Archives

3.800 euros, prezo máximo na primeira poxa de gando frisón da Finca Mouriscade

A granxa da Finca Mouriscade, dependente da Deputación de Pontevedra e situada en Lalín, acolleu esta mañá a Primeira Poxa de Gando Frisón, con animais de gran valor xenético e pertencentes á propia granxa. A iniciativa congregou un elevado número de gandeiros procedentes tanto do Deza, como das principais zonas gandeiras da Coruña, así como da provincia de Lugo. Pese a que o acceso era libre, para poder participar na poxa e mercar os animais era preciso realizar unha inscrición previa, que formalizaron un total de 26 ganderías. Saíron a poxa un total de 17 vacas, na maior parte animais de segundo parto, aínda que tamén houbo algunha de primeiro e un exemplar de terceiro parto. O prezo de saída foi de 1.750 euros, agás no animal de máis idade, que partiu de 850 euros. O prezo medio situouse nos 2.600 euros e acadouse un importe total de 44.450 euros. O prezo máximo da poxa logrouno a vaca Mouriscade Neutrón Petri, que partiu de 1.750 euros e, tras unha áxil e disputada poxa, acadou os 3.800 euros, pagados pola gandería Pena Guisande, do Páramo (Lugo). É un animal cunha cualificación de 85 puntos e que xa conta cunha produción de 14.000 quilos de leite. Ademais, pertence a unha das familias de gran traxectoria na Finca. O segundo mellor prezo foi para a vaca Mouriscade Sálvame Malva, que foi adquirida pola gandería de José Ramón Carballeiro Becerra, de Tordoia (A Coruña), por 3.250 euros. Tódalas vacas acadaron un prezo superior ó de partida nunha poxa que se desenvolveu de forma áxil e rápida, en pouco máis dunha hora. O prezo máis baixo da sesión situouse nos 2.050 euros e non quedou ningún animal sen adxudicar dos que saíron á poxa.
Unha das actividades celebradas na Escola de novos gandeiros, celebrada esta semana na granxa da Finca Mouriscade.

Xornada de clausura da Escola de Iniciación de futuros gandeiros

A poxa coincidiu coa xornada de clausura da segunda edición da Escola de Iniciación de futuros gandeiros, organizada pola Federación Frisoa Galega en colaboración co Clube de Xóvenes Gandeiros e que tamén contou coas instalacións da Granxa da Finca Mouriscade. Ó longo desta semana un total de 35 rapaces de entre 8 e 17 anos iniciáronse no manexo do gando, dispoñendo para iso dos animais máis novos da gandería de Mouriscade. Recibiron formación sobre cuestións como a morfoloxía dos animais, a alimentación do gando, a importancia dun bo encamado, así como do pelado, limpeza, doma e preparación para os certames morfolóxicos. Ademais, cuestións como o sistema de muxido robotizado, que se emprega na granxa, tamén suscitaron gran interese entre o alumnado.
Os rapaces abordaron cuestións como a morfoloxía, a alimentación e manexo do gando ou a preparación para os concursos
Na xornada de clausura, os rapaces fixeron unha exhibición das destrezas na doma e o paseo dos tenreiros. O curso concluíu cunha comida de confraternidade e unha entrega de premios e diplomas ós asistentes, un acto que contou coa intervención do director xeral de gandería, José Balseiros.

Plan estratéxico de Mouriscade

Tanto a celebración da primeira poxa de gando frisón como acoller a escola de novos gandeiros son dous exemplos das actividades contempladas no Plan estratéxico de Mouriscade. Con este plan búscase, entre outros obxectivos, volver situar á Finca como referente no sector gandeiro, ofrecer servizos directos de mellora xenética para as ganderías galegas e, en especial, da provincia; así como dar a coñecer as instalacións e o traballo desenvolvido no centro á sociedade. A gandería de Mouriscade, que conta cunha granxa experimental en selección xenética, atópase entre as 12 mellores de España. Nela lévase a cabo un programa de mellora xenética “vía femia” coa implantación de embrións recollidos dos animais elite da granxa e faise un seguimento científico da saúde e manexo do gando, monitorizándose os datos produtivos e transferindo o coñecemento adquirido ás granxas, cooperativas e empresas do sector.

Nova baixada nos prezos de Ternera Gallega

Esta semana, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron unha nova baixada de 0,03 euros para as canais da categoría de Tenreira, tal e como aconteceu a semana pasada. No Mercado de Amio tamén houbo unha baixada nos prezos da recría. En concreto, foi de 5 euros para os tenreiros de cruces industriais e frisóns. En canto á asistencia houbo 1.598 reses, o que supón 156 menos que a sesión da semana pasada. Contabilizáronse 1.347 cabezas de vacún menor, 153 menos que na sesión anterior. Houbo 91 de vacún mediano (12 menos) e 160 de vacún grande (9 máis que a semana pasada). Máis información –Táboa de cotizacións de Amio (12-VII-2023).

Un total de 165 exemplares de vacún frisón de seis Comunidades competirán nos concursos morfolóxicos de Cimag-GandAgro

A feira Cimag – Gandagro, que se desenvolverá do 2 ó 4 de marzo oen Silleda, contará o día 4 cos certames morfolóxicos de gando, nos que participarán un total de 165 exemplares de vacún frisón de alta xenética procedentes de seis Comunidades. O XXXI Concurso Autonómico da Raza Frisoa FEFRIGA´23, patrocinado por Xenética Fontao, contará cos exemplares máis destacados de Galicia. Competirán 109 reses, das cales 43 proceden da provincia de Lugo, 41 de A Coruña e 25 de Pontevedra. Pola súa banda, o XXXVI Open Internacional da Raza Frisoa GandAgro´23 converterase unha vez máis en punto de encontro da mellor cabana bovina. Conta coa inscrición, ademais dos 109 exemplares galegos do Concurso Autonómico, doutros 20 de Cantabria, 14 de Asturias, 8 do País Vasco,13 de Cataluña e 1 de Castela-León. Suman así 165 animais rexistrados. Premios Os exemplares participantes competirán polos títulos de Campioa de Galicia e Campioa Internacional (en función do concurso) nas categorías de becerra, xovenca, vaca xoven, vaca intermedia e vaca adulta; e polo de Gran Campioa de Galicia e Gran Campioa Internacional (segundo o concurso) nas de xovenca e vaca. Tamén se recoñecerá ao Mellor Criador Autonómico e Mellor Criador Internacional, tanto absoluto como de xovencas, ademais de Mellor Gandería de Nova Participación. En canto aos galardóns, os de xovenca e vaca Gran Campioa de Galicia, e tamén de Mellor Criador absoluto e de xovencas de Galicia, serán patrocinados por Xenética Fontao. Pola súa banda, o premio á vaca Gran Campioa Internacional estará patrocinado por Abanca, mentres que o de xovenca Gran Campioa Internacional estarao por Ucoga. O de Mellor Criador Internacional contará co patrocinio de Ferplan. Organizados pola Federación Frisona Galega (FEFRIGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, estes concursos celebraranse o día 4 de marzo. Xóvenes manexadores e preparadores Ademais destas prestixiosas competicións, en Abanca Cimag-GandAgro 2023 celebrarase, tamén centrado na raza frisoa e da man de FEFRIGA, o XXXVI Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores “Memorial Luís Louzao”, no cal o día 3 de marzo os gandeiros máis novos demostrarán a súa habilidade na presentación en pista dos animais. Mapfre patrocinará esta competición. Por outra banda, o mesmo día, engadirase o XIV Concurso Internacional de Xóvenes Preparadores de Gando GandAgro´23, patrocinado por Ferplan, no que os participantes medirán a súa destreza preparando aos animais para logo presentalos.

