Archives

Subas no vacún maior en Silleda

Os prezos medios do vacún maior rexistraron esta semana unha suba na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca. Mentres, nos becerros, tanto na recría como nos de cebo, a tendencia foi á baixa.  Nas mesas de porcino, o prezo do porco cebado mantense estable e os leitóns experimentan unha nova suba. No mercado do ovo houbo tamén incrementos dos prezos nalgunhas das categorías esta semana.

Prezos do vacún

Facemos agora un repaso detallado polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos. É preciso ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores. Nos animais de recría de raza frisoa, os machos máis novos, de menos de 20 días, descontaron 3 euros e sitúanse nos 81 euros. Os exemplares frisóns de entre 20 e 50 días foron unha das excepcións, e o valor medio está nos 121 euros (+2 euros). Os becerros pintos de máis de 50 días descontaron 14 euros e caen ós 141 euros. Nos becerros de recría de cruces industriais, a tendencia xeral tamén foi á baixa nos machos, a excepción dos animais máis novos, que cun incremento de 5 euros con respecto da semana pasada acadan un valor medio de 363 euros. Pola súa banda, as femias rexistraron subas en todas as categorías. Nas femias máis novas, o incremento foi de 13 euros e sitúanse nos 253 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor medio está nos 388 euros, ó descontar 7 euros con respecto da semana pasada. Nas femias desta categoría o incremento foi de 24 euros e quedan cun valor de referencia de 279 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, os machos rexistraron unha baixada de 37 euros e pasan a cotizarse de media a 487 euros, mentres que as femias tiveron unha suba de 12 euros e sitúanse nun valor medio de 386 euros. Tamén cotizaron á baixa os becerros de cebo, aínda que coa excepción dos machos de cruces industriais, onde se rexistrou un incremento de 32 euros con respecto do prezo medio da semana pasada. Deste xeito, esta categoría marcou un prezo de referencia de 1.059 euros. Nas femias produciuse unha baixada de 403 euros e quedan cun valor medio de 722 euros. Os machos de Rubia Galega tiveron un prezo medio de 1.097 euros, ó rexistrar unha baixada de 34 euros. As femias desta raza están nos 918 euros, logo de descontar 285 euros con respecto da semana anterior. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema tiveron un prezo medio de 1.067 euros (-52 euros). A tendencia foi á alza no vacún maior, agás nos animais de descarte e nos comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia. Nos primeiros, houbo unha baixada de 21 euros e teñen un prezo medio de 458 euros. Mentres, nos exemplares de Vaca e Boi o prezo de referencia situouse 100 euros por debaixo da última feira, nos 2.272 euros. Pola súa banda, os animais da categoría extra tiveron un prezo medio de 2.054 euros, o que amosa unha suba de 43 euros. As vacas de primeira experimentaron un incremento de 37 euros e quedan nos 1.132 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse a un prezo medio de 745 euros, o que supuxo un aumento de 13 euros con respecto da semana pasada.

Subas nos leitóns

Esta semana o porco cebado mantense estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo. Os leitóns experimentaron un incremento de 2 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 85 euros (cun prezo de 4,25 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 80 euros e cun prezo por quilo de 4 euros. No mercado do ovo houbo subas nas categorías de menor tamaño (M e S), mentres que as demais se manteñen sen cambios. En concreto produciuse un incremento de 0,03 euros e os ovos da S cotízanse agora a 1,73 euros e os da M a 2,03 euros a ducia. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia e os da L están a 2,40 euros. Os animais semipesados de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo. O prezo do coello continúa nos 2,65 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

“Unha de cada cinco vacas frisonas italianas estanse cruzando hoxe con outras razas”

Martino Cassandro é profesor da Universidade de Padova e director xeral de ANAFIBJ, a asociación frisoa italiana, que ampliou as súas siglas para acoller a outras razas leiteiras, como a parda alpina ou a xersei. A procura de sólidos e un maior rendemento queixeiro, un dos destinos principais da produción láctea italiana, impulsou nas explotacións a introdución doutras razas e os cruzamentos entre elas. Esta tendencia crecente nas ganderías do país provocou un cambio de mentalidade na propia Asociación, aberta a acoller no seu seo a animais cruzados e prestar servizos neste ámbito aos seus asociados.
A asociación frisoa italiana acolle tamén no seu seo vacas jersey, pardas alpinas e cruzadas
Desde a súa sede en Cremona, no val do Po, unha das principais zonas de produción láctea do país, ademais de frisoas atenden outras razas, entre elas 795 ganderías con 7.025 vacas xersei rexistradas. A xeneralización no uso de seme sexado por parte das explotacións lácteas permitiu tamén ás granxas reducir as súas necesidades de seme frisón e apostar por cruces cárnicos para revalorizar os excedentes de recría. En España, os cruzamientos de vacas leiteiras con razas cárnicas representan xa o 23% das inseminacións, unha porcentaxe similar ao que se dá en Italia.
O uso de cruzamentos é unha tendencia crecente en Italia
Están a incrementarse tamén os cruces con outras razas leiteiras, aínda que a un ritmo menor. Supoñen neste momento o 1% das inseminacións realizadas, fronte ao 75% que levan a cabo con touros frisóns, pero é unha tendencia crecente como estratexia para incrementar a produción de sólidos e reducir os niveis de consanguinidade do rabaño. – Cantas ganderías forman parte de ANAFIBJ? – Temos neste momento 9.280 gandeiros holstein rexistrados en Italia. Somos a terceira asociación no mundo en canto a raza frisoa. Temos un total de 1.148.844 cabezas controladas. Logramos aumentar un 3% as vacas rexistradas e un 15% a produción de leite. As nosas granxas teñen 10.786 kg de produción media cun 3,85% de graxa e 3,35% de proteína na actualidade. Sede de ANAFI en Cremona (Lombardía) – Como evolucionou a mellora xenética en Italia? – Houbo un avance xenético na vaca holstein moi importante, iso é indubidable. Lograr a produción actual e niveis do 4% de graxa e do 3,3% de proteína era un soño hai 30 anos. Pero ao mesmo tempo foron cambiando os distintos aspectos aos que se presta atención e fóronse ampliando os obxectivos para lograr.
A proteína é para nós un dos caracteres máis importantes nos touros
En 1970 os gandeiros querían máis leite, despois na década dos 80 calidade e máis adiante introducimos trazos como a lonxevidade ou a fertilidade. Viamos que empurrando unicamente sobre produción estabamos a perder outros trazos. – Cales serán os aspectos de selección no futuro? – Hoxe tamén se busca sustentabilidade e redución de emisións, que demanda o consumidor, igual que eficiencia e mellora da coagulación do leite para a produción de queixos, que aquí en Italia é moi importante. A proteína é un dos trazos máis importantes para nós nos touros.
Estamos a traballar en selección xenética para reducir emisións, que é algo que demanda o consumidor
No noso centro de selección xenética estamos a analizar a eficiencia alimenticia, non só na inxesta e transformación de materia seca, senón tamén no consumo de auga, e estamos a usar un novo índice económico GIES. O benestar, a aptitude para o muxido robotizado, a resistencia ao estrés térmico e ás enfermidades, a mellora da fertilidade, a redución do impacto ambiental e a protección da biodiversidade xenética serán aspectos fundamentais no futuro. – Que achega a xenómica á mellora xenética? – Está a acelerar a tendencia xenética. O índice global PFT italiano mellorou nos últimos 20 anos, pero antes da xenómica mellorabamos 97 puntos de PFT ao ano, e a partir do ano 2009, coa xenómica, o crecemento é de máis de 300 puntos.
Nos últimos 10 anos aumentamos a produción media por vaca 1.500 kg, pasando de 9.293 kg/ano a 10.786
Temos un total de 508.924 animais xenotipados. Nos últimos 10 anos aumentamos a produción media por vaca 1.500 kg, pasando de 9.293 kg/ano a 10.786. Reducimos as células somáticas en 80.000 células, logrado 92 días máis de produción e 14 días menos abertos, pero mellorar a fertilidade é moi difícil pola vía da selección xenética, porque é un trazo contrario á produción. – A procura de maior produción nas últimas décadas pola vía da selección xenética derivou en países como EEUU en niveis de consanguinidade elevados. En que situación se atopa a cabana holstein en Italia? – Actualmente estamos en niveis de consanguinidade en Italia próximos ao 8%. Ese é un risco que nos obriga a estar preocupados e pensar na asociación en como resolvelo. Estamos a traballar para cambiar o índice PFT e engadir unha penalización pola consanguinidade na fórmula. Temos que ver alternativas para manexar as taxas tan altas de consanguinidade, porque os gandeiros que se preocuparon máis intensamente pola mellora xenética teñen índices de consanguinidade preocupantes. – Que estratexias están a seguirse para reverter esta tendencia? – Por unha banda estamos a preservar a raza pura mediante un programa de acoplamentos, pero a segunda alternativa que estamos a usar son os cruzamientos. Algúns técnicos pensan que a ganancia xenética supera á depreciación por consanguinidade. Nos próximos 5 anos teriamos unha ganancia de 70 quilos máis de leite por vaca e unha depreciación de consanguinidade que nos restaría 22 quilos a esa ganancia. Pero non é unha solución a longo prazo. Granxa de touros de elite da asociación Frisona Italiana – Dentro da Asociación Frisoa Italiana acollestes tamén outras razas, como a parda alpina ou a xersei. Por que? – No pasado a Asociación holstein de Italia non era moi proclive aos cruzamientos pero a situación cambiou. As cruzadas hoxe son parte das vacas leiteiras que hai no noso país e queremos achegar servizos tamén aos asociados que teñen vacas cruzadas. Como che comentaba, unha das solucións para evitar os problemas de consanguinidade son os cruzamentos. De momento no libro xenealóxico estes animais aparecen como cruzados pero imos ser máis exhaustivos á hora de diferencialos.
A tendencia de monta natural reduciuse nos últimos 10 anos 
En ANAFIBJ estamos abertos a novos escenarios presentes e futuros neste ámbito. Queremos prover servizos de selección para realizar cruzamientos, tanto de carne como de leite e xa realizamos certificados de pedigrí para animais cruzados. Case o 20% das frisoas italianas están a cruzarse hoxe con outras razas, cando en 2012 era só o 7%. Cando o nivel de vacas cruzadas está a aumentar como o está facendo o director dunha asociación como a nosa ten que telo en conta. Ás veces é difícil aceptar algún resultado pero é necesario un cambio de mentalidade. – Que representan os cruzamientos a día de hoxe na cabana leiteira italiana? – Prodúcense 2 millóns de inseminacións ao ano en Italia, das que unhas 400.000 son con outras razas, moitas delas con carne. De feito, o 95% dos cruzamientos son con razas cárnicas e só o 5% con cruces para produción de leite, pero están a aumentar moito.
Os cruzamientos con outras razas leiteiras aumentan en Italia a un ritmo de 100.000 vacas cada ano
Cada ano 100.000 vacas que están no sistema de Control Leiteiro pásanse ao sistema de cruzamientos. Temos 1,1 millóns de frisoas puras, pero a segunda poboación son xa as vacas cruzadas, máis que a raza bruna. – En canto aos cruzamentos cárnicos, cales son os máis habituais nas ganderías leiteiras italianas? – Lévanse a cabo 250.000 inseminacións con carne cada ano, de maneira maioritaria azul belga e limusín. Para eses gandeiros que usan razas de carne temos un servizo específico para provelos desa necesidade. O seme sexado abriu esta oportunidade. En Irlanda teñen un índice de cruzamientos con carne e nós estamos listos para aplicar tamén un índice dese tipo. En Irlanda os cruces con carne son o 43%. En Italia estamos na metade, movémonos en cifras similares ás de España.

