"En calquera enfermidade vírica é importante notificar calquera sospeita, non só pola vosa explotación senón polo sector en xeral"En canto ao diagnóstico, clinicamente "eu creo que é importante facer unha confirmación en laboratorio, se cadra non en todos os casos, pero si na maioría". Desta maneira, sábese seguro que é a enfermidade, xa que algúns síntomas pódense confundir con outras enfermidades, como a lingua azul. O que hai que facer é en vacas vivas análises de sangue, en animais mortos do bazo. "Sempre en animais mortos recentemente, porque se leva algúns días xa non nos serve a mostra", aclara o veterinario.
"É importante facer unha confirmación en laboratorio de todos os casos, tanto en animais vivos como mortos"Recalca a importancia de notificar calquera sospeita, porque para os investigadores coñecer o estado da enfermidade e como se desenvolve é fundamental. "De forma xeral, coas enfermidades infecciosas, non teñades medo en notificalo. Non pensedes só en vós senón no sector en xeral".
"As secuelas aínda precisan de máis investigación para determinar cales son derivadas da EHE"En canto ás vacinas, lembra que actualmente non hai ningunha oficial en Europa. Indica que en España se está traballando niso, pero polo momento ningunha é oficial. "É importante que non confíen no que reciben por móbiles e demais, xa que non hai cura". Secuelas A morte dos animais nunha granxa é a principal secuela na gandería, pero aínda así, os animais que conseguen pasar a EHE quedan con secuelas múltiples. Unha das máis habituais é unha mamite severa que perdura no tempo e provoca que o animal teña que ser levado a matadoiro. Outra común é que, aínda que volven comer ben, non conseguen recuperar o seu peso anterior á enfermidade e por tanto non valen nin para matadoiro. Tamén é habitual que queden con problemas respiratorios, como pneumonías agudas. Hai secuelas, como a baixa fertilidade, que aínda non se determinou se veñen provocadas por pasar a enfermidade ou non. "A miña impresión é que, por sorte, non está a ser tan grave como parece. Si pode haber abortos, pero non é nada alarmante". Aclara que para facer unha mellor investigación necesitan máis resultados, avaliar como estaban os animais previamente á enfermidade e que secuelas quedaron posteriormente. Enfermidades emerxentes En paralelo á EHE e a outros problemas que apareceron nos últimos anos, como a língua azul, no sector vacún preocupa tamén a situación que se está a vivir en Estados Unidos, coa transmisión da gripe aviar a granxas de vacún de leite.
O uso de repelentes non é a panacea, pero algo axudaOutra das confusións existentes en relación á enfermidade é a que animais afecta. “Os animais máis débiles son máis propensos a sufrir casos clínicos como consecuencia da enfermidade, porque se o virus entra nunha vaca que xa está nun estado de carnes complicado vai ser máis difícil que saia adiante, porque vai estar un tempo sen comer, pero hai contaxios tamén en animais que están sans e fortes”, asegura Emilio. “Nun primeiro momento o Ministerio a nós díxonos que a enfermidade ía afectar só a eses casos de animais inmunodeprimidos, pero non é certo, afecta a todo tipo de animais, aínda que un animal forte deféndese mellor e resiste mellor a enfermidade e moitas veces pásaa sen sintomatoloxía (casos subclínicos) ou con sintomatoloxía máis leve”, conta. Non alongar o tratamento con antiinflamatorios En base á súa experiencia no tratamento da EHE o ano pasado, o veterinario salmantino recomendou “poñer antiinflamatorios en canto vexamos os primeiros síntomas clínicos”, aínda que advertiu tamén sobre as consecuencias de estender eses tratamentos no tempo. “Penso que é un problema, porque se unha vaca bota unha semana sen comer non sabemos se morren por non comer ou polo tratamento. Por iso o que nós empezamos a facer era se viamos que levaba 3 días sen comer deixabamos de pinchalas con antiinflamatorios e algunhas viamos que saían adiante, pero nos primeiros días si que os recomendo”, insiste. Garantir que o animal enfermo coma e beba Para Emilio, “é importante manterlles a comida e a inxesta de auga aos animais infectados”. “Se manteñen a rumia teñen menor problema para superar a enfermidade e tamén é vital que beban auga, que é case máis importante que a comida, porque se deshidratan moi rápido”, explica.
