Archives

Suba no vacún maior e baixada na recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou, este martes, subas nos prezos do vacún maior, mentres que nos becerris de recría da raza frisoa houbo tan só suba nos de máis de 50 días. En canto á afluencia de gando, na xornada de hoxe pasaron polo recinto un total de 1.004 animais, dos cales foron adxudicados 949; son cifras menores que a pasada semana, que tamén xa descenderan. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 105 euros, é dicir 11 euros menos que na última feira. Nos xatos de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 136 euros, o que supón 7 euros menos. Os machos de máis de 50 días obtiveron un prezo medio de 179 euros, cunha lixeira subida de 1 euro. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia foi á baixa, tamén, excepto na categoría dos de 15 a 20 días, que se mantivo igual que na pasada semana, en 368 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor de referencia foi de 412 euros, é dicir 9 euros menos. Nos machos de máis de 50 días, o prezo medio foi de 575 euros, o que supón un descenso de 3 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 1.009 euros, é dicir 23 euros máis que a semana pasada. Pola contra, os machos de cruces industriais baixaron o seu valor 45 euros, até os 1.019 euros. Mentres, as femias tamén descenderon en 51 euros e quedaron nun valor medio de 876 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema descenderon o seu valor 170 euros até conseguir un prezo de referencia de 997 euros. A tendencia foi á alza no vacún maior, con excepción nunha categoría. Os animais da extra tiveron un valor medio de 2.202 euros (+69 euros). As vacas de primeira cotizáronse a 1.176 euros, o que mostra unha subida de 5 euros. As vacas de segunda incrementaron o seu valor en 35 euros e quedan cun prezo de referencia de 778 euros. Nos animais de desfeito o valor medio foi de 464 euros, polo que baixaron 66 euros con respecto á última feira. Os animais comercializados baixo selo Vaca e Boi de Galicia viron incrementado, considerablemente, o seu valor medio en 763 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.895 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino tiveron un incremento esta semana. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal incrementaron o seu valor en 0,03, quedando en 1,815 e 1,790 euros, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,325 euros (+0,039). Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 106 euros (cun prezo de 5,3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 101 euros e cun prezo por quilo de 5,05 euros. Ambos conseguiron un incremento de 2 euros. O mercado do ovo volve rexistrar subidas en todas as categorías. Nos da clase XL e L o incremento foi de 0,02 e quedaron así en 2,83 e 2,32 euros. Pola súa banda, nos da M e a S a subida foi do 0,04 e quedaron en 2,10 e 1,82 euros, respectivamente. O prezo do coello mantense igual e está nos 2,35 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Subas nos prezos medios dos xatos cruzados de recría e baixada nos frisóns

