Archives

“O erro máis importante é non brindar ás vacas unhas condicións de vida óptimas”

O veterinario holandés Jan Hulsen é un dos maiores divulgadores a nivel mundial sobre como mellor a saúde e o benestar animal en gando vacún. Autor, entre máis de dez obras, do coñecido "Cow signals" (A linguaxe das vacas), é un dos fundadores de Vetvice, e imparte charlas e asesoramento por todo o mundo. Falamos con el para coñecer as claves para mellorar o manexo das vacas de leite.  Cal é o motivo detrás de desenvolverse profesionalmente dentro da consultoría de gando leiteiro? Probablemente ter pasado a miña mocidade nunha granxa de vacas leiteiras. Realmente disfrutei e disfruto moito traballando con gando e gandeiros produtores de leite. -Cal é o enfoque do seu traballo neste momento? É un dobre enfoque. En primeiro lugar, sobre a organización laboral nas explotacións leiteiras buscando unha maior eficiencia no traballo. Isto implica toda a área de xestión dentro dunha produción leiteira, especificamente organizando e apoiando a mellora na produtividade. Isto implica o respecto polas persoas e o gando. Tanto o persoal da granxa como os animais deben ter un ambiente de traballo seguro, cómodo e saudable. Cunha boa organización e xestión, tanto os resultados do traballo e a produción da granxa serán óptimos, e o persoal disfrutará do seu labor compenetrándose máis coas súas tarefas. Isto permitirá o desenvolvemento dun labor gratificante, con empregados comprometidos como persoas satisfeitas e capacitadas para o coidado do gando. O segundo enfoque do meu traballo céntrase na mellora da sustentabilidade na produción leiteira, isto significa reducir a pegada de carbono, obter bos resultados económicos e traballar con respecto ás persoas, aos animais e ao medio ambiente. Supoño que isto soa moi abstracto, pero é moi práctico. Necesítanse vacas sas e sen estrés para obter boas producións. Ademais, o persoal laboral das explotacións deberán ter claro os obxectivos que deben lograr. A isto pódese chegar mediante as capacidades e os coñecementos necesarios para ofrecer un traballo de alta calidade, ademais de ter os seus lugares de traballo e materiais preparados de forma óptima. -Recentemente participou en España nunhas xornadas de ANEMBE sobre nutrición de ruminantes. Que impresións levou desta conferencia? Impresionoume o interese profesional, o nivel científico, a calidade didáctica das presentacións e o número de asistentes. A xente parecía moi interesada e con ganas de aprender e estar ao día. -A súa guía Cow Signals xa é mundialmente coñecida no sector e un referente para os gandeiros. Cales considera que son os erros máis comúns no momento de interpretar os sinais que nos dan as vacas sobre o seu estado de saúde e as súas necesidades? Creo que o aspecto máis importante da produción leiteira é comprender que as vacas son os activos e os empregados máis importantes. Transfiren o alimento ao leite, e diso trátase a gandería leiteira. Por tanto, o erro máis importante é non brindar ás vacas unhas condicións de vida óptimas, acceso a alimento e auga, e controlar a súa saúde, de modo que produzan leite de maneira eficiente e poidan ter unha vida longa, saudable e produtiva.
"O erro máis importante é non brindar ás vacas unhas condicións de vida óptimas"
-Como afecta a crecente robotización da gandería e a falta de man de obra á interpretación destes sinais? Estes factores fan que sexa cada vez máis importante contar con mellores instalacións, alimentación, subministración de auga, calidade de vida e medidas preventivas para que as vacas se manteñan saudables. Os custos das vacas enfermas e con problemas son altos, e coa falta de man de obra, estes custos son moito máis altos. O muxido robótico require un alto nivel de xestión de vacas e granxas. É menos indulxente cos erros, algo bo, na miña opinión. -Un dos problemas máis frecuentes e que máis perdas provocan no gando leiteiro é a coxeira. Que sinais nos envía o animal antes de que o problema estea moi avanzado? No meu libro "Hoof Signals", utilizo o concepto dos catro factores de éxito para a saúde dos cascos. O primeiro é a calidade das pezuñas, a forma das pezuñas, a calidade do corno e a calidade das estruturas e tecidos nesta parte do animal. Esencialmente, isto decide a cantidade de presión física, carga e presión de infección que poden soportar os cascos. O segundo factor é a carga mínima. Trátase do tempo que o animal permanece de pé, sumándolle a presión de camiñar, deslizarse, pisar grava, pedras e presión de propulsión. En terceiro lugar, é necesaria unha excelente hixiene, esencialmente trátase de diminuír a cantidade de fluídos no chan, rebaixar a humidade así como as bacterias do medio ambiente que teñen un impacto negativo nos cascos. Por último está a reacción efectiva temperá. As lesións e a forma menos óptima dos cascos deben recoñecerse canto antes e ser tratados de forma efectiva de inmediato. Na práctica, se o animal sofre coxeira os factores detrás deste problema adoitan ser un descanso insuficiente ou permanecer demasiado tempo de pé. Os sinais habituais aparecen en establos onde as vacas teñen problemas para deitarse ou levantarse, aparecen lesións nos xarretes, costelas e xeonllos de diante e isto adoita ser consecuencia do amontoamento de gando neste tipo de recintos. Tamén o exceso de horas nos currais de espera para tratamento ou tráfico guiado de vacas, pode influír negativamente. Outros factores son os golpes entre as propias vacas ou o pastoreo agresivo. Tamén hai que sumar a falta de hixiene nos lugares para recortar pezuñas ademais de procedementos inadecuados no recorte, os sinais de dor do animal e a falta de seguimento na saúde pedestre dos animais.
 "Se o animal sofre coxeira os factores detrás deste problema adoitan ser un descanso insuficiente ou permanecer demasiado tempo de pé"
-Por que as feces nos permiten detectar facilmente moitos dos problemas de alimentación que pode ter unha vaca? Como cualificarías as feces normais? As feces normais ofrecen unha serie de sinais. Se a dixestión foi normal, as feces mostran unha puntuación de 1 a 2 e quizais 3, nunha escala de 5 puntos. En segundo lugar, teñen unha consistencia moderada. Un excremento ten un grosor de 2 a 5 cm, é pastoso e mostra aneis. A puntuación de consistencia é de 2 a 3, nunha escala de 5 puntos. As propias bostas indican o estado de saúde do rume e se o proceso dixestivo transcorre sen problemas porque isto ao final transfírese ao leite. Un rume san é un factor ineludible para ter unha vaca sá. As variacións nas feces dun grupo de vacas indica se os animais están a dixerir ben o seu alimento. A elección de alimentos para o gando pode ser un factor que se traduza en ineficiencia, presión social sobre a cría de gando e problemas de saúde para a xente. Unha boa dixestión deixa un esterco non moi solto nin demasiado firme. As vacas de alta produción na lactación temperá terán taxas de paso de alimento máis altas e, debido a iso, menor consistencia das feces. -En canto á nutrición, cales son os erros máis frecuentes que detecta na alimentación do gando leiteiro? Observando os comedeiros, que non haxa suficiente alimentación, isto non permite realizar movementos arriba e abaixo co pescozo aos animais. Por último, facer unha boa selección de pensos. Ademáis, e detrás dos comedeiros, os animais adoitan ter dificultades para poder alimentarse con corredores estreitos e esvaradíos. Ás veces o número de vacas supera a dispoñibilidade de comedeiros, cando o que se busca é alimentalas todas a un tempo. Outros obstáculos físicos son as barreiras de alimentación incómodas, bloqueos de cabeza mal colocados e mala condución do gando. -Como debemos organizar de forma óptima tanto o tipo de ración como a frecuencia e dosaxe da mesma para adaptarnos á bioloxía da vaca? É simple, todas as vacas sempre deben ter acceso a alimentos que resulten saborosos e coa composición correcta, así non os rexeitarán. Isto significa que a alimentación debe ser sempre abundante e de fácil acceso para as vacas. E igual para a auga. Se se consegue isto, as vacas comerán tranquilamente e con apetito ao redor de 10 ou 12 comidas por día, distribuídas de maneira uniforme ao longo do día. Cada comida debe ter a mesma composición e un tamaño relativamente pequeno para chegar a un rumen case cheo. Isto asegura que o contido ruminal sexa o máis estable posible. -No caso específico do concentrado, cales son as súas recomendacións para a súa administración (dose, tipo de concentrado, forma, granulado, fariña, etc.)? Cantidades baixas por comida mesturadas con forraxe tanto como sexa posible. -Cando instalamos un robot de muxido, que cambios debemos facer na alimentación da vaca? Poucos, supoñendo que xa se estea facendo un bo traballo alimentando ás vacas. Abonda un pouco de adestramento co robot para que a vaca vaia cara a el. Nós, en Vetvice, tendemos a colocar un concentrado apetecible no robot moi parecido ao PMR que pode haber nun comedeiro. Polo xeral, tratamos de configurar un sistema adaptado a cada granxa. Ás veces cargamos máis concentrado no robot para evitar que as vacas engorden ao final da lactación, tamén hai ocasións en que non o facemos. Isto depende de moitos factores como os resultados da reprodución e a calidade do manexo do destete. Nunha granxa ideal estes factores serían perfectos pasando a alimentar con pequenos volumes de concentrado apetecible no robot de leite. -A súa empresa, VETVICE, realiza traballos de consultoría en moitas granxas leiteiras nos Países Baixos. Cales son os principais cambios que se están producindo neste momento nas instalacións de produción láctea no seu país? Diría que o máis preocupante é a redución de emisións de amoníaco (NH3). É todo un desafío. Aínda non demos coa mellor solución. Moitos chans de establos deseñados para reducir as emisións eran moi esvaradíos para as vacas e os resultados foron decepcionantes en canto á redución real de emisións. Os conceptos sobre que os chans con esterco e ouriños son capaces de illar o amoníaco parecen ser efectivos. -A que prezos e marxes de ganancia media operan actualmente as granxas de gando leiteiro nos Países Baixos? O prezo medio é de 38 céntimos de euro/litro, aproximándose aos 40. Ese é o prezo do leite co que se pagan todos os custos, incluído un salario para o agricultor. Os gandeiros de Holanda obteñen 65 céntimos de euro neste momento, pero ata cando durará isto? -En termos de xenética, que tipo de vaca buscan os gandeiros neerlandeses? Están a gañar terreo outras razas ou cruces ademais da Holstein? Están a buscar unha vaca leiteira máis robusta e de alta produción. Iso é o que tentan lograr principalmente dentro da poboación de raza Holstein Frisian.
"O futuro pasa por lograr vacas que de media duren 4 partos"
-Como ve o sector da produción de leite no seu país dentro de dez anos? Menos granxas e menor poboación de vacas, maiores estándares de benestar animal e de saúde das vacas. estabulación libre con camas de area en dúas fileiras e un excelente manexo do estrés por calor. Unha produción alta e eficiente de 35-45 kg/vaca/día. Períodos de vida altamente produtivos con máis de catro lactacións, con intervalos máis longos entre partos. Máis granxas onde os xatos maman da súa nai durante o primeiras dez ou doce semanas de vida.  

