Archives

Novidades para este ano nas inspeccións dos equipos fitosanitarios

Nos próximos días está previsto que se reanuden as inspeccións nos equipos de tratamento de produtos fitosanitarios (ITEAF) despois de permanecer suspendidas, ao igual que as ITV, dende o pasado 14 de marzo, día no que se declarou o estado de alarma en España debido ao coronavirus Covid 19. Desde novembro de 2016, os equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, tamén teñen a obrigación de pasar unha inspección técnica, para cumprir coa normativa do uso sustentable de produtos fitosanitarios (excepto as carretas de menos de 100 litros e mochilas).

Que equipos teñen que pasar a ITEAF?

Desta forma, ao longo de 2020 os equipos de aplicación de fitosanitarios que durante ese ano alcancen unha antigüidade 5 anos deberán pasar a correspondente Inspección por primeira vez antes de chegar á devandita idade. Dito doutro xeito, están obrigados a pasar a súa primeira inspección todos os equipos adquiridos (como equipo novo) durante 2015. Ademais, no caso dos equipos clasificados como prioritarios, como tras a primeira inspección hai que repetilas cada tres anos, durante o presente terán que pasala tamén os equipos prioritarios que realizaron a primeira inspección en 2017. Estes equipos prioritarios son os de empresas de servizos, ATRIAS, ADS e cooperativas ou entidades con máis de 10 membros.
Desde este 2020 haberá que pasar a inspección cada 3 anos
A partir deste ano 2020 todos os equipos, non só os prioritarios, terán que someterse á inspección cada tres anos, non cada 5 anos como até agora. Tamén deberán pasar a inspección en 2020 os equipos que tiveron que pasala durante 2016, 2017 ou 2018 e non o fixeron. Sempre que esta inspección non se pase, os equipos non poderán ser utilizados e facelo pode carrexar unha sanción de entre 300 e 3.000 euros. Os equipos que están obrigados someterse á Inspección Técnica (ITEAF) durante 2020, son os equipos móbiles de aplicación de produtos fitosanitarios, inscritos no ROMA e que correspondan a algúns dos seguintes xéneros de máquinas: -Pulverizadores hidráulicos (de barras ou pistolas de pulverización). -Pulverizadores hidroneumáticos. -Pulverizadores pneumáticos. -Pulverizadores centrífugos. -Espolvoreadores -Equipos instalados no interior de invernadoiros ou outros locais pechados. -Equipos de aplicación montados a bordo de aeronaves, que deberán dispor da mellor tecnoloxía dispoñible para reducir a deriva da pulverización. -Están excluídos os pulverizadores de mochila, os de arrastre manual (carretilla) con depósito de até 100 litros e o resto de equipos non contemplado na listaxe anterior.

A partir de 2020 será máis difícil pasar a ITEAF á maquinaria que non estea inscrita no ROMA

Para pasar a ITEAF é obrigatorio que o equipo estea inscrito no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA). No caso de Galicia e, sobre todo para aquelas máquinas máis antigas, a Xunta facilita até agora este proceso aos propietarios. “É un proceso sinxelo que se pode realizar nas Oficinas Agrarias Comarcais da Consellería de Medio Rural. Hai que cubrir un formulario, levar unhas fotos no móbil do equipo para que os funcionarios o podan identificar, e, se é posible o número de bastidor. Páganse as taxas -entre 5 e 6 euros- e no prazo medio dun mes xa está inscrito o equipo no ROMA e pódese pasar xa a inspección”, explica María Naveira, propietaria de NAGAR Servizos, unha empresa coruñesa que ofrece o servizo de ITEAF por toda Galicia. O problema é que a partir do 1 de xaneiro de 2021 para poder inscribir unha máquina agrícola no ROMA vai ser obrigatorio presentar tamén factura de compra e certificado do fabricante, algo difícil de conseguir se o aparello é de segunda man ou hai moitos anos que se adquiriu. “A nosa recomendación é que se dean de alta os equipos este ano no ROMA, porque a partir do próximo ano vai ser máis complicado”, recomenda María Naveira, cuxa empresa prevé retomar en breve o programa de inspeccións de equipos de aplicación de fitosanitarios.

