Archives

Atención personalizada e aforro económico co servizo de asesoramento xenético de Embriovet

Óscar Ousinde, de Embriovet, e Antonio Valcárcel, de Gandería Neiras SC, coas xovencas, o futuro da explotación

Nunha explotación de produción de leite as vacas son o seu principal capital. Do seu nivel morfolóxico e produtivo depende a rendibilidade da granxa. Por iso en Gandería Neiras SC están a apostar pola mellora xenética como ferramenta básica para lograr unha eficiencia cada vez máis necesaria a medida que os custos de produción se incrementan.

O servizo de asesoramento xenético que lles ofrece a empresa galega Embriovet permítelles aforrar tempo, preocupacións e diñeiro. Trátase dun servizo profesional flexible e personalizado que ten como finalidade última mellorar a marxe entre ingresos e gastos da granxa a partir da mellora produtiva, morfolóxica e de saúde dos seus animais.

Trátase dun servizo integral, continuo, flexible e personalizado, útil para calquera tipo de granxa. Cando se parte dun nivel máis baixo o salto é máis rápido e evidente

É un servizo asequible economicamente para calquera gandería que inclúe unha auditoría xenética de partida, a definición de obxectivos específicos e personalizados para cada gandería, o deseño do programa xenético e reprodutivo, a xestión dos datos xenómicos, a selección do seme a empregar e a definición dos acoplamentos.

“Empezamos a traballar nesta granxa no ano 2018 coa produción de embrións a partir dunha serie de animais destacados que había na gandería”, explica Óscar Ousinde, técnico de Embriovet, que é quen leva o seguemento desta explotación ubicada en Manán (Sarria), formada por unha cabana total de 144 animais cunha cualificación morfolóxica media de 81 puntos e unha media ICO de 3.377.

Profesionalidade e tranquilidade

Antonio Valcárcel é, xunto á súa irmá Ana, o propietario da granxa. Levaba anos tratando de mellorar pola súa conta o nivel xenético das súas vacas pero buscaba un traballo máis constante e profesional, polo que recurriu á experiencia e fiabilidade que ofrece Embriovet.  

“Empecei mercando algún embrión noutras ganderías galegas. O primeiro foi dunha vaca que daquela era número 1, a Campo 0383 Meridian ET, da gandería Campo de Lucín SC de Dumbría. Ese embrión deu moi bo resultado, vai parir agora de terceiro parto. Despois merquei outro embrión á gandería Baixo Holstein, daquí de Sarria, procedente da vaca Baixo Beemer Maruxa II ET, que deu Neiras Crushabull 9770 ET, que ao nacer na proba xenética xa resultou ser quinta de España por tipo. Buscaba continuar ese traballo e sacarlle o máximo rendemento ao investimento feito”, explica.

Fai anos saía un touro e duraba 5 anos; agora están aparecendo sementais novos continuamente, é unha loucura. Estar ao día require tempo e corres o risco de non atinar. Esta é unha maneira de estar sempre ao día

Antes de poñerse en mans de Embriovet, Gandería Neiras recurría ao servizo de acoplamentos de Africor Lugo. “Estaba contento, pero é un servizo máis limitado, porque as opcións de escolla circunscríbense unicamente aos touros de Xenética Fontao cando no mercado hai moitas máis posibilidades, pero dada a loucura de sementais novos que hai hoxe, leva tempo facer a escolla e corres o risco de non atinar”, recoñece Antonio, que buscou no servizo de asesoramento que ofrece Embriovet “apoio, seguridade e imparcialidade”, di.

Servizo independente e personalizado   

Óscar, revisando con Antonio os datos morfolóxicos dos animais, nunha das visitas trimestrais que fai á explotación

“Somos un servizo independente e totalmente personalizado adaptado ao que o gandeiro quere. Neste caso unha granxa robotizada necesita unhas condicións morfolóxicas moi concretas, pero ademais está o que o gandeiro desexa dos seus animais. Neste caso concreto o que queremos é mellorar as características morfolóxicas das vacas e a súa lonxevidade produtiva”, detalla Óscar.

“O feito de ser un servizo totalmente independente é importante porque ao non estar vinculados a ningunha casa de seme buscamos aquel touro que mellor se adapte, estea no catálogo dunha ou doutra empresa. Por lóxica, cada unha recomenda aos gandeiros os seus touros, é un asesoramento condicionado. O noso non”, aclara.

Ao non estar vinculados a ningunha casa de seme buscamos aquel touro que mellor se adapte en cada caso, en función dos defectos que se queren corrixir na granxa ou das características que se buscan nos animais

“Nós levámonos ben con todas as empresas de seme e temos boa relación con todas elas, pero á hora de escoller un semental eleximos de maneira obxectiva aquel que máis lle interesa ao noso cliente gandeiro”, detalla. Esta é precisamente outra das características que destacan do servizo de Embriovet, xa que ao ser personalizado permite corrixir os defectos que hai na granxa e explotar aquelas características máis destacadas dos animais.

Comprar o xusto, optimizando a elección do seme

“Nótase rápido o avance e o servizo págase só, simplemente co que se aforra na compra do seme. Non se trata de gastar máis en xenética, trátase de saber gastar e de optimizar todo o que compras. Consiste en mercar xusto o que se precisa, porque non é só que touros mercar, senón en que vacas utilizalos. Coa xenómica hoxe en día os datos son moi fiables e ás veces non compensa pagar unha cantidade elevada por unha dose tendo en conta o beneficio que se vai acadar con ela. Hai que buscar a medida xusta”, recomenda Óscar.

O servizo págase só, únicamente co que aforras á hora de mercar o seme. Trátase de optimizar o que compras e o gandeiro moitas veces non está ao tanto de todos os touros que hai dispoñibles porque ten moitas máis cousas ás que atender

“Aforras tempo en organizar o teu programa de mellora xenética, axúdanche a decidir cantas e cales xovencas criar e a facer a selección dos touros en función das túas necesidades e á marxe de criterios comerciais. Todo isto coa garantía de que cho está xestionando un equipo profesional que sabe do tema”, destaca Antonio.

Adáptase a todo tipo de ganderías, tanto pequenas como grandes, con sala, robot ou en pastoreo

Neste momento son 16 as ganderías galegas adscritas a este servizo xenético pioneiro que xurdiu da necesidade dun asesoramento imparcial para a escolla do seme. “Temos ganderías de todo tipo, desde 30 a 300 animais, e con distintos sistemas de manexo, desde robot a pastoreo pero o servizo é versátil e adáptase ás necesidades concretas de cada granxa. En cada unha delas as cousas a mellorar son distintas”, explica Óscar.

Cambio de prioridades co paso ao robot  

Neira Crushabull 9770 ET é un dos animais máis destacados da gandería desde o punto de vista morfolóxico. Está parida de primeiro parto e foi donante xa de 10 embrións implantados na gandería

A instalación dun robot de muxido no 2019 variou as prioridades na selección dos animais da granxa de Antonio. “Buscamos adaptar as características das vacas ás necesidades do robot. Cuestións como a lonxitude ou a colocación dos pezóns ou a velocidade de muxido son agora aspectos centrais, parámetros que estamos poñendo como restritivos á hora de escoller tanto os touros como as vacas das que recriamos”, explica.

A forma de traballar é flexible. O asesor visita a granxa cando menos unha vez cada tres meses e está en todo momento a disposición do gandeiro para aclarar dúbidas, analizar os avances ou reorientar os obxectivos fixados se fose preciso.

Grazas á mellora xenética, é posible aumentar a porcentaxe de sólidos sen perder volume de produción

“A atención é personalizada en todo momento e busca adaptar as características das vacas ás necesidades da explotación e ás demandas do mercado. Cunha industria que cada vez con máis intensidade reclama calidades e incluso produtos diferenciados como leite A2A2 a adecuada selección e planificación fai posible acadar os obxectivos con máis rapidez, gañando calidades sen perder volume”, destaca Óscar.

Buscando animais máis duradeiros

Gandería Neiras SC ten neste momento 60 vacas en muxido, cunha media de produción de 42 litros, unha porcentaxe de graxa do 4,1% e do 3,6% de proteína, polo que a capacidade de mellora nestes ámbitos e limitada.

“No noso caso non buscabamos un incremento da produción en si, porque nós xa viñamos de producións altas, incluso máis ca co robot, porque estabamos a tres muxiduras, pero a diferenza está en que eran animais con malas patas, malos ubres e que se acababan moi rápido. A tendencia que buscamos son vacas que en vez de dous partos, duren catro ou cinco”, detalla Antonio.

Unha adecuada selección xenética que nos leve a animais máis sans e máis lonxevos fará que se reduzan os custos de produción

É un traballo a longo prazo, recoñece, porque “aínda que cos embrións avances máis rápido, levamos só tres anos e é pouco tempo para ver resultados”, admite. “Os primeiros embrións que implantamos son vacas que están agora paridas de primeiro parto polo que é cedo aínda para que amosen todo o seu potencial, pero onde primeiro se nota a mellora é nas probas xenómicas das becerras, as que proceden de embrións despuntan todas”, di.

