Archives

“No GDR Terras de Compostela apostamos por un xeodestino fluvial para potenciar un turismo sustentable”

A promoción turística dos 10 concellos que abrangue o GDR Terras de Compostela é un dos puntos fortes na nova estratexia. A aposta por un xeodestino fluvial non só procura atraer xente, senón facer un modelo de turismo que coide do medioambiente e conserve os recursos da zona. En paralelo, as intencións de fomentar o tecido produtivo e a competitividade do territorio xogarán un papel importante entre as accións desta entidade. A continuación, a xerente deste GDR, Chefa Fernández, danos máis detalles: Poderías facer unha pequena presentación tanto túa como do GDR? Dende o ano 2000 estou vinculada a iniciativas e programas LEADER e dende o ano 2009, coordinando este Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación Terras de Compostela, a cal se constitúe no ano 2008. É unha entidade colaboradora da AGADER na xestión da Medida Leader 2014-2020, e na actualidade está presidida por M. Guarina Rey Vazquez (Concello de Brión). O ámbito de actuación do noso GDR comprende 10 concellos da comarca de Santiago de Compostela (Vedra, Boqueixón, Santiago, Teo, Ames e Brión), da comarca da Barcala (Negreira, Val do Dubra e A Baña), así como Santa Comba, da comarca do Xallas.  No GDR participan como socios 9 dos 10 concellos do territorio e asociacións do ámbito do sector agrario (asociación e organizacións profesionais), forestal, medioambiental, entidades de economía social, asociacións veciñais, de empresarios, etc. O territorio no que actuamos ten unha superficie de 1105 km2 e unha poboación 86.922 habitantes (sen incluír a poboación de Santiago de Compostela nin a do Milladoiro e Bertamiráns). Sodes os xestores do programa Leader no voso territorio. Cóntanos, a que tipo de proxectos se orientaron as axudas nos últimos anos? No noso grupo, ao abeiro da medida Leader de Galicia 2014-2020, foron diversos os proxectos que se solicitaron e recibiron apoio económico neste período.  En proxectos privados destacan a creación ampliación e modernización de pequenas empresas -venda de produtos do agro, oficinas de enxeñería, clínicas de fisioterapia, centros de coworking, etc.- medidas de aforro enerxético nas explotacións agrarias, creación de novas prazas de aloxamento turísitico e restauración, etc. O investimento total xustificado de estas iniciativas superou os 5 millóns de euros e a axuda pagada case os 2 millóns de euros. Un breve resumo dos proxectos privados
TÍTULO PROMOTOR
AMPLIACION E DESENVOLVEMENTO DUNHA PEME DE VENDA DE PRODUTOS PARA O AGRO AGROESPARIS COMERCIAL, S.L
MEDIDAS DE AFORRO ENERXÉTICO E USO DE ENERXÍAS RENOVABLES EN EXPLOTACIÓN DE LEITE DE A BAÑA- GUIMARANS XUANEIRO, SAT Nº 980 XUGA
ALBERGUE DE 1ª CATEGORIA EN GRANXA ESCOLA BERGANDO KARMADEN S.L
TURISMO ENOLOGICO EN BOQUEIXON (APARTAMENTOS TURISTICOS UNA LLAVE) ENOTURISMO MARIA MANUELA, S. L
PROXECTO DE APERTURA DUN NOVO CENTRO DE TRABALLO PARA OFICINA DE ENXEÑARÍA E COMEZO DAS NOVAS ACTIVIDADES DE COMERCIALIZACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS NAS EXPLOTACIÓNS E ESPAZO COWORKING ALVARO NUÑEZ FERREIRO
CLINICA FISIOTERAPIA - FISIONICRA FISIONICRA, S.C.P.
AMPLIACION LAVANDERIA INDUSTRIAL HOSTELERIA SANTA COMBA, S.L.
APERTURA DE TENDA MULTIOPERADOR E MULTISERVICIO LA CENTRALITA DEL MOVIL, S.L.
HOSTAL GASTRONÓMICO- VILACHAN CON CATEGORÍA DE PENSIÓN TRES ESTRELAS E CAFÉ-BAR RESTAURANTE NICRAREA TAMARA, S.L.   (10 PLAZS + 38 pax)
CABAÑAS EL CAMINO AMAPEN NEW TOURISM, S.L. (RAFAELLA AMARO)  (18 PLAZS)
COMPLEXO TURÍSTICO RURAL SAN PEDRO DE DONAS GARCILVA, S.L.    (30 PLAZS)
INSTALACION DE TRATAMIENTO TERMICO DE CORTEZA DE PINO VISTA JARDIN, S.L.