Aberta a inscripción para participar nos concursos de gando frisón de Cimag-GandAgro

A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-GandAgro, que se celebrará do 2 ao 4 de marzo na Feira Internacional de Galicia, volverá converterse nun referente para a raza frisoa a través da celebración dos seus concursos. Organizados pola Federación Frisona Galega (Fefriga), coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, terán como eixos principais os concursos morfolóxicos, que se levarán a cabo o sábado 4 de marzo. Estes serán o Concurso Autonómico da Raza Frisoa FEFRIGA, o cal cumpre a súa trixésima primeira edición, e o Open Internacional da Raza Frisoa GandAgro, que non se celebraba desde 2019, cando tamén tivera lugar no marco deste certame, e que chega á súa trixésima sexta edición. Os exemplares participantes competirán polos títulos de Campioa de Galicia e Campioa Internacional (en función do concurso) nas categorías de becerra, xovenca, vaca xoven, vaca intermedia e vaca adulta; e polo de Gran Campioa de Galicia e Gran Campioa Internacional (segundo o concurso) nas de xovenca e vaca. Tamén se recoñecerá ao Mellor Criador Autonómico e Mellor Criador Internacional, tanto absoluto como de xovencas, ademais de Mellor Gandería de Nova Participación. A estes certames sumarase o venres 3 de marzo, o XXXVI Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores “Memorial Luís Louzao”, no cal os gandeiros máis novos demostrarán a súa habilidade na presentación en pista dos animais. Engadirase, o mesmo día, o XIV Concurso Internacional de Xóvenes Preparadores de Gando GandAgro´23, no que os participantes mostrarán a súa destreza preparando ao gando que logo se presentará en pista. O prazo de inscrición para participar nestes concursos xa está aberto, finalizando o día 23 de xaneiro. A súa documentación está dispoñible tanto na páxina web de Fefriga como da propia feira. Estas competicións, que contan con Xenética Fontao como un dos seus patrocinadores principais e que comezarán a recibir xa aos participantes o 2 de marzo, converteranse en punto de encontro da mellor cabana bovina tanto galega como de fóra da comunidade. Encontro do comité organizador do certame. Reunión do seu comité organizador Co obxectivo de seguir avanzando na organización destes concursos, o comité organizador dos concursos de frisón reuniuse a finais da semana pasada na Feira Internacional de Galicia Abanca. Os seus membros seguirán traballando nas próximas semanas para que estes concursos cumpran ao máximo coa súa finalidade, que se traduce en estimular aos gandeiros na cría de animais de alta calidade xenética como medio de rendibilizar as súas explotacións e orientalos sobre as tendencias actuais de selección, ademais de poñer de manifesto o alto nivel xenético e morfolóxico dos seus animais.

Subas nos prezos medios da recría e os becerros carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, que se celebra no recinto feiral de Silleda (Pontevedra), rexistrou este martes subas nos prezos da recría, tanto frisoa coma de cruzamentos industriais. Tamén houbo incrementos nas cotizacións de referencia de boa parte das categorías dos tenreiros carniceiros. No vacún maior apréciase unha baixada do valor das seccións intermedias. Nas mesas de cotización do porcino, os leitóns experimentaron unha suba do prezo, mentres que o porco cebado se estabiliza despois de reiteradas baixadas do seu valor nas últimas semanas. O mercado do ovo logrou esta semana de novo subas en tódalas categorías. Co repaso detallado polas cotizacións medias das diferentes seccións e categorías do vacún coñecemos a evolución do mercado con respecto da semana pasada. Cómpre ter presente que existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal. Na recría de raza frisoa, o prezo de referencia dos becerros máis novos, os de menos de 20 días, incrementouse en 5 euros e sitúase nos 81 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o prezo medio atópase nos 109 euros, logo dunha suba de 8 euros. Os animais de máis de 50 días experimentaron a suba máis destacada, de 26 euros, e acadan un valor medio de 145 euros. Nos becerros de recría de cruzamentos industriais a tendencia foi semellante. A única excepción apreciouse nos machos máis novos, con menos de 20 días, que reduciron o seu valor en 7 euros con respecto da semana pasada e cotízanse de media a 260 euros. As femias desta categoría xa experimentaron unha suba de 2 euros e teñen un valor medio de 225 euros. Nos tenreiros de entre 20 a 50 días, o prezo medio situouse nos 340 euros, o que amosa unha suba de 45 euros. As femias incrementaron o seu valor en 11 euros e cotízanse a un prezo medio de 262 euros. Os tenreiros de máis de 50 días rexistraron unha suba de 38 euros e quedan cun prezo medio de 435 euros. As femias tiveron unha suba de 1 euro e están nos 276 euros de media. Tamén nos tenreiros carniceiros houbo subas en boa parte das categorías. Unha das excepcións foron os becerros de cruces industriais, que tiveron un prezo medio de 1.008 euros, o que amosa unha baixada de 29 euros con respecto da semana pasada. As femias desta sección tiveron unha suba de 252 euros e pasan a situarse nos 930 euros. Nos tenreiros de Rubia Galega o valor medio situouse nos 1.221 euros, é dicir 160 euros máis. Nas femias seguiuse a tendencia e cotizáronse a 971 euros, o que supón unha suba de 195 euros. Os becerros frisóns tiveron un prezo medio de 658 euros, é dicir 6 euros máis que hai unha semana. Nos animais comercializados baixo a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega Suprema o prezo de referencia atópase nos 1.045 euros, o que supón unha suba de 229 euros con respecto da lonxa pasada. No vacún maior houbo baixadas dos prezos medios nas categorías intermedias. Así, as vacas da categoría extra tiveron un valor medio de 2.051 euros, é dicir, 60 euros máis que a semana pasada. Tamén os animais de descarte incrementaron o seu prezo ata acadar os 446 euros, o que supón 10 euros por encima. Mentres, nas vacas de primeira o prezo medio estivo nos 1.143 euros, o que supón 14 euros menos. As vacas de segunda tiveron unha baixada de 17 euros e sitúanse nos 764 euros. Os animais vendidos baixo o selo Vaca e Boi de Galicia marcaron un prezo medio de 2.093 euros, é dicir 399 euros máis que o logrado a semana anterior nesta sección.