Puntos de inspección ITEAF en Galicia durante marzo e abril

A empresa NAGAR SERVICIOS ven de publicar o listado actualizado dos Puntos de Inspección ITEAF (inspección técnica de equipos de aplicación fitosanitaria- Sulfatadoras) durante os meses de marzo e abril .
PROVINCIA CONCELLO LUGAR DATA
A CORUÑA ABEGONDO INSTALACIÓNS AGRÍCOLA CASTELAO 12/03/2019
A CORUÑA ARANGA INSTALACIÓNS TALLERES CASTELLANA 12/03/2019
A CORUÑA BETANZOS INSTALACIÓNS TALLERES AGRAFER 12/03/2019
A CORUÑA GUITIRIZ INSTALACIÓNS TALLERES AGUSTIN ANSEDE 12/03/2019
LUGO RIBADEO INSTALACIÓNS MORAN MAQUINARIA AGRICOLA 12/04/2019
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS TALLERES MAXITO 22/03/2019
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS TALLERES AGRONIFER 22/03/2019
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS TALLERES SUAREZ 22/03/2019
PONTEVEDRA A GUARDA INSTALACIÓNS TALLERES MOTOTERO 05/04/2019
PONTEVEDRA ARBO INSTALACIÓNS TALLERES JULIO VIDAL 04/04/2019
PONTEVEDRA CALDAS DE REIS INSTALACIÓNS TALLERES AGROUMIA 29/03/2019
PONTEVEDRA CUNTIS INSTALACIÓNS COMERCIAL TOLEDO 08/03/2019
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS AGRÍCOLA CHAVES 29/03/2019
PONTEVEDRA O ROSAL POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DO ROSAL 05/04/2019
PONTEVEDRA RIBADUMIA CAMPO DE FUTBOL DE RIBADUMIA 28/03/2019
PONTEVEDRA RIBADUMIA INSTALACIÓNS TALLERES ARTURO 28/03/2019
PONTEVEDRA SALVATERRA INSTALACIÓNS TALLERES LAMAS 04/04/2019
PONTEVEDRA TOMIÑO INSTALACIÓNS TALLERES EL MILAGRO 05/04/2019
Para realizar a inspección é necesario reservar cita no teléfono 981.79.25.19 ou en calquera das súas entidades colaboradoras

Calendario de Nagar Servicios para pasar a ITEAF durante o mes de abril

A empresa Nagar Servicios, autorizada pola Xunta de Galicia para facer as inspeccións técnicas de equipos de aplicación de fitosanitarios, facilita o seguinte avance de calendario de inspeccións en concellos da provincia de Pontevedra durante o mes de abril.

Ademais, anuncian que xa se está establecendo calendario para os próximos meses de maio e de xuño.

Para máis información, pódese visitar a web da empresa, na que figura un mapa cos puntos de inspección e calendario, chamar ao 981.79.25.19 ou escribirlles a iteaf@nagarservicios.com. Tamén se pode solicitar cita en calquera das súas entidades colaboradoras.

CALENDARIO ITEAF- ABRIL 2018

PROVINCIA

CONCELLO

LUGAR

DATA

PONTEVEDRA CALDAS DE REIS INSTALACIÓNS TALLERES AGROUMIA 12/04/2018
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS AGRICOLA CHAVES 12/04/2018
PONTEVEDRA MEIS INSTALACIÓNS TALLERES DOPAZO 12/04/2018
PONTEVEDRA O PORRIÑO INSTALACIÓNS TALLERES NOVOAGRO 27/04/2018
PONTEVEDRA O ROSAL INMEDIACIÓNS POLIDEPORTIVO MUNICIPAL 27/04/2018
PONTEVEDRA RIBADUMIA CAMPO DE FUTBOL RIBADUMIA 13/04/2018
PONTEVEDRA RIBADUMIA INSTALACIÓNS TALLERES ARTURO 13/04/2018
PONTEVEDRA SOUTOMAIOR INSTALACIÓNS MAQ. AGRICOLA CASAL 27/04/2018
PONTEVEDRA TOMIÑO INSTALACIÓNS TALLERES MILAGRO 27/04/2018
PONTEVEDRA TUI INSTALACIÓNS TALLERES CASANOVA 27/04/2018
PONTEVEDRA VIGO INSTALACIÓNS AGROVIGO 27/04/2018

Calendario para pasar a ITEAF en Galicia durante o mes de outubro

A empresa Nagar Servicios, autorizada pola Xunta de Galicia para facer as inspeccións técnicas de equipos de aplicación de fitosanitarios (ITEAF), facilita o seguinte avance de calendario de inspeccións en Galicia durante o mes de outubro.

Para máis información, pódese visitar a web da empresa, na que figura un mapa cos puntos de inspección e calendario, chamar ao 981.79.25.19 ou escribirlles a iteaf@nagarservicios.com. Tamén se pode solicitar cita en calquera das súas entidades colaboradoras.

Ademais, anuncian que xa se está establecendo calendario para os próximos meses de novembro e de decembro.

CALENDARIO ITEAF – OUTUBRO 2017

PROVINCIA CONCELLO LUGAR DATA
LUGO QUIROGA INSTALACIÓNS TALLERES QUIROGA MOTOR 27/10/2017
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS TALLERES ESTEVEZ 06/10/2017
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS TALLERES SUAREZ 06/10/2017
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS TALLERES CHAVES 17/10/2017
PONTEVEDRA MEIS INSTALACIÓNS TALLERES DOPAZO 18/10/2017
PONTEVEDRA RIBADUMIA CAMPO DE FUTBOL DE RIBADUMIA 18/10/2017

Calendario de Nagar Servicios para pasar a ITEAF en Galicia durante o mes de xuño

A empresa Nagar Servicios, autorizada pola Xunta de Galicia para facer as inspeccións técnicas de equipos de aplicación de fitosanitarios, facilita o seguinte avance de calendario de inspeccións en concellos das catro provincias galegas durante o mes de xuño.

