Archives

Máis de 350 asistentes en Portomarín á xornada de portas abertas en gandería Abrita SC

Máis de 350 asistentes déronse cita este xoves, 18 de abril, na xornada de portas abertas na gandaría Abrita SC, unha explotación situada no concello lugués de Portomarín, na parroquia de Vilaxuste. A granxa conta desde o ano 2022 con catro robots de muxido Lely Astronaut A5 e un arrimador de comida Juno Flex da firma holandesa.

A xornada estivo organizada por Lely en colaboración con ABS, De Heus, Agrícola Calvo, Case e BASF.

Asistiron a esta xornada máis de 350 visitantes, principalmente gandeiros de Galicia, pero tamén de Asturias, Cantabria e Castela, que puideron coñecer in situ unha das mellores granxas de vacún de leite do sur da provincia de Lugo.

“A valoración é moi positiva tanto por parte de Lely, como dos patrocinadores, e sobre todo dos visitantes e dos propietarios de gandería Abrita SC, unha granxa que dende que incorporou os robots de muxido incrementou a produción unha media en 6 litros por vaca e día. Boa mostra da súa satisfacción é que para o vindeiro ano teñen previsto seguir medrando e instalar un quinto robot de muxido”, explica  Juan Alonso, responsable de márketing de Lely en Galicia. 

Os asistentes puderon coñecer de primeira man esta gandería e tamén ver o seu peculiar deseño para a instalación dos robots, en L curta, con dous robots por lote, con entre 115 e 120 vacas en produción por cada lote.

“Agradecemos a asistencia de todos os gandeiros, máxime nun momento de actividade no campo co ensilado da herba, e por suposto a gandería Abrita SC e aos patrocinadores, por entre todos lograr que fora unha xornada formativa moi interesante e tamén de carácter festivo”, destaca o representante de Lely.

Xornada de portas abertas en gandaría Abrita SC, unha granxa de Portomarín con 4 robots de muxido Lely

José Manuel Rodríguez xunto cos seus fillos Manuel e Rubén Rodríguez O 18 de abril a partir das 10 da mañá, Lely organiza unha xornada de portas abertas na gandaría Abrita SC, unha explotación situada na provincia de Lugo no concello de Portomarín, na parroquia de Vilaxuste. A granxa conta desde o ano 2022 con catro Lely Astronaut A5 e un arrimador Juno Flex da firma holandesa. Esta granxa familiar encabézana José Manuel, Manuel e Rubén Rodríguez, que contan ademais coa axuda de catro empregados para todas as tarefas relacionadas coa súa explotación. Hai que lembrar que ás súas 500 vacas, entre muxido, secas e xovencas, hai que sumar case 180 hectáreas de terreo das cales se encargan eles mesmos.  Manuel Rodríguez comenta que “levamos 25 anos nesta nave, agora mesmo temos 250 vacas en muxido con catro robots”. José Manuel, o seu pai, contaba que “empezamos con sete vacas na granxa vella hai moitos anos e temos ido medrando até o que temos na actualidade”.  Para pór os robots de muxido, Manuel di que “fixemos unha ampliación para meter os robots, levamos máis de dous anos e medio e a verdade é que estamos encantados”. Da adaptación dos seus animais, este gandeiro lucense di que “desde os primeiros meses démonos conta de que acertaramos plenamente, porque o traballo cambiou como do día á noite”, engadindo que “o traballo con robots é moito máis levadeiro”. O número de avarías das máquinas é tamén unha gran vantaxe que lle ven ás máquinas de Lely. “Se tes ben os robots, con auga e luz, o robot non para. As avarías son mínimas. A verdade é que estamos moi contentos, porque a máquina funciona á perfección”, comenta Manuel Rodríguez. En canto a números, Manuel fala dun gran incremento na produción das súas vacas. “O cambio foi de entre 5 e 6 litros máis por vaca e por día, este incremento dá dabondo para pagar os robots e gañar diñeiro”, asegura o gandeiro. Para a adaptación, os primeiros meses foron os que máis lles custaron, xa que puxeron a funcionar as máquinas en dúas fases, primeiro instalaron dous robots, e logo os outros dous. Aínda así, Manuel Rodríguez asegura que “en dous meses as vacas estaban afeitas e producindo máis litros de leite”.  José Manuel, o pai, asegura que “nós non quedamos nunca ningunha noite enteira aquí para afacer o gando, a verdade é que nos levou dous meses pero volveriámolo facer porque os beneficios son extraordinarios”.  Na granxa, conta Manuel que “traballamos nós e temos catro empregados, porque facemos todo nós, tanto os labores de agricultura como na granxa”.  Grazas á instalación dos robots “suprimimos seis horas de traballo diario de dúas persoas, que son 12 horas ao día”, conta Manuel. Agora “a xente pode atender mellor as cousas, e podemos estar pendentes moito máis de todo”, comenta o gandeiro. Para os robots recoñece que “non fai falta unha man de obra tan cualificada, polo que é máis fácil atopar persoal”. En Abrita SC compaxinan o traballo cos robots Lely Astronaut A5 coa sala de muxido, cun lote de vacas moi pequeno. “Grazas a isto non temos problemas nos robots, o único que temos en sala son as vacas que están enfermas, ou que requiren da nosa intervención. Así as vacas están moito máis aliviadas e os robots con moito máis tempo libre e sen perder muxidos con leite que non se vai aproveitar”, asegura Manuel Rodríguez.  A granxa está dividida en dous lotes, con dous robots en cada zona. “Temos 110 vacas en cada lote, metemos moi poucos atrasos, ao redor de 4 vacas por cabina á mañá e á tarde, o número é moi levadío, porque dáche moi pouco traballo e moita flexibilidade”, afirma o gandeiro. Manuel Rodríguez di ademais que “grazas aos robots xa non ves leite nas camas, e os animais están moito mellor”. O seu irmán Rubén é o encargado de facer o carro de comida para as vacas, e conta que “metemos 11 quilos de herba, 26 de millo, 2,5 de silo de herba de inverno, e 8 quilogramos de concentrado na ración”. A maiores “punteamos no robot unha media de seis quilos por vaca e por día”, comenta. As camas son de carbonato e serrín, e Rubén Rodríguez di que “as camas gradámolas sempre á mañá e repásanse pola tarde”. A mellor cama para Abrita é a area, “pero para a agricultura é a peor, polo que nos decidimos por este tipo de cama”, finaliza Rubén. O deseño nesta granxa lucense estaba moi claro, querían pór os robots en forma de L. “Era a única forma que viamos para que se puidese compartir área de contención e que quedase moi cómodo para o traballo diario”. Ademais, di Manuel Rodríguez, “podes pasar dun robot a outro en moi poucos metros, algo que é moi práctico”.  O bo servizo e a forma de traballar de Lely “foi o que nos axudou a tomar a decisión, nós estamos moi contentos con todo”, asegura Manuel.  José Manuel só lle pon unha única pega ás máquinas de muxido, que é “non térmolas posto antes, porque a verdade é que estamos encantados, grazas aos robots isto cambiou moitísimo”. As inseminacións fanas sempre a partir dos 60 días, “salvo vacas de 70 litros para arriba”, comenta Manuel Rodríguez. “Traballamos en exclusiva con ABS o tema do seme e os acoplamentos, levamos desde xaneiro traballando 100% con eles pero aínda é pronto para facer algunha valoración, aínda que seguro que a relación vai ser moi positiva, porque nos coñecemos de hai moitos anos”. O que buscan nas súas vacas é “velocidade de muxido e quilos de leite, e como non queremos aumentar moito máis o número de vacas, por iso decidímonos polo programa que nos propuxo ABS”, di Manuel. En Abrita SC non externalizan ningún servizo para os seus animais, “desde que nace a vaca ata que se marcha, está nas nosas instalacións, contamos con máis de 500 vacas en total”, asegura Manuel. Ademais dos robots de muxido Lely Astronaut A5, nesta explotación láctea contan cun arrimador de comida Lely Juno Flex. “Estamos moi contentos, porque o vemos moi necesario. O arrimador é completamente esencial, porque ao arrimar a comida, as vacas comen máis, e por conseguinte, dan máis litros de leite e non temos restos, algo moi cómodo para nós”, conclúe Manuel Rodríguez. 

Lely Astronaut A5: A mellor opción de muxido para a súa granxa


O robot de muxido Lely Astronaut A5 é, sen ningún tipo de dúbida, a mellor opción para o muxido robotizado nunha granxa de vacas de leite. A súa fiabilidade, unida á rapidez de conexión, fan que este robot sexa o máis rápido e eficiente do mercado.

Grazas ao tráfico libre, que Lely implementa en todas as granxas con robot de muxidura, as vacas serán completamente libres de facer o que queiran durante todo o día. É básico que a vaca poida dispor do seu tempo como desexe e que non se lle prive de nada. O animal ten que decidir cando comer, deitarse, beber e ser muxida. Este catro factores farán que a vaca estea mellor, e por conseguinte, que produza máis litros de leite.

O Lely A5 fará que o gandeiro teña moito menos traballo físico dentro da súa granxa, xa que se elimina o tempo que se dedicaba antes ao muxido, substituíndoo por unha máquina fiable e cunhas altas capacidades, que permite extraer todo o leite das vacas dun establo.

Sempre se fala do número de vacas que pode munguir un robot, e de feito esta é unha pregunta moi recorrente dos gandeiros que están a pensar en robotizar o muxido na súa granxa. Pero a verdade é que non hai unha cifra exacta, xa que o robot de muxido dedícase a sacar o leite das vacas e cada explotación terá o seu número óptimo de animais. Factores como, por exemplo, a velocidade de muxidura e a cantidade de leite diario de media na explotación, marcarán sen dúbida a capacidade da máquina. Así, en Galicia podemos atopar desde granxas con 55 vacas en robot, até explotacións que moxen máis de 70 animais.

O Lely Astronaut A5 permite ás vacas gozar dunha liberdade de movementos óptima dentro do box de muxido. Características como o brazo híbrido e o concepto I-flow (entrada e saída recta do box de muxido) contribúen ao ritmo natural das vacas e incrementan a capacidade do robot de muxido. Unha vaca sa e tranquila produce máis leite de forma moito máis fácil e cómoda, tanto para o animal como para o gandeiro, xa que terá menos tarefas diarias que realizar.

Todos os gandeiros buscan reducir ao máximo o custo por quilogramo de leite producido. O Astronaut A5 conta cun número limitado de movementos eléctricos rápidos e resolutivos, que o converten nun sistema de baixo consumo enerxético e cunha precisión sen precedentes. O innovador brazo híbrido, ten un maior alcance e un axuste máis rápido e seguro, o que permite reducir o consumo de enerxía e aumentar o rendemento do propio robot, podendo realizar máis muxidos e sacar máis litros de leite que outros robots doutras marcas no mercado.

O Lely Astronaut A5 está deseñado tendo en mente dúas premisas: a lonxevidade e a fiabilidade. Canto máis confíe no Astronaut, maior uso poderá facer das horas que lle aforrará e a flexibilidade que lle proporcionará no traballo diario. Para lograr a excelencia en termos de fiabilidade e tempos de actividade, elimináronse os compoñentes críticos e prolongado a vida útil doutros. Este Astronaut está fabricado para ofrecer a máxima tranquilidade durante moitos anos aos gandeiros. Xa que o investimento dun robot de muxido ten que poder rendibilizarse nun prazo medio duns cinco anos, pero unha vez desquitado o investimento da máquina esta ha de poder traballar durante moitos máis anos na explotación para obter unha maior rendibilidade.