COMEZO DUNHA NOVA ACTIVIDADE DE INTERMEDIACIÓN NO COMERCIO DE MATERIAS PRIMAS E OFICINAS DE COLABORACIÓN AGRARIA ALVARO NUÑEZ FERREIRO
SENSE: SALUD Y RENDIMIENTO DANIEL TOMÉ LAGE
MODERNIZACIÓN E AMPLIACIÓN EN PANADERIA BEMBIBRE Mª SOLEDAD LANDEIRA DUBRA
MANGOS DE MADERA JOSE MANUEL BELLO NEO
CONSTRUCCIÓN DUN EDIFICIO PARA AMPLIACIÓN E MODERNIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ASESORÍA E CREACIÓN DUN CENTRO COWORKING INTASEM ASESORIA, S.L
CLINICA DENTAL – NICRA DENTAL INFANTIL E ADULTOS NICRA DENTAL INFANTIL E ADULTOS, S.L
AMPLIACIÓN DE PROCESOS PRODUCTIVOS PARA LA FABRICACIÓN DE CERRAMIENTOS Y ARTÍCULOS DE CERRAJERíA ALUMINIOS ARANTON, S.L.
CAMPAMENTO DE TURISMO TEMÁTICO DE PERMACULTURA DE 1*  "O CASTRO DO RETIRO" O CASTRO DE TORRENTE DE ATRÁS, S.L.
DIVERSIFICACION DA EXPLOTACIÓN GANDEIRA CARA O AGROTURISMO GANADERÍA DO MOURO, S.C.G.
TENDA DE COMIDA PARA LEVAR. A COCIÑA DE LUCÍA LUCIA PENEDO GARCIA
MELLORA DE ACCESIBILIDADE E DE INSTALACIONS DE ATENCION AO CLIENTE MAIS EXPOSICION DE PRODUTO CONFECCIONES MAIMEN, S.L.
REVESTIMIENTO NAVE INDUSTRIAL CARPINTERIA METALICA GALANAS, S.L.
Por outra banda, nas iniciativas promovidos por entidades públicas, o investimento total xustificado de estas iniciativas superou o  millón de euros e a axuda pagada os 700.000 euros. O resume sería o seguinte:
TÍTULO PROMOTOR
CENTRO COWORKING-CONCELLO DE VEDRA CONCELLO DE VEDRA
AFORRO ENERXÉTICO E SISTEMA DE CONTROL EN ETAP DE PONTILLÓN E OUTROS CONCELLO DE BOQUEIXÓN
REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DA ESCOLA UNITARIA DE SOLLÁNS PARA A SÚA CONVERSIÓN NUN ESPAZO DE TRABALLO COLABORATIVO CONCELLO DE TEO
SERVIZO DE FOGAR EN TRANSICIÓN CONCELLO DE AMES
ACCESIBILIDADE EDIFICACIÓN MULTIUSOS DE SAN VICENTE CONCELLO DE A BAÑA
REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DO CENTRO SOCIOCULTURAL DO GOSENDE (ERMIDA) CONCELLO DE A BAÑA
MELLORA DO ENTORNO RECREATIVO E PATRIMONIAL DA ÁREA FLUVIAL DE A PONTE VELLA ( PONTE PEREIRA) NO RÍO ABUÍN CONCELLO DE SANTA COMBA
ACTUACIÓNS DE MELLORA NA ESCOLA/LOCAL SOCIAL A ILLA CONCELLO DE SANTA COMBA
ACTUACIÓN DE MELLORAS NA ESCOLA/LOCAL SOCIAL DE BARBEIRA (FONTECADA) CONCELLO DE SANTA COMBA
ESPAZO COWORKING PARA O PRIMEIRO SECTOR CONCELLO DE BRION
VIVENDA DE EMERXENCIA E URBANIZACIÓN DO ENTORNO EN PORTODEMOURO CONCELLO DE VAL DO DUBRA
REFORMA Y ADECUACIÓN PARA PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA Y ETNOGRÁFICA DEL AYUNTAMIENTO DE NEGREIRA CONCELLO DE NEGREIRA
Tamén se axudaron dende o GDR iniciativas de asociacións sen ánimo de lucro e asociacións veciñais. Que perspectivas tedes na convocatoria deste ano? Estamos pechando o período de programación 2014-2020. Nesta última convocatoria 2023-2024, se presentaron proxectos cun importe de investimento que alcanzou os 2.950.923 €. Pola parte que lle compete ao GDR xa os temos todos informados e agora estamos á espera do informe da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. De seguro que comprometemos todos os fondos, e si máis houbese, comprometeríamolos tamén. Que papel ten a formación para o GDR? Para o GDR Terras de Compostela a formación ten un peso moi importante. Considerámola como un eixo transversal a calquera das actuacións definidas na Estratexia de Desenvolvemento Local. Neste novo período prevese que se centren en dúas modalidades:
  • Modalidade 1: Formación agraria e medioambiental. Os temas poderán ser de agricultura, gandería, silvicultura, desenvolvemento sostible, conservación do medioambiente, procesos industriais agroalimentarios, sanidade vexetal, sanidade e benestar animal, etc.
