Archives

Continúa a recuperación dos prezos da manteiga, do queixo e do leite en pó na UE

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións da cuarta semana de abril dos produtos lácteos nos mercados internacionais. O mes conclúe na UE cunha suba no prezo da manteiga -que se mantén en prezos altos-, e tamén cunha recuperación das cotizacións do leite en pó desnatado e do queixo cheddar. A caída da produción tanto en Europa como en Estados Unidos axuda a esta recuperación dos prezos. En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta semana de abril para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 574 €/100 kg, +1,3 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 239 €/100 kg, -0,7 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 364 €/100 kg, +2.2 % ,, -Queixo cheddar: 392 € /100 kg +0,9% En Italia o prezo do leite spot segue á baixa e quedou esta semana nos 0,428 euros o litro. Polo que respecta á producción, os datos oficiais disponibles confirman que entre xaneiro e febreiro caeu a produción na Unión Europea nunha media do 0,6% respecto aos mesmos meses de 2023. En Estados Unidos tamén houbo unha caída das entregas de leite en febreiro do 1,3% e do 0,7% no Reino Unido, mentres que en Nova Zelandia a produción subiu un 1,9% respecto a febreiro do ano pasado.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Abril comeza cunha recuperación dos prezos dos produtos lácteos no mercado internacional

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións da primeira semana de abril dos produtos lácteos nos mercados internacionais. O mes comeza na UE cunha lixeira suba no prezo da manteiga -que se mantén en prezos altos-, con estabilidade no leite en po enteiro e no queixo cheddar e cunha leve baixada do leite en po desnatado. En Nova Zelanda a poxa de Fonterra rexistra unha suba do 2,3% esta semana. En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 563 €/100 kg, -0,1 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 239 €/100 kg, -2,9 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 355 €/100 kg, -1.0 % ,, -Queixo cheddar: 388 € /100 kg -0,1% En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha suba dos produtos lácteos do 2,8%. Así, houbo unha suba do 3,4% no leite en po enteiro e o desnatado remontou un 1,4% respecto á última poxa; a cotización da manteiga revalorizouse un 3,1% e o queixo subiu un 4,1%.

Baixada da produción en xaneiro

En canto á produción, os últimos datos disponibles correspondentes ao mes de xaneiro mostran un descenso interanual das entregas na Unión Europea nun 0,9%; dun 0,5% en Nova Zelanda e dun 1,1% en Estados Unidos.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Marzo remata con baixadas nas cotizacións da manteiga e do leite en po na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións da última semana de marzo dos produtos lácteos. O mes remata cunha lixeira baixada no prezo da manteiga -que se mantén en prezos altos-, e unha caída maior no caso do leite en po enteiro e, especialmente, do desnatado. Pola contra, o queixo cheddar, revalorízase. . En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 561 €/100 kg, -0,3 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 240 €/100 kg, -3,6 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 355 €/100 kg, -1.6 % ,, -Queixo cheddar: 388 € /100 kg +1,8% O prezo do leite spot en Italia mantense prácticamente sen cambios, nos 0,448 euros o litro. Os custos de alimentación na última semana de marzo baixaron un 3% e os de enerxía un 2,3% en relación a hai un mes. En canto á situación de prezos medios en orixe a nivel internacional, en Estados Unidos en xaneiro estaban nos 0,356 euros o litro (leite de clase 3, cun 4,2% de graxa), en Nova Zelandia nos 0,335 euros o litro (4,2% de graxa e 3,35 de proteína) e na media da Unión Europea nos 0,467 euros o litro.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Baixada esta semana das cotizacións dos produtos lácteos na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta terceira semana de marzo dos produtos lácteos. Con respecto á pasada semana, destacan as leves baixadas da manteiga e do queixo cheddar, unha caída máis acusada no caso do leite en po enteiro. En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 562 €/100 kg, +0,4 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 245 €/100 kg, -2,3 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 351 €/100 kg, -3.2 % ,, -Queixo cheddar: 387 € /100 kg +3,4% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia sofre unha lixeira suba respecto á semana pasada e queda nos 0,45 euros o litro. A tendencia á baixa no prezos dos productos lácteos tamén é a tónica xeral no mercado internacional: En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha baixada dos produtos lácteos do 2,8%. Así, houbo unha caída do 4,2% no leite en po enteiro; a cotización da manteiga caeu un 1,4% e o queixo cheddar fíxoo nun 1,9%.