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou subidas de prezos en case todas as categorías do vacún maior, mentres que na recría e nos tenreiros carniceiros houbo oscilacións. A organización lembra que o martes 26 de marzo suspéndese a subasta de becerros de recría, como xa estaba anunciado; só haberá a de vacas e becerros cebados. En canto á afluencia de gando, na xornada de hoxe pasaron polo recinto un total de 1.033 animais, dos cales foron adxudicados 985; son cifras máis baixas que a pasada semana, que se bateu marca na afluencia de recría. Prezos do vacún Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 116 euros, é dicir, 17 euros menos que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 142 euros (-6 euros) e os machos de máis de 50 días obtiveron un prezo medio de 178 euros, cunha baixada de 4 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia foi á alza. Os de 15 a 20 días cotizáronse a un valor medio de 368 euros (+53 euros); nos machos de entre 20 e 50 días, o valor de referencia foi de 421 euros, é dicir 26 euros máis. Nos machos de máis de 50 días, o prezo medio foi de 578 euros, o que supón un incremento de 28 euros. Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 987 euros, é dicir, 133 euros máis que a semana pasada; as femias incrementaron o seu prezo en 188 euros e quedaron nun prezo de 569 euros. Os de cruce industrial subiron 1 euro e chegaron aos 1.064 euros; as femias sumaron 29 euros e alcanzaron un prezo medio de 927 euros. Pola contra, os machos de Rubia Galega baixaron o seu valor 4 euros, ata os 1.069 euros. Mentres, as femias sumaron 26 euros no prezo de referencia con respecto do valor da semana pasada e quedan nos 934 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema subiron 92 euros ata conseguir un prezo de referencia de 1.167 euros. A tendencia foi tamén á alza no vacún maior, con excepción nunha categoría. Os animais da extra tiveron un valor medio de 2.133 euros (+59 euros). As vacas de primeira cotizáronse a 1.171 euros, o que mostra unha suba de 11 euros. As vacas de segunda baixaron o seu valor en 19 euros e quedan cun prezo de referencia de 743 euros. Nos animais de desfeito o valor medio foi de 530 euros, polo que sumaron 2 euros con respecto á última feira. Os animais comercializados baixo selo Vaca y Buey de Galicia tamén viron incrementado o seu valor medio en 364 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.132 euros. Mesas de prezos As mesas de cotizacións do porcino tiveron un incremento esta semana. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal incrementaron o seu valor en 0,03, quedando en 1,785 e 1,76 euros, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,286 euros (+0,039). Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo (+0,03). Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 104 euros (cun prezo de 5,2 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 99 euros e cun prezo por quilo de 4,95 euros. Ambos conseguiron un incremento de 2 euros. O mercado do ovo continúa esta semana con subas en boa parte das categorías. Só os ovos da XL se manteñen sen cambios e están a 2,81 euros a ducia. Mentres, os da L tiveron unha suba de 0,02 euros e quedaron en 2,30 euros a ducia. Nos ovos da M e da S o incremento foi de 0,04 euros e páganse a 2,06 e 1,78 euros, respectivamente. As galiñas de descarte semipesadas mantéñense igual e cotízanse entre os 0,26 e os 0,34 euros o quilo. O prezo do coello está nos 2,35 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Baixada na recría frisona e nos xatos carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia celebrou este martes no recinto feiral de Silleda a súa habitual sesión con baixadas importantes nos animais de recría e subas nas vacas de desvelle como principais novidades da xornada.  Os maiores descensos producíronse no gando de recría. Os xatos frisóns perderon o valor acadado na sesión anterior, a do pasado 25 de abril. Así, os animais de 15 a 20 días baixaron 33 euros, até colocarse en 115 euros, mentres a categoría de 21 a 50 días cotizou a 139 euros logo de perder 38 euros. Os animais máis grandes, de máis de 50 días, caeron ata os 169 euros, 43 menos que na sesión anterior, na que subiran 37.  O cruce industrial comportouse de xeito desigual, pois mentres os animais máis pequenos gañaban 41 euros, até situarse en 389, tanto os medianos como os grandes sufriron caídas importantes, de 34 e 40 euros respectivamente, até situárense en 394 e 544 euros. Os xatos de raza rubia galega de entre 21 e 50 días perderon máis de 100 euros e quedaron nos 483, mentres que os de máis de 50 días subiron 20 euros até os 657.  Cebo e desvelle A mesma tendencia mostraron os animais de cebo, onde os xatos carniceiros frisóns perderon máis do gañado na última sesión, cunha caída este martes de 192 euros para situarse en 760. Pola contra, o cruce industrial gañou 108 euros, até os 1.114. Os xatos cebados de raza rubia galega baixaron por segunda semana consecutiva (91 euros na anterior sesión e 49 nesta) e os animais marcados como Ternera Gallega Suprema subiron 27 euros, que se engaden aos 89 da semana anterior.  No que respecta ao vacún maior, séguense mantendo boas cotizacións en todas as categorías, con estabilidade a respecto da semana anterior. As vacas extra vendéronse de media a 2.268 euros, a categoría primeira a 1.142, a segunda a 752 e os animais de desvelle a 521 euros, o que supón unha suba de 39 euros sobre a semana pasada.  Porcino, coellos e ovos No gando porcino, tanto os animais cebados como os leitóns mantivéronse sen cambios a respecto da sesión anterior. Tampouco variou a cotización dos coellos, que seguen a 2,40€/kg. O único cambio nas mesas de prezos celebradas nesta xornada foi a dos ovos, que se encareceron 2 céntimos en todas as categorías, acadando a ducia XL os 3 euros, tanto para os ovos rubios como para os brancos. 