Menos vacas pero máis produtivas: a tendencia na maioría de países da UE trala fin das cotas

Vacas camiño do pasto nunha explotación holandesa, onde a produción por vaca medrou un 15% desde o 2015 O sector leiteiro europeo é cada vez máis eficiente. O último informe elaborado polo Observatorio Lácteo da UE, con datos do 2018, pon de manifesto o incremento na produción de leite por vaca que están a experimentar a meirande parte dos países produtores de leite da UE, agás Francia. No conxunto da Unión, hoxe con 27 países trala marcha do Reino Unido, hai na actualidade 20,5 millóns de vacas leiteiras, case un millón menos ca no 2015. Pero esta caída do 4,2% no número de cabezas foi compensada cun maior rendemento leiteiro por animal, cun incremento medio de 133 litros por lactación, o que equivale a un 5,9% máis de produción por vaca en só tres anos, o periodo comprendido entre 2015 e 2018.
No ano 2018 España foi o cuarto país da UE con maior produción de leite por vaca, con 8.982 quilos por lactación, só superada por Dinamarca, Estonia e Países Baixos
En España a evolución desde a fin das cotas leiteiras no ano 2015 levou a un incremento de produtividade do 7,85%, dous puntos superior á media comunitaria, o que supuxo unha mellora de 218 quilos por lactación e ano entre 2015 e 2018, pasando o promedio por vaca de 8.328 quilos a 8.982 en só tres anos. Este incremento de produción por vaca foi quen de compensar o descenso na cabana española de vacún de leite, que caeu desde as 844.000 cabezas no ano 2015 até as 812.000 no ano 2019, un 3,79% menos.
Nos últimos 20 anos desapareceron unha de cada catro vacas de leite en España pero as que quedan dan case 3.500 litros máis ao ano
Aínda así, a mingua no número de vacas de leite en España reduciuse trala fin das cotas lácteas, xa que a perda de cabezas produtoras nos dez anos anteriores foi moito máis importante. Entre o 2003 ao 2015 desapareceran no Estado español unha cuarta parte das vacas leiteiras, desde 1.118.000 animais en produción a 844.000, a un ritmo dun 2% cada ano, mentres desde o 2015 o descenso ralentizouse e o ritmo actual na caída de cabezas é do 1,26% anual. Nos últimos 20 anos desapareceron unha de cada catro vacas de leite en España. Pola contra, as que hai dan moito máis leite. A produción por vaca e ano é hoxe 3.487 quilos superior ao que se lograba no 2001, cando de media as vacas de leite españolas producían só 5.495 quilos por lactación.

Á cabeza en produtividade

En conxunto, España é un dos países da Unión Europea onde máis descendeu a cabana leiteira desde o ano 2003 (27,37%). Sen embargo, a caída acusada na cabana gandeira foi compensada cunha maior produtividade por vaca, que se incrementou neste tempo un 63,46%, dos maiores avances logrados en Europa. De feito, España atópase neste momento entre os países con maior produción de leite por cabeza: os 8.982 quilos por vaca e ano segundo os datos do 2018 que manexa a UE só son superados polos 9.851 quilos por lactación de Dinamarca, os 9.353 de Estonia e os 9.079 dos Países Baixos.
España foi dos países onde máis descendeu a cabana leiteira desde o ano 2003 (27,37%) pero nos que máis se incrementou a produtividade por vaca (63,46%)
A media por vaca dos 27 países comunitarios é de 7.159 quilos por ano, con niveis superiores a esa cifra nos países do norte, do centro e do sur de Europa con maior grao de intensificación (Finlandia, Suecia, República Checa, Hungría, Alemaña, Bélxica, Austria, Italia, España e Portugal) e máis baixos en países que alimentan o gando en base a pastos, caso de Irlanda, ou en países do leste de Europa incorporados máis tarde á UE e nos que o desenvolvemento do sector produtor de leite non acadou aínda os niveis do resto da Unión, como por exemplo Polonia, Croacia, Bulgaria ou Romanía, que pechan o ránquing de produtividade por cabeza.
Maior grao de intensificación e produción por vaca non equivale a maior rendibilidade das explotacións
Con todo, maior grao de intensificación e produción por vaca non equivale a maior rendibilidade das explotacións, senón que países como Irlanda ou rexións de Portugal como as Azores, que alimentan o gando case exclusivamente en base ao pasto, logran maiores marxes na venda do leite ao conseguir custos de produción sensiblemente máis baixos aos de países con sistemas de produción máis dependentes dos concentrados. O estudo do Observato Lácteo europeo exclúe xa ao Reino Unido, que abandonou a UE no mes de marzo, tralo Brexit, e que era até entón o terceiro Estado con maior produción de leite da Unión Europea, con 15 millóns de toneladas, só por detrás de Alemaña, con 32 millóns, e Francia, con 24.