Obxectivo final: incrementar a marxe de beneficio das explotacións 

A gandería conta con robot de muxido e amamantadora para as becerras lactantes. A explotación aténdea Antonio coa axuda dun empregado

“Ao final a mellora xenética o que conleva é unha maior eficiencia á hora de xerar os ingresos da explotación, porque son animais máis rendibles, máis saudables e duradeiros, sen defectos e máis adaptados ao tipo de granxa, e no panorama no que estamos hoxe en día, no que os gastos soben e soben e o gandeiro non ten capacidade para controlalos, porque a granxa consome o mesmo, o que hai que tratar é de que a eficiencia da explotación sexa a maior posible”, argumenta Óscar.

No contexto actual de subas xeralizadas nos custos de produción, sobre os que o gandeiro non ten case capacidade de intervención para diminuílos, a rendibilidade da granxa, e en moitos casos a súa supervivencia, depende da eficacia e eficiencia na xeración de ingresos

“A vaca come o mesmo, sexa unha ou outra, pero os ingresos que xera non son iguais. A clave, pois, reside nos animais que teñamos, xa que mellorando a cabana a través da xenética conseguimos mellorar os ingresos da granxa por medio dunha maior eficiencia produtiva”, resume.

Óscar aclara que “non ten que ser unha gandería de élite a que recurra a este servizo de asesoramento xenético, senón que é válido e útil para calquera granxa”. “De canto máis abaixo se parta máis rápidos e evidentes van ser os resultados e, de cara ao futuro, se os cimentos son bos, máis estable vai ser o edificio”, compara.

“En momentos de crise coma este non se pode aforrar en xenética porque é algo que se acaba pagando”

As xovencas de Gandería Neiras SC están a despuntar nas probas xenómicas. No pasado mes de xaneiro obtiveron o posto número 1, 9 e 24 por tipo no ránking a nivel estatal que publica Conafe

Embriovet é unha empresa galega especializada en mellora xenética bovina que traballa en toda España e Portugal a través da produción de embrións tanto in vitro como in vivo. Dispón, desde o 2018, dun laboratorio de produción de embrións in vitro propio e encárgase tanto da súa extracción nos animais donantes como da súa posterior implantación nas vacas e xovencas receptoras.

Aínda que este novo servizo de asesoramento xenético a explotacións pode estar vencellado ou non á produción embrionaria, Óscar recoñece que os avances son máis rápidos se se traballa de xeito coordinado nos dous ámbitos: a selección do seme e o uso de embrións.

Esta foi a opción escollida por Antonio para a súa granxa. “A mellora xenética sempre é un investimento. Cos embrións o investimento é maior pero o retorno do investimento tamén é máis rápido. Con seme só, tes que pasar tres xeracións para mellorar o que melloras con embrións nun só parto. O investimento é máis forte pero tamén se recupera antes porque dun animal destacado de primeiro parto podes chegar a obter 10 descendentes, cando doutro xeito só terías 1. Ese é un salto cualitativo enorme”, recoñece Antonio.

Embriovet encárgase da extracción, produción in vitro e implantación posterior dos embrións para deste xeito sacar o máximo proveito posible aos mellores animais da granxa

Até o momento Embriovet leva producidos nesta gandería de Sarria un total de 52 embrións de 5 doandes distintas, que foron implantados noutros animais da explotación con menor nivel xenético. “É certo que o programa xenético de calquera granxa gaña moitísimo impulso e se acelera coa introdución de tecnoloxías embrionarias pero non é imprescindible, este é un servizo de asesoramento ao que pode optarse de xeito independente”, aclara Óscar.  

Despuntando nas probas xenómicas

En só 3 anos Gandería Neiras SC está a ver xa os resultados dese traballo. En xaneiro deste ano logrou a xata número 1 entre as mellores novillas xenómicas de España por índice xeral de tipo (IXT) con Neiras Moovin 3642 ET. Entre as súas becerras estaba tamén a número 9 e a 24 da listaxe que publica Conafe.

Gandería Neiras ten o 100% do seu rabaño xenotipado

Neiras Moovin 3642 ET foi un animal saído do laboratorio de Embriovet, pois xestouse a partir dun embrión in vitro. “É unha técnica interesante porque podemos facela a partir de vacas xestantes, nas que non interrompemos o seu ciclo reprodutivo e ademais obtemos os embrións que necesitamos para seguir adiante coa mellora xenética da granxa”, explica Óscar.

Rescate xenético, solución de urxencia para salvar o traballo feito

Ese animal era unha das grandes apostas de Antonio pero un percance repentino poucos días despois de que as probas xenómicas confirmaran o seu potencial estivo a piques de dar ao traste con esas esperanzas. “O que lle pasou é que tivo unha morte súbita e tivemos que vir de urxencia a facer un rescate xenético, que é outro dos servizos que ofrecemos”, explica Óscar.

O domingo 23 de xaneiro pola tarde os veterinarios de Embriovet acudiron de urxencia á explotación e lograron extraer 6 embrións da xata falecida

 “A pesar de que era un animal prepúber, que desde o punto de vista reprodutivo non estaba funcionando para nada, porque só tiña 7 meses, conseguimos 6 embrións, dos que 2 xa están postos e estamos agardando a coñecer o estado de xestación. Iso permitiu non tirar pola borda todo ese traballo que se levaba facendo, salvar ese traballo e continuar con el, porque era un dos animais máis destacados da gandería”, destaca.

Venda de xovencas e embrións

Até o de agora Antonio está a aproveitar os embrións xerados a partir das súas mellores vacas para incrementar o nivel xenético do seu rabaño, pero de cara ao futuro non descarta comercializalos para deste xeito compartir esa mellora con outras granxas e recuperar unha parte do investimento realizado.

Ata o momento o que quixen foi explotar o potencial xenético que me ofrecen os embrións para mellorar o nivel da granxa. Dunha vaca destacada de primeiro parto podes obter 10 descendentes, cando doutro xeito só terías unha

“De momento non vendín ningún, púxenos todos aquí, en vacas e xovencas con menor potencial, pero é algo que non descarto facer de cara ao futuro. O robot é un factor que limita o crecemento da granxa. Teño 60 vacas en muxidura neste momento, 6 secas e 75 en recría, que son moitas máis das que preciso para cubrir as miñas necesidades de reemprazo. Vanme empezar a sobrar unhas 10 ou 15 xovencas cada ano e tanto a venda de embrións como de recría pode ser unha fonte de ingresos máis, unha maneira de diversificar e de obter unha recuperación do investimento realizado en xenética por esa vía”, di.

“Hai cousas nas que non se pode aforrar”  

Antonio, co seu fillo, que tamén se chama Antonio, xunto ás vacas en produción

Aínda tendo as súas necesidades de reemprazo cubertas e malia que o prezo actual do leite non axuda a decidirse a facer investimentos, Antonio considera prioritario seguir destinando recursos á mellora da súa cabana. “Hai cousas que non se deben abandonar”, di. 

“Fai anos cando baixaban os prezos do leite había xente que daba menos penso. Hoxe iso xa non se lle ocorre a ninguén, porque ao final produces menos leite e é contraproducente. Na alimentación do gando está claro que é algo no que non podes aforrar. Pois na xenética o mesmo. Se nun momento de crise tratas de aforrar en seme valo notar dentro duns anos. Pero se tiñas pensado cambiar o tractor, iso igual pode esperar”, razoa.

As vacas son as que xeran os ingresos da túa explotación, canto máis eficientes sexan facéndoo, mellores van ser os teus resultados

Inicialmente esta gandería optou por producir embrións con algunha das súas mellores xovencas e máis tarde invertiu na compra dalgúns embrións de animais destacados tanto de Galicia como de fóra. Agora está a combinar o uso da tecnoloxía embrionaria in vivo e in vitro para producir embrións con doantes xestantes e non interrumpir así o seu ciclo productivo.

As expectativas a longo prazo son mellorar de forma importante en morfoloxía paralelamente á mellora en lonxevidade produtiva e calidades

Grazas a estas técnicas, actualmente Gandería Neiras xa dispón dun plantel de femias moi destacadas que han ser doantes de embrións nos vindeiros meses para servir aos animais máis desfavorecidos da granxa.  “As vacas son as que xeran os ingresos da túa explotación, canto máis eficientes sexan facéndoo, mellores van ser os teus resultados”, conclúe Antonio.

Promoción de embrións Holstein da gandaría con mellor ICO de España

Embriomarket, empresa galega referente en compravenda de embrións de gando vacún, realiza unha promoción de embrións Holstein procedentes de gandaría Can Thos SL, a primeira gandaría por índice ICO de España.