“Un becerro como o do prezo récord de Silleda sae un de cada moitos”

O becerro que acadou esta semana o prezo récord na Lonxa de Silleda era un animal cruzado procedente dunha gandería de Mesía (A Coruña). “A nai é unha vaca cruzada de Rubía Galega e Frisón, e o pai un touro Limousín”, explica o gandeiro, Alberto Hernández. “Este becerro gustábame moito porque tiña moito corpo e pouca pata. Era moi bo de corpo, non era culón pero era completo de adiante a atrás, con bos lomos. De feito, a intención inicial miña era deixalo para semental da gandería, por iso non o vendín antes dos 10 meses, como fago co resto dos becerros, que están inscritos en Ternera Gallega Suprema”, sinala. O cambio de idea sobre o destino do animal debeuse ás dúbidas sobre a súa aptitude para semental: “Quizais non fose o suficientemente manso, vinlle algún amago que non me gustou, e por outro lado tamén desconfiaba de que un animal das súas características me levase a problemas de partos nas vacas”. Así as cousas, o animal chegou case ata os 12 meses, cun bo desenvolvemento que se explica por varios factores, por un lado a súa nai era unha boa produtora de leite, e por outra banda viñeron unha boa primavera e verán, con moito pasto a disposición do gando. “Pero era un ternero que se diferenciaba dos outros. Coa mesma idade, aumentaba máis de corpo que os outros. Un becerro como este sae de vez en cando, un de cada moitos”, valora Alberto. O animal na Lonxa de Silleda, o pasado martes. O becerro estivo nos pastos ata preto dos 8 meses, cando se destetou e pasou á nave, onde permaneceu ata que faltaban uns días para chegar ós 12 meses, momento no que foi levado á Lonxa de Silleda. “Para o cebo, a parte de herba seca ou palla, téñolles a libre disposición penso granulado e millo moído, aproximadamente chega a ser metade e metade de penso e millo en mestura, quizais algo máis de millo, pero sempre controlando ós animais, xa que un exceso de millo pode xerar en ocasións diarrea”, apunta.
"Estamos na gandería porque nos gusta, que ninguén pense que isto é un negocio. Sempre hai problemas, un animal ata que o ves vendido, é unha historia" (Alberto Hernández)
O resultado foi un animal que “calculo que podía rondar os 500 Kg. de peso en vivo”. Sobre el precio alcanzado en Silleda, el ganadero señala que "sae así un de cando en cando, que ninguén pense que a gandería de carne é negocio. Estamos nisto porque nos gusta” -destaca Alberto-. “Os pensos subiron, o gasóleo e os plásticos de ensilar tamén e sempre poden aparecer problemas ou enfermidades nos animais. Se non houbese problemas, a gandería sería moi bonita, pero sempre hai problemas. Un animal ata que o ves vendido, é unha historia”, conclúe. Ata hai cousa dun ano, Alberto adicouse tamén á cría de bois, chegou a ter máis de 15, pero finalmente abandonou esa orientación “porque non era rendible”, conta. “Podía ser rendible para o restaurante ou para algún intermediario, pero para min non era”, analiza. Bois de cruces con cacheno. A súa gandería conta na actualidade con arredor de 60 vacas nunha superficie dunhas 25-30 hectáreas. “A maioría son vacas cruzadas con parte de xenética de Rubia Galega, limusín e algunha Asturiana”. Tanto os animais como os terneros están de xeito permanente nos prados, se ben na época en que non hai pastos, teñen aporte diario de silo de herba e de herba seca ou palla. Lobo Ese manexo ó aire libre depara de vez en cando encontronazos co lobo. Este pasado outono, a granxa perdeu un ternero, e anos atrás tamén perdeu unha xovenca durante o parto, momento que aproveitaron os lobos para matala e comer a cría. Dado que as terras onde están as vacas limitan cunha estrada con alto volume de tráfico, Alberto descarta a posibilidade de introducir un mastín como método de prevención, xa que o can podería invadir a estrada próxima. “Son animais que funcionan ben, coñezo outras granxas que os teñen e alí non entra nada, pero no meu caso non é aplicable”, resume. https://www.campogalego.gal/abrese-o-prazo-para-solicitar-axudas-excepcionais-da-xunta-para-compensar-suba-dos-custos-dos-produtores-de-carne/