  • Modalidade 2: Formación rural non agraria. Formación dirixida a aspectos transversais respecto da modalidade 1, como TICs, turismo rural, SICTED, etc.. 
A formación entendémola como un instrumento clave para a promoción do desenvolvemento rural e polo tanto sempre vai dirixida á poboación activa. Polo tanto, preténdese fomentar a aprendizaxe permanente e a formación profesional nos sectores de referencia. Nós interpretamos que unha maior cualificación resultará nunha produtividade laboral, co obxecto de manter ou aumentar a competitividade do seus negocios. Que é o destino fluvial? A Lei 7/2011, de 27 de outubro, do Turismo de Galicia define os Xeodestinos turísticos como ‘as áreas ou espazos xeográficos limítrofes que comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais, con capacidade para xerar fluxos turísticos e que, xunto á súa poboación, conforman unha identidade turística diferenciada e singular’. Dende o ano 2019, a Asociación Terras de Compostela é ente xestor do Xeodestino Terras de Santiago. Neste caso, trátase dun territorio de 823 km2 de superficie que conta cunha zona fondamente definida pola presenza de tres dos principais ríos de Galicia, tanto por caudal como pola súa riqueza faunística, florística, paisaxística e mesmo cultural: 
    • Ulla, que a delimita polo sur. 
    • O río Tambre, que suca a súa parte central. 
    • O curso alto do Xallas, que marca o seu límite setentrional.
No ano 2019 comezouse a traballar no destino xestionado pola entidade GDR Terras de Compostela co obxectivo xeral de crear unha estratexia de diferenciación para o destino, e en liña con este obxectivo xeral, deseñouse e configurouse un produto turístico fluvial, estruturado en base aos recursos naturais, neste caso os ríos. Imaxe corporativa do Xeodestino fluvial. // Fonte GDR Terras de Compostela
“No GDR Terras de Compostela apostamos por un xeodestino fluvial para potenciar un turismo sustentable”
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela actualiza a súa estratexia cara a dinamización do territorio e a potenciación do xeodestino.  A promoción turística dos concellos que abrangue o Xeodestino Terras de Santiago é un dos puntos fortes na nova estratexia. A aposta por un xeodestino fluvial non só procura atraer xente, senón facer un modelo de turismo que coide do medioambiente e conserve os recursos da zona. En paralelo, as intencións de fomentar o tecido produtivo e a competitividade do territorio xogarán un papel importante entre as accións deste GDR.  Que nos podes dicir dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) do cal fóstedes beneficiarios? En 2022 o GDR Terras de Compostela decide acudir á convocatoria extraordinaria dos PSTD co proxecto ‘Nova experiencia enogastronómica e incremento da cota de mercado do destino Terras de Santiago’ do cal fomos beneficiarios cunha asignación de 1.300.000,00€. Entendemos que a orientación enogastronómica podía ser unha moi boa estratexia para o noso Destino. O enfoque non se basa na exaltación dun produto en concreto, senon en crear experiencias novas incluindo toda a impronta da tradición gastronómica na paisaxe e a actividade económica do destino.  As liñas de traballo vanse centrar na potenciación de mercados gastronómicos, a través de  actuacións en diversos mercados gastronómicos para favorecer o seu uso turístico e polo tanto a relación entre vendedores e turistas. Para iso traballaranse novos formatos para o turismo gastronómico.  A estratexia do novo período está enfocada a potenciar o turismo sustentable así como a xerar unha experiencia nas comarcas que abrangue o GDR? Un dos fins da Asociación Terras de Compostela é o de fomentar o turismo como sector de actividade sostible nas áreas rurais como medio para aproveitar os recursos dos territorios locais.   Neste senso, estanse desenvolvendo accións de creación dun programa de experiencias turísticas nos 10 concellos, con actividades de natureza e culturais que promovan o coñecemento dos visitantes desta oferta, á vez que dinamizan a actividade turística en tempada baixa.  