Sen cambios nos prezos de Ternera Gallega

As mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios esta semana as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando. No Mercado de gando de Amio, que se celebrou esta mañá, tampouco houbo modificacións dos prezos con respecto da semana pasada en tódalas categorías e razas, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira. En canto á asistencia houbo 1.557 reses, o que supón 65 menos que a sesión pasada. En concreto contabilizáronse 1.303 cabezas de vacún menor, 59 menos que na sesión anterior. Houbo 106 de vacún mediano (6 máis) e 148 de vacún grande (12 reses menos). Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (15-II- 2023).

Subas nos prezos medios da recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes subas nos prezos medios dos becerros de recría. Mentres, nos tenreiros carniceiros houbo unha baixada xeral das cotizacións medias de referencia, así como en boa parte do vacún maior. Nas mesas de cotización do porcino, tanto o porco cebado coma os leitóns experimentaron subas dos prezos. O mercado do ovo continúa estable esta semana. Facemos un repaso detallado polas cotizacións medias das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado con respecto da semana pasada. Cómpre ter presente que existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal. Na recría frisoa houbo unha suba xeral dos prezos medios en tódalas seccións. O prezo de referencia dos animais máis novos, os de menos de 20 días, foi de 96 euros, o que supuxo un incremento de 15 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o prezo medio situouse nos 124 euros, logo dunha suba de 17 euros. Os becerros de máis de 50 días rexistraron un aumento de 4 euros con respecto da semana pasada e o prezo medio queda nos 167 euros. Nos becerros de recría de cruzamentos industriais, os tenreiros de 20 días tiveron un prezo medio de 241 euros, o que amosa unha baixada de 4 euros con respecto do valor medio da semana pasada. As femias desta sección tamén experimentaron unha redución de 31 euros e o prezo de referencia atópase nos 203 euros. Foron a única sección na que se rexistrou unha baixada dos prezos. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o prezo medio foi de 303 euros nos machos e de 239 euros para as femias, logo dunha suba de 26 e 3 euros respectivamente. Nos animais de máis de 50, os machos experimentaron unha suba do seu valor medio de 92 euros e sitúanse nos 433 euros. O valor medio das femias incrementouse en 34 euros e acadan os 337 euros. A tendencia foi á baixa, con algunha excepción nos tenreiros carniceiros. Nos becerros frisóns o valor medio foi de 622 euros, o que supón 181 euros menos que o prezo manexado a semana pasada. Os tenreiros de cruces industriais tiveron un prezo medio de 1.051 euros, cunha redución de 15 euros. As femias desta sección experimentaron unha baixada de 82 euros, ata os 883 euros. En canto ós becerros de Rubia Galega, o prezo medio situouse 20 euros por debaixo do rexistrado na última feira. Así, estes animais tiveron un prezo medio de 1.105 euros. As femias foron a excepción, ó conseguir un incremento do seu valor medio de 18 euros, de xeito que se cotizan a 1.013 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Ternera Gallega Suprema o valor medio foi de 1.040 euros, o que os sitúa en 89 euros menos que a semana pasada. No vacún maior houbo baixadas en boa parte das categorías. Os animais da categoría extra foron das excepcións e cotizaron a un prezo medio de 2.090 euros, o que supón 104 euros máis que a semana anterior. As vacas de primeira descontaron 39 euros e o valor de referencia foi de 1.131 euros. Nos exemplares de segunda, o prezo medio foi de 763 euros, é dicir 17 euros menos. Os animais de desfeito tiveron unha baixada de 69 euros e pasan a situarse nos 441 euros. Nos animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia o prezo de referencia foi de 1.934 euros, o que supón 547 euros máis que a semana pasada.

Subas no porcino

Nas mesas de cotizacións do porcino houbo subas tanto no porco cebado coma nos leitóns. O porco selecto e o normal teñen un valor de 1,665 e 1,64 euros o quilo, respectivamente logo dunha suba de 0,025 euros. Os porcos de Canal II tiveron un incremento de 0,032 euros e están a 2,162 euros. Nos animais de desvelle a suba foi de 0,02 euros e teñen un prezo de entre os 0,8 e os 0,86 euros o quilo. Nos leitóns houbo de novo unha suba de 2 euros. Os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 82 euros (cun prezo de 4,1 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 77 euros e cun prezo por quilo de 3,85 euros. O mercado do ovo continúa estable esta semana. Os ovos da XL están a 2,8 euros a ducia, os da L a 2,59 euros, os ovos da M a 2,23 euros e os da S a 1,98 euros a ducia. As galiñas de descarte semipesadas mantéñense entre os 0,32 e os 0,39 euros. O prezo do coello está nos 2,4 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun), logo dunha baixada de 0,2 euros na primeira semana de xaneiro.

Gandería Rato, entre os mellores criadores galegos de vacas frisoas de altas cualificacións