Baixadas nos prezos de becerros carniceiros en Silleda

A Lonxa de Silleda rexistrou esta semana unha baixada nos prezos medios acadados polos becerros carniceiros e, en menor medida, polo vacún maior, según se desprende dos datos que facilita a organización. En becerros carniceiros, cun total de 101 exemplares a subasta e 86 adxudicados, o prezo medio dos exemplares de cruce foi de 953 euros -88 euros menos que a pasada semana-, en tanto que os de rubia galega cotizaron a 1.019 euros -55 menos que a pasada semana-. En canto ós exemplares marcados en Ternera Gallega Suprema, a media de prezo foi de 962 euros, polos 1.101 da sesión anterior. En vacún maior, a máxima categoría (E-U) mantén prezos, cunha media de 1.953 euros por exemplar (2 euros máis que na anterior sesión), se ben nas canais 1º (R) e 2º (O) houbo leves baixadas de entre 15 e 30 euros de media por animal. Nos becerros de recría, os prezos medios mantivéronse en conxunto similares á pasada semana, cunha leve baixada. Por categorías, en frisóns, os machos de 21 a 50 días, a categoría máis abundante, repuntou lixeiramente, chegando a unha media de 156 euros (polos 141 da anterior sesión); se ben en cruces, a mesma categoría de machos de 21 a 50 días baixou lixeiramente os prezos, con 312 euros de media, polos 334 da semana pasada. Cambios pola Semana Verde A próxima celebración da feira Semana Verde (2-5 de xuño) obrigará a cancelar a última Lonxa do mes de maio, que se tería que celebrar o martes 31. A seguinte feira, do 7 de xuño, contará ademais só con becerros de recría e o resto do gando non poderá concurrir ata a seguinte sesión, o 14 de xuño. Mesas de Precios As cotizacións das Mesas de Prezos de Silleda experimentaron cambios nos leitóns, que volven baixar, esta vez 3 euros. Tamén baixa o porcino de desvelle. No resto de cotizacións de porcino, sector avícola e coellos, non houbo cambios.

Baixa afluencia de gando na lonxa de Silleda

As festividades de Nadal deixáronse notar na feira de Silleda, onde esta semana houbo unha baixa afluencia de gando, pouco máis de 280 animais fronte ós máis de mil da pasada semana. Entraron no recinto 143 becerros de recría, 93 vacas e 46 becerros carniceiros. En recría e vacún maior, as cotizacións medias foron similares á pasada semana, en tanto en becerros houbo unha significativa suba, de 731 a 804 de media. Sen embargo, cómpre mencionar que houbo 9 becerros carniceiros rexeitados na subasta, que dada a baixa afluencia de gando, representan un 20% dos animais desa categoría. Mesas de prezos As mesas de prezos avícolas e de porcino mantiveron as mesmas cotizacións da pasada semana. Non houbo cambios nin en porcino cebado ou leitóns nin en ovos e galiñas de desvelle. En coellos, a lonxa de Madrid, de referencia en Galicia, repite tamén as cotizacións da anterior semana.

Continúa a caída dos becerros en Silleda

A lonxa de Silleda prosegue coa tendencia á baixa dos becerros de recría que vén amosando nas últimas semanas. A cotización media da feira foi esta semana de 205 euros, polos 222 da anterior sesión. Nas categorías máis concurridas, a de animais de 21 a 50 días, os becerros frisóns pasaron de 174 a 148 euros; os cruzados machos de 312 a 294 e as femias de 200 a 185 euros. En vacún maior, produciuse tamén unha lixeira baixada, pasando dos 814 euros medios da anterior sesión a 793, con caídas de cotizacións en todas as categorías de canais. A nota de maior estabilidade deixárona os becerros carniceiros, que cotizaron a unha media de 841 euros, polos 837 da anterior sesión. En canto á asistencia de gando á feira, houbo unha menor concurrencia pola coincidencia coa festividade do 25 de xullo. Entraron no recinto feiral case 300 animais menos que a pasada semana. Houbo 427 becerros de recría, 175 vacas e 65 becerros carniceiros. Mesas de prezos Nas mesas de prezos, en porcino non houbo cambios, en tanto que os ovos volveron experimentar un repunte. Máis información - Táboa completa das cotizacións de Silleda (25-7-2017).

