Archives

Xornada sobre preparación do colmear para a invernada e construción de arpas antivelutina

A Asociación Apícola Ourensá (ASAPOU) orzaniza o vindeiro sábado, 13 de outubro, unha “Xornada sobre preparación do colmear para a invernada e obradoiro de arpas antivelutina”. A xornada celebrarse no Pazo Otero Pedrayo, en Trasalba, no concello ourensán de Amoeiro. O programa é o seguinte: 10:00 h. Tratamentos sanitarios. . Azucena Marques (Ing.ª & Master en Farmacia y QPN Apicultura) 11.00 h. Construción do capacho. Benito Martínez. (Apicultor) 11:30 h. Café 12:30 h. Alimentación con Hi Bee. Azucena Marques (Ing.ª & Master en Farmacia y QPN Apicultura) 13.00 h. Alimentación líquida/sólida de cara ao inverno. Lucas Boubeta. (Técnico de Asapou. Apis do Caurel) 16.00 h. Lexislación sobre transporte das abellas. Decreto de producción Primaria. Francisco González. (Presidente de Asopou). 16:30 h. Guerra ás velutinas. Placas e Construccion de arpas antivelutinas Eduardo Pérez. Apicultor/Técnico electrónico. Xurxo González. Apicultor/Xerente Abellas hainas Inscricións e prezos: Francisco González Conde (tf./wasap: 647 48 47 88) Correo electronico: apicola ourensa@gmail.com Custo: Gratuito para os socios. 10 € non socios. Obradoiro: 10 € Para a compra de material. Cada un levarase a arpa construida.