Francia, a excepción á evolución positiva

Explotación leiteira de Francia, onde a cabana gandeira se reduciu un 4,15% e a produción por vaca un 0,7% Dos principais países produtores de leite na UE, tan só a Francia semella que lle está a sentar mal a eliminación das cotas. Francia decidiu autolimitar a súa produción tralo fin das cotas lácteas, algo que o levou a perder peso no contexto europeo, e o oco que deixou aproveitouno Alemaña. Desde o ano 2015 a cabana gandeira francesa reduciuse un 4,15%, practicamente na mesma porcentaxe que no conxunto da Unión Europea (4,19%), pero mentres que a produtividade por animal se incrementou un 5,9% de media dos 27 países que forman o clube comunitario, na República Francesa a produción por vaca caeu un 0,7% neste tempo.
As vacas francesas e portuguesas deron menos litros de leite no 2018 que no 2015
As vacas francesas dan de media ao ano 7.049 quilos de leite, lixeiramente por debaixo da media comunitaria (7.159) pero o seu rendemento é hoxe menor que fai 5 anos, mentres o resto de principais produtores europeos foron incrementando a produción por cabeza desde o 2015, con melloras do 16,48% no caso de Italia, 15,29% nos Países Baixos, 9,09% en Bélxica, 5,81% en Alemaña, 5,23% en Dinamarca. Ao igual que en Francia, a evolución en Portugal tamén foi negativa desde o 2015, cunha caída de rendemento do 0,48%, desde os 7.450 quilos por vaca até os 7.414 en 2018.

Países Baixos, menos cabezas polas limitacións ambientais

Gandeiría en pastoreo con robot de muxido en Holanda, onde as limitacións ambientais reduciron a cabana un 7,4% No lado oposto destacan os incrementos de produtividade en Italia e Holanda, superiores ao 15%. Destaca sobre todo no caso dos Países Baixos, que contaba xa con niveis produtivos elevados pero que en 3 anos logrou que as súas vacas dean 1.204 quilos máis de leite, pasando de 7.875 a 9.079 quilos por lactación. Sen embargo, foi tamén neste periodo no que a produción das granxas holandesas se viu condicionada pola vía do establecemento de cotas de emisións de fosfatos, que obrigaron a unha redución importante no número de cabezas en moitas explotacións. Hóuboas que optaron por mercar dereitos de emisións a outras gandeirías ou mesmo por enviar a recría a Alemaña para que deste xeito as xovencas non computasen como cabezas da granxa, pero na maioría dos casos reduciron o número de animais compensando isto cun incremento na súa produtividade.
En Holanda hai hoxe 127.000 vacas menos dando leite que no 2015 e 234.000 xovencas e becerras de recría menos que fai 5 anos
A cabana gandeira holandesa ten hoxe 1.590.000 vacas dando leite, segundo os datos do 2019 publicados polo Observatorio Lácteo da UE no seu informe, un 7,4% menos que na última campaña de cotas lácteas; ás que hai que sumar 107.000 xovencas entre 1 e 2 anos, fronte ás 129.000 do 2015 e 395.000 xatas de menos de 1 ano, fronte ás 607.000 que había contabilizadas no 2015.

Irlanda e Polonia lideran o crecemento

Vacas leiteiras en pastoreo en Irlanda, que aumentou un 15% a súa cabana gandeira entre 2015 e 2019 Só cinco países da Unión Europea aproveitaron o final das cotas lácteas para aumentar tanto o número de cabezas de gando como a produción por vaca: Irlanda, Polonia, Bélxica, Luxemburgo e Chipre. No caso de Irlanda, o incremento na cabana gandeira foi dun 15% entre o ano 2015 e o 2019, pasando de 1.240.000 vacas leiteiras na última campaña de cotas ás 1.426.000 de hoxe. Se o comparamos con España, Irlanda tiña no ano 2003 un número de vacas leiteiras semellante (1.136.000 no caso irlandés e 1.118.000 no español) pero mentres en España a cifra de animais non deixou de descender desde entón até os 812.000 actuais, en Irlanda o número evolucionou en sentido contrario, medrando un 25,53% entre 2003 e 2019.
Irlanda e España partían dun número de animais produtores semellantes no ano 2003 pero mentres en España minguaron unha cuarta parte en Irlanda aumentaron nesa mesma proporción
De xeito parello ao aumento da cabana gandeira, Irlanda logrou tamén incrementar a produción por vaca un 2,46% desde o fin das cotas, desde os 5.327 quilos por vaca e ano no 2015 aos 5.720 tres campañas máis tarde. O aumento do número de vacas, unido a un sistema de produción vinculado ao pasto, está a xerar na actualidade problemas de contaminación por nitratos en Irlanda, onde se calcula que as emisións procedentes do sector agrogandeiro supoñen o 35% do total de gases de efecto invernadoiro do país.
Irlanda aumentou un 15% o rabaño de leite e un 2,5% a produción por cabeza entre o 2015 e o 2019 e Polonia un 1,5% o número de vacas e case un 6%% o leite que dan
En Polonia, o outro dos países emerxentes de Europa a nivel leiteiro, o aumento da cabana produtora foi moito menor que en Irlanda, pasando de 2.134.000 vacas a 2.167.000, pero a mellora na produtividade pasou dos 5.097 quilos do 2015 aos 5.399 en 2018, un incremento anual próximo ao 2%.