Subas nos leitóns

Na mesa de cotizacións do porcino, esta semana estabilizouse o prezo do porco cebado, logo de varias xornadas cotizando á baixa. Tamén se produciu unha suba nos leitóns. Así, o porco selecto e o normal teñen un valor de 1,66 e 1,635 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,123 euros. A única modificación produciuse nos animais de descarte, que tiveron unha suba de 0,03 euros e sitúanse entre os 0,71 e os 0,77 euros o quilo. Nos leitóns houbo unha suba de 1 euro. Deste xeito, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 62 euros (cun prezo de 3,1 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 57 euros e cun prezo por quilo de 2,85 euros. O mercado do ovo experimentou esta semana subas de 0,02 euros en tódalas categorías. Tras este incremento, os ovos da XL están a 2,79 euros a ducia, os da L a 2,58 euros, os ovos da M a 2,22 e os da S a 1,97 euros a ducia. As galiñas de descarte semipesadas mantéñense entre os 0,30 e os 0,37 euros.

Subas na recría de cruces e nos becerros carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca experimentou este martes unha suba dos prezos medios da recría de cruces e nos becerros carniceiros, aínda que tamén houbo excepcións nestas seccións. A tendencia foi á baixa no vacún maior. En canto ás mesas de prezos, o porcino mantense sen cambios e o mercado do ovo e do coello rexistraron subas. Facemos un repaso detallado polas cotizacións medias das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado. Cómpre ter presente que esta é unha comparativa entre os prezos deste martes e as cotizacións da feira da semana pasada para coñecer as tendencias dos prezos, pero existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal. Na recría de raza frisoa, os tenreiros máis novos, os de menos de 20 días, foron das excepcións entre os pintos ó rexistrarse unha suba do prezo medio de 29 euros. Deste xeito, cotízanse de media a 114 euros. Mentres, nos tenreiros de entre 20 e 50 días, a sección con maior afluencia de gando do mercado; o prezo medio reduciuse minimamente nun euro con respecto da semana pasada e atópase nos 120 euros. Nos becerros de máis de 50 días amósase unha baixada de 5 euros e o prezo medio foi de 147 euros. Nos becerros de recría de cruzamentos industriais a tendencia foi á alza nos machos e só nalgunhas seccións as femias acusaron descontos con referencia á semana pasada. Os tenreiros máis novos, os de menos 20 días, tiveron un prezo medio de 260 euros, o que deixa unha suba de 2 euros. As femias tiveron un prezo medio de 179 euros, é dicir 5 euros menos. Nos tenreiros de entre 20 a 50 días o prezo medio situouse nos 319 euros, o que supón un incremento de 28 euros. Nesta ocasión, tamén as femias rexistraron unha suba, de 14 euros, e cotizáronse a un prezo medio de 222 euros. Nos tenreiros de máis de 50 días houbo unha suba de 26 euros no prezo medio e sitúanse nos 442 euros. As femias tiveron unha redución de 38 euros e cotizaron de media a 305 euros. En canto ós prezos dos becerros carniceiros, a tendencia foi á alza. Os tenreiros de cruzamentos industriais, a categoría con maior afluencia, rexistrou unha suba de 3 euros no prezo medio con respecto da semana pasada, de xeito que se sitúa nos 981 euros. As femias tamén experimentaron unha suba, de 63 euros, e acadan un valor medio de 912 euros. Nos animais de Rubia Galega, os machos están nos 1.212 euros, o que supón a suba máis destacada da xornada, ó incrementarse o seu valor medio en 223 euros con respecto da semana pasada. Pola súa banda, as femias descontaron 17 e quedan nos 964 euros. Os becerros pintos tiveron un prezo medio de 610 euros, é dicir, 65 euros menos que a semana anterior. Os animais comercializados baixo o selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega Suprema tiveron un valor medio de 1.070 euros, o que supón 160 euros máis que a media da última feira. No vacún maior a tendencia foi á baixa, con algunhas excepcións. As vacas da extra experimentaron unha redución de 137 euros e o valor medio foi de 1.947 euros. Os animais de primeira tiveron unha mínima suba dun euro e o prezo medio queda nos 1.160 euros. As vacas de segunda rexistran unha baixada de 18 euros e o prezo medio é de 762 euros. Nos animais de desfeito o prezo medio foi de 446 euros, o que supón 24 euros menos no prezo medio. Para os exemplares comercializados baixo a IXP Vaca e Boi de Galicia, o prezo medio foi de 2.558 euros, o que amosa unha suba de 314 euros con respecto da semana anterior.

Subas no mercado do ovo

A mesa de cotizacións do porcino mantense sen cambios esta semana tanto para os porcos cebados coma para os leitóns. O porco selecto e o normal cotízanse a 1,750 e 1,725 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,24 euros e os animais de descarte sitúanse entre os 0,73 e os 0,79 euros o quilo. Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 61 euros (cun prezo de 3,05 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 56 euros e cun prezo por quilo de 2,8 euros. O mercado do ovo experimentou esta semana subas en tódalas categorías. Os ovos da XL cotízanse a 2,67 euros a ducia, logo dun incremento de 0,05 euros. Mentres, o resto de tamaños rexistraron unha suba de 0,1 euros, o que deixa ós ovos da L nos 2,42 euros, os da M a 2,03 euros e os da S a 1,80 euros a ducia. As galiñas de descarte semipesadas cotízanse entre os 0,29 e os 0,36 euros por quilo. A semana pasada, o mercado do coello (Loncun) experimentou tamén unha suba, neste caso de 0,05 euros e o quilo pasa a cotizarse a 2,60 euros.