O Lely Astonaut A5 é o mellor robot do mercado, pero tamén o é o seu servizo técnico e de instalación. As persoas que traballan o Lely, están debidamente cualificadas, para os labores que desempeñan, con cursos e reciclaxes continuas para estar á última sobre calquera detalle do robot de muxido. Este servizo traballa en Galicia os 365 días do ano as 24 horas do día para velar polo bo funcionamento dos robots. Cada técnico ten asignada unha furgoneta, a cal vai equipada cunha gran cantidade de pezas, que fan case imposible que non poidan solucionar unha avaría nun tempo record, sen perder un minuto en que o Astronaut non estea a facer o seu traballo, que é sacar litros de leite.

O A5 tamén permite unha medición do leite das vacas moito máis precisa e minuciosa. O robot, grazas ao seu MQC, verifica o fluxo de leite, a cor, a temperatura, o nivel de lactosa, o nivel graxa e proteína e a condutividade do leite. O leite monitorízase de forma continua por cada cuarto para axustar o proceso de muxido, garantir a súa calidade e detectar desvíos.

O Lely Astronaut A5 conta ademais cunha serie de extras que se lle poden incluír para que a máquina poida ter máis características que fagan do día a día do gandeiro e das súas vacas algo moito máis sinxelo:

MQCC-2: Este é o reconto de células somáticas. Isto baséase nun test de california que se fai mediante un reactivo mesturado cunha mostra de leite que determine a cantidade de células dos animais de forma individual.

Pura: Esta é a desinfección por vapor das tetoeiras. Cando estas van os jetters de lavado desinféctanse con vapor a 164 graos de temperatura eliminando calquera problema.

Pura, un accesario do Lely Astronaut A5

Báscula: Serve para pesar o animal dentro do box de muido grazas ás súas catro células de peso. Este opcional serve para saber se unha vaca está a perder peso por exemplo, para unha inseminación.
Meteor: Este é o lavado das patas das vacas. Unha vez entren dentro do box de muxido o Lely Meteor procederá á limpeza das patas traseiras e á súa desinfección cando o marque o gandeiro.

Titania: Este é un dispensador líquido para algún tipo de corrector para as vacas. O que pode mesturar ese corrector co penso granulado que comen as vacas durante o muxido.

Gandaría Gómez González: Máis de 17 anos co seu robot de muxido Lely Astronaut A3

Juan Carlos Gómez González na súa gandería

A gandaría Gómez González, en Bretoña (A Pastoriza), na provincia de Lugo, foi a precursora do muxido robotizado na zona, cando aínda en Galicia había moi poucas unidades instaladas. O seu propietario, Juan Carlos Gómez González, dixo que “fun a Asturias ver o primeiro A2, por esta zona non había ningún robot, vin un A2 con vacas vermellas e tiña unha conexión sobresaliente, despois vimos uns en Sarria e a verdade é que non tardamos en tomar a decisión”.

Este gandeiro lucense é moi claro ao ser preguntado por que escolleu Lely: “Escollemos Lely porque era o mellor”, comenta con firmeza. O seu robot de máis de 17 anos de antigüidade ten todas as actualizacións posibles e é un robot, segundo Juan Carlos, que “dá menos problemas que cando era novo”.

Para o propietario desta explotación láctea da provincia de Lugo é básico que “o que queira ter un robot de muxido, ten que facerlle bos mantementos, tanto ou máis ca un coche”.”O robot vai mellor hoxe que antes, ten máis capacidade e o servizo técnico está máis preparado que cando empecei coa máquina”, afirma Juan.

Despois de 17 anos de funcionamento “a máquina está completamente rendibilizada”, comenta Gómez González. Para Juan, “o investimento nun robot de muxido é bastante forte, pero tes que poder amortizalo pronto, porque aí é onde está a verdadeira marxe”.

O seu primeiro Lely A3 leva máis de 1.000.000 de muxidos realizados de forma exitosa, e para Juan Carlos a clave para que dure e siga sendo rendible é sempre “facerlle un bo mantemento, do que Lely ocúpase á perfección”.

Anos despois Gómez González bota a vista atrás e móstrase satisfeito: “Este robot saíu ben e para nós era o apropiado, se non fóra ben teríamos cambiado de marca ou volto á sala, e foi todo o contrario”, porque a súa experiencia coa marca holandesa foi e é “sobresaliente”.

Tan contento estaba Juan Carlos que fai tres anos decidiu “meter unha segunda unidade, e cos A4 e A5 no mercado non dubidei nin por un momento en meter un A3”, comenta. Para este gandeiro lucense, o seu Lely Astronaut A3 é “unha máquina sobradamente contrastada e que traballa de forma moi eficiente2. Ademais, comenta que “na miña gandaría as vacas xa están afeitas á forma de entrar e saír, mesmo ao ruído da máquina, polo que non vin a necesidade de pór outro modelo que non fose este e, unha vez máis, non me equivoquei”.

A súa granxa está dividida en dous parques diferentes, un para cada robot de muxido. No segundo parque, como comenta o gandeiro, “estou limitado de espazo e suelo ter as vacas máis duras de muxir, as que teñen algún problema”. Juan Carlos non ten ás súas vacas separadas por partos. “Pensei que este era o sistema que mellor se adaptaba á miña forma de traballar no día a día cos animais”, comenta.

En canto aos seus animais, o 80% son vacas frisoas, “pero teño bastantes vacas fleckvieh para mellorar as calidades, para o robot as fleckvieh son vacas moi dóciles, adáptanse moi ben”. A vaca da raza austriaca máis lonxeva na súa granxa é de terceiro parto e, segundo Juan, “aínda é moi cedo para valorar a súa produción e a súa duración en anos”.

Nestes momentos, as vacas fleckvieh desta granxa lucense sitúanse nos 35 litros de media. Aínda que Gómez González tamén afirma que “no robot téñoas cun quilo menos de penso que ás frisoas, xa que son vacas que non necesitan tanto penso como a holstein”.

A ración nesta gandaría componse de 22 quilos de millo, 13 de herba, 8 quilos de bagazo, 6 quilos de mestura e 0,3 de palla. A media de penso fornecido en robot é de 5,5 quilos por vaca e día. Con esta alimentación e un bo manexo dos seus animais, Juan Carlos consegue unha produción próxima aos 38 quilos de leite por vaca e por día, e unha media de muxidos de 3,5.

Ademais dos robots de muxido Lely Astronaut A3, a gandaría de Juan Carlos Gómez González conta tamén cun arrimador de comida Lely Juno 150. “Co arrimador levo uns cinco anos e é outro gran investimento, xa que se nota sobradamente un aumento de produción, pero tamén comen as vacas máis comida ao longo das 24 horas”.

Juan Carlos volve repetir que a súa experiencia con Lely “é inmellorable, se che vai ben cunha máquina é difícil cambiar porque estás contento, se non fose unha boa experiencia non levaría tantos anos coa marca”.

O manexo diario que realizan na granxa é, segundo Gómez González, o seguinte: “Fago as camas entre dúas ou tres veces por día. Cando
chegamos ao establo metemos os atrasos e facemos as camas, que son con carbonato e serrín en cama de colchón, cunha proporción de 80% de carbonato e 20% de serrín”.

Este gandeiro lucense comenta ademais que “as vacas que se arriman ao robot son vacas sempre con algún problema, quitando as vacas primerizas”. “Se unha vaca está ben, accede soa ao robot, só hai algunha con coxeira ou con algunha enfermidade que lle custa máis acceder ao Lely Astronaut”, explica.

As xovencas para Juan Carlos “aprenden moi rápido a acceder ao muxido, case non hai que pelexar con elas”. Este gandeiro de Bretoña afirma que “entre os dous robots arrimo un total de 4 ou 5 vacas á mañá e algunha menos pola tarde”.

Remontándose 17 anos atrás no tempo, Gómez González lembra que “cando puxemos o robot subimos uns dous litros de leite diarios por vaca”, aínda que tamén destaca que “empezamos con bastantes vacas, 70, e sempre o tivemos bastante saturado de animais ata que metemos a segunda unidade”.

Para Juan Carlos o importante non é que “o robot se pague só, que é certo, o primordial para min é a calidade de vida que me dá este sistema”. “Cando montei o robot os meus pais estaban a piques de xubilárense e necesitaba buscar algunha alternativa, e a verdade é que non me equivoquei escollendo o muxido robotizado de Lely”, recoñece.

Nesta gandaría lucense se moxen sobre unhas 100 vacas nos dous robots Lely A3. Para o traballo diario, Juan Carlos conta con dous empregados que tamén lle axudan coas vacas de carne que ten.

En canto á xestión, fala de que os tres “só traballamos catro días xuntos, o resto estamos a librar, eu o que quero é que os traballadores estean cómodos e a gusto, de nada me serve ter un único empregado traballando moitas horas e non estando ben, é mellor ter dúas persoas e levar ben o traballo”, apunta.

Para Gómez González os robots Lely “están dabondo demostrados e comprobados á hora de funcionamento”, e grazas a eles “trabállase dunha forma diferente que na sala, é menos físico e require menos cualificación”.

Juan Carlos pensa que se tivese que viaxar no tempo 17 anos atrás “seguiría apostando por Lely, é a mellor marca do mercado, coas mellores prestacións e, sobre todo, co mellor servizo técnico”.

Ademais recalca que “se mpta que Lely ten un persoal amplo moi cualificado para atender todas as máquinas, algo que se agradece moito, porque cando hai algún problema o que queres é que se solucione canto antes, e nese sentido desde Agrotec Entrecanales son unhas máquinas, desde Bruno até calquera técnico sempre teñen a solución a calquera problema”, conclúe o gandeiro.

Uns 350 gandeiros asisten a unha xornada sobre robots de muxido de Lely nunha gandería de Val do Dubra

Uns 350 gandeiros e gandeiras procedentes de toda Galicia, e tamén de Asturias, participaron hoxe nun encontro sobre o emprego de robots de muxido, organizado pola marca holandesa Lely, experta en maquinaria e robótica agrícola. Tivo lugar na Gandería Queirugueira, do Val do Dubra, socia de CLUN. 


A Gandería Queirugueira leva xa catro anos empregando esta tecnoloxía, mediante tres robots e un arrimador de comida, todos da marca Lely. Durante a xornada os asistentes tiveron a oportunidade coñecer o seu funcionamento e as principais vantaxes que lles poden aportar no seu día a día.

“Foi unha xornada moi positiva, no que os gandeiros puideron ver en funcionamento un robot Lely Astronaut A 3 e dous Lely Astronaut A 5, é dicir, o pasado e o presente de Lely. As impresións que levamos foron moi boas, porque os visitantes puideron ver in situ como un matrimonio e unha empregada atenden sen ningún problema unha granxa con 180 vacas en muxido, logrando unha produción media no día de hoxe de 42 litros por vaca. É dicir, grazas á robotización, logran calidade de vida, conseguen resolver o problema da falta de man de obra e incrementan a rendibilidade da granxa”, destaca Juan Alonso, responsable de márketing de Lely en Galicia. 

Un momento do xantar

A robotización da gandería: Unos 370 robots de ordeño ya instalados en Galicia

José Antonio González é un dos técnicos de CLUN especializado en robots de muxido. Explica que acompañan aos gandeiros á hora de valorar en cada caso se incorporar ou non esta tecnoloxía, realizando un estudo de custos e rendibilidade. Nesta liña, sinala que a produción pode incrementarse entre un 8 e un 12% anual por animal. Ademais, apunta que tamén se produce unha mellora desde o punto de vista hixénico-sanitario. E, á hora de conseguir persoal estable, asegura que os potenciais traballadores prefieren operar con tecnoloxía fronte ao sistema manual.