Camiñando cara a especialización produtiva na UE

O estudo da evolución da cabana gandeira en Europa nas últimas dúas décadas amosa claramente que o continente camiña cara a unha especialización na produción de leite dentro da UE, que se está a afianzar nos tradicionais países produtores (Alemaña, Francia, Países Baixos, Irlanda, España) e aos que se está a sumar Polonia, mentres o número de vacas leiteiras se reduce a un ritmo acelerado no resto de países.
Europa camiña cara a unha intensificación da produción nas rexións máis leiteiras e unha desaparición do sector no resto do territorio
Agás en España, Suecia, Polonia e Portugal (27,37%, 25,5%, 23,05% e 18,75% respectivamente), no resto de países con vocación para a produción de leite o descenso da cabana gandeira nos últimos 15 anos foi menor que na media da UE, situada no 14,15% de caída promedio. Os valores de Italia (13,83%), Francia (13,41%), Alemaña (7,51%), Austria (6,09%), Bélxica (5,94%) e Dinamarca (4,41%) situáronse por baixo da media europea e mesmo houbo dous países, Países Baixos e Irlanda, onde o balance 2003-2019 en canto á evolución da cabana gandeira é positivo, con incrementos do 2,51% no caso holandés do 25,53% no irlandés. Evolución do número de cabezas Datos por 1.000 vacas No conxunto dos 27 países da Unión Europea hai hoxe 20,5 millóns de vacas dando leite, con Alemaña, primeiro produtor de leite da UE e que aproveitou o periodo post-cotas para afianzar o seu liderado, á cabeza, cun rabaño de 4 millóns de vacas. Francia (3,4 millóns), Polonia (2,1), Italia (1,6), Países Baixos (1,5), Irlanda (1,4) e Romanía (1,1) están tamén por enriba do millón de vacas leiteiras. España superaba esa cifra fai 15 anos (1.118.000 cabezas no ano 2003) pero a día de hoxe está nas 812.000 vacas.
Desde o ano 2003 o número de vacas de leite só aumentou en Irlanda e Países Baixos, mentres en España, Suecia, Polonia e Portugal foi onde se deron os maiores descensos
De feito, España foi dos países onde máis descendeu a cabana leiteira desde o ano 2003 (27,37%), só superada por países do leste de Europa: Croacia (46,94%), Lituania (46,21%), Eslovaquia (41,12%), Bulgaria (37,29%), Grecia (36,24%) e Romanía (29,18%). Todos, agás Romanía, que ten 1.131.000 vacas leiteiras, contan con moita menor vocación láctea e número de cabezas produtoras ca España. Evolución da produtividade Datos en quilos de leite por vaca e ano Pero é precisamente neses países onde máis caeu a cabana gandeira nos que tamén máis se incrementou a produtividade por vaca. No caso de España esa mellora foi do 63,46% desde o 2001. Destaca tamén o incremento logrado polas repúblicas exsoviéticas do Báltico, Estonia, Letonia e Lituania (75,84%, 67,70% e 57,33% respectivamente), así como en Eslovenia (72,07%), Croacia (71,99%) e República Checa (69,15%). Grecia (52,37%), Italia (45,83%) e Bélxica (43,76%) tamén están por enriba da mellora media do conxunto da UE (32,33%).
Nos últimos 20 anos España mellorou un 63% a produción por vaca, Italia un 45%, Dinamarca un 35%, Alemaña un 28%, Holanda un 24%, Irlanda un 22% e Francia un 19%
Aínda con variacións, esa mesma tendencia positiva tamén se deu no resto de países, aínda que cunha evolución máis contida en países como Francia, Holanda ou Irlanda, cunha produción de leite máis vinculada a territorio e á produción local de forraxes. Nos últimos 20 anos Dinamarca mellorou a súa produción por vaca un 35%, Alemaña un 28%, Holanda un 24%, Irlanda un 22% e Francia un 19%.

Holanda: Menos leite polas limitacións ambientais pero de máis valor

Holanda é un exemplo a nivel mundial de creación dun sector lácteo robusto e competitivo. Con 41.000 quilómetros cadrados -un terzo máis que a superficie de Galicia-, as 16.900 gandarías de vacún de leite de Holanda producen case 14 millóns de toneladas de leite, o dobre que toda España. A súa produción láctea é transformada nun 90% por cooperativas, sendo FrieslandCampina, co 70% da recollida de leite nacional, a cooperativa dominante. O seu sector lácteo está claramente orientado cara á exportación -un 65% do leite producido véndese no exterior, transformado sobre todo en queixos e leites infantís-, o que lle reporta un balance comercial positivo de case 6.000 millóns de euros ao ano. Neste sentido, o Institut de l´Élevage francés acaba de publicar un dossier sobre “A Europa leiteira do norte despois do fin das cotas”, no que dedica un capítulo específico a estudar o caso holandés, un país no que as limitacións ao crecemento da produción polo exceso de nitratos e de fósforo nos chans levou ao sector a cambiar de estratexia e apostar polo valor engadido para incrementar a súa cifra de negocio.

Un incremento rápido da produción desde o fin das cotas lácteas

Entre 2005 e 2014, a produción leiteira nos Países Baixos incrementouse un 20%, (+2 millóns de toneladas), até alcanzar os 12,5 millóns de toneladas, o mesmo nivel que o logrado en 1982, xusto antes da instauración das cotas lácteas en Europa. Animados pola creeencia de que a lexislación ambiental non ía endurecerse, moitos gandeiros holandeses realizaron importantes investimentos para crecer: compra de rabaños, novos establos...etc. Así, entre 2014 e 2016 a produción láctea holandesa creceu un 16,5% para alcanzar a súa marca histórica de 14,5 millóns de toneladas. Este ascenso descansou en gran parte sobre o incremento da cabana (+11% entre 2014 e 2016) chegando a un máximo de 1,8 millóns de vacas a finais de 2016. O crecemento da produtividade por animal foi bastante menor, un 4,5% neses dous anos, situándose nunha media de 8 100 kg/vaca.

Das cotas lácteas ás cotas de fósforo

Porén, en 2017 chegou a freada ao boom leiteiro neerlandés da man das limitacións ambientais ao exceso de nitratos e fósforo nos chans procedente dos xurros e estercos. Efectivamente, de 2015 a 2017 en Holanda excedeuse o límite de emisións de fósforo ao solo (172,9 millóns de quilogramos dos que 84,9 millóns son do sector leiteiro). O respecto ao teito de fosfatos é unha das condicións da directiva europea de nitratos para que as gandarías holandesas poidan aplicar entre 230 e 250 kg de nitróxeno por hectárea ao ano. En caso de incumprir a directiva de nitratos, automaticamente o límite de abonado baixaría a un máximo de 170 quilogramos de nitróxeno. Para afrontar este problema, o 1 de marzo de 2017 o goberno holandés e os representantes do sector aprobaron un plan que pretende reducir as emisións de fósforo das vacas leiteiras. O obxectivo é reducir anualmente 8,3 millóns de kg as emisións de fósforo en vacún de leite para volver ao límite máximo autorizado. Para iso puxéronse en marcha tres medidas: -Emprego de pensos con menos fósforo para a alimentación das vacas, O que permitiu unha redución das emisións en 1,7 millóns de quilos ao ano. -Subvencións para o cesamento de actividade, o que permitiu unha redución de 2,5 millóns de kg. -Redución da cabana leiteira: outros 4 millóns de quilos menos. Desde xaneiro de 2018 cada gandaría de vacún de leite de Holanda ten unha cota de emisións de fósforo, con dereitos individuais de emisións a partir do número de vacas censadas a 2 de xullo de 2015. Ademais, e para obrigar aos gandeiros a reducir as emisións de fósforo aos niveis previos a 2015, os dereitos de emisión foron reducidos nun 8,3%, salvo para as granxas con baixa carga gandeira por hectárea. Para aquelas gandarías que queiran ampliar o seu rabaño, é obrigatorio que adquiran dereitos de emisión de fósforo ás granxas que reducen a súa cabana ou cesan a actividade. A finais de 2019 o prezo no mercado de emisións holandés situábase nos 140 euros por kg de fósforo, tendo en conta que unha vaca emite de media uns 43 quilos de fósforo nos seus deyecciones. É dicir, cada gandeiro ten que demostrar que dispón de suficientes dereitos de emisións de fósforo ou de suficiente base territorial para a cabana de vacas de que dispón e o rendemento leiteiro medio. Estas medidas provocaron un retroceso na produción láctea de Holanda: despois de estancarse en 2017, en 2018 caeu un 3%. Máis forte foi a caída da cabana gandeira de vacún de leite: un 13% menos entre 2016 e 2018, quedando en 1,55 millóns de cabezas, o nivel de 2012. Con todo, a produtividade das vacas aumentou sensiblemente entre 2016 e 2018 (+8%) para alcanzar 8,9 t/vaca. O elevado prezo do leite incitou efectivamente aos gandeiros a descartar as vacas menos produtivas, nun obxectivo de redución das emisións de fósforo, e a aumentar a cantidade de concentrados distribuída. As estritas directivas ambientais de Holanda tamén afectaron ao tamaño medio das granxas: despois de alcanzar un máximo en 2016 con 97 vacas en muxido por gandaría, a media nacional retrocedeu a 95 vacas en 2018. Outra estratexia dos gandeiros holandeses para sortear as limitacións de fósforo foi externalizar a recría noutros países e mesmo emigrar a outros países como Alemaña ou Bélxica, pero conservando a actividade agrícola e os dereitos de fósforo en Holanda. A nova limitación ambiental tamén levou aos gandeiros a aumentar a produtividade das vacas, e sobre todo o contido de graxa e proteína do leite. En definitiva, producir máis sólidos lácteos por quilo de fósforo autorizado. Para finais de 2019 as autoridades holandesas e o sector lácteo consideran solucionado o problema de exceso de emisións de fósforo, pero quedan outros retos por diante, como a novas esixencia de benestar animal, ou a redución das emisións de metano e de nitratos ou a preservación da biodiversidade.