Baixadas dos prezos medios dos becerros de recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca, que se celebra en Silleda (Pontevedra), rexistrou este martes unha baixada xeral dos prezos da recría, tanto nas distintas categorías dos becerros frisóns como nos de cruce. Porén o vacún maior experimentou subas en boa parte das seccións. A mesma tendencia á alza se apreciou nos prezos medios dos becerros carniceiros. As mesas de cotización do porcino mantéñense con subas, tanto nos porcos cebados coma nos leitóns. O mercado do ovo está tamén a ter subas en tódalas categorías. Facemos un repaso detallado polos prezos medios das diferentes seccións e categorías do vacún para coñecer a evolución do mercado. Cómpre ter presente que esta é unha comparativa entre os prezos deste martes e as cotizacións da feira da semana pasada para coñecer as tendencias, pero existen factores condicionantes dos mesmos, como a calidade dos exemplares, que determina o prezo de cada animal. Na recría frisoa, os becerros máis novos, os de menos de 20 días, tiveron un prezo medio de 146 euros, o que amosa unha baixada de 13 euros con respecto da semana pasada. No caso dos tenreiros de entre 20 e 50 días, o prezo medio experimentou unha redución de 10 euros, ata quedar nos 174 euros. Os becerros de máis de 50 días tiveron unha baixada de 20 euros e cotízanse a 182 euros. A tendencia foi semellante na recría de cruzamentos industriais. Os machos máis novos, os de menos de 20 días, descontaron 49 euros e o prezo medio sitúase agora nos 241 euros. As femias desta categoría reduciron o seu valor medio en 13 euros e quedan nos 215 euros. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días houbo unha baixada de 12 euros e quedan nos 314 euros. Nas femias de dita sección apréciase unha redución de 2 euros e o valor medio é de 233 euros. Os machos de máis de 50 días tiveron unha variación mínima dun euro, e están a 449 euros. As femias desta categoría foron as únicas que experimentaron unha suba, de 85 euros, e o prezo medio é agora de 429 euros. Nos becerros carniceiros, os animais frisóns tiveron un prezo medio de 682 euros, o que amosa unha suba de 61 euros con respecto da semana anterior. Os tenreiros de cruces industriais cotizáronse a un prezo medio de 986 euros, cunha suba de 75 euros. Nas femias o incremento foi de 99 euros e agora o valor medio é de 807 euros. Nos tenreiros de Rubia Galega, o prezo medio situouse nos 1.153 euros, logo dunha suba de 94 euros. Nas femias o aumento foi de 170 euros e o valor medio é de 943 euros. Nos animais comercializados baixo o selo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega Suprema o prezo medio quedou nos 992 euros, logo dunha suba de 62 euros. A tendencia tamén foi á alza no vacún maior, aínda que con algunhas excepcións. Nun repaso por categorías, as vacas da extra foron das únicas nas que se aprecia unha leve baixada dos prezos, de 2 euros, de xeito que o valor medio é de 1.986 euros. Nos animais de primeira houbo unha suba de 55 euros e sitúanse nos 1.192 euros. As vacas de segunda teñen un valor medio de 773 euros, ó sumar 9 euros. Os animais de desfeito tamén tiveron un aumento de 9 euros e acadan os 479 euros. Para os exemplares comercializados baixo a IXP Vaca e Boi de Galicia, o prezo medio ascende ós 2.873 euros, o que supón unha suba de 1.133 euros.

Subas nos prezos do porcino

Este martes a mesa de cotizacións do porcino acordou unha suba xeral dos prezos, tanto do porco cebado coma dos leitóns. No porco selecto e no normal o prezo é de 1,655 e 1,630 euros o quilo, respectivamente, logo dun incremento de 0,03 euros. Os porcos de Canal II están a 2,117 euros ó experimentar unha suba de 0,039 euros o quilo. Os animais de descarte foron os únicos que se mantiveron sen cambios. Cotízanse entre os 0,58 e os 0,64 euros o quilo. Nos leitóns a suba dun euro deixa os exemplares chegados dunha única granxa nos 50 euros (cun prezo de 2,5 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías a 45 euros e cun un prezo por quilo de 2,25 euros. O mercado do ovo rexistrou subas en tódalas seccións esta semana. Os ovos da XL e da L tiveron un incremento de 0,05 euros e cotízanse a 2,3 e 2,04 euros a ducia respectivamente. Mentres, a ducia de ovos da M tivo un aumento de 0,03 euros e están a 1,72 euros. Os ovos da S experimentaron un incremento de 0,02 euros e a ducia queda a 1,51 euros. As galiñas de descarte semipesadas están a cotizarse entre os 0,29 e os 0,36 euros por quilo.

Subas na recría frisoa en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou este martes unha leve recuperación dos prezos dos becerros de recría de raza Frisoa, mentres nos cruzamentos industriais desta categoría a tendencia foi á baixa. Tamén houbo reducións das cotizacións nos becerros carniceiros, así como no vacún maior, aínda que neste último se acadou un novo récord histórico no prezo medio. A mesa de cotizacións do porcino experimenta novas baixadas dos prezos. Tanto o mercado do ovo como o prezo do coello na Lonxa de Madrid mantéñense estables e sen cambios esta semana. En concreto, nos becerros de recría, os frisóns lograron unha suba xeral en tódalas categorías, mentres que nos de cruzamentos houbo importantes baixadas dos prezos. Nos animais máis novos de raza frisoa, os de menos de 20 días, a suba foi de 3 euros e quedan cun prezo medio de 84 euros. Nos exemplares de entre 20 e 50 días produciuse un incremento de 7 euros e acadan os 104 euros. No caso dos animais de máis idade, aqueles de máis de 50 días, o prezo medio está nos 101 euros, logo dunha suba de 5 euros. Na recría de cruzamentos industriais, os xatos máis novos, os de menos de 20 días, descontan 30 euros e cotízanse a 238 euros esta semana. No caso dos animais de entre 20 e 50 días, houbo unha baixada de 38 euros que deixa un prezo de 256 euros. A única excepción foron os exemplares de máis de 50 días, que logran sumarse á recría frisoa e conseguen unha suba de 15 euros, polo que se cotizan a 370 euros. Nos becerros carniceiros a tendencia foi á baixa nos machos, a excepción dos becerros frisóns que logran incrementar o seu valor medio en 137 euros e acada os 707 euros. Nos animais de cruces industriais houbo unha baixada de 150 euros, co que o prezo medio queda en 729 euros. As femias conseguiron evitar estas reducións e, pola contra, lograron un incremento de 58 euros, co que teñen un prezo medio de 784 euros. O mesmo aconteceu nos becerros de Rubia Galega, onde os machos descontaron 289 euros e cotízanse a 850 euros, logo de superar a semana pasada a barreira dos 1.000 euros. As femias experimentaron unha suba de 53 euros e sitúanse nun prezo medio de 811 euros. Nos becerros co selo Ternera Galega Suprema houbo unha baixada de 28 euros e quedan nos 867 euros.
Novo récord histórico no prezo medio da categoría de vacún maior, que se sitúa nos 1.245,31 euros 
Este martes, na Central acadouse un novo récord histórico no prezo medio da categoría de vacún maior, aínda que a tendencia foi á baixa en boa parte das categorías. Se o pasado 8 de xuño se acadaba o maior prezo medio desta categoría con 1.226,93 euros,  hoxe a Central situou este récord absoluto nos 1.245,31 euros. “Esta nova marca reflicte a crecente calidade dos exemplares de vacún maior que concorren á Central”, sinalan dende a organización da poxa de gando. En canto ó prezo por categorías, as vacas da Extra están nun prezo medio de 1.915 euros, logo dunha baixada de 144 euros. Nos animais de primeira a redución foi de 6 euros e quedan cun valor medio de 1.128 euros. As vacas de segunda foron unha das excepcións ó lograr unha suba de 23 euros e acadar os 741 euros. Nos exemplares de desfeito houbo unha baixada de 20 euros e cotízanse a 468 euros. A suba máis significativa lográrona os animais co selo Vaca e Boi de Galicia, que conseguiron incrementar o seu prezo en 323 euros e sitúanse nos 1.592 euros.