En setembro do ano pasado, o concurso morfolóxico da raza frisoa Feiradeza, convertíase no primeiro certame de gando frisón que se celebraba en Galicia tralo inicio da pandemia. A cita contaba ademais con outro atractivo: acollía o XXIV Concurso Autonómico Fefriga 2021. Unha das vacas gañadoras da xornada foi Baroncelle Sidekick Patty ET que se proclamaba Vaca Gran Campioa de Feiradeza e quedaba a piques de converterse tamén na mellor de Galicia, cun segundo posto. Non foi o único premio para este animal, que se clasificou como campioa das vacas novas, tanto en Feiradeza como de Galicia no certame de Fefriga. Esta vaca gañadora chegaba dende Rodeiro (Pontevedra), procedente da Gandería Rato, situada no lugar de Baroncelle, na parroquia de Carboentes. Esta granxa familiar centrada na produción de leite con vacas de raza frisoa, foi tamén elixida como mellor criador do certame. Ademais, nesa edición de Feiradeza resultaran premiadas outras vacas da gandería rodeirense como Baroncelle Mark Mona, na sección de vacas intermedias. “Non pensábamos en ter tan bos resultados cos nosos animais neste concurso”, recoñece Alejandro Carral Fernández, o membro máis novo desta gandería familiar á que se incorporou formalmente hai case 3 anos e na que tamén traballan seus pais, José Carral e Mónica Fernández.
“Participamos nos certames porque a min me apaixonan estas competicións e todo o que ten que ver con elas. Meus pais antes non participaban”
Ese non foi o primeiro ano no que a Gandería Rato se facía un oco nos certames de gando frisón. Outros animais coma a vaca Baroncelle Mallinger Soraya xa destacara tamén outros anos, converténdose na xovenca gran campioa en Feiradeza no 2018, unha edición na que lograran tamén recoñecementos por outras vacas en distintas seccións. “A primeira vez que participei nos certames foi hai uns 8 anos e comezamos a gañar premios destacados no 2016”, recorda o gandeiro. Porén, Alex indica que “participamos nos certames porque a min me apaixonan estas competicións e todo o que ten que ver con elas. Meus pais antes non participaban”, recorda. Súa nai recoñece que nas primeiras edicións non lle gustaba que Alex participase polo temor a que puidese mancarse durante o manexo do gando. Alex comezou a participar en certames xa no 2013. Daquela fíxoo da man doutra gandería de Rodeiro, Casa do Rei, na que estaba a desenvolver a formación práctica do ciclo agrario en Produción Agropecuaria que estudara no Centro de Capacitación Agraria de Sergude (Boqueixón). Dende aquelas primeiras veces soubo que quería seguir participando, pero facéndoo cos seus propios animais.
“Non é só participar co gando no certame, senón todo o traballo previo de preparación que hai que facer. Así como o esforzo por mellorar na gandería e contar con animais cunha boa xenética e aptitudes”
“Non é só participar co gando no certame, senón todo o traballo previo de preparación que hai que facer, así como o esforzo por mellorar na gandería e contar con animais cunha boa xenética e aptitudes”, indica o gandeiro. No certame, Alex recoñece que vive unha mestura de emocións, dende os nervios previos e propios do momento da competición ata a satisfacción cando algún dos seus animais logra unha boa clasificación. A súa intención é seguir competindo. Céntrase en acudir ó certame da comarca, Feiradeza, así como ós certames rexionais e nacionais da raza Frisoa. Agora prepárase xa para a cita de Muimenta, A Moexmu, que se celebra a comezos de abril e acolle este ano o Concurso Autonómico de Gando Frisón Fefriga 2022. Vacas en produción na gandería. Aposta polas frisoas Nesta gandería en intensivo, todo o rabaño está integrado por vacas frisoas. Para chegar a contar con bos animais, na Gandería Rato están a apostar pola raza pura. “Gústanme as características produtoras desta raza, para min é a mellor opción, ata o punto de que se teño que traballar con outra raza creo que non seguiría coa gandería”, explica o gandeiro. Por iso, descarta outro tipo de cruzamentos na súa granxa para a cría de xovencas. Levan anos traballando coa mellora xenética e seleccionando touros canadenses e americanos. “Procuramos animais con boas ubres e patas, así como cunha boa produción de leite e calidades como a graxa”, indica Carral. Para lograr estes obxectivos están empregando sobre todo touros xenómicos. “O 80% das doses que empregamos son de touros xenómicos”, concreta. Ademais, empregan semen sexado. Adoitan vender aquelas becerras que crían, así como xovencas próximas ó parto ou vacas paridas, en función das necesidades de espazo que vaian tendo na granxa. “Agora mesmo estamos moi limitados de espazo, polo que temos que quedarnos só cos animais para os que temos praza. Imos vendendo en función das necesidades de espazo que teñamos”, explica. Polo xeral, estes animais véndenos directamente a gandeiros, porén algunhas das súas becerras tamén teñen como destino centros de recría, coma aconteceu a comezos de ano con 10 xatas que lle mercaron dun centro de recría coruñés. A recría téñena en cama quente e divididas por lotes. Mentres, as vacas en produción están en camas de serradura de madeira e carbonato cálcico. Tamén adoitan facer algunhas inseminacións con cruces de carne, para lograr rendibilidade por esta vía. “ Estamos inseminando con Azul belga, xa que tamén probamos con Angus, pero os tratantes estábannolos pagando case como se fosen becerros frisóns, polo que non compensaba apostar por esa raza”, comenta o gandeiro.
Inseminan con cruces de carne como Azul belga logo de probar con Angus e non lograr prezos competitivos
Mónica, a nai de Alex, é nestes momentos outra peza fundamental da gandería de leite, xa que ela encárgase principalmente do muxido do gando, así como en colaborar coa alimentación e o coidado da recría. Entre os plans de futuro da gandería atópase a inversión nunha nova granxa que lles permita un manexo máis cómodo do gando. “Agora mesmo estamos muxindo unhas 65 vacas, e ó ter circuíto de muxido lévanos arredor dunhas 2 horas e media de cada vez”, indica. Por iso, contemplan xa que as novas instalacións dispoñan dun robot de muxido coa que facilitar esta tarefa. Xunto coas vacas en produción, teñen uns 50 animais de recría e arredor dunhas 15 vacas secas, que completan as 130 cabezas de gando que integran esta gandería. Teñen unha produción media duns 34 litros por vaca e unhas calidades de 4,1 % de graxa e 3,35 de proteína. En canto ó reconto celular sitúase arredor de 120.000 células somáticas e por debaixo das 17.000 unidades formadoras de colonias en bacterioloxía. Nos últimos tempos están apostando por comezar a producir leite A2 e este é un criterio máis na selección xenética dos seus animais. “Queremos seguir mellorando a xenética en cada xeración”, sinalan os gandeiros. No seu obxectivo por mellorar a xenética dos animais do rabaño, colaboran estreitamente con outras gandería da zona como Casa do Rei, así como SAT Carballeiras (de Lalín) ou a gandería de Alberto Medina, situada en Asturias. “Temos algúns animais mercados a medias que empregamos para a extracción de embrións de alto valor xenético”, apunta. Na gandería manexan unhas 40 hectáreas de terreo. Nunhas 15 hectáreas cultivan millo forraxeiro, mentres que no resto teñen pradeira permanente. Para unha boa parte das tarefas agrícolas botan man da Cooperativa O Rodo, da que son socios. “Teñen un moi bo servizo de maquinaria”, recoñecen os gandeiros. A ración do gando en produción adoita ser de 25 quilos de millo, outro tanto de silo de herba e uns 11 quilos de penso.
A avicultura, aposta pola diversificación Dende hai case 3 anos, contan tamén cunha granxa de polos. “Buscamos diversificar para non centrarnos só no vacún, aínda que a min o que me gustan son as vacas e polas que quero adicarme á gandería”, comenta Alex. Así, do coidado da gandería avícola encárgase o seu pai, José Carral e tanto Alex coma súa nai colaboran en momentos puntuais de maior carga de traballo. As instalacións están dotadas coas comodidades tecnolóxicas para alimentación e coidado das aves. Dispoñen de alimentación automatizada e sistemas de control da temperatura e ventilación tamén informatizados. “No momento da instalación eran sistemas punteiros tanto de alimentación como de ventilación e calefacción”, explica José.
“Coa nave de polos buscamos diversificar para non centrarnos só no vacún”
Teñen capacidade para uns 32.000 polos e adoitan criar unhas 5 camadas cada ano. “O primeiro ano criamos 5 camadas, despois baixáronnos media” indica José. Trátase dunha granxa integrada por Coren, que é quen lles subministra tanto os pensos como os animais, que lle chegan só cun día de vida. O ciclo de cría dos polos é de 35 días para os que se consumirán asados e de 47 días para os comercializados de xeito convencional. A integradora tamén se encarga de proporcionar os coidados e tratamentos sanitarios que poidan precisar. Así, José supervisa a diario o benestar dos animais varias veces ó día, ademais de responder ás alarmas que lle poidan xurdir nos sistemas automatizados. A granxa de polos permítelles tamén dispoñer dun fertilizante óptimo para a pradeira e os cultivos forraxeiros da gandería de vacún, o que lles ofrece un aforro de custes ó tempo que aseguran que as necesidades dos cultivos están cubertas.

Silleda rexistra a maior afluencia de gando dos últimos dous anos

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes novos récords, logo de varias xornadas batendo as súa marcas históricas. Mentres, nos prezos medios a tendencia foi á baixa en case tódalas categorías de vacún, tanto da recría, como dos becerros carniceiros ou do vacún maior. Porén, as mesas do porcino continúan con importantes subas, igual que o mercado do ovo. Hoxe contabilizouse o maior volume de transaccións da historia da Central, ao sumar as diferentes poxas 817.504 euros e superar os 701.058 euros, que ata hoxe era a maior cantidade que se acadara, unha cifra lograda hai tan só uns días, o pasado 22 de febreiro deste mesmo ano. A esta marca contribuíron as cifras de facturación das diferentes categorías. Así, as transaccións en vacún maior tamén supuxeron as máis altas rexistradas na traxectoria deste mercado, con 561.019 euros que rebasaron os 505.746 euros do pasado 22 de febreiro. En becerros carniceiros situáronse en 122.331 euros, a maior cantidade dende que se facturaran 142.071 euros o 17 decembro de 2019. En canto aos becerros de recría, acadaron a maior facturación deste ano, con 134.154 euros. Ademais, a Central rexistrou hoxe unha asistencia total de 1.227 animais, a maior dende o 14 de xaneiro de 2020, cando concorreran 1.259 exemplares. A cifra reflicte unha importante asistencia nas tres categorías. En vacún maior cifrouse en 390 animais, a maior concorrencia dende o 24 de xuño de 2014, cando acudiran 397. En becerros carniceiros, con 158, foi a maior dende o 17 de decembro de 2019, cando asistiran 210. E en becerros de recría foi a maior cifra do ano con 679 exemplares. O animal co valor más alto comercializado este martes en Silleda foi unha vaca de raza rubia galega procedente da gandería de Manuel López Quiroga, de Samos, que alcanzou unha cotización de 6.211 euros. Outra vaca desta gandería foi vendida por 4.698€. 

