Archives

Análise de mastite con Uniform-Repro

A mastite supón un dos problemas máis importantes aos que se teñen que enfrontar os gandeiros no seu día a día. A incidencia que comporta supón unha das principais perdas económicas nas ganderías: descenso da produción, menor prezo de venda do leite producido ou mesmo retirada da mesma e custos veterinarios. 

Por iso, cobra especial importancia entender as razóns que fan aumentar os casos de mastite en cada granxa. É preciso coñecer os aspectos da xestión que non se están realizando de maneira correcta e que levan a unha maior incidencia de mastite na explotación. Para iso, débese detectar os grupos de animais e a tendencia onde a incidencia é maior.

UNIFORM-Agri conta cunha serie de ferramentas e análises de mastite que proporcionan información concisa sobre os patróns que seguen os animais con maior incidencia. Desta maneira, é posible atopar as causas e actuar en consecuencia para que coa xestión diminúan os casos de mastite.

As análises de mastite de UNIFORM-Agri permiten detectar os grupos de animais con maior incidencia para atopar as causas e actuar en consecuencia

No gráfico que segue pódense visualizar os casos de mastite presentes na gandería por mes de parto. Vese que neste caso en particular a maioría dos casos de mastite tiveron lugar en animais que pariron nos meses máis fríos do ano, o que nos pode dar certas pistas sobre o que deberiamos cambiar.

Gráfico 1: Casos de mastite por mes de parto.

Podemos ver tamén de maneira gráfica os casos de mastite por lactación, como se visualiza no gráfico a continuación, onde vemos que a maioría dos casos de mastite tiveron lugar en animais na súa terceira ou cuarta lactación.

Gráfico 2: Casos de mastite por mes de lactación.

Da mesma maneira, o informe permite visualizar os casos de mastite agrupados por outras categorías, tales como por mes, por días en lactación, por última produción ou por estado.

Así mesmo, con UNIFORM é posible analizar outros factores relacionados coa mastite, tales como a reincidencia ou a mastite por cuarteróns, o que nos permitiría analizar a relación do proceso de muxido coa incidencia de mastite.

Gráfico 3: Casos de mastite por repetición (reincidencia). Gráfico 4: Casos de mastite por cuarterón.

Con UNIFORM-Repro é posible analizar os casos de mastite por un amplo abanico de factores para detectar as razóns da incidencia e actuar en consecuencia.

Como aforrar e á vez tratar eficazmente a mastite?

A mastite clínica é unha enfermidade común tratada con antibióticos. O veterinario e asesor en Dairy Experts, Alfonso Lago, estableceu unha liña de investigación en torno á aplicación eficaz dun tratamento selectivo por cultivo desta enfermidade. A partir de diversos estudos de caso observou que o uso eficaz de medicamentos está vencellado ao tratamento dos gram-positivos, concretamente aos estreptococos. Deste xeito, as ganderías poden reducir gastos obtendo as mesmas taxas de curación.

