Archives

O Grupo Lactalis recolleu un 10% menos de leite en 2022 en España e reduciu os seus beneficios

O grupo francés Lactalis, líder mundial no sector lácteo, comprou en 2022 aos gandeiros españois un 10% menos de leite pero incrementou a súa facturación nun 25%, grazas ao incremento dos prezos medios de venda á distribución. Con todo, os seus beneficios reducíronse debido fundamentalmente ao incremento do prezo do leite en orixe e do custo da enerxía, superior á suba que aplicaron aos supermercados. Así se recolle no Informe de Responsabilidade Social Corporativa do ano 2022 que acaba de publicar a compañía. En concreto, o pasado ano o Grupo Lactalis recolleu 893 millóns de litros de leite en 461 municipios españois e colaborou con 1.703 gandarías que producen leite de vaca, ovella e cabra, o que supón unha redución do 10% con respecto aos 1000 millóns de litros recolleitos en 2021. No caso de Galicia recolleu o pasado ano 457 millóns de litros de leite en Galicia, correspondentes a máis de 1.172 gandarías colaboradoras, 45 millóns de litros menos que en 2021. En termos económicos, o Grupo Lactalis alcanzou unha cifra de negocio de 1.513 millóns de euros durante 2022 e 959.069 toneladas de volume de vendas, dun portfolio de leites, queixos, iogures, natas e manteigas que inclúe máis de 1.000 referencias distintas. A facturación foi un 25% superior con respecto aos 1212 millóns de euros de 2021, grazas ao incremento dos prezos de venda á distribución. Porén, desde a compañía francesa, puntualizan que “o aumento nas vendas e na cifra de negocios, con todo, contrasta coa redución do beneficio da compañía no exercicio pasado polo forte incremento nos custos de produción que interveñen na elaboración de alimentos lácteos (leite en orixe, enerxía, transporte, materiais....)”.

Grupo Lactalis inviste máis de 3,2 millóns de euros nas súas plantas galegas en 2022

Por outra banda, e co propósito de que os seus procesos de produción sexan máis eficientes e sustentables, Grupo Lactalis destaca que no ano 2022 destinou 3,2 millóns de euros para modernizar as súas plantas de Nadela e Villalba, onde se envasan marcas destacadas como Puleva ou Président e traballan máis de 300 persoas. En total, no cinco comunidades autónomas nas que está presente o grupo en España (Galicia, Andalucía, Castela-A Mancha, Castela e León e Cataluña) investiuse un total de 24,6 millóns de euros en 2022, a maior cantidade dos últimos 5 anos. Desde 2015, Grupo Lactalis investiu en España 181 millóns de euros.

Grupo Lactalis celebra 40 anos en España apostando pola calidade, a innovación e o investimento

Máis de 1000 referencias no mercado, 8 plantas de elaboración de leite, queixos, iogures, natas e manteigas, 2.500 empregados e empregadas, 2.000 gandarías colaboradoras ou 135 millóns de investimento no noso país, nos últimos 7 anos, son algunhas das grandes cifras de Grupo Lactalis en España que, en 2023, celebra o seu 40 aniversario de presenza no noso país.

Desde a compra dunha queixería de Vilalba en 1983, para fabricar en España o seu soado camembert Président, unha das insignias da compañía, a empresa familiar líder no sector dos lácteos a nivel mundial foi evolucionando coa sociedade española e centrou o seu desenvolvemento no noso país sobre a base de catro compromisos fundamentais: compromiso coa calidade inigualable dos seus alimentos lácteos; compromiso co desenvolvemento dos territorios nos que está presente -a través do investimento constante nas súas plantas e da creación de emprego estable-; compromiso coas persoas -tanto consumidoras como traballadoras da organización- e compromiso coa sustentabilidade.

“Cada día destes 40 anos traballamos en elaborar propostas que cubran as necesidades das persoas consumidoras, ofrecendo ao mercado alimentos de gran calidade e variedade e facendo achegas tecnolóxicas esenciais e innovadoras para o desenvolvemento do sector lácteo en España. E todo iso grazas ás nosas gandarías colaboradoras e a un equipo humano de máis de 2.500 persoas que conforman a familia Lactalis. Sen eles, e sen todas as persoas que nalgún momento formaron parte desta compañía, non poderíamos converternos no que hoxe somos, o maior grupo lácteo español”, afirma Ignacio Elola, conselleiro delegado de Grupo Lactalis Iberia.

Unha sólida traxectoria

Os primeiros anos de Grupo Lactalis en España, na década dos 80, centráronse en establecer cimentos industriais sólidos no noso país, incorporando ás primeiras instalacións da compañía, en Galicia, tecnoloxía punteira e innovadora no tratamento do leite e na elaboración de queixos de pasta branda, así como achegando ás gandarías sistemas de refrixeración do leite que permitían unha maior eficiencia nas granxas.

A partir de 1990 o foco amplíase á parte comercial e á creación dunha sólida rede de distribución e comercialización dos leites e queixos da compañía, coincidindo co desenvolvemento do comercio polo miúdo en España e o inicio das grandes superficies.

Co cambio de milenio, en 2000, a expansión de Grupo Lactalis non cesa e pasa por ir incorporando ao seu portfolio primeiras marcas en todas as categorías de alimentos lácteos: en 2004 engádense á oferta Lactalis o batido Choleck e a horchata Chufi; en 2007 prodúcese a incorporación do seu queixo máis icónico, Flor de Esgueva, o inicio da comercialización en España de Galbani e a creación da joint venture para lácteos refrixerados e sobremesas frescas con Nestlé, Lactalis Nestlé, con La Lechera, Dalky ou Flanby como propostas máis destacadas; e chega 2010, -ano de España- para Grupo Lactalis a nivel internacional, no que se produce a adquisición de Puleva, Forlasa e Sanutri. Estas incorporacións fortalecen ao Grupo en tres áreas de gran relevancia: o leite de consumo, o queixo e a nutrición clínica. Tan só un ano máis tarde, adquírese o 100% do leite El Castillo.

En 2012 complétanse todas as áreas da compañía coa creación de Lactalis Foodservice, unidade de negocio focalizada na canle HORECA e en atender as necesidades dos profesionais da hostalaría.

É, a partir dese momento, cando dá comezo a consolidación da compañía, continuando coa ambición por mellorar continuamente e a procura permanente da maior e mellor calidade dos queixos, leites, iogures, manteigas, natas, sobremesas lácteas, etcétera, xunto á creación de novas liñas de innovación que atendan as necesidades de todas as persoas consumidoras.

Compromiso cos territorios

Grupo Lactalis, desde a súa chegada a España, mostrou o seu compromiso cos territorios nos que opera. Un exemplo de todo iso é a súa aposta pola España baleirada, pois seis das oito plantas están situadas en poboacións de menos de 25.000 habitantes.

Ademais, colabora con máis de 2.000 gandarías de vacas, ovellas e cabras de 445 municipios rurais. Creáronse, así, relacións de longa duración, pois Grupo Lactalis ten gandarías coas que traballa desde fai máis de tres décadas.

Este compromiso cos territorios mantense no tempo; de feito, no últimos cinco anos, Grupo Lactalis investiu máis de 135 millóns de euros na mellora das plantas de Castela León, Castela a Mancha, Andalucía, Cataluña e Galicia.

Compromiso co planeta

Grupo Lactalis estableceu tres prioridades fundamentais en materia de sustentabilidade: benestar animal, descarbonización da actividade industrial e packaging responsable.

Actualmente, é a empresa láctea con máis granxas certificadas en Benestar Animal e quere continuar esta sinerxía coas gandarías para garantir a calidade de vida dos animais produtores de leite. Por outra banda, todas as plantas do grupo teñen plans de redución da pegada de carbono, co obxectivo de alcanzar a neutralidade de carbono en 2050, ao que se engade que a compañía en España traballa cun 50% de enerxía de orixe renovable. En canto aos envases e embalaxes, a compañía está centrada na minimización do uso de plásticos e de papel, así como na introdución dunha porcentaxe crecente de materiais de orixe reciclada e na redución da mestura para facilitar a reciclaxe.

Compromiso coas persoas

Pero, sen dúbida, o capital máis importante do que dispuxo durante estes 40 anos Grupo Lactalis é o seu equipo humano, as 2.500 persoas que forman parte da familia Lactalis en España e todas as persoas que pasaron pola compañía estes anos, que achegaron o seu coñecemento, experiencia e compromiso e que se guiaron no seu desenvolvemento polo tres valores fundamentais nos que se apoia a organización: ambición, compromiso e sinxeleza.