“Cómpre ter en conta que cada robot atende a uns 60 animais e fan tres muxidos ao día, que é o ideal; as explotacións gandeiras normalmente só realizan dous debido á falta de man de obra. Son capaces de levar a cabo o proceso de forma completamente automatizada, o que significa que non é necesario que un operador estea presente durante o muxido, o que aforra tempo e esforzo, favorecendo a flexibilidade horaria e, polo tanto, a conciliación da vida familiar e laboral. Ademais, estas máquinas traballan as 24 horas, o que permite manter ou mesmo ampliar o número de animais. A falta de man de obra, unido a que as novas xeracións apostan por actualizar as explotacións e mellorar a súa calidade de vida, fai que a implantación desta tecnoloxía nas ganderías galegas sexa imparable” -manifesta o técnico de CLUN-.

Por outro lado, con esta tecnoloxía favorécese o benestar animal porque os robots están deseñados para proporcionar unha contorna confortable e tranquila para as vacas durante o muxido. Os animais poden entrar e saír do robot cando o desexen, o que reduce a tensión e mellora a súa comodidade.

Ademais, cada vaca é identificada e monitoreada de forma individualizada polo robot. Isto posibilita un seguimento preciso e en tempo real da produción de leite, do estado de saúde da vaca e outros datos relevantes para os gandeiros. Así mesmo, o robot pode detectar problemas de saúde de xeito temperán, o que axuda a previr enfermidades e mellorar a eficiencia do muxido.

Na actualidade en Galicia hai instalados unos 370 robots de muxido. En canto aos requisitos para que unha gandería poida optar á súa mecanización, os técnicos sinalan que debe dispor de corredores amplos para favorecer o acceso dos robots. Pola súa parte, as vacas deben ter unha determinada morfoloxía tanto de ubres como de patas.

 

Xornada de portas abertas o 9 de novembro en Gandaría Queirugueira, unha granxa con 3 robots Lely Astronaut

O próximo día 9 de novembro, Lely celebrará unha xornada de portas abertas na Gandaría Queirugueira, no Val do Dubra (A Coruña) , a partir das 10:00 e ata as 18:00 horas. A xente que o desexe poderá acudir para coñecer unha gandaría de 180 vacas en muxido con 3 robots Lely Astronaut.

As xornadas de portas abertas son o momento perfecto para coñecer o día a día dunha granxa robotizada e ver como se xestiona o traballo diario nesta gandaría da Coruña.

Gandaría Queirugueira é unha explotación familiar xestionada polo matrimonio de Marcos Blanco e Patricia Vázquez, que exercerán de anfitrións para todo o mundo e contestarán as preguntas dos asistentes sobre o manexo do robot, produción diaria, reprodución, alimentación….Ademais, o persoal comercial de Lely tamén atenderá e resolverá calquera dúbida que os gandeiros poidan ter en relación aos robots de muxido.

Esta gandaría do Val do Dubra leva máis de catro anos traballando con dous Lely Astronaut A5 e cun Lely A3. “Arrincamos primeiro cun A5 e co A3, e seis meses despois puxemos o seguinte A5”, comenta Marcos Blanco.
Queirugueira ten a súa granxa dividida en tres parques diferentes, un por cada robot de muxido. Ademais das 180 cabezas en produción, teñen unhas 400 cabezas en total entre recría e secas. En canto ao terreo, xestionan unhas 115 hectáreas para abastecer aos seus animais de comida.

Con respecto á produción de leite, esta granxa rolda os 41 litros por vaca e día, o que se traduce en máis de 7.000 litros diarios de produción de leite.

A nave, parte de formigón e parte de ferro, foi feita para os robots de muxido e para que cada lote traballase de forma independente.

Os gandeiro Marcos Blando di que “non noto diferenza entre o A3 e os A5, é certo que se a vaca é máis intranquila, o A5 é máis rápido, pero o A3 é tamén unha gran máquina”. No selado si nota algunha diferenza porque “ao selar por láser, o A5 é máis preciso, aínda que por conseguinte tamén lle leva máis tempo esa acción”, apunta.

Onde máis diferenzas atopa é nas entradas aos robots, “as vacas entran e saen mellor dos A5 ao poder facelo recto, iso é unha gran vantaxe, xa que así a vaca non perde nada de tempo nin na entrada nin na saída”, argumenta Marcos.

Cando se lle pregunta ao gandeiro porqué escolleu Lely teno claro, “é o que máis tempo leva no mercado, nós queriamos ir ao seguro, e Lely era e é a mellor opción”. Pasados case cinco anos desde que se puxeron a funcionar os Astronauts en Queirugueira, Marcos non se arrepinte “en absoluto, non sei que pasaría con outra marca, pero sei que fixemos o mellor para nós”.

O traballo diario é en grao sumo levadío para estes gandeiros da Coruña, que ademais contan con dous empregados “para que nos boten unha man no día a día, xa que tamén realizamos todo o traballo de laboreo”, conta Marcos. En canto aos atrasos, arriman vacas dúas veces ao día, “á primeira hora da mañá metemos os atrasos, e logo outra vez sobre o seis da tarde”. Non todos os días arriman as mesmas vacas, “pero é unha cifra que non chega a ser do 10% total do rabaño”, asegura.

Algo fundamental para Marcos e a súa muller Patricia é “ter sempre os robots ben coidados e limpos, dentro de que isto é unha granxa de vacas”, pero non lles gusta “ter as cousas desorganizadas, e para iso os robots son a mellor opción”.

A alimentación tamén é unha parte fundamental para Blanco, “temos unha ración bastante pesada pero moi boa para o animal”, nesta gandaría non dan moito penso no robot, “somos conservadores neste caso”. Desta forma, Marcos di que “as vacas están máis estables e pican máis a produción no pico de lactación, arrincan mellor así, xa que sempre queremos evitar os empachos e os brotes acidóticos”. A media de penso en robot por vaca e por día é de “4,5 kg de concentrado, e así vainos ben, tanto para a saúde da vaca como para as calidades”.

A alimentación das vacas en Gandaría Queirugueira é de 7 kg de concentrado na cornadiza, con 4 kg de gran húmido, 30 de millo, 10 de herba e 300 gramos de palla. “Tentamos que as vacas non se poñan brandas con esta composición de ración”. Marcos asegura que “non por dar máis penso a vaca acode máis ao robot, ten que haber un equilibrio bo e unha achega enerxética extra que axude ao animal a producir máis leite”.

A dixestibilidade e a calidade das forraxes son básicos “para que todo vaia ben, as vacas cunha ración máis dixestible móvense e circulan moito mellor”.

O tres robots de muxido Lely Astronaut contan con áreas de separación, mesmo no lote do A3 teñen unha cama quente que usan como parideira, e así “temos ás vacas máis preto dos robots”. O uso destas áreas de separación é “para vacas máis delicadas e para aqueles animais que non queremos que compitan con outros dentro da corte”. En Queirugueira “non separamos celos, e mesmo usamos esas áreas para secar as vacas dunha forma máis natural, coa ración das vacas secas”.

O tres lotes de muxido úsanos indistintamente, “non distribuímos con ningunha orde lóxica, mesturamos todas as vacas e ímolo xestionando segundo os partos e os secados de cada parque”, explica Marcos. “Antes tiñamos un robot só para as xovencas, pero ao final decidimos mesturar todo, para nós é mellor”.

As xovencas afanse moi rápido ao robot, aínda que para Blanco non hai unha regra establecida, opina que “adoitan ser animais máis áxiles cos que non hai que traballar moito tempo”.

Os cubículos son de ferro e as camas de area, coas cales Marcos asegura que están moi contentos. “Non hai nada que nos encaixase mellor na cama, antes tiñamos carbonato con serrín, pero non é comparable coa area”. Da composición da cama das vacas, di Blanco que “só ten un problema, cando o material cae da cama -ri-”. O rendemento que dá esta cama é “confort e un benestar para a vaca incrible”, apunta o gandeiro.

Para a reprodución, en Gandaría Queirugueira utilizan “seme sexado nas xovencas, salvo que algunha se alargue no tempo, e tamén o usamos coas vacas que son de elite, logo usamos algo de seme convencional para animais máis adultos e carne, porque senón, non teriamos onde meter tanta vaca”.As vacas teñen colares de celo, rumia, inxesta e tensión por calor. “Unha vez entendes ben o sistema non queres outra cousa”. Os colares dan moita información individualizada de cada animal, “todos os datos son sumamente fiables e de interese para nós”, di Marcos. A rumia “fai que nos despreocupemos dos animais, porque nos avisa se a vaca pode ter algún problema”. Para Blanco, “cantos máis datos teñas, mellor podes xestionar todo”.

Os robots Lely Astronaut non teñen ningún extra, salvo a báscula que vén de serie co Lely A3. Para Marcos, os extras “non están mal, pero se tes ás vacas ben, nin os necesitas nin os botas de menos”.

O aumento da produción nesta gandaría coruñesa foi significativo, “foi máis ou menos duns catro litros por vaca e día”, asegura Marcos. “Pero é que ao final nesta granxa houbo moitos cambios, melloramos o confort e as instalacións ao facelas por e para o robot de muxido, pensando sempre no benestar das vacas”. Antes tamén gozaban dunha boa produción, pero o que notan agora en Queirugueira é “que non temos fluctuacións nas producións, estamos mellor e máis estables nese sentido”.Para este gandeiro do Val do Dubra, “canto máis cómodas e mellor estean as vacas, máis leite dan”, por iso buscan sempre o maior confort para todos os seus animais.

Esta granxa conta tamén cun arrimador de comida Lely Juno Flex, algo que para Blanco é “fundamental, sobre todo pola noite, así cando chegas pola mañá todas as vacas teñen a comida ao seu alcance na cornadiza”.

O carro fano unha vez ao día, sempre pola mañá, menos na tempada de máis calor, que o fan dúas veces por día.

Para Marcos, os robots de muxido “deixan moito máis tempo para atender ben a todo, temos moita máis flexibilidade que antes e estamos moi contentos, pero traballar hai que traballar”, finaliza.

Limpeza de chans e cascos para un maior rendemento e produción en vacún de leite

O Lely Collector e o Lely Meteor son dous sistemas que se entenden por separado, pero que xuntos logran a mellor dos dous mundos para a saúde das vacas. Mentres o primeiro ocúpase de manter os chans limpos e busca unha menor acumulación de esterco, o que favorece que as vacas teñan menos dermatite, o segundo céntrase en que os cascos estean sempre perfectos e que por tanto as vacas estean moito máis sas.

Cada día máis gandeiros pensan no benestar animal e en ter ás súas vacas nas mellores condicións posibles, tanto de limpeza como de saúde. Estas dúas solucións da compañía holandesa, Lely Collector e Lely Meteor, son as ferramentas perfectas para conseguir un maior confort nas granxas de leite, e aínda que actúan por separado, a súa combinación é unha mestura tremendamente efectiva para que non teñamos problemas de patas nos animais, e que as dermatites poidan desaparecer.

Unha vaca sa é sempre moito máis produtiva que unha que non o é, por iso Lely pensa en todos os detalles para que as vacas teñan o maior benestar as 24 horas do día e teñan moitas menos interferencias, tales como o baño de patas ou as incómodas arrobadeiras.

Lely Collector

O Lely Collector é a solución para a limpeza de chans lisos nas granxas de vacas. O Discovery Collector 120 é un revolucionario robot equipado coa última tecnoloxía que permite a limpeza do chan da nave succionando o esterco.