En concreto, nesta promoción Embriomarket pon á venda a prezos especiais embrións de dúas vacas de elite:

-Thos Lineman Laia ET (GICO + 4456 ) x Poppe Freestyle Red Sexado

-Thos Imax Gigi ET (GICO +4343) X Poppe Freestyle Red Sexado x Genosource Captain Sex

Ambos os animais son propiedade da gandaría catalá Can Thos SL, mellor explotación por ICO de España na categoría de máis de 200 reprodcutoras nas avaliacións de CONAFE de xuño de 2021

Ademais, o pasado mes de outubro recibiu a Vaca d´Or, o premio á mellor explotación de Catalunya en control leiteiro.

Podes consultar pedigrís, dispoñibilidade e prezos aquí

Can Thos, a gandería con mellor índice xenético de España

Pere Serra, xunto ás súas vacas en Tordera, na zona do Maresme de Barcelona Ramaderia Can Thos SL, ubicada en Tordera, no Maresme catalán, é nestes momentos a mellor gandería de España por índice combinado, con un ICO de 3.431 puntos, segundo a última actualización das avaliacións xenéticas de Conafe, correspondente ao mes de xuño, un posto de honra no que repite desde o mes de novembro do 2020.  É o resultado de anos de dedicación á mellora xenética, concibida nesta gandería como unha ferramenta para conseguir mellores producións de leite na súa propia granxa, e que autofinancian coa venda de embrións e animais de alto valor xenético a outras explotacións de toda España.
Esta gandería catalá é líder actualmente en xenética holstein en España, onde repite como mellor explotación por índice combinado (ICO)
Pere Serra Bigas é actualmente o xerente desta gandería líder en xenética holstein en España. É enxeñeiro técnico agrícola e especializouse en mellora xenética durante unha estancia dun ano en EEUU, onde se formou na Universidade de Minesotta. “Alí foi onde me dei conta de que se utilizabamos todas as posibilidades de mellora xenética na nosa explotación poderiamos incrementar os beneficios”, asegura.
A mellora xenética permite conseguir os obxectivos en produción leiteira reducindo os custos e mellorando as propiedades e a calidade do leite
De volta a Cataluña, no ano 2000, Pere incorporouse a xornada completa á explotación que levaban o seu pai e o seu tío e comezou a aplicar na gandería familiar o que aprendera das ganderías de Estados Unidos, que levaban anos de adianto neste campo con respecto ás ganderías de Cataluña.
Non temos animais preferidos, todos teñen o seu prezo e todos están en venda
“A miña idea era crear un valor engadido ao leite, vía venda de embrións e dalgún macho ou femia de alto valor xenético, para seguir reinvestindo eses ingresos en xenética. Non temos animais preferidos, todos teñen o seu prezo e están en venda. Estamos abertos a todo aquel ao que lle interese un animal noso”, indica. Pere calcula que entre un 3 e un 5% dos ingresos da granxa proceden a día de hoxe da venda de xenética, tanto de embrións como de machos a centros de inseminación ou femias a outras ganderías, aínda que houbo anos nos que un de cada 10 euros ingresado por Can Thos procedía do negocio xenético. 14 anos traballando con embrións Dúas tenreiras nacidas froito dun embrión implantado e dividido dentro da vaca receptora Unha das claves da mellora xenética desta gandería foi a súa aposta pola implantación de embrións mediante un programa estruturado que en determinados momentos ocupou unha parte importante da actividade da explotación. Desta maneira, puideron acelerar a mellora xenética da explotación de forma máis rápida que coa simple inseminación artificial, obtendo unha importante cantidade de descendentes dos animais de máis alta calidade xenética, aproveitando ademais como receptoras ás vacas menos interesantes.
Obtiveron por segunda vez (en 2007 e 2017) o título de Mestre Criador que outorga Conafe e son habituais nos premios Vaca D´Or que cada ano entrega a Federación Frisoa de Cataluña
“Empezamos en 2007 poñendo embrións. Eu comprara unha tenreira nunha poxa que viña cun contrato de embrións, e a partir de aí empezamos a probar con 1 ou 2 vacas. Por mor diso collemos confianza e houbo momentos que iamos moi lanzados, pero volvemos a poñer os pés no chan e agora usamos só esta ferramenta cando hai demanda ou cando vemos que nos é útil para mellorar nós por esta vía”, admite. Clientes en Galicia Un veterinario de Embriovet&Embriomarket realizando tarefas de extracción de embrións en Can Thos A empresa galega Embriovet&Embriomarket encárgase de realizar as tarefas de extracción de embrións nesta gandería catalá líder en xenética Holstein e tamén de comercializalos posteriormente. “Realizamos unhas 6 ou 7 extraccións de embrións ao ano en grupos de 6 a 8 animais cada vez. Traballamos con Embriovet& Embriomarket porque son xente especializada”, destaca Pere.
Unha das empresas que comercializa os seus embrións é a galega Embriovet& Embriomarket
O proceso iníciase provocando unha superovulación nas mellores vacas da gandería, que son despois inseminadas, no momento no que se atopan en celo, con seme seleccionado internacionalmente. Tanto a fecundación como a xestación prodúcense dentro do útero da vaca (proceso in vivo).
O futuro dos embrións pasa pola produción in vitro con aspiracións foliculares e sen hormonas
Ao cabo de 7 días retiran eses embrións mediante un lavado uterino (flushing) e implántanos noutras vacas do establo con menor potencial xenético, que actúan a modo de ventres de alugueiro, de maneira que a xestación do animal resultante responde aos criterios hereditarios das mellores vacas da gandería.
Subministran machos a Xenética Fontao mediante convenios de colaboración
“Traballamos cos mellores touros do mercado, con todos aqueles que se adapten á nosa maneira de pensar, dáme igual de onde sexan. É seme caro, unha soa dose pode chegar a custar 150 ou 200 euros”, explica. Proceden dos mellores touros de EEUU, Canadá, Países Baixos, Alemaña ou Italia, pero tamén de empresas españolas como Xenética Fontao, á que tamén fornecen machos para sementais. “O macho xenómico número 10 de España, Thos Saturn Greco, saíu de aquí e foi vendido a Fontao nun convenio de colaboración”, detalla. Todo o establo está xenotipado Aos 8 días de vida realizan a proba xenómica a todos os animais que nacen para coñecer o seu potencial Ao contrario do que fan na actualidade a maioría de explotacións enfocadas á produción láctea, non usan seme sexado, nin nas vacas seleccionadas para embrións nin nas xovencas. “Non usamos nada de sexado, porque calquera macho que naza é un potencial candidato ter bos indices, e a poder ser ofrecido a un centro de inseminación, polo que todas as xovencas son inseminadas con seme convencional, xa que todas teñen indices xenéticos altos.”, indica. Para asegurarse, aos 8 días de vida extraen unha mostra de sangue ás tenreiras para así, mediante a técnica do xenotipado, coñecer o seu potencial produtivo futuro. “Tal como está o prezo do leite e o mercado de animais, non podemos criar a todas as tenreiras, só a aquelas que mellores resultados obteñen nesta proba xenómica. Descartamos as que darán menos leite ou terán máis enfermidades”, explica Pere.
O ano pasado vendemos as dúas primeiras tenreiras de alto valor xenético a dúas granxas de Galicia
Do mesmo xeito que os seus embrións, algúns dos seus mellores animais tamén acabaron en ganderías galegas, como Thos Discjockey Alicia ou Thos Guardian Alumet, que con 4.847 de ICO a día de hoxe e número 1 factor vermello sen cornos, está en Prevediños (Touro) na gandería de Álvaro Martínez Suárez. Animais equilibrados Thos Duke Llumina, que foi nº1 de vacas xenómicas de Conafe, na parideira da granxa Queren contar cun rabaño uniforme e equilibrado e que a súa granxa non destaque nun único aspecto, por iso buscan animais o máis completos posible, con boa morfoloxía, potencial xenético e produción de leite. “Tentamos ser equilibrados en todo. Sempre me gustou máis traballar a nivel de granxa que a nivel de animal individual. O acoplamento individual só o usamos para embrións, pero despois traballamos máis en grupo, é máis cómodo e non tes que ter 50 touros no tanque”, razoa Pere.
Priorizamos produción de leite, bos ubres e saúde podal
“Priorizamos leite, 0 en graxa e proteína, bos ubres (touros con máis de 2 en índice de ubres) e saúde podal, que pensamos que é máis importante que céculas somáticas, porque a maioría de machos xa son resistentes e, pola contra, a saúde podal ten maior percorrido a longo prazo”, detalla. Gando A2A2 Usan seme dos mellores touros a nivel mundial e con acoplamentos individuais só para os embrións Levan anos seleccionando tamén aos seus animais pola kapa caseína A2. “Seleccionamos ás vacas que posúen esta proteína e cruzámolas con machos que tamén a posúen. Así conseguimos moi rápido cambiar o perfil do noso rabaño. Ao redor do 50% é xa A2A2 e menos do 10% A1A1”, indica Pere.
O 50% da nosa produción xa é A2A2
“Moitas granxas están a tentar ter canto antes toda a produción A2A2 buscando un valor engadido do leite. Ao ser consumida por máis público, pola súa mellor asimilación, espérase que teña máis prezo, como sucede xa en EEUU, aínda que aquí de momento non se paga. Por iso, cando alguén nos compra un embrión escolle normalmente que sexa sexado e A2A2. Se é para nós tamén se ten en conta aínda que non por encima doutros parámetros”, explica.