Industria láctea holandesa: aposta polo valor engadido máis que sobre os volumes

A industria láctea holandesa, e sobre todo FrieslandCampina, parecen asumir que a produción láctea non vai crecer moito máis e tamén o probable ascenso dos custos de produción, polas maiores esixencias ambientais. No caso de FrieslandCampina a súa estratexia é “menos volumes e máis valiosos”. Así, desde 2017 anima ás súas gandarías socias a non exceder o tope de produción, establecido en 10,7 millóns de toneladas recollidas en 2019. As contas parece que lle están saíndo ben: no primeiro semestre de 2019 a cooperativa holandesa reduciu a súa recollida nun 5%, pero soamente baixou un 1% a facturación e os seus beneficios subiron un 11%.

Multiplicación das marcas de calidade

Ante a presión dos públicos Públicos e da sociedade neerlandesa, as industrias lácteas holandesas multiplican a creación de lábeles de calidade para os seus produtos, sobre todo centrándose na biodiversidade, o benestar animal e o clima. Así, un certo número de produtos FrieslandCampina levan desde finais de 2018 o label de sustentabilidade « Se the way to Planet Proof », posto en marcha por SMK (Stichting Milieukeur) un organismo de certifiation independente. A certificación está baseada en tres alicerces : benestar animal, natureza e clima. As esixencias impostas ás ganDaerías inclúen, por exemplo, utilizar enerxía renovable, reducir emisións de CO2, menos pesticidas, realizar pastoreo...etc. O gandeiro que cumpre estas condicións recibe 2 céntimos máis por litro de leite en 2020. Estas marcas de sustentabilidade serven tamén para incrementar a competitividade dos produtos lácteos holandeses nos mercados internacionais. Hai que ter en conta que o valor das exportacións neerlandesas duplicouse en dez anos, até exceder os 10.000 millóns de euros en 2018, cun saldo comercial positivo de 5.700 millóns de euros.

Perspectivas:

O sector leiteiro neerlandés terá que convivir durante os próximos anos cunha produción estable. A tenor dos teitos de emisións de fósforo e de nitratos que se deben respectar, os volumes de produción están bastante limitados. Aínda que é certo que estas crecentes esixencias ambientais poden desanimar a moitos gandeiros, tamén pode ser unha oportunidade para avanzar cara a un sector lácteo que responde ao que demanda a sociedade e que elabora produtos de máis valor engadido.