Sobre o Grupo Lactalis

O Grupo Lactalis, líder mundial en produtos lácteos, é unha empresa familiar con presenza en España desde 1983. A nivel global atópase en 85 países, conta con 85.500 colaboradores, opera en máis de 270 fábricas e ten como obxectivo ofrecer ás persoas consumidoras unha gama cada vez máis ampla de produtos lácteos sans, saborosos, seguros e sustentables.

En España, na súa decidida aposta pola creación de valor nas rexións nas que opera, o Grupo Lactalis conta con 8 fábricas situadas na contorna rural nas que traballan máis de 2.500 persoas e colabora con máis de 2.000 gandarías, sendo a compañía láctea española con máis granxas certificadas en Benestar Animal. Comprometida, ademais, coa economía circular, o coidado do medioambiente e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable marcados por Nacións Unidas, Lactalis mellorou a sustentabilidade dos seus envases e ten reducido a pegada hídrica e de carbono da súa cadea de produción. Puleva, Lauki, RAM,El Castillo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, El Ventero, Chufi, Galbani ou Président son algunhas das súas marcas.

Máis información na web www.lactalis.es

 

Grupo Lactalis inviste máis de 3 millóns de euros nas súas plantas galegas en 2021

Grupo Lactalis, líder mundial en produtos lácteos, informa de que durante 2021 destinou máis de 3 millóns de euros -29,2 millóns de euros en total desde 2015-, para modernizar as súas plantas de Nadela e Villalba, onde se envasan marcas como Puleva ou Président. En total, no cinco comunidades autónomas nas que se atopa presente o Grupo (Galicia, Andalucía, Castela-A Mancha, Castela e León e Cataluña) investíronse o pasado ano un total de 15,7 millóns de euros.

No Informe de Responsabilidade Corporativa do ano 2021, a compañía afianzou a súa aposta por un modelo de negocio máis responsable e sustentable co medio ambiente. Neste sentido, a organización fixouse tres obxectivos claros, tamén recollidos na Axenda 2030: avanzar no benestar animal, reducir a pegada de carbono e impulsar a economía circular e o packaging sustentable. En palabras de Ignacio Elola, conselleiro delegado de Grupo Lactalis en España: “Queremos seguir minorando o impacto ambiental asociado á nosa actividade industrial e continuar incrementando o desenvolvemento e a dinamización social e económica que xeramos alí onde estamos presentes”.

Comprometidos con Galicia

Desde que Grupo Lactalis desembarcase en España en 1983, na planta de Villalba de Galicia, a compañía foi aos poucos gañando presenza no mercado lácteo español incorporando novas marcas á súa carteira de produtos, por exemplo Puleva, Flor de Esgueva, Lauki, Chufi e El Castillo, entre outros. Sendo consciente do necesario que é xerar emprego nos municipios menos poboados do país, Grupo Lactalis actuou todos estes anos como un actor económico relevante e estable nestas zonas. En 2021 Grupo Lactalis contou cun total de 280 persoas en persoal nas súas fábricas de Galicia e colaborou cun total de 40 transportistas locais.

Polo que se refire á actividade específica da recollida, en 2021, Grupo Lactalis comprou 502 millóns de litros de leite en Galicia, provenientes de máis de 1.400 gandarías colaboradoras. Así mesmo, todo o leite ecolóxico que se recolle en España está envasada na planta de Villalba (Lugo). En 2021 recolléronse máis de 14 millóns de litros desta variedade de leite en colaboración con 54 granxas de vacas en ecolóxico.

Aposta polo Benestar Animal

O benestar animal é importante para Grupo Lactalis. Actualmente, a compañía conta con 45 certificados de AENOR en ámbitos como xestión da calidade, xestión ambiental, seguridade alimentaria e benestar animal. Ademais, Grupo Lactalis é a empresa láctea con máis granxas certificadas en Benestar Animal en España. De feito, un dos obxectivos que ten a compañía é certificar todas as súas gandarías co selo de Benestar Animal Welfair, unha das acreditacións máis esixentes a nivel europeo que verifica as vacas vivan en condicións de benestar eticamente responsable. 2021 pechouse con 1.526 gandarías de vacún certificadas en toda España co selo Welfair, converténdose actualmente Grupo Lactalis na empresa láctea española con máis granxas colaboradoras con este recoñecemento. Delas, 1.292 son gandarías galegas, un 92%, recollendo un total de 488 millóns de litros de leite.

Redución da pegada ambiental

A redución da pegada hídrica e de carbono tamén se aborda desde distintos ámbitos. Actualmente todas as marcas que forman parte de Grupo Lactalis apostan por materiais máis reciclables e circulares que poidan ter máis vidas útiles. Así mesmo, cada vez empréganse máis plásticos e vidros de orixe reciclada e envases de orixe vexetal.

Proba diso son as innovacións realizadas nos tetrabriks de Puleva e Lauki, dúas marcas bandeira da compañía, que xa dispoñen do tapón atado ao envase para que poida reciclarse máis facilmente. Grupo Lactalis elixiu España como primeiro país para iniciar a proba piloto de tapóns adheridos á botella na referencia Puleva Fresca Semidesnatada, elaborada na fábrica de Nadela.

Así mesmo, durante o primeiro semestre de 2021, eliminouse o uso das palliñas de plástico, substituíndoas por palliñas de cartón 100% reciclaxe. Pola súa banda, Lactalis Nestlé conseguiu reducir un 50% de uso de plástico na bebida de café con leite ao eliminar a tapa superior de plástico e Lactalis Forlasa eliminou un 15% de plástico evitando a utilización dos separadores de lonchas.

Grupo Lactalis conseguiu reducir 3.388 toneladas de plástico durante o exercicio anterior, así como 104.128 toneladas de emisións de CO2 emitidas á atmosfera, un 75% máis que en 2020. Así mesmo, Grupo Lactalis conseguiu aforrar máis de 24 millóns de litros de auga e un aforro de enerxía de preto de 4 millóns de quilowatts.

Comprometidos coa saúde

Grupo Lactalis está comprometido tamén coa saúde das persoas consumidoras. Os produtos da compañía están en continua evolución, xa que se traballa diariamente pola simplificación das receitas, a través da redución do azucre, o sal e os aditivos. Desta maneira, Grupo Lactalis traballa no desenvolvemento de produtos adaptados ás necesidades nutricionais específicas dos seus consumidores. Dentro dos compromisos nutricionais de Grupo Lactalis incluídos na súa estratexia de RSC, exponse a redución de azucres engadidos nas súas receitas.

Desta maneira, Lactalis Puleva conseguiu unha diminución global do 45% da cantidade de azucre nos seus produtos: tres veces máis do compromiso adquirido polo conxunto do sector coas autoridades sanitarias. Pola súa banda, Lactalis-Nestlé, a división de iogures e sobremesas lácteas eliminou os azucres engadidos no 57% das referencias que comercializa baixo as súas marcas de Nestlé. Ademais, Lactalis Forlasa continuou ampliando a súa oferta de queixos frescos e adaptados a diferentes necesidades nutricionais e, por último, Grupo Lactalis no seu conxunto eliminou o aceite de palma nos produtos elaborados en España.

Como reflexo deste compromiso coa nutrición de calidade, no ano 2014 creouse o Instituto Puleva de Nutrición, unha organización que promove a investigación e divulgación no campo da Nutrición e Dietética (hábitos de consumo de mozos e adultos), así como a saúde cardiovascular, ósea e dixestiva. En todos estes anos puxéronse en marcha distintas iniciativas divulgativas do valor nutricional dos lácteos, como o blog Un Vaso de Ciencia (UVC) que conta xa cun gran número de colaboradores de primeiro nivel na súa especialidade profesional.

Comportamento económico

En termos económicos, Grupo Lactalis alcanzou en España unha cifra de negocio de 1.212 millóns de euros durante 2021 e deu emprego a 2.462 persoas.

Fundado en 1933, Grupo Lactalis é unha empresa familiar desde fai tres xeracións. Líder mundial dos produtos lácteos, o grupo conta con 85.500 colaboradores en máis de 85 países, opera en máis de 260 plantas en todo o mundo e o seu propósito é ofrecer a diario produtos sans, saborosos, saudables e sustentables.

En España, Grupo Lactalis conta con 8 plantas. Ademais, adquire leite a nivel nacional a máis de 2.000 gandarías colaboradoras. Entre os seus produtos atópanse marcas como Galbani, Président, Puleva, Lauki, RAM, El Castillo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, El Ventero ou Chufi.