Novas baixadas do porco cebado

Unha semana máis o porco segue á baixa, con novas reducións dos prezos tanto nos animais cebados coma nos leitóns. O porco selecto e o normal cotízanse a 1,045 e 1,020 euros o quilo, respectivamente logo de experimentar unha baixada de 0,03 euros. Os exemplares de Canal II sitúanse en 1,325 euros o quilo, tras unha redución de 0,039 euros. Os animais de desvelle son os únicos que se manteñen sen variacións e continúan a cotizarse entre os 0,28 e os 0,34 euros. Os leitóns experimentaron esta semana unha baixada de 2 euros. Os exemplares procedentes dunha única granxa están agora nos 26 euros (cun prezo de 1,3 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías sitúanse nos 21 euros e cun prezo por quilo de 1,05 euros. No mercado do ovo non houbo cambios este martes. Os ovos da XL cotízanse a 1,65 euros a ducia, os da L están a 1,30 euros, os da M atópanse a 1,12 euros e os da S páganse a 0,91 euros. As galiñas de descarte mantéñense entre os 0,16 e os 0,23 euros por quilo. O coello atópase a un prezo de 2,25 euros o quilo, sen cambios dende a semana pasada.

Subas na recría e nos becerros carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, que se celebra en Silleda (Pontevedra), rexistrou este martes novas subas en boa parte das categorías da recría, así como nos becerros carniceiros e nas seccións de maior valor do vacún maior. Esta é a última poxa que se celebrará no mes de agosto, logo de que a do vindeiro martes, día 31, fose suspendida por mor da celebración de Abanca Semana Verde de Galicia, que terá lugar do 3 ó 5 de setembro no recinto feiral. O mercado retomarase de xeito parcial o 7 de setembro, só con becerros de recría. En canto ós prezos da recría, os animais frisóns experimentaron subas en boa parte das categorías. Os becerros de menos de 20 días cotizáronse a 70 euros, tras un incremento de 15 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, a sección con maior afluencia de gando, a suba foi de 19 euros e sitúanse nun prezo medio de 92 euros. Mentres, as femias desta sección sufriron unha drástica caída e cotízanse só a 38 euros, mentres que a semana pasada estaban nos 151 euros. Nos becerros de máis de 50 días o prezo mantívose nos 110 euros. Na recría de cruces industriais, o gando máis novo logrou unha suba de 55 euros e atópase nos 231 euros. Nas femias desta sección o incremento foi de 29 euros e sitúanse nos 177 euros. Unha das excepcións deste tipo de gando foron os animais de entre 20 e 50 días. Tanto os machos como as femias experimentaron unha baixada de 6 euros, o que deixa uns prezos medios de 241 e 178 euros respectivamente. No caso dos becerros de máis de 50 días produciuse unha suba de 72 euros, co que acadan os 394 euros. Nas femias, produciuse unha baixada de 35 euros e o prezo medio é de 328 euros. Nos becerros carniceiros a tendencia foi á alza. A única excepción produciuse nos becerros frisóns, que descontaron 46 euros e atópanse cun prezo de 530 euros. A única femia desta raza, pola contra, conseguiu fixar un prezo medio de 648 euros, o que supón unha suba de 56 euros con respecto da última sesión. Nos becerros de cruzamentos industriais, os machos están en 891 euros, logo dunha suba de 23 euros, mentres que as becerras sitúanse nos 780, cun incremento de 73 euros. Nos animais de Rubia Galega, os machos lograron sumar 40 euros e atópanse nos 905 euros. As femias rexistraron a suba máis destacada, ó incrementar o seu valor en 101 euros e acadar os 852 euros de prezo medio. Nos exemplares co selo Ternera Gallega Suprema logrouse un incremento de 75 euros e cotízanse a 939 euros. O vacún maior tamén experimentou subas naquelas seccións de maior valor. Así, as vacas da categoría extra cotízanse a 2.040 euros, logo dunha suba de 133 euros. Nos exemplares de primeira o incremento foi de 28 euros e acadan os 1.170 euros. Pola contra, as vacas de segunda descontaron 13 euros e atópanse en 711 euros. Tamén os animais de descarte sufriron unha baixada, de 23 euros no seu caso, e sitúanse nos 460 euros. Os animais co selo Vaca e Boi de Galicia cotizáronse a un prezo medio de 1.321 euros, o que deixa unha baixada de 80 euros con respecto da semana pasada.

Cambios mínimos no porcino

Esta semana as mesas de cotizacións do porcino mantivéronse case sen cambios nas cotizacións tanto no porco cebado coma nos leitóns. A única excepción produciuse nos animais de desvelle para os que acordaron unha baixada de 0,02 euros, polo que están entre os 0,48 e os 0,54 euros. Na mentres, o porco selecto e o normal cotízanse a 1,275 e 1,250 euros o quilo, respectivamente. Os exemplares de Canal II sitúanse en 1,623 euros. Nos leitóns os exemplares procedentes dunha única granxa están nos 34 euros (cun prezo de 1,7 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías sitúanse nos 29 euros e cun prezo por quilo de 1,45 euros. No mercado do ovo non houbo cambios este martes. Deste xeito, os ovos da XL cotízanse a 1,88 euros a ducia, os da L están a 1,41 euros, os da M atópanse a 1,28 euros e os da S páganse a 1,04 euros. As galiñas de descarte continúan entre os 0,15 e os 0,22 euros por quilo. O prezo do coello mantense sen cambios e o quilo segue unha semana máis en 1,80 euros na Lonxa de Madrid.

Baixada nos becerros de recría en Silleda

Este martes, a Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, que se celebra en Silleda (Pontevedra), rexistrou unha baixada xeral dos prezos da recría, en especial nos machos de cruzamentos industriais. Tamén nos becerros carniceiros a tendencia foi á baixa, en boa parte das seccións. O vacún maior experimenta subas nas categorías con maior afluencia. Esta semana as mesas de prezos do porcino e o mercado do ovo mantéñense sen cambios. A baixada dos prezos da recría rexistradas este martes foi máis acusadas nos animais de cruces industriais. Con todo, nos frisóns tamén houbo destacadas reducións. Así, nos becerros frisóns de menos de 20 días produciuse unha baixada de 14 euros e cotízanse a 55 euros. Nos exemplares de entre 20 e 50 días, a categoría con maior afluencia, houbo unha redución de 23 euros, o que lastra o prezo medio ós 73 euros nos machos. Porén, as femias vendéronse a 151 euros. Nos tenreiros de máis de 50 días, o prezo quedou nos 110 euros, logo dunha baixada de 7 euros. Na recría de cruzamentos industriais, as baixadas afectaron en especial ós machos. Os tenreiros de menos de 20 días descontaron 62 euros e caen ata os 176 euros. As femias, pola contra, suman 4 euros e están a 148 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa, a baixada foi de 27 euros e quedan a 247 euros. De novo as femias conseguiron un incremento, desta vez de 7 euros, que deixa un prezo medio de 184 euros. Nos becerros de máis de 50 días, produciuse un desconto de 63 euros, e o prezo medio é de 322 euros. Nas becerras tamén se acusou unha baixada, de 13 euros, e cotízanse a 263 euros. Nos becerros carniceiros as baixadas de prezos máis destacadas afectaron ós animais de Rubia Galega. Tanto machos como femias descontaron 119 euros respectivamente e agora quedan cun prezo medio de 865 e 751 euros. Os becerros de cruces industriais mantéñense nos 868 euros da semana pasada, porén nas femias apreciouse unha baixada de 78 euros, que deixa un prezo medio de 707 euros. Os becerros frisóns cotizáronse a 576 euros e a única femia adxudicada nesta sección fixou un prezo medio de 592 euros. Nos becerros co selo Ternera Gallega Suprema, o prezo medio quedou en 864 euros, logo dunha baixada de 94 euros. O vacún maior experimentou esta semana subas en boa parte das seccións. As vacas da categoría extra están a 1.907 euros, tras un incremento de 63 euros. Nos exemplares de primeira o prezo aumentou 7 euros e agora cotízanse a 1.142 euros. A única excepción produciuse nas vacas de segunda, cunha baixada de 21 euros e que quedan cun prezo medio de 724 euros. Os animais de desfeito conseguiron un incremento de 25 euros e acadan os 483 euros. Os exemplares co selo Vaca e Boi de Galicia están esta semana a un prezo medio de 1.401 euros, moi afastados dos 362 euros ós que se cotizou o único exemplar adxudicado a semana pasada.

Sen cambios no porcino

Esta semana, as mesas de cotizacións do porcino mantivéronse sen cambios nas cotizacións tanto no porco cebado coma nos leitóns. O porco selecto e o normal cotízanse a 1,275 e 1,250 euros o quilo, respectivamente. Os exemplares de Canal II sitúanse en 1,623 euros e os porcos de desfeito están entre os 0,50 e os 0,56 euros o quilo. Nos leitóns os exemplares procedentes dunha única granxa están nos 34 euros (cun prezo de 1,7 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías sitúanse nos 29 euros e cun prezo por quilo de 1,45 euros. No mercado do ovo non houbo cambios este martes. Deste xeito, os ovos da XL cotízanse a 1,88 euros a ducia, os da L están a 1,41 euros, os da M atópanse a 1,28 euros e os da S páganse a 1,04 euros. As galiñas de descarte continúan entre os 0,15 e os 0,22 euros por quilo. O prezo do coello mantense sen cambios e o quilo segue unha semana máis en 1,80 euros na Lonxa de Madrid.

Subas nos becerros de recría en Silleda

Este martes, a Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, que se celebra en Silleda (Pontevedra), rexistrou unha lixeira suba nos prezos da recría, en especial nos machos de cruzamentos industriais. Mentres, nos becerros carniceiros a tendencia é á baixa, en boa parte das seccións. O vacún maior experimenta subas nas categorías con maior afluencia. Nas mesas de prezos do porcino, o porco cebado e os leitóns acusan novas baixadas das cotizacións. Pola súa banda, o mercado do ovo mantense estable unha semana máis, igual que o prezo do coello. En concreto, na recría houbo subas, sobre todo nos machos de cruces industriais. Nos becerros frisóns tamén se produciron leves incrementos. A única excepción nos frisóns rexistrouse nos animais máis novos, nos de menos de 20 días, que descontaron 9 euros e cotízanse a 69 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días produciuse unha suba de 2 euros, que deixa un prezo de 96 euros. Tamén os machos de máis de 50 días conseguiron un pequeno incremento do prezo, dun euro, polo que se cotizan a 117 euros. Nos tenreiros de cruzamentos industriais as subas foron máis importantes. Porén, esta tendencia só afectou ós machos, mentres que nas distintas categorías, as femias rexistraron unha baixada xeral das cotizacións. Os becerros máis novos, os de menos de 20 días, sumaron 26 euros e cotízanse a 238 euros. Nas femias, a baixada foi de 18 euros e quedan en 144 euros. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, produciuse unha suba de 25 euros, mentres as femias descontaron a mesma cantidade. Así, os machos cotízanse a 274 euros e as femias a 177 euros. Nos xatos de máis de 50 días, a suba foi de 20 euros e acadan os 385 euros, e as tenreiras acusan unha baixada de 44 euros e caen ata os 276 euros. Na recría de Rubia Galega, os animais de máis de 50 días, a categoría con maior afluencia nesta raza, cotízase a 430 euros os machos, o que supón unha baixada de 26 euros con respecto da feira pasada. Nas femias desta sección tamén se rexistrou unha redución (18 euros) e atópanse cun prezo medio de 325 euros. Pola súa banda, nos becerros carniceiros a categoría con maior afluencia de gando, os tenreiros de cruzamentos industriais, experimentaron unha caída dos prezos. Os machos descontaron 26 euros, e sitúanse en 868 euros, e as femias están nun prezo medio de 785 euros, logo dunha baixada de 66 euros. Mentres, no gando frisón, o único becerro adxudicado fíxoo por un prezo de 167 euros, o que deixa un prezo medio moi afastado dos 583 euros que se fixaron a semana pasada. Nas femias, o prezo medio foi de 408 euros, o que supón un incremento de 124 euros. Nos exemplares de Rubia Galega, produciuse unha suba de 53 euros para os machos e de 75 para as femias, o que deixa uns prezos medios de 984 e 870 euros, respectivamente. No caso dos becerros co selo Ternera Gallega Suprema, a cotización media foi de 958 euros, o que supón unha redución de 65 euros con respecto da feira anterior. O vacún maior experimentou esta semana novas subas nas categorías con maior afluencia de gando. As vacas de primeira conseguiron un incremento de 14 euros e cotízanse a 1.135 euros. Tamén os animais de segunda experimentaron unha suba, de 29 euros, e acadan os 745 euros. Mentres, as vacas da categoría extra acusaron unha baixada de 33 euros, e quedan en 1.844 euros. Tamén o gando de desfeito reduciu en 20 euros o seu valor, polo que se cotiza a 458 euros. Nesta sesión só se adxudicou un exemplar co selo Vaca e Boi de Galicia e fíxoo por un prezo de 362 euros, lonxe dos 1.939 euros nos que se situaba o prezo medio hai só unha semana.

Novas baixadas no porcino

Esta semana, as mesas de cotizacións do porcino acordaron novas baixadas das cotizacións tanto no porco cebado como nos leitóns. No porco selecto e no normal o prezo reduciuse 0,03 euros, polo que se cotizan a 1,275 e 1,250 euros o quilo, respectivamente. Os exemplares de Canal II sitúanse en 1,623 euros, logo dunha baixada de 0,039 euros. Os porcos de desfeito arrastraron unha baixada de 0,02 euros, o que provoca que se coticen entre os 0,50 e os 0,56 euros o quilo. Logo dunha semana de estabilidade, os leitóns volven experimentar unha redución dos prezos, ó descontar un euro en cada categoría. Así os exemplares procedentes dunha única granxa están agora nos 34 euros (cun prezo de 1,7 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías están nos 29 euros e cun prezo por quilo de 1,45 euros. No mercado do ovo non houbo cambios este martes. Deste xeito, os ovos da XL cotízanse a 1,88 euros a ducia, os da L están a 1,41 euros, os da M atópanse a 1,28 euros e os da S páganse a 1,04 euros. As galiñas de descarte continúan entre os 0,15 e os 0,22 euros por quilo. O prezo do coello mantense sen cambios e o quilo segue unha semana máis en 1,80 euros na Lonxa de Madrid.

Nova baixada dos prezos da recría en Silleda

Este martes a Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou unha baixada xeral nos prezos dos becerros de recría. Nos tenreiros carniceiros, así como no vacún maior, houbo unha leve recuperación. Unha semana máis, as mesas do porcino acordaron novas baixadas dos prezos para o porco cebado, mentres que os bacoriños logran estabilizarse. O mercado do ovo mantense sen cambios. Na sesión de hoxe tamén se anunciou a suspensión da última poxa de gando deste mes de agosto, a do martes 31, debido á celebración da feira Abanca Semana Verde, que terá lugar do venres 3 ó domingo 5 de setembro. Ademais, a poxa do martes 7 de setembro tamén se verá afectada e só haberá becerros de recría. No referido á sesión desta mañá, na recría apreciáronse destacadas baixadas dos prezos e contadas excepcións. No gando frisón, os becerros de menor idade, os de menos de 20 días foron dos poucos que experimentaron unha suba (de 5 euros) e pasan a cotizarse a 78 euros. Mentres, nos becerros de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa da feira, houbo unha baixada de 8 euros, que deixa un prezo medio de 94 euros. Nos tenreiros de máis de 50 días, o desconto foi dun euro e páganse a 116 euros. Os becerros carniceiros experimentaron destacadas baixadas dos prezos nesta xornada. Os máis novos, os de menos de 20 días, descontaron 36 euros e sitúanse en 212 euros. As femias desta sección tiveron mellor sorte e incrementaron en 6 euros o seu prezo, ata acadar os 162 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, houbo unha rebaixa de 6 euros, que os sitúa en 249 euros. Nas femias, de novo produciuse unha suba, nesta ocasión de 15 euros, de xeito que conseguen os 202 euros. A baixada máis acusada foi a dos becerros de máis de 50 días, cunha rebaixa de 47 euros, ata caer a 365 euros. Tamén as femias desta sección experimentaron unha redución do prezo (en 9 euros), o que as deixa nun prezo medio de 320 euros. Na recría de Rubia Galega, esta semana os machos de máis idade, os de máis de 50 días, experimentaron unha suba de 21 euros e marcan un prezo de 456 euros. A deste martes foi unha xornada cunha destaca afluencia e venda de animais desta raza, cun total de 23 animais adxudicados, logo de varias semanas cunha menor presenza deste gando. Houbo unha leve recuperación dos prezos nos becerros carniceiros. Nos exemplares de raza Frisoa o valor incrementouse en 54 euros e acadan os 583 euros. Pola contra, as femias tiveron un prezo medio de 284 euros, moi por debaixo dos 596 euros que fixara a única femia vendida a semana pasada. Nos becerros de cruzamentos industriais, os machos experimentaron unha suba de 51 euros e de novo as femias sufriron unha redución do prezo, desta vez en 89 euros. Así, cotízanse a un prezo medio de 894 e 719 euros, respectivamente. Nos becerros de Rubia Galega houbo baixada tamén para os machos, que descontaron 22 euros e sitúanse a 931 euros. Nas femias, a redución foi de 99 euros e quedan en 795 euros. Pola súa banda, os becerros co selo Ternera Gallega Suprema acadan un valor medio de 1.023 euros, logo dunha suba de 119 euros. No vacún maior, a tendencia foi tamén á alza. Nas vacas da categoría extra houbo unha suba de 58 euros que lles permite acadar un prezo medio de 1.877 euros. Nos animais de primeira o incremento foi de 20 euros e sitúanse en 1.121 euros. Tamén as vacas de descarte experimentaron unha suba de 10 euros que as deixa nos 478 euros. A única excepción protagonizárona as vacas de segunda, que descontaron 24 euros e caen ata os 716 euros. Os animais co selo Vaca e Boi de Galicia experimentaron tamén un incremento de 687 euros, o que lles permite acadar un prezo medio de 1.939 euros.

Continúan as baixadas no porco cebado

Esta semana, as mesas de cotizacións do porcino acordaron novas baixadas das cotizacións no porco cebado. No porco selecto e no normal o prezo reduciuse 0,03 euros, polo que se cotizan a 1,305 e 1,280 euros o quilo, respectivamente. Os exemplares de Canal II sitúanse en 1,662 euros, logo dunha baixada de 0,039 euros. Os porcos de desfeito mantéñense esta semana sen cambios e cotízanse entre os 0,52 e os 0,58 euros o quilo. Nos leitóns conseguen estabilizar o prezo, logo de acumular varias semanas con importantes baixadas. Así os exemplares procedentes dunha única granxa mantéñense nos 35 euros (cun prezo de 1,75 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías están nos 30 euros e cun prezo por quilo de 1,5 euros. No mercado do ovo non houbo cambios este martes. Deste xeito, os ovos da XL cotízanse a 1,88 euros a ducia, os da L están a 1,41 euros, os da M atópanse a 1,28 euros e os da S páganse a 1,04 euros. As galiñas de descarte continúan entre os 0,15 e os 0,22 euros por quilo. O prezo do coello mantense sen cambios e o quilo segue unha semana máis en 1,80 euros na Lonxa de Madrid.

Baixada dos prezos da recría e dos becerros carniceiros en Silleda

Este martes a Central Agropecuaria de Galicia-Abanca, que se celebra en Silleda (Pontevedra), rexistrou unha baixada xeral nos prezos dos becerros de recría e dos carniceiros. No vacún maior, o gando de máis calidade tamén acusou prezos á baixa. Unha semana máis, as mesas do porcino acordaron novas baixadas dos prezos para o porco cebado e os bacoriños. O mercado do ovo mantense sen cambios.

En concreto, nos becerros de recría, a baixada de prezos afectou a boa parte das categorías e razas, con mínimas excepcións. Nos tenreiros frisóns, os animais de menos de 20 días acusaron unha baixada de 24 euros, polo que se cotizan a 73 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, descontáronse 12 euros e o prezo medio foi de 102 euros. Nos exemplares de máis de 50 días, houbo unha baixada de 19 euros, que deixa os animais cun valor medio de 117 euros.

A recría de cruces industriais acusou unha tendencia semellante. Os tenreiros máis novos descontaron 5 euros e sitúanse en 248 euros. Nas femias desta sección a baixada foi de 19 euros e quedan en 156 euros. Nos becerros de entre 20 e 50 días, das categorías con maior afluencia do mercado, reduciuse o valor en 20 euros e atópanse nos 255 euros. As femias descontaron 17 euros e cotízanse a 187 euros. Os tenreiros de máis de 50 días foron das poucas excepcións da xornada, cunha suba de 51 euros, acadan os 412 euros. Nas femias o incremento foi de 43 euros e conseguen un valor medio de 329 euros.

Os becerros carniceiros tamén cotizaron á baixa este martes, aínda que se rexistraron algunhas subas. Unha delas produciuse nos becerros frisóns, que incrementaron o seu valor en 6 euros e situáronse nun prezo medio de 529 euros. A única femia desta categoría que se adxudicou marcou un prezo medio de 596 euros. Nos becerros de cruces industriais descontáronse 3 euros e atópanse cun valor de 843 euros. Mentres, nas femias produciuse unha suba de 132 euros que lle permite lograr os 808 euros. Na Rubia Galega, os becerros descontaron 41 euros e as tenreiras 127 euros. Deste xeito, cotízanse a 953 e 894 euros, respectivamente. Nos animais co selo Ternera Gallega Suprema o prezo medio foi de 904 euros, o que supón 35 euros menos que a feira pasada.

No vacún maior, as categorías de maior calidade acusaron unha baixada dos prezos. Así, as vacas extra caeron 157 euros e cotízanse a 1.819 euros. Os animais de primeira tamén descontaron 83 euros e están nun prezo medio de 1.101 euros. Mentres, as vacas de segunda incrementaron o seu valor en 25 euros e acadan os 740 euros. Do mesmo xeito, as vacas de desfeito conseguiron unha suba de 27 euros, que as deixa nos 468 euros. Nos exemplares co selo Vaca e Boi de Galicia o prezo medio foi de 1.252 euros, ó descontar 391 euros.

Baixadas no porcino

Esta semana, as mesas de cotizacións do porcino acordaron novas baixadas das cotizacións tanto no porco cebado como nos leitóns. No porco selecto e no normal o prezo reduciuse 0,05 euros, polo que se cotizan a 1,335 e 1,310 euros o quilo, respectivamente. Os exemplares de Canal II sitúanse en 1,701 euros, logo dunha baixada de 0,065 euros. Os porcos de desfeito mantéñense esta semana sen cambios e cotízanse entre os 0,52 e os 0,58 euros o quilo.

Nos leitóns houbo baixadas de 5 euros por animal. Así os exemplares procedentes dunha única granxa quedaron nos 35 euros (cun prezo de 1,75 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías situáronse nos 30 euros e cun prezo por quilo de 1,5 euros.

No mercado do ovo non houbo cambios este martes. Deste xeito, os ovos da XL cotízanse a 1,88 euros a ducia, os da L están a 1,41 euros, os da M atópanse a 1,28 euros e os da S páganse a 1,04 euros. As galiñas de descarte continúan entre os 0,15 e os 0,22 euros por quilo.

O prezo do coello mantense sen cambios e o quilo segue unha semana máis en 1,80 euros na Lonxa de Madrid.

Baixada dos becerros de recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia – Abanca, rexistrou este martes unha baixada xeral dos prezos da recría, logo da lixeira recuperación da semana pasada. Nos becerros carniceiros tamén houbo baixadas nos cruces industriais. No vacún maior as categorías de maior calidade incrementaron o seu valor. Nas mesas de prezos do porcino acordaron unha baixada para os leitóns. Tamén no mercado do ovo houbo reducións do prezo en tódalas seccións. Na recría, a baixada dos prezos afectou a case tódalas categorías. No gando frisón, os exemplares máis novos, de menos de 20 días, cotizáronse a 79 euros, tras descontar 9 euros. Nos animais de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa e representativa da Central, a baixada foi de 17 euros, polo que quedan en 97 euros. Nos tenreiros de máis de 50 días, houbo unha redución de 11 euros ata os 116 euros. Nos becerros de cruces industriais, a maior baixada experimentouse nos becerros máis novos, os de menos de 20 días, que descontaron 50 euros e pasan a cotizarse a 233 euros. Nas femias desta sección a redución foi de 17 euros, polo que teñen un prezo medio de 163 euros. Os animais de entre 20 e 50 días, descontaron 12 euros e sitúanse en 281 euros. As femias, pola contra, incrementaron en 3 euros o seu valor ata cotizarse a 210 euros. Tamén nos becerros de máis de 50 días a tendencia foi á alza, con subas de 2 euros para os machos, que acadan os 435 euros; e de 69 euros para as femias que se sitúan nos 368 euros de media. Esta semana os becerros carniceiros de cruces industriais experimentaron unha baixada de 17 euros ata un prezo medio de 764 euros. Nas femias desta categoría houbo unha suba de 12 euros que as deixa nos 750 euros. Os machos de Rubia Galega incrementaron o seu valor en 136 euros e acadaron os 1.006 euros de media. Nas femias, pola contra, houbo unha baixada de 74 euros que as leva ós 743 euros. Os becerros frisóns fixaron un prezo medio de 565 euros despois de que a semana pasada non se chegara a adxudicar ningún exemplar. Mentres, os animais que contan con selo Ternera Gallega Suprema cotizáronse a 844 euros, o que supón un incremento de 21 euros con respecto da feira pasada. As categorías de maior calidade do vacún maior experimentaron esta semana novas subas. Así, as vacas extra pasan a cotizarse a 1.890 euros logo dunha suba de 41 euros. Nos animais de primeira o incremento foi de 27 euros e acadan os 1.150 euros. Mentres, as vacas de segunda descontaron 17 euros e quedan en 714 euros e as de desfeito rebaixaron 1 euro ata os 448 euros.

Baixadas nos leitóns

As mesas de cotizacións do porcino acordaron unha baixada dos prezos dos leitóns, mentres que o porco cebado continúa sen cambios esta semana. Así, o porco selecto e o normal cotízanse a 1,515 e 1,490 euros o quilo, respectivamente. Os exemplares de Canal II están a 1,935 euros e os porcos de desfeito sitúanse entre os 0,82 e os 0,88 euros o quilo. Nos leitóns a baixada foi de 4 euros para tódalas categorías. Os animais de 20 quilos procedentes dunha única gandería quedan en 81 euros, cun prezo de 4,05 euros por quilo. Os bacoriños chegados de distintas granxas sitúanse nun prezo de 3,8 euros o quilo e o exemplar ten un valor de 76 euros. No mercado do ovo tamén houbo unha baixada dos prezos. Os ovos da XL tiveron unha redución de 0,02 euros polo que están a 1,64 euros a ducia. O resto de categorías acusaron unha baixada de 0,03 euros de xeito que os da L cotízanse a 1,25 euros, os da M páganse a 1,12 euros e os da S quedan en 0,88 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas, de entre os 2,1 e 2,2 quilos, continúan cun prezo de entre os 0,12 e os 0,19 euros por quilo. O prezo do coello mantense sen cambios e o quilo cotízase a 1,80 euros na Lonxa de Madrid.