Heide Hoeve, xeados holandeses a partir da produción de 56 vacas ProCROSS

Kees e Anja na explotación familiar en Etten-Leur, no sur de Holanda "Máis produción e menos marxe lévate a un burato sen saída", afirma contundente Kees Pijs, un granxeiro holandés que decidiu fai 20 anos xunto á súa muller Anja facer xeados co leite que producen as súas vacas para rendibilizar a explotación familiar no canto de aumentar o número de cabezas da granxa. Kees herdou en 1997 a explotación dos seus pais, con 60 vacas frisonas de leite e unha superficie de 27 hectáreas de terreo arredor da granxa. Hoxe, dúas décadas despois, moxe o mesmo número de animais, unhas 56 vacas, pero transforma unha parte da súa produción para valorizar o leite. Outro dos cambios decisivos que adoptou foi cruzar as vacas de pura raza holstein que había na casa con outras razas para mellorar en aspectos como a saúde, a lonxevidade ou a produción de sólidos. Hoxe o rabaño desta explotación é xa todo procross, froito do cruzamento de holstein, montbeliard e rojo sueco.
A explotación sufriu un problema de botulismo que as vacas cruzadas superaron mellor que as súas compañeiras de raza frisona 100%
Ao pouco de asumir o relevo na granxa familiar e cando xa comezara a incorporar o programa de tres cruzamentos na explotación, os animais da gandeiría sufriron de botulismo e Kees notou como as vacas híbridas se viron menos afectadas e lograron recuperarse moito antes da enfermidade que as súas compañeiras frisonas. Foi iso o que fixo que se decidira definitivamente por continuar apostando polos animais procross. Unha das vacas procross de cuarto parto que hai nesta gandeiría "Como non son veterinario preciso vacas sas e o vigor híbrido que se logra cos cruces fai que as vacas sexan máis fortes e resistentes ás enfermidades", argumenta. A media de tratamentos veterinarios por ano nesta explotación está en 0,78 (menos dun tratamento por vaca), o que quere dicir que o veterinario pasa semanas sen pisar a granxa e que moitas das vacas pasan o ano sen enfermar nin unha soa vez.
"Este tipo de animais dan menos traballo porque necesitan menos atención, son vacas máis duras, lonxevas e doadas de manexar e para facer xeados interésannos porque producen máis sólidos"
"Este tipo de animais dan menos traballo porque necesitan menos atención, son vacas máis duras e máis doadas de manexar", afirma. "Son tamén vacas máis sas e máis lonxevas", engade. As vacas en muxidura de cuarto parto son habituais neste establo e Kees asegura que manteñen ben a produción. "En holstein non sabemos como se comportan na cuarta lactación porque case ningunha chega a ela", argumenta. Xeados artesáns para o mercado local A xeadería está situada a carón da granxa e recibe visitas e excursións As vacas procross teñen outra vantaxe para Kees e Anja, xa que producen máis graxa e proteína, un factor importante a ter en conta á hora de facer os seus xeados. Cando asumiron a granxa buscaban un xeito de valorizar o leite que producían as súas vacas. Kees estivera traballando nunha fábrica de queixos nesta zona do sur de Holanda e inicialmente pensou niso, en facer queixos na casa co seu leite. Pero o verán de 1999 viñera moi caluroso e iso fixo mudar os seus plans e decidirse polos xeados.
Nos últimos anos tamén foron varias as explotacións galegas que decidiron transformar parte da súa produción de leite en xeados baixo marcas como Xeou! ou Bico de Xeado
Nos últimos anos tamén foron varias as explotacións galegas que decidiron transformar parte da súa produción de leite en xeados. É o caso da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que os vende por toda Galicia baixo a marca Bico de Xeado, ou da SAT Seixas de Taboada, que os comercializa en dúas tendas propias en pleno Camiño de Santiago, en Palas de Rei e Portomarín, co nome Xeou!. A carón da explotación, onde tamén está a vivenda familiar, o matrimonio Pijs construiu un pequeno obrador para fabricar os xeados, que venden co nome HeideHoeve no mercado de proximidade, por exemplo en tendas e restaurantes da zona, e tamén na propia xeladería ás visitas que colexios ou persoas do entorno urbán fan á granxa ou nas festas de cumpreanos e celebracións infantís que organizan. Estas outras actividades son un complemento á explotación e a explotación o verdadeiro reclamo para estas outras actividades nun país que recibe aos visitantes no aeroporto de Ámsterdam cunha vaca xigante e onde ser gandeiro é unha profesión de prestixio social que se transmite con orgullo de pais a fillos.
O leite da súa propia granxa é o factor distintivo dos xeados e a produción que lles sobra véndenlla á cooperativa Friesland Campina
"Facemos varios tipos de xeados, sorbetes, xeados de iogur e sen azucre. Temos uns 30 sabores dispoñibles. Facemos o xeado co leite fresco pasteurizado das nosas propias vacas, xema de ovo pasteurizada, froita e espesantes naturais, sen empregar emulsionantes nin colorantes", explican Kees e Anja. Aínda que tamén fan sorbetes sen leite para persoas alérxicas ou intolerantes á lactosa, o leite da súa propia granxa é o elemento distintivo da súa produción de xeados. "Con 2,5 quilos de leite facemos 6 quilos de xeado", detalla Kees. Produción en pastoreo Dispoñen de 30 hectáreas de terreo arredor da explotación O leite que non son capaces de comercializar en forma de xeados, sobre todo en periodos de menor demanda, como pode ser o inverno, véndenllo a Friesland Campina. A cooperativa holandesa firmou un prezo garantido para os seus produtores de 35,75 céntimos para xaneiro de 2020. Kees cobra un prezo base de 34 céntimos máis a prima por calidades (graxa, proteína e lactosa), a maiores da prima por pastoreo. O 82% dos gandeiros que entregan o leite a Campina aproveitan esta prima por pastoreo, que é de 1,5 céntimos por litro, coa obriga de que as vacas pazan como mínimo 120 días ao ano durante máis de 6 horas diarias.
Malia contar con robot de muxido, as vacas saen ao pasto como mínimo 5 horas ao día repartidas entre a mañá e a tarde e reciben unha prima de 1,5 céntimos por litro de leite
No caso da explotación da familia Pijs, as vacas saen menos horas ao día pero máis días ao ano. A organización do pastoreo nesta granxa está condicionado polo sistema de muxido mediante robot. Isto fai que as vacas non poidan botar longas estadías na pradeira, pois colapsarían o robot á volta, de maneira que saen dúas veces ao día (dúas horas e media pola mañá e outras dúas horas e media pola tarde). Son un total de 5 horas ao día no pasto pero a cambio pastorean máis dos 120 días fixados ao ano. Con este sistema logran combinar o robot de muxido co pastoreo, abaratando custos en alimentación e man de obra e logrando producións medias de 9.591 quilos por lactación, cun promedio de 4,55% de graxa e de 3,67% de proteína. Cama de palla sen cubículos Dispoñen dunha encamadora móbil pendurada no teito para esparexer a palla A calidade de vida é prioritaria para esta familia. Por iso Kees e Anja non están pensando en medrar malia que no establo poderían meter máis vacas das que teñen. É unha construción nova, de estrutura metálica e teito e paredes de metacrilato traslúcido que permite entrar moita luz ao interior. O teito ábrese tamén para facilitar a ventilación. As vacas en produción están en cama quente de palla nunha superficie ampla na que non hai cubículos. "As nosas vacas teñen o dobre de espazo dispoñible en comparación cun establo tradicional con cubículos e ao non haber divisións nin pasillos as vacas poden camiñar ou deitarse libremente e expresar mellor o seu comportamento natural no rabaño. Como resultado, o bienestar animal mellorou moito", indica Kees.
A empresa á que venden o leite exporta unha parte importante da súa produción a países árabes e por iso non permite o uso de compost nas camas
Coa amplitude que teñen, poderían empregar compost no canto de palla, como fan outras granxas holandesas con este mesmo sistema, pero a cooperativa á que entregan o leite sobrante nesta gandeiría, Friesland Campina, envía unha parte importante da súa produción a Oriente Medio, polo que non lles deixa empregar compost. "Para exportar aos países árabes non se pode usar compost, ademais, o esterco de palla é mellor para a terra", argumenta Kees. Dispón dun sistema móbil colgado do teito da nave para esparcir a palla e facilitar deste xeito as tarefas de renovación da cama. As células somáticas sitúanse de media nesta granxa nas 175.000. Menor necesidade de recría As secas e as xovencas están en cubículos con manta de goma na parte vella da nave Na outra parte da explotación, a que herdou dos seus pais, ten a recía, mantendo o sistema de cubículos que había na granxa con manta de goma para as secas e as xovencas, uns 32 animais neste momento. O incremento da lonxevidade do rabaño como consecuencia da introdución do programa de cruzamentos fixo que se reducira notablemente a taxa de reemprazo e, polo tanto, tamén as necesidades de recría. Tamén mellorou a fertilidade. As doses necesarias para empreñar unha primeiriza son actualmente de 1,3 nesta explotación incrementándose a 1,5 nas multíparas. O intervalo entre partos é de 404 días.
A decisión de non aumentar o número de cabezas e a menor necesidade de recría trala introdución do programa de cruzamentos fixo que non se viran obrigados a enviar as xovencas a Alemaña coma outras granxas da zona polas limitacións aos fosfatos
A decisión de non aumentar o número de cabezas e o feito da menor necesidade de recría fixeron que esta granxa puidera seguir criando as xovencas na explotación. Moitas outras gandeirías holandesas vírose obrigadas a mandar a recría a Alemaña cando o Goberno neerlandés introduciu as limitacións aos fosfatos. A familia Pijs conta con 30 hectáreas de terreo próximos á explotación que empregan ademais de para o pastoreo para a produción de forraxes, sementando raigrás e millo, co que suplementan a ración no pesebre. Dispoñen a maiores de 12 hectáreas de natureza (superficie forestal, canles de regadío, etc) e que computan tamén como superficie da granxa a efectos de dereitos de fosfatos.

Outras imaxes desta gandeiría:

“O 82% das gandarías de vacún de leite de Holanda xa fai pastoreo”