O ano comeza con baixadas da produción de leite

Por outra parte, o informe do MMO tamén recolle a caída da produción de leite na Unión Europea en xaneiro, un 1,3% menos que no mesmo mes do 2023. Tamén caeu a produción de leite en xaneiro en Estados Unidos (-1,1%), Nova Zelanda (-1,2%), e no Reino Unido (-0,4%), mentres que só Australia incrementou as entregas no primeiro mes deste ano (+4.9%)

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Últimas cotizacións dos produtos lácteos na UE: Subas da manteiga e do queixo e baixada do leite en po

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta segunda semana de marzo dos produtos lácteos. Con respecto á pasada semana, destacan as subas da manteiga e do queixo cheddar, mentres que baixa o leite en po. En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 567 €/100 kg, +2,4 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 247 €/100 kg, -1,7 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 361 €/100 kg, -0.4 % ,, -Queixo cheddar: 389 € /100 kg +5,7% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia sofre unha lixeira baixada respecto á semana pasada e queda nos 0,448 euros o litro, prácticamente sen cambios dende comezos de ano. Se analizamos a evolución interanual dos prezos destaca a suba da manteiga, un 18% nos últimos doce meses, e en menor medida do leite en pó enteiro (+5%), que son os que están a manter os prezos do leite en orixe. Pola contra, o leite en po desnatado baixou un 6%, unha caída das cotizacións que ainda foi maior nos queixos: -22% no cheddar, -8% no Gouda e -7% no Emmental.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Cotizacións desta semana dos produtos lácteos no mercado internacional

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta última semana de xaneiro dos produtos lácteos. Con respecto á pasada semana, destaca a suba do queixo cheddar e, en menor medida do leite en po enteiro, mentres que a manteiga e o leite en po desnatado, experimentan unha leve caída. En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta última semana de xaneiro para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 544 €/100 kg, -0,4 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 253 €/100 kg, -2,6 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 367 €/100 kg, -0.5 % ,, -Queixo cheddar: 367 € /100 kg -0,5% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia mantense sen cambios respecto á semana pasada e queda esta semana nos 0,495 euros o litro. En canto á situación do mercado internacional, Nova Zelandia é máis competitiva en prezos de leite enteiro en po, mentres que Estados Unidos ten os menores prezos da manteiga, queixo e leite en po desnatado.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Baixada nas cotizacións da manteiga, queixo e leite en po na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta última semana de decembro dos produtos lácteos. A primeira quincena do 2024 remata con baixadas tanto na manteiga como no leite en po e no queixo. A previsión é de que o prezo medio en xaneiro en orixe quede nos 0,46 euros o litro de media. En concreto, no territorio da UE as cotizacións da última semana de 2023 para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 545 €/100 kg, -0,2 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 256 €/100 kg, -1,8 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 365 €/100 kg, -1.0 % ,, -Queixo cheddar: 357 € /100 kg -1,1% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia segue baixando, e queda esta semana nos 0,493 euros o litro. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, pechou esta semana cunha suba no seu índice do 2,3 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 1,7%. A cotización da manteiga experimentou unha suba dun 5,8 %, mentres que o prezo do queixo subiu un 1,0% e o leite en po desnatado revalorizouse nun 1,2 %. En todo caso, hai que ter en conta que os prezos medios dos produtos lácteos en Nova Zelanda están máis baixos que na UE, co que teñen máis marxe de revalorización, tal e como se reflicte nesta táboa:

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Últimas cotizacións da manteiga, queixo e leite en po

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta última semana de decembro dos produtos lácteos. O prezo da manteiga segue á alza e e séguense recuperando as cotizacións do queixo e do leite en po. En concreto, no territorio da UE as cotizacións da última semana de 2023 para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 546 €/100 kg, +0,5 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 264 €/100 kg, +0,7 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 369 €/100 kg, +0.4 % ,, -Queixo cheddar: 348 € /100 kg +0,4% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia baixa ata os 0,51euros o litro. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, abriu o 2023 cunha suba no seu índice do 1,2 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 2,5%. A cotización da manteiga experimentou unha suba dun 2,1 %, mentres que o prezo do queixo baixou un 2,4%, ao igual que o leite en po desnatado, neste caso nun 0,9 %.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Últimas cotizacións dos produtos lácteos: Segue subindo a manteiga e recupérase o prezo do queixo e do leite en po enteiro

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta penúltima semana de decembro dos produtos lácteos. O prezo da manteiga segue á alza e recupéranse as cotizacións do queixo e do leite en po enteiro, contribuindo deste xeito a manter os prezos do leite no campo. Pola contra, o leite en po desnatado segue á baixa.  En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 542 €/100 kg, +1,3 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 261 €/100 kg, -0,4 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 368 €/100 kg, +0.8 % ,, -Queixo cheddar: 347 € /100 kg +0,2% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia baixa ata os 0,535 euros o litro (a pasada semana o prezo foi de 0,565 euros). O prezo medio do leite na UE no mes de novembro estímase que quedará en 0,4456 euros o litro, un 0,6% máis que en outubro (0,443 euros). En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu esta semana cunha nova suba no seu índice do 2,3 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 2,9%,. A cotización da manteiga experimentou unha importante suba dun 9,9 %, mentres que o queixo tamén se revalorizou de forma notable, nun 6,9%. A única baixada rexistrada foi no leite en po desnatado, neste caso un 1,3%