Ademais, anuncian que xa se está establecendo calendario para os próximos meses de Xullo e Agosto.

Para máis información, pódese visitar a web da empresa, na que figura un mapa cos puntos de inspección e calendario, chamar ao 981.79.25.19 ou escribirlles a iteaf@nagarservicios.com. Tamén se pode solicitar cita en calquera das súas entidades colaboradoras.

Calendario de inspeccións en xuño de Nagar Servicios:

CALENDARIO ITEAF – XUÑO 2017

PROVINCIA

CONCELLO

LUGAR

DATA

A CORUÑA CURTIS INSTALACIÓNS AGRO MABEGONDO S.L. 15/06/2017
A CORUÑA DUMBRIA INSTALACIÓNS TALLERES CAPELO 28/06/2017
A CORUÑA MAZARICOS INSTALACIÓNS TALLERES GERMÁN CASTELO 28/06/2017
A CORUÑA TOURO INSTALACIÓNS TALLERES FREIRE 29/06/2017
LUGO COSPEITO INSTALACIÓNS TALLERES CHURRILLO 16/06/2017
LUGO O CORGO INSTALACIÓNS TALLERES CHURRILLO 16/06/2017
LUGO LOURENZA MERCADO DO GANDO 20/06/2017
PONTEVEDRA LALIN INSTALACIÓNS COOPERATIVA DE BOTOS 19/06/2017
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS TALLERES CHAVES 22/06/2017
PONTEVEDRA O ROSAL POLIDEPORTIVO MUNICIPAL 23/06/2017
PONTEVEDRA SALVATERRA DE MIÑO TORREIRO DE PORTO 26/06/2017
PONTEVEDRA TUI INSTALACIÓNS TALLERES CASANOVA 23/06/2017
PONTEVEDRA VIGO INSTALACIÓNS AGROVIGO 23/06/2017
PONTEVEDRA VILABOA ADRO DO TOURAL (ZONA CENTRO MÉDICO) 30/06/2017

Calendario de Nagar Servicios para pasar a ITEAF en Galicia durante o mes de maio

A empresa Nagar Servicios, autorizada para facer as inspeccións técnicas de equipos de aplicación de fitosanitarios, facilita o seguinte avance de calendario de inspeccións en concellos das catro provincias galegas durante o mes de maio.

Ademais, anuncian que xa se está establecendo calendario para os próximos meses de Xuño e Xullo.

Para máis información, pódese visitar a web da empresa, na que figura un mapa cos puntos de inspección e calendario, chamar ao 981.79.25.19 ou escribirlles a iteaf@nagarservicios.com. Tamén se pode solicitar cita en calquera das súas entidades colaboradoras.

Calendario de inspeccións en maio de Nagar Servicios:

CALENDARIO ITEAF- MAIO 2017

PROVINCIA

CONCELLO

LUGAR

DATA

A CORUÑA ABEGONDO INSTALACIÓNS AGRÍCOLA CASTELAO 31/05/2017
A CORUÑA BOIRO INSTALACIÓNS COMERCIAL SÁNCHEZ 29/05/2017
A CORUÑA CURTIS INSTALACIÓNS AGRO MABEGONDO

(POL. TEIXEIRO)

15/05/2017
A CORUÑA OUTES INSTALACIÓNS TALLERES VILLADE 22/05/2017
A CORUÑA SANTISO BELMIL (PISTA POLIDEPORTIVA) 16/05/2017
A CORUÑA TEO INSTALACIÓNS COMERCIAL AGRIVAMA 30/05/2017
A CORUÑA TOURO INSTALACIÓNS TALLERES FREIRE 05/05/2017
LUGO COSPEITO INSTALACIÓNS TALLERES CHURRILLO (XUSTAS) 04/05/2017
LUGO GUITIRIZ INSTALACIÓNSTALLERES AGUSTÍN ANSEDE 02/05/2017
LUGO O CORGO INSTALACIÓNS TALLERES CHURRILLO (MACEDA) 04/05/2017
OURENSE RIBADAVIA INSTALACIÓNS TALLERES CENTRÓN 26/05/2017
PONTEVEDRA A ESTRADA SAN XURXO DE VEA 11/05/2017
PONTEVEDRA A ESTRADA FOXO 11/05/2017
PONTEVEDRA AS NEVES INSTALACIÓNS TALLERES LAMAS 25/05/2017
PONTEVEDRA CALDAS DE REIS INSTALACIÓNS TALLERES AGROUMIA 18/05/2017
PONTEVEDRA O PORRIÑO INSTALACIÓNS TALLERES NOVO AGRO 03/05/2017
PONTEVEDRA RIBADUMIA CAMPO DE FUTBOL 19/05/2017
PONTEVEDRA SALVATERRA TORREIRO DE PORTO 10/05/2017
PONTEVEDRA SILLEDA INSTALACIONS MECÁNICA DE CAMPO 12/05/2017
PONTEVEDRA VIGO INSTALACIÓNS AGROVIGO 08/05/2017
PONTEVEDRA VILABOA ADRO DO TOURAL (ZONA CENTRO MÉDICO) 09/05/2017

