Archives

Recomendacións de Calfensa para a campaña de millo

Nos solos galegos, de carácter ácido, a caliza é un aliado fundamental para optimizar a nutrición dos cultivos, pois contribúen a que as plantas capten e asimilen os nutrientes aportados por abonos e xurros. Repasamos da man de Calfensa a gama de produtos dispoñible no mercado e consellos de aplicación para a campaña de millo.

Gama de produtos

Caliza agrícola O carbonato cálcico, a caliza agrícola tradicional, é un produto moi empregado e non caústico. O grao de finura do produto determinará o seu tempo de reacción en chan. “Canto máis fino é un produto, terá un maior número de partículas que se descompoñerán antes no solo. No caso das calizas de Calfensa, estamos falando dun tempo de reacción de 3 – 4 semanas, dependendo de factores como a humidade do solo ou as súas características”, explica Alberte Momán, enxeñeiro técnico agrícola do departamento comercial de Calfensa. “Paga a pena valorar que tipo de produto se está usando, pois hai no mercado produtos pouco reactivos ou cun maior grao de impurezas”, valora o técnico. Outra cuestión a ter en conta é a capacidade da caliza para correxir a acidez do solo, que se mide polo seu valor neutralizante. A caliza agrícola de Calfensa presenta un valor neutralizante de 50, polo que para a maioría de solos agrícolas galegos, caracterizados pola súa acidez, serán precisas doses de aplicación de 2.000 – 2.500 Kg. / hectárea. “Esta é a dose habitual, pero sempre aconsellamos que o produtor faga unha análise de terras para facer un encalado con maior precisión”, sinalan en Calfensa. No mercado das calizas, hai ademais mensaxes que levan á confusión, pois existen produtos que se presentan nun formato de granulado esférico con doses de aplicación recomendadas de 400 – 600 Kg. / hectárea. “Non hai explicación técnica para aconsellar unha dose tan baixa, pois o valor neutralizante destes produtos é igual que o da nosa caliza, polo que a cantidade a aplicar ten que ser a mesma” -advirte Alberte Momán.- “Hai que prestarlle atención ó valor neutralizante do produto”, recomenda. Outra situación confusa pode producirse con calizas procedentes de Portugal, país que ten un sistema diferente para medir o valor neutralizante. Así, calizas lusas que se presentan en Galicia cun valor neutralizante de 85 son equivalentes ás calizas españolas con valor neutralizante de 40. Por último, cómpre sinalar que no mercado hai tamén calizas a base de dolomita, cun tempo de reacción máis longo que o carbonato cálcico, se ben non é un produto co que traballe Calfensa. Caliza magnesiana (Caliza agrícola + óxido de magnesio) Os solos agrícolas galegos adoitan presentar carencias de magnesio, polo que Calfensa ofrece unha caliza agrícola que incorpora un 20% de óxido de magnesio. Corríxense así as deficiencias en calcio e magnesio, dous elementos importantes para mellorar a nutrición dos cultivos. A incorporación do óxido de magnesio eleva o valor neutralizante do produto a 60, polo que a dose será lixeiramente inferior á do carbonato cálcico. A aplicación das calizas agrícolas é realizada por Calfensa por medio de equipos con brazos dosificadores, dotados dun sistema de pesado e dosificación programado. A empresa conta con tres equipos aplicadores, cos que responder ós picos de demanda da primavera, e tamén se mantén en servizo un aplicador con aire a presión, xa que é máis versátil para parcelas que presentan dificultades no uso dos equipos con brazos aplicadores. Óxido de calcio e óxido de magnesio Son os produtos que presentan unha maior velocidade de reacción, se ben o seu custo tamén é máis alto. O valor neutralizante do óxido de calcio está en 92 e o da dolomía calcinada (óxido de calcio e óxido de magnesio) en 92,8. Eses valores determinan a aplicación de doses medias en Galicia de 1.200 – 1.600 kg. / hectárea. O produto servido por Calfensa preséntase granulado, a modo de gravilla, e pode ser esparcido polo propio gandeiro por medio de abonadoras. “A principal vantaxe que ofrece é a comodidade”, sinalan na empresa. Novamente hai que ter en conta factores como o valor neutralizante do produto ou a súa facilidade para desfacerse no solo.

Consellos de aplicación

Incorporación ó solo Dado que a acción do encalante é por contacto directo, cómpre facer un esparexido homoxéneo en toda a superficie, así como unha incorporación inmediata ó solo por medio dun laboreo. Deste xeito, garantirase o beneficio do produto en toda a zona que ocuparán as raíces do cultivo. Suba do pH Deben usarse doses que non suban o nivel do pH do solo máis dun punto, xa que unha suba repentina maior tería efectos negativos nos microorganismos do solo. Aplicación de xurros e abonos No posible, é conveniente esperar unhas semanas a que o produto encalante teña reaccionado no solo antes de incorporar xurros, estercos ou abonos. De non facelo así, o encalante pode reaccionar co esterco ou con abonos nitroxenados amoniacais, desprendendo amoniaco e, por tanto, reducindo a capacidade de fertilización do abono ou do xurro. Tamén pode repercutir de xeito negativo nos fosfatos.

Contacto Calfensa

  • Teléfono: 982 30 59 02

Principais beneficios das calizas

  • Evítase o bloqueo e fixación dos fosfatos, ao formarse compostos de calcio máis asimilables polas plantas.
  • Redúcese a toxicidade de determinados minerais para as plantas, como o aluminio, o ferro ou o manganeso.
  • Favorécese a absorción de Molibdeno (Mo) presente no solo por parte das plantas, algo que é especialmente positivo nas leguminosas, que presentan altas necesidades do mineral.
  • Mellora a estrutura do solo e as súas propiedades físicas.
  • Estimúlase a actividade dos microorganismos, o que repercute nunha mellor transformación da materia orgánica e nunha maior dispoñibilidade de nutrientes.
  • Contribúe ó bo desenvolvemento e distribución das raíces das plantas.

“Un 40% das terras agrícolas de Galicia que analizamos teñen contidos altos ou moi altos en fósforo”