Prezos medios do vacún

Esta vaca da gandería de Manuel López Quiroga de Samos superou os 6.000 euros Realizamos un repaso e unha comparativa coa xornada pasada para comprobar a evolución dos prezos medios do vacún. Cómpre ter presente que este é un exercicio que busca servir ó sector para coñecer as tendencias dos prezos, pero existen factores condicionantes como a calidade dos exemplares, que determinarán os prezos de cada exemplar. No caso da recría, as únicas subas rexistráronse nos animais de maior idade, mentres que no resto a tendencia foi á baixa. Na recría Frisoa, os animais máis novos descontaron 25 euros e cotízanse a 83 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, o prezo baixou 21 euros con respecto da semana pasada e quedan en 103 euros. A única suba produciuse nos tenreiros de máis de 50 días, que pasaron a ter un prezo medio de 136 euros, o que evidencia un incremento de 7 euros. Nos becerros de cruzamentos industriais, os animais máis novos, os de menos de 20 días, sitúanse nos 190 euros, é dicir, 38 euros por debaixo do prezo de referencia da semana pasada. Nas femias desta sección produciuse unha baixada de 9 euros e quedan nos 193 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, o prezo medio foi de 268 euros, logo de descontar 33 euros. Nas femias a rebaixa foi de 11 euros e o prezo de referencia está nos 207 euros. A baixada máis significativa produciuse nos becerros de máis de 50 días, cunha redución de 95 euros. Agora cotízanse a 390 euros. As femias foron a excepción deste tipo de animais ó conseguir o prezo medio unha suba de 19 euros e cotizarse a 311 euros. Nos becerros carniceiros a tendencia foi á baixa, aínda que con algunhas excepcións. Os animais frisóns tiveron un prezo medio de 697 euros, o que supón unha baixada de 86 euros con respecto da semana pasada. A única femia desta raza vendeuse por 734 euros. Nos becerros de cruces industriais, o prezo medio foi de 907 euros, 35 euros máis que o prezo de referencia da última lonxa. As femias descontaron 11 euros e o prezo medio sitúase nos 744 euros. Os becerros de Rubia Galega acadaron un prezo medio de 956 euros, o que supón unha baixada de 63 euros. Nas femias o valor medio está nos 790 euros, é dicir, 53 euros menos que a semana anterior. Os animais co selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega Suprema acadaron un prezo medio de 824 euros, o que amosa unha baixada de 104 euros. No vacún maior produciuse unha baixada xeral dos prezos medios. As vacas da categoría extra están nos 2.022 euros de media, logo dunha redución de 84 euros. Nas vacas de primeira case non houbo variacións, e sitúanse nos 1.193 euros, cun euro máis que a semana anterior. Nas vacas de segunda o prezo medio queda nos 774 euros, cunha baixada de 7 euros con respecto da última feira. Tamén as vacas de descarte tiveron unha redución do prezo, neste caso de 53 euros, e o valor medio queda nos 469 euros. Os animais co selo da IXP Vaca e Boi de Galicia tiveron un prezo medio de 2.471 euros, mentres que a semana pasada se atopaba case no dobre, ó acadar os 4.236 euros.

Subas no porcino

Esta semana as mesas de prezos do porcino acordaron de novo subas tanto no porco cebado como nos leitóns. Así, o porco selecto e o normal tiveron un incremento de 0,06 euros e pasan a cotizarse a 1,265 e 1,240 euros o quilo, respectivamente. A suba máis destacada, ó igual que nas últimas semanas, produciuse nos animais de Canal II, que tiveron un incremento de 0,78 euros e agora sitúanse nun prezo de 1,610 euros o quilo. Os animais de descarte tiveron unha suba de 0,06 euros e cotízanse entre os 0,46 e os 0,52 euros o quilo. Nos leitóns, produciuse unha suba de 4 euros. Os exemplares chegados dunha única granxa están nos 55 euros (cun prezo de 2,75 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 50 euros e teñen un prezo por quilo de 2,5 euros. No mercado do ovo houbo de novo subas por valor de 0,05 euros en tódalas categorías. Así, os ovos da XL cotízanse a 1,93 euros a ducia, os ovos da L teñen un prezo de 1,64 euros, os da M están 1,46 euros e os da S atópanse a 1,24 a ducia. As galiñas de descarte tamén experimentaron unha suba de 0,05 euros e pasan a cotizarse entre os 0,26 e os 0,33 euros por quilo. A Mesa Nacional de Prezos para o Coello, Loncun, acordou esta semana unha suba de 0,10 euros de xeito que o quilo de coello acada os 2,05 euros.

Resultados completos do Concurso Nacional de Raza Frisoa CONAFE 2021

O sábado 25 de setembro foi a gran cita anual da gandaría frisoa coa celebración do Concurso Nacional, que este ano volveu á pista de Xixón despois do paréntese de 2020 debido á pandemia. Foi unha cita esperada polas 37 gandarías participante que presentaron un total de 132 animais e esperada tamén polo numeroso público presente ao longo de toda a xornada. Pol Collell foi o encargado de xulgar as vinte e catro seccións do certame e fíxoo de forma profesional, rápida e amena, animando nos campionatos ás bancadas que aplaudiron todas as súas decisións.

Seccións de becerras e xovencas

O palmarés desta categoría comezou coas dúas novas seccións desta edición do Nacional: Mellor Rabaño e Mellor Criador de Tenreiras e Xovencas. En ambas as seccións impúxose a gandaría lucense S.A.T. Rey de Miñotelo; como Mellor Rabaño ao presentar un lote moi homoxéneo, como moi boa condición corporal e moi boa preparación. Como Mellor Criador, grazas aos puntos obtidos polos seus animais nas seccións individuais. O título de Segundo Rabaño de Tenreiras e Xovencas foi para a gandaría asturiana Casa Venturo e o de Segundo Criador, para a cántabra Cudaña. Como Campioa Nacional de Tenreiras e Xovencas Collell elixiu Rey 1014 Moovin Sony ET, de Rey de Miñotelo, unhas tenreiras de 9 meses con moito carácter leiteiro, a grupa máis limpa, forte no lombo e con moi boas patas. Como Subcampioa Nacional desta categoría foi elixida Cudaña App Haniko ET, de Cudaña, e foi Mención de Honra Rei 996 Warrior Sroseta Red ET, de Rey de Miñotelo.

Seccións de vacas en lactación

Ao tres da tarde entraba a pista a primeiras das seccións de vacas, nas que participaron animais con idades comprendidas entre os 19 e os 46 meses, repartidos en 5 seccións segundo a idade. As gañadoras destas clases competiron polo título de Vaca Intermedia Campioa Nacional, que conseguiu Serrada Chantel Chief, de La Serrada (Ávila) grazas á súa mellor estrutura leiteira e calidade de óso. Para Casa Venturo foron os títulos de Intermedia Subcampioa Nacional, con Venturo Crushtime Romería, e a Mención de Honra, con Venturo Emilio Roma ET. A continuación xulgáronse o catro seccións de vacas adultas que deron pasado á entrega dos premios ao Mellor Criador Nacional de Vacas, que recaeu en Gan. Diplomada Badiola; Segundo Criador de Vacas, para Casa Venturo; Mellor e Segunda Autonomía para Asturias e Cantabria respectivamente; e Mellor Rabaño Nacional, para o lote presentado por Casa Flora (Asturias) e Segundo Rabaño para Casa Venturo. A categoría de adultas tivo como Campioa Nacional a unha vaca ben coñecida polos afeccionados ás boas frisoas e aos concursos. Llinde Ariel Jordan, de SAT Ceceño, impúxose co seu espectacular sistema, fortaleza de lombo e patas. Como Adulta Subcampioa foi elixida Trespandio Alicia Link Up, de Sarabia-Isla (Cantabria) e como Mención de Honra, Flora Gold Chip Lipstick, de Casa Flora. Finalmente este tres magníficas vacas impuxéronse en como Vaca Gran Campioa Nacional, Gran Campioa Reserva e Mención de Honra.

Merecidos homenaxes

Antes do Campionato de Vaca Adultas presentáronse en pista dous excelentes animais de case 12 anos que por morfoloxía e produción merecéronse o recoñecemento do público: HM-Holstein Brenda 366, da gandaría Hernández Martín (Ávila) e Rey 509 Ninfa Spirte, de Rey de Miñotelo (Lugo). A continuación recibiron a homenaxe pola súa longa traxectoria como xuíces gandeiros José Ramón Arronte, José Ramón Badiola, José Manuel Medina e Jesús Francisco Méndez. Por último, Juan Manuel Fernández Ahedo, recentemente xubilado, recibiu a placa en recoñecemento aos seus anos de traballo en ANFE e CONAFE como técnico calificador e xefe do departamento de Morfoloxía. Pechouse a entrega de premios cos correspondentes aos manejadores do concurso, cuxo traballo é imprescindible para que os animais mostren as súas mellores virtudes na pista. Este ano os elixido foron, por esta orde, Alberto Iglesias, Germán Fernández e Cristina Carro.