Calendario de Nagar Servicios para pasar a ITEAF en abril

A empresa Nagar Servicios, autorizada para facer as inspeccións técnicas de equipos de aplicación de fitosanitarios, facilita o seguinte avance de calendario de inspeccións en concellos das catro provincias galegas durante o mes de abril.

Para máis información, pódese visitar a web da empresa, na que figura un mapa cos puntos de inspección e calendario, chamar ao 981.79.25.19 ou escribirlles a iteaf@nagarservicios.com. Tamén se pode solicitar cita en calquera das súas entidades colaboradoras.

Calendario de inspeccións en abril de Nagar Servicios:

CALENDARIO ITEAF- ABRIL 2017

PROVINCIA

MUNICIPIO

LUGAR

DATA

A CORUÑA ABEGONDO INSTALACIÓNS AGRÍCOLA CASTELAO 21/04/2017
A CORUÑA BOIRO INSTALACIÓNS COMERCIAL SANCHEZ 19/04/2017
A CORUÑA CERCEDA INSTALACIÓNS AGROSILVA (A SILVA) 18/04/2017
A CORUÑA DUMBRIA INSTALACIÓNS TALLERES CAPELO 03/04/2017
A CORUÑA TEO INSTALACIÓNS TALLERES AGRIVAMA 04/04/2017
A CORUÑA VIMIANZO INSTALACIÓNS TALLERES IDEAL 17/04/2017
A CORUÑA ZAS INSTALACIÓNS TALLERES CANAY 03/04/2017
LUGO CASTRO DE REI INSTALACIÓNS MAQUINARIA AGRÍCOLA DOVAL 24/04/2017
LUGO O CORGO INSTALACIÓNS TALLERES CHURRILLO 25/04/2017
OURENSE RIBADAVIA INSTALACIÓNS TALLERES CENTRON 11/04/2017
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS TALLERES ESTEVEZ 11/04/17
PONTEVEDRA AS NEVES INSTALACIÓNS TALLERES LAMAS 05/04/2017
PONTEVEDRA CALDAS DE REIS INSTALACIÓNS TALLERES AGROUMIA 10/04/2017
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS TALLERES CHAVES 26/04/2017
PONTEVEDRA O ROSAL INMEDIACIÓNS POLIDEPORTIVO MUNICIPAL 27/04/2017
PONTEVEDRA RIBADUMIA CAMPO DE FUTBOL 20/04/2017
PONTEVEDRA SOUTOMAIOR INSTALACIÓNS MAQUINARIA AGRÍCOLA CARPINTERO 28/04/2017

Nagar Servizos comeza a súa oferta de cursos de fitosanitarios para este ano

Durante o ano pasado, Nagar Servicios Ambientales entregou máis de 1200 Carnés de Aplicador de Fitosanitarios a agricultores de toda Galicia.

Neste sentido, a empresa galega informa de que xa se iniciou a programación  de Cursos de Fitosanitarios 2017. Este programa forma parte da campaña “Sulfatemos con Sentidiño”, que inclúe tamén as ITV de sulfatadoras en todo Galicia (ITEAF) e o asesoramento en materia de fitosanitarios.

Os primeiros cursos xa están dispoñibles para reserva de praza en: www.nagarservicios.com/cursos-formacion ou no teléfono 981.79.25.19:

-PRESENCIAL- Nivel Básico- (BERGONDO del 27/03/2017 al 31/03/2017)
-PRESENCIAL- Nivel Básico- (OZA DOS RIOS del 31/03/2017 al 03/04/2017)
-ON-LINE- Nivel Básico- (del 27/03/2017 al 23/04/2017)
-ON-LINE- Nivel Básico- On Line (del 24/04/2017 al 21/05/2017)
-ON-LINE- Nivel Cualificado- On Line (del 27/03/2017 al 30/04/2017)
-ON-LINE- Nivel Cualificado- ON LINE (del 24/04/2017 a 28/05/2017)

Calendario de Nagar Servicios para pasar a ITEAF en marzo

A empresa Nagar Servicios, autorizada para facer as inspeccións técnicas de equipos de aplicación de fitosanitarios, facilita o seguinte avance de calendario de inspeccións en concellos das catro provincias galegas durante o mes de marzo.

Para máis información, pódese visitar a web da empresa, na que figura un mapa cos puntos de inspección e calendario, chamando ao 981.79.25.19 ou escribirlles a iteaf@nagarservicios.com. Tamén se pode solicitar cita en calquera das súas entidades colaboradoras.