Claves para un correcto tratamento

O tratamento selectivo da mastite clínica é un programa que “inclúe tratar ou non tratar, inclúe retrasar o tratamento, inclúe tomar a decisión de tratamento baseada en resultados de cultivo, etc.”, explicou Alfonso Lago. O cultivo en granxa é fundamental para obter resultados que permitan unha selección efectiva, e así mesmo, ter en conta o cambio na etioloxía da mastite clínica. Na súa traxectoria de investigación percibiu que as bacterias gram-negativas eran os patóxenos máis frecuentes, e fixo referencia ao estudo de Peter Erskine (1992) no que se amosa que “en moitos casos a detección da mastite ocorre despois de que a bacteria se eliminara”. Deste xeito, Lago contrapuxo a curación bacteriolóxica fronte á curación clínica para abordar a eficacia do tratamento. Alfonso Lago fixo alusión a diferentes estudos de caso nos que, a aplicación de diferentes antibióticos en diversos rabaños deixa uns índices de curación bacteriolóxica ou clínica semellantes nas vacas que recibiron o tratamento e na que non o recibiron; fenómeno que cuestiona a eficacia da aplicación do mesmo. Por exemplo, na investigación de Guterbock no 1993 observouse que, “de 94 casos de mastite en 3 rabaños diferentes, tratados con amoxicilina, a curación bacteriolóxica sen tratamento é do 57% mentres que co uso de antibiótico é do 38%; sen embargo, a curación clínica é do 63% e do 68%, respectivamente”, detallou Lago. Observando estes resultados, o asesor de Dairy Experts estableceu unha hipótese de estudo de que “o tratamento selectivo da mastite clínica na granxa quizais reduza os costes de tratamento e traia un uso máis razoable de antibióticos sen afectar á saúde e produción das vacas”. Para probala, o equipo de traballo de Lago procedeu a un estudo de casos en diversas zonas de Estados Unidos. A metodoloxía de caso aplicada foi a selección de 8 granxas e unhas 470 vacas con mastite leve ou moderada, segregando a mostra en casos de control e de cultivo. Aqueles asignados a control recibiron dúas doses de cefaperina sódica, mentres que, coas reses do outro grupo, procedeuse realizando un cultivo, das cales se trataron ao día seguinte, as infectadas con gram-positivo ou infeccións mixtas, deixando as vacas de casos sen crecemento ou de gram-negativos sen tratamento. “No grupo que se aplicou unha selección tan só se trataron o 44% das vacas e dos cuarteiróns fronte ao 100% do colectivo de control”, comentou Lago. Os resultados en canto a días de curación clínica, isto é, “cando a leite volve a ser normal”, “non houbo diferencias entre ambas mostras, ao igual que sucedeu cos días de descarte de leite, onde incluso pode ser levemente menor no tratamento baseado en cultivo”, detallou o asesor de Dairy Experts. En canto a curación bacteriolóxica tamén foi menor na mostra de cultivo, mentres que a recorrencia da mastite, o número de células somáticas, ou a produción de leite evolucionaron sen diferencias. Noutro estudo de caso, Alfonso Lago foi afinando máis coa intención de responder a ‘que é o que en realidade se debe tratar’. O asesor fixo referencia a outros estudos nos que se reflexa que “os coliformes e os estafilococos coagulasa positivos teñen unha taxa de autoeliminación ou autocuración alta, mentres que a taxa de recaídas e aparicións de estreptococos ambientais é alta”, detallou Lago. Desta maneira, no 2015 procedeu a aplicar un tratamento selectivo en 276 casos de mastite clínica, nos cales, o nivel de estreptococos era do 22%. Os resultados da mostra de cultivo estudada revelaron que tratando só estes patóxenos “non só se reduciu os usos de antibióticos en dous terzos sen sacrificar a eficacia do tratamento, senón que ademais, reducíronse os días de descarte do leite, a recorrencia de mastite clínica, e rexistrouse unha tendencia a reducir a eliminación”, explicou Alfonso Lago.

A importancia dun correcto secado

 Na súa intervención no ‘2022 National Mastitis Council Annual Meeting’, Maristela Rovai, médico veterinario e profesora asistente na South Dakota State University, fixo fincapé nas fases de lactancia dunha vaca, e así mesmo, na importancia do período seco como método de recuperación para o inicio do seguinte período. Un dos obxectivos do período seco é “reemplazar as células epiteliales vellas no tecido secretor da ubre, fundamental se se pretende maximizar a produción na seguinte lactación”, especificou Rovai. Así mesmo, a terapia de secado ten un papel fundamental na reducción da prevalencia de mastite, posto que “no principio deste período hai un aumento das infeccións intramamarias”, ampliou Rovai. A pesar de que o secado tradicional é de 55 días, a médico veterinario referenciou aos últimos estudos de Bachman, Gulay e Annen nos que se confirmou que con 30d era suficiente. Rovai concluíu que “a medida que aumenta o número de lactación, requírense menos días de secado para maximizar a produción de leite durante a seguinte lactación”, engadindo resultados semellantes para a aplicación de secados en ambas duracións.

Uso de algoritmos matemáticos para predicir as vacas que terán mastite

A aplicación de técnicas de ‘machine learning’ acompañada dunha integración de datos de diferentes orixes axuda a unha anticipación da mastite clínica, en tanto á identificación de animais con alto risco durante a primeira lactancia, como á predición continuada. A aplicación de algoritmos tamén permite reducir o uso de antimicrobianos e, polo tanto, de custos do animal. O Programa de Implementación exposto polo veterinario e investigador en Cornell University, Mark J. Thomas, reflexa a escaso marxe de erro que existe en vacas seleccionadas por algoritmo con posibilidade de contraer mastite, e as tratadas en realidade.