Baixada do gando de recría en Silleda

O mercado gandeiro de Silleda experimentou unha baixada nos prezos do gando de recría por segunda semana consecutiva. Pasouse dos 230 euros de media da anterior sesión a 222, con caídas máis acusadas nas femias de frisón e nos cruces, en tanto todas as categorías de machos frisóns experimentaron repuntes de prezos. Por exemplo, en xatos frisóns de 21 a 50 días, pasouse dos 161 euros da anterior sesión a 174. En vacún maior houbo unha caída do prezo medio dos 842 euros da pasada semana ós 814 da última sesión. As cotizacións por categorías das canais, sen embargo, mantivéronse sen grandes cambios. A menor concurrencia de animais de categoría extra (E, U) explica a diferencia dos prezos medios coa anterior feira. En becerros carniceiros, as cotizacións medias situáronse en 837 euros, polos 860 da pasada semana. A asistencia total de animais á feira foi de 954 (614 animais de recría, 236 vacas e 104 becerros de abasto). Mesas de prezos As cotizacións das mesas de prezos deixan unha baixada en bacoriños de 4 euros. O porcino cebado mantense estable, coa excepción do desvelle que baixa. Houbo tamén unha suba en ovos nas categorías XL, L e M.

Récord en becerros carniceiros en Silleda

O mercado gandeiro de Silleda acadou esta semana un novo récord absoluto na cotización dos becerros carniceiros. Un macho cruzado procedente dunha granxa de Ordes vendeuse a 1.638 euros, sendo adquirido polo carniceiro Luis Fontán Lago, de Vilanova de Arousa. Ata o de agora, o anterior prezo máximo situábase en 1.506 euros, cifra que se logrou en dúas poxas de xullo do 2014. Grazas en parte á boa cotización do exemplar de Ordes, o prezo medio dos becerros tamén logrou un novo tope absoluto en Silleda, con 860,10 euros de media. A marca anterior era tamén de xullo do 2014, con 859,79 euros Recría e vacún maior En becerros de recría, onde tamén houbo un récord anual de asistencia, con 692 animais, polos 670 da poxa do 10 de xaneiro, esta semana produciuse unha caída dos prezos medios, que pasaron de 250 a 230 euros. En frisóns, a categoría máis concurrida, a de machos de 21 a 50 días, os prezos situáronse en 161 euros de media, polos 176 da pasada semana. En becerros cruzados de 21 a 50 días, os prezos baixaron dos 316 ós 309 euros de media. En vacún maior, as cotizacións mantéñense no nivel da pasada semana, cunha media de 842 euros (843 de media houbera na anterior sesión). Mesas de prezos En canto ós valores acordados nas mesas de prezos, en porcino non hai cambios esta semana. A nota positiva veu da suba dos ovos en todas as categorías. Tamén en Madrid se acordou unha mellora de 10 céntimos no coello.

Baixadas en vacún maior e recría de cruces en Silleda

Os prezos do gando en Silleda rexistraron esta semana unha tendencia á baixa en vacún maior e en becerros de recría de cruce, en tanto os xatos de recría frisóns mantivéronse estables. En becerros carniceiros, houbo unha mellora das cotizacións medias. O prezo medio da recría situouse nos 249 euros, practicamente igual que a pasada semana (250), se ben o comportamento foi desigual por categorías. Os frisóns mantiveron cotizacións similares ás da anterior sesión. Por exemplo, en xatos de 21 a 50 días, unha das categorías máis concurridas, acadáronse os 176,13 euros de media (polos 174 da anterior sesión). En cruces de recría, sen embargo, houbo unha baixada dos prezos. Os cruces machos de 21 a 50 días tiveron un valor medio de 316 euros, fronte ós 334 da pasada semana. En femias, tamén de 21 a 50 días, o prezo foi de 237, polos 243 da pasada semana. A redución de valores medios foi asimesmo clara en vacún maior, que pasou de 886 euros de media a 843 euros. Na categoría segunda (O), a máis concurrida, pasouse de 723 euros de media a 706. En primeira, R, de 1.104 a 1.080. O mellor comportamento desta semana correspondeu ós becerros carniceiros, que pasaron dun valor medio de 740 euros a 806. En becerros de cruce, os machos cotizaron a 924 euros, polos 816 da pasada semana, e as femias a 747 euros, fronte ós 724 da anterior sesión. Mesas de prezos As mesas de prezos de Silleda acordaron subas de 2 céntimos en porcino cebado selecto e normal, así como unha suba superior ó céntimo tamén en canal II. A outra cara da moeda tocoulle unha semana máis ós bacoriños, que caen 3 euros. Houbo subas tamén nas cotizacións de ovos nas gamas de maior tamaño, XL e L. Máis información - Táboa completa das cotizacións de Silleda (4-VII-2017) .