Esperanza Álvarez, ás portas da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo Esperanza Álvarez é catedrática do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC no Campus Terra de Lugo e coñece ben os solos galegos, dos que destaca as súas aptitudes para a produción cun manexo racional. Ela ten levado a cabo estudos sobre a súa degradación e recuperación, sobre a contaminación por metais pesados e antibióticos, sobre a toxicidade do aluminio, a fertilidade en solos agrícolas e forestais e a dinámica de macro e micronutrientes, así como sobre a utilización de materiais bioadsorbentes para a descontaminación tanto dos solos como da auga. Nos laboratorios da Escola Politécnica realízanse análises para empresas, cooperativas agrogandeiras e particulares que axudan a coñecer o estado do solo para poder corrixir deste xeito as súas carencias e a adaptar as doses de abonado ás necesidades reais de nutrintes dos cultivos.
Nos laboratorios da Escola Politécnica realízanse análises de solos para empresas, cooperativas agrogandeiras e particulares
Ás portas da tempada de abonado de primavera, falamos con Esperanza para coñecer problemas habituais de fertilización dos solos galegos e algúns consellos para elevar a produtividade das terras sen prexudicar o entorno. – Que características teñen os solos agrícolas galegos? – Nós temos solos ácidos, todos teñen pH baixo, incluso os que están sobre rochas básicas, debido a que temos un clima cunha precipitación abundante e con moito lavado. Por iso chegamos a ter sobre rochas básicas solos ácidos tamén. Esa é unha característica común e xeralizada, aínda que nos solos sobre rochas ácidas (granitos, xistos da serie de Vilalba, lousas, cuarcitas) o pH é máis baixo que os que están sobre rochas básicas (gabros, anfibolitas) ou xistos da serie de Ordes. En calquera caso, a maioría dos nosos solos necesitan un encalado previo á fertilización. – Que efectos produce esta acidez a nivel agronómico? – Como dixen, todos os solos galegos, por natureza, son ácidos, pero os de cultivo, dependendo do tratamento histórico previo que teñan recibido e do seu manexo, uns témolos en mellores condicións ca outros. Temos un problema de acidez e nestas condicións o aluminio pode chegar a ser tóxico.
En moitos solos onde debería haber nutrientes, hai un elemento tóxico, que é o aluminio
Nos solos de Galicia non ocorre tanto iso porque temos moita materia orgánica e podemos dicir que atrapa ao aluminio. Por iso en moitos casos este elemento non ten unha toxicidade directa, pero si que está ocupando sitios na despensa de solo formado pola materia orgánica coloidal e as arxilas, onde debería haber nutrientes como calcio, magnesio ou potasio e que no lugar deles sitúase o aluminio, polo que cando a planta quere ir a esa despensa a buscar un nutriente concreto non o ten, o que atopa é o aluminio. É dicir, en moitos solos onde debería haber nutrientes, hai un elemento tóxico. Como temos moita materia orgánica e anións como flúor ou sulfato, complexa neste elemento, non adoitamos ter un problema de toxicidade por absorción de aluminio polas plantas, pero está ocupando o sitio doutros nutrientes. Polo tanto, o aluminio considérase o principal limitante da fertilidade dos solos ácidos. 
O aluminio considérase o principal limitante da fertilidade dos solos ácidos
Pero tamén a pH ácido, a despensa do solo (coñecida como capacidade de intercambio catiónico) é máis pequena, é dicir, algúns coloides teñen pouca carga negativa e mesmo a poden ter positiva. Neste medio tamén hai unha baixa dispoñibilidade de macronutrientes como N, P, S, a parte da sinalada de Ca, Mg e K, e dun micronutriente como é o molibdeno. O fósforo, xofre e o molibdeno quedan retidos sobre esas cargas positivas que presentan os coloides do solo a pH ácido, ou poden precipitar co aluminio. No caso do nitróxeno, a acidez limita as reaccións de mineralización da materia orgánica e a nitrificación, responsables de que teñamos un nitróxeno na forma en que a planta o pode tomar. Pola contra algúns micronutrientes, que a planta toma en moi pequeñas cantidades, como Mn, Cu ou Zn, poden estar en concentración máis elevadas cas que necesita a planta. Ademais das propiedades químicas, a acidez tamén afecta ás propiedades físicas como á porosidade do solo, e ás biolóxicas, principalmente á actividade microbiana que é responsable, entre outras, da mineralización da materia orgánica e da nitrificación. – Cal é a acidez media que vos estades atopando nos solos e cal a que debería haber? – Nas análises que facemos nos solos de cultivo normalmente xa vén corrixida por encalados anteriores, pero aínda así atopámonos case un 50% dos solos que analizamos con pH por debaixo de 5,5. Falo dese nivel porque por enriba del o aluminio precipita, e así eliminamos o principal problema dos solos ácidos; polo tanto débese encalar para precipitar o aluminio. Un 5,8 de pH xa pode ser axeitado, porque tes o aluminio precipitado e os nutrientes dispoñibles. Se ti queres lograr unha maior dispoñibilidade de nutrientes podes chegar a un valor de pH de 6, pero non é necesario pasar de aí, porque por enriba o que fas tamén é prexudicar a absorción dos micronutrientes, que a maioría deles, agás o molibdeno, están dispoñibles a pH ácido e, aínda que os cultivos os necesitan en pequenas cantidades, son tamén necesarios. Evidentemente, vai depender tamén das esixencias dos cultivos. 
Un valor de pH que estea entre 5,8 e 6 sería o máis recomendable
Se ti te pasas moito do valor de 6 no pH e o levas até 7 ou algo máis, por exemplo, que pasa ás veces, algúns micronutrientes como o ferro, que é super necesario, non o pode absorber a planta, porque baixa totalmente a súa solubilidade, e co manganeso pasa o mesmo. Pero pode pasar ademais se elevamos o pH por enriba de 7 que o fósforo precipite co calcio e o aluminio pode solubilizarse de novo, polo que o que conseguimos nestes casos son efectos prexudiciais e contrarios ao que nós pretendemos co encalado. É dicir, hai que ter moito coidado con non pasarte tamén por enriba porque pódense provocar efectos non desexados: unha clorose férrica que é moi visible nas plantas.
Se ti te pasas do valor de 7 no pH podemos provocar efectos prexudiciais na absorción de ferro ou fósforo
En resumo, un valor de pH que estea entre 5,8 e 6 sería o máis recomendable, porque por un lado estariamos precipitando o aluminio, que é o que nos estorba, para sacalo da despensa e facer que non sexa soluble e que a planta non o tome e, ao mesmo tempo, lograr que todos os nutrientes estean dispoñibles, tanto os macronutrientes como os micronutrientes, para que a planta os poida coller cando os necesite. Ese pH tamén é moi axeitado para que os microorganismos do solo realicen a súas funcións e para que haxa moitas cargas negativas no solo, é dicir, para que haxa unha boa despensa. – E que dose sería necesaria para lograr ese nivel de 5,8-6 de pH? – A dose é moi variable, porque os solos teñen unha historia previa e unha resposta diferente dependendo da súa capacidade tampón, e ademais depende do valor neutralizante e do tamaño de partícula do encalante que se use. Cando se transformaron montes en pradeiras alá polos anos 80, fixéronse ensaios no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo con distintas doses de caliza (0,75;1; 1,5;  3, 4, 5 e 6 t ha-1) e concluiron que 3 toneladas por hectárea era unha dose suficiente para situar ao aluminio en valores por debaixo do crítico para as pradeiras (<10% na despensa do solo) e o efecto do encalado permanecía 7 anos despois. Pero agora na maioría dos casos esas doses non van ser necesarias porque normalmente hai un encalado previo e xa non partimos de pHs tan ácidos. Aínda que hai moita xente que fertiliza e non encala, hai moitos outros solos que xa veñen cun pH de entre un 5 e un 5,2 e neses casos a dose é moito menor. Nós non a calculamos en función do pH, senón en función do aluminio que haxa e o que queremos que quede despois de encalar. Hai que corrixir a acidez se queres plantar especies esixentes ou senón buscar cultivos que toleren esa acidez do solo. Se ti botas centeo tolérache unha acidez, se sementas trigo outra e no caso do millo unha diferente. Dependendo dos cultivos, os requirimentos de encalado tamén son uns ou outros. – Cal sería o mellor momento do ano para facer ese encalado e con que produtos? – Quizais o mellor momento sexa antes das primeiras choivas do outono, que no caso de Galicia coincide coa sementeira das pradeiras. Encalar un tempo antes de botar a pradeira sería un momento axeitado para facer un encalado de fondo, que despois poderías corrixir máis tarde se fora necesario cun de coberteira, pero o encalado de fondo é o mellor, porque incorporas o produto ao solo mediante o laboreo. Despois habería que deixar un tempo antes de fertilizar para que non haxa perda de nutrientes, sobre todo de nitróxeno, porque cando ti inmediatamente despois de encalar botas nitróxeno créanse puntualmente condicións microalcalinas e coa auga pode dar lugar a que o nitróxeno se volatilice. Debería de pasar mínimo dúas semanas entre o encalado e o abonado, pero depende tamén do encalante que se use, se é de reacción máis rápida (óxido de calcio) ou máis lenta (carbonato cálcico ou carbonato cálcico magnésico). O que pasa é que moitas veces bótase todo xunto para non ter que levar a cabo dúas operacións, pero córrese o risco de perder o nitróxeno do fertilizante. Isto mesmo ocurre cando se engade xurro ou esterco ao tempo que o encalado.
Deberían pasar mínimo dúas semanas entre o encalado e o abonado
E en canto o produto a utilizar, o encalado en Galicia debería facerse, polo xeral, con caliza magnesiana, porque nós temos solos pobres en calcio e en magnesio, aínda que por exemplo na zona de Melide, que ten moito magnesio, aí non se pode botar caliza magnesiana; de novo hai que saber onde estás e o que botas. Tamén hai subprodutos da industria alimentaria que funcionan moi ben, como por exemplo a cuncha de mexillón, sempre e cando lle deas un tamaño adecuado, cunha granulometría semellante á da propia caliza. Cunha cuncha de mexillón triturada e botada co mesmo tamaño de gran que a caliza os resultados obtidos son moi similares, porque a cuncha é carbonato cálcico e pode ter tamén pequenas cantidades de magnesio. Era algo que xa se facía tradicionalmente nas zonas costeiras de Galicia. – O Real Decreto de Nutrición Sostible de Solos Agrarios obriga a facer analíticas. Que che parece? – Cando abonamos ou encalamos o que non se pode facer é botar por botar e facelo ao tun tun porque iso conleva problemas ambientais importantes pero tamén un gasto absurdo, desperdiciando fertilizante e provocando ou acentuando desequilibrios no solo, o que se traduce en que non haxa unha mellora na produción senón todo o contrario. Moitas veces a xente fertiliza botando NPK por simple rutina. É o que se acostuma botar en Galicia, pero moitas veces non encalou previamente. Cando se fai iso estás perdendo eficiencia na fertilización, porque o fósforo retense fortemente sobre os compoñentes de carga positiva que hai no solo e que teñen esa carga positiva cando o pH é ácido, ou precipita co aluminio. Pero se ti encalas cambias o valor do pH e o fósforo estaría dispoñible para as plantas. Polo tanto, é moi necesario primeiro encalar e despois corrixir as carencias co que faga falla, por iso é tan necesaria a analítica.
A xente fertiliza con NPK por simple rutina e estámonos atopando solos cunha concentración moi elevada en fósforo
É como se ti vas ao médico e queres que che receite sen saber antes o que tés. Primeiro hai que facer unha análise de sangue e as probas oportunas; diagnosticar e despois medicar. Pois co solo pasa o mesmo. E incluso para pacientes coa mesma doenza o tratamento pode ser diferente. Igual no solo, dous solos ácidos poden necesitar unha dose de encalado e abonado diferente dependendo doutras propiedades do propio solo e do cultivo que vaia levar. A partir das analíticas é cando nós podemos recomendar. O xeral case sempre é que hai que encalar, pero non en todos os casos. Hai zonas de agricultura moi intensiva onde xa encalan desde fai tempo e nas que non é necesario encalar todos os anos, porque sempre hai un efecto residual do cal e igual chega con encalar cada dous ou tres anos; iso hai que velo en cada caso concreto.
Ao mellor non tes que fertilizar todos os anos. A sobrefertilización é contraproducente porque provoca desequilibrios no solo
O mesmo pasa coa fertilización. Ao mellor non tes que botar fertilizantes todos os anos. Estannos chegando aquí ao laboratorio solos cunha concentración de fósforo moi elevada. Lembro algúns traballos feitos fai uns anos na zona de Ordes, por exemplo. Nalgúns sitios hai unha sobrefertilización incrible e iso non é bo, xa non só polo gasto económico innecesario que supón abonar con fósforo cando non o necesitamos, senón que é mesmo contraproducente para o propio solo porque despois ese fósforo, dependendo do pH, precipítache o calcio e ti tes que ter un equilibrio. Cando tes déficit dalgún nutriente ou un desequilibrio no solo, a calidade desa colleita e o seu valor nutricional non é bo, porque o que fixeche foi bloquear a absorción dalgún nutriente. Falando de forraxes, por exemplo, puideches ter unha colleita abundante, pero a calidade igual non é a axeitada e aínda que o poidas corrixir despois a nivel de ración para o gando, mediante a suplementación, supón un gasto que podías ter aforrado.
Podemos ter forraxes que medran moito pero que ao mellor non teñen magnesio
Podemos ter forraxes que medran moito pero que ao mellor non teñen magnesio, e iso derivar en problemas de tetania no gando, que é unha desorde metabólica en rumiantes provocada pola falta de magnesio e que se dá moitas veces en sistemas de pastoreo. En ocasións danse problemas nas explotacións que non teñen que ver só coa cantidade que produces, senón coa calidade do que produces e que veñen derivados da nutrición do solo. Unha meneira de producir san e saudable é saber manexar o solo, porque cando ti tes unha relación desequilibrada entre calcio e magnesio, porque encalaches con calcio e non botaches magnesio, por exemplo, igual non se está absorbendo este último e provocas esa hipomagnesemia ou tetania. Moitos agricultores e gandeiros ás veces por inercia botan NPK, non miran a necesidade que hai. E do que se trata é de axustar cada vez máis as doses de abonado aos requirimentos do solo e o cultivo, porque trátase de satisfacer a demanda da planta pero sen danar ao medio ambiente. – Hai problemas de exceso de nitróxeno nos solos en Galicia nalgunhas zonas? – Nós detectamos máis problemas de exceso de fósforo. O nitróxeno acostúmase engadir como nitrato amónico ou como unha sal amónica ou cos xurros, pero ten que pasar a nitrato para que a planta o poda absorber. É dicir, ten que haber unha nitrificación (no caso dos xurros primeiro unha mineralización) se as condicións son axeitadas a nivel de pH, pasando dun amonio a un nitrato, que é como o toma a planta. Pero o nitrato é moi móbil, polo que moitas veces non se atopa no solo, senón que o exceso está xa na auga. Polo tanto, non é frecuente atopar nas analíticas un exceso de nitróxeno no solo, pero ese risco de contaminación por nitratos si que existe, moitas veces porque se bota moito purín e despois abónase igual con NPK.
Moitas veces estase fertilizando de máis, porque cando se bota moito purín ás veces non sería necesario despois fertilizar con nitróxeno
No caso do xurro ou do esterco, esa materia orgánica mineralízase e ese amonio pasa a nitrato, que pode ir a moitos sitios: pode ir á planta, pode ser retido polos microorganismos do solo, pero ao tratarse dun anión moi móbil, parte vaise ás augas, que é o que fai que haxa problemas nalgunhas cuncas onde se bota moito purín. Porque moitas veces estase fertilizando de máis, xa que co purín non sería necesario despois fertilizar con nitróxeno e séguese botando igual. De novo, isto vai depender das esixencias do cultivo, porque é certo que hai cultivos que demandan moito nitróxeno e non é suficiente o que aportan os xurros. 
 Un 40% dos solos que analizamos teñen contidos altos ou moi altos en fósforo
No caso do fósforo, sobre un 40% dos solos que analizamos teñen contidos altos ou moi altos. O exceso que atopamos moitas veces vén de atrás, de adicións anteriores e non tanto dos xurros, que xeralmente son pobres en fósforo, pero si por botar sempre abono mineral con fósforo. O NPK é moi recurrido en Galicia, pero eu sempre digo para que queres botar fósforo ou nitróxeno se xa o tes no solo; mira primeiro o que tes e fertiliza só se é necesario. Hai veces que só necesitas potasio e outras veces incluso que nesa campaña non necesitas nada. Botando só o necesario habería un aforro económico e os mesmos resultados produtivos. Tendo en conta, iso si, que non son os mesmos requirimentos para todos os cultivos: hai especies moi demandantes de fósforo e outras máis de nitróxeno. O abonado ten que ser algo racional, sostible e adaptado ás necesidades da planta; o que non pode ser é botar por botar.