A este programa denominámolo “Terras de Santiago: máis alá de Compostela”. A intención é que a xente descubra as Terras de Santiago a través dos seus sendeiros, a súa xente e o seu patrimonio. Traballades en conxunto con outros GDR en Galicia? O certo é que sí, dende o ano pasado estamos a traballar con cinco GDRs de Galicia (Asociación de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel, ASDECOMOR, Asociación de Desenvolvemento Local Deloa e a de Costa da Morte) nun proxecto de moito peso chamado ‘Paisaxes intelixentes’. Os GDRs socios deste proxecto pretendemos levar a cabo procesos de planificación participada para xerar iniciativas piloto de paisaxes intelixentes nos núcleos rurais do territorio participantes. O proxecto incide directamente na posta en valor das terras agrarias nos núcleos rurais, tanto dende o punto de vista do uso conxunto das mesmas a través das diferentes figuras que se recollen na Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia, como do seu aproveitamento dende o punto de vista agrario e/ou forestal.  Cales son as vosas prioridades para este ano e o que ven? Neste momento estamos cambiando de período de programación. Remata o período 2014-2020 e comeza o 2023-2027. Esto supón que o territorio, é dicir a sua xente, decida cara onde camiñar a través da elaboración da Estratexia de Desenvolvento Rural. Estamos polo tanto nun momento inspiracional, ilusionante, con capacidad de poder cambiar as cousas porque o territorio non é estático, está en continuo movemento e por eso se necesita a estratexia, para atender ás necesidades sociais, medioambientais, e do propio mercado. Por iso, entre as liñas estratéxicas e propostas de actuación para o novo período estarán claves como a mellora da competitividade e o desenvolvemento do tecido produtivo, ou a conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural, así como actuacións de animación e dinamización territorial que promove o propio GDR, que irán encamiñadas á valorización de produtos locais, e en xeral, á promoción de recursos do territorio, ou á dinamización do sector turístico cara o distintivo de calidade turística SICTED, entre outras.
15 aniversario do GDR Terras de Compostela co recoñecemento á súa labor O pasado venres 6 de outubro tivo lugar o 15 aniversario do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, que tivo lugar no Pazo de Vista Alegre de Vedra. Ao longo da xornada organizouse un evento con varias actividades para celebrar o aniversario da asociación. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé clausurou o acto e destacou o labor que desempeñan este tipo de entidades no rural.

Condado Paradanta, un territorio que deseña o seu reverdecemento

A posta en valor dos recursos do territorio é a liña principal de traballo do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, que abrangue dez concellos do sureste da provincia de Pontevedra. Nesa liña, o GDR, xestor de programas europeos como o Leader, apoia tanto proxectos produtivos como non produtivos (por exemplo, servizos á veciñanza ou iniciativas de dinamización turística). O GDR Condado Paradanta atópase agora deseñando a súa estratexia 2023-2027, que ten a transición ecolóxica como guía e que busca traballar coas potencialidades do territorio, como o turismo, a agricultura ou o sector forestal. Esa estratexia guiará os proxectos do Grupo e as próximas convocatorias de apoios, a partir do 2024, pois a convocatoria deste ano xa se fixo no primeiro trimestre, cun total de 27 proxectos presentados. Algúns dos piares do traballo do GDR son os que analizamos a continuación:
    • Xeodestino Condado Paradanta
O Xeodestino Condado Paradanta naceu como un instrumento para a promoción do territorio da comarca, que comparte unha identidade turística común. Unha das súas primeiras iniciativas foi o lanzamento dun visor turístico que cataloga máis dun milleiro de puntos de interese nos distintos municipios da zona, de xeito que o visitante pode xeolocalizar a través do seu ‘smartphone’ distintas propostas ao seu redor, desde elementos patrimoniais a áreas recreativas, adegas, servizos de hostalaría e aloxamento, ou festas e mercados de interese. Durante os próximos tres anos, o Xeodestino manexa un plan de sustentabilidade dotado de 1,5 millóns de euros que lle permitirá colaborar no impulso a proxectos e eventos.