Calendario de inspeccións en marzo de Nagar Servicios:

PROVINCIA MUNICIPIO LUGAR DATA
A CORUÑA MELIDE COOP. MELISANTO (CLUN) 20/03/2017
A CORUÑA SANTIAGO INSTALACIÓNS COMERCIAL VEIRAS 21/03/2017
A CORUÑA ZAS INSTALACIÓNS AGRÍCOLA CANAY 06/03/2017
LUGO FRIOL MERCADO DO GANDO 07/03/2017
LUGO LOURENZÁ MERCADO DO GANDO 01/03/2017
LUGO QUIROGA INSTALACIÓNS QUIROGA MOTOR 27/03/2017
LUGO RIBADEO COOP. IRMANDIÑOS (CLUN) 01/03/2017
OURENSE RIBADAVIA INSTALACIÓNS TALLERES CENTRÓN 08/03/2017
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS AGRÍCOLA SUAREZ 16/03/2017
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS AGRÍCOLA SUAREZ 17/03/2017
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS TALLERES ESTEVEZ 13/03/2017
PONTEVEDRA ARBO INSTALACIÓNS TALLERES JULIO VIDAL 03/03/2017
PONTEVEDRA AS NEVES INSTALACIÓNS TALLERES LAMAS 15/03/2017
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS TALLERES CHAVES 23/03/2017
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS TALLERES CHAVES 24/03/2017
PONTEVEDRA RIBADUMIA CAMPO DE FUTBOL 02/03/2017
PONTEVEDRA RIBADUMIA INSTALACIÓNS TALLERES ARTURO 16/03/2017
PONTEVEDRA RIBADUMIA INSTALACIÓNS TALLERES ARTURO 17/03/2017

Calendario para a inspección dos equipos de aplicación de fitosanitarios en febreiro

A empresa Nagar Servicios, autorizada para facer as inspeccións técnicas de equipos de aplicación de fitosanitarios, facilita o seguinte avance de calendario de inspeccións en concellos das catro provincias galegas durante o mes de febreiro.

Para máis información, pódese visitar a web da empresa, na que figura un mapa cos puntos de inspección e calendario, chamando ao 981.79.25.19 ou escribirlles a iteaf@nagarservicios.com. Tamén se pode solicitar cita en calquera das súas entidades colaboradoras.

PROVINCIA CONCELLO LUGAR DATA
A CORUÑA BETANZOS INSTALACIÓNS AGRAFER 09/02/2017
A CORUÑA BOIRO INSTALACIÓNS COMERCIAL SANCHEZ 01/02/2017
A CORUÑA CERCEDA INSTALACIÓNS AGROSILVA 06/02/2017
A CORUÑA MAZARICOS INSTALACIÓNS TALLERES LANDEIRA 07/02/2017
A CORUÑA MELIDE COOPERATIVA MELISANTO (AGORA CLUN) 27/02/2017
A CORUÑA OROSO INSTALACIÓNS AGROBARREIRO 08/02/2017
A CORUÑA OUTES INSTALACIÓNS TALLERES VILLADE 20/02/2017
A CORUÑA VIMIANZO INSTALACIÓNS TALLERES GÁNDARA 07/02/2017
LUGO GUITIRIZ INSTALACIÓNS TALLERES AGUSTÍN ANSEDE 15/02/2017
LUGO LOURENZA MERCADO DO GANDO 21/02/2017
LUGO RIBADEO COOPERATIVA IRMANDIÑOS (AGORA CLUN) 28/02/2017
LUGO VALADOURO INSTALACIÓNS AGROFORESTAL ROUCO 13/02/2017
OURENSE PUNXIN CAMPO DA COSTA 10/02/2017
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS TALLERES ESTEVEZ 10/02/2017
PONTEVEDRA A ESTRADA SAN XURXO DE VEA 14/02/2017
PONTEVEDRA A ESTRADA FOXO 14/02/2017
PONTEVEDRA AS NEVES INSTALACIÓNS TALLERES LAMAS 03/02/2017
PONTEVEDRA CALDAS DE REIS INSTALACIÓNS TALLERES AGROUMIA 22/02/2017
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS TALLERES CHAVES 23/02/2017
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS TALLERES CHAVES 24/02/2017
PONTEVEDRA O ROSAL PAVILLÓN POLIDEPORTIVO 16/02/2017
PONTEVEDRA RIBADUMIA INSTALACIÓNS TALLERES AGRONUMA 02/02/2017
PONTEVEDRA TOMIÑO INSTALACIÓNS MAQUINARIA PEREZ VAQUERO 17/02/2017

Calendario de Nagar Servicios para a inspección dos equipos de aplicación de fitosanitarios en xaneiro

A empresa Nagar Servicios, autorizada para facer as inspeccións técnicas de equipos de aplicación de fitosanitarios, facilita o seguinte avance de calendario de inspeccións en concellos das catro provincias galegas durante o mes de xaneiro.