Bisannia Pradera Selenio: fertilizante, caliza e selenio nunha soa aplicación

Bisannia Pradera Selenio é un fertilizante pensado para zonas de montaña e media montaña que se caracterizan por un manexo difícil debido á orografía do terreo. Todas aquelas zonas de montaña e media montaña, tan abundantes en Galicia, son susceptibles de utilizar este produto, aínda que isto non exclúe a outras zonas. En palabras de Alonso López, Product Manager de Delagro: “Trátase dun excelente produto para usar en todas aquelas zonas nas que, pola orografía ou o clima, non se pode acceder con facilidade. Desta forma, nunha vez aplicamos caliza e fertilizante”.

O novo deste produto radica na súa formulación e a súa aplicación. No relativo á súa formulación, de base nitroxenada, conta cunha caliza granulada máis avanzada do mercado: Calcampo Plus. Desta forma obtemos un fertilizante cuxo beneficio é dobre: realizamos unha achega de fertilizante ao mesmo tempo que aportamos caliza para corrixir o pH, logrando un maior aproveitamento de nutrientes por parte a planta.

Bisannia Pradera Selenio mellora a eficiencia do abonado, ao achegar dous produtos nunha mesma aplicación. Isto contribúe a mellorar o manexo naquelas zonas de montaña. “Bisannia Pradera Selenio supuxo unha revolución e un gran éxito debido á súa forma de aplicación, xa que facilita moito o manexo ao gandeiro, por non falar do aforro de diñeiro e tempo que supón o non ter que facer varias aplicacións”, continúa Alonso.

A gran fortaleza de Bisannia Pradera Selenio está na súa formulación e facilidade de manexo

Outra das grandes virtudes que ten este produto é que na súa formulación leva incorporado Selenio. O Selenio, de maneira natural, adoita estar dispoñible en cantidades insuficientes nas forraxes, tendo que realizar, en ocasións, suplementación nos animais para que teñan niveis correctos deste mineral.

O Selenio é fundamental na eficiencia reprodutiva, tanto das femias como dos machos; así como tamén para a fase que vai desde o nacemento até o destete dos tenreiros. Existen estudos que relacionan os niveis correctos de Selenio dos becerros cun maior aumento de peso (Guyot et al., 2006).

Nos tenreiros que se alimentaron co costro de mellor calidade, proveniente das vacas que recibiron o selenio na súa forma orgánica constátase unha maior inmunidade. Así mesmo, os índices de diarrea diminuíron significativamente. Ademais dunha mellor saúde, os xatos presentaron unha maior ganancia de peso e, por tanto, foron destetados en óptimas condicións. Dita situación tamén se viu no estudo realizado por Davis et al., 2005.

Bisannia Pradera Selenio é un produto distribuído por de Delagro que se comercializa en todas as súas cooperativas socias e distribuidores.

Máis información:

Alonso López Product Manager Delagro
Teléfono: 608 67 34 83
www.delagro.org

Calizas Calfensa, beneficios para as praderías

Cando o solo ten un pH ácido, como o habitual en Galicia, os cultivos atopan maior dificultade para aproveitar os nutrientes, o que supón un handicap para o seu desenvolvemento. “Con frecuencia, atopámonos con análises de solos que teñen unha presenza alta de nutrientes, ata o punto de estar sobreabonados, pero eses nutrientes están pouco dispoñibles para os cultivos por ter o solo un pH ácido” -explica Alberte Momán, enxeñeiro técnico agrícola de Calfensa.- “Para lograr un abonado eficaz, é preciso coidar a corrección do pH do solo”, subliña.

No caso das praderías, a aplicación das calizas agrícolas pode facerse tanto en labores de fondo, aproveitando os traballos de renovación da pradería, como en superficie, tralo último corte de herba ou fin do pastoreo da parcela. “Nos encalados de mantemento, un efecto claro é que as calizas contribúen a rexuvenecer o cultivo, co que aumenta a produción e a calidade do ensilado”, valora Alberte Momán.

Dado que a acción dos produtos encalantes é por contacto directo, deberemos facer un esparexido homoxéneo por toda a superficie, mirando de incorporalo de inmediato no caso de traballos de fondo, para que os seus beneficios afecten á superficie que colonizará o sistema radicular das plantas.

Beneficios do encalado en solos ácidos
As condicións xeolóxicas e climáticas habituais en Galicia deparan solos ácidos nos que as plantas adoitan ter a disposición grandes concentracións de aluminio e manganeso, que en porcentaxes altos repercuten nun pobre desenvolvemento das plantas. O aluminio ten un impacto directo sobre as raíces, que aparecerán curtas e fráxiles, en tanto o manganeso causa un menor crecemento do talo.

A acidez do solo limita ademais a dispoñibilidade dos nutrientes principais, nitróxeno, fósforo e potasio. Así as cousas, o encalado aportaralle ós cultivos importantes beneficios:

• Bloquea parte dos ións de aluminio, ferro e manganeso, que poden estar en concentracións moi tóxicas para algúns cultivos.

• Evita o bloqueo e fixación dos fosfatos.

• No caso de que estea presente no solo, aumenta a accesibilidade do Molidbeno (Mo), un elemento fundamental.

• Mellora a estrutura do solo. Estabiliza os humatos e aporta calcio.

• Estimula a actividade dos microorganismos, o que repercute nunha mellor humificación e mineralización da materia orgánica.

• No caso das leguminosas en praderías polifitas, o encalado pode aumentar a cantidade de proteína da forraxe, ao incentivar o crecemento das leguminosas.

• Contribúe a un mellor desenvolvemento do sistema radicular das plantas, aumentando a superficie explorada por estas, sendo capaces de recoller mellor a auga e os nutrientes.

Gama de produtos encalantes

Caliza agrícola
O carbonato cálcico, a caliza agrícola tradicional, é un produto moi empregado e non caústico. O grao de finura do produto determinará o seu tempo de reacción no chan.

Outra cuestión a ter en conta é a capacidade da caliza para corrixir a acidez do chan, que se mide polo seu valor neutralizante. A caliza agrícola de Calfensa presenta un valor neutralizante de 50, polo que para a maioría de solos agrícolas galegos, caracterizados pola súa acidez, serán precisas doses de aplicación de 2.000 – 2.500 Kg. / hectárea.

Á hora de consultar o valor neutralizante dun produto, hai que ter tamén en conta que en Portugal contan cun sistema de medición diferente, polo que produtos portugueses cun valor neutralizante de 85 son equivalentes aos que en Galicia teñen 40.

Caliza magnesiana (Caliza agrícola + óxido de magnesio)
Os solos agrícolas galegos adoitan presentar carencias de magnesio, polo que Calfensa ofrece unha caliza agrícola que incorpora un 20% de óxido de magnesio. Así corríxense as deficiencias en calcio e magnesio, dous elementos importantes para mellorar a nutrición dos cultivos.

A incorporación do óxido de magnesio eleva o valor neutralizante do produto a 60, polo que a dose será lixeiramente inferior á do carbonato cálcico. Nos últimos anos está medrando o consumo da caliza magnesiana, pois é unha necesidade en moitas zonas da comunidade.

“As analíticas de solo nas explotacións son cada vez máis habituais e con frecuencia adoitan revelar carencias de magnesio, que é un elemento importante para mellorar a nutrición dos cultivos”, explica Alberte Momán, enxeñeiro técnico agrícola do departamento comercial de Calfensa.

Caliza Magnesiana Granulada
De xeito complementario á caliza magnesiana en po, Calfensa lanzou unha caliza magnesiana granulada, coa mesma riqueza pero que pode ser aplicada directamente polo profesional, ao presentar un grao esférico como o do abono.

“Coa creación dun granulado de caliza magnesiana buscamos un produto de boa calidade que cubra as necesidades de clientes específicos, como pequenos produtores con hortas e xardíns, ou áreas verdes públicas”, explica Alberte Momán, que precisa que a dose de aplicación da caliza granulada terá que ser similár á da caliza en po.

“Con determinados produtos granulados, houbo mensaxes engañosas no mercado, pois recomendaban doses de aplicación moi inferiores ás aconselladas técnicamente, polo que carecían do efecto necesario en campo”.

Óxido de calcio e óxido de magnesio
Son os produtos que presentan unha maior velocidade de reacción, aínda que o seu custo tamén é máis alto.

O valor neutralizante do óxido de calcio está en 92 e o do óxido magnesiano en 92,8. Eses valores determinan a aplicación de doses medias en Galicia de 1.200 – 1.600 kg. / hectárea. O produto comercializado por Calfensa preséntase granulado, a modo de gravilla, e pode ser esparexido polo propio gandeiro por medio de abonadoras.

Calcimag Flow, o carbonato cálcico líquido para mesturar co purín

Calcimag Flow pode aplicarse con cisterna convencional ou mediante sistemas de tubos colgantes

CALCIMAG FLOW é una enmenda cálcica líquida a base de carbonato de calcio en suspensión que se aplica nas fincas mesturada co purín. O produto, único no mercado e comercializado en Galicia polo Grupo Soaga, ofrece numerosas vantaxes.

A primeira é que o produto mestúrase co xurro na fosa ou balsa e aplícase despois no campo conxuntamente co purín, nunha única pasada de cisterna, co consecuente aforro de tempo, traballo e combustible. Ademais, evítase o po habitual noutro tipo de produtos.

Lógrase un considerable aforro de tempo e diñeiro, xa que cunha única aplicación sobre o terreo conséguese encalar e fertilizar ao mesmo tempo

Outros beneficios claros desta suspensión líquida de carbonato de calcio (contén 400 millóns de partículas por cm3) están no aumento do nitróxeno dispoñible no xurro para o cultivo, así como na redución de malos cheiros e de emisións de amoníaco á atmosfera.

Corrección do pH do chan

A mellora da fertilidade do chan vén dada por tres factores: o incremento do pH do chan, o aumento da actividade biolóxica e a mellora da asimilación de elementos como o nitróxeno, o fósforo e o potasio contidos no purín.

Calcimag Flow acelera a mineralización e nitrificación do nitróxeno e estimula o crecemento microbiano no chan

Hai que ter en conta que a reactividade deste produto é moi superior á dun carbonato cálcico convencional, de forma que 500 kg de Calcimag Flow equivalen aproximadamente a 1.800 kg de carbonato cálcico estándar.

Momento óptimo de incorporación á fosa de xurro

Incorporación de Calcimag Flow a unha fosa de purín, onde se recomenda a súa permanencia de 4 a 8 semanas

O produto pode incorporarse á balsa xusto antes da súa aplicación no campo, aínda que desde Soaga, que distribúe o produto en Galicia, recoméndase un período de permanencia na fosa de xurro de 4 a 8 semanas. Neste tempo, realizaranse axitacións periódicas, así como un último batido xusto antes de botalo nas fincas, para garantir unha disolución homoxénea.