    • Potenciación da agricultura e do sector forestal 
O territorio do Condado Paradanta, cunha climatoloxía vantaxosa, presenta gran potencialidade tamén para a agricultura, tanto no viñedo, unha actividade xa consolidada, como noutras áreas. “Entre os anos 1930 e 1960, toda a zona de Ponteareas, Mondariz ou Salceda era considerada como a horta de Vigo”, lembra o xerente do GDR Condado Paradanta, Paco González. Imaxe do xerente do GDR Condado Paradanta, Paco González. / Fonte: GDR Condado Paradanta No marco da Lei de Recuperación de Terra Agraria de Galicia, o GDR considera que hai ferramentas para impulsar novos proxectos. “Temos detectado moito interese en emprender. A terra ten que deixar de ser un problema e pasar a ser unha oportunidade, iso si, adaptándose ás peculiaridades do noso territorio, como o minifundio”, apunta Paco González. O Grupo de Desenvolvemento Rural, conxuntamente co GDR Mariñas – Terras de Betanzos, está desenvolvendo o proxecto Viño e Froita, co que está a divulgar as posibilidades de plantacións froiteiras, como os cítricos ou as mazás, xunto con formación sobre manexo do viñedo, unha actividade máis tradicional na zona. Alén da terra agraria, outra grande parte do territorio da comarca correspóndese co monte. “Temos máis de 100 comunidades de montes veciñais. Se simplificamos, podemos dicir que case un 60% do noso solo é forestal. Desde o GDR estamos convencidos de que isto ten que ser unha oportunidade”, avanza González.
“Case un 60% do noso solo é forestal, entón, desde o GDR estamos convencidos de que isto ten que ser unha oportunidade” (Paco González)
    • Transición ecolóxica
O Grupo desenvolveu recentemente tres xornadas participativas para recoller as inquietudes veciñais a nivel de transición ecolóxica, o piar que guía a estratexia do GDR para o periodo 2023-2027. A raíz dos lumes do 2017 levamos a cabo un proxecto que lle chamamos ‘Reverdecer’, que o que perseguía era reverdecer un territorio terra ardida, é dicir, reverdecer desde o punto de vista ambiental, turístico, económico e tamén do sector agrario. Isto concluíu na necesidade inminente dunha transición ecolóxica”, avanza Paco González. Con ese enfoque, o Grupo procurou a participación social dos veciños. “É un mecanismo decisivo se queremos facer cousas novas para solucionar os problemas de sempre, o que implica buscar a cooperación”, destaca. Deste modo, o GDR programou tres xornadas para debatir e para coñecer iniciativas que se desenvolven noutros territorios, como a Estratexia agroalimentaria do Eo, na que un conxunto de axentes da comarca colaborou para impulsar o produto alimentario de cercanía. Outro dos focos das xornadas estivo na terra. “Quixémonos ocupar dunha cuestión que supera as capacidades de decisión do GDR, pero non de reflexión, sobre a reordenación e usos do territorio porque é moi importante que quede ben definido que se pode facer e onde se pode facer”, detalla o xerente. Algo que desde a Consellería de Medio Rural se está definindo coa elaboración do “Catálogo de usos agropecuarios”. Desde o Grupo sinálase tamén a importancia de establecer medidas que contribuan a facer que a actividade económica convoca en harmonía coas necesidades dos residentes, “cunha correcta ordenación territorial que faga compatible, por exemplo, a chegada de grandes adegas cos intereses e necesidades dos veciños”, aclara. A transición enerxética foi o tema principal da terceira xornada participativa. “Somos un territorio, como o resto de Galicia, cunha produción de enerxía importante, polo que temos que procurar ser un territorio moi beneficiado pola enerxía que se produce”, sinalan. Neste eido, o fomento das comunidades enerxéticas está no seu punto de mira.