Para máis información, pódese visitar a web da empresa, na que figura un mapa cos puntos de inspección e calendario, chamando ao 981.79.25.19 ou escribirlles a iteaf@nagarservicios.com. Tamén se pode solicitar cita en calquera das súas entidades colaboradoras.

PROVINCIA CONCELLO LUGAR DATA
A CORUÑA ABEGONDO INSTALACIÓNS AGRÍCOLA CASTELAO 13/01/2017
A CORUÑA DUMBRIA INSTALACIÓNS TALLERES CAPELO 10/01/2017
A CORUÑA ORDES INSTALACIÓNS TALLERES JULIO NAVEIRA  19/01/2017
A CORUÑA OROSO INSTALACIÓNS AGROBARREIRO 11/02/2017
LUGO LUGO INSTALACIÓNS TALLERES SAN PEDRO 18/01/2017
LUGO O VALADOURO INSTALACIÓNS AGRO-FORESTAL ROUCO 12/01/2017
LUGO PANTON CAMPO DA FEIRA DE FERREIRA 23/01/2017
LUGO QUIROGA ZONA PISCINA MUNICIPAL 16/01/2017
LUGO RIOTORTO A GROBA 09/01/2017
OURENSE XINZO DE LIMIA INSTALACIÓNS TALLERES MAXITO 20/01/2017
PONTEVEDRA ARBO INSTALACIÓNS TALLERES JULIO VIDAL 30/01/2017
PONTEVEDRA ARBO INSTALACIÓNS TALLERES JULIO VIDAL 31/01/2017
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS TALLERES CHAVES 25/01/2017
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS TALLERES CHAVES 26/01/2017
PONTEVEDRA MEAÑO INSTALACIÓNS TALLERES CHAVES 27/01/2017
PONTEVEDRA SILLEDA INSTALACIÓNS MECANICA DE CAMPO 24/01/2017

En España soamente o 34% dos equipos fitosanitarios pasou a ITEAF en prazo

Un total de 75.943 pasaron a inspección técnica de equipos fitosanitarios (Iteaf), dos 220978 que obrigatoriamente, segundo estableceu a directiva da Comisión Europea, tiñan que pasar en España antes do 26 de novembro, o que supón o 34% do total. Así se desprende da información oficial facilitada a Campo Galego polo Ministerio de Agricultura, aínda que faltan por contabilizar nalgúns casos as inspeccións pendentes por atrasos na inscrición no Roma. Soamente cinco comunidades cumpriron os prazos : Madrid, Cataluña, Navarra, Castela a Mancha e A Rioxa. Preto de alcanzar o 50% de inspeccións quedáronse Aragón e País Vasco. A menor porcentaxe de ITEAF realizadas rexistrouse en Andalucía, Asturias e Baleares. Galicia quedouse, segundo a información facilitada ata o momento, no 14,96% de equipos que pasaron a inspección. En canto a que pasará co 66% de equipos que non pasaron a Iteaf obrigatoria, de momento o Ministerio non se pronuncia sobre se aplicará sancións, conforme establece o Real Decreto 1702/2011. A Xunta de Galicia, e organizacións agrarias como Unións Agrarias, solicitaron ao Mapama unha prórroga na aplicación da directiva europea, sen que ata o momento transcendese información respecto diso.

COMUNIDAD AUTÓNOMA

Nº DE EQUIPOS A INSPECCIONAR

EQUIPOS INSPECCIONADOS

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101891&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

% DE INSPECCIONES

ANDALUCÍA

61062

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 2 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101892&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

2321

3,80%

ARAGÓN

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 3 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101893&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

17078

8182

47,90%

CANARIAS

530

69

13,01%

CANTABRIA

105

CASTILLA LA MANCHA

33497

17614

52,58%

CASTILLA Y LEÓN

31183

10206

32,72%

CATALUÑA

20050

14019

69,92%

COMUNIDAD DE MADRID

1234

869

71,58%

NAVARRA

4425

2850

64,40%

COMUNIDAD VALENCIANA

15059

5442

36,13%

EXTREMADURA

9139

3761

41,15%

GALICIA

10477

1568

14,96%

ISLAS BALEARES

524

38

7,25%

LA RIOJA

8014

5681

70,88%

PAÍS VASCO

3036

1466

48,28%

PRINCIPADO DE ASTURIAS

418

5

1,19%

REGIÓN DE MURCIA

5147

1850

35,94%

TOTAL

220978

75943

34,00%

Fonte: Mapama

Calendario de Nagar Servicios para a inspección dos equipos de aplicación de fitosanitarios en decembro

A empresa Nagar Servicios, autorizada para facer as inspeccións técnicas de equipos de aplicación de fitosanitarios, facilíta o seguinte avance de calendario de inspeccións en concellos das catro provincias galegas durante o mes de decembro.