Este sería o momento idóneo para incorporar o produto ao xurro na fosa de cara ao abonado de primavera das praderías e terras de cultivo de millo

O produto é subministrado nun camión cisterna de 26 toneladas e existe a posibilidade de dividir o seu contido entre dúas ganderías próximas. Cada gandería ten que conxugar factores como a capacidade da balsa e o número de hectáreas a tratar. O volume de produto pode utilizarse para aplicar nun número de hectáreas variable, en función do impacto que se desexe conseguir sobre o terreo. Unha vez incorporado Calcimag Flow á balsa, o gandeiro será o que decida datas de aplicación e dose.

Optimización do nitróxeno orgánico

Pradeira de triticale con wester abonada con Calcimag Flow (á esquerda) y sen el (na parte dereita)

Durante o tempo que permanece actuando na fosa, Calcimag Flow logra incrementar o poder fertilizante do xurro, demostrando ser o único material calizo eficiente ao 100% que mellora a dispoñibilidade de nutrintes da materia orgánica.

Esta solución permite mellorar o chan e aforrar en fertilizante, ao lograr un aumento da dispoñibilidade de nitróxeno para as plantas

Calcimag Flow minimiza a volatilización N/NH3 e mellora a mineralización e a nitrificación, por tanto, a eficiencia do nitróxeno, permitindo unha redución no uso de fertilizantes químicos, o que supón un importante aforro económico no abonado dos cultivos.

Vantaxes ambientais

As probas realizadas no laboratorio demostraron os efectos positivos da utilización de Calcimag Flow mesturado co xurro sobre a retención do amoníaco, o que equivale a un mellor aproveitamento do poder fertilizante do purín e a unha redución evidente dos gases de efecto invernadoiro emitidos á atmosfera.

O produto reduce o mal cheiro no momento da aplicación e minimiza as perdas por volatilización

Por iso, a maiores das vantaxes nutricionais para os cultivos e a mellora da fertilidade do chan, o uso de Calcimag Flow vai en consonancia coas políticas europeas definidas na nova PAC e no Decreto de Nutrición Sostible de Chans Agrícolas aprobado polo Ministerio de Agricultura, ao reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e a perda de nutrintes.

Desde o punto de vista social, o uso de Calcimag Flow reduce as molestias por malos cheiros en vivendas ou núcleos de poboación próximos á hora de aplicar o xurro, debido ao descenso nas emisións de amoníaco e de ácido sulfhídrico. Por outra banda, evítase a formación de po das tradicionais aplicacións de calizas en praderías e terras de cultivo.

Más información: Sociedad Agrícola Gallega, SL (SOAGA)

  • Parque Empresarial Vilanova I (Vial B – Manzana 4 – Parcela 1) 36614 Baión – Vilanova de Arousa (Pontevedra)
  • Teléfono: 986 51 60 30
  • Email: soaga@soaga.com

Calcimag granulado: moito máis que unha enmenda caliza, un mellorante de solos con magnesio e oligoelementos

En Galicia, de maneira xeral, os chans tenden a ser acedos. Esta natureza fai que os nutrintes que achegamos mediante o abonado non estean totalmente dispoñibles para as plantas, provocando un maior custo e unha menor eficiencia na fertilización. A corrección do pH do chan e a redución dos niveis de saturación de aluminio, é unha das claves para lograr un óptimo aproveitamento e absorción dos nutrintes.

Para corrixir esta acidez necesitamos encalar o terreo, pero non todos os produtos existentes no mercado son iguais. CALCIMAG GRANULADO procede de depósitos fósiles de algas mariñas. Deste xeito, é máis que unha emenda cálcica; é un mellorante de chans, un produto 100% ecolóxico sen aditivos, que ademais de conter unha gran cantidade de calcio, posúe tamén magnesio e 32 oligoelementos, o que o converte no mellor corrector de chans.

Debido á súa procedencia, ademais de achegar calcio e magnesio, contén oligoelementos beneficiosos para o crecemento das plantas, presentes de forma natural nas propias algas mariñas

Outra das características destacadas do produto é a súa finura de moenda, logrando deste xeito un 50% máis de reactividade con respecto a un cal agrícola común, explican no Grupo Soaga, que comercializa este produto en Galicia, dispoñible en formato granulado para aplicar con abonadora.

Menor dose, mellor resultado

Esta capacidade reactiva fai que a dose a utilizar sexa moito menor que os cales habituais cuxa orixe é mineral. “As recomendacións para a utilización Calcimag Granulado deben facerse mediante analítica previa do terreo, pero a dose adoita ser un terzo menor ca nun cal mineral”, explican os técnicos de Soaga.

Calcimag Granulado aplícase con abonadora e logra un 50% máis de reactividade con respecto a un cal agrícola común de orixe mineral

Calcimag é moito máis eficiente no terreo ca outros produtos, garantindo un maior aproveitamento dos nutrintes achegados. O aumento do pH é máis rápido e sostido no tempo, o que garante mellores resultados tanto de forma inminente, para o cultivo inmediato, como a longo prazo, prolongando deste xeito a fertilidade natural do chan.

“Aplicado en praderías permanentes, por exemplo, Calcimag mellora a calidade do pasto e reduce ademais a presión de malas herbas. Cando o aplicamos en praderías para sega, estariamos a preparar o terreo para as achegas de abono previas ao corte de ensilaxe”, explican os técnicos da empresa galega, que asesoran aos agricultores e gandeiros para obter un óptimo rendemento ao produto.

“A cuncha de mexillón podería empregarse para encalar as terras e os montes”

Vertedoiro de cunchas de mexillón (www.iPacuicultura.com) Os solos en Galicia son ácidos, o que provoca un menor aproveitamento dos nutrintes por parte das plantas e cultivos. Para correxir a acidez, utilízanse habitualmente distintos produtos comerciais existentes no mercado elaborados a base de calizas. Pero nas leiras das zonas de costa galegas utilizábanse tradicionalmente cunchas de moluscos e crustáceos para subir o pH do solo. Por iso, a catedrática do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e coordinadora da unidade de xestión ambiental e forestal sostible UXAFORES propuxo nunhas recentes xornadas organizadas por SEIAF na Escola Politécnica de Lugo a utilización de cunchas de mexillón como emenda agrícola.
A principios do século XX as calizas comerciais empezaron a substituir ás cunchas e ás cinsas como produtos encalantes tradicionais
Galicia é a segunda produtora mundial de mexillón, despois de China. É, xa que logo, un residuo mariño abundante que é rico en carbonato de calcio e, polo tanto, con propiedades beneficiosas tanto para os solos agrícolas como forestais. Economía circular Nas 3.300 bateas distribuidas polo litoral galego prodúcense unhas 270.000 toneladas de mexillón ao ano e o seu procesado na industria conserveira xera uns residuos de perto de 90.000 toneladas de cunchas. O mexillón cultivado desde os anos 70 nas costas galegas pertence á especie Mutilus Galloprovincialis e a cuncha representa aproximadamente un terzo do peso do molusco.
A composición da cuncha de mexillón está formada en máis dun 95% por carbonato cálcico
En ocasións, estes residuos acumúlanse en zonas poco acondicionadas e crean un efecto visual e olfativo indesexado, con graves prexuizos desde o punto de vista ambiental, polo que a súa valorización agrícola entraría dentro das actuais estratexias de economía circular fomentadas desde Europa. Desde o punto de vista normativo, as cunchas de mexillón catalóganse como subprodutos animais non destinados ao consumo humano (SANDACH), o que plantexa certas dificultades e limitacións legais para a chegada ao mercado de produtos derivados. Uso en pradeiras, viñedos e montes A profesora da Politécnica Esperanza Álvarez Un equipo universitario da Escola Politécnica Superior de Lugo (EPS) dirixido pola profesora Esperanza Álvarez Rodríguez, analizou hai xa 15 anos o potencial das cunchas de mexillón como emenda en solos tanto agrícolas como forestais. “Poderían empregarse para encalar”, asegura. É un material de baixo custo, pero require dun procesamento previo para a súa utilización nas terras. “Fixemos ensaios con distintas mesturas en parcelas de raigrás da Pastoriza con cuncha moída en tamaño de 0,25 a 0,30, xa que a que se comercializaba machacada ten problemas nas fosas de purín”, explica Esperanza.
Analizouse a produción tanto en pratenses como en millo tres anos despois do encalado
Ademáis deste uso agrogandeiro, tamén tería utilidades en parcelas de viñedo que están recibindo sulfatos de cobre para o tratamento de enfermidades fúnxicas, indica. A cuncha de mexillón é un material composto, cunha fase mineral constituida por carbonato cálcico (95 a 99% do peso da cuncha) e pequenas cantidades de outros elementos, tales como nitróxeno, azufre, fósforo, potasio ou magnesio. No proceso de valorización utilízaronse tamén outros materiais, como lodos de depuradoras ou cinsas de biomasa, que melloran as propiedades físicas da mestura final coas cunchas. 
Existen xa no mercado diversos abonos que inclúen cuncha de mexillón
Existen xa diversos produtos no mercado elaborados a partir de cunchas de mexillón, desde un abono a base de algas e cunchas de mexillón (Celtacal), fabricado por Ecocelta, a pastillas fertilizantes e un complemento alimenticio para aves producido por AbonomarA acidez, un factor limitante da produtividade forestal Outro dos posibles usos deste subproduto da industria mexilloeira sería a nivel forestal. Aínda que os montes galegos teñen unha elevada produtividade, un dos factores limitantes para algunhas especies é a acidez do chan e as altas concentracións de aluminio. “Son solos ácidos, polo que van ter baixa dispoñibilidade de nutrintes básicos e de molibdeno, cun aluminio que pode estar saturado e en niveis de toxicidade. Sen embargo, non existe tradición de encalado de solos forestais”, explica Esperanza.
En ocasións hai problemas de crecemento pola saturación de aluminio
Nun ensaio levado a cabo en 128 parcelas forestais distribuídas por toda Galicia, con distintos tipos de solo, analizouse a produción de pinus pinaster. “O granito ten unha saturación de aluminio moi alta e o máis tóxico é o Al3+. As especies forestais, como o piñeiro, ás veces poden tolerar altas saturacións de aluminio sen sufrir toxicidade, pero outras veces hai problemas de crecemento pola saturación de aluminio. Se queremos cultivar eses solos temos que recurrir ao encalado para reducir a toxicidade por aluminio e aumentar a dispoñibilidade de nutrintes”, argumenta.