Grupo Lactalis, 40 anos contribuíndo ao desenvolvemento rural galego

Grupo Lactalis é unha compañía familiar, de dimensión internacional, cun forte arraigamento en Galicia, rexión na que está presente e xera emprego e investimentos desde fai máis de catro décadas. O Grupo iniciou a súa traxectoria en España, de feito, nesta comunidade autónoma en 1983, coa adquisición dunha planta de elaboración de queixo no municipio lucense de Vilalba.

Case 40 anos máis tarde, Grupo Lactalis segue vinculado a esta provincia galega, recollendo e elaborando leite das ganderías da rexión e creando postos de traballo directos e indirectos. Por esta razón, a compañía xoga un importante papel no desenvolvemento do ámbito rural galego, sendo fundamentais, especialmente, na provincia de Lugo para o mantemento e futuro de moitas pequenas e medianas ganderías e para o conxunto da comunidade autónoma.

Emprego e investimento

A día de hoxe, as plantas de Vilalba e Nadela son bos exemplos do compromiso do Grupo co desenvolvemento rural a través da xeración de preto de 280 empregos directos. Estes centros envasan a maior parte do leite recollido en Galicia, baixo marcas tan emblemáticas como Puleva ou Président.

Por outra banda, o volume de recollida é moi destacado en Galicia, onde se recolle aproximadamente a metade de leite que elabora Lactalis en España (20% do total de leite que se produce en Galicia).

Ademais, Lactalis investiu máis de 25 millóns de euros nas súas dúas plantas lucenses durante os últimos anos, o que permitiu a súa continua modernización e a mellora da súa eficiencia e sustentabilidade.

Liña de produción da planta de Vilalba.

Respecto polo medio ambiente

Grupo Lactalis segue avanzando para diminuír o impacto da súa actividade no medioambiente. Actualmente todas as plantas de Lactalis en España traballan con combustible limpo. Desde o ano 2021, o 50% da electricidade que se utiliza na compañía é de orixe renovable grazas a un acordo asinado con ENGIE España, que permite reducir un 10% as súas emisións de CO2.

A preocupación polo medioambiente trasládase tamén á actividade de recollida, onde continuamente melloran a eficiencia dos roteiros para diminuír o número de quilómetros por cada litro de leite recollido e trabállase coas ganderías para avanzar na medición e contención da pegada de carbono.

A nivel de envases, o 100% son reciclables e o Grupo traballa no seu ecodiseño e na incorporación de material reciclado na súa fabricación. Polo que se refire ao benestar animal, outro dos obxectivos de Grupo Lactalis é certificar todo o leite co que traballa en benestar animal (selo ‘Animal Welfare’ de Aenor). Actualmente Grupo Lactalis é a empresa láctea española con máis granxas colaboradoras con este recoñecemento.

Compromiso coa sociedade

Finalmente, Grupo Lactalis tamén apoia pequenas iniciativas deportivas ou culturais en cada unha das pequenas poboacións nas que está presente, contribuíndo de maneira responsable á súa vida social.

Un exemplo é o patrocinio do Racing Club Villalbés, que ten como obxectivo impulsar valores de saúde, deporte, esforzo e superación, así como favorecer e impulsar a actividade física nas novas xeracións e reafirmar o compromiso coas institucións deportivas. Ademais, Lactalis colabora co equipo Genuine, conformado por mozos e mozas con capacidades múltiples.

Igualmente, a compañía familiar líder no sector dos lácteos a nivel mundial colabora tamén cos bancos de alimentos locais e con outras entidades sociais a través da doazón de produtos das súas plantas.

Lactalis Nestlé lanza dúas novidades moi especiais para celebrar o seu 50 aniversario

Ao longo de 2022, Lactalis Nestlé conmemora medio século do primeiro iogur comercializado pola súa marca en España. Desde que se venderon os primeiros iogures Nestlé, baixo a denominación comercial Chamburcy nese momento, a historia da marca tivo como denominador común a constante procura da innovación.

De feito, as novidades hanse ir desenvolvendo desde as etapas máis temperás da compañía, por exemplo a primeira copa de chocolate con nata, lanzada en 1974 con gran éxito no noso país baixo o nome de Dalky. Esta marca, igual que outras como La Lechera, Flanby ou Sveltesse, seguen aínda activas no mercado, conquistando ás familias 50 anos despois.

Nun ano tan especial para Lactalis Nestlé como o dos seus 50 aniversarios, a compañía quixo involucrar ao consumidor na celebración cun potente plan de innovación. E para iso, en abril, lanzáronse dous novos produtos que aspiran, unha vez máis, a revolucionar o mercado: La Lechera Trío e Nestlé Gold Natillas Crujientes.

La Lechera Trío de Sabor

O segmento de iogur vidro é o máis representativo da marca La Lechera, pois é o produto co que a marca se lanzou en España na década dos 80. Desde entón, desenvolveuno constantemente a través da innovación e da comunicación: é a única marca de iogures en vidro que inviste anualmente en Medios (TV e Dixital) para seguir desenvolvendo este segmento e achegar valor.

No ano do 50 aniversario, La Lechera volve sorprender e presenta o seu primeiro iogur vidro tricapa, Trío de Sabor. Unha auténtica explosión de sabor que permite gozar en cada cullerada da combinación fresca e cremosa do iogur con deliciosas froitas e unha irresistible crema tipo coulis no fondo, no envase de vidro reciclable de sempre.

Esta nova gama estará composta de dúas variedades: Mazá caramelizada con iogur cremoso e un toque final de doce caramelo ou Marmelada de amorodo con iogur cremoso e un toque final de intenso chocolate.

Nestlé Gold Natillas Crocantes

Nestlé Gold saíu ao mercado en 2013 e desde o primeiro momento revolucionou o segmento de mousse e instalouse como líder, cun produto totalmente innovador: a primeira mousse con finas capas de chocolate crocante. Esta marca apóiase en comunicación cunha suxestiva campaña de TV que Provoca os teus Sentidos.

Agora, en 2022, Nestlé Gold propúxose revolucionar o segmento de natillas coas primeiras natillas crocantes do mercado. Coa súa tecnoloxía patentada de finas capas crocantes de chocolate, Nestlé Gold presenta un irresistible contraste de texturas entre unha deliciosa natilla de chocolate ou vainilla cunha espiral de láminas de chocolate intenso. Así, volve Provocar os teus Sentidos.

“Este mercado tivo sempre un gran dinamismo, coa aparición de constantes novidades e unha alta renovación da oferta” explica Alicia Fernández, directora de mercadotecnia de Lactalis Nestlé en España.

“A innovación forma parte do noso ADN e é nosa maior achega ao desenvolvemento da categoría, creando valor ao consumidor, aos nosos clientes e a toda a cadea. Esperamos que co La Lechera Trío e Nestlé Gold Natillas Crujientes podamos, unha vez máis, sorprender ao consumidor, achegándolle, á vez, os nosos rasgos de identidade de sempre: Innovación, Nutrición e Pracer”.

Os lanzamentos serán apoiados por unha campaña de publicidade en medios e en redes sociais, así como con promocións en puntos de venda e concursos.

Os transportistas permiten sacar produto das industrias lácteas para que poidan manter a recollida nas granxas