    • Diferenciación
“Temos claro que un territorio atendido e coidado é un territorio protexido”. Sobre esa base de traballo, o GDR pensa en plasmar a súa potencialidade nunha marca a nivel comarcal. “Queremos crear unha marca a nivel comarcal que sirva como paraugas para que se vexan representados e promovidos os axentes de diferentes actividades económicas, sobre todo no sector agrario e turístico”, afima González.  Cómpre lembrar que neste camiño de diferenciación, o GDR xa é xestor do selo Sicted -Sistema Integral de Garantía de Calidade Turística en Destinos-, que actúa como un distintivo de garantía de calidade turística e doutros sectores da zona. A intención de continuar baixo o amparo deste selo permitirálle á comarca trasladar aos visitantes unha imaxe conxunta de esforzo e compromiso coa calidade e mellora continuas.
Sobre o Grupo de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta é unha entidade sen ánimo de lucro que foi constituída no 2008. Localízase na zona sureste da comunidade e abrangue os concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas,  Salvaterra de Miño, e Salceda de Caselas, coa peculiaridade de que hai 2 pontes que conectan con Portugal. En conxunto, este territorio ten unha poboación aproximada de 65.000 persoas. Este organismo está constituído tanto por entidades públicas como privadas. As públicas son os 10 Concellos da comarca, nos cales hai 2 entidades menores do territorio, Vilasogroso e Queimadelos, e a Deputación de Pontevedra; e tanto entre as entidades privadas están asociacións sen fins de lucro que conforman a maior parte do tecido social do territorio.  Estas entidades, tanto públicas como privadas, articúlanse en mesas sectoriais, dando lugar a 9 diferentes, así como por unha xunta directiva formada por 21 membros, que representan ás diferentes mesas sectoriais.

Das orixes á situación actual

“Antes da miña chegada ao GDR no 2017, tiña unha participación activa na dinamización do territorio con entidades privadas, e véxoo un territorio con moitas posibilidades pola súa posición estratéxica, debido a que é unha zona rural con influencia en Vigo, e preto doutras cidades como Ourense e Oporto. O sector máis potente é o de servizos, con especial presencia do turismo, e logo, tamén ten unha forte pegada o sector agrícola debido a que 6 dos concellos que o integran están na D.O. Rías Baixas”, explica o xerente do grupo e un dos tres técnicos do equipo técnico do GDR Condado Paradanta, Paco González. Sala de enoturismo da Bodega As Laxas, confinanciada por fondos Leader. / Fonte: GDR Condado Paradanta “Ademais da xestión dos fondos Leader, o GDR representa un axente dinamizador que permitiu establecer unha rede entre as diferentes entidades presentes no territorio, fortalecendo tamén sinerxias entre os diferentes municipios”, amplía o xerente. Con esa base, o GDR estivo desenvolvendo xornadas participativas para definir os seus obxectivos e estratexia de traballo no periodo 2023-2027, no marco das súas competencias e capacidades, pois entre as necesidades observadas, hai algunhas que o GDR non vai poder abordar pola súa magnitude, como poden ser as cuestións de mobilidade, a garantía dunha boa conexión a internet ou a dispoñibilidade de vivenda. Tamén a a atención social de certos colectivos, unha cuestión na que o GDR xa viña colaborando na medida das súas posibilidades.
Máis información: Enderezo: Rúa Silleda, s/n, 36880 A Cañiza, Pontevedra
  • Email: gdr (arroba) gdrcondadoparadanta.gal
  • Tel. 986 663 329

Como aforrar e á vez tratar eficazmente a mastite?

A mastite clínica é unha enfermidade común tratada con antibióticos. O veterinario e asesor en Dairy Experts, Alfonso Lago, estableceu unha liña de investigación en torno á aplicación eficaz dun tratamento selectivo por cultivo desta enfermidade. A partir de diversos estudos de caso observou que o uso eficaz de medicamentos está vencellado ao tratamento dos gram-positivos, concretamente aos estreptococos. Deste xeito, as ganderías poden reducir gastos obtendo as mesmas taxas de curación.