"O obxectivo segue sendo producir leite; a xenética é un hobbie que nos aporta ingresos complementarios"

Pere, xunto ao lote de xovencas de recría, unha das partes esenciais da gandería A gandería Can Thos, situada na zona do Maresme, conta na actualidade cunhas 400 cabezas totais, das que unhas 250 son vacas en produción. Producen unha media anual de 8.300 litros diarios que entregan a Làctia, a empresa creada en 2016 pola cooperativa andaluza Covap para abastecer a Mercadona en Cataluña. Aínda que unha parte dos ingresos da granxa proceden hoxe da venda de xenética, tanto embrións como animais, “o obxectivo final da gandería segue sendo a produción de leite”, asegura Pere. “A xenética é un hobbie que nos achega ingresos complementarios de cando en vez e axúdanos a seguir adiante nese ámbito, pero o que me paga as facturas é a venda diaria de leite ”, afirma.
A xenética é un hobbie que non quero que me custe diñeiro, pero eu tento ter animais de alto valor xenético para producir leite todos os días, que é o que me paga as facturas
O obxectivo de produción anual de Can Thos para este ano 2021 con 250 vacas en muxidura é alcanzar os 3,2 millóns de litros de leite, con 36,1 litros de media por vaca lactante e un 7,6% de vacas secas. “A graxa non nos interesa” Na selección xenética priorizan produción de litros de leite, bos ubres e saúde podal Nesta gandería catalá apostan pola calidade hixiénico-sanitaria do leite, máis que polos niveis de sólidos, con porcentaxes do 3,21% de graxa e 3,48% de proteína. “A nosa filosofía de traballo sempre foi traballar con pouca graxa e con moitos litros de leite. Negociamos un contrato coa empresa para que nos penalizasen o menos posible na graxa, porque nunca chegabamos aos mínimos, e compensando iso con outros factores, como bacterioloxía e células somáticas”.
Producen unha media de 8.300 litros diarios que entregan a Làctia, a empresa de Covap en Cataluña para abastecer a Mercadona
No seu contrato con Làctia o prezo base son 325 euros por tonelada, cun 3,70% de graxa. Descóntanlles 1,5 euros por décima de graxa (a proteína non se ten en conta) e reciben uns 10 euros por dobre A en calidade hixiénica. “A graxa e a proteína van camiño de valer cero nesta zona, onde o que producimos é leite líquido. A proteína no noso caso non se paga e a graxa vai polo mesmo camiño”, opina. Minimizar os días improdutivos Zona de boxes de tenreiras e machos lactantes Todo o sistema de manexo da granxa vai encamiñado a este obxectivo da produción de litros de leite, buscando minimizar os días improdutivos dos animais. “Tentamos que todos os animais pairan ao primeiro parto entre os 20-21 meses, así temos 90 días máis de produción con respecto ás ganderías que levan a parto ás xovencas con 24 meses e o noso período de secado é de 55 días. O obxectivo final é ter o mínimo de días improdutivos, nos que a vaca só come e caga, pero non dá leite. Eses días inútiles non me gustan e intento minimizalos,”, afirma.
Esperan un mínimo de 200 días en leite para empezar a inseminar e teñen en conta o estado corporal do animal e a súa produción
En materia de reprodución baséanse nese mesmo obxectivo e aplican un sistema distinto de traballo no que o período de espera voluntario vai en función da produción de leite do animal. “Queremos lactacións rendibles que che dean diñeiro. Muxir unha vaca de poucos litros non ten sentido, por iso en vacas adultas inseminamos cando baixan de 40 litros e nas primeirizas cando baixan de 38”, detalla. Lograr vitalicias de 40.000 litros Máis ca vacas moi lonxevas, o que buscan son animais capaces de dar moitos litros en poucos partos, o que significa que son moi persistentes e teñen un intervalo entre partos moi longo Ese mesmo criterio de redución do número de días improdutivos dos animais aplícano aos descartes. “Unha vaca por moi número un que sexa se non é rendible non me vale para nada, por encima de todo tentamos ser rendibles ”, afirma Pere.
Unha vaca por moi numero un que sexa se non é rendible non me vale para nada
Por iso, di, a lonxevidade non é un obxectivo en si mesmo, igual que non o é a redución dos días abertos, o período que pasa desde o parto á seguinte preñez. “Queremos vacas que teñan persistencia, é dicir, que poidan producir moitos litros sen necesidade de preñalas. É máis importante para min iso, que dean leite moitos días, que o feito de que me duren moitos anos. Porque cada 4 partos perdes unha lactación e cada parto é para min unha tensión importante e unha molestia, ademais de supoñer un parón de produción nos 60 días anteriores”, argumenta.
Calculamos que ao longo da súa vida unha vaca debe producir uns 40.000 litros de leite; unha vaca que baixa de 25 litros diarios non é rendible
Por iso, en Can Thos hai vacas con 9 partos e 110.000 litros producidos, porque manteñen altas producións e empreñan aos 250 días sen problemas, e outras que abandonan o establo moito antes. A media de produción vitalicia no momento de saída a matadoiro sitúase habitualmente entre os 40 e os 41.000 litros, aínda que a media do ano pasado caeu ata os 37.000 litros. “Varias xovencas recén paridas romperon pernas por un problema de patios mal raiados e tivemos que mandalas”, xustifica. A mamite non é un problema nesta granxa e os casos de reabsorcións son moi puntuais, polo que a maioría de descartes que fan prodúcense por baixa produción ou coxeiras. Por iso, insiste Pere, “intento que a saúde podal sexa un punto de selección importante tanto nas vacas das que recriamos como dos touros cos que as inseminamos”. Loitar contra a calor Aproveitan a brisa do mar para ventilar de forma natural as naves sen necesidade de usar ventiladores Producir leite na zona do Maresme catalán non é facelo en Galicia. Un dos problemas é o estrés por calor no verán, pero os seus efectos no gando poden mesmo dilatarse no tempo. “A baixada en leite pode ser de 3 ou 4 litros por vaca, pero o problema é cando en agosto, que é o punto crítico, hai moita temperatura e humidade durante varias semanas, xa que ás vacas cústalles recuperar despois en setembro e outubro”, explica Pere.
Os animais téñense que adaptar á zona onde están pero a baixada en leite pode ser de 3 ou 4 litros
En Tordera, onde se atopa a granxa, no inverno o clima é suave pero no verán aos 35 graos de temperatura súmase “unha humidade brutal”. Can Thos adaptou o seu establo de produción para aproveitar a circulación do aire. “Só temos dous ventiladores forzados, o resto é ventilación natural. Adaptamos as estruturas para ter unha ventilación óptima coa brisa que vén do mar e poder aproveitala ao máximo. Con ese movemento de aire mantemos aos animais fríos sen ter que poñer auga ou máis ventiladores. O investimento respecto ao retorno non sería adecuado, por como é a estrutura das naves”, asegura. De maíz a sorgo por culpa do xabarín Ao lado da granxa dispoñen de 5 hectáreas de regadío cuxo cultivo principal é o sorgo O clima seco tamén condiciona a produción forraxeira. A gandería dispón de 40 hectáreas de superficie, pero só 5 delas son de regadío e o resto é secaño. Pero máis aló da escaseza de precipitacións, o principal problema para a produción forraxeira é o xabaril.
Os seus cultivos principais son agora o sorgo en rotación con avea e raigrás. O millo teñen que compralo, entre 2 e 3 millóns de quilos ao ano para ensilar
“Na zona de regadío sementabamos millo, pero o xabaril esnaquizábanos todo o cultivo e tivemos que deixar de botalo e substituílo por sorgo. No sorgo o xabaril só vai durmir, pero non o esnaquiza como fai co millo”, relata Pere. Na pradeira permanente sementan unha combinación de alfalfa, raigrás e bromus resistente á seca Así pois, nestas 5 hectáreas de regadío fan agora dous cortes de sorgo e antes de sementar o sorgo un corte de avea con raigrás, aínda que “este cultivo anterior non todos os anos podemos facelo”, aclara.
Na pradeira permanente sementan unha combinación de leguminosa (alfalfa) e gramíneas (raigrás e bromus) con boa resistencia á seca
Na zona de secaño, a maioría está a prado permanente, cunha mestura resistente á seca de alfalfa, bromus e raigrás, aínda que un 10% da superficie está destinada tamén a sementar de sorgo en rotación cun cultivo de primavera de avea e raigrás. A mesma ración todo o ano Can Thos non logra ser autosuficiente en produción forraxeira para as súas 400 cabezas de gando. “Compramos todo o silo de millo, temos xente que nos sementa para nós por esta zona, son agricultores que teñen as súas fincas preparadas contra o xabaril. Necesitamos habitualmente entre 2 e 3 millóns de quilos de millo ao ano. Alfalfa compramos cada vez menos, só usamos medio quilo por vaca. Tamén compramos soia, fariña de millo e algo de colza para mesturar co complexo de minerais”, enumera Pere.
As vacas en produción comen silo de sorgo, silo de millo, alfalfa, soia, colza con minerais e fariña de millo
“Nós apostamos por unha ración simple que tentamos cambiar o mínimo posible dentro do ano. Iso axuda a que os animais manteñan o seu mesmo estado de rumen e produción e a minimizar os días improdutivos”, asegura. Altos custos de produción O xerente da gandería número un tanto de Cataluña como a nivel estatal asegura que só mellorando o rabaño no seu conxunto grazas á mellora xenética pódese manter a rendibilidade da explotación nestes momentos de altos custos de produción e marxes tan estreitas.
Chegar a fin de mes neste momento é un suplicio. Se a cousa segue así ata final de ano haberá moitos peches
“Disparáronse os custos de produción moitísimo, chegar a fin de mes neste momento é un suplicio. Tentamos traballar con futuros pero ás veces non logras pechar un bo prezo. O contexto non é diferente en Cataluña a respecto doutros sitios pola carestía do millo e a soia. Polo momento imos aguantando, pero a xente empeza a ir moi apurada xa e haberá moitos peches se a cousa segue así ata final de ano”, prognostica. Problemas de man de obra A pesar da súa profesionalización e o seu funcionamento empresarial, Can Thos segue sendo unha explotación familiar na que Pere actúa de “xerente e traballador para todo” apoiado por outros tres empregados para o traballo na granxa.
Muximos dúas veces ao día nunha sala convencional pero teño xa proxecto para montar robots pola falta de persoal
Do mesmo xeito que sucede noutros lugares, como en Galicia, as dificultades para atopar man de obra son xeneralizadas en Cataluña. “É horroroso”, salienta Pere. Na súa gandería están a muxir unhas 250 vacas dúas veces ao día nunha sala convencional e nin se plantexa poder facer tres muxiduras ante a falta de persoal. Catro xeracións e máis dun século de actividade Xovencas no pasto ao lado da explotación, que iniciou o bisavó de Pere a principios do século XX A historia desta gandería catalá remóntase a principios do século XX, cando o bisavó de Pere comprou a masía cunhas cantas vacas. “Nesta zona as casas de payés eran autosuficientes. Traballaban o campo e tiñan a súa vaca. Estamos á beira da costa e o turismo empezou a tirar moito de produtos como o leite e as verduras. Na zona máis de costa especializáronse en produción de verdura e máis cara ao interior, onde estamos nós, fixémolo en produción de leite”, conta Pere.
O meu bisavó empezou con 7 ou 8 vacas para subministrar aos pobos turísticos da costa
A necesidade de leite, tanto polo turismo como polo consumo crecente en cidades como Barcelona, fixo que en 1960 construísen un establo con sistema canadense para 60 vacas atadas en muxido directo. Vendían, a través de intermediarios, a hoteis da costa situados en localidades próximas, como Blanes, Lloret de Mar ou Calella. En 1970, xa co seu pai Ramón e o seu tío Joan á fronte da gandería, pasáronse a estabulación libre, construíndo unha granxa coa forma típica das explotacións catalás desta época, con zona de descanso e corredor de alimentación en forma de T, sala de muxido 2x8 nunha punta e cama quente para o gando. Variaron entón o destino final do leite, especializándose en fornecer á industria, cunhas 70 vacas en produción. Trala incorporación de Pere no ano 2000, ao volver de EEUU, a gandería seguiu medrando cunha aposta decidida pola mellora xenética, mantendo a venda de leite á industria como negocio prioritario pero sumando ingresos complementarios pola diversificación coa venda de embrións e animais vivos, un camiño no que continúa desde entón. 
  • Reportaxe elaborada por Campo Galego coa colaboración comercial de Embriovet&Embriomarket