Leanne Aantjes é investigadora e profesora de Xestión de Pastos e Ciencia do Pastoreo en Aeres Hogeschool, en Dronten, Holanda, un país que está a recuperar o pastoreo para as gandarías de vacún de leite, pola crecente demanda dos consumidores de produtos lácteos con benestar animal e respectuosos co medioambiente. Ademais de profesora, Leanne tamén traballa na súa gandaría familiar, onde conta con 100 vacas en muxido, das que 85 son Holstein Roxa e 15 Holtein Negra, xunto a 120 ovellas para produción de carne. O pasado mes de xuño visitou Galicia xunto a 17 estudantes holandeses para coñecer como traballan as explotacións lácteas da comunidade. Como che empezou a interesar a gandaría e o estudo do pastoreo en particular? Nacín nunha granxa leiteira e desde moi nova tiven interese polo gando. Posteriormente orientei a miña formación cara ao sector e licencieime en gandaría leiteira na Universidade de Ciencias Aplicadas de Aeres, para posteriormente continuar os meus estudos de máster en Administración, Economía e Estudos do Consumidor na Universidade de Wageningen. No futuro gustaríame tomar o relevo na granxa leiteira dos meus pais. Desde hai dous anos traballo na Universidade de Ciencias Aplicadas de Aeres como investigadora e profesora en pasteiros, pastoreo e produción de forraxe. Como avanza a implementación da Convención de Weidegang nos Países Baixos? Cantas vacas están a pastar e cales son os obxectivos? A Convención de Pastoreo ten como obxectivo estabilizar a porcentaxe de granxas leiteiras nos Países Baixos que practican o pastoreo, en descenso nas últimas décadas a favor dun modelo de estabulación intensiva. Asi, despois dun período de diminución, a porcentaxe agora aumentou novamente, de forma que en 2018 o 82% das granxas holandesas de vacún de leite xa practicaban pastoreo, o que está moi por riba do obxectivo do 81,2%. Por que se está volvendo a levar as vacas a pacer nos Países Baixos? Os gandeiros recoñecen cada vez máis os beneficios de volver ao pastoreo, non só desde o punto de vista ambiental ou de benestar animal, senón que tamén ven o valor económico que achega. Isto débese á prima de pastoreo que ofrece a industria láctea en Holanda -uns 1,5 céntimos por litro-, pero tamén ao saber tradicional de bo manexo do pasto que, con técnicas modernas, conduce a mellores resultados económicos. Porén, en países como Estados Unidos ou Alemaña, cada vez o gando leiteiro sae menos a pacer. Cales crees que serán as tendencias nos próximos anos? Nos Países Baixos o pastoreo aumentará aínda máis nos próximos anos, aínda que é certo que só lixeiramente, xa que para algunhas granxas o pastoreo é imposible (por exemplo, debido ao feito de que teñen unha pequena base territorial de pradarías preto do establo). Nos Estados Unidos, a porcentaxe de pastoreo é baixa e seguirá sendo minoritario. Tamén é certo que na maioría dos países do noroeste de Europa, a porcentaxe de pastoreo está a diminuír. Sen embargo, nalgúns países prodúcense tendencias de volta ao pasto, como nos Países Baixos, pero tamén por exemplo en Alemaña, onde recentemente varias organizacións asinaron unha carta de pastoreo co obxectivo de aumentar esta práctica. Hai expertos que consideran que o pastoreo é menos eficiente que o sistema intensivo con ración unifeed e vacas estabuladas, ademais de que non permite unha alta produción de leite. Que dirías? Esta pregunta ten dous aspectos importantes. Por unha banda, se o gandeiro opta por realizar o maior pastoreo posible, haberá unha posibilidade de diminuír a produción de leite por vaca, pero doutra banda, tamén é posible reducir o custo da alimentación, polo que a rendibilidade económica da granxa non ten por que baixar. Doutra banda, se a granxa ten unha produción realmente alta de leite por vaca e gustaríalle mantela, moitos agricultores elixen un mínimo de 6 horas de pastoreo en 120 días ao ano. Isto daralles a oportunidade de seguir alimentando o gando con ración unifeed ou outros alimentos no establo. Tamén en días realmente húmidos ou cálidos poden optar por manter ás vacas na corte. Neste caso, a produción anual de leite será bastante estable na maioría das situacións. Cales son as principais dificultades ou obstáculos para implementar o Convenant Weidegang? O Convenant Weidegang baséase en que moitas organizacións acordan un plan cada ano sobre o que farán para estimular o pastoreo nas súas áreas específicas de traballo. Desta forma, anualmente redáctase un informe sobre os obxectivos alcanzados e o que fixeron no último ano. Así, visualízase como as organizacións progresan para lograr estes obxectivos de pastoreo.
“No acordo dos pastos de Holanda cada ano fíxanse uns obxectivos para cada parte e compróbase a súa evolución”
Como profesora de Pastoral Management e Pastoral Science en Aeres Hogeschool Dronten, é difícil para os gandeiros volver ao pastoreo? Onde están os principais problemas? O meu traballo consiste máis ben en informar os estudantes sobre o pastoreo e o o seu manexo, así como das vantaxes que achega. Se se senten cómodos co manexo do pastoreo, será máis fácil de implementar na súa propia granxa. Tamén trato de facer moitos cálculos económicos para que os estudantes poidan ver que a miúdo é unha boa opción para aumentar a rendibilidade. Cal é a diferenza de leite producido polo pastoreo? Realizáronse algunhas investigacións sobre o pastoreo e a calidade do leite. Nos Países Baixos, o leite de pastoreo ten éxito de vendas fundamentalmente porque os consumidores valoran o benestar animal e que os gandeiros manteñan a imaxe dos Países Baixos como unha terra de vacas pacendo felices. En canto ás propiedades, para a produción de queixo e manteiga, o leite de pasto ten un sabor diferente e afírmase que é máis "suave".
“Gran parte do leite e as sobremesas dispoñibles nos supermercados de Holanda xa son leite de pastoreo”
O Weidegang Convenant require que as vacas estean polo menos 120 días ao ano ou 6 horas ao día no pasto, pero non se menciona a porcentaxe de materia seca para alimentar a unha vaca que ten que pacer. Non é o Convenant Weidegang só unha medida de mercadotecnia? É certo que só o tempo de pastoreo é importante, máis ben por benestar animal. Non obstante, a inxesta de materia seca pastada, e a porcentaxe que debe supor sobre a ración total, non se menciona como medida para este programa. Como están a responder o mercado e os consumidores ao acordo de pastoreo? Gran parte do leite e as sobremesas dispoñibles nos supermercados de Holanda xa son leite de pastoreo. O consumidor ten máis opcións, pero cada vez menos porque aos supermercados gústalles pór en valor a súa imaxe anunciando que só venderán produtos amigables cos animais. A Convención de Weidegang non é específica para os consumidores, senón máis para os gandeiros e para alcanzar a meta da porcentaxe de pastoreo. Leanne coas súas vacas de raza Holstein Roxa

“Sorpréndenos que os gandeiros galegos sexan competitivos con fincas tan pequenas e espalladas”

A pasada semana un grupo de 17 estudantes holandeses visitaron Galicia para coñecer como traballan as explotacións lácteas da comunidade. Os mozos son estudantes de cuarto curso de Gandería de Vacún de Leite da Universidade de Dronten e nun 90% son fillos de gandeiros que realizan esta carreira universitaria para tomar o relevo nas súas explotacións familiares. Na súa primeira visita a Galicia coñeceron o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa ou o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), e visitaron ganderías da comarca do Xallas; a planta de fabricación de pensos da cooperativa AIRA en Taboada e ganderías en pastoreo como Outeiro SC en Chantada; Casa Codesal, en Friol; Carteiro de Trasar, en Carballedo (Lugo); Arqueixal, en Palas de Rei; a gandería de Xosé Luis Fernández Segade, en Arzúa, ou Gandería Patalarga e Gandería Maire, na Pastoriza. Pero tamén coñeceron outras granxas en estabulación convencional como SAT San Antonio, en Palas de Rei, ou Irmáns Valiña Irimia S.C, na Pastoriza, entre outras. Recollemos as valoracións dalgúns destes futuros gandeiros holandeses:

Leanne Bastiaansesn Aantjes: “Sorpréndennos os resultados económicos das ganderías galegas, a pesar de ter fincas pequenas e espalladas”

Leanne Aantjes é investigadora e profesora de Xestión de Pastos e Ciencia do Pastoreo en Aeres Hogeschool Dronten, o centro educativo no que se forman este grupo de estudantes. Para ela tamén é a primeira vez que visita Galicia e que coñece granxas galegas e a súa primeira impresión é compartida co resto do grupo: “Sorpréndenos que as ganderías galegas sexan competitivas producindo leite tendo fincas tan pequenas e espalladas. Sen embargo, polo que vimos, os seus resultados económicos, a pesar desta limitación, son bastante bos”, asegura. Ademais de profesora, Leanne tamén leva unha gandería na localidade de Groot Ammers. Contan con 95 vacas en muxido, das que 85 son Holstein Roxa e 15 Holtein Negra, e 80 xovencas e becerras de recría. Ademais, crían 15 touros para empregalos como sementais na propia granxa e tamén para venderllos a outras explotacións. Tamén conta con 120 ovellas para produción de carne. A base territorial da súa granxa é de 77 hectáreas, das que 60 son pradeiras permanentes, 7 de pradeiras naturais, 8 de pastos arbustivos e 1,5 hectáreas para o cultivo de millo forraxeiro. Ao igual que o 80% das vacas holandesas, as vacas de Leanne Aantjes saen a pacer, neste caso 200 días ao ano. A industria láctea prímaos polo pastoreo -un mínimo de 120 días ao ano ou 6 horas ao día- con 2 céntimos máis por litro de leite, dentro dunha estratexia de márketing de cara aos consumidores para asociar o leite e o queixo de Holanda a pastoreo e á sustentabilidade. Por último, na granxa de Leanne as vacas producen unha media de 8.300 kilos de leite, cun 4,4% de graxa e un 3,60% de proteína, o promedio en produción e sólidos das ganderías de Holanda.