Gandeiros cos seus tractores no polígono das Gándaras, antes de comezar a marcha conxunta cos camioneiros A intención do Goberno de aplacar os ánimos dos transportistas co anuncio lanzado este luns dunha bonificación de 500 millóns de euros, sen maior concreción, tivo o efecto contrario, facendo que máis camioneiros se uniran ao paro e facendo máis evidente tamén o apoio desde distintos sectores, como o agrogandeiro ou o forestal. Ducias de tractores, tratantes de gando e empresas de maquinaria marcharon este martes durante máis de 4 horas polo centro de Lugo nunha marcha multitudinaria e recibida con aplausos dos cidadáns nas rúas. A asociación Agromuralla, que desde o comezo do paro apoiou abertamente aos camioneiros, mobilizou aos seus asociados e quixo apelar á reflexión dos consumidores portando carteis nos seus tractores co lema Se os produtores de alimentos paramos, que lles darás de comer aos teus fillos? Os gandeiros están a sufrir en moitos casos en carne propia as consecuencias da folga, con dificultades para dar saída ás súas producións e para a entrada de insumos nas granxas, pero móstranse comprensivos coa situación que está a levar aos camioneiros a protestar e que tamén están a sufrir outros sectores afectados pola suba dos combustibles. Balóns de osíxeno para o sector agrogandeiro Á caravana polas rúas da cidade de Lugo sumáronse tamén tratantes de gando e empresas de maquinaria Por parte dos camioneiros que secundan o paro anunciábase a primeira hora da mañá que no día de hoxe permitirían sacar produtos lácteos das industrias de transformación asentadas en Galicia, ao igual que no día de onte se permitiu a saída do peixe almacenado desde a semana pasada na lonxa da Coruña. “O sábado abrimos esa ventá aos gandeiros para que as empresas de fabricación de pensos puideran sacar cereal do porto da Coruña porque é certo que estaban moi afogados nas granxas e hoxe permitiremos saír produtos lácteos das industrias para desconxestionar os seus almacéns e que poidan seguir recollendo o leite”, anunciou esta mañá Antonio Señarís Del Río, presidente da Asociación Coruñesa de Empresarios de Transporte (Ascetra) e da Federación Galega de Transportistas (Fetran), entidades que se sumaron ao paro convocado inicialmente pola Plataforma en Defensa del Sector del Transporte de Mercancías por Carretera, da que Fetran non forma parte.
Imos permitir desatoar os almacéns das fábricas para que poidan seguir recollendo o leite aos gandeiros
“Estamos permitindo balóns de osíxeno para certos sectores. A fin de semana abriuse o acceso ao gran no porto da Coruña para que puideran comer os animais. Os fabricantes de penso dixéronos que teñen abastecemento até mañá mércores e hoxe temos que desatoar dalgún xeito os almacéns das fábricas permitindo sacar produto elaborado para que poidan seguir recollendo leite nas granxas e que os gandeiros non perdan cartos”, insistiu. Autónomos que traballan para Leite Río tamén participaron este martes na marcha de protesta polas rúas de Lugo Señarís considera insuficientes as medidas anunciadas este luns pola ministra de Transportes: “Seguimos co paro porque non estamos de acordo coas medidas anunciadas polo Goberno. Fixemos cálculos e serían 1.200€ ao ano por camión, iso son 100€ ao mes, é dicir, unha insignificancia para como está a situación actual do transporte e do combustible, é case unha burla ao noso sector”, considera.
Co paso dos días Lactalis, Nestlé, Celta, Río ou Entrepinares sufriron problemas de subministro de materiais e saída de produto e refugallos
“Os que asinaron o acordo co Goberno son a gran patronal, os grandes flotistas e operadores de transporte. Aos que nos consideran minoritarios, os autónomos, somos máis de 40.000 en toda Galicia. Queremos unha estabilización do gasóleo e un cobro mínimo nas tarifas do transporte, non traballar por debaixo de custos que é o que nos está levando á ruína”, conclúe o presidente da Federación Galega de Transportistas. 
Ignacio Elola. Conselleiro delegado do Grupo Lactalis

“Temos mil camións de produto terminado na factoría de Vilalba”

Ante a magnitude do problema, o conselleiro delegado do Grupo Lactalis, Ignacio Elola, desprazouse en persoa a Galicia para abordar a crise, que na comunidade afecta ás dúas plantas da compañía, ubicadas en Lugo e Vilalba. Nun primeiro contacto teléfonico con representantes dos transportistas en folga, na xornada de onte, Elola logrou o compromiso de que se abrise unha fiestra de 24 horas para a entrada de suministros de embalaxe ás fábricas de leite e para sacar produto final. Para a tarde de hoxe, ten prevista xa unha reunión presencial cos transportistas, para tratar de consolidar unha canle que permita solucionar as incidencias.
A fiestra para introducir e sacar produto abriuse ás 6 da mañá de hoxe e péchase ás 6 da mañá do mércores, polo que o alivio é provisional
“A situación é crítica, cun colapso das plantas logo de que durante 9 días non puideramos introducir suministros de embalaxe nin practicamente sacar produto terminado” -explica o conselleiro delegado do Grupo Lactalis-. “Só na factoría de Vilalba temos mil camións de produto terminado en stock. Se non fósemos capaces de alixeirar ese stock, teriamos que pechar a produción” -advirte-. “Xa non se trata de entregarlle o produto ó cliente final, senón de sacar o produto a outros almacéns da compañía”, apunta. A fiestra para introducir e sacar produto abriuse ás 6 da mañá de hoxe e péchase ás 6 da mañá do mércores, polo que o alivio é provisional. “Descargaremos algo os almacéns e a ver se damos recibido papel, cartón e palés, pero en 24 horas volveremos ter problemas”, pronostica Elola, que lembra que na planta de Vilalba teñen 700.000 litros de leite pendentes de procesar. “Se non somos capaces de facelo, esa produción perderase”, advirte. Reunión De cara a abrir novos corredores de urxencia cando sexa preciso, Elola manterá esta tarde unha reunión cos transportistas. “Este tipo de xestións, como as que estamos facendo nós cos transportistas, debería telas feito o Ministerio de Transportes, con independencia de que tamén teña que abordar unha solución ó conflicto xeral”, valora o conselleiro delegado do Grupo Lactalis, que en declaracións a Campo Galego si recoñeceu a colaboración da Consellería do Medio Rural na busca de solucións ás incidencias das industrias.
Na planta de Vilalba temos 700.000 litros de leite pendentes de procesar; se non somos capaces de facelo, esa produción perderase
O sector está agora á espera de que o Goberno sexa capaz de concretar unha saída canto antes para a folga do transporte, logo de anunciar onte unha bonificación en xenérico de 500 millóns de euros para os transportistas. Granxas En relación ás granxas que se están vendo na situación de ter que tirar leite, o conselleiro delegado do Grupo Lactalis lamenta os problemas que se están rexistrando no campo e apunta á magnitude do problema se as administracións non logran unha solución inmediata: “Estamos falando de que en Galicia se producen cada día 6 millóns de litros de leite”, lembra. Preguntado sobre a posibilidade de que Lactalis lles abone unha compensación ás granxas afectadas por ter que tirar o leite de xeito puntual, Elola sinala que nestes momentos está centrado en solucionar a grave crise que enfrontan as fábricas, sen descartar que nun futuro se poida valorar esa posibilidade.

O Goberno anuncia que regulará os contratos do leite no campo para evitar prezos por baixo dos custos

Tódolos contratos de compravenda de leite entre gandeiros e industrias lácteas deberán levar unha cláusula de obrigado cumprimento que sirva para cubrir os custos de produción. Así o anunciou no Senado o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, quen comprometeu un Real Decreto para abordar esta cuestión de xeito específico no sector lácteo. Esta é unha reivindicación histórica dos gandeiros e unha cuestión 'de xustiza e de lóxica', segundo a Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA), matriz estatal de Unións Agrarias. "As declaracións do presidente do Goberno son positivas, pero hai que actuar xa para salvar a un sector que está a morrer aos poucos", sinala o gandeiro lalinense Román Santalla, secretario de Gandaría de UPA. Pero, como lograr o pago dun prezo xusto aos gandeiros, que cubra os seus custos e lles permita obter unha mínima rendibilidade?. Son xa varios os avances que se produciron a nivel lexislativo mentres os gandeiros ven como os contratos seguen sen avanzar en prezo. UPA sinala varias das claves: que os datos de custos de produción proveñan de fontes oficiais e se publiquen semanal ou mensualmente. Outra das claves é que as industrias actualicen tódolos contratos, con independencia da súa data de finalización. "Non é admisible que os gandeiros esteamos a asumir toda a suba de custos e sexan industrias e distribución os que queden cos céntimos de suba do leite aos consumidores", critican desde UPA. Os gandeiros instaron ás industrias a dar 'pasos adiante' nas negociacións para que incrementen o prezo pago aos produtores. Están a ser tempos para a negociación, pero tamén para a reivindicación.

Protestas en Lugo

En Galicia, as protestas gandeiras polo baixo prezo do leite continuaron esta semana na cidade de Lugo. Nesta ocasión a acción levouse a cabo no Eroski do Centro Comercial As Termas organizada por Unións Agrarias. O colectivo continúa coa campaña de concienciación do consumidor para evitar que se merquen certas marcas que seguen sen pagar un prezo xusto ós produtores. Óscar Pose, de Unións Agrarias, na zona de lácteos do Eroski das Termas (Lugo), onde se retiraron as marcas de Capsa e Lactalis. O foco, igual que en semanas previas, púxose nas marcas que comercializan Lactalis e Capsa, as dúas industrias que máis volume de recollida teñen na comunidade e tamén dúas das que máis presenza copan nas cadeas de distribución. Nesta ocasión, a propia cadea de supermercados Eroski xa tiña retirada estas marcas do liñal de venda cando se iniciou a protesta nas súas instalacións.