Para máis información, pódese visitar a web da empresa, na que figura un mapa cos puntos de inspección e calendario, chamando ao 981.79.25.19 ou escribirlles a iteaf@nagarservicios.com. Tamén se pode solicitar cita en calquera das súas entidades colaboradoras.

PROVINCIA

CONCELLO

LUGAR

DATA

A CORUÑA

A CAPELA

COOP. CAMPO CAPELA

22/12/2016

A CORUÑA

ABEGONDO

INSTALACIÓNS AGRÍCOLA CASTELAO

05/12/2016

A CORUÑA

ARANGA

A CASTELLANA

02/12/2016

A CORUÑA

BOIMORTO

PLAZA DA GÁNDARA- CENTRO DE SAUDE

16/12/2016

A CORUÑA

BOIRO

INSTALACIÓNS COMERCIAL SANCHEZ

23/12/2016

A CORUÑA

GUITIRIZ

INSTALACIÓNS TALLERES AGUSTÍN ANSEDE

01/12/2016

A CORUÑA

MELIDE

COOP. MELISANTO

15/12/2016

A CORUÑA

MOECHE

MERCADO DO GANDO

28/12/2016

A CORUÑA

ORDES

INSTALACIÓNS TALLERES JULIO NAVEIRA

12/12/2016

A CORUÑA

TORDOIA

CAMPO DE FUTBOL DE CABALEIROS

15/12/2016

A CORUÑA

TOURO

INSTALACIÓNS AGRÍCOLA SALGUEIRO

20/12/2016

A CORUÑA

TOURO

INSTALACIÓNS TALLERES FREIRE

26/12/2016

A CORUÑA

VIMIANZO

INSTALACIÓNS TALLERES J. CANCELA

14/12/2016

LUGO

LOURENZA

MERCADO DO GANDO

19/12/2016

LUGO

LUGO

INSTALACIÓNS MILLARES TORRON

21/12/2016

LUGO

O PÁRAMO

COOP. COPARMA

16/12/2016

LUGO

PARADELA

MERCADO DO GANDO

16/12/2016

LUGO

RIBADEO

COOP. IRMNANDIÑOS

14/12/2016

LUGO

TRABADA

INSTALACIÓNS TALLERES CANCELOS

29/12/2016

OURENSE

ARNOIA

CAMPO DE FUTBOL

13/12/2016

OURENSE

XINZO DE LIMIA

INSTALACIÓNS TALLERES SUAREZ

01/12/2016

OURENSE

XINZO DE LIMIA

INSTALACIÓNS TALLERES SUAREZ

02/12/2016

OURENSE

XINZO DE LIMIA

INSTALACIÓNS TALLERES SUAREZ

03/12/2013

PONTEVEDRA

A ESTRADA

FOXO (MAÑAN) / SAN XURXO DE VEA (TARDE) 

09/12/2016

PONTEVEDRA

ARBO

INSTALACIÓNS TALLERES JULIO VIDAL

05/12/2016

PONTEVEDRA

ARBO

INSTALACIÓNS TALLERES JULIO VIDAL

12/12/2016

PONTEVEDRA

ARBO

INSTALACIÓNS TALLERES JULIO VIDAL

13/12/2016

PONTEVEDRA

CALDAS DE REIS

INSTALACIÓNS AGRO UMIA

09/12/2016

PONTEVEDRA

CALDAS DE REIS

INSTALACIÓNS AGRO UMIA

22/12/2016

PONTEVEDRA

CRECENTE

INSTALACIÓNS GOCER ELECTROMECANICA

27/12/2016

PONTEVEDRA

LALIN

COOP. CAMPODEZA

07/12/2016

PONTEVEDRA

MEIS

INSTALACIÓNS TALLERES DOPAZO

23/12/2016

PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

INSTALACIÓNS AGRÍCOLA CASAL

07/12/2016

PONTEVEDRA

RIBADUMA

CAMPO DE FUTBOL

21/12/2016

PONTEVEDRA

RIBADUMIA

CAMPO DE FUTBOL

19/12/2016

PONTEVEDRA

RIBADUMIA

CAMPO DE FUTBOL

20/12/16

Menos do 16% dos equipos fitosanitarios pasaron a ITEAF en Galicia

Un total de 9.871 equipos de aplicación de produtos fitosanitarios deberán ser inspeccionados antes do 26 de novembro de 2016. Sen embargo, a menos dunha semana de que remate o prazo establecido polo Ministerio de Agricultura para pasar esta inspección técnica obrigatoria, a coñecida como Iteaf, menos do 16% dos que teñen que facela en Galicia superaron oficialmente esta proba.

Así, segundo datos da Consellería do Medio Rural, das 9.871 máquinas que teñen que pasar a Iteaf en Galicia nalgunha das vinte empresas autorizadas pola administración galega, soamente 1.568 a superaron.