O robot recolle o esterco grazas á súa bomba sen carga, e almacénao dentro do seu depósito, en lugar de empuxalo, obtendo un gran resultado de limpeza. Ademais, o Collector utiliza auga para unha maior limpeza e agarre, que se expulsa desde a parte dianteira e a traseira grazas aos seus dous depósitos. Pulverizar desde a fronte dá como resultado unha mellor succión de esterco, e pulverizar desde a parte posterior deixa un piso mollado para un agarre adicional. Máximo resultado e seguridade.

Se a nave está toda ao mesmo nivel, corredores de cruzamento incluídos, o Collector fará a súa función limpando a totalidade do chan, conseguindo unha mellora na saúde das patas das vacas e unha maior limpeza que co sistema tradicional de arrobadeiras. Cando o tanque do depósito está cheo, un sensor de nivel máximo apaga as bombas sen carga e de auga, ata que se dirixa á estación de descarga para o seu baleirado, e así despois poida continuar coa limpeza.

O robot limpador conta cun frontal en ángulo recto que permite unha limpeza máis precisa de todas as esquinas. A parte traseira do Collector presenta unha forma redondeada para maximizar a superficie de limpeza ao virar. O Collector non require cables nin canaletas. Isto asegura un ambiente de vida máis seguro para as vacas. Ademais, grazas ao seu deseño compacto, o Discovery pode circular facilmente entre as vacas.

O Collector é capaz de seguir as rutas programadas sen necesidade de realizar ningunha modificación na corte. Grazas aos seus ultrasons, o xiroscopio e un software de avanzada tecnoloxía, a navegación faise moi fiable, o que posibilita sacar o maior rendemento á máquina. Ademais, coa aplicación Lely Control Plus, as rutas e os horarios pódense axustar facilmente ao ritmo diario da explotación e dos animais.

Un chan limpo nunha granxa mantén os cascos, as patas, os ubres e a cola máis limpas, o que reduce os problemas sanitarios relacionados coa hixiene. Unha vaca sa ofrece aos gandeiros unha maior produtividade e por tanto máis litros de leite.

Lely Meteor

En canto ao Lely Meteor, este é un sistema para o tratamento preventivo dos cascos. É un rociador automático, que se instala no robot de muxido Lely Astronaut, xusto por onde entra a vaca. O que fai o Meteor é lavar as patas traseiras das vacas e posteriormente, cando desexe o gandeiro, aplicar un tratamento para os cascos. Este sistema quita traballo sen retardar o noso sistema de muxido robotizado.

Isto sucede sempre en dúas fases. A primeira fase é antes do muxido, e nela os cascos lávanse co rociador de lavado Lely Meteor. A segunda é despois do muxido, e consiste en que os cascos trátanse co rociador Lely Meteor. Ningún destes rociadores emprega produtos agresivos, e por tanto non irritan a pel do animal.

Este sistema reduce o índice de enfermidades dos cascos, tales como a enfermidade de Mortellaro, o que fará aumentar a produtividade e benestar dos animais. Ademais, conseguiremos que as vacas non teñan ningún problema de medos nin á saída do robot, lugar onde moitos colocan o baño de pés, nin en ningún patio de cruzamento, polo que xeraremos moita menos tensión da habitual, xa que as vacas sentirán máis libres dentro do establo e haberá moitos menos problemas.

A adopción dunha estratexia integral cun tratamento correctivo e preventivo como este, mellorará a saúde dos cascos de todos os animais da explotación e por tanto o benestar de todo o rabaño. O tratamento correctivo do Lely Meteor aplícase baixo unha política de tolerancia cero, cada casco de cada vaca verifícase e sométese a tratamento ata que sanda. Por iso, a mellora na saúde dos cascos de toda a explotación adoita notarse xa en tan só tres semanas desde a instalación do Meteor, conseguindo vacas con con cascos sans, que son vacas máis produtivas e que necesitan moita menos atención.

700 gandeiros de toda a Península asisten á xornada de portas abertas en SAT Lodos e Pérez, na Pastoriza

Arredor de 700 gandeiros de vacún de leite procedentes de España e Portugal déronse cita onte xoves na xornada de portas abertas celebrada na gandería SAT Lodos e Pérez, no concello lugués da Pastoriza.

Organizada por Lely, a xornada permitiu coñecer de primeira man unha gandería punteira tanto pola súa aposta polo benestar animal -foi unha das primeiras en instalar unha cornadiza flexible e sen barra superior que permite maior liberdade ás vacas-, pola robótica e polos excelentes datos de produción de leite.

Así, esta granxa familiar de recente creación conta con 170 vacas en muxido e produce diariamente arredor de 8000 litros. En concreto, os animais son muxidos de media tres veces ao día polos tres robots Lely Astronaut A 5 instalados, logrando unha produción promedio de 49 kilos de leite por vaca e día (o dato de onte foron 48,8 kilos).

Na gandería SAT Lodos e Pérez os robots contan tamén con báscula Gravitor de pesaxe, así como o Lely Pura, un sistema de desinfección das tetoeiras por vapor e tamén o MQCC2, un sistema de reconto de células somáticas creado por Lely . Por outra parte, esta granxa tamén dispón dun robot arrimador de comida Lely Juno 150.

A maior parte dos asistentes procedía de Galicia e Asturias, pero tamén houbo uha destacada presenza de gandeiros de Cantabria e Castela e León, e en menor medida de Cataluña e doutras comunidades. Destacou tamén a visita dun grupo duns 30 gandeiros de Portugal.

A xornada, na que tamén colaboraron as empresas Pensos Rego, Sumigan Muiña SL, ABS ,  Construcción CO.SE.CO. SL, Lebriquim e GeneAdvance, concluiu cun xantar campestre.

O 16 de febreiro coñece desde dentro Lodos e Pérez, unha granxa láctea referencia en Galicia


O vindeiro xoves 16 de febreiro a gandaría Lodos e Pérez abrirá as súas portas para quen desexe coñecela grazas a unha iniciativa de Lely. Será un día festivo onde coñecer a granxa, observar como traballan os gandeiros, e ver unha das mellores explotacións en canto a media de quilos por vaca e día.

Lodos e Pérez, situada no concello de Pastoriza (Lugo), suma un rendemento de máis de 47 quilos de media de leite por vaca e día, o que rolda o tres millóns de quilos anuais producidos polo seu tres Lely Astronaut A5. As súas vacas, a súa produción, os seus robots, a súa edificación e o bo facer no traballo diario son a engrenaxe perfecta para ser considerada unha das mellores granxas do vello continente.

A xornada de portas abertas comezará ás 10 da mañá e rematará sobre as 6 da tarde, tempo máis que suficiente para ver o traballo dos gandeiros, poder falar con eles e ver o manexo dunha granxa que leva máis de tres anos funcionando cos robots de muxido Lely Astronaut.

Esta explotación láctea familiar ten á cabeza a dous irmáns, Alfonso e Juan Lodos. En decembro de 2019 comezaron a muxir con dous Lely Astronaut A5 pero agora “xa temos tres”, comenta Alfonso. Para este gandeiro as vantaxes son “o número de muxidos que fan as vacas” e tamén “o aumento de produción”, necesario, como di, “para paliar todo o investimento”.

O cambio para as vacas desta granxa foi moi grande, xa que “foron moitas as melloras, o cambio das instalacións e as comodidades que teñen aquí as vacas”. Iso para Alfonso Lodos “fai que todo repercuta na produción”. A pesar de que a súa media de produción sempre foi bastante boa, cos robots Lely agora é “extraordinaria, chegando a superar os 50 quilos por vaca e día en certos momentos do ano”, como di o gandeiro.

Para Alfonso, o segredo está “na estabilidade”. “Unha boa alimentación, o muxido, a base xenética…. é un cúmulo de cousas”, asegura. “Pero as cousas non saen se non hai tamén un bo traballo detrás”, subliña este gandeiro.

Despois de máis de tres anos de traballo cos Astronaut, Alfonso está “moi contento con Lely e co servizo que proporciona”. “A día de hoxe non me exporía outra opción que non fose a que teño”, matiza.

A maiores dos robots, contan tamén cun arrimador de comida Lely Juno, “indispensable para que as vacas sempre teñan a ración ao alcance”, puntualiza Alfonso.

Para Juan Lodos, que leva toda a parte de veterinaria dentro da explotación, os bos datos teñen que ver “co bo traballo de todos os días” e con facer as cousas con “puntualidade”, ademais de “non ter ningunha vaca improductiva na explotación”.

Juan tamén comenta que a recría 2é fundamental, porque grazas a iso conseguirás unha vida produtiva maior de cada vaca”, que é “o que queremos en Lodos e Pérez”.

O traballo cambioulles moito desde que pasaron de sala a robot, pero “máis sen dúbida a organización”, como di Juan Lodos, xa que “agora temos un horario cunha certa flexibilidade”. A maiores, no muxido, este sistema robotizado “ten moitas vantaxes”. Así, en canto ao muxido, Juan non ve “ningunha anomalía”. “Nós na granxa -engade- non temos ningún problema nas vacas relacionado cun mal muxido”, o que fala ben dos Lely A5.

Agora mesmo Juan comenta que “non temos os robots sobrecargados”. En concreto, andan nunha media de 160-165 animais en muxidura ao longo do ano, e con 55 vacas por robot. “Todo vai perfecto, pero tamén temos que ter en conta que temos vacas de moita produción, o que lles fai ocupar máis tempo a máquina”, afirma Juan.

Ademais, en Lodos e Pérez tamén cambiou todo o relacionado coa reprodución. “Temos un período de espera voluntario máis longo, non inducimos celos”, comenta Juan. O único que fan é “resincronizar as vacas que están baleiras”, pero gozan dunha boa fertilidade.

Nas vacas contan con colares de celo, rumia, inxesta e tensión por calor a nivel de rabaño que “dannos unha información continua e simplificada extraordinaria”, di Juan Lodos, que engade que estes datos dos colares fan que “detectes moito máis rápido un problema”. “Grazas a estes dispositivos agora temos moito máis control de todo, non temos a necesidade de explorar vacas ou pasar tempo mirando para elas porque os datos dos colares son sempre fiables e fan que tamén mellores en moitos aspectos máis”, finaliza Juan.

Lely: Algo máis que robots de muxido

Sempre que se fala de Lely é inherente falar de robots de muxido, pero a firma holandesa non é só sinónimo de muxido, xa que moitas máquinas están deseñadas para facer o día a día dos gandeiros máis fácil e ademais mellorar a saúde dos seus animais. Lely ten unha ampla gama de periféricos para o coidado das vacas e das explotacións, así como tamén, para facilitarlles a vida aos gandeiros nas tarefas diarias da granxa. Arrimar a comida ou limpar os patios de exercicio nunca foi tan fácil.

Lely Luna

Lely Luna é o cepillo rascador para as vacas. Unha vaca que goza de boa saúde é unha vaca máis feliz, máis sa e produce máis. A saúde das vacas pode mellorar cun coidado adecuado da pel. O Luna cepilla a pel e estimula a circulación do sangue. Isto fai non só que a vaca estea máis relaxada senón que o rabaño estea tamén máis tranquilo. O cepillo acciónase por contacto e rota en dirección oposta en canto o empurra a vaca. Ao ter dúas direccións de rotación, as cerdas do cepillo mantéñense intactas durante máis tempo. O número mínimo de pezas móbiles permite que as necesidades de mantemento sexan baixas, o cal á súa vez aumenta a súa duración. Este cepillo pode instalarse facilmente de diferentes maneiras. Funciona igual de ben como unha instalación independente que montado na parede.