Moratoria de 15 días

Unións Agrarias anunciou que paralizará as accións de protesta durante os próximos 15 días logo de que se iniciase esta mesma semana unha mesa de negociación coas principais industrias, que aínda non trasladaron unha suba dos prezos do leite ós gandeiros. “Agardamos ter resultados nestas dúas semanas, e se non se logran reiniciaremos a campaña de sensibilización e seremos moito máis contundentes, non só con estas dúas industrias senón con aquelas que prometeron subas ós gandeiros que non acaban de chegar”, explicou Óscar Pose, responsable de Área do Sector Lácteo de Unións Agrarias, durante a protesta en Lugo.

“Os ingresos non dan para pagar as facturas, tiramos de créditos, aforros ou de non investir”

As protestas dos produtores de leite galegos céntranse neste momento en dúas industrias, a multinacional francesa Lactalis e a cooperativa asturiana CAPSA, propietaria de Larsa. Acúsanas de negárense a trasladar ás ganderías a revalorización que están a ter os produtos lácteos nos supermercados e nos mercados internacionais, unha suba de prezos cos que, din, as empresas estarían facendo caixa a costa das explotacións. Falamos con gandeiros que se manifestaron este martes en Outeiro de Rei e o xoves pasado en Vilalba para coñecer situacións reais de asfixia no campo e para que nos conten en primeira persoa cal é a perspectiva de futuro das súas granxas.

“Estamos tirando de créditos para poder subsistir” (José Manuel Pintor, O Pino)

“Entrego a Larsa e agora mesmo a situación está moi mal porque estamos vendendo por debaixo dos custos de produción. Eu agora mesmo teño un estudo elaborado pola Universidade de Santiago sobre a miña explotación que indica que o que a min me custa producir un litro de leite é 35 céntimos. Somos unha explotación familiar na que estamos eu, a muller e os dous fillos, incorporados a filla o ano pasado e o fillo hai dous anos. Temos feito un investimento desde hai seis anos a hoxe de 800.000 euros, polo que non é só sacar un soldo mínimo, hai que facer fronte ao crédito e a amortización da nave e a maquinaria e agora mesmo o que pagamos nas facturas a final de mes non o facturamos no leite, estamos perdendo cartos.
A nosa explotación ten relevo e un investimento feito de 800.000 euros pero con iso non chega, temos que ter rendibilidade para poder continuar
No último ano pecharon en Galicia 380 explotacións e a Administración di que pechan porque non teñen relevo xeracional. Eu teño relevo, pero con iso non chega, temos que ter rendibilidade. E agora mesmo estamos tirando unhas ganderías de créditos e outras de aforros para poder subsistir. Agora van adiantar o pago da PAC pero eu como gandeiro preferiría que nos sacasen as subvencións e nos pagasen o que producimos polo que realmente vale”.

“Isto é unha ruína” (Miguel Miranda, A Pontenova)

“Se non nos melloran algo as condicións que temos isto é unha ruína. Os gastos todos (cereais, electricidade, gasóleo, fertilizantes) soben e o prezo do leite é o mesmo que hai 30 anos. Eu entrego a Lactalis e temos o prezo base en 29 céntimos. Con iso non se dan cuberto custos, así isto non ten moito futuro”.

“Estamos traballando a perdas” (José Luis Anido)

“Estamos traballando a perdas desde fai tempo pero agora agravouse até estarmos nunha situación insostible. Eu teño unha explotación moi pequena, na que muxo 45 vacas e para facer fronte aos mesmos recibos ca antes estou poñendo cada mes 1.000 ou 1.100 euros máis”.

“Non sei ata cando aguantaremos” (Lidia Gómez, Cospeito)

“Temos unhas 100 vacas en muxido e neste momento a situación pola que estamos pasando é moi dura debido á suba que se está producindo día a día nos custos de produción. E vemos que as industrias non moven ficha. Nós temos que seguir producindo, porque o noso é un produto moi perecedoiro que como moito en dous días temos que darlle saída, e as vacas teñen que seguir comendo, pero non sei ata cando aguantaremos”.

“Estannos pagando o leite a 32 céntimos pero cos prezos actuais dos insumnos necesitaríamos cobralo a 40” (José Manuel Castro, Lugo)

“A situación é insostible, porque nos subiu todo, desde as materias primas ao gasóleo ou a luz. Hoxe o litro de leite estanos custando moito máis producilo que fai un ano e non nos queda marxe ningunha, ao contrario, estamos perdendo cartos. No noso caso estannos pagando o leite a 32 céntimos e, cos prezos que temos dos insumos, necesitaríamos cobralo a 40 céntimos”.

“A explotación mantense a base de traballar e non investir” (Xesús Seoane, Boimorto)

“Estou cobrando a 31 céntimos de prezo base, máis as calidades á parte. Con ese prezo difícilmente se poden cubrir os custos de produción. Mantense a explotación a duras penas, vaise tirando a base de traballar, de esforzarse e de non investir. Os pensos xa subiron este ano un 25% e de cara ao ano que vén fálase, por exemplo, de que os abonos nitroxenados van subir un 100%. Se isto non se soluciona difícilmente imos poder resistir moito máis tempo así”.

“Cada día que pasa estamos perdendo máis diñeiro” (Cristóbal Touriño, Muxía)

“Temos arredor de 220 vacas en muxidura e entregamos a Lactalis. Cada día que pasa estamos perdendo máis diñeiro. O sector é totalmente inviable desta maneira, non ten futuro ningún. As explotacións van mermando ano a ano e o vindeiro ano van ser moitas máis as que pechen”.

“Se acaban cos gandeiros, detrás irá moita outra xente que vive de nós” (Manuel Pose, Vimianzo)

“Vendo o leite a Lactalis e estamos nunha situación de ruína total. O leite está como fai 50 anos. Estanmo pagando a 32 céntimos e sen embargo a min cústame producilo entre 37 e 38 céntimos, polo que necesitaría entre 5 e 6 céntimos só para cubrir custos. Así é imposible aguantar, estamos ao límite de todo. Eu vexo no meu pobo que os camións que pasan por alí viven directamente a conta dos gandeiros, porque son o camión do leite, o do penso, o da palla, etc. Se acaban con nós, detrás irá moita outra xente". https://www.campogalego.gal/larsa-segunda-parada-da-mobilizacion-ante-industrias-lacteas/

Lactalis ofrece unha suba dun céntimo no prezo do leite, pero o sector considéraa insuficiente

