Axudas para a monitorización completa das ganderías de leite e de carne
Coa sensorización temos datos para en base a eles tomar decisiónsAdemais, durante este mes de setembro ábrese unha posibilidade inmellorable de facerse con todas estas melloras tecnolóxicas practicamente sen custo, xa que o Goberno de España está a implementar o chamado Kit Dixital para a dixitalización das pequenas e medianas empresas, cunha serie de axudas para as explotacións agrogandeiras. Axudas que cubren o 100% do investimento O vindeiro 3 de setembro ábrese o prazo para solicitar estas subvencións, que cubren o 100% do investimento realizado, cun máximo de 5.000 euros para ganderías de entre 3 e 9 traballadores (contando os socios e os empregados) e de 2.000 euros no caso de explotacións con 1 ou 2 socios ou traballadores.
Desde Innogando encárganse de todo, axudando aos gandeiros coa tramitación da subvenciónDeste xeito, as axudas permiten adquirir os distintos dispositivos totalmente de balde, tendo que pagar soamente o importe do IVE. Desde Innogando axudan aos gandeiros encargándose de toda a tramitación da subvención, de maneira que as explotacións non teñen que realizar ningún tipo de trámite.
Un cento de ganderías galegas contan xa cos colares intelixentes RumiXa son máis dun cento as ganderías de Galicia que aproveitaron as últimas convocatorias de axudas para facerse cos dispositivos intelixentes Rumi, tendo deste xeito o seu gando controlado en todo momento. Rumi partos
Os dispositivos adáptanse a calquera tipo de gandería, ben sexa intensiva ou en extensivo, e mesmo a comunidades de montes con cabalos pacendo en liberdadeO control integral do gando permite ao gandeiro detectar mellor os celos e os posibles problemas de saúde, obtendo alertas para anticiparse a eles. Un dos momentos máis delicados é o do parto, por iso desde Innogando desenvolveron unha ferramenta específica que avisa ao gandeiro ao seu teléfono móbil do momento exacto no que se vai producir. “Grazas a este dispositivo que se coloca no rabo da vaca, os partos están máis controlados sen necesidade de estar tan pendente da vaca, co que o gandeiro gaña en calidade de vida e en tranquilidade mentres o animal pode desenvolver o seu comportamento natural”, explica Elio López, veterinario e socio fundador de Innogando.
Para máis información, pódese contactar con Innogando:
- Teléfono: 644 586 245
- Whatsapp: 644 586 245
- E-mail: hola@innogando.com
Control total do establo: desde a temperatura do tanque de leite ao nivel da tolva de penso
Sensor de variables ambientais
Con este dispositivo é posible ter unha medición das condicións de humidade e temperatura dentro do establo, así como os valores do índice THI, que se correlaciona co estrés por calor do gando. “Os beneficios do sistema son evidentes, xa que isto repercutirá de maneira positiva na produción dos animais, posto que con este sensor poderemos decidir cando actuar contra o estrés térmico en base a datos reais do establo”, indica Elio.É fundamental medir o estrés por calor no gando para poder actuar contra élA ferramenta permite avaliar os sistemas existentes de mitigación do estrés por calor dos que dispón a granxa, xa que “podemos ter equipos de ventilación instalados e seguir tendo estrés térmico”, evidencia Elio, coa conseguinte penalización nos ingresos da explotación.
Sensor de temperatura de tanque
Para unha granxa de produción de leite é fundamental asegurar que o seu produto conserve toda a súa calidade ata que se carga na cisterna para partir cara a fábrica. Para isto, aparte dunha boa alimentación, sanidade do gando e rutina de muxido, o leite debe ser tratado de forma axeitada ata o momento da recollida, sendo fundamental mantelo no tanque por debaixo de 6º C (límite legal por enriba do cal a industria non está obrigada a recoller o leite). “Cando o leite sobe desa temperatura, é susceptible de experimentar crecemento bacteriano, o que empeora os recontos de células somáticas e reduce os niveis de graxa e proteína no leite”, detalla Elio.Os desaxustes nos equipos de frío incrementan o nivel de células somáticas e provocan unha redución da graxa e a proteína do leiteEste sensor permite ter o leite monitorizado no tanque as 24 horas do día e recibir alertas no móbil cando exista calquera desaxuste na temperatura, ben por equipos de frío en mal estado ou mal calibrados, ben por caídas de tensión ou calquera outra anomalía que afecte ao bo funcionamento do tanque.
Sensor de nivel do penso
Outra variable que entra en xogo a diario nas explotacións de vacún son os concentrados. A día de hoxe ben é sabido por todos a alza de prezo que están a experimentar, polo tanto non é unha cuestión baladí a súa racionalización e o uso eficiente dos mesmos. “Para isto ofrecemos unha ferramenta que permite coñecer en todo momento en que nivel de enchido se atopan os silos onde se almacena o penso, o que facilitará a loxística e o aprovisionamento da granxa”, explican en Innogando.Desde un punto de vista práctico, este dispositivo axuda a planificar os pedidos con tempo suficiente e non andar nunca escasosNon é algo intrascendente mesmo para o aforro de custos, xa que algunhas empresas comercializadoras de penso xa están realizando descontos en tonelada por esta planificación previa e, tal e como está a situación dos prezos dos concentrados, estes descontos, por pequenos que sexan, sempre axudan.