41 CONCURSO NACIONAL DE LA RAZA FRISONA CONAFE 2021. PREMIOS:

MEJOR REBAÑO NOVILLAS: S.A.T. REY DE MIÑOTELO (LUGO)

SEGUNDO REBAÑO NOVILLAS: GANADERIA CASA VENTURO, S.C. (ASTURIAS)

MEJOR CRIADOR NOVILLAS: S.A.T. REY DE MIÑOTELO (LUGO)

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="78935" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

SEGUNDO CRIADOR NOVILLAS: CUDAÑA (CANTABRIA)

NOVILLA CAMPEONA:

REY 1014 MOOVIN SONY ET

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="78936" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

Propietario: S.A.T. REY DE MIÑOTELO (LUGO)

Padre : LINDENRIGHT MOOVIN ET

NOVILLA SUBCAMPEONA:

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="80038" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

CUDAÑA APP HANIKO ET

Propietario: CUDAÑA (CANTABRIA)

Padre : SIEMERS LAMBDA HANIKO ET

NOVILLA MENCION DE HONOR:

REY 996 WARRIOR SROSETA RED ET

Propietario: S.A.T. REY DE MIÑOTELO (LUGO)

Padre : MR BLONDIN WARRIOR- RED ET

VACA INTERMEDIA CAMPEONA:

SERRADA CHANTEL CHIEF

Propietario: LA SERRADA (AVILA)

Padre : STANTONS CHIEF ET

VACA INTERMEDIA SUBCAMPEONA:

VENTURO CRUSHTIME ROMERIA

Propietario: GANADERIA CASA VENTURO, S.C. (ASTURIAS)

Padre : COL DG CRUSHTIME ET

VACA INTERMEDIA MENCIÓN DE HONOR:

VENTURO EMILIO ROMA ET

Propietario: GANADERIA CASA VENTURO, S.C. (ASTURIAS)

Padre : WILT EMILIO

MEJOR CRIADOR VACAS: GAN.DIPLOMADA BADIOLA, S.L. (ASTURIAS)

SEGUNDO CRIADOR VACAS: GANADERIA CASA VENTURO, S.C. (ASTURIAS)

MEJOR AUTONOMÍA: ASTURIAS

SEGUNDA AUTONOMÍA: CANTABRIA

MEJOR REBAÑO VACAS: CASA FLORA. SDAD.CIVIL (ASTURIAS)

SEGUNDO REBAÑO VACAS: GANADERIA CASA VENTURO, S.C. (ASTURIAS)

VACA ADULTA CAMPEONA:

LLINDE ARIEL JORDAN

Propietario: S.A.T. CECEÑO (CANTABRIA)

Padre : GILLETTE JORDAN ET

VACA ADULTA SUBCAMPEONA

TRESPANDIO ALICIA LINK UP

Propietario: SARABIA-ISLA, S.C. (CANTABRIA)

Padre : EDG MOGUL LINK UP 8217 ET

VACA ADULTA MENCIÓN DE HONOR

FLORA GOLD CHIP LIPSTICK

Propietario: CASA FLORA. SDAD.CIVIL (ASTURIAS)

Padre : MR CHASSITY GOLD CHIP ET

VACA GRAN CAMPEONA NACIONAL

LLINDE ARIEL JORDAN

Propietario: S.A.T. CECEÑO (CANTABRIA)

Padre : GILLETTE JORDAN ET

VACA GRAN CAMPEONA NACIONAL RESERVA

TRESPANDIO ALICIA LINK UP

Propietario: SARABIA-ISLA, S.C. (CANTABRIA)

Padre : EDG MOGUL LINK UP 8217 ET

MENCION DE HONOR GRAN CAMPEONA NACIONAL

FLORA GOLD CHIP LIPSTICK

Propietario: CASA FLORA. SDAD.CIVIL (ASTURIAS)

Padre : MR CHASSITY GOLD CHIP ET

Novo récord absoluto no prezo medio do vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia - Abanca rexistrou na sesión desta mañá o seu récord histórico no prezo medio da categoría de vacún maior, ó acadar os 1.165,86 euros. Ata hoxe, o máximo estaba nos 1.071,18 euros que se conseguirán o 30 de abril de 2019. Como apuntan dende a Central, este récord estivo motivado pola gran calidade da maioría dos exemplares que concorreron nesta xornada. De feito, a categoría extra experimentou unha suba de 304 euros, ata situarse nun prezo medio de 1.908 euros. Tamén houbo incrementos nas vacas de segunda, que tras un aumento de 14 euros, acadan os 726 euros. Mentres, as vacas de primeira experimentaron unha baixada de 11 euros, ata situarse en 1.114 euros. Nas vacas de desfeito, houbo unha redución de 3 euros e cotízanse a 464 euros. Pola súa banda, os animais co selo Vaca e Boi de Galicia, de Ternera Gallega, acadaron un prezo medio de 1.326 euros, fronte ós 952 euros que marcaran a semana pasada. Nos becerros, este martes a tendencia foi á baixa, tanto na recría coma nos tenreiros carniceiros. No caso dos exemplares de raza frisoa para reposición houbo unha baixada xeral das cotizacións. Os animais de menos de 20 días descontaron 11 euros para quedar en 73 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, a sección máis numerosa da Central, o prezo reduciuse 8 euros, ata os 96 euros. Nos xatos de máis de 50 días a redución foi de 29 euros, de xeito que quedan nos 105 euros. Na recría de cruces industriais, os animais máis novos, de menos de 20 días, tamén acusaron unha baixada (16 euros para os machos e 24 para as femias), así é que agora os tenreiros cotízanse a 178 euros e as xatas a 130 euros. Porén, no resto de categorías produciuse un incremento dos prezos. Nos exemplares de entre 20 e 50 días, o aumento foi de 8 euros para os machos, polo que acadan os 262 euros. Nas femias desta sección, o prezo medio situouse en 193 euros, logo dunha suba de 17 euros. Os becerros de máis de 50 días acadaron os 382 euros ó sumar 36 euros. As femias desta sección acusaron unha baixada de 6 euros e quedan en 311 euros. Nos tenreiros carniceiros tamén se apreciaron importantes descontos con respecto da semana pasada. Os animais de cruces industriais pasaron a cotizarse a 779 euros, logo de descontar 35 euros. Nas femias a baixada foi máis importante (61 euros) e quedan cun prezo medio de 712 euros. Os becerros frisóns reduciron o seu valor en 90 euros, de xeito que agora marcan 528 euros. A única excepción produciuse nos machos de Rubia Galega, que pasan a cotizarse a 881 euros, despois dunha suba de 17 euros. As tenreiras desta raza non tiveron a mesma sorte, e o seu prezo caeu ata os 732 ó descontar 60 euros. Tamén mellorou o prezo dos exemplares co selo Ternera Gallega Suprema, que acadan os 852 euros, 10 máis que o cotizado na feira pasada.

Continúan as subas no porcino e os ovos

O porco cebado e os leitóns experimentaron esta semana novas subas en tódalas seccións. En concreto, o porco selecto e o normal incrementaron o seu valor en 0,06 euros, polo que pasan a cotizarse a 1,405 e 1,380 euros o quilo, respectivamente. Nos exemplares de Canal II a suba foi de 0,078 euros, e acadan así un valor medio de 1,792 euros. Nos porcos de desfeito o incremento foi de 0,1 euros e pasan a cotizarse entre os 0,79 e os 0,85 euros o quilo. Nos leitóns, a mesa de prezos acordou unha suba de 5 euros. Así, os animais procedentes dunha única gandería acadan os 78 euros, cun prezo de 3,9 euros por quilo. Os bacoriños chegados de distintas granxas sitúanse nun prezo de 3,65 euros o quilo e o animal de 20 quilos ten un valor de 73 euros. No mercado do ovo tódalas seccións incrementaron o seu valor, aínda que houbo diferencias por categoría. Así, os ovos da XL cotízanse a 1,65 euros a ducia tras unha suba de 0,04 euros. Os da L están a 1,23 euros ó experimentar un incremento de 0,05 euros. Na categoría M a suba foi de 0,03 euros e acadan 1,10 euros. Por último, os da S están a 0,89 euros, logo dun aumento de 0,02 euros. As galiñas de desvelle semipesadas, de entre os 2,1 e 2,2 quilos, mantéñense esta semana sen cambios e cun prezo medio de entre os 0,11 e os 0,18 euros por quilo. O prezo do coello continúa tamén invariable a 1,80 euros o quilo na Lonxa de Madrid.