Equipos que teñen que pasar a ITEAF Inspeccións realizadas a 18 de novembro % Cumprimento
A Coruña 2594 362 13,95%
Lugo 2404 175 7,27%
Ourense 1494 449 30,03%
Pontevedra 3379 582 17,22%
Total GALICIA 9871 1568 15,88%
Fonte: Consellería do Medio Rural
A Consellería recoñece que hai atraso na administración, sobre todo nas inscricións da maquinaria no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (Roma), trámite necesario para pasar a Iteaf. “É certo que o volume de traballo nos rexistros provinciais incrementouse nas últimas semanas debido á proximidade do fin do prazo establecido, e os trámites estanse axilizando o máximo posible”, aseguran dende Medio Rural. A Xunta solicitoulle ao Ministerio unha prórroga máis alá do 26 de novembro En canto á posibilidade de reclamar ao Ministerio unha prórroga na aplicación desta directiva da Comisión Europea máis alá do 26 de novembro, a Consellería recoñece que lle trasladou esta petición a Madrid. “Trátase dun prazo de carácter estatal, pero é certo que esta Consellería, xunto a outras comunidades, presentou esta posibilidade ao Ministerio”, recoñecen fontes do departamento que dirixe Ánxeles Vázquez. Polo que respecta ao establecemento de sancións para os equipos de aplicación de fitosanitarios que non teñan superada a Iteaf, dende a Consellería do Medio Rural lembran que veñen reguladas na Lei 43/2002 de sanidade vexetal e as datas de cumprimento veñen reguladas no Real decreto 1702/2011. “Se descoñece o alcance deste incumprimento pero será sempre o Ministerio o que ditará as normas a seguir. As sancións están reguladas por normativa básica estatal e polo tanto, no caso de haber infraccións que se deriven do incumprimento de inspeccións, as medidas serán  aplicadas a nivel estatal”, explican dende Medio Rural. O sector cre que o número de inspeccións realizadas é maior pero que as altas no Roma retardan o proceso En calquera caso, os datos facilitados pola Consellería contrastan cos do propio sector. Dende Nagar Servicios, unha das empresas autorizadas para realizar a Iteaf en Galicia, aseguran que “no noso caso imos por riba do 60% das inspeccións realizadas e queremos pensar que o resto das empresas tamén”. “É certo que notamos un aceleramento no último mes: a xente está máis informada e achégase coas máquinas cumprindo máis as condicións ou polo menos son coñecedores”, engaden desde esta empresa. En canto ao desfase cos datos da Consellería, desde Nagar Servicios explícano porque “aínda que se están facendo moitas inspeccións, tamén hai moitas máquinas sen inscribir de alta no Roma que o están facendo agora ou que aínda non o iniciaron, e así a porcentaxe mantense baixa”. Precisamente, fontes do sector sitúan no atraso na inscrición da maquinaria no Roma, especialmente se se realiza a través das Oficinas Agrarias Comarcais -que xuntan os expedientes antes de remitilos ao Roma-, como unha das causas do baixo número de inspeccións realizadas. Neste sentido, as empresas do sector recomendan realizar a solicitude de alta directamente no Roma, xa que “se non llo fan no día, tardan só dous ou tres días”.

Sedes do Roma en Galicia:

OFICINA XUNTA DE GALICIA ENDEREZO TELÉFONO/FAX
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DA CORUÑA Rúa Vicente Ferrer nº 2 15008-A Coruña Tel: 981184628 / 981184549
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE LUGO Ronda Muralla, 70 27071-Lugo Tel: 982294457
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE OURENSE Rúa Florentino L. Cuevillas, 4-6 baixo 32003-Ourense Tel: 988386575/988386461/ 988387298/988386876
SERVIZO DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE PONTEVEDRA Rúa Fernández Ladreda, 43 2º 36003-Pontevedra Tel: 886206587/ 886206547/886206586
SERVIZO DE SANIDADE E PRODUCIÓN VEXETAL SANTIAGO DE COMPOSTELA Rúa dos Irmandiños s/n Salgueiriños 15701-Santiago de Compostela Tel.  881997441
Unións Agrarias reclama unha prórroga da Iteaf O sindicato Unións Agrarias-UPA anuncia que “non tolerará que se sancionen a gandeiros e agricultores por non cumprir os prazos para pasar as revisións das Iteaf”. UUAA acusa á Consellería de Medio Rural de “pensar mais nas sancións e en recadar que en informar a os afectados, e de non preocuparse tampouco de asesorar as propias oficinas de extensión agraria”. Así, aseguran dende a organización agraria que “moitos agricultores e gandeiros presentaron solicitudes de inscrición no Roma xa fai máis de seis meses sen que a día de hoxe recibiran ningún tipo de contestación”. Ante esta situación, Unións reclama á Consellería que “remita urxentemente a documentación e, de ser necesario, aprobe unha prórroga para pasar a Iteaf”.

Máis información:

-¿Qué equipos teñen que pasar a Iteaf? -Lista de empresas autorizadas pola Xunta para pasar as Iteaf -Recomendacións á hora de pasar a Iteaf
<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101891&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->