Lely Discovery

O Lely Discovery é o limpador de solos emparrillados. Un chan limpo prevén posibles problemas cos cascos e mantén limpas as colas e os ubres. As vacas compórtanse de forma máis natural nunha contorna limpa, o que permite detectar antes os períodos de celo. Unha granxa limpa e hixiénica tradúcese nun aumento dos niveis de saúde e benestar das vacas. O Discovery limpa o establo as 24 horas do día, os 7 días da semana, todas as semanas do ano. Ás horas e nos roteiros que decida. Para gozar dunha corte limpa na que traballar de xeito cómodo e seguro. O Discovery quítalle traballo da súa rutina diaria e chega a todos os recunchos do establo, algo fóra do alcance das arrobadeiras ou as limpezas por flushing. Este limpador de patios pode configurarse para que funcione varias veces ao día e manteña a súa granxa limpa as 24 horas do día. O Lely Discovery na súa versión 90 SW incorpora como característica adicional unha función de aspersión de auga. Este rocía a sucidade e mellora os resultados da limpeza. Ideal para un establo enxoito ou cun grao de ocupación inferior.

Lely Discovery Collector

O Discovery Collector está especificamente deseñado para establos con pisos lisos e adopta un enfoque diverso. O Collector non empuxa o esterco, senón que o aspira. Isto fai que a acumulación de esterco, no que se atopan as vacas, sexa cousa do pasado. Isto non só fai que o piso estea máis limpo, senón que tamén garante que os cascos das vacas permanezan máis limpos. Isto mellora tanto a saúde da vaca como o benestar dos animais. O Collector non require cables nin canlóns. Isto asegura un ambiente de vida máis seguro para as vacas. Grazas ao seu deseño compacto, o Discovery pode circular facilmente entre as vacas. O Collector rocía auga desde a parte dianteira e traseira da máquina. Pulverizar desde a fronte dá como resultado unha mellor inxesta de esterco, e desde a parte posterior para deixar un piso mollado para un agarre adicional. Máximo resultado e seguridade. Os roteiros e a frecuencia de limpeza pódense configurar para que coincidan coas súas ou co ritmo diario das vacas para que as cousas sexan o máis fáciles posibles. E se desexa axustar o programa, por calquera razón, pode facelo facilmente usando o seu teléfono móbil coa aplicación Lely Control Plus.

Lely Juno

O Lely Juno é o arrimador de comida da marca holandesa, co que aumentará a frecuencia da subministración de alimento. Grazas ao Juno a inxesta de comida será maior tanto durante o día como durante a noite. Isto non só ten un efecto positivo sobre a saúde dos animais, senón que tamén mellora a fertilidade, a produción e os seus resultados económicos. Co arrimador poderá aforrar ata 180 horas de traballo ao ano, un tempo valioso que pode dedicar a outras actividades na súa explotación. Ademais, beneficiarase de contar cun corredor de alimentación limpo, e dunha redución no consumo de combustible, xa que non necesitará usar o tractor para arrimar a comida. O Lely Juno seguirá a cornadiza ao mesmo tempo que o seu mecanismo xiratorio inferior empuxa o alimento cara a ela. O control do Juno resulta sinxelo grazas á súa aplicación para todos os smartphones. Os Junos veñen equipados cun pastor eléctrico e unha luz led para mellorar a visibilidade da máquina, ademais de son acústico que fai de chamada para as vacas cada vez que sae a realizar a función de arrimado. Na súa versión flex, el Juno, pode desprazarse por fóra da granxa levantando a súa falda sen arrastrar o alimento e gañando desniveis nunca vistos. Ademais de posuír un motor de empuxe de cada lado, o que reducirá as horas de traballo da máquina.

Lely Cosmix

O Lely Cosmix é a cabina de subministración de concentrado que comercializa Lely. Unha ferramenta moi cómoda se conta con robot de muxido, a fin de adestrar á vacas para que acudan nun futuro mellor ao muxido. Dar á vaca a alimentación que necesita mellora a saúde do rume e aumenta a produción de leite. O Lely Cosmix, xunto co robot Lely Astronaut, garante que cada vaca reciba a cantidade de concentrado que require. O Cosmix fornece concentrado ás vacas que non consomen o suficiente durante o muxido, ás xovencas e ás vacas secas. Grazas aos colares de identificación dos animais, e ao software de xestión Lely Horizon, o Cosmix sabe con precisión canto concentrado lle pode fornecer como máximo a cada vaca durante 24 horas. O Lely Cosmix proporciona numerosas vantaxes, por exemplo, rumes máis sans, maior produción de leite ou unha alimentación máis eficiente. Esta cabina é fácil de adaptar a cada establo ocupando aproximadamente o sitio dun cubículo. Na súa versión P, o Cosmix, ten unha porta que fai que o animal non sexa molestado polo resto do rabaño mentres inxere o penso.

Blanco de Lago SC: Unha gandaría que aposta pola calidade de vida que proporcionan os robots de muxido Lely

“Quero calidade de vida para a miña familia, para o meu empregado e que os meus pais ao xubilarse non se vexan no deber de seguir tendo que axudarme na granxa”. Así resume Óscar Blanco Ribeiro o obxectivo que se marcou desde que no 2002 se incorporo á gandaría familiar, Blanco de Lago SC, situada no lugar do mesmo nome no concello coruñés de Mazaricos. “Fixen os estudos de Formación Profesional Agraria no Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa entre os anos 1996 e 2001 e o paso por esta escola marcoume positivamente desde o punto de vista persoal e profesional, xa que ao ser unha formación moi práctica, con estadías en granxas doutros países, no meu caso en Francia, ábreche a mente de que as cousas no campo poden facerse doutro xeito”, explica. A transformación que experimentou a granxa nestes 20 anos foi moi relevante, duplicando o número de vacas en muxido e ao mesmo tempo mellorando notablemente as condicións de traballo do persoal da gandaría: Óscar, a súa nai a piques de xubilarse e un empregado. Así, Óscar conta que “partiamos no 2002 dun establo vello de á beira de casa, cunhas 60 vacas en muxido, con cubículos pero a metade da corte con grellas e a outra metade sen elas. Cando me incorporei fixemos o novo estasblo, a un quilómetro da casa, para 120 vacas en produción”. Querían un establo cunha terceira ringleira de cubículos, algo infrecuente daquela, polo que visitaron varias granxas, pero asegura que “non atopamos un referente e acabamos facendo os cubículos coas nosas medidas, creo que non o fixemos moi mal”. Hai 8 anos ampliaron a corte cunha nova zona para as vacas secas e o pasado ano acometeron unha nova ampliación para as xovencas.

Paso de sala a robots de muxido Lely

A procura dunha maior calidade de vida levou a Óscar Blanco a apostar tamén polo muxido robotizado da man de Lely no ano 2017. “No establo vello tiñamos unha sala en espiña con 4 puntos centrais, e cando pasamos para as novas instalacións puxemos unha sala de 10 puntos, que logo ampliamos a 12 e pensaramos ampliala a 16 puntos no 2017, pero finalmente optamos polos robots”. A razón: “Os meus pais estaban a piques de xubilarse e non quería que seguisen traballando despois. Eu quería calidade de vida para eles e para min e foi ese o principal motivo”. Deste xeito, incorporaron dous robots Lely Astronaut A4 e este ano van sumar un terceiro, un Lely Astronaut A5, pasando a máis de 150 vacas en muxido. Os robots de muxido están completamente equipados, báscula, reconto celular e sistema de desinfección por vapor Lely Pura. Ademais, conta con colares de celo e de rumia, para controlar aínda máis os datos das súas vacas. A adaptación dos animais foi moi boa e de feito só tiveron que vender unha vaca porque non se axustaba ao robot. “Como lle pasa a todo o mundo, nos primeiros 15 días houbo que meter vacas ao robot pero axiña se normalizou a situación”, subliña. A nivel produtivo o cambio de sala a robot supuxo pasar de dúas muxiduras diarias e unha media de 39 litros por animal a 2,7 muxiduras por animal e día e unha produción de 46 litros (máis de 3.000 kg por robot e día) cun 3,66% de graxa e 3,23% de proteína. O número de muxidos buscan melloralo coa incorporación do Lely Astronaut A5, así como a produción diaria por vaca. En Reconto de Células Somáticas non houbo variación, cunha 180.000 de media anual. Para lograr esta produción fornécenlles ás vacas unha ración diaria composta por 36 kg de silo de millo, 10 kg de silo de herba e 7,5 kg de penso en carro e no robot a maiores 7 kg de penso. O penso para o robot subminístralllo Piensos del Sil, mentres que para o carro mesturador cómpranllo á cooperativa Pensos Alborés, da que son socios, algo que notan moito nos prezos. A base territorial que manexan para o seu rabaño, que rolda as 300 cabezas, é de tan só 55 hectáreas. “Aquí hai moita demanda de terra e é o principal factor que nos limita para medrar. A pesar de todo, o terreo que manexamos permítennos producir forraxe abonda para alimentar as vacas, e só compramos a palla e o penso”, destaca Óscar. Sementan unhas 40 hectáreas a millo, con ciclos 400, logrando unhas producións de entre 50 e 55 toneladas de media por hectárea. “Esta é unha zona moi boa para a produción de millo, pois ao estar preto da costa no verán sempre hai humidade”, aclara. O millo rótano con raigrás italiano e nas 15 hectáreas restantes teñen pradarías permanentes. Os traballos agrícolas, do mesmo xeito que o servizo de carro mesturador, contrátano a empresas de servizos agrarios.

Fan xenotipado e inseminan con raza Angus

Seguindo esa filosofía de simplificar o traballo e centrarse no coidado e no benestar dos animais, en Blanco de Lago SC buscan á hora dos axustes vacas saudables e rendibles. “Nos touros miro sobre todo que non penalicen ubre, tipo e patas e despois primo os rasgos de saúde”, explica Óscar. Na mesma liña de optimizar o rendemento do rabaño, hai un ano empezaron a facer xenotipado das becerras co programa Clarifide® de Zoetis. “Desta forma, estamos inseminando ás xatas só con seme sexado e nas vacas adultas metemos só cruces cárnicos, en concreto Angus”, precisa.

Diversificación cun albergue en pleno Camiño de Santiago

A estadía de Óscar en granxas de Francia durante a súa época de estudante na EFA Fonteboa levouno a valorar a importancia da diversificación das fontes de ingresos nunha gandaría de vacún de leite. Foi así, como no 2018 abriu xunto á súa parella, Tania, o Albergue Monte Aro, un aloxamento con 30 prazas, nunha casa que restauraron xunto á vivenda familiar e que se atopa na segunda etapa do Camiño de Santiago a Fisterra. A granxa é un plus de lecer a maiores que ofrece o albergue: “As persoas que se aloxan veñen visitar a granxa e, moitas veces, quedan abraiados porque non se corresponde coa imaxe que eles tiñan do que ven na televisión sobre as gandarías. Ademais de peregrinos, tamén veñen familias que gozan tanto maiores como pequenos da experiencia”, finaliza.

Lely Astronaut A5: O robot de muxido máis fiable do mercado

A chegada ao mercado do robot Lely Astronaut A5 revolucionou o muxido, até o punto de facilitar cada día máis o labor dos gandeiros que apostan pola marca holandesa. Se xa o Astronaut A4 foi unha auténtica innovación, grazas ao sistema I-flow (entrada e saída en liña recta), o A5 é o maior fito do muxido até a data, xa que incorpora unha serie de melloras que fan que o Astronaut sexa o robot máis fiable.