“Hai que coñecer ben o solo para poder manexalo correctamente e evitar así a súa perda”

As características do solo dependen, en primeiro lugar, da rocha da que procede. “En función da rocha que teñamos imos ter un tipo de solo ou outro. Por iso os solos que temos en Galicia son diferentes, aínda que fundamentalmente ácidos”, indica Esperanza. Botando unha ollada ao mapa das propiedades do chan de Galicia, obsérvase que a fachada atlántica está dominada polo granito, seguida dunha faixa interior onde os xistos son predominantes, mentras na provincia de Lugo as protagonistas son as lousas. En Ourense, mestúranse zonas graníticas con zonas de lousas e xistos. 
Tan só temos pequenas zonas de rochas calizas de sedimentación en Meira, Mondoñedo, Triacastela ou Ourense; en Galicia son unha excepción
"Os materiais de partida van influir moito no solo e na súa fertilidade", afirma Esperanza, que fai fincapé nun correcto manexo e laboreo á hora de traballar as terras. As rochas ácidas, a partir de granito, por exemplo, van dar texturas máis permeables, con menos retención de auga e máis risco de seca, con saturación de aluminio e pouca retención de nutrintes.
Os solos graníticos son máis propensos á seca mentras as terras con arxila e limo sofren problemas de encharcamento
Pola contra, as rochas básicas da zona da Capelada, Bergantiños, Santiago, Melide, Lalín, Arzúa ou As Mariñas son solos profundos con alto contido en arxila e facilidade de encharcamento. As pizarras e cuarcita da Fonsagrada dan solos limosos e en zonas como Monforte, A Limia, Verín, Sarria, Quiroga ou As Pontes son habituais tamén os encharcamentos. As ensinanzas do 'Dust Bowl' dos anos 30 en EEUU “Hai que coñecer ben o solo para poder manexalo correctamente e evitar así a súa perda”, concluíu Esperanza, e puxo o exemplo das grandes tormentas de polvo dos anos 30 nos Estados do centro de EEUU, un período coñecido como Dust Bowl. Entre 1930 e 1939 sucedéronse tormentas de po que converteron as Grandes Chairas estadounidenses nun deserto. Foi o desastre ecolóxico máis perigoso da historia de Estados Unidos e debeuse en boa parte á acción do home, debido á transformación das praderías en terras de cultivo de cereal, que a prolongada seca e a acción do vento se encargaron de erosionar. O Dust Bowl afectou a 400.000 km cadrados en Estados como Oklahoma, Colorado, Kansas, Texas ou Novo México. Calcúlase que tres millóns de persoas abandonaron as súas granxas e máis de medio millón emigrou a outros estados. As tormentas de po acrecentaron os efectos da Gran Depresión na zona, provocando 5 millóns de mortos como consecuencia da fame.

Calcimag Flow, encalar e abonar ao mesmo tempo nunha única pasada de tractor

José Manuel López, da SAT Seixo de Ledoira (centro), comprobando os efectos positivos do Calcimag Flow nunha pradeira da explotación, xunto a técnicos de Soaga: Rafael Gago, do departamento de innovación de Soaga (esquerda) e Javier Blanco, veterinario (dereita).

CALCIMAG FLOW é unha emenda cálcica líquida a base de carbonato de calcio en suspensión que se aplica nas fincas mesturada co purín. Desta maneira, lógrase un considerable aforro de tempo e diñeiro, xa que nunha mesma pasada conséguese encalar e fertilizar ao mesmo tempo, cunha única aplicación sobre o terreo.

Na explotación SAT Seixo de Ledoira, en Frades, levan dous anos usando o produto e a mellora nas súas terras é xa evidente. “Notámolo moito, na calidade e no rendemento dos cultivos e tamén no peto, pois supón un importante aforro económico”, asegura José Manuel López, un dos catro socios desta gandería, creada hai 11 anos e que conta na actualidade con 200 vacas en produción.

Nesta explotación, que ten 100 hectáreas de cultivo, adicadas a millo e pradeira, incorporan o Calcimag Flow ás súas dúas balsas de xurro, con capacidade para millón e medio de litros cada unha, e abonan logo con esa mestura tanto as pradeiras para o corte de herba para ensilado como as terras do millo antes da sementeira.

Notámolo moito, na calidade e no rendemento dos cultivos e tamén no peto

“Penso que é unha maneira de aforrar moitos cartos e máis como están neste momento os prezos dos fertilizantes químicos”. Razoa José Manuel. “Os resultados son espectaculares, tanto na produción de forraxes, como na súa calidade posterior no silo, cuns niveis de proteína elevados no caso da herba e de materia seca no caso do millo”, asegura. Nesta explotación logran producións medias de millo forraxeiro de 48.000 kilos por hectárea e porcentaxes do 13% de proteína no silo de herba cun só corte na rotación co millo e sen usar nada de nitróxeno químico.   

Corrección do pH do chan

A mellora da fertilidade do solo vén dada por tres factores: o incremento do pH do chan, o aumento da actividade biolóxica e a mellora da asimilación de elementos como o nitróxeno, o fósforo e o potasio contidos no esterco líquido.

Calcimag Flow acelera a mineralización e nitrificación do nitróxeno e estimula o crecemento microbiano no chan

“Ao aplicar Calcimag Flow estamos subindo o pH a un rango de 7 a 8, cando normalmente o purín só atópase nun rango de entre 6 e 7. Ao facer iso logramos que non se perdan por volatilización determinados gases”, explica Rafael Gago, responsable do departamento de investigación do Grupo Soaga, a empresa galega que distribúe o produto.

Cómpre ter en conta que a reactividade de Calcimag Flow é moi superior á dun carbonato cálcico convencional, de xeito que 500 kg de Calcimag Flow equivalen aproximadamente a 1.800 kg de carbonato cálcico convencional.

Optimización do nitróxeno orgánico

Ademais, Calcimag Flow estimula a nitrificación, logrando un aumento da dispoñibilidade de nitróxeno para as plantas nunha cantidade equivalente a 45 kg N/ha, o que supón un importante aforro económico no abonado dos cultivos.

Estamos enriquecendo o purín, tanto a nivel de encalado como a nivel de fixación de nitróxeno

Dentro da propia balsa créase un entorno adecuado que fai que medren uns microorganismos beneficiosos que ao mesmo tempo tamén axudan a que se fixe máis nitróxeno. Por iso, Rafael Gago recomenda a súa aplicación nas parcelas tras varias semanas de maduración na fosa do xurro. “Despois de 4 semanas actuando mellórase moito o rendemento do purín e o seu poder fertilizante, que se incrementa máis a medida que pasan 6 ou 8 semanas”, explica.

Redución de amoníaco

Probas de laboratorio: incubación de dúas mostras de solo ás que se lles aplicou purín con e sen Calcimag Flow. Os tubos miden as emisións de amoníaco, que usando as doses habituais de purín ascenden a máis de 80 ppm en volume de aire confinado, mentres que con Calcimag descenden até 20 ppm. En m3 de aire estes datos tradúcense en emisións de 51,25 g NH3/m3 con purín só e 12,5 g NH3/m3 con purín + Calcimag Flow. 

“A nivel de vantaxes agronómicas, ademais de actuar como calquera produto encalante na corrección do pH do solo e a saturación do nivel de aluminio do terreo, Calcimag Flow mellora a eficiencia do nitróxeno orgánico que estamos aportando vía purín, ao permitir unha optimización na fixación do amoníaco e o sulfídrico, reducindo moito as cargas de olores precisamente por eses gases que estamos fixando no terreo”, engade Javier Blanco, veterinario de Coluga, que comercializa o produto baixo o nome de Calcifer.

O produto reduce o mal olor no momento da aplicación e minimiza as perdas por volatilización

As probas realizadas no laboratorio demostraron os efectos positivos da utilización de Calcimag Flow mesturado co purín sobre a retención do amoníaco e o maior aproveitamento nutricional do xurro, ao reducírense as perdas de amoníaco por volatilización nun 75,6%. “Isto equivale a un mellor aproveitamento do poder fertilizante do purín e a unha redución evidente dos gases de efecto invernadoiro emitidos á atmosfera”, destaca Rafael Gago.

Vantaxes medioambientais

Por iso, a maiores das vantaxes nutricionais para os cultivos e a mellora da fertilidade do solo, o uso de Calcimag Flow vai en consonancia coas políticas europeas definidas na nova PAC e o Decreto de Nutrición Sostible de Chans Agrícolas que prepara o Ministerio de Agricultura, ao reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e as perdas de nutrintes por volatilización.

É unha boa alternativa á fertilización química e pode usarse en agricultura ecolóxica

O produto está permitido para agricultura ecolóxica, sendo unha boa alternativa aos fertilizantes químicos, e reduce as molestias por malos olores en vivendas ou núcleos de poboación próximos á hora de aplicar o purín, dada a baixada nas emisións de amoníaco e tamén de ácido sulfhídrico, que diminúe entre un 20 e un 40%. Por outra banda, evítase a formación de po das tradicionais aplicacións de calizas en pradeiras e terras de cultivo.

 “É un produto efectivo e moi doado de usar”

Unha das vantaxes principais de Calcimag Flow está sen dúbida na súa facilidade de aplicación, que se fai coa cisterna de purín da propia granxa. Deste xeito, a data de aplicación e a dose pode ser axustada polo propio gandeiro en función do seu calendario de cultivos permitíndolle aforrar horas de traballo e gasto en combustible ao estar fertilizando e encalando ao mesmo tempo nun único pase de tractor.

A xestión anual do produto na explotación, onde é depositado na fosa do purín con varias semanas de antelación, permite ao gandeiro despreocuparse de prazos de entrega e ter a mestura dispoñible en todo momento para a súa aplicación en campo no momento en que as condicións meteorolóxicas e agronómicas sexan as idóneas para o tipo de cultivo.

O produtor decide o momento de aplicación permitíndolle aforrar tempo e cartos ao fertilizar e encalar cun só pase de tractor

 “É unha forma de aforrar en fertilizantes químicos e tamén en tempo e horas de traballo, xa que a forma de utilizalo e aplicalo é moi cómoda. Nós levamos dous anos usándoo. O primeiro ano botámolo só nunha das dúas balsas para probar, pero vimos claramente o rendemento que tiña e este ano xa decidimos aplicalo nas dúas balsas de purín que temos, con capacidade para millón e medio de litros de xurro cada unha”, explica José Manuel López, da SAT Seixo de Ledoiras.

É unha forma de aforrar en fertilizantes químicos e tamén en tempo e horas de traballo, xa que a forma de utilizalo e aplicalo é moi cómoda

“Almacenamos o purín para utilizalo nos momentos que máis partido lle sacamos, por exemplo, agora antes da sementeira do millo e despois en outubro cando o ensilamos e facemos a pradeira. No inverno dependemos un pouco do tempo, pero procuramos non sacar purín do pozo até poder botalo ás pradeiras de herba en febreiro e marzo antes do corte de ensilado que facemos na segunda quincena de abril”, detalla.

Mes e medio actuando no pozo do purín

Descarga do Calcimag Flow nas balsas de xurro da explotación a comezos do mes de xaneiro

SAT Seixo de Ledoiras descarga a comezos de ano o Calcimag Flow nas súas balsas de purín para que actúe durante 6 semanas no pozo antes de aplicalo mesturado co xurro sobre as pradeiras sementadas con herba e cereal de inverno na rotación co millo.

“Ao día seguinte de vir o camión cisterna a baleirar o produto na fosa do xurro removemos co revolvedor que temos na explotación para facilitar un reparto uniforme, proceso que repetimos un par de veces máis durante o mes e medio que o Calcimag permanece na balsa actuando”, explica José Manuel.

