesión do pasado 13 de xullo. Houbo 1.636 cabezas de vacún menor (110 menos que na sesión anterior), 267 de vacún mediano (9 máis que a pasada semana) e 231 de vacún maior (37 reses menos que o pasado mércores). Descarga aquí as táboas das cotizacións que se decidiron este mércores nas Mesas de Prezos do Mercado de Gando de Santiago de Compostela

Subas no vacún maior na mesa de cotizacións de Amio

As mesas de prezos do Mercado de Amio acordaron na sesión desta semana subas en vacún maior e leves baixadas nalgunhas categorías dos becerros de recría. En Ternera Gallega, a mesa de prezos da IXP acordou manter de novo as cotizacións das últimas semanas, pois a leve recuperación da demanda non rematou polo de agora cos stocks de carne existentes. En canto á feira, a asistencia de gando foi de 2.079 reses, 141 máis que na anterior edición. En vacún maior, as subas acordadas nas mesas de prezos foron de 9 céntimos na categoría O e de 5 céntimos na categoría P. Do mesmo xeito, por razóns de axuste técnico, houbo alzas no gando de abasto nas tenreiras O e P de peso inferior a 300 quilos, que subiron 10 e 11 céntimos respectivamente. En becerros de recría, houbo baixadas nos machos dalgunhas categorías de rubia galega. Pódense consultar todas as cotizacións na seguinte táboa de cotizacións (19-8-2015).

Mellora das perspectivas en Ternera Gallega e vacún maior

As cotizacións das Mesas de Prezos de Amio continúan unha semana máis marcadas pola estabilidade. En becerros de recría non houbo cambios e tampouco en gando de abasto, se ben en vacún maior apréciase unha tendencia á alza dos prezos que podería ter reflexo na sesión da próxima semana, se persistise esa liña. En canto á Mesa da IXP Ternera Gallega, os vogais acordaron unha semana máis manter as cotizacións sen cambios. De todos os xeitos, apréciase un alza no consumo que podería levar a próximas subas de prezos. Ese incremento de consumo aínda non absorbeu os stocks existentes, o que freou unha posible suba de cotizacións. A feira de Amio rexistrou esta semana 1.938 reses (400 menos que na anterior sesión). Por categorías, foron 1.422 reses de vacún menor, 269 de vacún mediano e 222 de vacún maior. Táboa completa das cotizacións das Mesas de Prezos de Amio (12-8-2015) En Silleda, na Lonxa Agropecuaria de Galicia, esta semana as cotizacións acadadas nos becerros de recría volveron baixar lixeiramente, quedando nunha media de 191 euros, polos 202 da pasada semana; en tanto en vacún maior experimentouse un repunte, chegándose ós 738 euros de media, polos 688 do martes 5. Nas mesas de prezos da Lonxa, en porcino acordouse unha semana máis unha nova baixada dos bacoriños. Información da Lonxa Agropecuaria de Galicia (11-8-2015)

Mantéñense as cotizacións en becerros de recría e Ternera Gallega

As Mesas de Precios de Amio acordaron manter as cotizacións sen cambios esta semana en becerros de recría e na IXP Ternera Gallega. No tocante ó gando de abasto, apréciase unha tendencia á alza nas cotizacións do vacún maior, que quedan modificadas como segue: sobe 3 céntimos quilo a calidade O e sobe 10 céntimos o prezo da calidade P. A asistencia de gando a Amio foi esta semana de 2.350 reses (1.811 de vacún menor, 277 de vacún mediano e 240 de vacún grande). Táboa completa de cotizacións das Mesas de Precios de Amio (5-8-2015) Doutro lado, esta semana na Lonxa Agropecuaria de Silleda xuntáronse arredor de 800 animais (501 de recría, 216 de vacún maior e 78 becerros carniceiros). O prezo medio de adxudicación dos animais de recría estivo en 202 euros, en tanto en vacún maior acadou os 688 euros. En canto ás Mesas de Prezos da Lonxa, rexistrouse unha baixada nos bacoriños, en tanto o resto de producións permanecen sen cambios esta semana. Información da Lonxa Agropecuaria de Galicia (4-8-2015).