Nova baixada dos prezos do gando en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia–Abanca experimentou este martes unha nova baixada xeral dos prezos. As reducións producíronse en boa parte das categorías da recría, becerros carniceiros e do vacún maior, aínda que tamén houbo algunhas excepcións á alza. Na mentres, as mesas de porcino continúan unha semana máis sen cambios e tamén se manteñen sen variacións os ovos. En concreto, nos becerros de recría as baixadas foron xerais. Nos tenreiros frisóns de menos de 20 días a redución foi de 3 euros e quedaron cun prezo medio de 82 euros. A única excepción á alza na recría desta raza produciuse nos animais de entre 20 e 50 días, que incrementaron o seu valor en 12 euros, ata situarse nos 102 euros. Nos animais de máis idade, os de máis de 50 días, houbo unha baixada de 8 euros e pasan a cotizarse a 121 euros. A caída dos prezos afectou tamén ós machos de cruces industriais. Nos animais de menos de 20 días, a baixada foi de 48 euros e pasan a 202 euros. Pola contra, as femias desta sección sumaron 25 euros e véndense a 147 euros. Nos becerros de 20 a 50 días, produciuse unha redución de 8 euros ata os 254 euros no caso dos machos, mentres que nas femias descontáronse 10 euros e o prezo medio sitúase nos 164 euros. Nos becerros de máis de 50 días, os machos reduciron o seu valor en 50 euros ata os 337 euros. As femias cotízanse a 267 euros, logo dun aumento de 13 euros. Nos becerros carniceiros de cruces industriais houbo unha baixada de 47 euros, polo que pasan a cotizarse a 784 euros. As femias desta categorías experimentaron tamén unha redución de 88 euros, polo que quedan en 633 euros. Nos exemplares de Rubia Galega houbo unha caída de 67 euros para os machos, de xeito que agora se sitúan nos 888 euros de media. As femias desta raza incrementaron o seu prezo en 49 euros e cotízanse agora a 795 euros. Os becerros frisóns acadaron esta semana un prezo medio de 467 euros, 63 euros por encima do prezo acadado polo único animal adxudicado na pasada feira. Os exemplares que contaran co selo Ternera Galega Suprema tiveron un valor medio de 838 euros, 123 euros menos que a semana pasada. A tendencia á baixa tamén se notou no vacún maior. As vacas da categoría extra tiveron un prezo medio de 1.674 euros, tras descontar 123 euros. Nos exemplares de primeira, a redución foi de 80 euros e pasan a cotizarse a 1.095 euros. Nas vacas de segunda houbo unha baixada de 9 euros, polo que acaban en 703 euros de media. A única excepción á alza chegou coas vacas de desvelle que, tras unha suba de 10 euros, cotízanse a 444 euros. Os exemplares de Vaca e Boi de Galicia vendéronse a 1.088 euros, lonxe dos 1.802 euros que acadou a semana pasada o único animal con este selo.

Sen cambios no porcino

As mesas de negociacións do porcino mantivéronse esta semana sen cambios. Deste xeito, o porco cebado da categoría selecta está a 1,325 euros o quilo, mentres que o normal se atopa a 1,3 euros. Nos Canal II o prezo medio é de 1,688 euros por quilo e os exemplares de desvelle cotízanse entre os 0,47 e os 0,53 euros. Nos leitóns, os animais procedentes dunha única gandería continúan asentados nos 35 euros, situándose a 1,75 euros por quilo. Nos exemplares procedentes de varias granxas, o prezo por quilo é de 1,5 euros e por animal acadan os 30 euros. O mercado do ovo afronta esta semana tamén sen variacións. Así, os ovos da XL cotízanse a 1,52 euros a ducia, os da L atópanse a 1,12 euros, os da M están a 0,94 euros e os da S véndense 0,78 euros. As galiñas de desvelle semipesadas, as situadas entre os 2,1 e 2,2 quilos, están nun valor entre os 0,06 e os 0,14 euros por quilo, igual que a semana pasada. Na lonxa de Madrid, o coello mantense sen modificacións e continúa a 2,15 euros o quilo.

“Meu avó inculcoume a gandería e quero seguir apostando por bos animais, como xa facía el”

Cando o avó de Miguel Madriñán mercou as terras nas que se asenta hoxe a gandería Carballeiras, apostou xa por contar con animais con boa xenética na súa granxa. Hoxe, máis de 40 anos despois, Miguel segue coa mesma filosofía na granxa. “As primeiras vacas que se importaron para a gandería trouxeraas meu avó de Canadá. El quería ter bos animais na granxa e agora seguimos na mesma liña”, explica.
“Meu avó trouxera vacas de Canadá para a gandería porque quería ter bos animais na granxa e agora seguimos na mesma liña”
A mellora xenética é un dos piares desta gandería familiar situada na parroquia lalinense de A Veiga, (Pontevedra). Miguel é a terceira xeración desta SAT que integran xunto a el seus pais e seus tíos, e á que acaba de incorporarse tamén seu irmán Rubén. Nos últimos meses atópanse ademais inmersos en plena fase de expansión coa construción dunha nova nave para incrementar o número de cabezas desta gandería en intensivo. “A nosa intención é chegar a ter uns 250 animais en muxido”, detalla. Agora mesmo contan cunhas 360 cabezas de gando, con 185 vacas en muxido de raza Holstein e unha produción media anual de case 10.800 litros. A estas vacas en produción súmanse unhas 126 xovencas e a recría máis nova.

Aposta pola xenética

SAT Carballeiras Madriñán é un dos nomes habituais dos concursos morfolóxicos de gando de raza Frisoa, unha paixón que tamén o patriarca transmitiu ás novas xeracións. “Dende pequeno, meu avó inculcoume na gandería e en ir a concursos. Xa dende moi novo sabía que quería seguir coas vacas”, recorda Miguel. Na gandería teñen vacas destacadas en distintos certames como o de Feiradeza e tamén recibiron o recoñecemento ó seu labor como criadores. Miguel resultou en 2012 sétimo mellor manexador de Europa e terceiro mellor preparador, nun certame internacional celebrado en Inglaterra.
“Para nós, as vacas con boa xenética son tamén as máis rendibles na granxa”
“Agora cada vez participamos en menos certames, porque quítanos moito tempo, pero seguimos apostando pola xenética do mesmo xeito”, detalla. Este ano contaba volver acudir ó certame de Feiradeza con varios exemplares, pero a crise sanitaria do coronavirus fixo que, polo momento, se cancelase esta edición e xa comezou a pensar no vindeiro ano. “Para nós, as vacas con boa xenética son tamén as máis rendibles na granxa, por iso nos preocupamos por contar con animais con boas características”, explica Miguel. Miguel coa vaca Carballeiras Bruno Bruna, elexida Vaca Gran Campioa no concurso de Feiradeza en 2017. Un dos animais máis destacados da granxa foi Carballeiras Bruno Bruna, unha vaca que con 7 anos resultou vaca Gran Campioa en Feiradeza no ano 2017. Ese ano resultou moi destacado para a gandería, posto que colleitaron un importante número de premios nese certame. Xunto con esta vaca, Carballeiras Beemer Niura foi a Tenreira Campioa e Gran Campioa das Xovencas. Carballeiras Mccutchen Concava quedou coma a Vaca Nova Campioa e, por último, Carballeiras Hill Marta resultou Vaca Intermedia Campioa. "Foi un dos maiores logros nun concurso, xa que os nosos animais resultaron ser as campioas das distintas categorías do certame", recorda Miguel, que tamén levou o recoñecemento como mellor criador.
En 2017, as vacas da gandería resultaron campioas das distintas seccións de Feiradeza
Ademais, continúan prestando especial interese ós touros que seleccionan e tamén levan anos traballando cos seus propios embrións. “Miramos con lupa os touros que escollemos para as nosas vacas, fixámonos especialmente en que proporcionen boas ubres e boas patas”, sinala o gandeiro. Estas decisións son cousa tanto de Miguel coma de seu tío, José Manuel Madriñán, que traballou durante anos como cualificador e foi presidente de Africor Pontevedra. Ámbolos dous son os que se encargan principalmente da atención e das decisións que afectan ós animais na granxa. Teñen unha taxa de inseminación de 2,8 e só empregan touros americanos e canadienses para as súas vacas.