Vimos que os animais que eran capaces de beber e comer algo eran capaces de saír adiante; mentres que a vaca que se negaba era difícil recuperala, aínda que a sondarasPara asegurarse de que comen e beben, recomendou en determinados casos separar os animais enfermos dos sans, para deste xeito telos máis vixiados e controlados. “Un dos problemas en réximes en extensivo que tiñamos nós era garantir que eses animais enfermos tiñan acceso á auga e estaban hidratados. Hai que vixiar aos animais infectados e unha das cousas que vimos que axuda bastante é o illamento dos animais positivos para facilitarlles o acceso á auga e á comida, porque os animais que eran capaces de beber e comer algo durante o proceso da enfermidade viamos que normalmente eran capaces de saír adiante, mentres que as vacas que se negaban a comer e beber era moi difícil recuperala, aínda que a sondaras”, aclara. Consecuencias na fertilidade do rabaño Máis alá de provocar caídas na produción e mesmo a morte ou danos irreversibles nos casos máis graves, unha das secuelas habituais da EHE dáse no ámbito reprodutivo. “Moitos gandeiros que pensaban que tiñan as vacas preñadas ven agora que saen en celo e moitos touros quedaron totalmente infértiles”, explica.
Moitos gandeiros que pensaban que tiñan as vacas preñadas ven agora que saen en celo“No forte da enfermidade viamos abortos a término e tenreiros que nacían sen gañas de mamar. Agora estamos tendo problemas de malformacións en feto en vacas que estaban no último terzo da xestación”, detalla Emilio. Preocupación polo serotipo 6, que circula por Marrocos En comunidades como Estremadura ou Castela e León, moi afectadas polo serotipo 8 do virus, chegado dende Túnez no 2023, temen agora a entrada este ano do serotipo 6 procedente de Marrocos. “Hai case tanta preocupación por iso como polo que tivemos o ano pasado. Porque compañeiros da zona de Cádiz, que xa tiveran algún caso o ano anterior, comentan que o segundo ano a afectación baixa moito. Pero se vén un serotipo novo o cadro clínico pode variar”, alerta este veterinario salmantino.
Nas explotacións que contan con sistemas de monitorización pode detectarse antes a EHE; vese unha caída de rumia antes de que aparezan os primeiros síntomas visibles na vacaNo seu rabaño conta con colares de monitorización do gando, o que permite unha detección precoz da enfermidade. Ista vantaxe, di, dáse sobre todo nas explotacións de leite, moito máis dixitalizadas polo xeral que as de carne. “Nas granxas de leite temos maior capacidade de reaccionar ante un cadro clínico. Moitas granxas xa teñen sistemas de monitorización e neles vese unha caída de rumia antes de que aparezan os primeiros síntomas visibles na vaca”, explica. Tanto en explotacións de leite como en ganderías de vacún de carne, Javier recomendou adiantarse á enfermidade e tomar certas decisións prevendo a posible afección da EHE en Galicia este ano. “Se estás cebando vacas para mandar a matadoiro, eu aconsello adiantar a súa saída antes de que cheguen os meses de calor, para previr que poidan coller a enfermidade e baixar, xa que logo non vai ser doado que recuperen eses quilos”, argumenta. “É necesario que se controle o transporte do gando” Á hora de previr a enfermidade e minimizar as súas consecuencias, Javier considera que “non por máis desinfectar van aparecer menos casos”. “Eu penso que a solución vai máis pola inmunidade do rabaño”, di en relación á vacinación, pois “cantos máis animais teñamos inmunizados menos circulación vai haber do virus e menor incidencia vai ter”.
O primeiro caso en Galicia foi en Abegondo, moi cerca dun matadoiro; branco e en botellaPide ademais “que se extreme o control e a desinfección no transporte do gando”, como un dos factores de risco que estarían detrás, na súa opinión, da chegada da enfermidade a Galicia. “O primeiro caso que houbo en Galicia foi en Abegondo e moi cerca de alí está un matadoiro: branco e en botella”, afirma. Os movementos de animais poderían estar tamén detrás da entrada da EHE en España, dado que o serotipo 8 que circulou o ano pasado pola península procede de Túnez, un país ao que se exporta gando vacún en barco desde portos de Andalucía e o Mediterráneo.