O baixo consumo de vacún de carne frea a recuperación estival dos prezos

As cotizacións do vacún de carne están a atravesar un ano atípico. O habitual viña sendo que houbese unha pequena caída dos prezos no primeiro cuatrimestre do ano e unha posterior recuperación, apoiada nos aumentos de consumo estivais, pero esta campaña a situación é distinta. Nos primeiros 6 meses do ano, as cotizacións caeron de media por riba dos 40 céntimos por quilo e o verán está a transcurrir sen que haxa ningún tipo de recuperación nos prezos. O Sindicato Labrego Galego (SLG) atribúe esta situación á caída de consumo de carne de tenreira. “Teño falado con moitas carnicerías e o problema é que non venden. A xente decantouse por carnes máis baratas, como a de polo, e a tenreira, dada a súa calidade e custos de produción, é cara para o nivel adquisitivo actual”, valora Xosé Luís López Galán, gandeiro e coordinador de vacún de carne do SLG. Galán descarta que o maior sacrificio de vacas de leite que se rexistrou nos últimos meses teña que ver cos problemas de consumo da tenreira, xa que, valora, a maior parte da carne das vacas de leite véndese fóra de Galicia. As industrias que traballan coa Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, que agrupa boa parte da produción de vacún de carne de Galicia, comercializan arredor da metade da súa produción na comunidade e outro 50% no resto do Estado. A Mesa de Prezos de Ternera Gallega rexistrou o último pico de prezos en decembro do 2014, cando as cotizacións chegaron ós 4,94 euros por quilo (media dos xatos de categoría U). En xullo deste ano, os valores situábanse en 4,50 euros e daí non se moveron en todo o mes, unha circunstancia que preocupa ós gandeiros. A esta situación, hai que engadirlle os problemas derivados da seca estival, que obrigarán previsiblemente a unha maior compra de forraxes e cereais para o gando, segundo as estimacións do Sindicato Labrego. A organización lembra tamén que este ano se reduciron as axudas agroambientais para as explotacións de vacún de carne, factores todos eles que unidos levarán a unha baixada da renda para os gandeiros galegos, advirte o SLG. Medidas Ante esta situación, o Sindicato Labrego demanda medidas da Administración que fomenten o consumo, como unha maior promoción ou a compra pública para comedores escolares e hospitais. A organización agraria cre tamén necesaria a mellora das axudas directas a explotacións en zonas desfavorecidas, así como unha negociación de prezos entre os distintos axentes do sector. O SLG entende que o Ministerio de Agricultura e a Consellería de Medio Rural deberían reunir ós axentes do sector (industrias, distribución, organizacións agrarias) para impulsar acordos que contribúan á recuperación dos prezos.

Caída dos prezos nas xatas de recría de rubia galega

A mesa de prezos de abasto do Mercado de Amio acordou unha baixada de 10 euros nas categorías extra, boa e regular das femias de rubia galega. Desde a mesa sinalan ademais que se apreciou unha forte caída na demanda das destetadas (xatas de entre 2 e 5 meses, de ata 140 quilos de peso), ata o punto de que poida ser complicada a súa venda na próxima feira. En gando de abasto, baixaron 5 céntimos por quilo as cotizacións de todos os becerros e becerras de máis de 300 quilos, así coma o vacún maior. Por outra banda, na mesa de prezos da IXP Ternera Gallega non se celebrou sesión, polo que proseguen vixentes os prezos da anterior sesión. A asistencia de gando ó Mercado de Amio de onte foi de 2.273 reses, 93 menos que o pasado 17 de xuño. Houbo 1.728 cabezas de vacún menor, 281 de vacún mediano e 251 de vacún grande. Táboa das cotizacións do Mercado de Amio (24-6-2015)