A liberdade de circulación ou tráfico libre, co que Lely se sente totalmente identificado, permite que as vacas poidan decidir cando comer, beber, descansar e muxirse, o cal aumenta o seu benestar, mellorando o coidado e o confort do rabaño e ofrecéndolle á vaca a oportunidade de comportarse de forma natural. Isto o que fai é mellorar o período de produción das vacas ao longo da súa vida, polo que podemos considerar que o A5 é a mellor ferramenta para obter todo o potencial dos animais.

Imaxe do robot de muxido co rabaño en circulación

O robot de muxido converteuse na ferramenta perfecta para muxir unha vaca de acordo ás súas necesidades específicas individuais. O Lely Astronaut evolucionou baseándose nos máis de 25 anos de experiencia da marca holandesa e nos datos recompilados a partir de miles de vacas, até converterse no sistema de muxido máis personalizado e coherente que existe na actualidade.

O muxido é unha arte e iso Lely teno claro. As lactacións e os estados de lactación diferentes requiren enfoques diferentes. Por iso, cada muxido baséase nos datos históricos de cada vaca, almacenados no sistema de xestión Lely Horizon. Desta maneira, o sistema determina automaticamente o intervalo de muxido e calcula a ración de penso que se vai a fornecer.

O programa de xestión Lely Horizon almacena os datos de todas as vacas

Dispositivos co rexistro de datos do A5 de Lely

Para incrementar o rendemento do robot, a posición do ubre e do teto almacénanse despois de cada muxido. Os cepillos, xunto coa cámara 3D, poden atopar facilmente os tetos sen necesidade de explorar o ubre. Ademais, os propios cepillos limpan os tetos e a parte inferior do ubre para gozar dunha hixiene e unha estimulación óptimas. Esta limpeza táctil dos ubres cos cepillos ofrece a mellor estimulación para a baixada do leite, o que minimiza o tempo no cubículo das vacas.

Un robot máis preciso aumenta a capacidade de muxido do rabaño

Imaxe do robot de muxido en funcionamento

Cada teto de cada ubre contén unha pequena cantidade de leite de baixa calidade, que se elimina no Astronaut no pre-muxido. Os robots Lely sempre retiran só 9 mililitros de leite de cada cuarto, para evitar a perda de leite de boa calidade das vacas.

O sistema de muxido de Lely desbota  9ml de cada cuarto antes de empezar o muxido

O nivel sen carga no teto debe manterse o máis estable posible, e para iso, o A5 conta con dous circuítos sen carga independentes e un almacén sen carga no brazo. Isto garante un fluxo sen carga constante na punta do teto.

O A5 tamén permite unha medición do leite das vacas moito máis precisa e minuciosa. O robot, grazas ao seu MQC, verifica o fluxo de leite, a cor, a temperatura, o nivel de lactosa, o cociente de graxa/proteína e a condutividade do leite. O leite monitorízase de forma continua por cada cuarto para axustar o proceso de muxido, garantir a súa calidade e detectar desvíos.

Imaxe do robot tras a introdución das pezoneiras

Un dato moi destacable do Lely A5 é que ningunha tetoeira vai ao chan en ningún momento. Se unha vaca quitase unha tetoeira, polo motivo que sexa, o conduto de leite péchase inmediatamente e a tetoeira retirarase cara a nodriza do brazo. Esta tetoeira volverase conectar mentres o resto dos cuartos se muxen con total normalidade e a vaca nunca quedará mal muxida.

As tetoeiras non van ao chan en ningún momento e a calidade do leite non se ve comprometida
En canto ao primeiro muxido dunha vaca no robot, este nunca fora máis fácil grazas á nova interface da pantalla do Astronaut A5. A interface permitiranos interactuar dunha forma moito máis precisa co ubre da vaca e esta estará moito máis tranquila dentro do box de muxido cando se realice a primeira conexión.

Punto de vista cenital dunha vaca durante o muxido co A5

O brazo híbrido é outra das principais características do A5. Chamámoslle híbrido porque mestura a enerxía eléctrica coa neumática, facendo que o Astronaut sexa o robot máis eficiente enerxéticamente do mercado. Ademais, o brazo cun funcionamento moito máis silencioso que os seus predecesores crea unha contorna relaxada para que as vacas vaian muxirse. Isto xunto cos seus movementos máis precisos e a súa rapidez de axuste aos tetos contribúe á tranquilidade das vacas.

O A5 é o robot máis eficiente e con menor gasto de enerxía do mercado

O brazo é probablemente a parte máis importante do robot de muxido. Participa en case todos os pasos do proceso de muxido e debe levar a cabo o seu labor dunha forma rápida e precisa, sen molestar á vaca. Debe ser, por tanto, 100% fiable, e o brazo do A5 satisfai os máis esixentes requisitos de fiabilidade.

O brazo do A5 en funcionamento

O lavado do robot é outra parte onde o A5 destaca dado que consume menos enerxía que os seus competidores, xa que á marxe de ser a máquina máis eficiente, é a que menos tempo desempeña para realizar o lavado do robot e de todas as súas liñas. Falamos de tan só doce minutos por lavado en circuíto aberto, isto quere dicir que o robot quenta desde a unidade central a auga a 90 graos e esta termina saíndo por un desaugadoiro da leitería, eliminando á súa vez calquera impureza e realizando unha limpeza eficaz sen ningún problema de bacterioloxía.

Sat Caamaño: A experiencia de pasar de 3 muxidos en sala a robot

¿Que vantaxes e inconvenientes ten pasar de muxir en sala 3 veces ao día a facelo en robot? Respondemos a esta pregunta visitando Sat Caamaño, unha granxa con 122 vacas en muxidura situada na parroquia de Alborés, no concello coruñés de Mazaricos, que no 2018 pasou de realizar o muxido en sala a facelo con dous robots Lely Astronaut A 4.

Esta sociedade, formada por Fernando e Juan José, viña realizando o muxido de 100 vacas en produción que tiñan nunha sala traseira de 12 puntos tres veces ao día. “O cambio fixémolo pola dificultade de atopar man de obra, non por outro motivo. Tiñamos dous empregados pero un tivo que coller unha baixa e foinos imposible atopar un substituto, e pasar de 3 a 2 muxidos non o viamos viable económicamente coas marxes coas que traballamos neste sector”, explica Fernando.

Partían cos tres muxidos dunha das produccións máis altas de Galicia: 44 litros diarios de media por vaca cunhas calidades de arredor do 3,5% de graxa e 3,15% de proteína, e un reconto celular que roldaba as 200.000 células. “Hoxe estamos nunha media de 41 litros e unhas calidades medias do 3,90 de graxa e 3,5 de proteína, porque a empresa á que agora lle vendemos o leite, Lácteos Ferrado Verde -a antiga queixería de Lácteos Pérez na Pereira, do grupo TGT-, prima as calidades e compénsanos”, destaca. En total, a produción media anual desta granxa roldará este ano os 1,6 millóns de litros de leite.

Iso si, dende SAT Caamaño recoñecen que “con respecto á sala si que co robot nos subiu algo o reconto de células, pero non é preocupante”.

Malia a mellora importante que tiveron na calidade de vida coa incorporación do robot -os dous socios libran un fin de semana de cada dous e teñen un mes de vacacións, mentres que o empregado co que contan libra pola semana e conta tamén cun mes de vacacións- recoñecen as vantaxes dos tres muxidos en sala.

“Desde que empezamos cos tres muxidos notamos que as vacas nos duraban máis, porque botas máis tempo con elas de forma que se teñen algún problema atállalo antes e iso supuña que na vida produtiva da vaca viñamos gañando un parto. Estábamos nunha media de 3,8 partos por animal e este ano como vendemos moitas vacas vellas baixounos a media a 3,2”, explica Fernando.

En canto á adaptación dos animais da sala ao robot, recoñecen que “as vacas adaptáronse ben”. “Durante unha semana pasábamolas polo robot para comeren o penso despois de muxilas na sala e logo xa pasaron a ser muxidas no robot sen problema. Foi mellor do que esperábamos”, subliñan.

Alimentación do gando e xestión da base territorial

En canto á alimentación das vacas en produción, en SAT Caamaño a ración por animal está composta por 6,5 kilos de penso, 8 de herba e 35 kg de millo, aos que hai que sumar os 6,5 kilos de penso que se lle dá no robot.

“De momento no pensamos modificar a ración pola suba do penso. A previsión é que en xaneiro é cando máis se empece a notar a suba do prezo do penso pero penso que non é unha solución baixarlle o penso ás vacas”, asegura Fernando.

Polo que respecta á ración das secas, que teñen nunha arboreda anexa ao establo, está composta por 15 kilos de silo de herba en rolos, 7 de silo de millo e 1,5 kilos de penso.

En SAT Caamaño manexan unhas 70 hectáreas de terreo para alimentar a súa cabana gandeira, repartidas tanto en Mazaricos como en Negreira. A millo sementan unhas 45 hectáreas, con ciclos 400 cos que nos últimos anos están logrando boas colleitas de arredor de 45 toneladas de materia húmida por hectárea. A pradeiras temporais teñen unhas 50 hectáreas con raigrás italiano e unhas 16 hectáreas para pradeiras permanentes.

Aposta polo asociacionismo

Fernando e Juan José son un claro exemplo de aposta polo asociacionismo no agro. Os dous socios constituíron SAT Caamaño no 2002 para mellorar calidade de vida e teren unha granxa máis competitiva. “Somos de dous concellos limítrofes, as nosas parroquias están a uns 7 kilómetros de distancia, e partíamos cada un de pequenas explotacións familiares coas vacas en amarre, cun total entre as dúas granxas dunhas 60 cabezas en muxido e unhas 30 hectáreas de base territorial. Eu empecei a facerlle horas a Juan José, e co tempo fomos vendo que xuntar as granxas era unha solución para gañar en calidade de vida. Así, no 2002 constituímos a SAT e trouxemos as vacas para o establo novo, empezando con 100 vacas en muxido”, explica Fernando. Posteriormente, no 2018, coa posta en funcionamento dos dous robots de muxido, ampliaron en 20 cubículos no lugar que ocupaba a sala de muxido.

Ademáis, SAT Caamaño é socia de Ganxabar e de Forxabar, os centros de recría e de forraxes en común, respectivamente, postos en marcha por varias ganderías das comarcas do Xallas e da Barcala. Iso permítelles gañar espazo e tempo no establo, ao externalizar a recría e os silos de forraxes. Tamén son socios de Piensos Albores SCG, unha fábrica de alimentos compostos para o gando que agrupa a uns 100 socios da comarca, e que lles suministra o penso para o carro, mentres que para os robots fornécello De Heus.

Plans de futuro: Ampliar a nave e a fosa para instalar un terceiro robot de muxido

Dentro dos plans de futuro de Sat Caamaño están ampliar para un terceiro robot de muxido no 2022, condicionado á que reciban a axuda dun plan de mellora da Consellería do Medio Rural. “Ampliaríamos o establo para 60 cubículos máis, e tamén ampliaríamos a fosa de xurro, xa que a actual, con capacidade para 1 millón de litros, quedóusenos pequena”, avanza Fernando.

Para alimentar ese incremento da cabana gandeira xa teñen tratado o aluguer de máis base territorial. “E é que o futuro das granxas de vacún de leite, a parte de lograr que suba o prezo, pasa claramente por ser o máis autosuficientes posibles en alimentación para o gando e por sacarlle máis e mellores producións ás terras”, conclúen os dous socios desta granxa.

Yolanda Trillo: “As calidades do leite nesta granxa son excepcionais”

Yolanda Trillo Dono, Farm Management Support (FMS) de Lely, destaca de SAT Caamaño a “mentalidade empresarial do seus socios, que continúan o crecemento da gandería con perspectivas próximas a ampliar cun terceiro robot”, así como a calidade do seu leite.