Repunte de becerros e vacún maior en Silleda

A poxa desta semana na Lonxa de Silleda tivo unha menor afluencia da habitual, dadas as datas festivas. Os prezos medios do gando melloraron en recría e vacún maior, en tanto caíron lixeiramente en becerros carniceiros. Por categorías, na recría melloraron os prezos dos frisóns. Nos cruces houbo subas nas femias e baixadas nos machos. En canto ó vacún maior, os prezos melloraron en parte por unha maior presenza de animais de categoría primeira e extra, en tanto que baixaron os de desvelle. No que respecta ás cotizacións fixadas nas mesas de prezos, o porcino cebado mantense sen cambios, igual que galiñas e ovos. Os leitóns soben un euro. Máis información - Táboa completa de cotizacións da Lonxa de Silleda, PDF (3-I-2017)

Baixada do vacún maior e dos becerros carniceiros en Silleda

A Lonxa de Silleda esta semana experimentou unha tendencia á baixa no vacún maior e nos becerros carniceiros, en tanto que en recría rexistráronse movementos diversos. A media dos prezos de recría pasou dos 226 euros da pasada semana ós 235, se ben en frisóns, houbo unha tendencia á baixa dos prezos en todas as idades. Na categoría con máis volume de animais, a de machos de 21 a 50 días, as cotizacións quedaron nunha media de 117 euros, fronte ós 120,70 da pasada semana. En xatos de máis de 50 días, o prezo foi de 127, fronte ós 146 da anterior sesión. En recría de cruce industrial, en machos, subiron os de 0 a 20 días e os de máis de 50 días, en tanto que os da categoría intermedia (21-50 días), a máis numerosa, baixaron 5 euros. En femia, houbo subas de 0 a 20 días e baixadas nas outras dúas categorías. Os prezos do vacún maior rexistraron tamén un descenso. Dunha media de 711 euros pasouse esta semana a 689. As categorías extra e primeira subiron prezos, pero a categoría segunda (O), a máis numerosa, baixou 22 euros. En canto ós becerros carniceiros, houbo unha baixada media de case 50 euros, que se fixo notar en todas as categorías. Mesas de prezos Nas cotizacións decididas nas Mesas de Prezos de Silleda, o porcino cebado mantense sen cambios, en tanto os leitóns subiron un euro a unidade. Nos ovos, por unha regularización do mercado, subiron 2 céntimos todas as categorías; as galiñas de desvelle perderon 2 céntimos e o coello baixou 15 céntimos na lonxa de Madrid, quedando en 1,85 euros.

Baixan recría e becerros carniceiros e soben as vacas en Silleda

Os prezos da Lonxa de Silleda reflectiron esta semana unha lixeira baixada media na cotización do gando de recría, que perdeu 6 euros, quedando nos 195 euros. Os becerros carniceiros tamén rexistraron unha caída, neste caso de 47 euros de media por animal; en tanto que no vacún maior houbo un repunte de prezos, se ben motivado principalmente pola maior asistencia de animais das categorías extra e primeira. En canto á afluencia de gando, esta semana entraron no recinto de Silleda un milleiro de animais, 689 xatos de recría, 233 cabezas de vacún maior e 78 becerros carniceiros. No tocante ás cotizacións das mesas de prezos, houbo unha redución de 2 céntimos no porcino de desvelle. O coello tamén cotizou á baixa na Lonxa de Madrid, 10 céntimos menos que na anterior sesión. Máis información - Táboa completa das cotizacións en Silleda

Baixada nos bacoriños en Silleda

O mercado de gando de Silleda rexistrou esta semana a asistencia de máis de 950 cabezas de gando, das que 662 foron becerros de recría, 213 exemplares de vacún maior e 89 becerros carniceiros. Os prezos das cotizacións medias mantiveron unha liña similar á pasada semana, con leves baixadas na recría e no vacún maior, se ben, a pesar desa lixeira caída na media, houbo repuntes de prezos nalgunhas categorías. En canto ás mesas de prezos, por segunda semana consecutiva houbo unha baixada nos bacoriños, nesta ocasión de tres euros. O resto de cotizacións continúan igual, tanto coello, como galiñas e ovos. Máis información - Táboa completa das cotizacións de Silleda (23-8-2016)