Recoméndase unha maduración de cando menos 4 semanas antes da aplicación, pero a partir do mes canto máis tempo pasa máis mellora o xurro

No momento de aplicalo, tanto sobre as pradeiras como sobre as terras antes da sementeira do millo, homoxenizan de novo a mestura para lograr unha aplicación o máis uniforme posible. “Mentras un dos tractores carga e leva o purín para as fincas, o outro está removendo para que non quede nada no fondo e o Calcimag vaia ben repartido”, explica.

Resultados a simple vista

Pradeira de triticale con wester en rotación con millo labrada a comezos de novembro e abonada con purín no mes de febreiro. Á esquerda aplicación de purín con Calcimag Flow e á dereita aplicación de purín só, sen Calcimag Flow. Os efectos son visibles na cor e o desenvolvemento da planta

Os efectos positivos do Calcimag Flow son visibles a simple vista, cun maior vigor na planta e mesmo unha cor máis verde, froito do aporte extra de nitróxeno que se logra no purín. Nesta explotación de Frades as fincas en rotación co millo foron sementadas o 10 de novembro cunha mestura de Triticale (cereal que é consecuencia do cruzamento realizado entre o trigo e o centeo) con Wester.

O Calcimag Flow foi aplicado na fosa do xurro na primeira semana de xaneiro e o abonado das parcelas produciuse a finais de febreiro, esperando 6 semanas para a súa aplicación para que o produto faga o seu efecto e mellore a capacidade nutricional do purín. Despois de Semana Santa procedeuse ao ensilado..

O produto nós empregámolo para abonar as pradeiras e tamén para encalar as terras do millo

“Facemos un único corte porque despois volvemos a botar millo nesas parcelas porque nós tiramos fundamentalmente de silo de millo na ración e esa é a produción de forraxe que priorizamos”, explica José Manuel, que valora sen embargo tamén a calidade da pradeira. “O noso forte é o millo, pero tamén notamos mellora na calidade da herba que ensilamos. Non é o mesmo ensilar unha pradeira deste tipo que outra de peor calidade. O ano pasado, só con triticale, chegouse a un 13% de proteína no silo e sen utilizar nada de nitróxeno químico, só co purín e o Calcimag, que co prezo ao que está o NAC este ano supón un importante aforro”, argumenta.

Mellora das condicións agronómicas para o millo

Ao mesmo tempo, destaca José Manuel, a aplicación de Calcimag Flow supón unha mellora clara do pH do solo de cara á sementeira do millo no mes de maio. “Logramos dúas cousas, porque abonamos a pradeira pero ao mesmo tempo estamos abonando xa o millo, mellorando o solo e regulando o pH xa para a sementeira. Antes de usar Calcimag tiñamos que encalar cada dous anos as parcelas, 45 hectáreas cada ano de forma alterna; agora iso aforrámolo”, di José Manuel.

Antes de usar Calcimag Flow encalabamos cada dous anos; agora iso aforrámolo

“O ideal agora, para aproveitar ao máximo o potencial que ten o produto na terra do millo de cara á sementeira, sería andar un diante botando o purín e outro detrás xa tapándoo, para lograr un mellor aproveitamento do nitróxeno. Para min, todo son vantaxes: a mellora do rendemento produtivo das parcelas, a facilidade de aplicación, a redución da man de obra, o encalado das fincas, a redución do cheiro do purín e un maior aproveitamento da súa capacidade fertilizante”, enumera. “En base á nosa experiencia, eu recomendaríao, sen ningunha dúbida”, conclúe.

Máis información

  • Contacto Grupo Soaga: 986 51 60 30

Consellos de Galical para lograr unha boa colleita de millo: a importancia do encalado

Os solos de Galicia, e os de carácter granítico en xeral, tenden a ser acedos, o que constitúe un factor limitante para que os cultivos, como o millo forraxeiro, poidan aproveitar de forma eficiente e rendible os fertilizantes que lle achegamos.

Por iso, os técnicos coinciden en que é necesario realizar un encalado naquelas parcelas con PH por baixo de 5,5, xa que do contrario os nutrientes (Nitróxeno, fósforo e potasio) non estarán totalmente dispoñibles para ser aproveitados pola planta, e por tanto para lograr unha boa colleita. O óptimo é conseguir un PH de entre 6 e 7. Para o millo, un cultivo pouco tolerante á toxicidade por saturación de aluminio que se dá nos solos acedos, o PH óptimo é entre 6 e 7,2. Por suposto, o labor de encalado debe partir dunha analítica de chan para coñecer o seu nivel de PH.

Ademais, canto máis baixo sexa o PH menor efectividade dos herbicidas, especialmente nos de preemerxencia. As súas moléculas están deseñadas para solos cun PH neutro e perden efectividade en chans acedos e con alto contido de materia orgánica.

¿Diferencia entre cal e caliza?

A diferenza é fácil de recoñecer se sabemos que a caliza é a pedra extraída sen calcinar e o cal é o produto que obtemos tras a calcinación da caliza e/ou dolomía a temperaturas de entre 900° e 1100°C. Neste proceso a caliza perde o dióxido de carbono en forma de gas e prodúcese o óxido de calcio, o chamado cal vivo.

Ademais, os cales tanto vivos como apagados distínguense das calizas polo seu alto contido en calcio e magnesio.

-Cal: máis de 60% de óxido de calcio (CaO)
-Caliza: menos do 60% de CaO
-Cal dolomítica: máis de 40% CaO e do 20% de óxido de magnesio (MgO).
-Calizaa dolomítica: menos do 40% de CaO e do 20% de MgO

Emendas calizas que ofrece Galical:

1) Cal vivo: para reducir rapidamente a acidez do solo

Galical ofrece emendas calizas de cal vivo en tres formulacións distintas:

-Cal vivo granulado: cun 90 % de óxido de calcio (CaO).
-Cal vivo granulado dolomítica cun 35 % de óxido de magnesio (MgO) e un 60 % CaO. O magnesio é un nutriente que adoita presentar carencias nos chans galegos e que é importante para o crecemento de cultivos como o millo.
-Cal vivo cun 80% de CaO.

O encalado de terreos con cales vivos ou dolomías calcinadas reduce rapidamente a acidez do terreo debido ao seu gran poder neutralizante. Os tres produtos asimílanse facilmente no chan e a súa aplicación é sinxela e rápida. Así mesmo, ao ser produtos en forma de óxidos pódense aplicar con granulometrías grosas carentes de po. Os tamaños máis utilizados son de 0-4 e 3-7 mm, aínda que Galical pode realizar mesturas de varios produtos.

2) Cal apagado: Un produto de fácil asimilación no solo

Galical preséntao en dúas formulacións:

-Cal apagado, cun 65% de CaO.
-Cal apagado máis dolomía: un 53% de CaO e un 23% de MgO.

O cal apagado ou hidróxido de calcio reduce favorablemente a acidez do chan aumentando así os rendementos das colleitas. O produto, de fácil asimilación no solo, pode ser aplicado como encalante de fondo ou en cobertura.

A mestura de cal apagado (hidróxido de calcio) e dolomía (carbonato de calcio-magnesio) ofrece unha asimilación rápida na terra debido ao seu alto contido de cal. Así mesmo, a achega de magnesio da dolomía actúa como neutralizante da acidez e resulta fundamental para a actividade clorofílica da planta.

3) Carbonato cálcico:54 % CaO
É a pedra calcaria triturada finamente composta por un 98 % de carbonato cálcico (CaO3) . Alta solubilidade e finura. Acción lenta.

4) Caliza dolomítica: GALIMAG (33 % CaO e un 17 % MgO)
A emenda calcaria dolomítica é un produto triturado finamente con alta solubilidade e unha acción rápida.

5) Carbonato cálcico fino: GRANICAL G60 SUPRA (52 % de CaO/ 6 % MgO)
É un carbonato cálcico finamente triturado a 0,63 mm para a súa posterior granulación. O seu aspecto esférico e compacto, libre de po, ofrece alta solubilidade e unha acción rápida.

Modos de subministración:

Galical serve directamente o seu produto en todo o Noroeste da Península mediante unha moderna frota de camións equipados coas últimas tecnoloxías, como aplicación con GPS para garantir un encalado eficiente e uniforme en toda a parcela, ou brazos dosificadores, un dispositivo que incorporou desde hai anos e que reduce as perdas por vento.

Modos de subministración:

-A granel
-Camión cisterna
-Camión volquete
-Big bags de 1.100 e de 600 kg
-Sacos dos seguintes pesos: 14 kg, 16 kg, 30 kg, 35 kg
-Servizo de estendido en fincas.

Contacto:

Rúa/ Arieiras, S/n 27297 Lugo
982-22-14-84
Horario: Luns a Venres de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 19:00
E-mail: info@galical.es / galical@galical.es

 

Celtacal, o primeiro abono orgánico e encalante con certificación ecolóxica

En solos acedos como os de Galicia, utilizar cales agrícolas é case indispensable para neutralizar a toxicidade do aluminio que se xera polos procesos de lavado da rocha granítica pola acción da auga de choiva. Como solución a estes problemas de acidez, ECOCELTA formulou o CELTACAL, emenda orgánica encalante elaborada a partir de aragonito natural e estercos compostados. ECOCELTA GALICIA S.L. é un micro-peme galega cuxa actividade principal é a produción e venda de fertilizantes orgánicos ecolóxicos, que elaboran a través da valorización de subprodutos orgánicos de Galicia. Desde a creación no ano 2006 dun Departamento técnico-comercial de I+D+i, ECOCELTA liderou múltiples proxectos relacionados coa valorización sustentable de residuos. No ano 2017, as conserveiras galegas puxéronse en contacto con ECOCELTA para buscar conxuntamente unha solución para a xestión do residuo de cuncha de mexillón. Tras serlles aprobado un proxecto INNOVA PEME pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), Ecocelta comezou a desenvolver probas de valorización biolóxica deste residuo. Tras dous anos de investigación, sacou ao mercado o seu novo produto CELTACAL (F0003539/2028) que xa dispón de Certificación Ecolóxica.

Propiedades:

Esta emenda orgánica encalante, caracterízase polo seu contido en: -Aragonito natural obtido tras someter cuncha de moluscos a un proceso de compostaxe. Este mineral presenta un 18 % máis de solubilidade que a calcita cun efecto sobre o chan máis rápido e duradeiro. -Valor neutralizante do pH de 43 % . -Alto contido en Fósforo e Magnesio presentes de forma natural grazas ás materias primas coas que se elabora. Os solos acedos tenden a sufrir deficiencias nestes nutrientes, que deben de ser suplementados con fertilizantes e correccións de Ph. -Posibilidade de encalar e abonar nunha mesma aplicación. Cando se aplica un cal convencional a un chan debe de evitarse abonar de forma inmediata xa que ambos os produtos en contacto reaccionan facendo que o abono libere o Nitróxeno en forma amoniacal, perdéndose así a efectividade do fertilizante. Co CELTACAL evítase ter que realizar separadamente estas dúas aplicacións, sen risco de perdas do devandito nutriente. -A súa orixe orgánica achégalle ademais elementos secundarios e microelementos necesarios para o desenvolvemento vexetal. Ademais, o contido en bioloxía benéfica do CELTACAL axuda a mellorar a saúde dos chans sobre os que se aplica. A eficacia deste produto está abalada por estudos da Universidade de Santiago de Compostela (Teixeira et ao, 1997), que conclúen que a utilización de cuncha de mexillón compostada supón unha alternativa viable a emendas orgánicas tradicionais a condición de que se utilice en doses superiores a 4,5 tn/ha, coas que se conseguen melloras substanciais nas propiedades do chan. Desde o Departamento Técnico de Ecocelta ofrécese asesoramento personalizado para a interpretación de análise de solos e así definir doses de aplicación dos produtos segundo as condicións do chan a tratar. As doses de aplicación do produto poden axustarse dependendo do tipo de solo, cultivos, etc. Para iso, desde o Departamento Técnico de Ecocelta ofrécese asesoramento personalizado da interpretación de análise edáficos para definir dose de aplicación segundo as condicións do chan a tratar.