O ‘cerebro leiteiro’

A recolección de diferentes tipos de datos en varias granxas e a súa xestión mediante o uso de técnicas de ‘machine learning’ foi un dos horizontes abordados no ‘2022 National Mastitis Council Annual Meeting’  de Estados Unidos celebrado celebrado recentemente. A análise en tempo real integrando datos é un sistema que funciona de forma consistente e permanentemente. A aplicación de determinados algoritmos pode permitir acadar unha predición prematura de mastite clínica, entre outras. A idea parte dun proceso que Victor Cabrera, investigador da Universidade de Wisconsin, denomina ‘cerebro leiteiro’, polo cal se parte da recolección de datos en diferentes explotacións leiteiras que son transferidos a un sistema central. Unha vez recibidos, a computadora transforma esas cifras e homoxenéizaas, agrupándoas e clasificándoas para un posterior servizo analítico aplicado. O resultado é unha información cun valor adicional con aportes dunha información aberta en liña. Como se consegue chegar a ese resultado final que pode permitir prever certas intervencións? O ‘cerebro leiteiro’ segue un proceso piramidal que parte da base de crear un CIN, unha rede de innovación coordinada que aliña o desenvolvemento do servizo de cursos. Posteriormente é necesario crear o AgDH, un prototipo que colecta, agrega e difunde datos de múltiples sistemas a granxas leiteiras. Un terceiro paso sería a conformación do propio ‘cerebro leiteiro’, isto é, un conxunto de módulos analíticos que ata o servizo de agregación de certos datos dispoñibles para proveer información do traballo realizado. Por último, habería que executar un programa de extensión para controlar todo o sistema. As ferramentas de decisión que brinda este proceso teñen unha tripla vertente: poden ser descritivas por representar un taboleiro da situación actual; predictivas, de cara a proxección que leve cara o futuro, ou prescriptivas, é dicir, propostas de accións para actuar sobre determinados problemas. Segundo Victor Cabrera, “este é o exemplo de como diversas fontes de datos poden ser usadas para ter máis valor”. Este gráfico explica o funcionamento da integración de datos de granxas O ‘cerebro leiteiro’ preséntase coma unha ferramenta planificada que permite niveis de decisión en tres termos: corto ou operacional; medio ou táctico, e medio ou estratéxico. No primeiro deles, como expón Cabrera, “o algoritmo utilizado está entorno ao leite e o alimento, podendo incorporar datos integrados de muxidos e alimentos”. Un exemplo dos beneficios que aporta é a alerta temperá de falta ou exceso de nutrientes dando lugar a un modelo de eficiencia da alimentación diaria. Neste contexto, Victor Cabrera fai referencia a un estudo no que colaborou, denominado ‘Improving nutritional accuracy and economics through a multiple ration-grouping strategy’ polo cal, coa aplicación destes sistemas nas granxas leiteiras se pode mellorar a exactitude das dietas, facendo un proceso de grupos nutricionais automático e sistemático que diminúa os erros de vacas en currais que non lles corresponde. A prevención de mastite pode ser un dos horizontes alcanzables por métodos tecnolóxicos. A aplicación de ‘machine learning’ poderíase dar tanto para a identificación de animais con alto risco durante a primeira lactancia, como para unha predición continuada dun posible caso de mastite clínica. As técnicas aplicadas varían entre a aplicación de diferentes teoremas de clasificación estatística; para chegar unha predición continuada de mastite procederíase cun ‘random forest’ ou un ‘extreme gradient boosting’.

Predecir as mastities cun 72% de exactitude

Pero, que datos se monitorean? O estudo de variables durante o manexo, o DHI e a xenética son cuestións a ter en conta identificación de animais con risco de mastite durante a primeira lactancia. Pola contra, se se pretende acceder a unha predición continuada é necesario utilizar unha multitude de variables procedentes de salas de muxido, tales como os cambio de produción ou de temperatura da vaca, e do manexo, casos previos de cetose, aborto, etc. Na investigación ‘Exploring machine learning algorithms for early prediction of clinical mastitits’, na que colaborou Victor Cabrera, confirmaron que o modelo ‘random forest’ permite un 71% de detección de casos de mastite en primeira lactancia, e un 85% nunha predición continuada, isto é, ambos casos cun 72% de exactitude.