Protesta este martes polo prezo do leite convocada por UPA, COAG e Asaja diante da planta de Lactalis en Zamora Este xoves 11 arrincan en Galicia as mobilizacións gandeiras ante as industrias lácteas. Será ás 11.30 horas diante da planta que a multinacional francesa Lactalis ten en Vilalba e as protestas continuarán o día 16 fronte á factoría de Larsa en Outeiro de Rei. Unións Agrarias, que a nivel estatal mantén a través de UPA unha unidade de acción con COAG e ASAJA, aclara que a convocatoria de Vilalba mantena en solitario por estar prevista antes do acordo con COAG e Asaja, se ben tamén sinala que a convocatoria é aberta e que tódalas organizacións son "benvidas no acto". Este mesmo martes, UPA, COAG e ASAJA desenvolveron unha concentración conxunta ante a planta de Lactalis en Zamora. Unións considera que Larsa e Lactalis, as dúas industrias que máis leite recollen en Galicia, están “bloqueando” a necesaria revalorización do leite no campo, trala recuperación dos prezos dos cartóns de leite nos lineais dos supermercados da maioría das cadeas de distribución.
Lactalis ten 1.200 produtores en Galicia e Larsa outros 1.000, polo que entre as dúas supoñen un volume moi importante tanto en número de ganderías como en litros de leite recollidos
“Desde o mes de setembro houbo unha subida de 3 céntimos nos prezos máis baixos dos bricks de leite, sobre todo nas marcas brancas, pero industrias como Lactalis ou Larsa están quedando con eses 3 céntimos sen repercutirllo ós produtores", consideran desde Unións Agrarias. Ofertas de mellora de prezos insuficientes “Despois de que subiran os prezos nos lineais dos supermercados, Lactalis está lanzándolle unha oferta irrisoria aos gandeiros de subirlles un céntimo”, desvelou este martes en rolda de prensa o responsable de coordinación sectorial de UUAA, Félix Porto.
Lactalis ofrécelle aos gandeiros unha oferta de 1 céntimo de subida e que implicaría tamén que os contratos pasarían a vencer en abril de 2023
Esta oferta de actualización de contrato tería chegado xa aos 1.200 produtores que lle entregan o leite á multinacional francesa e desde o sindicato agrario consideran que a empresa intenta deste xeito “extorsionar aos gandeiros”, dado que suporía que os contratos pasarían a vencer en abril de 2023, polo que desde UUAA piden a todos os gandeiros que non acepten. “Cónstanos que está habendo presións importantes aos produtores para que asinen”, aseguran. No caso de Larsa, a asturiana CAPSA, á que pertence a marca galega, subiu desde xaneiro 2,5 céntimos a parte variable do prezo do leite que está indexada ás cotizacións que ten a manteiga no mercado internacional e que supón o 30% do prezo final pagado aos gandeiros, pero mantén en 29,5 céntimos a parte fixa do contrato, que supón o 70% restante do prezo. Iso implica unha suba global no ano que ronda 1 céntimo.
Larsa subiu a parte do contrato cos gandeiros indexada á cotización internacional da manteiga e que supón o 30% do prezo final do leite, pero mantén conxelada en 29,5 céntimos a parte fixa (o outro 70%)
Por iso, “a media resultante segue sendo baixa”, afirma Unións Agrarias, situándose en 31,75 céntimos por litro, tres céntimos de diferencia con respecto ao que cobra un produtor asturiano que entregue á mesma empresa. “Non hai razóns obxectivas para esta discriminación”, asegura Félix Porto. "Ten que haber un incremento importante do prezo do leite en orixe, subas dun céntimo quedan moi por baixo do necesario cando os custos de produción están nos 37 céntimos e os vindeiros meses van ser moi duros", prognostica. Revalorización da manteiga e o leite en po Á suba dos prezos do cartón de leite e de outros derivados como os iogures nos supermercados, engádese ademáis o aumento das cotizacións dos produtos lácteos nos mercados internacionais, onde a manteiga mantén un incremento de prezo interanual do 40% e o leite en po do 30%. Isto supón, segundo os cálculos de Unións Agrarias, que as industrias que recollen o leite en Galicia obteñen 9,5 céntimos máis por cada litro de leite que procesan grazas á revalorización da graxa, dada a maior porcentaxe de sólidos que contén o leite galego. Por iso, insiste Félix Porto, “é inexplicable que en Galicia os gandeiros estean a cobrar o prezo máis baixo de Europa a excepción de Portugal, pois mentres os prezos se están disparando no resto de Europa, subindo mesmo ata os 38 céntimos noutros países produtores da UE que son excedentarios de leite, como Francia ou Alemaña, en Galicia mantense conxelado en 33 céntimos”, comparou.

Agárdase unha suba do 40% nos pensos e do 50% nos abonos a final de ano

A difícil situación que atravesa nestes momentos o sector lácteo está motivada por unha “subida espectacular, da que non hai precedentes” nos custos de produción das explotacións, asegura UUAA, que calcula que unha explotación familiar media que produza arredor de 350.000 litros anuais, é dicir, uns 1.000 litros diarios, estaría pagando 800 euros máis ao mes en pensos, o que suporía uns 2,63 céntimos máis en litro de leite.
Unha explotación media cunha produción duns 30.000 litros de leite ao mes estaría pagando neste momento 800 euros máis en pensos
“O custo da alimentación, que é o principal gasto das explotacións, incrementouse un 26% no último ano pero o grave é o que se espera a partir de finais de ano, aí é onde vai vir o problema e o incremento máis importante, fálase dunha subida de arredor do 40% porque para este ano a maior parte das cooperativas galegas que fabrican pensos tiñan o prezo das materias primas xa pechado, pero para o ano que vén non”, explica Óscar Pose, responsable do sector lácteo de UUAA.
Fálase de incrementos do 50% nos fertilizantes e mesmo de falta de subministro dalgún tipo de abono
Ao incremento do penso e as materias primas para alimentación animal habería que engadir a suba do recibo da luz, dado que a enerxía encareceuse de media un 34% para as explotacións, así como o gasóleo e os plásticos. “E agárdanse incrementos do 50% nos fertilizantes e mesmo se está a falar de falta de subministro dalgún tipo de abono”, advirte.
En Galicia quedan producindo leite 6.476 explotacións, despois de teren pechado 300 neste último ano
Esta situación límite ameaza con acelerar o ritmo de peche de explotacións leiteiras, que no último ano, de setembro de 2020 a setembro de 2021, foi de 700 ganderías no conxunto do Estado, pasando de 12.300 a 11.603, un decrecemento que tamén se está a vivir en Galicia, onde desapareceron no último ano 300 granxas, manténdose neste momento producindo leite 6.476 explotacións.

Lactalis compra por 500 millóns as marcas de queixos Leerdammer e Shostka

O grupo francés Lactalis, líder mundial en produtos lácteos, e a primeira industria láctea española, adquiriu a recoñecida marca europea de queixos holandesa Leerdammer, nunha operación que inclúe Royal Bel Leerdammer Países Baixos, Bel Shostka Ucraína, a comercialización de produtos Bel en Italia, Alemaña e Ucraína e a marca Leerdammer con todos os seus dereitos asociados.

Desta maneira, Lactalis entra no mercado do queixo holandés e engade ao seu portfolio á primeira empresa europea de queixo en lonchas que, en termos globais, é tamén a segunda do mercado alemán, cuarta do francés e terceira do italiano.

Esta compra permitirá ao Grupo Lactalis establecerse a nivel industrial nos Países Baixos, onde até o momento só operaba comercialmente, xa que Bel conta con tres factorías nesta zona, e impulsar a súa actividade en Italia, Alemaña e Ucraína coa incorporación das filiais comerciais da marca. Coa operación, ademais, Lactalis incorpora ao seu grupo a case 1000 traballadores e 2000 produtores de leite.

Esta adquisición alíñase coas prioridades estratéxicas de Lactalis, entre as que se atopan o apoio ao desenvolvemento de produtos locais de calidade e reputación, a súa introdución en rexións cun alto nivel de crecemento e o impulso da súa carteira de innovacións.

Sobre o Grupo Lactalis

O Grupo Lactalis, líder mundial en produtos lácteos, é unha empresa familiar con presenza en España desde 1983. Fundada en Francia en 1933, a nivel global atópase en 94 países, conta con 83.000 colaboradores, opera en máis de 250 fábricas e ten como obxectivo ofrecer ás persoas consumidoras unha gama cada vez máis ampla de produtos lácteos sans, saborosos, seguros e sustentables.

En España, na súa decidida aposta pola creación de valor nas rexións nas que opera, o Grupo Lactalis conta con 8 fábricas situadas na contorna rural nas que traballan máis de 2.000 persoas e colabora con máis de 2.300 gandeiros, sendo a compañía láctea española con máis granxas certificadas en Benestar Animal. Comprometida, ademais, coa economía circular, o coidado do medioambiente e  os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable marcados por Nacións Unidas, Lactalis mellorou a sustentabilidade dos seus envases e reducido a pegada hídrica e de carbono da súa cadea de produción. Puleva, Lauki, RAM, El Castillo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, El Ventero, Chufi, Galbani ou Président son algunhas das súas marcas.

Lactalis elixe España como primeiro país para probar os seus novos tapóns adheridos ás botellas

O Grupo Lactalis elixiu España como primeiro país para iniciar unha proba piloto de tapóns adheridos á botella no seu produto Puleva Fresca Semidesnatada. O obxectivo é pór a proba o proceso de produción, valorar o seu rendemento e avaliar a aceptación por parte dos consumidores antes da súa implantación xeneralizada. Puleva Fresca, que se elabora na planta de Nadela en Galicia, convértese así na primeira do Grupo en España en implementar esta iniciativa. O novo é de fabricación máis sustentable e permanece unido ao envase para facilitar a súa reciclaxe.

Ademais da incorporación deste tapón, o Grupo Lactalis está a renovar progresivamente os seus envases, tapóns e pallas, optando por outros de orixe maioritariamente vexetal, que favorecen en maior medida a economía circular e o coidado do medio ambiente.

Unha das medidas máis importantes foi a migración de toda a súa gama de litro ao envase de orixe vexetal máis renovable do mercado, Bio-Based, que supón eliminar do mercado 255 toneladas de plástico fósil e, en consecuencia, reducir de 3.591 toneladas de emisións de CO2, equivalentes a 730 voltas á terra en coche.

Este cambio únese a outros xa implementados, como a incorporación de 30% de plástico reciclado en todas as embalaxes de filme (que aseguran que chegará ao 50% ao longo deste ano), e que xa supón a reutilización de 78 toneladas de plástico procedente do cartón amarelo; ou o uso de cartón de orixe 100% reciclaxe na embalaxe de todas as agrupacións de brik 1 litro e de batido de cristal.