No outono, en canto baixan as temperaturas, os mosquitos buscan refuxio nos establos; dá igual que sexa unha granxa antiga ou moderna; as instalacións inflúen relativamente poucoEste cambio de incidencia débese, afirma, a que “o insecto transmisor busca tamén calor dentro a medida que baixan as temperaturas fóra. En pleno mes de decembro houbo un caso en Touro”, lembra. Os efectos da entrada da enfermidade nas explotacións nótanse aínda varios meses despois de sufrir a EHE. “Estoume atopando agora moitos fallos en reprodución; houbo granxas que subiron unha dose ou dúas por vaca tranquilamente como consecuencia da enfermidade”, afirma. Problemas diagnósticos “Somos conscientes de que esta enfermidade vai causar estragos”, asegura José, que aposta por mellorar o diagnóstico. “Temos que ser cautos e sangrar para estar seguros, porque hai outras enfermidades con cadros hemorráxicos e respiratorios que se poden confundir coa EHE, como casos de clostridium”, exemplificou.
Hai máis control nas granxas de leite que nas de carneÁ hora de detectar a EHE este veterinario considera que “as granxas de leite xogan cunha vantaxe de 2 días na detección, o que implica coller a enfermidade moito antes”. “Hai máis control nas granxas de leite que nas de carne”, defende. Anima ademais aos gandeiros afectados a notificar os casos, “porque senón a Administración segue no seu 1-2% de prevalencia e non sae de aí”, di. “Pasa o mesmo que coa vacina da lingua azul, que non se notifican os casos de abortos ou os shocks anafilácticos por choque con penicilina e para a Xunta non se producen”, comparou. Tratamentos alternativos José é certificador do selo ELUA, que obteñen aquelas explotacións que producen leite A2 e non empregan antibióticos e produtos desparasitantes no gando. “Eu son máis partidario de poñer antiistamínicos que antiinflamatorios no gando enfermo con EHE e gústame moito traballar con levaduras vivas e probióticos para volver a poñer a rumia a andar”, explica. Con todo, recoñece que non se acadan os mesmos resultados en todos os animais infectados. “Tiven casos de vacas que quedaron a cero litros e nunha semana estaban producindo no mesmo nivel ca antes e outras coa mesma pauta de tratamento que non se acabaron de recuperar e seguen con altibaixos”, admite.
Eu son máis partidario de poñer antiistamínicos que antiinflamatoriosEn canto ás medidas de control, José remarca a necesidade de reducir os desprazamentos do gando. “Non poden vir sacrificarse vacas desde Cádiz a Galicia, porque iso está xerando transmisión. Non fomos eficaces na prevención, en frear o avance da enfermidade”, asegura. A nivel de explotación, remarca que “se estamos todas as semanas sulfatando aos animais non nos queda un euro no peto”. “Hai que valorar as medidas desde o punto de vista custo-beneficio; iso supón outro protocolo máis nunha granxa que normalmente xa está chea de protocolos e saturada de traballo. Temos que xerar pautas e protocolos cómodos para os gandeiros”, defende.
Temos que xerar pautas e protocolos de desinfección cómodos para os gandeirosPor iso, di, “nalgunhas granxas estamos metendo repelentes vía oral, de maneira que os animais os eliminan no suor e nos ouriños e existen tamén pedras de lamber específicas con plantas repelentes”, explica. Tamén funciona a plantación de determinadas especies de plantas no entorno dos establos, como a citronela, que actúa como repelente natural para os mosquitos. A loita biolóxica é outra das posibilidades, como a solta de moscas caníbales que comen as larvas dos culicoides. “Antes de que saltara a pandemia da covid-19 estabamos traballando nun proxecto en granxas de Castela introducindo morcegos, xa que un morcego pode comer até uns 10.000 mosquitos nunha noite”, di.
A enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) é unha enfermidade producida por un virus ARN da familia Reoviridae (xénero Orbivirus) e transmitida por un culicoide, un insecto moi parecido a un mosquito responsable tamén da transmisión da lingua azul.
Alberto Prieto Lago, profesor do departamento de Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo, leva máis dun ano estudando esta enfermidade emerxente que se ve favorecida na súa expansión polo cambio climático e que o ano pasado apareceu por primeira vez en Galicia.
Este ano non ten por que ser peor que o anterior, polo menos naqueles lugares onde xa se detectaron bastantes casos o ano pasado porque seguramente a inmunidade de rabaño nesas zonas sexa elevada
Alberto participou recentemente nunhas xornadas organizadas por Agromuralla, onde defendeu a necesidade de axilizar a confirmación de casos e de realizar un estudo de seroprevalencia por comarcas para coñecer o estado real de inmunización actual acadado polo rabaño bovino nas distintas zonas produtoras trala aparición e avance da enfermidade o verán pasado.
O vector transmisor empeza a circular cando a temperatura mínima sobe de 10-12 grados
Os culicoides empezan a circular cando a temperatura mínima sobe de 10-12 grados, polo que co incremento de temperatura destes últimos días poderían comezar a saír do seu letargo invernal.