Fluctuacións en Amio nas distintas categorías de recría

As mesas de prezos de Amio decidiron esta semana numerosas fluctuacións nas cotizacións do gando de recría, que sobe en parte das categorías e baixa noutras. En Ternera Gallega, decidiuse manter as cotizacións igual que a pasada semana, cando baixaran 3 céntimos o quilo, unha tendencia á baixa que se rexistra desde inicios de ano pola maior oferta estacional. O sector agarda que a tradicional recuperación do consumo do verán contribúa á alza dos prezos. En gando de abasto, decidiuse a baixada de 5 céntimos en todas as categorías de vacún maior. En recría, os prezos modificáronse con subas e baixas en todas as categorías de rubia galega, cruces e frisóns. Pódense ver as cotizacións detalladas na táboa que se enlaza a continuación. Táboa de cotizacións do mercado de Amio (3-6-2015)

Baixada nos xatos de recría de rubia galega e nos cruces

As mesas de prezos celebradas no mercado de Amio mantiveron na sesión desta semana unha tendencia á estabilidade, só con leves baixas nos xatos de recría de rubia galega e nos cruces. A mesa de prezos de Ternera Gallega decidiu por maioría dos votos dos vogais manter os prezos de todas as categorías e calidades igual que na sesión anterior. Na mesa de prezos de abasto, o gando de abasto e o vacún maior manteñen cotizacións, en tanto que en recría rexístranse baixadas de 5 euros nas categorías extra e boa de rubia galega e dos cruces. No mercado de Amio do mércores, a asistencia foi de 2.302 reses, 110 máis que na anterior semana. Houbo 1.748 cabezas de vacún menor, 250 de vacún mediano e 268 de vacún grande. Táboa de cotizacións das mesas de prezos de Amio – (20/5/2015)

Soba dos xatos pintos e baixada dos rubios e cruces

As mesas de prezos de Amio, en Santiago, acordaron esta semana unha nova baixada de entre 5 e 10 euros de todos os xatos de recría de rubia galega e de cruces, en tanto nos pintos producíronse subas de 5 euros en distintas categorías. En Ternera Gallega, as cotizacións continúan igual que a pasada semana, na confianza de que vaia diminuíndo a diferenza entre a oferta e a demanda. En gando de abasto e vacún maior tamén se repiten as cotizacións da anterior sesión. En canto ó mercado de gando, a asistencia á sesión de onte foi de 2.017 reses, 120 menos que o anterior mércores. Houbo 1.526 cabezas de vacún menor, 204 de vacún mediano e 278 de vacún grande, a única categoría na que medrou a asistencia (6 máis que a pasada semana). Táboa completa das cotizacións en Amio (6-5-2015)

Segue a baixada estacional dos prezos en Ternera Gallega

A Mesa de Prezos de Amio decidiu continuar unha semana máis a tendencia á baixa dos becerros de Ternera Gallega, nesta ocasión cunha redución de 3 céntimos quilo. A demanda actual, que se atopa no seu intre máis baixo no final do inverno e inicio da primavera, coincide co intre de maior oferta do ano, o que leva provocando desde inicios de ano leves baixas semanais en Ternera Gallega. Agárdase unha recuperación de prezos e demanda de cara ó verán. En becerros de recría, a Mesa de Prezos decidiu por unanimidade subir 5 euros os prezos das categorías boa, extra e regular dos machos pintos descalostrados e lactantes, en tanto baixan 5 euros os prezos das categorías extra e boa das hembras e machos dos demais tipos de gando de recría. En gando de abasto, os prezos continúan igual, se ben obsérvase unha tendencia á alza no vacún maior, que podería quedar reflictida nunha suba na próxima sesión, de persistir esas perspectivas. A asistencia ó mercado de Amio foi de 2.137 reses, 67 menos que na sesión anterior. Houbo 1.609 cabezas de vacún menor, 231 de vacún mediano e 272 de vacún grande. Táboa de prezos de Amio (29 de abril do 2015)