Economía circular e sustentabilidade

En 2015, a Comisión Europea adoptou un plan de acción para contribuír a acelerar a transición de Europa cara a unha economía circular. Nesta liña, o CELTACAL é un produto que se elabora grazas a un compromiso de Ecocelta de elaborar fertilizantes ecolóxicos e sustentables, a partir da transformación de residuos orgánicos de Galicia en abonos de alto valor engadido. Desta maneira, co Celtacal deuse unha solución aos problemas da industria conserveira de Galicia para xestionar o residuo de cuncha á vez que se formulou un abono encalante especial para mellorar os solos agrícolas galegos.

Máis información sobre o CELTACAL

Bibliografía Iglesias-Teixeira B, Carral-Vilariño E, Seoane-Labandeira S, López-Mosquera M E 1997. Utilización de concha de mejillón como encalante en suelos ácidos de Galicia (NO de España). Boletín de la Sociedad Española de la Ciencia del Suelo, 2, 69-76.

Recomendacións de encalado para as pradeiras

Os solos de Galicia, e os de carácter granítico en xeral, tenden a ser acedos, o que constitúe un factor limitante para que os cultivos poidan aproveitar de forma eficiente e rendible os fertilizantes que lle achegamos.

Por iso, os técnicos coinciden en que é necesario realizar un encalado naquelas parcelas con PH por baixo de 5,5, xa que do contrario os nutrientes (Nitróxeno, fósforo e potasio) non estarán totalmente dispoñibles para ser aproveitados pola planta, e por tanto para lograr unha boa colleita de herba en primavera. O óptimo é conseguir un PH de entre 6 e 7.

Nas pradeiras o encalado contribúe a un mellor desenvolvemento das raices, polo que estas son capaces de extraer maís nutrientes e auga do solo. Ademais, o caso de pradeiras polifitas con leguminosas, o encalado pode aumentar a cantidade de proteína na forraxe, ao incentivar o crecemento das leguminosas. Por suposto, o labor de encalado debe partir dunha analítica de chan para coñecer o seu nivel de PH.

¿Diferencia entre cal e caliza?

A diferenza é fácil de recoñecer se sabemos que a caliza é a pedra extraída sen calcinar e o cal é o produto que obtemos tras a calcinación da caliza e/ou dolomía a temperaturas de entre 900° e 1100°C. Neste proceso a caliza perde o dióxido de carbono en forma de gas e prodúcese o óxido de calcio, o chamado cal vivo.

Ademais, os cales tanto vivos como apagados distínguense das calizas polo seu alto contido en calcio e magnesio.

-Cal: máis de 60% de óxido de calcio (CaO)
-Caliza: menos do 60% de CaO
-Cal dolomítica: máis de 40% CaO e do 20% de óxido de magnesio (MgO).
-Caliza dolomítica: menos do 40% de CaO e do 20% de MgO

Emendas calizas que ofrece Galical:

1) Cal vivo: para reducir rapidamente a acidez do solo

Galical ofrece emendas calizas de cal vivo en tres formulacións distintas:

-Cal vivo granulado: cun 90 % de óxido de calcio (CaO).
-Cal vivo granulado dolomítica cun 35 % de óxido de magnesio (MgO) e un 60 % CaO. O magnesio é un nutriente que adoita presentar carencias nos chans galegos e que é importante para o crecemento de cultivos como o millo.
-Cal vivo cun 80% de CaO.

O encalado de terreos con cales vivos ou dolomías calcinadas reduce rapidamente a acidez do terreo debido ao seu gran poder neutralizante. Os tres produtos asimílanse facilmente no chan e a súa aplicación é sinxela e rápida. Así mesmo, ao ser produtos en forma de óxidos pódense aplicar con granulometrías grosas carentes de po. Os tamaños máis utilizados son de 0-4 e 3-7 mm, aínda que Galical pode realizar mesturas de varios produtos.

2) Cal apagado: Un produto de fácil asimilación no solo

Galical preséntao en dúas formulacións:

-Cal apagado, cun 65% de CaO.
-Cal apagado máis dolomía: un 53% de CaO e un 23% de MgO.

O cal apagado ou hidróxido de calcio reduce favorablemente a acidez do chan aumentando así os rendementos das colleitas. O produto, de fácil asimilación no solo, pode ser aplicado como encalante de fondo ou en cobertura.

A mestura de cal apagado (hidróxido de calcio) e dolomía (carbonato de calcio-magnesio) ofrece unha asimilación rápida na terra debido ao seu alto contido de cal. Así mesmo, a achega de magnesio da dolomía actúa como neutralizante da acidez e resulta fundamental para a actividade clorofílica da planta.

3) Carbonato cálcico:54 % CaO

É a pedra calcaria triturada finamente composta por un 98 % de carbonato cálcico (CaO3) . Alta solubilidade e finura. Acción lenta.

4) Caliza dolomítica: GALIMAG (33 % CaO e un 17 % MgO)

A emenda calcaria dolomítica é un produto triturado finamente con alta solubilidade e unha acción rápida.

5) Carbonato cálcico fino: GRANICAL G60 SUPRA (52 % de CaO/ 6 % MgO)

É un carbonato cálcico finamente triturado a 0,063 mm para a súa posterior granulación. O seu aspecto esférico e compacto, libre de po, ofrece alta solubilidade e unha acción rápida.

Modos de subministración:

Galical serve directamente o seu produto en todo o Noroeste da Península mediante unha moderna frota de camións equipados coas últimas tecnoloxías, como aplicación con GPS para garantir un encalado eficiente e uniforme en toda a parcela, ou brazos dosificadores, un dispositivo que incorporou desde hai anos e que reduce as perdas por vento.

Modos de subministración:

-A granel
-Camión cisterna
-Camión volquete
-Big bags de 1.100 e de 600 kg
-Sacos dos seguintes pesos: 14 kg, 16 kg, 30 kg, 35 kg
-Servizo de estendido en fincas.

Contacto:

VIAL G, POLIGONO INDUSTRIAL, As Gándaras, Lugo
982-22-14-84
Horario: Luns a Venres de 9:00 a 13:30 e de 15:30 a 19:00
E-mail: info@galical.es / galical@galical.es

Delagro consegue a certificación ecolóxica das súas calizas magnesianas e lanza o seu Plan Magnical®

A Comisión Europea publicou en maio deste ano a Estratexia «da Granxa á Mesa (Farm to Fork Strategy) para un sistema alimentario xusto, saudable e respectuoso co medio ambiente” que expón, entre moitas outras actuacións, “reducir e optimizar o uso de fertilizantes”.

Delagro, que entre outras moitas actividades desenvolve a produción de fertilizantes, acaba de obter para as súas calizas magnesianas o certificado ecolóxico e aproveitando a conxuntura presenta a ferramenta na que estivo traballando durante este ano denominada PLAN MAGNICAL® e MÉTODO CALGROUND®.

Estes plans agronómicos, que se presentarán mañá mércores 9 de setembro por videoconferencia a máis de 50 técnicos agronómicos de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, Euskadi e Portugal, supoñen unha formulación profesional ao agricultor para optimizar ao máximo as achegas de fertilizantes, valorando cada unidade fertilizante dispoñible no chan e desta maneira reducir sensiblemente os seus custos de explotación e a incidencia ambiental. Estes plans contemplan non só a acidez do chan, como viña facendo até agora, tamén ten en conta a cantidade de aluminio no solo que reduce considerablemente o rendemento e a calidade dos cultivos.

Así desta maneira preténdese:

1. Corrixir o pH dos solos.
2. Diminuír a concentración de aluminio tóxico presente.
3. Solubilizar os nutrientes do solo para o seu aproveitamento.

O PLAN MAGNICAL® e o MÉTODO CALGROUND®

O PLAN MAGNICAL® e o MÉTODO CALGROUND® de Delagro complementa ao software de nutrición vexetal PROFER® desenvolvido hai algúns anos pola cooperativa agroalimentaria xunto coa Universidade de Santiago que pon en valor o racionamento adecuado de nutrientes nos cultivos.

Tomando como base máis 1.130 mostras de solo realizadas nas dúas últimas campañas en Asturias, Cantabria, Galicia, Castela e León, Euskadi e en Portugal, Delagro persegue realizar os correspondentes plans de encalado para aquelas parcelas agrícolas que requiran emendas calcarias, ben de corrección ou de mantemento, considerando o pH e o contido de Aluminio desas parcelas.

Un importante aforro económico para o agricultor

Outra das aplicacións interesantes do plan é que considera as perdas económicas por hectárea ao ter en conta a insolubilidade dos nutrientes a consecuencia do pH (chans acedos principalmente en toda a franxa cantábrica e atlántica norte da península ibérica). Sirva como exemplo que, por estimacións realizadas por Delagro, un agricultor pode estar a malgastar, a consecuencia dun pH inadecuado do chan e a consecuente insolubilidadr dos nutrientes, máis de 37 euros por hectárea de fertilizante de pradaría só valorando o Nitróxeno e 66 euros en caso dun fertilizante de millo, co consecuente prexuízo económico e ambiental que iso supón.

O grupo cooperativo que integra Delagro conta cun amplo equipo de profesionais agronómicos que asesoran aos seus socios en aspectos de nutrición e sanidade vexetal, así como nos insumos de produción máis axeitads para as súas explotacións agrogandeiras.

Estas formulacións presentaranse este mércores 9 de setembro por videoconferencia desde Santiago de Compostela a técnicos agronómicos do noroeste español, así como a técnicos de Portugal, tanto de cooperativas como de empresas privadas do sector.

Un método que permite optimizar e reducir a achega de fertilizantes que necesitan os nosos cultivos

En palabras de Gustavo Espinosa, o seu director comercial, “estes plans van supor dar maior visibilidade, importancia e protección ao estado e contido dos nosos chans, e polo tanto ao medioambiente. Para nós este aspecto é tan importante que o incluímos no noso plan estratéxico 2020-2021. Con este método de traballo optimizaremos e reduciremos a achega de fertilizantes que necesitan os nosos cultivos ao aumentar a dispoñibilidade de nutrientes que xa contén o chan ou ben os achegados. Pretendemos dar soporte a todos os gandeiros e agricultores nos mercados nos que estamos presentes, tanto en España como en Portugal, e naqueles cultivos para os que desenvolvemos fórmulas de fertilizantes, desde as forraxes ao viñedo pasando polos cultivos hortícolas e forestais. Os nosos técnicos comerciais disporán de equipos de medición directa de pH no chan e mapas xeolóxicos de solo con contido en Aluminio que xunto ás analíticas realizadas servirán para o cálculo das necesidades de cal magnesiana das nosas marcas rexistradas Magnical® e Calground®. O consumidor de carne e lácteos valora cada vez máis as producións baseadas en recursos forraxeiros e o grupo cooperativo que forma Delagro non está alleo a esta realidade acorde ás novas formulacións de Europa.”

