Archives

Dúas propostas de xestión territorial gañan os Premios Rafael Crecente

A candidatura gañadora dos VI Premios Rafael Crecente foi a presentada pola doutora e enxeñeira agrónoma lucense Marta Gómez Fandiño. Esta proposta abordou un estudo sobre a recuperación de terras agrarias de Galicia a través das denominadas ‘Aldeas Modelo’. Pola súa banda, o investigador vasco Akaitz Sarasola Mugertza, ligado á Fundación José Miguel de Barandiaran, gañou o segundo galardón pola súa iniciativa de recuperación dunha hectárea de superficie de castañal de Koate, en Lizartza (Guipúzcoa). Premiados nos VI Premios Rafael Crecente. Foto de LaboraTE O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemeto Rural (Ibader) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), xunto co Laboratorio do Territorio (LaboraTE) celebraron a sexta edición destes galardóns, que se crearon en memoria do profesor e investigador na sede universitaria luguesa Rafael Crecente Maseda. O acto estivo presidido polo vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga López. Tamén participaron o director do Ibader, Pablo Ramil Rego; a directora da EPS de Enxeñaría, Rosa Romero; a directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, así como o deputado provincial delegado da área de Participación Cidadá, Iván Castro. A cerimonia serviu para lembrar a figura e o legado de Rafael Crecente como precursor e referente no ámbito da xestión territorial de Galicia. A proposta de Gómez Fandiño recibiu un premio dotado cunha gratificación económica de 2.000 euros. Destaca por responder aos criterios establecidos nas bases dun certame que naceu co obxectivo impulsar o desenvolvemento de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente, a mellora da produción agraria en sentido amplo e a contribución á xestión territorial sostible. A estes criterios tamén se axustou a iniciativa de Sarasola Mugertza, que recibiu o segundo galardón dotado con 1.000 euros. Así mesmo, o xurado tamén outorgou un accésit a Vanessa Miramontes Viña pola proposta ‘Emprendemento e enerxías renovables: as comunidades de enerxías renovables como base dun desenvolvemento rural sustentable’. Relatorio impartido por Antonio Turiel. Foto de LaboraTE Durante a sesión de entrega dos premios, as persoas asistentes desfrutaron do relatorio ‘O futuro da enerxía’, a cargo do doutor en Física Teórica pola Universidade Autónoma de Madrid, divulgador e investigador científico no Instituto de Ciencias del Mar do CSIC, Antonio Turiel. No acto, o director do Ibader lanzou xa a apertura da próxima edición dos Premios Rafael Crecente.

Premio de 2.000 euros á mellor idea de desenvolvemento rural

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) vén de convocar en colaboración co Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da USC a segunda edición do Premio Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial, un galardón creado en homenaxe á figura do profesor Rafael Crecente Maseda (1964-2015), considerado como un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia, cuxas bases da convocatoria están accesibles na web do Ibader.

O obxectivo do Premio Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial, un galardón dotado con 2.000 euros en metálico e, de ser o caso, a difusión do traballo desenvolvido, pasa por impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.

Trátase dun premio aberto á participación de todas aquelas persoas que remataran a súa titulación de grao ou máster nos últimos cinco anos.

Prazo e presentación de propostas: Ata o 15 de marzo

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 15 de marzo de 2019 e o fallo farase público nun período máximo de dous meses desde esta data. Un comité de selección elixirá, entre as propostas presentadas, aquela máis axeitada de acordo co obxectivo do premio, así como unha ou dúas suplentes se o estima oportuno.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101891&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

As persoas candidatas deberán enviar unha proposta orixinal e innovadora no ámbito do desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente, ou a mellora da xestión territorial ao enderezo electrónico premio.rafaelcrecente@usc.es, en formato pdf e cunha extensión máxima de 50 páxinas en tamaño A4, solicitando confirmación da correcta recepción do documento enviado. Poderá presentarse en galego ou castelán. As persoas que concorran a este certame deberán cumprimentar asemade un formulario adxunto que xa está accesible na web do Ibader.

O Consello Científico do IBADER desempeñará as funcións de comité avaliador das propostas presentadas ao Premio Rafael Crecente, podendo solicitar o asesoramento de persoal experto externo. Os membros deste comité avaliador valorarán a viabilidade práctica da idea ou proxecto innovador, o impacto na sustentabilidade territorial e a xestión dos recursos en Galicia, e que teña compoñentes de innovación social, como por exemplo, no eido da xestión da propiedade.

Rafael Crecente Maseda

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 2 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101892&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

O profesor Rafael Crecente Maseda [1964,2015] estaba considerado como un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia. Foi profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, e o seu labor estivo vencellado principalmente á investigación, como director do Grupo de Investigación  Territorio-Biodiversidade - Laboratorio do Territorio, e coordinador do Sistema de Información Territorial (SIT) da USC.

Rafael Crecente participou asemade activamente como investigador en países de Latinoamérica, fundamentalmente en Ecuador, lugar no que impulsou un programa de colaboración, así como en convenios con países de Europa central e do leste. Tamén foi consultor da oficina rexional da FAO en Budapest e profesor invitado na Universidade de Múnich. Tamén foi investigador do Ibader adscrito ao Grupo de Investigación 1934 - Territorio e Biodiversidade.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 3 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101893&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->