Archives

Convocadas as axudas para a instalación de enerxías renovables e de mellora da eficiencia enerxética no agro

Ata o 29 de maio pódense solicitar as axudas da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2024 cofinanciadas polo FEADER.

1. Actuacións subvencionables

Serán subvencionables as seguintes actuacións que se executen en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia (consultar listaxe de parroquias elixibles) e presenten un investimento mínimo de 5.000 euros (IVE non incluído): a)    Proxectos de enerxías renovables eléctricas:  Serán subvencionables os custes dos investimentos necesarios para o desenvolvemento de instalacións que xeren electricidade a partir de fontes de enerxías renovables. En concreto, serán subvencionables as instalacións de xeración eléctrica mediante tecnoloxía fotovoltaica ou minieólica (aos efectos desta convocatoria considérase minieólica aquelas instalacións cunha potencia nominal inferior ou igual a 100 kW) asociadas a algún centro de traballo do sector agrícola primario na modalidade de subministración con autoconsumo. Os módulos fotovoltaicos deberán ter unha eficiencia enerxética igual ou superior ao 20 % para unha irradiación de 1000 W/m2 e a unha temperatura de 25 ºC. O investimento elixible máximo por potencia unitaria nominal da instalación será de 1.100 €/kW para instalacións fotovoltaicas e 2.500 €/kW para instalacións minieólicas, IVE non incluído.  Aos efectos destas bases considérase potencia nominal da instalación a potencia mínima entre a potencia nominal dos inversores e o sumatorio da potencia pico dos paneis/aeroxeradores instalados. En instalacións illadas da rede a potencia nominal coincidirá co sumatorio da potencia pico dos paneis/aeroxeradores instalados.  b) Proxectos de aforro e eficiencia enerxética Será subvencionable o sobrecusto de investimento necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética.  As actuacións deben xustificar un aforro enerxético mínimo en relación a situación inicial de 0,1 kWh de enerxía final por cada euro de investimento elixible. Non serán subvencionables a instalación de equipos de enerxía alimentados por combustibles fósiles, incluído o gas natural.

2. Características das axudas

A convocatoria conta cun orzamento de 1.276.330,00 € financiada con fondos FEADER desagregado en 1 millón de euros para proxectos de enerxías renovables eléctricas e 276.330 euros para proxectos de aforro e eficiencia enerxética. A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, asignando os fondos en función dos seguintes criterios de baremación: 1.  Características técnicas (ata 50 puntos) Para proxectos de aforro e eficiencia enerxética valorarase o cociente de aforro de enerxía por cada euro de investimento elixible (kWh de aforro/ € de investimento elixible),  Para proxectos de enerxías renovables valorarase:  A) Incidencia do custo enerxético na competitividade do centro de traballo: Valorarase a razón de 3 puntos por cada 1 % que representen os custos enerxéticos da empresa en relación cos custos totais no último exercicio do que se teña información ata un máximo de 30 puntos.  B) Instalacións renovables preexistentes. • Con instalación preexistente da mesma tecnoloxía renovable: 0 puntos. • Sen instalación preexistente da mesma tecnoloxía renovable: 20 puntos. 2.  Explotacións agrarias prioritarias (ata 20 puntos) Outórgase 20 puntos as explotacións inscritas na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA).

3. Localización xeográfica do proxecto (ata 30 puntos)

Valoraranse os proxectos en función da renda dispoñible bruta por habitante do concello no que se desenvolvan priorizando os que se ubiquen en zonas economicamente menos favorecidas. A puntuación mínima requirida para que o proxecto cumpra a finalidade da convocatoria e se considere subvencionable se establece en 30 puntos. 3. Presentación de solicitudes O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 30 de abril ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 29 de maio de 2024.  So se admite a presentación electrónica.  Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras. 

4. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a continuación: A) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria. Considerarase sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e en concreto as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009 ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades contempladas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009. Ós efectos destas bases terase en conta a definición de empresa recollida no anexo I do Regulamento 651/2014 no cal se considerará empresa toda entidade, independentemente da súa  forma xurídica, pública o privada, que exerza unha actividade económica. B) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no apartado anterior.

5. Período de execución e xustificación actuacións subvencionables

O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda e rematará 15 de outubro de 2024. A xustificación por parte beneficiarios deberá realizarse a través da aplicación no prazo límite de 15 de outubro de 2024.

6. Contía máxima das axudas

A contía da axuda será do 30 % do custe elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 € por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo no que se establece unha axuda máxima de 500.000 € por proxecto e de 500.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

7. Máis información

Para solicitar máis información pode poñerse en contacto no teléfono: 981 54 15 23 / 981 54 15 14.

Convocadas as axudas para instalar caldeiras ou cociñas de biomasa nos fogares

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a convocatoria de axudas do Instituto Enexético de Galicia (INEGA) para proxectos de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan estas subvencións para o ano 2022.

Beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non podendo estas disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición

Obxecto e normativa de aplicación:

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos de biomasa. Os proxectos que se subvencionarán son os do grupo: A1 Estufas de aire, cociñas calefactoras, A2 Cambio de queimadores existentes que non sexan de biomasa, B1 Equipamentos térmicos que utilicen leña, hidroestufas ou insert/cheminea de auga, B2 Caldeiras de pélets con volume de acumulación de combustible inferior a 1.000 l, e B3 Caldeiras de pélets con volume de acumulación de combustible maior o igual a 1.000 l. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva. As solicitudes presentaranse a través das entidades colaboradoras. Será necesario que as entidades colaboradoras sexan persoas físicas ou xurídicas, que presentasen unha declaración responsable como empresas de instalacións térmicas en edificios e que figuren inscritas no Rexistro Integrado Industrial do ministerio competente en materia de enerxía.   Contía da axuda: O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 1.500.000 euros. A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación. A contía máxima por proxecto será de 60.000 euros. Cada entidade colaboradora poderá solicitar un máximo de 300.000 euros en proxectos con reserva de fondos.

Forma e prazo de presentación das solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG desta resolución e rematará o 1 de xuño de 2022. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de marzo de 2022 ás 9.00 horas e rematará o 1 de xullo de 2022 ou cando se esgoten os fondos. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).