A tecnoloxía como ferramenta para a selección de vacas secas

A terapia selectiva para o secado de vacas permite unha administración antimicrobiana máis efectiva, xerando un impacto financeiro específico nas granxas. Segundo expón o veterinario e investigador en Cornell University, Mark J. Thomas, na súa intervención na ‘2022 National Mastitis Council Anual Meeting’, “a implementación de programas de terapia selectiva de vacas secas parte dunha selección de rabaños adecuados que se pode dar mediante algoritmo, entre outras”. Previa aplicación da selección por algoritmo, Thomas destaca que “debe haber uns criterios do rabaño que obedezan a unha calidade, tales como unha cantidade de CCS en tanque regular, en torno ás 200.000 células/ml, ausencia de estreptococos ou uns currais secos  ben manexados”. Para este tipo de selección, existen outros requisitos, como o acceso aos datos da incidencia de mastite, que non pode ser superior a 2 casos na lactación, e de células somáticas por vaca individual. O investigador de Cornell University fai fincapé en que a selección por algoritmo “é un método máis común para estabulacións con probas DHI rutinarias, polo que cómpre ter en conta o custo de ditos test de xeito mensual”. Da mesma maneira, Thomas refírese ao Programa de Implementación, polo que levou a cabo 50 visitas a granxas, para explicar a escasa marxe existente entre as vacas seleccionas por algoritmo para non tratar -65%- e as finalmente non tratadas -59%-. Esta táboa amosa o contraste entre as vacas seleccionadas por algoritmo para tratar e a realidade Unha das conclusións que o investigador amosa, en base ao Programa de Implementación de SDCT, é que esta aplicación algorítmica representa unha ferramenta viable para reducir o uso de antimicrobianos e os seus custos en vacas secas. Así mesmo, expón que este programa para identificar vacas de baixo risco e non tratalas con antibióticos intramamarios no secado expandiuse a ganderías comerciais de varios tamaños en todo o estado de Nova York.

Como tratar a mamite en vacas e reducir as células somáticas sen antibióticos?

Un dos maiores desafíos aos que se enfrontan as gandarías do século XXI é dar solución aos problemas de saúde que presentan os animais sen ter que acudir a tratamentos veterinarios, xa que estes incrementan os custos e empeoran a calidade do produto que chega ao consumidor final.

Ao longo deste artigo ímosche a contar como podes dar resposta a este problema se dirixes unha gandaría bovina.

– Protexerás a saúde das túas vacas durante o período de transición e posparto.

– Reducirás custos en tratamentos veterinarios.

– Mellorarás a calidade do leite do teu gando e o seu valor no mercado.

– Aumentarás a rendibilidade da túa explotación.

O Benestar animal e as enfermidades das vacas

Satisfacer os criterios do benestar animal é un dos retos máis importantes que deben asumir as gandarías actuais. Ademais de que hai que cumprir coas regulacións, está demostrado que criar animais de produción seguindo estes criterios eleva a rendibilidade final do negocio.

A crianza do gando bovino non se escapa a esta consideración e por iso é fundamental garantir que as vacas vivan nas mellores condicións.

É necesario que as proveas do seguinte:

– Unha boa alimentación con alta calidade nutricional.

– Un ambiente confortable e sen factores de tensións.

– Unha boa saúde que preveña ou cure lesións ou enfermidades.

– Unha contorna social que favoreza un comportamento natural.

É sabido que existe unha relación directa entre o benestar co que se cría ao gando e o seu estado de saúde. Esta relación vese comprometida en etapas críticas na vida da vaca como o período de transición ou o de posparto.

Mamite e metrite durante o período de transición e posparto

O período de transición é a etapa da vida das vacas leiteiras ao redor do parto e require dunha especial atención para garantir que se cumpran as condicións xa citadas.

Durante o posparto, a saúde da vaca é vulnerable e vólvese máis propensa a sufrir contaminacións bacterianas. Estas derivan en inflamacións que poden chegar a ameazar a súa vida se non se tratan debidamente. As principais son:

-Mamite: É unha enfermidade infecciosa causada por microorganismos patóxenos. Estes xeran desequilibrios nos mecanismos de defensa naturais do teto e a glándula mamaria da vaca.