Embrións terapéuticos en vacún de leite: unha solución para mellorar a fertilidade no verán

O uso reprodutivo de embrións denomínase ás veces como “uso terapéutico” por solucionar casos de infertilidade. Neste sentido, a empresa galega Embriovet quere axudar aos equipos veterinarios compradores do produto para os seus clientes ou aos propios gandeiros a sacar o mellor partido do produto e da técnica.

Para iso, ofrecen un asesoramento continuado xunto a un produto moi mellorado e práctico. O obxectivo é a satisfacción do cliente final e a mellora dos índices reprodutivos das explotacións logrando impacto positivo na súa economía. Así, en Embriovet teñen dispoñible un amplo catálogo de embrións conxelados para transferencia directa.

A transferencia embrionaria: O único método eficaz para mellorar a fertilidade en situacións de estrés por calor e en vacas repetidoras

A transferencia embrionaria é o único método dispoñible para mellorar a fertilidade durante o estrés por calor xa que consegue facer un by-pass ao dano ovocitario e da etapa de primeiras divisións celulares do embrión. A este respecto, numerosas experiencias no mundo demostraron a superioridade da transferencia embrionaria para preñar vacas no verán e durante todo o ano para as vacas repetidoras, unha problemática recorrente que está sempre presente en todas as gandarías de leite.

As causas desta infertilidade en vacas repetidoras son diversas, a miúdo difíciles de diagnosticar, e moitas delas pódense salvar utilizando embrións xa fecundados en lugar da inseminación. A eficacia é máxima en casos de obstrucións oviductais, adherencias ováricas e/ou de mesosalpinx, mala calidade ovocitaria, ou causas xenéticas. Iso si, deben excluírse animais con historia de reabsorcións embrionarias, ou con signos de endometrite
clínica ou subclínica ou outra causa infecciosa ou metabólica que provoque a infertilidade.

En canto á baixada de fertilidade por estrés calórico en vacún de leite, estimouse que a taxa de concepción diminúe cando a temperatura uterina sobe 0.5 graos C por riba da normal. A magnitude deste efecto vese influída pola xenética e pola produción de leite. As vacas de alta produción son máis sensibles aos efectos de tensión térmica que as non lactantes, precisamente pola produción de calor que xera a síntese de leite.

Desde o punto de vista xinecolóxico a vaca ou xovenca candidata a recibir un embrión é unha femia con ciclicidade normal, sen causa aparente da infertilidade ou ben con diagnostico de anomalías no sistema tubular. Recoméndase excluír todas as demais.

O ideal é recorrer á T.E. terapéutica a partir da 3ª ou 4ª inseminación

Desde o punto de vista económico ou de xestión da explotación as femias elixibles son aquelas que son aínda novas (con lactacións por diante), teñen un nivel produtivo alto (media ou superior) e o seu estado xeral, condición corporal e Días en Leite (DEL) permiten que faga un período de secado normal e retorno á produción en boas condicións.

O ideal é recorrer á T.E. terapéutica a partir da 3ª ou 4ª inseminación, sen esperar a acumular demasiados DEL.

A outra parte da ecuación é contar cun embrión de boa calidade biolóxica e aplicalo seguindo boas prácticas, para o que achegamos unha breve guía recollendo a metodoloxía básica. “A calidade biolóxica e a fertilidade dos embrións varía segundo o método de produción e técnica de conservación de tal maneira que os recolleitos in vivo son superiores aos producidos in vitro, aínda que conseguimos alcanzar un nivel de fertilidade máis que suficiente con estes últimos e seguimos na senda da mellora constante”, explican dende a empresa galega.

Neste sentido, desde Embriovet destacan a mellora que conseguiron na fertilidade das vacas grazas á selección de embrións excelentes. “Seleccionamos soamente os mellores embrións para a venda, tras pasar unhas exhaustivas probas no noso laboratorio. Ademais da calidade biolóxica, deste do punto de vista sanitario realizamos text PCR para descartar que puidesen ser positivos a IBR ou BVD, uns elevados estándares de calidade que nos diferencian no mercado”, subliñan.

Máis información: www.embriomarket.com

Nova promoción de embrións de raza Hereford

A empresa galega Embriomarket realiza unha nova promoción de embrións, neste caso de raza Hereford, famosa pola súa carne de alta calidade e as excelentes características maternais das femias. Ademais, os animais Hereford son de temperamento manso, o que permite un manexo máis doado comparado co doutras razas de gando.