Claves para un correcto tratamento

O tratamento selectivo da mastite clínica é un programa que “inclúe tratar ou non tratar, inclúe retrasar o tratamento, inclúe tomar a decisión de tratamento baseada en resultados de cultivo, etc.”, explicou Alfonso Lago. O cultivo en granxa é fundamental para obter resultados que permitan unha selección efectiva, e así mesmo, ter en conta o cambio na etioloxía da mastite clínica. Na súa traxectoria de investigación percibiu que as bacterias gram-negativas eran os patóxenos máis frecuentes, e fixo referencia ao estudo de Peter Erskine (1992) no que se amosa que “en moitos casos a detección da mastite ocorre despois de que a bacteria se eliminara”. Deste xeito, Lago contrapuxo a curación bacteriolóxica fronte á curación clínica para abordar a eficacia do tratamento. Alfonso Lago fixo alusión a diferentes estudos de caso nos que, a aplicación de diferentes antibióticos en diversos rabaños deixa uns índices de curación bacteriolóxica ou clínica semellantes nas vacas que recibiron o tratamento e na que non o recibiron; fenómeno que cuestiona a eficacia da aplicación do mesmo. Por exemplo, na investigación de Guterbock no 1993 observouse que, “de 94 casos de mastite en 3 rabaños diferentes, tratados con amoxicilina, a curación bacteriolóxica sen tratamento é do 57% mentres que co uso de antibiótico é do 38%; sen embargo, a curación clínica é do 63% e do 68%, respectivamente”, detallou Lago. Observando estes resultados, o asesor de Dairy Experts estableceu unha hipótese de estudo de que “o tratamento selectivo da mastite clínica na granxa quizais reduza os costes de tratamento e traia un uso máis razoable de antibióticos sen afectar á saúde e produción das vacas”. Para probala, o equipo de traballo de Lago procedeu a un estudo de casos en diversas zonas de Estados Unidos. A metodoloxía de caso aplicada foi a selección de 8 granxas e unhas 470 vacas con mastite leve ou moderada, segregando a mostra en casos de control e de cultivo. Aqueles asignados a control recibiron dúas doses de cefaperina sódica, mentres que, coas reses do outro grupo, procedeuse realizando un cultivo, das cales se trataron ao día seguinte, as infectadas con gram-positivo ou infeccións mixtas, deixando as vacas de casos sen crecemento ou de gram-negativos sen tratamento. “No grupo que se aplicou unha selección tan só se trataron o 44% das vacas e dos cuarteiróns fronte ao 100% do colectivo de control”, comentou Lago. Os resultados en canto a días de curación clínica, isto é, “cando a leite volve a ser normal”, “non houbo diferencias entre ambas mostras, ao igual que sucedeu cos días de descarte de leite, onde incluso pode ser levemente menor no tratamento baseado en cultivo”, detallou o asesor de Dairy Experts. En canto a curación bacteriolóxica tamén foi menor na mostra de cultivo, mentres que a recorrencia da mastite, o número de células somáticas, ou a produción de leite evolucionaron sen diferencias. Noutro estudo de caso, Alfonso Lago foi afinando máis coa intención de responder a ‘que é o que en realidade se debe tratar’. O asesor fixo referencia a outros estudos nos que se reflexa que “os coliformes e os estafilococos coagulasa positivos teñen unha taxa de autoeliminación ou autocuración alta, mentres que a taxa de recaídas e aparicións de estreptococos ambientais é alta”, detallou Lago. Desta maneira, no 2015 procedeu a aplicar un tratamento selectivo en 276 casos de mastite clínica, nos cales, o nivel de estreptococos era do 22%. Os resultados da mostra de cultivo estudada revelaron que tratando só estes patóxenos “non só se reduciu os usos de antibióticos en dous terzos sen sacrificar a eficacia do tratamento, senón que ademais, reducíronse os días de descarte do leite, a recorrencia de mastite clínica, e rexistrouse unha tendencia a reducir a eliminación”, explicou Alfonso Lago.

A importancia dun correcto secado

 Na súa intervención no ‘2022 National Mastitis Council Annual Meeting’, Maristela Rovai, médico veterinario e profesora asistente na South Dakota State University, fixo fincapé nas fases de lactancia dunha vaca, e así mesmo, na importancia do período seco como método de recuperación para o inicio do seguinte período. Un dos obxectivos do período seco é “reemplazar as células epiteliales vellas no tecido secretor da ubre, fundamental se se pretende maximizar a produción na seguinte lactación”, especificou Rovai. Así mesmo, a terapia de secado ten un papel fundamental na reducción da prevalencia de mastite, posto que “no principio deste período hai un aumento das infeccións intramamarias”, ampliou Rovai. A pesar de que o secado tradicional é de 55 días, a médico veterinario referenciou aos últimos estudos de Bachman, Gulay e Annen nos que se confirmou que con 30d era suficiente. Rovai concluíu que “a medida que aumenta o número de lactación, requírense menos días de secado para maximizar a produción de leite durante a seguinte lactación”, engadindo resultados semellantes para a aplicación de secados en ambas duracións.