Archives

Convocado un curso de Explotacións Frutícolas da Fundación Juana de Vega

A Fundación Juana de Vega abre a matrícula para o Curso de Planificación, Manexo e Defensa de Explotacións Frutícolas. Esta acción formativa durará 24 horas repartidas en seis xornadas. As aulas serán impartidas en horario de tarde no CFEA de Guísamo menos a xornada inicial que se celebrará o 9 de maio na Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros). A formación é totalmente práctica e con ela estudarase como planificar unha explotación frutícola e os principais traballos de mantemento e mecanización, así como os tratamentos fitosanitarios e a tipoloxía das instalacións para explotacións dedicadas ao cultivo de diferentes especies de frutais de interese en Galicia. Este curso é independente e derivado do Curso de Fruticultura e Técnicas de Cultivo de 2023 Horario o curso Aulas do CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h. Aulas na Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h Para ter o certificado de aproveitamento deberase asistir ao 80% das horas lectivas. PROGRAMA Martes, 9 de maio. Fundación Juana de Vega. Enfermidades das plantas frutícolas. Martes, 16 de mao. CFEA de Guísamo. Mecanización, labores primarias e mantemento do chan. Martes, 23 de maio. CFEA de Guísamo. Pragas das plantas frutícolas. Prácticas de identificación no campo e enfermidades e pragas. Martes, 30 de maio. CFEA de Guísamo. Tratamentos fitosanitarios. Técnicas e pulverizadores. Producción ecolóxica e integrada. Martes, 6 de xuño. CFEA de Guísamo. Planificación e implantación dunha explotación frutícola. Martes, 20 de xuño. CFEA de Guísamo Instalacións na explotación frutícola: rego, estacada, emparrados, semiemparrados, peches, cortaventos, etc. Formulario de inscrición: https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=E9mRn7KHA0eTXo_V5upzo2DZdZLo7LBOqoggowFwDKVUMkRFVUMxMFcxWkYwTVZGSjRKNzBRR0dDOC4u

Curso de poda de árbores frutais e ornamentais este sábado en Allariz

A Fundación Ramón González Ferreiro organiza este sábado en Allariz un curso de poda de árbores frutais e ornamentais. O curso, que inclúe parte práctica, explicará distintos tipos de poda, cortes e despuntes. Para asistir é preciso levar tesoura de podar e guantes de traballo. O custo da inscripción é de 35 euros. As persoas interesadas poden inscribirse a través das seguintes vías: nos teléfonos 988 436 182 - 681 923 916 ou no mail formacion@fundacionrgf.org. A formación impartirase na propia sede da Fundación, no lugar de Paciños (Allariz), en horario de 10 a 14 horas e de 15.30 a 18.30 horas.