“As calidades do leite son excepcionais: 137.000 cc/ml no reconto medio anual, a graxa e proteína con valores axeitados aos beneficios que obteñen e unha producción media de 4.800kg diarios”, subliña

Evolución da graxa e da proteína en SAT Caamaño ao longo do 2021:

Vitorio  SC, pasar de muxir con circuito en praza fixa a robot

José Luis e Berta, xunto ás súas vacas na nova nave que construiron

No lugar de Campoverde, pertencente á parroquia de Buriz, no concello de Guitiriz, atópase Vitorio SC, unha gandería familiar que decidiu modernizar as súas instalacións para poder seguir producindo leite.

Berta Fontela e José Luis Calvo tiñan unha explotación antiga, que mantiña o gando trabado e que facía tempo que quedara obsoleta. “Estaba feita a cachos e era moi incómoda. Aquilo non era vida, nin para as vacas nin para nós”, recoñece Berta.

Este ano, polo San Xoán, estrearon as novas instalacións, ubicadas a 700 metros do establo antigo, nunha parcela a carón do monte alonxada das casas para poder cumprir con todos os requisitos de distancias que a normativa esixe na actualidade ás novas explotacións.

Tiñamos as vacas atadas e muxiámolas cun circuito; aquilo non era vida, nin para as vacas nin para nós

A nova nave, con capacidade para 65 animais en produción e dotada dun robot de muxido Lely Astronaut A5,  está a encherse pouco a pouco con recría propia. Aínda que quedou pensada para poder duplicar nun futuro o número de vacas en produción, a idea de Berta e José Luis a curto prazo non é ampliar, senón aumentar a produción dos animais que agora teñen e gañar en calidade de vida (tanto para o gando como para eles). 

Boa experiencia no paso de circuito a robot

“Nós nunca muxiramos en sala e aínda que no verán botabamos as vacas fóra, levaban xa un ano sen saír da corte vella agardando para facer o traslado para a nova, pero sen estar as vacas acostumadas a andar polo establo e a iren a muxirse libremente, a adaptación foi moi boa, estamos moi contentos”, afirma Berta.

Cambiounos a vida completamente, tanto a nós como ao gando

“A transición foi fantástica, as vacas adaptáronse moi ben e non tivemos ningunha baixa nin tivemos que descargar ningún animal, estamos muxindo as mesmas que muxiamos no outro establo. Aquí as vacas vellas foron as que primeiro entraron ao robot e as que mellor se adaptaron ás novas instalacións. Temos algunha vaca de 7 partos que rexuveneceron desde que viñeron para aquí”, remarca José Luis.

A adaptación foi mellor do que esperábamos. Os robots de hoxe non son os de fai 20 anos, a tecnoloxía avanzou e a fiabilidade que teñen é maior

Para axudarlles a facer o cambio contaron co apoio de Marcos, membro do servizo técnico de Lely, que sempre despraza á granxa a unha persoa durante a fase de posta en marcha para realizar os primeiros dous ou tres pases do gando polo robot xunto aos gandeiros titulares da explotación.

Pasámolo peor os días antes que o día do cambio porque como che meten tanto medo a noite antes xa non durmes. Á hora da verdade non foi para tanto

 “No noso caso foi todo moito mellor do que esperábamos. Había xente que nos metía moito medo pero nós a realidade é que só durmimos aquí a primeira noite”, di Berta, que destaca que “os robots de hoxe non son os de fai 20 anos, a tecnoloxía avanzou e a fiabilidade que teñen é maior, é raro que fallen, os únicos problemas que pode haber e en vacas cos tetos moi pequenos, pero non por unha mala colocación”, asegura.

Comezaron muxindo 48 vacas

Non tiveron que descartar ningunha vaca co paso de circuito a robot e a adaptación dos animais foi rápida

Vitorio SC puxo a andar o seu novo robot de muxido coas 48 vacas que trasladou da corte vella. Malia que os seus animais non estaban acostumados a andar ceibos, optaron por traelas todas xuntas no canto de facer a adaptación de xeito escalonado para non ter que atender aos dous sitios. “Trouxémolas todas de golpe, dun día para outro. O número que tiñamos non era excesivo. Se tiveramos máis igual non o podiamos facer así, porque con 48 o robot tiña tempo libre pero se fosen 60 igual xa era máis complicado”, razoa José Luis.

Trouxémolas todas de golpe o mesmo día e só durmimos a primeira noite no establo

A partir do segundo día, unha vez que as vacas se afixeron ao paso das arrobadeiras e a entrar no robot, xa notaron unha subida constante na produción. “As vacas máis vellas xa deron o leite con normalidade na primeira muxidura, pero as máis novas tardaron máis e os primeiros tres días case non tocaban o pensó do nerviosas que estaban”, din.

A comezos de ano párennos bastantes xovencas. Queremos estabilizarnos entre os 60 e os 65 animais en produción todo o ano

Hoxe están muxindo 52 animais, pero no verán chegaron a ter 56 e agardan un pico de novos partos para comezos de ano que aproximará o número de vacas en produción á capacidade total do robot.

“Queremos estabilizarnos entre 60 e 65 animais en produción todo o ano. Eu penso que esta granxa así, tal como está montada, muxindo 65 vacas ten que dar para vivir unha familia. Eu tampouco quero ser esclava das vacas”, di Berta.

Mellora do benestar do gando e da calidade de vida dos gandeiros

As camas son de carbonato e serrín e os cubículos amplos

Unha das razóns polas que se decantaron pola instalación dun robot de muxido foi para poder seguir atendendo a explotación sen depender da contratación de man de obra externa. “Co que lle pagas a un empregado pagas a letra do robot e a máquina non se equivoca, o leite malo para o tanque non cho manda. Aquí venche calquera traballar, á outra cuadra non che viña ninguén”, di Berta.

Co que che cobra un empregado pagas a letra do robot

“As vacas están moito mellor, máis tranquilas, e nós tamén”, sentencia. “Se imos a algún lado non temos tanta présa porque non tes os horarios tan estritos como se tiveses que virte para muxir. Xa controlas desde o móbil se tes moitos retrasos e xogas con iso porque podes permitirte vir un pouco máis tarde”, razoa.

As vacas están moito mellor, máis tranquilas, e nós tamén

“É unha ferramenta útil, porque ves as que non entraron, que moitas veces son sempre as mesmas, normalmente as que dan pouco leite que están próximas a secarse, polo que tampouco teñen esa urxencia en muxirse, éche o mesmo que pasen 12 horas ou 13. De feito, mantémolas no robot porque de momento temos sitio nel e sóbranlle 5 horas diarias de funcionamento, por iso as estamos aproveitando, pero cando o teñamos completo priorizaremos no lote de produción as vacas que estean dando máis leite e secaremos antes este tipo de vacas que levan xa paridas máis tempo”, explica José Luis.

O software é moi sinxelo de manexar aínda que non teñas moita idea de informática

 “Tiñámoslle bastante medo á parte que ten que ver con revisar os datos no ordenador, porque tampouco é que controlemos moito de informática, pero en realidade son catro cousas e o software é moi sinxelo de manexar”, engade Berta.

Moitas menos horas efectivas de traballo e máis flexibilidade

Berta e José Luis poden pasar agora moito máis tempo coa súa filla Andrea

A rutina diaria de traballo comeza ás 8 da mañá metendo os atrasos, facendo as camas e dándolle o leite ás xatas. “Logo imos almorzar tranquilos, iso é moi importante”, bromea José Luis. O resto do traballo da mañá completase coa alimentación da recría e as vacas secas. “Despois de almorzar imos ver as xatas e as vacas secas que temos nos prados e levarlles de comer se é no inverno, pero sobre as 12 xa estamos outra vez na casa”, di.

Antes botabas o día traballando e non se che vía o traballo; agora temos moita máis flexibilidade

Despois de comer, sobre as 4 e media volven á nave de produción a facer o carro para as vacas de leite, antes de comezar de novo as tarefas de revisión das incidencias do robot e completar a segunda toma diaria da recría pequena. “Pola noite ás 8 ou 8 e media tamén xa temos acabado sempre”, indican. Deste xeito, agora teñen máis tempo para estar coa súa filla, Andrea, que ten 7 anos.

“Aquilo non era viable, tiña os días contados”

Cando se lles pregunta, “e antes que horario tiñades?”, botan a rir. “Ás sete e media da mañá xa tiñas que estar muxindo e á noite acababas ás 9 e media ou máis tarde. Entre muxir e lavar eran dúas horas para muxir só 45 vacas. Botabas todo o día traballando, parabas só o xusto para comer pero moi pouco, e non se che vía o traballo. Por exemplo, estabas todo o día limpando nelas, porque estaban en parrillas, pero non lograbas que estiveran ben”, enumeran.

Berta ten 40 anos e José Luis 45. Na nave vella non podían continuar até a xubilación

A comodidade do gando e a facilidade de manexo son dous dos aspectos que máis valoran das novas instalacións. “Nestes cubículos están moi agusto, as camas aquí son de carbonado con serrín e as vacas están moi cómodas. No establo vello tiñámolas en colchoneta, pero era moi dura, e só tiña 1,10 metros de ancho. E pola parte de atrás tiñan parrillas e trillábanse todas dos pés. Tiñamos que coidalas moito, senón non che duraban nada”, recoñecen.

O deseño da nova nave é aberto e o lugar onde se ubica é aireado, polo que non necesitan ventilación forzada para mitigar os problemas de estrés por calor. “No verán tiñamos unha baixada de produción tremenda e empreñaban moi mal. Nos meses de agosto e setembro era unha casualidade que as vacas quedasen preñadas. Este verán que pasamos aquí non notamos nada iso”, aclara José Luis.

De 26 litros de media a 34 coa mesma alimentación

“No establo vello non lográbamos pasar dunha media de 26 litros e aquí, cos mesmos animais e comendo o mesmo chegamos aos 34 litros. A alimentación é a mesma, o único que se fixo foi sacarlles uns quilos de penso no carro e dárllelos no robot, pero gastar gastamos o mesmo”, remarca José Luis, que considera máis efectivo o aporte de concentrado ao ser personalizado e ir dirixido a aquelas vacas que producen máis.

Cambiou a forma de alimentar pero non a cantidade, seguimos gastando o mesmo

“Antes todas comían o mesmo penso, daba igual que estiveran dando moito leite ou pouco, a todas lles tocaban 10 quilos; aquí sen embargo cada unha come o que merece segundo o que produce”, di. Co salto ao robot, a ración en pesebre de Vitorio SC pasou de levar 10 quilos de concentrado a 6 e o resto subminístrase mediante o punteo do robot.

Silo de millo pouco fermentado

A gandería dispón de carro mesturador propio, o que lles permite facer a ración a medida que os animais a esgotan. “Facémola sempre a mediodía, pero unhas veces antes de comer e outras despois, en función da cantidade que aínda teñan no pesebre. Desta maneira permítenos calcular mellor e que nunca teñan o pesebre baleiro nin botarlles unha comida sobre a outra. Cando che vén o carro a facer a ración vénche sempre á mesma hora e unhas veces pasan fame e outras tiras comida”.

Acabamos o do ano pasado e démoslles uns días alfalfa, pero baixaron moito ao leite e entraban peor ao robot, así que optamos por abrir o silo que acababamos de facer

 A ración que van no carro para as vacas de leite leva normalmente 21 quilos de silo de millo, 21 de silo de herba e 6 de concentrado, aínda que puntualmente neste momento aumentaron un pouco a cantidade de penso para compensar a calidade do silo de millo. “Estabamos metendo 6 quilos de penso no carro pero ao abrir silo novo de millo, mentres non fermente ben, pasamos a 7 quilos”, explica José Luis.