En canto ao uso da enerxía, o Grupo Lactalis vén de facer balance da súa xestión dos recursos e a eficiencia enerxética, feito que constatou a reducción do consumo de auga un 2,7%, o de electricidade un 1% e case un 21% o de enerxía térmica.

Actualmente todas as fábricas do grupo traballan con combustible limpo e, desde 2021, o 50% da electricidade que se utiliza nas fábricas, almacéns e oficinas é de orixe renovable. Desta maneira, calcula que no peche do ano 2021 recudirá as súas emisións de CO2 un 10%.

Sobre Grupo Lactalis

Fundada en Francia nos anos 30, o Grupo Lactalis é unha empresa familiar desde fai tres xeracións. Líder mundial dos produtos lácteos, o Grupo conta con 85.000 colaboradores, opera en máis de 266 centros de produción en todo o mundo, está presente en 94 países e o seu propósito é ofrecer a diario produtos lácteos saudables.

En España, o Grupo Lactalis conta con 8 fábricas e 2.400 empregados. Ademais, adquire leite a nivel nacional a máis de 2.200 gandeiros. Entre os seus produtos atópanse marcas como Galbani, Président, Puleva, Lauki, RAM, O Castelo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, O Ventero ou Chufi.

Lactalis investiu máis de 4 millóns de euros nas súas plantas de Vilalba e Nadela en 2020

Planta de Lactalis en Vilalba, na que a empresa invertiu o pasado ano 2,3 millóns de euros en melloras A pesar da crise derivada da pandemia da Covid-19, o Grupo Lactalis subliña que reafirmou o seu compromiso con Galicia en 2020 cun investimento total de máis de 4 millóns de euros en mellorar a seguridade, modernizar o proceso de produción e aumentar a produtividade das dúas plantas que a compañía francesa ten na comunidade. Concretamente, 2,3 millóns de euros foron destinados á fábrica de Vilalba e 1,7 millóns de euros á de Nadela. Tal e como se recolle no seu Informe de Responsabilidade Corporativa 2020, que acaba de ser publicado, o Grupo Lactalis investiu en 2020 un total de 18,7 millóns de euros nas oito plantas que o grupo francés ten en España. O forte arraigo e vinculación con Galicia -explican- maniféstase a través dos continuos investimentos que vén realizando periodicamente desde hai anos nas súas plantas de produción. No últimos cinco anos Lactalis destinou máis de 26 millóns de euros a mellorar a eficiencia dos procesos de produción das plantas galegas, nas que traballan máis de 350 persoas e nas que se envasa a maior parte do leite que recolle en Galicia e que se comercializa a nivel estatal baixo marcas tan emblemáticas como Puleva, Président ou Lauki.
Nos últimos cinco anos Lactalis investiu máis de 26 millóns de euros nas dúas plantas galegas
O Grupo Lactalis iniciou a súa historia en España en 1983 coa adquisición dunha fábrica de queixo no municipio lucense de Vilalba. Desde entón non parou de crecer ata converterse no maior grupo lácteo que opera en España. Con todo, 37 anos despois, o Grupo Lactalis mantén o seu vínculo e compromiso coa provincia de Lugo, unha das máis importantes no sector lácteo español, recollendo leite e colaborando con gandeiros da zona. Os efectos da covid-19 Unha traballadora na la planta de Vilalba A pesar da excepcional situación vivida o pasado ano, o Grupo Lactalis continuou en 2020 apostando por un modelo de negocio "responsable e sostible", afirma a empresa nunha nota de prensa, demostrando a súa "aposta pola calidade e o seu compromiso con clientes, consumidores, empregados e gandeiros", así como co desenvolvemento daquelas zonas nas que opera, na súa maioría contornas rurais.
O compromiso de Lactalis mantívose mesmo nos momentos máis difíciles da pandemia, nos que comprar leite 'spot' fóra de España resultaba moi vantaxoso economicamente
“2020 foi un ano complicado, no que a prevención e a mitigación dos riscos, así como a xestión das oportunidades foron claves. Como axente líder do sector lácteo tivemos que garantir o abastecemento á sociedade de todos os produtos de primeira necesidade sen poñer en risco a saúde dos nosos colaboradores, das empresas de recollida de leite e dos nosos principais socios, os gandeiros. Grazas ao esforzo de todos, logramos cumprir co noso propósito de seguir ofrecendo a diario produtos saudables e saborosos que nos unen e puidemos seguir avanzando na mellora continua da xestión responsable e sostible do noso negocio”, afirma Ignacio Elola, conselleiro delegado do Grupo Lactalis en España.
Mantivemos a recollida e evitamos negociar e pechar novos contratos durante os meses do confinamento para evitar a caída de prezos no campo
“O compromiso cos nosos gandeiros é firme e mantivémolo mesmo nos momentos máis difíciles da pandemia, nos que comprar leite spot fóra de España resultaba moi vantaxoso economicamente para a industria. Garantimos a recollida coa frecuencia habitual, asumindo máis leite do previsto e mesmo contratando leite de gandeiros que entregaban a outras empresas e que deixaron de recollelo. Ademais, evitamos negociar e pechar novos contratos durante eses meses para evitar a caída de prezos no campo”, explica Ignacio Elola.

2.200 gandeiros en España, 1.500 en Galicia

Vacas dunha das 1.500 ganderías galegas que entregan a súa produción de leite ao grupo Lactalis Fundada en Francia nos anos 30, o Grupo Lactalis é unha empresa familiar desde fai tres xeracións. Líder mundial dos produtos lácteos, a compañía no seu conxunto conta con 85.000 gandeiros colaboradores, opera en máis de 266 fábricas en todo o mundo e está presente en 94 países. En España, o Grupo Lactalis conta con 8 fábricas e 2.400 empregados. Ademais, adquire leite a nivel estatal a máis de 2.200 gandeiros españois, dos que a meirande parte están en Galicia. Entre os seus produtos atópanse marcas como Galbani, Président, Puleva, Lauki, RAM, El Castillo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, El Ventero ou Chufi.
A empresa francesa dá traballo a máis de 350 persoas nas súas dúas plantas galegas
En 2020 alcanzou unha cifra de negocio en España de 1.266 millóns de euros (1.261 en 2019), contribuíndo deste xeito a fortalecer o tecido económico nacional, así como ao desenvolvemento rural a través da xeración de emprego e a creación de riqueza. Lactalis emprega actualmente en España a máis de 2.400 persoas, das cales o 70% traballan en municipios de menos de 300.000 habitantes. As plantas de Vilalba e Nadela dan emprego directo a unhas 350 persoas. Máis de 1.000 millóns de litros de leite recollidos en 2020 O compromiso de Lactalis co desenvolvemento rural maniféstase tamén na relación que ten cos seus gandeiros, aos que recolleu 1.041 millóns de litros de leite de vaca, ovella e cabra (1.028 en 2019) en 475 municipios diferentes. "Lactalis aposta polo leite de proximidade e realiza a recollida nun perímetro próximo ás fábricas, en pequenas poboacións, contribuíndo así a evitar o despoboamento a través do desenvolvemento dunha actividade gandeira moi ligada ao campo, ademais de reducir o impacto ambiental do transporte", asegura.
Das súas 8 fábricas en España saen produtos de marcas como Galbani, Président, Puleva, Lauki, RAM, El Castillo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, El Ventero ou Chufi
En España, Lactalis colabora con máis de 2.000 gandeiros, dos cales 1.500 son galegos. Con eles manteñen compromisos a longo prazo, o que permite establecer unha relación de confianza e traballar conxuntamente na mellora da calidade do leite, o benestar dos animais e a sustentabilidade ambiental. Actualmente, hai en Galicia varias explotacións que xa viviron ata tres relevos xeracionais entregando o seu leite ao grupo francés. Aposta polas certificacións O Grupo Lactalis, traballa na excelencia do seu desempeño na recollida a través da aposta polas certificacións. En 2020 Lactalis certificou a 1.298 ganderías de vacún galegas (o 88% do total nacional) co selo de Benestar Animal Welfair™ e actualmente, con 1.466 ganderías, é a empresa láctea con maior número de granxas españolas certificadas en benestar animal.
En 2020 Lactalis recolleu máis de 20 millóns de litros de leite ecolóxico e 1.298 ganderías lograron o certificado de benestar animal
Isto súmase ao esforzo do Grupo Lactalis por impulsar fórmulas máis sostibles de producir leite, que ten o seu máximo expoñente no leite ecolóxico, unha categoría de produto estratéxica para a compañía e da que foi pioneira hai máis de 20 anos en colaboración cos gandeiros galegos. En 2020 Lactalis alcanzou o seu obxectivo de recoller máis de 20 millóns de litros de leite ecolóxico.