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

O prezo da manteiga segue subindo en Europa e axuda a manter os prezos no campo

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta primeira semana de decembro dos produtos lácteos. O prezo da manteiga segue á alza, contribuindo a manter os prezos do leite en orixe, mentres que o leite en pó desnatado baixa, ao igual que o queixo, e o leite en po enteiro sobe lixeiramente. En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 536 €/100 kg, +4,1 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 262 €/100 kg, -0,2 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 365 €/100 kg, +0.3 % ,, -Queixo cheddar: 346 € /100 kg -0,4% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia mantense estable nos 0,565 euros o litro. O prezo medio do leite na UE no mes de novembro estímase que quedará en 0,444 euros o litro, un 0,5% máis que en outubro. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu esta semana cunha nova suba no seu índice do 1,6 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 2,1%, mentres que o desnatado tamén repuntou, neste caso nun 1,2% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 0,7 % e o queixo experimentou a maior suba: un 9,7%.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Nova suba dos prezos da manteiga e do leite en po

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta semana do leite en po, do queixo e manteiga na UE, no que se confirma unha recuperación dos prezos, especialmente da manteiga, coincidindo tamén coas menores entregas de leite nesta estación. Pola contra, o queixo segue á baixa. No territorio comunitario as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 526 €/100 kg, +6,4 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 263 €/100 kg, +1,0 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 367 €/100 kg, +3.0 % ,, -Queixo cheddar: 346 € /100 kg -1,7% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia subiu tamén esta semana até os 0,565 euros o litro. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu esta semana cunha suba do 1,9 % no leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación-, mentres que o desnatado baixou un 3,8% respecto á última poxa. A cotización da manteiga tamén caeu un 1,1 %.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Seguen recuperándose as cotizacións dos produtos lácteos e o prezo do leite queda en 0,435 euros en outubro na UE

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta semana do leite en po, do queixo e manteiga na UE, no que se confirma unha recuperación dos prezos, especialmente da manteiga, coincidindo tamén coas menores entregas de leite nesta estación. Pola contra, o queixo segue á baixa. O prezo medio do leite en Europa no mes de outubro prevese que quede nos 0,435 euros o litro, un 20% menos que hai un ano. No territorio comunitario as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 497 €/100 kg, +4,3 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 263 €/100 kg, +3,8 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 362 €/100 kg, +3.7 % ,, -Queixo cheddar: 348 € /100 kg -2,7% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia subiu tamén esta semana até os 0,548 euros o litro. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa nternacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a desta semana cunha caída dos prezo dos produtos lácteos do 0,7%. Así, houbo unha baixada do 2,7% no leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación-, mentres que o desnatado encareceuse un 2,3% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 3,5%.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Mantense a recuperación dos prezos da manteiga e do leite en pó na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta semana do leite en po, manteiga e queixo na UE, no que se confirma unha recuperación dos prezos, especialmente da manteiga, coincidindo tamén coas menores entregas de leite nesta estación. No territorio comunitario as cotizacións desta semana son as seguintes: -Manteiga: 463 €/100 kg, +3,8 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 246 €/100 kg, +5,5 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 346 €/100 kg, +3.9 % ,, -Queixo cheddar: 358 € /100 kg +0,2% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia subiu tamén esta semana até os 0,533 euros o litro.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Suba xeralizada do leite en pó e da manteiga nos mercados

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar este mércores as cotizacións desta semana na UE, así como en Estados Unidos e en Nova Zelandia, cunha tendencia xeral á alza tanto no leite en pó como na manteiga. No territorio comunitario as cotizacións desta semana son as seguintes: -Manteiga: 456 €/100 kg, +3,3 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 246 €/100 kg, +7,6 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 341 €/100 kg, +3.9 % ,, -Queixo cheddar: 359 € /100 kg +0,3% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia subiu tamén esta semana até os 0,528 euros o litro.

Forte suba da manteiga nos Estados Unidos

A tendencia á alza nos produtos lácteos, coincidindo cunha menor produción en Nova Zelandia, é xeralizada nos tres principais exportadores a nivel internacional: En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa nternacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a desta semana cun repunte dos prezo dos produtos lácteos do 4,4%. Así, houbo unha suba do 4,8% no leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- e o desnatado encareceuse un 6,6% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 1,3%.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea