Archives

Baixada esta semana das cotizacións dos produtos lácteos na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta terceira semana de marzo dos produtos lácteos. Con respecto á pasada semana, destacan as leves baixadas da manteiga e do queixo cheddar, unha caída máis acusada no caso do leite en po enteiro. En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta segunda semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 562 €/100 kg, +0,4 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 245 €/100 kg, -2,3 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 351 €/100 kg, -3.2 % ,, -Queixo cheddar: 387 € /100 kg +3,4% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia sofre unha lixeira suba respecto á semana pasada e queda nos 0,45 euros o litro. A tendencia á baixa no prezos dos productos lácteos tamén é a tónica xeral no mercado internacional: En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cunha baixada dos produtos lácteos do 2,8%. Así, houbo unha caída do 4,2% no leite en po enteiro; a cotización da manteiga caeu un 1,4% e o queixo cheddar fíxoo nun 1,9%.

O ano comeza con baixadas da produción de leite

Por outra parte, o informe do MMO tamén recolle a caída da produción de leite na Unión Europea en xaneiro, un 1,3% menos que no mesmo mes do 2023. Tamén caeu a produción de leite en xaneiro en Estados Unidos (-1,1%), Nova Zelanda (-1,2%), e no Reino Unido (-0,4%), mentres que só Australia incrementou as entregas no primeiro mes deste ano (+4.9%)

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Baixada nas cotizacións da manteiga, queixo e leite en po na Unión Europea

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta última semana de decembro dos produtos lácteos. A primeira quincena do 2024 remata con baixadas tanto na manteiga como no leite en po e no queixo. A previsión é de que o prezo medio en xaneiro en orixe quede nos 0,46 euros o litro de media. En concreto, no territorio da UE as cotizacións da última semana de 2023 para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 545 €/100 kg, -0,2 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 256 €/100 kg, -1,8 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 365 €/100 kg, -1.0 % ,, -Queixo cheddar: 357 € /100 kg -1,1% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia segue baixando, e queda esta semana nos 0,493 euros o litro. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, pechou esta semana cunha suba no seu índice do 2,3 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 1,7%. A cotización da manteiga experimentou unha suba dun 5,8 %, mentres que o prezo do queixo subiu un 1,0% e o leite en po desnatado revalorizouse nun 1,2 %. En todo caso, hai que ter en conta que os prezos medios dos produtos lácteos en Nova Zelanda están máis baixos que na UE, co que teñen máis marxe de revalorización, tal e como se reflicte nesta táboa:

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Últimas cotizacións da manteiga, queixo e leite en po

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta última semana de decembro dos produtos lácteos. O prezo da manteiga segue á alza e e séguense recuperando as cotizacións do queixo e do leite en po. En concreto, no territorio da UE as cotizacións da última semana de 2023 para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 546 €/100 kg, +0,5 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 264 €/100 kg, +0,7 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 369 €/100 kg, +0.4 % ,, -Queixo cheddar: 348 € /100 kg +0,4% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia baixa ata os 0,51euros o litro. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, abriu o 2023 cunha suba no seu índice do 1,2 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 2,5%. A cotización da manteiga experimentou unha suba dun 2,1 %, mentres que o prezo do queixo baixou un 2,4%, ao igual que o leite en po desnatado, neste caso nun 0,9 %.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Últimas cotizacións dos produtos lácteos: Segue subindo a manteiga e recupérase o prezo do queixo e do leite en po enteiro

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta penúltima semana de decembro dos produtos lácteos. O prezo da manteiga segue á alza e recupéranse as cotizacións do queixo e do leite en po enteiro, contribuindo deste xeito a manter os prezos do leite no campo. Pola contra, o leite en po desnatado segue á baixa.  En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 542 €/100 kg, +1,3 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 261 €/100 kg, -0,4 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 368 €/100 kg, +0.8 % ,, -Queixo cheddar: 347 € /100 kg +0,2% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia baixa ata os 0,535 euros o litro (a pasada semana o prezo foi de 0,565 euros). O prezo medio do leite na UE no mes de novembro estímase que quedará en 0,4456 euros o litro, un 0,6% máis que en outubro (0,443 euros). En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu esta semana cunha nova suba no seu índice do 2,3 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 2,9%,. A cotización da manteiga experimentou unha importante suba dun 9,9 %, mentres que o queixo tamén se revalorizou de forma notable, nun 6,9%. A única baixada rexistrada foi no leite en po desnatado, neste caso un 1,3%

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

O prezo da manteiga segue subindo en Europa e axuda a manter os prezos no campo

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta primeira semana de decembro dos produtos lácteos. O prezo da manteiga segue á alza, contribuindo a manter os prezos do leite en orixe, mentres que o leite en pó desnatado baixa, ao igual que o queixo, e o leite en po enteiro sobe lixeiramente. En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 536 €/100 kg, +4,1 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 262 €/100 kg, -0,2 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 365 €/100 kg, +0.3 % ,, -Queixo cheddar: 346 € /100 kg -0,4% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia mantense estable nos 0,565 euros o litro. O prezo medio do leite na UE no mes de novembro estímase que quedará en 0,444 euros o litro, un 0,5% máis que en outubro. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu esta semana cunha nova suba no seu índice do 1,6 %. En concreto, o leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- revalorizouse un 2,1%, mentres que o desnatado tamén repuntou, neste caso nun 1,2% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 0,7 % e o queixo experimentou a maior suba: un 9,7%.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

 

Seguen recuperándose as cotizacións dos produtos lácteos e o prezo do leite queda en 0,435 euros en outubro na UE

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta semana do leite en po, do queixo e manteiga na UE, no que se confirma unha recuperación dos prezos, especialmente da manteiga, coincidindo tamén coas menores entregas de leite nesta estación. Pola contra, o queixo segue á baixa. O prezo medio do leite en Europa no mes de outubro prevese que quede nos 0,435 euros o litro, un 20% menos que hai un ano. No territorio comunitario as cotizacións desta semana para os produtos lácteos son as seguintes: -Manteiga: 497 €/100 kg, +4,3 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 263 €/100 kg, +3,8 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 362 €/100 kg, +3.7 % ,, -Queixo cheddar: 348 € /100 kg -2,7% Polo demáis, o prezo do leite spot en Italia subiu tamén esta semana até os 0,548 euros o litro. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal poxa nternacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a desta semana cunha caída dos prezo dos produtos lácteos do 0,7%. Así, houbo unha baixada do 2,7% no leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación-, mentres que o desnatado encareceuse un 2,3% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 3,5%.

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Últimos prezos do leite e dos produtos lácteos en Europa, Estados Unidos e Nova Zelandia

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar este xoves as cotizacións desta semana na UE, nas que continúa a tendencia á baixa das últimas semanas: -Manteiga: 442 €/100 kg, -2,2 % nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 227 €/100 kg, -0,7 % ,, -Leite enteiro en po (WMP): 325 €/100 kg, -3,4% ,, -Queixo cheddar: 357 € /100 kg -0,1% En canto ao prezo do leite spot en Italia esta semana seguiu subindo e xa está nos 0,515 euros o kilo.En España neste momento o littro de leite spot rolda os 0,50 euros. 

Prezo medio en xullo de 0,32 euros o litro en Estados Unidos e 0,29 en Nova Zelandia

En canto ao prezo medio do leite pagado ás ganderías a media en xullo na Unión Europea foi de 0,437 euros o litro, mentres que en Estados Unidos baixou a 0,32 euros e en Nova Zelandia quedou en 0,29 euros o litro. Isto fixo que no mercado internacional os produtos lácteos da UE perdan competitividade. De feito, por prezo neste momento Nova Zelandia é máis competitiva en manteiga, leite en po e Estados Unidos en queixo. En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola cooperativa neozelandesa Fonterra, concluíu a súa poxa desta semana cun repunte dos prezo dos produtos lácteos do 2,7%. Así, houbo unha suba do 5,3% no leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- e o desnatado depreciouse un 1,6% respecto á última poxa. A cotización da manteiga subiu un 1,1%.

Descarga aquí o informe

Suba dos produtos lácteos en Nova Zelanda e aminórase a caída na Unión Europea

A caída do prezo do leite en po e da manteiga que se ven rexistrando nos mercados internacionais dende o cuarto trimestre do ano pasado parece que empeza a frearse, segundo o confirman os últimos informes tanto do European Milk Market Observatory (Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea) como a poxa da cooperativa neozelandesa Fonterra. Así, no caso da Unión Europea os datos desta semana revelan un freo no descenso das cotizacións dos produtos lácteos, con respecto ás fortes caídas de xaneiro, como no caso do leite en po, e mesmo un lixeiro repunte no prezo da manteiga. Outra sinal positiva é que o prezo do leite spot en Italia mantense estable. Estas son as tendencias que se observan dende o observatorio do sector lácteo, dependente da Comisión Europea, nas cotizacións desta semana: -Manteiga: 497 €/100 kg, -2,5% nas últimas catro semanas -Leite desnatado en po (SMP) 255€/100 kg, -2,7% ,, -Leite enteiro en po (WMP): 359 €/100 kg, -3,1% ,, -Queixo cheddar: 456€ /100 kg -1,5% ,, -O leite spot en Italia permanece estable nos 0,523 €/kg -Os costes de alimentación do gando baixaron un 0,5% e os de enerxía un 4,3% na segunda semana de febreiro comparados coa mesma semana de xaneiro. En canto ao Global Dairy Trade, a subasta de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, pechou a súa última sesión da pasada semana cunha suba das cotizacións do 3,2% despois de varias semanas de baixadas. Destaca especialmente o repunte do prezo da manteiga (6,6%) e do leite en po enteiro (+3,8%).

Descarga aquí o último informe do European Milk Market Observatory

Menos produción de leite e prezos disparados nos mercados internacionais

A produción de leite no comezo de 2022 caeu nos principais países exportadores, mentres que os prezos dos produtos lácteos se manteñen á alza, alcanzando nalgúns casos récords históricos. Así se desprende do último informe publicado esta semana polo Observatorio do Mercado Lácteo da Comisión Europea. En canto á produción, na Unión Europea caeu en xaneiro un 0,7% respecto ao mesmo mes de 2021. Maiores foron as baixadas en Nova Zelanda, onde nos primeiros dous meses deste ano as entregas de leite baixaron un 4,2% respecto ao xaneiro e febreiro do pasado ano. En Australia a produción reduciuse nun 3% e en Estados Unidos nun 1,4%. Mentres que en Australia e Nova Zelanda a baixa pode atribuirse máis a factores climáticos (a súa produción de leite está baseada no pastoreo) no caso da Unión Europea e Estados Unidos incidirían máis neste descenso o importante incremento dos custos de produción (pensos, gasóleo, electricidade...etc).

Segue a forte suba dos produtos lácteos

O que si se segue incrementando son as cotizacións dos produtos lácteos na Unión Europea cunha importante suba na primeira semana de abril. En concreto, e segundo os datos do Observatorio do Sector Lácteo os prezos da manteiga na UE medraron un 6,4%, respecto á media das catro semanas previas, ata os 6,62 euros o kilo; o leite en po desnatado (SMP polas súas siglas en inglés) tamén se revalorizou un 5,6 % ata os 4,07 euros o kilo, unha suba que foi maior no caso do leite en po enteiro (un 6,8% máis), que quedou nos 5,12 euros o quilo. Polo que respecta ao queixo chedar, o prezo tamén subiu na primeira semana deste mes ata os 3,80  euros o quilo, cunha suba do 3,1 %. 

Poxa de Fonterrra

Fóra de Europa, as últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola neozelandesa Fonterra, frearon a forte suba das últimas semanas. Así, houbo unha baixada do 0,6% nas cotizacións da manteiga e do 1,5% no leite enteiro en po, mentres que o leite en po desnatado subiu un 1,0% e o queixo cheddar un 2,7%.

A última poxa de Fonterra remata cunha suba do 5,1% dos produtos lácteos

A última Global Dairy Trade, a poxa de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, rematou con datos moi positivos, cunha alza xeralizada do 5,1% nos produtos lácteos. En concreto, a poxa rematou con subas do 4,7% nas cotizacións do leite en po desnatado; do 5,7% para o leite en po enteiro; do 5,9% para a manteiga e de nada menos que o 10,9 % para o queixo cheddar.

Descarga aquí os datos completos

-AMF index up 2.1%, average price US$7,048/MT -Butter index up 5.9%, average price US$7,086/MT -BMP index up 5.8%, average price US$4,217/MT -Ched index up 10.9%, average price US$6,394/MT -LAC index up 0.9%, average price US$1,634/MT -SMP index up 4.7%, average price US$4,481/MT -SWP not offered -WMP index up 5.7%, average price US$4,757/MT