En concreto, os embrións son de Romany 1 Lucy BL T25(P) ( UK562010301488), procedente da prestixiosa gandaría inglesa Romany Poll Herefords, fundada en 1955, e que conta cun dos rabaños máis antigos de gando Hereford, con 200 cabezas de Hereford polled.

Por parte paterna Romany 1 Lucy BL T25(P) foi acoplada con Wirruna Katnook K74 (P), un dos touros punteiros na raza Hereford.

Toda a información aquí: https://bit.ly/3nagW70

#HerefordPolled #Embrións #embriomarket

Promoción de embrións Holstein A2A2

A empresa galega Embriomarket realiza unha promoción de embrións Holstein A2A2, un xen que permite ás vacas producir un leite máis dixerible e con mellores perspectivas de venda.

Os embrións son da vaca Hunter KL OH Modesto, cun GICO +4079, e puntuación positiva tanto en Kg/Leite +1.103 como en sólidos lácteos: Kg/Graxa +61 e Kg/Proteína +39
.
Ademais, son embrións dun animal propiedade da Mellor Explotación por ICO de España (evaluacion de novembro de 2020), a gandaría catalá Can Thos SL.

A destacar tamén que Hunter KL OH Modesto é un animal con 11 xeracións MB/EX no seu pedigrí

Embrións dispoñibles con seme sexado de xenética Sanjay e Bennie.

Toda a información aquí

Promoción de embrións en Embriomarket con xenética de gandaría Can Thos

A empresa galega Embriomarket lanza unha promoción de embrións con xenética por parte paterna de touros de gandaría Can Thos, a segunda mellor explotación por ICO de España entre as de máis de 200 reprodutoras, segundo as avaliacións xenéticas de CONAFE do mes de xuño.

Trátase de embrións xestados a partir do seme dos seguintes touros desta gandaría de elite catalá:

1) Thos Starello Llum:

-Este animal ten 8 xeracións MB/EX no seu pedigrí
-GICO+5210
-Kg/L +1981
-Kg/G +66
-Kg/P +62

Embrións cos índices de pedigrí máis altos producidos en THOS. Boas producións e altas calidades de lonxevidade e fertilidade.

Embriomarket conta con embrións dispoñibles coas seguintes vacas:

-Kaergaard Soundcloud KEY (GICO 5499)
-Genuine ET (GICO 5442)

Consulta pedigrí, dispoñibilidade e prezos aquí: https://bit.ly/2GB4nRv

2) Thhos Starello Alumete P Red ET:

-A1A2
-GICO+4610
-Kg/L +2134
-Kg/G +54
-Kg/P +65
-Boas producións e altas calidades
-REDE & POLLED
-6 Xeracións VG ou EX no seu pedigrí
-Familia de mérito en produción, tipo, saúde, lonxevidade
-Familia de pedigrí profundo con animais destacados e sementais en centros de inseminación

Embrións dispoñibles con:

-Caudumer Solitair P Red ET SEXADO
-Gywer SEXADO

Se che interesa, podes consultar pedigrís, dispoñibilidade e prezos aquí: https://bit.ly/2GB4nRv

3) Thos Snob Elva:

-A2A2 BB
-GICO+4708
-Kg/L +1580
-Kg/G +66
-Kg/P +57
-IGT+1.89
-Boas producións e altas calidades

Dispoñibles embrións con:

-Gywer SEXADO
-Peak AltaHotjob ET SEXADO

Para consultar pedigrís, dispoñibilidade e prezos fai clic nesta ligazón: https://bit.ly/2GB4nRv

4) Thos Starello Llama ET:

-8 xeracións MB/EX no seu pedigrí
-A2A2
-GICO+4869
-Kg/L +1419
-Kg/G +43
-Kg/P +56
-IGT +2.12
-Altos índices de Tipo, boas producións e altas calidades

Embrións dispoñibles con:

-Vlagberg Drost ET SEXADO
-Peak AltaHotjob Et SEXADO

Podes consultar pedigrís, dispoñibilidade e prezos aquí: https://bit.ly/2GB4nRv

España exporta a Estados Unidos os primeiros embrións de gando bovino

A empresa galega Embriovet & Embriomarket acaba de exportar a Estados Unidos os primeiros embrións de gando bovino.

“É a primeira vez que se exporta desde España xenética de gando bovino como embrións a Estados Unidos, o que abre moitas posibilidades de exportación ás gandarías españolas, que nos últimos anos alcanzaron un alto nivel xenético”, destacan desde a empresa.

Ademais, é moi significativo que sexa precisamente a Estados Unidos, un referente para os gandeiros españois que levan décadas adquirindo xenética americana e canadense. Neste primeiro envío exportáronse 70 embrións de bovino a TransOva, un centro de recoñecido prestixio a nivel internacional e referente nos centros e equipos veterinarios de transferencia embrionaria. TransOva ocuparase en Estados Unidos de realizar a transferencia dos embrións adquiridos por gandeiros estadounidenses.

“Esta primeira exportación foi froito dun traballo de meses para conseguir que se establecese un Certificado de Exportación de España a Estados Unidos, coa colaboración do Ministerio de Agricultura e das autoridades norteamericanas”, explican desde Embriovet & Embriomarket.

“Estamos a traballar na apertura de novos mercados”

Doutra banda, a transcendencia da noticia tivo outro beneficio engadido para a empresa, que está a recibir peticións desde países nos que actualmente España non dispón de certificado de exportación. “Esperamos e traballamos para que este sexa o primeiro de moitos máis envíos de xenética española a Estados Unidos. Queremos que represente unha gran oportunidade para moitos gandeiros españois”, destacan desde Embriovet & Embriomarket

“Non sempre os mellores touros son os mellores para cada granxa”

Óscar Ousinde Suárez é o responsable do novo servizo de asesoramento xenético integral que ofrece a empresa galega Embriovet ás ganderías de vacún de leite. Falamos con el sobre as vantaxes que supón para o gandeiro e sobre deficiencias en materia de xenética que detecta nas granxas de vacún leiteiro.

Acabas de incorporarte a Embriovet & Embriomarket. ¿De onde xurdiu a túa vinculación coa gandería e que salientarías do teu currículum? ¿Que supón para ti formar parte do equipo desta empresa?
A vinculación ven do mundo rural do que procedo. Veciños, familiares e amigos, moitos deles eran e son gandeiros. Foi o mundo arredor do cal me criei. Con respecto ao meu currículum son biólogo, cun máster en biotecnoloxía avanzada e outro en bioloxía e tecnoloxía da reprodución en mamíferos. Durante este último ano estou a formarme coa axuda da empresa especificamente en xestión da xenética en gando de leite. Gracias a esta formación teño a sorte de poder formar parte de Embriovet & Embriomarket, o que supón poder aplicar todo o que sei para axudar a todos os gandeiros e gandeiras que o precisen. Isto é algo moi satisfactorio para min.

Vas ser o responsable do servizo de asesoramento xenético integral que ofrecerá Embriovet ás ganderías de vacún de leite. ¿En que consiste este servizo e cando se empezará a ofrecer?
O servizo xa está a funcionar dende principios deste ano. O nome describe de forma moi resumida o servizo. Consiste en xestionar a xenética da gandaría coa elaboración dun plan e un programa xenético. Con isto obsérvanse as debilidades e tamén fortalezas que poidan existir, plantéxase a recría necesaria, realízase a selección dos touros e a distribución do seme para poder aproveitar ao máximo a xenética dos animais dos que se dispón e a xenética que se quere introducir na gandaría.

“A xestión dos datos xenómicos da explotación para incorporar a vía femia é un dos piares importantes deste servizo”

Todo se realiza en base a uns obxectivos que se definen ao comezo do asesoramento xenético, sempre consensuado co desexo do gandeiro e realizando un seguimento contínuo da aplicación e resultados do programa xenético. A xestión dos datos xenómicos da explotación para incorporar a vía femia no proceso de mellora en todo o seu potencial é un dos piares importantes deste servizo podendo sacar o máximo rendemento aos touros

Que carencias detectas no que é a mellora xenética nas ganderías de vacún de leite de Galicia e de España?
As carencias en cada gandaría son diferentes porque cada unha é un mundo. Sen embargo, a carencia común é o que se entende como “mellora xenética”. Para levar a cabo isto hai que ter un plan, unha estratexia a seguir. Existen moi poucos casos nos que un gandeiro poida responder claramente a qué obxectivo ten coa súa gandaría ou en qué quere ou debe mellorar para que o seu traballo e a súa granxa sexa mellor, e moitas veces non hai coherencia do que din coa traxectoria que leva a explotación.