“Esta é unha aposta máis do grupo cooperativo en dotar ao sector agroalimentario de ferramentas e métodos que melloren e optimicen os recursos dispoñibles”, conclúe.

Delagro S. Coop. Agroalimentaria

Delagro, membro de Cooperativas Agro-alimentarias de España, é unha cooperativa de segundo grao do sector agrícola e gandeiro (lácteo principalmente), que xorde fai xa preto de 25 anos co obxectivo de converterse no mellor exemplo de integración cooperativa. No exercicio 2019 o seu volume de negocio chegou aos 199 millóns de euros.

Hoxe integra a 23 socios (37 cooperativas) de Asturias, Cantabria e Galicia e colabora con cooperativas de compoñente lácteo de Euskadi, Castela-León e Portugal, así como con empresas privadas de distribución agrogandeira, converténdose nunha das máis importantes centrais de compras e distribución do norte de España.

Magnical Plus, a caliza granulada que combina efecto inmediato e prolongado

Magnical Plus, a marca de calizas de Bisannia, garante as necesidades de encalado do solo cunha dobre acción, inmediata e prolongada no tempo. O alto contido da caliza en óxido de calcio (30%) e en óxido de magnesio (16%) permiten que teña un efecto rápido sobre o solo, en tanto que o alto contido do produto en carbonato cálcico e magnésico tradúcese nunha acción prolongada no tempo. Ademáis, posúe un valor neutralizante do 50%

A caliza preséntase nun formato granulado, o que permite unha distribución homoxénea por medio de abonadoras. Magnical Plus está dispoñible en sacos de 30 quilos, en big bags de 600 kilos ou a granel. A aplicación aconséllase que sexa nun abonado de fondo cada 2-3 anos, mantendo ademais unha dose anual de mantemento máis baixa.

Os beneficios de Magnical Plus son claros: incrementa o pH do solo, mellora a dispoñibilidade de fósforo para as plantas e apórtalles calcio e magnesio. O produto destaca no mercado polo seu alto contido en magnesio e pola súa alta calidade debido ó seu proceso de obtención e moenda.

Proxecto Profer

Os análises de solo realizados co proxecto Profer, impulsado por Delagro, permiten calcular as necesidades de encalado de cada parcela, axustando á dose a cada situación particular. En xeral, aconséllanse aplicacións de 400-1.000 quilos por hectárea.

Para máis información pregunta na túa cooperativa, chámanos ao 981 519 920 ou escribe a delagro@delagro.org

Consulta aquí máis información.

Calfensa lanza unha caliza magnesiana granulada para completar a súa oferta

Esta campaña de millo chega cunha novidade para o encalado das terras, pois a empresa galega Calfensa vén de lanzar unha caliza magnesiana granulada que permite maior comodidade para as explotacións. O novo produto, que mantén as características da caliza magnesiana en po de Calfensa, pode ser distribuida pola propia explotación cunha abonadora no momento máis axeitado.

O lanzamento da caliza magnesiana granulada por parte de Calfensa responde a un aumento da demanda desta gama de produto. A maioría das explotacións continúan aplicando a caliza agrícola tradicional, conformada por carbonato cálcico (calcita), pero nos últimos anos está medrando o consumo da caliza magnesiana.

“As analíticas de solo nas explotacións son cada vez máis habituais e con frecuencia adoitan revelar carencias de magnesio, que é un elemento importante para mellorar a nutrición dos cultivos”, explica Alberte Momán, enxeñeiro técnico agrícola do departamento comercial de Calfensa. “Coa creación dun granulado de caliza magnesiana buscamos un produto de boa calidade que cubra as necesidades no campo. No mercado xa hai moitos produtos granulados, pero sen magnesio”, sinala.

A caliza magnesiana granulada de Calfensa está composta nun 30% por óxido de calcio en forma de carbonato e nun 20% por óxido de magnesio. O seu valor neutralizante é de 58 e presenta unha granulometría de 2 a 5 milímetros. “É a nosa caliza magnesiana en po granulada. É un produto que destaca pola súa solubilidade e caracterízase por ser altamente reactivo, é dicir, por correxir o pH cando o cultivo o precisa. No mercado temos outros produtos a base de dolomitas que reaccionan máis lentamente e que precisan unha aplicación con máis anticipación”, precisa Alberte Momán.

Gama de produto

O novo produto lanzado por Calfensa completa a súa oferta tradicional, que se centra na aplicación de calizas en po, realizada pola propia empresa por medio de equipos con brazos dosificadores ou cun aplicador con aire a presión, se o tamaño da parcela esixe un equipo máis versátil.

As posibilidades son as seguintes:

Carbonato cálcico (calcita): É a caliza agrícola tradicional, un produto moi empregado e non caústico. O grao de finura do produto determinará o seu tempo de reacción en chan. “Canto máis fino é un produto, terá un maior número de partículas que se descompoñerán antes no solo. No caso das calizas de Calfensa, estamos falando dun tempo de reacción de 3 – 4 semanas, dependendo de factores como a humidade do solo ou as súas características”, explica Alberte Momán, enxeñeiro técnico agrícola do departamento comercial de Calfensa.

“Paga a pena valorar que tipo de produto se está usando, pois hai no mercado produtos pouco reactivos ou cun maior grao de impurezas”, valora o técnico.

Dose
Outra cuestión a ter en conta é a capacidade da caliza para correxir a acidez do solo, que se mide polo seu valor neutralizante. O carbonato cálcico de Calfensa presenta un valor neutralizante de 50, polo que para a maioría de solos agrícolas galegos, caracterizados pola súa acidez, serán precisas doses de aplicación de 2.000 – 2.500 Kg. / hectárea. “Esta é a dose habitual, pero sempre aconsellamos que o produtor faga unha análise de terras para facer un encalado con maior precisión”, sinalan en Calfensa.

Aplicación de caliza co equipo de brazos dosificadores.

No mercado das calizas, hai mensaxes que levan á confusión, pois existen produtos que se presentan nun formato de granulado esférico con doses de aplicación recomendadas de 400 – 600 Kg. / hectárea. “Non hai explicación técnica para aconsellar unha dose tan baixa, pois o valor neutralizante destes produtos é igual que o da nosa caliza, polo que a cantidade a aplicar ten que ser a mesma” -advirte Alberte Momán.- “Hai que prestarlle atención ó valor neutralizante do produto”, recomenda.

Outra situación confusa pode producirse con calizas procedentes de Portugal, país que ten un sistema diferente para medir o valor neutralizante. Así, calizas lusas que se presentan en Galicia cun valor neutralizante de 85 son equivalentes ás calizas españolas con valor neutralizante de 40.

Por último, cómpre sinalar que no mercado hai tamén calizas a base de dolomita, cun tempo de reacción máis longo que o carbonato cálcico, se ben non é un produto co que traballe Calfensa.

Caliza magnesiana en po. Ten a mesma composición do produto en grao, cun valor neutralizante lixeiramente maior, de 60 fronte a 58 o produto granulado, unha leve diferenza debida ó aglomerante utilizado no granulado.

Óxido de calcio e óxido de magnesio. Son os produtos que presentan unha maior velocidade de reacción, se ben o seu custo tamén é máis alto.

O valor neutralizante do óxido de calcio está en 92 e o do óxido magnesiano en 92,8. Eses valores determinan a aplicación de doses medias en Galicia de 1.200 – 1.600 kg. / hectárea. O produto comercializado por Calfensa preséntase granulado, a modo de gravilla, e pode ser esparcido por Calfensa ou polo propio gandeiro por medio de abonadoras. “A principal vantaxe que ofrece é a comodidade no reparto. Podemos facer nós a aplicación ou servir o produto en diversos formatos (sacos, big-bags, etc.)”, sinalan na empresa.

“Cada vez encálase máis porque os agricultores e gandeiros son máis profesionais”

A empresa lucense Galical, dedicada á venda de cales, dolomías agrícolas e mesturas con carbonato para camas de gando, é unha das que máis incrementou as súas vendas nos últimos anos, ata chegar ás 45.000 toneladas o pasado ano, 10.000 máis que no 2016.

“E para esta campaña prevemos seguir incrementando as nosas vendas: Os solos en Galicia, e no noroeste da Península en xeral, son ácidos, e os gandeiros e agricultores son cada vez máis profesionais, polo que ven a analítica de terras e o encalado como un investimento, non como un gasto”, asegura Óscar Vázquez, de Galical.

A empresa lucense camiña á par desta demanda do sector e a mediados do pasado ano inaugurou unhas novas instalacións no Polígono industrial das Gándaras, en Lugo.

“Nas antigas instalacións, na rúa Arieiras, tiñamos limitación para seguir medrando, e nesta nova ubicación, nunha parcela de 7.000 metros cadrados, dos que 2000 xa están urbanizados, estamos mellor comunicados e poderemos seguir adaptándonos ás demandas do mercado, tanto en volume como en tipo de produtos”, destaca Óscar Vázquez.

Ademais, a nova planta incorpora últimas innovacións, como envasadoras autómaticas, tanto para big bag como saco pequeno, así como mezcladoras que lles permiten facer produtos á carta, engadindo magnesio ou outros micronutrientes ao produto encalante, e cunha calidade de mestura moi homoxénea.

Para o reparto de encalantes agrícolas contan cunha flota de 4 máquinas aplicadoras, con dosificación por GPS, o que garante que a aplicación do produto encalante na finca sexa precisa e uniforme e sen formar poeira.

“Desprazámonos alí onde o gandeiro ou agricultor precise, e de feito xa estamos a traballar, ademais de en toda Galicia, na Cornixa Cantábrica, en León e incluso no centro de Portugal”, destaca o xerente comercial.

Produtos encalantes para camas de gando

A segunda liña de produtos de GALICAL, e a que máis aumentou nos últimos anos, son as mesturas de carbonato con serrín para camas de gando. “Vendemos mesturas que van do 80%% de carbonato e o 20% de serradura, ao 70-30, a máis demandada, e mesmo 50-50. Canto máis serradura na mestura maior é o prezo, e tamén maior risco de saúde no ubre, xa que o serrín coa humidade favorece máis a presenza de xérmenes”, recoñece Óscar Vázquez.

Entre os clientes das súas mesturas para camas, destaca que hai moitos gandeiros que antes empregaban area nos cubículos. “Temos moitos casos de gandeiros que se pasaron de area a carbonato, porque a area é moi boa cando está na cama, pero cando sae todo son problemas: desgaste de cascos e de arrobadeiras, sacala da fosa e empobreces a terra. Por riba, é un material inerte que vai seguir aí durante moitos anos”, explica.

Proxectos para o futuro

Entre os proxectos de GALICAL para o futuro, Óscar Vázquez avanza que “temos en mente elaborar un produto encalante con micronutrientes, encalantes en po, moito máis asimilables e con menor custo para o agricultor, e seguir mellorando na aplicación”.