Colaboración entre ganderías

Levan tempo apostando por conseguir embrións de boa calidade dos exemplares que teñen na granxa ou mediante a colaboración con outros gandeiros. É o caso da Gandería Rato, de Rodeiro, coa que comparten varias vacas a medias para a produción de embrións. Algúns dos animais nos que poñen especial interese para a reprodución proceden de poxas coma a de Curtis (A Coruña) ou a de Vegadeo (Asturias), ó tempo que tamén importan embrións procedentes de Europa e América. Lote de vacas de alta produción da gandería. Tanto José Manuel coma Miguel queren ademais rendibilizar os animais na granxa. “Para nós non se trata de priorizar lograr boas medias globais de produción, senón conseguir aproveitar o potencial de cada vaca”, detalla José Manuel, ó tempo que indica que seguen muxindo vacas que pariron hai máis de 2 anos e que continúan a producir 25 litros de leite, mentres que no rabaño tamén dispoñen de vacas cunha produción media de 57 litros. “Noutras ganderías, estas vacas xa as terían vendido, nós preferimos conseguir que teñan unhas boas condicións, que nos sigan dando leite mentres que á hora de botar contas iso sexa rendible”, explica. “Sen estas vacas, a nosa media, que agora está nuns 34 litros por vaca, seguro que había subir, pero para nós é mellor traballar deste xeito, sen desaproveitar o que nos pode ofrecer ese animal mentres está na granxa”, apunta Miguel. Na gandería, a ración das vacas en produción consiste en medio quilo de palla, 10 quilos de silo de herba, 23 quilos de silo de millo, e 14 quilos de penso. Mentres, a ración das xovencas é de 27 quilos de silo de herba, 2 de palla e 4 de silo de millo. Pola súa parte, as vacas secas reciben 3,5 quilos de palla, 14 quilos de silo de herba, 12 quilos de silo de millo e 2,5 quilos de penso.
O ano pasado incorporaron 23 xovencas de raza Jersey para diversificar o rabaño e incrementar a produción de sólidos
Actualmente, teñen unhas calidades de 3.29% de proteína e 4,16% de graxa e traballan para incrementar estes valores. Este é un dos motivos polo que decidiron incorporar un novo lote de 23 xovencas de raza Jerseys procedentes dunha gandería de Menorca. “Comprámolas o ano pasado no mes de febreiro a agora temos a primeira para parir”, explica o gandeiro. As xovencas de raza Jersey adquiríronas a comezos do ano pasado e agora comezan a parir as primeiras. Buscan diversificar o rabaño e non só apostar por incrementar a cantidade de leite senón a calidade. “A ver como se vai poñendo o prezo do leite, pero os sólidos están tendo cada vez máis importancia”, comentan. Dende o mes de abril véndenlle o leite a Inleit, que acaba de baixarlle o prezo 2 céntimos. “Vendémoslle sempre a Larsa, pero decidimos cambiar para Inleit porque o pagaba mellor, e veremos como vai indo agora”, valoran.

Unha ampliación en marcha

Este mes de agosto cúmprense 15 anos dende que comezaron a traballar na nave actual e agora atópanse inmersos en pleno proceso de ampliación para conseguir duplicar a capacidade das instalacións. En febreiro do ano pasado comezaron as obras dunha nave contigua de 28 metros de ancho e 60 metros de largo. “As chuvias do ano pasado atrasáronnos os traballos e as obras están condicionando moito o noso día a día na granxa”, indican os gandeiros. A ampliación supón unha inversión de 591.800 euros e obtiveron unha aportación de case 296.000 euros dentro dun Plan de Mellora con fondos europeos. Están ampliando as instalacións para duplicar a capacidade da granxa. Na nave nova nestes momentos teñen as vacas secas e a xovencas preñadas, así como os tenreiros máis novos, mentres a maior parte da recría aínda está nas antigas cortes, situadas a escasos metros. A estrutura das novas instalacións mantén as directrices da granxa actual, onde teñen as vacas en produción. “Como meu tío traballou moito tempo de cualificador vira moitas granxas e iso serviunos á hora de tomar decisións na construción da nave”, detalla Miguel.
As vacas en produción téñenas en camas de carbonato cálcico, mentres que as próximas ó parto están en cama de palla
As vacas en produción téñenas en camas de carbonato cálcico, que limpan 3 veces ó día e renovan e volven encher cada 10 días. Mentres, as vacas acabadas de parir e as xatas máis novas están en cama de palla. “As vacas acabadas de parir que teñen algunha complicación recuperan antes se están en cama de palla”, xustifica o gandeiro. Algúns dos tenreiros que teñen xa nas novas instalacións, aínda pendientes de rematar. As obras de ampliación da granxa tamén levaron parello o cambio do sistema de muxido. Pasaron dunha sala de muxido de 8x8 puntos a unha de 14x14 con saída rápida, da firma GEA. Na gandería contan con 3 traballadores que lles axudan tanto nas tarefas de muxido como na atención dos animais. “Polo momento, non temos problema de falta de persoal, o operario que menos tempo leva con nós vai xa para 6 anos, e o que máis, pasa dos 20 anos traballando na gandería”, apunta. Acaban de instalar unha nova sala de muxido.

A terra, a carón da granxa

A gandería manexa unhas 120 hectáreas de terreo, entre as fincas en propiedade e as que ten alugadas. A maior parte das terras atópanse nas proximidades da granxa. O avó de Miguel adquiriu xa en 1979 boa parte das terras a un cura, ó que tamén lle mercou as vellas instalacións, así como o rabaño de vacas que tiña o sacerdote e a maquinaria. “A miña familia non tiña nada aquí ata que meu avó mercou estas terras. Daquela, tiñan un rabaño dunhas 20 vacas na parroquia de Sello (Lalín) e decidiron traer todo para aquí”, concreta o gandeiro. Por iso, 10 hectáreas de terreo aínda as teñen na zona de Sello, onde vive a familia. A elas tamén se suman outras 21 hectáreas noutra parroquia lalinense próxima, en Castro de Cabras, no límite co concello de Rodeiro. O resto da terra que manexan atópase nas proximidades da granxa. Na finca enfronte da granxa, dunhas 15 hectáreas, teñen sementado millo e aínda teñen unha parte a herba que segaron en días pasados, sendo a terceira corta deste ano. Teñen unhas 72 hectáreas dedicadas ó cultivo de millo, onde previamente aproveitan para producir veza e avea. Adoitan ter unha produción de millo de 43.000 quilos por hectárea. Polo momento, en ningunha das súas fincas contan con sistemas de rega, pero non descartan instalalos nun futuro, sobre todo ante as secas que se están vendo este ano. Este ano fixeron 5 silos de herba e teñen outros 7 de silo de millo. No resto, teñen pradeiras permanentes de raigrás inglés, que renovan cada 3 anos. “Estamos logrando ata 3 cortas e con boas calidades, polo que decidimos seguir co raigrás inglés, xa que nos está funcionando moi ben”, valora. Miguel encárgase, xunto cos seu pais, de tódolos labores nas fincas. “Só contratamos puntualmente para meter o millo, do resto encargámonos nós”, explica. Ademais, seu pai tamén se encarga do transporte de palla dende Castela. SAT Carballeiras é tamén unha das socias da Cuma Gandeiros de Lalín, que integran ganderías coma Pérez, Blanco ou Vila, dende hai arredor de 13 anos. “A Cuma permíteche comprar maquinaria moi grande, o que despois che facilita facer ben o traballo”, valora Miguel. Deste xeito, aínda que non traballan con ningunha cooperativa da zona, teñen un amplo abano de maquinaria. Na Cuma dispoñen de 2 tractores, un carro mesturador, unha cuba de 26.000 litros, unha grade rotativa ou un remolque do esterco, entre outros apeiros.

Novas baixadas en Ternera Gallega e no gando de abasto no Mercado de Amio

O Mercado de gando de Amio (Santiago) rexistrou esta mañá novas baixadas dos prezos tanto nos exemplares de Ternera Gallega coma no gando de abasto. Continúa así a tendencia á baixa que xa se evidenciou nas reducións da semana pasada. No caso da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, a mesa de prezos acordou unha baixada de 0,15 euros en todas as canais, tanto da calidade Suprema como na de Ternera. Consideran que esta baixada tan acusada dos prezos reflicte, mellor que a táboa da sesión anterior, a realidade dun mercado que se recupera a ritmo moi lento. Na mesa de prezos do gando de abasto, os vogais acordaron unha redución de 5 euros en tódalas categorías e as calidades das femias de raza Cruzada para recría. Manteñen os prezos da sesión anterior para o resto de gando de recría, así como para o vacún mediano e o maior. Porén, aprecian unha tendencia á baixa nos prezos dos machos de Frisoa para recría e nos do vacún maior de abasto. En canto á asistencia, nesta xornada contabilizáronse 1.634 animais, 31 menos que o pasado mércores día 15. Houbo 1.270 cabezas de vacún menor, 76 menos que na feira anterior, 160 de vacún mediano, 4 máis; e 204 de vacún grande, o que supón 41 máis do rexistrado na sesión pasada.

Máis información

– Táboa de cotizacións de Amio (22-VII-2020).

Silleda retoma as poxas de gando cunha baixada xeral dos prezos

A Central Agropecuaria de Galicia – A Banca, en Silleda (Pontevedra), retomou esta mañá as poxas de gando vacún, despois de máis de 2 meses sen celebrarse, tras suspenderse con motivo do estado de alarma decretado o pasado 14 de marzo polo coronavirus. A primeira xornada celebrouse con novas medidas de seguridade sanitarias e sistemas telemáticos para reducir a presenza física no recinto e evitar aglomeracións. Nesta primeira sesión, a afluencia de gando situouse nos 432 animais, lonxe do milleiro de animais que habitualmente reúne o mercado. Nesta nova etapa, unha das medidas de prevención afecta directamente ó gando que pode acceder ó recinto. Así, mentres dure a crise sanitaria o número máximo de cabezas de gando en cada sesión será de 1.320. A xornada estivo marcada tamén pola tendencia xeral á baixa dos prezos, que afectou á maioría das categorías de gando vacún, tanto ós becerros como ás vacas. A comparativa coa última feira celebrada amosa unha clara depreciación do valor dos animais, e mesmo se se compara coas cifras que se manexaban nesta mesma semana hai un ano, a tendencia é tamén á baixa. No caso do porcino, que encadeaba varias semanas de caída dos prezos, houbo unha suba nos leitóns, mentres que o valor do porco cebado se estabilizou.