A alfalfa está cara, custounos a 230 euros a tonelada, pero non é capaz de suplir o silo de millo

 “Tivemos que abrilo porque acabamos o silo do ano pasado e metémoslles uns días alfalfa, pero baixaron moito ao leite e incluso entraban peor ao robot porque parecía que estaban máis vagas, así que decidimos abrir o silo novo cando aínda levaba moi poucos días fermentando. O nutrólogo dicíanos que para que fose bo teriamos que deixalo tapado até as Navidades ou cando menos un mínimo de 25 días, pero abrímolo con moito menos tempo ”, engade Berta.

Vitorio SC contrata a maior parte do traballo agrario a empresas de servizos, salvo botar o purín ou segar a herba, “pero a idea é que as vacas dean para pagar a unha empresa que nos faga os traballos de fóra para nós poder centarnos en atender a granxa”, di Berta.

Entregan a Reny Picot

Parideira onde teñen os animais próximos ao parto antes de metelos ao lote de produción no robot de muxido

Vitorio SC entrega o leite a Reny Picot desde hai anos e desde que se cambiou para as novas instalación xa tivo ofertas de outras empresas para lles recoller o leite. “Tal como está o de benestar animal, que cada vez se esixe máis, cos animais atados no establo vello tiñamos menos opción para escoller empresa a quen entregar o leite”, recoñece José Luis.

O aumento da produción fixo que caeran lixeiramente as calidades, que se moven na actualidade no 4% de graxa e no 3,3% de proteína

Están mandando neste momento uns 3.400 litros cada dous días, cando o habitual na corte antiga eran 2.400. Ese aumento de ingresos permítelles pagar o préstamo, aínda que o encarecemento de custos de produción polo que están a pasar as explotacións de leite neste momento está a acurtar as marxes de beneficio.

Dificultades para incrementar a superficie

Pradeira a carón da explotación, que manexa 40 hectáreas de terreo

Vitorio SC dispón dunhas 40 hectáreas de terreo en propiedade e non ven factible a curto prazo facerse con máis superficie. Esa é unha das razón que non lles fai pensar nunha posible ampliación. “Para manter 65 vacas pensó que temos terreo dabondo, pero se quixeramos dobrar para instalar outro robot xa teriamos que facernos con máis superficie”, razoa José Luis.

Dispoñen únicamente de 4 hectáreas en aluguer e incrementaron a SAU a base de mercar e roturar monte

Unha parte da superficie que teñen era terreo de monte de veciños que estaban fóra e que foron mercando e roturando para facer pradeiras e terras de laboreo para o cultivo de millo. Recolleron este ano 16 hectáreas de millo, fronte ás 13 que sementaban habitualmente, pensando en ir incrementando aos animais en produción até completar o robot.

“Case sempre botamos o millo nas mesmas fincas, porque é nas que mellor se dá. Probamos noutras terras pero non funciona igual”, explican. Este ano a colleita foi boa e o xabarín non fixo excesivos estragos. José Luis é moi afeccionado á caza. Vai todas as fins de semana e só no coto de Guitiriz, que ten 24.000 hectáreas, mataron o ano pasado 160 xabaríns, o que contribuíu a recudir os danos nas fincas.

Unha vez ensilado o millo, levantan o cultivo e fan rotación con raigrás. O resto da superficie está a pradeira permanente, nas que ensilan dúas cortas de herba e despois fan pastoreo de limpeza no outono.

Recría en pastoreo

Nunha zona lateral da explotación nova teñen o lote das xatas até que son inseminadas

A nova nave de produción acolle, ademáis das vacas en produción, tamén á recría pequena e as vacas de preparto, o que permitiu a Vitorio SC abandonar por completo a corte vella e centralizar todos os animais nas novas instalacións.

Pero como xeito de reducir custos, Berta e José Luis teñen fóra a recría, nunha parcela de 8 hectáreas a carón da nova nave, que mercaron xa pechada perimetralmente con malla e dotada de todos os servizos (auga e un caseto onde abrigárense no inverno).  “As xatas desde que empreñan e pasan o segundo control de reprodución xa van para fóra. Inseminámolas entre os 13 e os 15 meses de idade”, explica José Luis.

As vacas secas están fóra e volven para o establo de produción na fase de preparto

“As secas e as xovencas xa as tiñamos antes fóra, entre outras cousas porque non tiñamos outra posibilidade onde telas, porque na outra corte dentro non tiñamos sitio. Agora poderiamos telas alí pero así dannos menos traballo fóra”, razoa Berta.

As primeirizas afanse moi ben enseguida. Con poucos días de lactación algunhas xa pasan dos 40 litros

As xovencas non as meten no medio das vacas en produción até que paren para evitar accidentes ou problemas no parto pero aínda así acostúmanse moi rápido ao robot.  “Son moi golosas porque lles gusta moito o penso e en 3 días xa están perfectamente adaptadas ao robot, polo que preferimos non pasalas antes para que non se estresen e non adianten o parto”, explican.

Facer cruzamentos para que as vacas duren máis

Teñen vacas cruzadas de fleckvieh, parda alpina e jersei e van comezar a poñer montbeliard e roja sueca

Debido a que as instalación vellas nas que tiñan o gando non eran cómodas para as vacas, o número de baixas era importante. Por iso levaban anos facendo cruzamentos das súas vacas buscando que os animais lles duraran máis.

Antes cruzabamos sobre todo con jersei para que nos saisen animais máis pequenos pero a partir de agora imos seguir o sistema Procross con montbeliard e roja sueca

“Temos un pouco de todo, algún cruce con parda alpina e con fleckvieh, pero sobre todo con jersei, porque como as vacas tiñan que estar presas e as prazas eran pequenas ao cruzar as frisonas con jersei saíannos animais máis pequenos. Antes non podíamos ter vacas grandes porque se machacaban moito, pero agora xa non temos esa limitación e imos empezar a facer os cruzamentos con montbeliar de roja sueca seguindo o sistema Procross de tres razas”, avanza José Luis.

As holstein igual dan máis litros, pero non máis cartos, porque tes que gastar moito máis na vaca

“As holstein igual dan máis litros pero non máis cartos, porque a frisona pura é unha vaca moi boa pero é máis delicada e o que hai que ver é a rendibilidade a fin de ano ou a ganancia que che deu esa vaca a hora de marchar para o matadoiro. Eu penso que as vacas cruzadas son máis rendibles, porque dan máis calidades, empreñan mellor, duran máis e dan menos problemas metabólicos ou de patas”, resume.

Canto máis nos duren as vacas menos recría imos necesitar para medrar

Consideran que as vacas procross son animais equilibrados en canto a produción e durabilidade que é precisamente o que buscan en Vitorio SC. “Canto máis nos duren as vacas máis rápido poderemos medrar porque menos recría nos vai facer falta e tamén menos imos ter que gastar no mentemento das vacas”, razoa José Luis.

O traslado retrasouse un ano por culpa da luz

Vista do novo establo desde a parte de arriba da parcela

Desde que Berta e José Luis se decidiron a modernizar as instalación nas que traballaban pasaron máis de dous anos até que puideron estrealas. “Viñemos para aquí comer as sardiñas o 23 de xuño, víspera de San Xoán, pero levabamos un ano esperando para trasladarnos por culpa da luz. Desde a casa pedíannos 80.000 euros para traer o tendido, e iso que non está tan lonxe, xa que estamos a 700 metros, así que tivemos que mercar unha finca e traer a luz desde outro transformador que había máis cerca. Pero como levaba máis de 10 anos posto non valeu polo tema dos ruídos, e houbo que mercar outro transformador novo e cambiar unha torreta por un rego que había. Para cambiar a torreta ingresámoslles en outubro do ano pasado 13.000 euros e cambiáronnola en abril. Ao final chegar coa luz até aquí saiunos en máis de 30.000 euros, pero aínda case é peor o tempo de espera con todo listo”, relata José Luis.

Pedíannos 80.000 euros por traer o tendido até aquí, é unha barbaridade, case é medio robot. E despois ter que pagarlles a luz todos os meses, e agora non é barata precisamente

O da luz non foi o único aspecto normativo ao que tiveron que adaptarse. “Cando estábamos facendo os planos para a nave no 2019 saiu unha lei de montes que nos obrigou a movela de sitio porque tiñamos que deixar 50 metros ás masas forestais. Onde a queríamos facer o terreo é máis chao e non tiñamos que picar na pena como tivemos que facer aquí. Iso encareceunos a explanación do terreo. A metade do crédito xa se nos foi niso, e iso que é un amigo noso o que nolo fixo e non nos sableou”, conta Berta.

Fosa de xurro circular

Entre a explanación do terreo, os planos, licenzas e permisos, a construción da nave, a instalación do robot e a fosa de xurro Vitorio SC investiu case 600.000 euros. Para a fosa do purín optaron por un deseño circular en formigón, construída con material prefabricado da empresa Rodiñas.

Aforramos 15.000 euros a respecto dunha fosa cadrada coa mesma capacidade

“Hai poucas feitas deste estilo porque ocupa máis espazo, pero é máis barata que as convencionais de deseño cadrado, nós aforramos uns 15.000 euros nela. Ten capacidade para 1,1 millóns de metros cúbicos e custounos 30.000 euros; se fora das outras saíanos por 45.000”, conta José Luis.

Canto estabamos facendo os planos saíu unha norma e tivemos que cambiar de sitio a nave para retranquear 50 metros das masas forestais

Ademais, ten outra vantaxe á hora de bater o purín co revolvedor, ao non ter esquinas, asegura, e xa vén preparada tamén para a colocación dun toldo circular á medida feito pola empresa Toldos Gómez. “Nós estamos contentos coa elección e se instalásemos un segundo robot montaríamos tamén outra fosa deste tipo, de feito xa deixamos a saída e a canalización preparada tamén”, di.  

As vantaxes dunha transición con poucos animais

Datos da explotación desde a posta en marcha do robot até finais de outubro

A marca Lely, pioneira nos sistemas de muxido automatizado, conta neste momento en Galicia con máis de 300 robots instalados e outros tantos en Asturias, Cantabria e País Vasco. Yolanda Trillo Dono é Farm Management Support (FMS) de Lely e destaca as vantaxes de arrincar o funcionamento do robot cun número de animais inferior á súa capacidade total.

“A vantaxe de ter a posibilidade de facer unha transición con poucos animais deriva nun manexo máis suave e progresivo do rabaño, isto é, unha mellor adaptación para as vacas e o persoal da granxa”, asegura.

Fixeron manexo en lotes os primeiros días e conseguiron alcanzar os 2,5 muxidos de media aos 5 días de arrincar o robot

“Neste caso concreto de  Vitorio  SC, tal como recalcan Berta e José Luis, non necesitaron quedar de noite porque fixeron manexo en lotes os primeiros días e conseguiron alcanzar os 2,5 muxidos de media aos 5 días de entrar no robot con 48 vacas, é dicir, as que precisaban máis de dous muxidos facíanos de forma voluntaria e eles só arrimaban ás vacas máis atrasadas”, aclara.

Ademais, indica, “o incremento en produción foi espectacular e os efectos observáronse rapidamente. Na actualidade, mesmo cos días en leite máis altos con respecto ao momento do arranque, conseguen unha media de 33 kg de leite (4% de graxa e 3,30% de proteína) fronte ao 26 kg de leite (4,2% de graxa e 3,35% de proteína) de media no cortello antigo”, destaca.

Reportaxe elaborada por Campo Galego coa colaboración comercial de Lely