É moi frecuente atopar os tanques de semen cheos de doses que xa non interesan, o cal evidencia falta de criterio na selección, e representa un sobrecuste innecesario que podemos eliminar. Non se deben de introducir novos touros á lixeira, débense introducir os apropiados para cada granxa. Non sempre os mellores touros son os mellores para cada granxa, a clave está en atopar os axeitados para cada caso.

“Non sempre os mellores touros son os mellores para cada granxa”

Neste sentido, cales son os beneficios que lle vai achegar este servizo ás ganderías de vacún de leite?
Dispor dun plan e un programa personalizado para xestionar a mellora xenética da gandaría da forma máis razoada e eficiente posible. Disporá dun asesoramento independente para seleccionar tanto as súas femias como o semen a utilizar.

Tamén inclúe un servizo de acoplamentos e visitas trimestráis de monitorizació e a organización dos datos xenéticos e xenómicos, así como a súa transformación en información directamente aplicable para a toma de decisións de forma sinxela e rápida.

Na maioría dos casos este servizo supón un aforro anual no investimento en seme, a través dun cálculo preciso e dunha distribución máis racional do seu uso.

Por último, destacaría que o gandeiro dispón do seu tempo para adicar a outras actividades máis urxentes, coa tranquilidade de que un área tan importante como a xenética está solucionada e dispón dos listados e informes necesarios puntualmente e de forma práctica para aplicar no día a día.

Cal é a valoración dos resultados destas experiencias? Poderías ofrecer algúns resultados concretos?
O asesoramento puntual para os animáis de alta xenética ou para decisións concretas, sobre todo en relación á transferencia embrionaira hai anos que se presta de xeito informal, en xeral dentro do TOP da xenética, onde traballamos coas mellores ganderías.

 “As valoracións por parte dos gandeiros son moi positivas, sobre todo cando eles poden ver que deficiencias atopamos na súa explotación e propoñemos como solucionalas”

O que estamos a comenzar no 2020 é un servizo completo para toda a explotación, ben organizado e cun plantexamento dun mínimo de 2 anos para poder amosar os primeiros resultados visibles. No curto prazo só se pode apreciar unha mellora en canto á organización das reproductoras a usar, decisións claras, un aforro no seme mercado, e unha maior facilidade e seguridade na toma de decisións.

As valoracións por parte dos gandeiros son moi positivas, sobre todo cando eles poden ver que deficiencias atopamos na súa explotación e propoñemos como solucionalas. O problema que máis comentan é a falta de tempo para estudar tanta información, tanto das femias como dos touros, xa que é unha verdadeira avalancha que desborda a calquera. O que máis valoran é sacarlles esa tarefa e confiar en que a fan técnicos coa formación axeitada. O que comentan é que senten alivio.

Existe algún tipo de condicións por parte da gandería para poder acceder a este servizo (tamaño, manexo en intensivo ou en ecoloxico..etc?
Non existe ningunha condición específica e moito menos ningunha restrición para acceder ao servizo. Todas as gandarías que o desexen poden acceder. O único requisito é ter gañas de mellorar e ser capaz de delegar esta faceta importante da explotación.

Nós facemos o traballo técnico pero as decisións son do gandeiro xa que é a súa explotación e o seu investimento. Nós asesoramos e opinamos pero levamos a explotación a onde o gandeiro quere. As ferramentas son as mesmas pero os criterios cambian para cada sistema de explotación e cada mentalidade. Hai ganderías que valoran moito o tipo e outras que en absoluto. Ambas teñen cabida neste sistema, a pesar de ter obxetivos distintos.

Podes adiantarnos cal será o custo deste servizo e que se lle ofrecerá a cambio ao gandeiro?
Dispoñemos de dúas modalidades de contratación do servizo, ou ben contratar o estudo inicial e deseño do programa a seguir para que a granxa o desenvolva no futuro pola súa conta, ou ben o servizo integral continuado por un mínimo de 2 anos, que leva o nomeado estudo incluído, a parte de visitas e acoplamentos trimestráis e asesoramento contínuo.

 “É un servizo que se paga só coa mellora xenética que se consegue e polo aforro en doses de seme”

O prezo depende do tamaño da explotación pero é practicamente irrisorio xa que estamos a falar do equivalente a poucas doses semináis. é un servizo que se paga solo, xa non polo beneficio de acadar máis mellora senón polo aforro anual que representa.

Estará disponible só para ganderías de Galicia ou tamén para toda España?
Estamos a comezar en Galicia. Queremos que este servizo sexa algo moi personalizado e axeitado para cada gandaría e isto conséguese tendo un contacto contínuo coa gandaría. Tras consolidalo en Galicia iremos abordando gradualmente outras zonas probablemente cun réxime de visitas distinto. A maior parte do traballo faise cun ordenador xa que consiste en manexar datos pero queremos ir máis alá de facer acoplamentos a distancia como se fose un apoio meramente administrativo. Pensamos que o coñecemento da explotación e do gandeiro é moi importante para comprender ben as necesidades e poder axudar de modo efectivo.

Algo máis que queiras engadir?
A xenética é o que define as características que un animal pode chegar a ter. É imprescindible coidala e sobre todo saber administrala da mellor forma posible. Isto é o que o novo servizo de Embriovet & Embriomarket ofrece: mellor xenética = mellores animais = mellor gandaría.

¿Son máis rendibles as vacas leiteiras máis grandes?

¿As vacas altas, con mellor tipo e máis de concurso, son tamén as máis rendibles no establo? ¿Nos últimos anos seleccionáronse animais cunha altura demasiado elevada? Esa é a pregunta que se fan moitos gandeiros que crían animais de raza Holstein, e que tentaremos responder con dous expertos en selección xenética bovina: Mauricio de los Santos, responsable do departamento de xenética da sociedade pública Xenética Fontao, e Daniel Martínez Bello, doutor en veterinaria especializado en transferencia embrionaria e biotecnoloxías reprodutivas en gando bovino e fundador da empresa Embriovet & Embriomarket,

Mauricio de los Santos: “A tendencia é limitar a estatura das vacas para facelas máis eficientes en termos de produción”

Para Mauricio de los Santos a tendencia en canto a selección das vacas Holstein é clara: “As vacas moi altas están en retroceso, un trazo -a estatura, medida como a altura á grupa- con moi boa herdabilidade e que se copiaba do modelo americano”. Neste sentido, lembra que “os estadounidenses a mediados do século XIX importaron de Europa vacas de raza Frisoa, que entón era unha vaca máis baixa e redonda, máis achaparrada, con menos produción de leite e máis calidades, e seleccionárona convirtíendola na Holstein, unha raza moi distinta da orixinal, con produción de leite moito maior, e unha morfoloxía alta, longa e descarnada”. Desta forma, lembra que nos concursos morfolóxicos primábanse aos animais de maior estatura. “Co estímulo dos concursos, chegouse a seleccionar vacas demasiado altas, de 1,60 metros e máis, que destacaban moito en pista porque canto máis alta máis se puntuaba”, lembra Mauricio, que naquela época tamén realizaba traballos de calificador morfolóxico da raza frisoa.
“O que se busca é máis un animal cunha estatura media de ao redor de 1,40 ou 1,45 metros”
“Hoxe, sen embargo, isto cambiou e o que se busca é máis un animal correcto que grande, cunha estatura media de entre 1,40 e 1,45 metros”, explica. Onde si non se cambiou é no peso, que se mantén entre os 650 e os 750 quilos para unha vaca Holstein adulta. Desta forma, o que máis se valora neste momento para que unha vaca sexa produtiva e lonxeva é que teña bo peito, amplitude de costelas, un bo terzo anterior, un lombo forte para suxeitar a estrutura da vaca e unha estatura intermedia. ¿Por que empezou a cambiarse de criterio en canto á altura das vacas? Segundo o responsable de Xenética Fontao este cambio veu motivado, por unha banda, en que a medida que os trazos de saúde foron cobrando máis importancia, e sobre todo os de lonxevidade, comprobouse unha correlación negativa entre unha estatura excesiva e a duración da vaca no establo. “E é que a estrutura dos establos non favorece ás vacas demasiado altas posto que teñen máis golpes, presentan máis problemas nos cubículos, nas cornadizas...etc”, advirte. Como conclusión, para Mauricio de los Santos a súa opinión é que “aqueles animais tan altos non eran nin os máis rendibles nin os máis lonxevos nas gandarías”. “Ademais de haber unha correlación negativa entre estatura elevada e lonxevidade tamén hai unha relación negativa coa eficiencia alimentaria e enerxética, e de feito en Estados Unidos é un criterio que se ten en conta na selección e creo que tamén chegará como criterio de selección da raza á Unión Europea para reducir o impacto ambiental da gandaría”, subliña.