Baixadas no vacún

No caso dos becerros de recría de raza Frisoa a excepción veu marcada pola subida de 16 euros que rexistraron os animais de menos de 21 días, que se cotizaron a 99 euros, tanto os 10 machos que se contabilizaron como a única femia que se vendeu. Nos becerros de entre 21 e 50 días o prezo situouse en valores próximos ós que se manexaban hai 2 meses, só 1 euro por debaixo, quedando nos 111 euros. Os animais de máis de 50 días cotizáronse a un prezo medio de 144 euros, 7 menos que na última sesión. Nas razas de cruces industriais a baixada foi máis acusada. Nos animais de menor idade, os de menos de 21 días, produciuse unha redución de 139 euros e o prezo medio situouse nos 195 euros. No caso dos becerros de entre 21 e 50 días houbo unha baixada de 57 euros e pasan a cotizarse a 265 euros. Nos animais de máis de 50 días a redución do prezo foi de 91 euros e colócanse nos 348 euros de media. Nos becerros carniceiros a tendencia foi á alza. No caso dos machos de cruces industriais houbo un incremento de 29 euros e pasan a situarse nos 859 euros. Mentres, as femias cotízanse a 720 euros de media, tras unha redución de 10 euros. Os becerros frisóns acadaron esta mañá unha suba de 173 euros e pasan a situarse nun prezo medio de 656 euros. No vacún maior a tendencia foi á baixa e a caída máis significativa produciuse nas vacas de primeira categoría que se cotizaron a un prezo medio de 997 euros, 90 euros por debaixo dos valores que acadaran na última sesión de comezos de marzo. Nas vacas de segunda o prezo foi de 708 euros e os animais de desvelle situáronse nun valor medio de 457 euros, en ámbolos dous casos tras unha baixada de 5 euros.  

Suba dos leitóns

Nas mesas de negociación do porcino, que se estaban a celebrar de xeito telemático nos últimos dous meses, esta xornada estivo marcada por unha leve recuperación dos prezos nos leitóns, despois das drásticas caídas das cotizacións das últimas semanas. Unha subida de 2 euros en ambas categorías deixa o valor dos bacoriños de 20 quilos chegados dunha única granxa nos 50 euros, mentres que os que proceden de varias ganderías quedan nos 45 euros. O prezo medio é de 2,5 euros por quilo e de 2,25 euros, respectivamente. O porco cebado repite cotización esta semana. Así, o selecto cotízase a 1,275 euros o quilo mentres que o normal queda en 1,250 euros. Nos animais de Canle II o prezo é de 1,623 euros e os de desvelle sitúanse entre 0,48 e 0,54 euros o quilo. Mentres, na lonxa de Madrid o prezo do coello continúa sen cambios e mantense en 1,65 euros o quilo.

Visita de Rueda á Central

Esta primeira xornada de actividade na Central Agropecuaria contou coa visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que comprobou de primeira man como se retomaban as poxas. “A apertura hoxe do mercado do gando é unha boa nova, xa que se retoma unha actividade comercial que ten moito que ver coa reactivación do consumo, cos hábitos que tiñamos”, indicou Rueda durante a súa visita. O vicepresidente tamén destacou a importante aposta polas novas tecnoloxías feita na Central, co obxectivo de reducir a presenza física de persoal no recinto. Así é que agora, e mentres dure a crise sanitaria, resulta obrigatoria a inscrición dos animais, ben sexa a través da páxina web da central, por correo electrónico ou por whatsapp. Ademais, mediante a aplicación TokApp como na web da central difundiranse os resultados de cada poxa en tempo real para reducir a afluencia. Dende a dirección da Central prevén manter de forma permanente esta difusión da información das poxas para axilizar a actividade do mercado e ofrecer unha resposta máis eficiente. A recuperación da actividade na Central estivo marcada, ademais, pola incorporación de novos protocolos de seguridade e prevención para evitar os contaxios de coronavirus, seguindo tanto as indicacións das autoridades sanitarias como outras medidas postas en marcha dende a propia central. Así, segundo informaron dende a organización nun comunicado, todo o persoal contou con material de protección como máscaras, guantes e xel. Tamén se instalaron en varios puntos do recinto dispensadores de xel, elementos de protección e alfombras desinfectantes para garantir a seguridade dos traballadores e dos usuarios. Tanto os gandeiros como os tratantes que prefiran asistir de forma presencial ás poxas deberán cumprir coas indicacións sinaladas pola organización para circular polos pavillóns co gaio de evitar cruzamentos.

Subas nos becerros de recría e carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca rexistrou este martes unha xornada con subas nos becerros de recría, sobre todo nos de raza frisoa, así como nos tenreiros carniceiros. Mentres, a tendencia no vacún maior foi á baixa. Nas mesas de cotización do porcino houbo tamén subas nos leitóns e mantívose sen cambios nos prezos o porco cebado. Tampouco se deron variacións no prezo dos ovos nin do coello.

En canto ó gando de recría, nos becerros de raza Frisona houbo subas en tódalas categorías. Así, nos animais máis novos, os de menos de 20 días produciuse un incremento de 16 euros ata situarse nos 80 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa, o prezo medio chegou ós 96 euros, 11 euros máis que na feira anterior. Tamén nas femias desta categoría houbo unha suba de 37 euros, ata acadar os 49 euros, fronte ós 12 euros de media rexistrados hai unha semana. Nos animais de máis de 50 días, o prezo incrementouse en 25 euros e situouse nos 106 euros. Nas femias desta sección, o aumento foi de 115 euros ata os 158 euros de prezo medio.

A única suba nos becerros de cruces industriais rexistrouse nos animais de entre 20 e 50 días, que tamén é a sección máis representativa. Neste caso, o incremento foi de 46 euros para acadar os 363 euros. Mentres, no resto de categorías, a tendencia foi á baixa. Nos animais máis novos, de menos de 20 días, o prezo quedou en 261 euros, 16 menos que a semana pasada. En canto ós becerros de máis de 50 días, a caída foi de 56 euros para situarse en 402 euros.

Nos becerros carniceiros houbo subas en tódalas categorías. Nos tenreiros de raza frisoa acadáronse os 615 euros, 73 máis que na feira anterior. Mentres, nos machos de cruces industriais a suba foi de 80 euros e acadaron os 897 euros e nas femias desta sección o prezo incrementouse en 60 euros ata os 804 euros.

No referido ó vacún maior, a tendencia foi á baixa, a excepción das vacas de desvelle, onde o prezo se incrementou en 18 euros, ata os 433 euros. Nas vacas de primeira houbo unha baixada de 5 euros e o prezo medio quedou nos 1.075 euros e nas de segunda produciuse unha redución de 9 euros e pasaron a cotizarse a 716 euros.

Subas nos leitóns

Nesta xornada, as mesas de cotizacións do porcino acordaron manter os prezos do porco cebado logo de varias semanas cunha tendencia á baixa. O porco cebado selecto e normal cotízase a 1,465 e 1,440 euros o quilo respectivamente. A categoría de Canle II está en 1,870 euros o quilo. Nos animais de desvelle o prezo está entre os 0,73 e os 0,79 euros.

Mentres, nos leitóns decidiron unha suba dun euro por animal en tódalas categorías. O bacoriño de 20 quilos procedente dunha única granxa acada os 59 euros e os animais chegados de varias ganderías cotízanse a 54 euros. O prezo por quilo é de 2,95 e 2,7 euros respectivamente.

Os ovos tamén se mantiveron sen cambios nesta xornada. Así, a ducia da categoría XL quedou nos 1,43 euros; a da L págase a 1,27 euros, a M e a S cotizaron a 1,13 e 0,92 euros a ducia, respectivamente.Tampouco houbo variacións esta semana no prezo da galiña de desvelle, que continúa nun intervalo de 0,08 e 0,16 euros o quilo.

No relativo ó coello, a Lonxa de Madrid mantivo o prezo en 2,30 euros o quilo.

Sen cambios nos prezos do gando no Mercado de Amio

As mesas de prezos do Mercado de Gando de Amio (Santiago), acordaron esta semana manter as mesmas cotizacións da pasada sesión en todas as categorías e calidades de gando, tanto en Ternera Gallega coma nos prezos dos animais de recría, vacún maior e becerros carniceiros. Porén, obsérvase unha tendencia á baixa en tódalas seccións. No caso da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega advírtese certa caída no mercado da carne da categoría de Suprema, cunha oferta que, en xeral, tende a superar á demanda. De continuar esta tendencia, é probable que na próxima sesión a Mesa decida baixar os prezos. Na mesa de Prezos do Gando de Abasto ocorre algo semellante. Así, apréciase unha tendencia á baixa nos prezos da recría de raza Frisoa e o gando destetado das razas Rubia Galega e Cruzada. Ademais, tenden á baixa os prezos do gando de abasto para sacrificar e as vacas das categorías O3 a O1 e P. En canto á afluencia, nesta xornada contabilizáronse un total de 1.905 reses, 363 menos que o pasado 18 de setembro. Houbo 1.467 cabezas de vacún menor (382 menos que na sesión anterior), 228 de vacún mediano (8 máis que na feira pasada) e 201 de vacún grande (8 máis que hai unha semana). Máis información: – Táboa de cotizacións de Amio (25-IX-2019).