Nestes casos, o animal ten unha reacción inmunitaria que aumenta as células somáticas do leite, provocando unha importante caída na produción e un empeoramento na calidade do produto.

-Metrite: É unha enfermidade infecciosa do útero que se desenvolve durante os 21 días posteriores ao parto e que pode provocar que o animal entre en cetose, ademais de desprazamento de abomaso ou outros problemas.

Esta inflamación provoca un empeoramento na produtividade do animal xa que, ao sentirse enferma, a vaca deixa para comer e a produción de leite redúcese. Ademais, aumenta o intervalo entre o parto e a nova fecundación da vaca, así como o número de inseminacións.

Realizar un bo manexo, conseguir unha adecuada hixiene ou manter ao animal libre de tensión non son as únicas misións que tes como gandeiro para previr enfermidades infecciosas como a mamite ou a metrite.

Calquera déficit nutricional durante o período de transición aumenta as posibilidades de que a túa vaca se converta en vítima destas enfermidades. Isto deriva nunha diminución na cantidade e na calidade do leite que produce o animal, así como nun importante incremento nos custos veterinarios que deberás asumir.

Ao tratarse de enfermidades infecciosas, durante moitos anos estes problemas afrontáronse mediante a subministración de antibióticos. Hoxe en día, grazas aos avances tecnolóxicos e á ciencia do quorum sensing, é posible loitar contra estas patoloxías sen necesidade de utilizar estes tratamentos antimicrobianos que afectan á calidade do leite.

Por que Vitalvit mellora a saúde da vaca e a rendibilidade do gandeiro

Como alternativa saudable aos tratamentos antibióticos, Animalvit proponche a utilización de Vitalvit. É un penso complementario mineral de alta calidade, ideal para fortalecer o sistema inmunitario das túas vacas durante o período de transición e posparto.

Vitalvit mellora a saúde xeral da túa vaca e, grazas a que contén un potente axente antiinflamatorio, actúa de maneira rápida contra a mamite sen requirir un período de supresión en leite ou carne.

Este bolo natural é ideal para reducir o reconto de células somáticas sen necesidade de máis tratamentos. Isto incide directamente na calidade do leite e reduce os custos veterinarios que deberás afrontar.

Vitalvit non só cura senón que ten efecto preventivo se se utiliza durante o parto. Tamén mellora a condición da vaca no posparto, aumentando as súas defensas para combater os efectos de posibles metrites.

Máis información sobre como adquirir Vialvit aquí

XVI Encontros Gandeiros de Xundeva este xoves en Lalín

A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) Xundeva celebra este xoves, 2 de decembro, en Lalín os XVI Encontros Gandeiros. O evento terá lugar no Salón Teatro de Lalín. Na xornada tratarán, entre outros temas, a monitorización do rabaño de vacún de leite, os coidados para a recría ou o plan de reactivación da Granxa da Finca Mouriscade. A continuación, detallamos o programa da xornada: -11.00 horas. Recepción e café de benvida. -11.15 horas. Apertura das xornadas. Manuel Fernández López, presidente de Xundeva. Avelino Souto Rozados, concelleiro do Medio Rural do Concello de Lalín. -11.30 horas. Gandería de precisión: Monitorización do comportamento en vacún de leite. Juan José Nuñez, responsable de monitorización MSD Animal Health Intelligence. -12.15 horas. Recría ben, producirás mellor. Alfonso Martínez Escribano, asesor técnico veterinario de Ruminantes e équidos. Boehringer Ingelheim. -13.00 horas. Desventuras dun veterinario galego en Latinoamérica. Antonio Souto Ferraz. Servizos Técnicos Ruminantes, unidad de mastite. Hipra. -13.45 horas. Plan de reactivación da gandería Mouriscade. Héctor Martínez Sanz. Xefe de Sección de Explotación Gandeira Mouriscade. -14.15 horas. Peche da xornada. Jorge Enrique Mourelo Estela, subdirector xeral da Xunta de Galicia. Manuel González Martínez, deputado provincial da Finca Mouriscade, Caan e a Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Luis López Diéguez, delegado territorial da Xunta en Pontevedra. -14.45 horas. Comida de traballo.

-Consulta aquí o tríptico da xornada.