Daniel Martínez Bello: “Creo que as vacas de tamaño moi alto quizais non son as máis rendibles”

Daniel Martínez Bello, de Embriovet & Embriomarket, destaca que “até fai uns dez anos o espello no que se miraban os gandeiros españois eran Estados Unidos e Canadá, cun tamaño de vaca máis alto, pero sen embargo isto está a cambiar”. “Creo que as vacas de tamaño moi alto quizais non son as máis rendibles. De feito, as tendencias de índices de selección xenética neste momento están a penalizar o sobretamaño, e sobre todo a altura excesiva. E é que as vacas grandes son menos eficientes, ao ter un gasto de mantemento vital maior, independentemente de que teñan boa produción e conformación”, explica.
“As vacas máis altas son menos eficientes enerxéticamente”
Neste sentido, o responsable de Embriovet & Embriomarket considera que “agora o que se busca máis na raza Holstein son vacas de tamaño medio, anchas e baixas e con moita capacidade de inxesta, de forma que poidan manter altos niveis de produción de leite”. “É certo -matiza- que nos concursos segue prevalecendo o tamaño do animal, porque impacta máis visualmente. Nas explotacións orientadas cara a concursos si que se entende esa tendencia de seleccionar animais máis altos”. Por último, Daniel Martínez Belo afirma que “no sector creo que se está producindo una certa apertura de mentalidade”. Así, chama a atención de que “mentres hai 10 anos era un tabú realizar cruces ou introducir no rabaño outras razas diferentes da Holstein, hoxe xa é unha realidade nun número importante de granxas”. A modo de exemplo, destaca que “na nosa empresa, Embriomarket, recibimos cada vez máis pedidos de embrións doutras razas en auxe como o Jersey ou a Montbeliarde”.

Comparación entre unha vaca Frisoa pura (British Friesian) e unha Holstein americana: 

En Estados Unidos a altura elevada puntúase negativamente

Nun artigo publicado este ano na revista Holstein International baixo o título “Preventing Holsteins from Becoming too tall” (Previr que as vacas Holstein sexan demasiado altas) infórmase de que o criterio de selección foi cambiando en Estados Unidos para lograr vacas dun tamaño máis intermerdio. “En Estados Unidos agregouse a estatura elevada cunha ponderación negativa nos índices de valoración dos touros (...) Unha vaca demasiado alta crea máis problemas de saúde e máis custos nos sistemas de xestión. Co tempo houbo cambios na forma en que vemos a estatura. O sistema de clasificación xa non puntúa ás vacas máis altas como adoitaba facelo. (.....) Se miramos cara atrás hai 20 anos, non tiña sentido pór un touro nunha folla de proba se a súa proba era inferior a +5 para a estatura (base canadense) xa que ninguén compraría o seme, pero agora a situación está a cambiar”, conclúe o artigo.

Embriomarket saca unha promoción de lotes de embrións de raza Holstein

A empresa galega Embriomarket inicia unha promoción especial de embrións de raza Holstein. A firma pon á venda varios lotes de embrións procedentes de animais destacados e de recoñecidas familias de Holstein. Trátase de lotes sexados e cun prezo de 1.500 euros.

En concreto, a promoción inclúe os seguintes lotes de embrións:
HS Jacoby Atlee VET (PTAT +3.38) x Our-Favorite Upgrade Sexado (PTAT +4.53)
HS Solomon Baysol Twine (PTAT+3.09) x Brenland Denver Sexado
HS Solomon Atlee VIN ET (PTAT+3.38) x Oh-River Crushabull ET Sexado

Consulta pedigrís e composición do lote neste enlace.

As imaxes da III Poxa de Elite de Gando Frisón celebrada en Curtis

CAMPA CLUN SPECIAL NODI JEDI MADONNA Público asistente BONXO FLAGSHIP SPEZI RED   CUNDINS CAROLINA DOC FIV CASAGABINO K ROYAL LUNA CAMPA IMAX 0338 RED O conselleiro do Medio Rural, José González, durante a súa intervención CASANOVA ATLEE SOLOMON 1212 ET ABONXO FLAGSHIP SILVIA ET CAMPA SOLOMON MEGADEA JAIME NODI VANHALEN 913 CUNDINS CISMA PINNACLE CASANOVA POMPEYA TOOHOT 1180 CUNDINS IRENE IMAX ABONXO BI BATTLE ARIZONA CUNDINS MIRIAM HOTLINE CAMPA CLEVER MITCIONERA 0308

Curtis prevé atraer a gandeiros de toda España e Portugal á III Poxa de Elite de Gando Frisón

O municipio coruñés de Curtis volverá ser o centro do sector gandeiro frisón no panorama nacional o vindeiro domingo, 17 de marzo, coa III edición da Poxa de Elite de Gando Frisón, a única deste tipo que se celebra en Galicia.

Os 18 animais que se porán á venda proceden na súa totalidade de 8 gandarías galegas, o que, segundo a organización “pon de manifesto a gran calidade da cabana frisoa galega e o enorme esforzo dos gandeiros por mellorar o nivel xenético dos seus rabaños”.

Nesta edición inscribíronse 8 das mellores gandarías de Galicia -como SAT A Campa, Finca El Pilar, Gandaría Carro, Casa Gabino ou Cunordam SC- con animais cun nivel xenético moi elevado, cunha media por GICO de 4.100 puntos ou con 12 xeracións MB/EX no seu pedigrí.

“É precisamente esta alta calidade a que xa atraeu o ano pasado até o Recinto Feiral de Curtis a compradores de toda España como de Andalucía, Cataluña, Cantabria, Asturias e da zona centro”, lembra o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, que sostén que o evento, aberto a calquera comprador, resulta de gran interese para gandeiros de toda España e Portugal.

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="78935" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

Vantaxes da poxa

Esta terceira edición da poxa será moi equilibrada en canto aos lotes presentados. Varios exemplares levan, ademais, contrato de macho e/ou embrións o que supón un valor adicional para o comprador.

A poxa conta con outras vantaxes adicionais, como que non se aplica ningún tipo de comisión ao comprador nin ao vendedor, que o porte até a gandaría de destino é gratuíto ou que o comprador obtén coa operación un ciclo de fecundación in vitro sen custo.

Este é a listaxe dos animais que sairán a poxa:

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="78936" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

ANIMAL

GANDARÍA

CUNDINS CAROLINA DOC FIV ET

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="80038" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

CUNORDAM S.C.

CUNDINS CISMA PINNACLE

CUNORDAM S.C.

ABONXO FLAGSHIP SILVIA ET

G.B. GANADERIA SC

ABONXO BI-BATTLE ARIZONA ET

G.B. GANADERIA SC

CASAGABINO K.ROYAL LUNA FIV ET

CASA GABINO S.C

CAMPA CLUN SPECIAL 0384

SAT A CAMPA

CAMPA SOLOMON BREYA ET

FINCA EL PILAR

CAMPA IMAX 0338 RED

SAT A CAMPA

CUNDINS IRENE IMAX

CUNORDAM S.C.

CASA-NOVA ATLEE SOLOMON 1212 ET

GANADERÍA CARRO SL

NODI JEDI MADONNA FIV ET

NODI S.C.

JAIME NODI VANHALEN 913 ET

SAT EMILIO DO JAIME

ABONXO FLAGSHIP SPECIAL ET

G.B. GANADERÍA SC

CASA-NOVA POMPEYA TOOHOT 1180

GANADERÍA CARRO S.L.

CAMPA SOLOMON MEGADEA

SAT. A CAMPA

CAMPA CLEVER MITCIONERA 0308

SAT A CAMPA

ABONXO FLAGSHIP SPEZI RED ET

G.B. GANADERÍA SC

CUNDINS MIRIAM HOTLINE FIV ET

CUNORDAM S.C.

Máis información nesta ligazón

Xornada Técnica Monográfica sobre o Cultivo do Millo

Como preámbulo desta poxa, o Concello volve organizar a III Xornada do Rural Galego desde Curtis, acción formativa para impulsar o sector primario á que acudirán relatores de primeiro nivel. Nesta edición será unha Xornada Técnica Monográfica sobre o Cultivo do Millo, que se celebrará o sábado, 16 de marzo, no Recinto Feiral de Curtis desde as 10:45 horas.

A estas xornadas acudirán dous destacados expertos internacionais: Francisco Joaquín Morell Adoitar, director de agronomía de Du-Pont Pioneer; e o recoñecido consultor francés Albert Porte-Laborde.

Embriomarket lanza unha promoción especial de embrións Holstein para Gandagro’19

A empresa galega Embriomarket lanza unha promoción especial de embrións Holstein para Gandagro’19 onde estará presente con stand propio.

“Trátase de embrións con pedigrís destacados por índices, con GICO superior a 4100 puntos, portadores dos xenes para producir leite A2A2, animais de familias destacadas nos mellores concursos do mundo con PTAT + 3.03”, destacan desde a empresa.

Pódense consultar pedigrís, prezos e dispoñibilidade na ligazón:
https://app.box.com/s/i19cvcainsou8d9fxzduzkqqyfa0e1bz