Piet Hoogeveen: “A maioría das granxas en Holanda son familiares, sen empregados, non como en Galicia”

Piet Hoogeveen é un estudante de Wieringerwert, no noroeste de Holanda. Este verán ten previsto graduarse e incorporarse á granxa familiar, na que contan con 140 vacas en muxido de raza Holstein, e 60 becerras e xovencas. A súa produción é algo superior á media holandesa: 10.400 litros por vaca e lactación de 305 días -34 litros diarios-, cun 4,3% de graxa e un 3,5% de proteína. A ración de concentrado nesta granxa, uns 300 gramos por litro de leite, tamén é máis alta que a media holandesa. Contan cunha base territorial de 50 hectáreas, das que 38 son pradeiras permanentes e 12 hectáreas que cultivan para millo forraxeiro. Gustaríalle ampliar a súa base territorial pero o prezo da terra agrícola en Holanda é dos máis caros do mundo: uns 100.000 euros por hectárea. Ao igual que boa parte das ganderías holandesas, os pais de Piet véndenlle o leite á cooperativa Campina, que llo paga a un prezo medio neste momento de 0,36 euros o litro. A este respecto, destaca que “unha diferencia importante con Galicia é que en Holanda o leite é pagado polos kilos de graxa e de proteína, non por litros”. E ao igual que a gran maioría das granxas de vacún de leite do seu país, e en virtude do chamado Acordo dos Pastos que obriga en 2020 a que todas as granxas de vacún de Holanda fagan pastoreo, nesta gandería as vacas volveron este ano a pacer nos prados. “Os gandeiros temos que volver aprender a manexar o pastoreo. Os consumidores queren ver as vacas fóra, e neste momento en Holanda o 80% das vacas xa fan pastoreo”, explica Piet, que, ao igual que os seus compañeiros, no futuro gustaríalle poder incrementar as horas que as vacas saen ao prado. Polo demais, a gandería dos pais de Piet Hoogeveen é unha granxa que conta con 2 robots de muxido de Lely, una tendencia, a da robotización, que está implantándose con forza naquel país. Por último, un aspecto que lle chama a atención das ganderías que visitou en Galicia é que “mentres que a maioría das granxas en Holanda son familiares, na que traballan só os pais e un fillo, sen embargo en Galicia vense máis granxas de varios socios (SAT) e empregados, como unha empresa”. De cara ao futuro, cando tome o relevo na granxa familiar, Piet ten previsto renovar as instalacións para a recría e as do almacén de forraxes, así como aumentar a base territorial tanto para cultivar millo forraxeiro como para pastoreo.

Robert Jan Engberts: “Esperaba que en Galicia houbera máis vacas en pastoreo”

Robert Jan Engberts é fillo dunha familia gandeira de Vriezenveen que conta cun rabaño de 85 vacas Holstein en muxido e 45 becerras e xovencas, nunha base territorial de 35,5 hectáreas, das que 32 son en propiedade e 3,5 alugadas, a un prezo medio que chega ata os 1.500 euros ao ano. Ao igual que na maioría das granxas holandesas, a meirande parte dedícase ao cultivo de herba (28 hectáreas) a forraxe máis produtiva neste país húmido e de temperaturas suaves, mentres que o millo forraxeiro ocupa 5 hectáreas, debido a que a falta de luz e de calor xoga en contra deste cultivo. Na granxa dos pais de Robert as vacas saen a pacer 180 días ao ano, ou o que é o mesmo, unha media de 7 horas ao día, e producen 9.600 litros de leite de promedio, cun 4,5% de graxa e cun 3,7% de proteína. A este estudante gustaríalle cando se incorpore seguir aumentando a súa cabana gandeira ata as 100 ou 110 vacas en muxido, mellorar a xenética do rabaño ata acadar unha media de produción de 10.500 litros e, como non, aumentar a base territorial. En canto á súa visita a Galicia, o que máis lle chamou a atención é que “os gandeiros galegos intentan ser moi eficientes e facer o manexo máis sinxelo”. “Tamén esperaba que en Galicia houbera máis granxas facendo pastoreo”, recoñece.

Robbin Teunissen: “Sorpréndeme que haxa gandeiros en Galicia con 50 vacas en muxido que sexan rendibles e que vivan ben”

Robbin Teunissen é da localidade holandesa de Halle, onde os seus pais contan cunha gandería de vacún de leite con 90 vacas en muxido -cunha media de 5 partos por vaca- e 40 becerras e xovencas. Dispoñen dunha base territorial de 35 hectáreas, todas en propiedade, das que 28 son pradeiras permanentes -nas que as vacas pacen unha media de 7 horas ao día- e 7 dedícanas ao cultivo de millo forraxeiro. A súa media de produción está en 8.800 kilos de leite por lactación, cun 4,78% de graxa e un 3,72% de proteína. Este nivel de sólidos débese en parte a que 16 vacas do rabaño son Jersey, una raza da que Robbin se declara fan e que prevé seguir incrementando no futuro. “As Holstein cada vez son máis grandes en tamaño e producen demasiado leite, cando o mercado o que demanda son vacas que produzan máis sólidos. Ademais, os custos de produción das Jerseys son máis baixos, polo seu menor consumo de concentrado e de alimento en xeral, maior lonxevidade e menos problemas de podoloxía”, razoa. A impresión que se leva Robbin Teunissen de Galicia é positiva: “Malia o problema de ordenación do territorio, vimos que hai granxeiros que son rendibles e están contentos con 50 vacas en muxido, algo que en Holanda sería moi difícil, xa que os granxeiros queren incrementar a cabana continuamente”.

Ernst Jan Dvim: Gandería de porcino en ecolóxico

Ernst tamén é fillo de gandeiros, pero neste caso de porcino. Os sus pais cambiaron hai 4 anos da produción en convencional a en ecolóxico, unha decisión que tomaron principalmente por razóns económicas. Contan con 195 porcas nais e ceban uns 1.400 porcos ao ano, que venden directamente ás carnicerías, cun peso canal medio de 95 quilos. “O porcino en ecolóxico ten maiores custos pero tamén maior prezo de venda: neste momento págase o quilo a unha media de 2,5 euros, mentres que en convencional sole estar a 1,5 euros, aínda que neste momento subiu ata os 1,9 euros, debido á alta demanda de China, que viu afundirse a súa produción a causa da peste porcina africana”, explica este futuro gandeiro. A alimentación dos animais é en base a cereais ecolóxicos e alfalfa, unha nutrición que mercan pero que a Ernst lle gustaría probar a cultivar no futuro.

Lennart Slager: Futuro gandeiro de caprino

Lennart Slager é de Staphorst, unha localidade holandesa na que os seus pais contan cunha gandería de caprino de leite, con 500 cabras en muxido da raza Dutch White Goat, estabuladas en réxime intensivo. Contan cunha base territorial de 40 hectáreas, nas que cultivan as forraxes para o rabaño: silo de millo e silo de herba. O resto da alimentación das cabras son cereais e polpa de remolacha, que teñen que mercar. “Antes tiñamos vacas pero non tiñamos espazo suficiente para medrar e o caprino é unha gandería máis fácil e barata. Neste momento é un bo negocio:o prezo do leite está estable dende hai uns 2 anos en ao redor de 0,70 euros por litro”, explica. O leite véndenllo a HGM, unha industria láctea que elabora formulas infantís, principalmente para exportar a China. De cara ao futuro, a Lennar gustaríalle empezar a alimentar as cabras no establo con herba fresca, “e se funciona ben, empezar a facer pastoreo”.