Puleva Vita Defensas: o leite galego que axuda ao sistema inmunitario

O Grupo Lactalis, a través da súa marca Puleva, lanzou Puleva Vita Defensas, un leite semidesnatado producido en Galicia e enriquecido con Inmunitas, unha combinación de Selenio, Zinc e vitaminas A, B6, B9, B12, C e D que contribúen á función normal do sistema inmunitario. Este novo lanzamento é parte do compromiso da marca por adaptar os seus produtos ás necesidades dos consumidores en cada etapa da vida.

Leite galego envasado en Vilalba con vocación internacional

Puleva Vita Defensas prodúcese de forma exclusiva na planta do Grupo Lactalis en Vilalba (Lugo) e comercialízase en toda España. Este leite enriquecido saíu ao mercado en setembro de 2020 e o obxectivo da empresa é envasar 1 millón de unidades de Puleva Vita Defensas este ano e chegar a 4 millóns no 2022.

A elección da planta galega por parte de Lactalis para fabricar este novo produto lácteo explícase porque é unha das fábricas referentes do Grupo en España e, grazas ás melloras acometidas nos últimos anos, cada vez está máis preparada para asumir a fabricación de novos produtos de valor engadido. Non en balde, Vilalba é unha fábrica altamente especializada en envasar leites clásicos e ecolóxicos e é probablemente das máis eficientes do Grupo Lactalis, grazas, en especial, ao compromiso dos seus 150 traballadores. Nos últimos anos, ademais, estívose preparando para poder producir outros tipos de leite con moito máis peso de I+D, como Puleva Vita Defensas, un proxecto perfecto para comezar o que se espera sexa o punto de partida do desenvolvemento de novos proxectos de valor engadido nesta fábrica.

Desde o Grupo Lactalis, destacan que “Vita Defensas tivo unha moi boa acollida polos clientes e no pouco tempo que leva no mercado, xa ten distribución por toda España”. “É máis -engaden- hai bastantes países moi interesados no proxecto. En concreto, xa enviamos mostras a Francia, Italia e Canadá e o Grupo Lactalis ten intención de empuxar o produto máis aló das nosas fronteiras”.

Os españois non alcanzan as recomendacións de vitaminas D, B9, A e zinc

O sistema inmunitario é a defensa natural do corpo contra as infeccións. Para conseguir un sistema inmunitario en bo estado, é fundamental manter unha dieta variada e equilibrada rica en vitaminas e minerais, durmir un mínimo de 8 horas diarias, practicar exercicio físico e manter un ritmo de vida relaxado. Con todo, a realidade é que a poboación española non alcanza a cantidade diaria recomendada destes nutrientes esenciais. Os resultados do Estudo Científico ANIBES revelan que o 93% da poboación española non consome as cantidades necesarias de vitamina D; o 96% non inxere suficiente vitamina B9; o 74% non chega ás cantidades diarias recomendadas de vitamina A; e o 92% tampouco consome suficiente zinc.

Un vaso de Puleva Vita Defensas achega máis do 30% da cantidade diaria recomendada de nutrientes, que contribúen ao mantemento da función do sistema inmunitario:

Vitamina D, que axuda a favorecer a activación das defensas, así como a absorción do calcio

Vitamina A, que contribúe a reforzar a primeira barreira de entrada de patóxenos a través da pel e as mucosas

Vitaminas do grupo B (B6, B9 e B12), que axudan a mellorar a reprodución e capacidade de resposta das células inmunitarias.

Vitamina C, que colabora na formación de coláxeno e intervén no crecemento de células inmunitarias

Zinc, que contribúe ao bo funcionamento do sistema inmunitario

Selenio, que protexe ás células fronte ao dano oxidativo

Por este motivo, Lactalis Puleva, comprometida co benestar para gozar da vida, presenta este novo leite que, recomendada para toda a familia e para persoas que necesitan reforzar as súas defensas, contribúe a un mellor funcionamento do sistema inmunitario.

Sobre o Grupo Lactalis e a súa marca Puleva

Fundado en Francia nos anos 30, o Grupo Lactalis é unha empresa familiar desde fai tres xeracións. Líder mundial dos produtos lácteos, o Grupo conta con 84.000 colaboradores, opera en máis de 260 fábricas en todo o mundo, está presente en 94 países e o seu propósito é ofrecer a diario produtos saudables e saborosos que nos unen. Para obter máis información sobre o Grupo Lactalis, visite www.lactalis.com.

En España, o Grupo Lactalis conta con 8 fábricas e 2.500 empregados. Ademais, adquire leite a nivel nacional a máis de 2.300 gandeiros. Lactalis Puleva é a súa división de leite e bebidas, e PULEVA, unha das súas marcas máis emblemáticas con máis de 60 anos de historia, ofrece o mellor leite adaptado a cada etapa da vida. Traballa polo benestar de toda a familia, empregando toda a súa experiencia e coñecemento en ofrecer aos seus consumidores alimentos saudables e adaptados ás súas necesidades nutricionais en cada etapa da vida. Saúde, innovación e calidade son os alicerces desta filosofía, que converteron a PULEVA en pioneira no desenvolvemento de alimentos funcionais e nunha das 10 marcas de alimentación preferidas polos españois, segundo o estudo Brand Footprint de Kantar.

Lactalis usa nas súas dúas fábricas de Galicia un 50% de enerxía de orixe renovable

O grupo francés conta con dúas fábricas en territorio galego, as de Vilalba e Nadela, en Lugo

O coidado do medio ambiente é cada vez máis unha preocupación fundamental para o sector lácteo, non só desde o punto de vista dos gandeiros, senón tamén das industrias que recollen e transforman ese leite. O grupo francés Lactalis, que é o que maior volume de leite compra en Galicia, leva anos traballando para diminuír o impacto das súas factorías sobre o medio ambiente.

Proba diso é que, desde o 1 de xaneiro deste ano, o 50% da electricidade que se utiliza en todas as instalacións do Grupo Lactalis en España, entre as que se atopan as plantas de Nadela e Vilalba, xa é de orixe renovable. Esta medida sostible co medio ambiente débese a un acordo asinado con ENGIE España que terá unha vixencia de 9 anos, período durante o cal ENGIE fornecerá preto de 70 GWh de electricidade ao ano.

Grazas a esta enerxía de orixe renovable, as fábricas do Grupo Lactalis reducirán un 10% as súas emisións de CO2, aforrando a emisión á atmosfera de 26.950 toneladas de CO2 ao ano. Esta cantidade equivale a retirar máis de 11.000 vehículos da circulación durante un ano.

Nos últimos anos as plantas de Villalba e Nadela, que traballan con combustible limpo, fixeron importantes esforzos para reducir o seu impacto ambiental minimizando o consumo de auga e de emisións de CO2 á atmosfera

As fábricas de Villalba e Nadela fixeron grandes esforzo nos últimos anos para reducir o seu impacto ambiental e xa deran pasos importantes nese sentido antes de que se materializase este acordo con ENGIE España. En 2019, por exemplo, conseguiron reducir máis dun 6% a emisión de CO2 á atmosfera.

Recolle a 2.300 gandeiros e conta con 8 plantas en España

O compromiso ambiental é un dos principais piares de Grupo Lactalis, que segue avanzando para poñer en marcha iniciativas respectuosas co medio ambiente e contribuír á economía circular. A compañía realizou tamén importantes avances na redución do consumo de auga, a xestión de residuos e a sustentabilidade dos envases: grazas aos investimentos levados a cabo pola compañía orientadas a alcanzar estes obxectivos, o consumo de auga reduciuse nun 1,8% en 2019; actualmente todas as fábricas de Lactalis en España traballan con combustible limpo; e, a nivel de envases, aínda que o 100% deles xa son reciclables, o Grupo continúa traballando no seu ecodiseño e na incorporación de material reciclado na súa fabricación.

Fundado en Francia nos anos 30, o Grupo Lactalis é unha empresa familiar desde fai tres xeracións. Líder mundial dos produtos lácteos, o Grupo conta con 84.000 colaboradores, opera en máis de 260 fábricas en todo o mundo e está presente en 94 países. En España, o Grupo Lactalis conta con 8 fábricas e 2.500 empregados. Ademais, adquire leite a nivel nacional a máis de 2.300 gandeiros. Entre os seus produtos atópanse marcas como Galbani, Président, Puleva, Lauki, RAM, O Castelo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, O Ventero ou Chufi.