Se unha vez que empeza a circular o insecto vén unha semana de chuvia ou frío, o mal tempo non corta o seu ciclo, tan só o ralentiza. Pola contra, se soben as temperaturas acelérase o proceso de posta de ovos e eclosión de novos individuos.
Pero para transmitir o virus da EHE o insecto primeiro ten que cumprir o seu ciclo e logo atopar un animal infectado para poder transmitir a enfermidade. Por iso Alberto prevé que os primeiros casos deste ano empecen a producirse en Galicia nos meses de xullo e agosto.
Nos meses de calor a EHE afecta máis a explotacións en extensivo que a granxas que teñen sempre aos animais no establo
Con todo, considera que o 2024 non ten que ser peor que o anterior en canto ao número de casos e a evolución da enfermidade, polo menos naquelas zonas onde en 2023 houbo xa un número significativo de animais infectados.
“Nalgunhas zonas de Galicia, onde houbo unha alta incidencia e se detectaron moitos casos clínicos no outono pasado, como a zona de Guitiriz, Xermade, Muras, A Capela ou tamén a zona de Chantada, eu creo que a inmunidade de rabaño ten que ser moito maior da que se pensa, porque se se detectaron un número elevado de casos clínicos tivo que haber moitos máis casos subclínicos”, argumenta.
Sería convinte facer estudos de prevalencia por provincias ou comunidades para saber o estado no que se atopa a enfermidade
Para coñecer esa realidade, considera que sería necesario facer un estudo de prevalencia usando para iso as mostras de soros que toman por exemplo as ADSG, para ter información por zonas e saber cal é a situación da enfermidade neste momento e prever a súa evolución.
Axilizar a confirmación de casos positivos
O profesor de Patoloxía Animal da USC tamén recomenda axilizar os protocolos por parte da Administración para a confirmación dos casos. “O resultado dunha PCR pode terse no día, non hai que esperar 3 meses”, di.
A EHE estendeuse con rapidez o ano pasado pola península e Alberto considera que seguirá avanzando até converterse nun problema sanitario a nivel de toda a UE. “A enfermidade non vai parar nos Pirineos, seguirá subindo e vai chegar até Alemaña”, prognostica.
A enfermidade non vai parar nos Pirineos, seguirá subindo e vai chegar até Alemaña
En Europa a enfermidade entrou a finais de 2022. O 10 de novembro dese ano describiuse en Sicilia e Cerdeña, procedente do serotipo 8 de Túnez. Uns días despois, sobre o 18 de novembro xa se describen os primeiros casos en Andalucía, co mesmo serotipo 8 tunecino. “O transporte marítimo de animais eu creo que foi a causa máis probable da chegada a España”, considera o profesor de Veterinaria.
A finais de setembro de 2023 detectáronse os primeiros casos nos municipios coruñeses da Capela e As Pontes e o 22 de novembro deixaron de comunicarse casos, coincidindo coa chegada do frío e a baixada de actividade do insecto transmisor.
De febreiro-marzo até novembro temos presenza destes insectos en España
“De febreiro-marzo até novembro temos presenza destes insectos en España e en condicións favorables son posibles entre 3 e 4 xeracións de insectos no mesmo ano en función das condicións de humidade e temperatura”, indica.
Distintos serotipos sen inmunización cruzada entre eles
O virus que provoca a EHE ten unha particularidade que dificulta o seu control. “Xa se coñecen 7 serotipos da enfermidade e non hai protección cruzada entre eles. O serotipo 8 é o que está circulando agora en España”, explica Alberto.
A súa procedencia é Túnez, pero está xa constatada a presenza do serotipo 6 en Marrocos, que podería dar lugar á entrada en España doutra variante da enfermidade.
O orbivirus causante da EHE ten similitudes co virus causante da peste equina africana e co da lingua azul
A enfermidade da EHE foi detectada por primeira vez en EEUU en 1955 en venados salvaxes. Neste momento o serotipo 1 do virus é endémico en EEUU, mentres que en Xapón está presente o serotipo 2. Aínda que na conca mediterránea os máis estendidos son o serotipo 6 e 8, a cepa israelí, sen embargo, é do serotipo 7 e causou importantes perdas na súa cabana leiteira no ano 2006.
Como se comporta a enfermidade?
A evolución dos animais infectados que desenvolven a enfermidade da EHE é moi variable, asegura Alberto, pois poden darse desde formas subclínicas sen signos aparentes da enfermidade, que son os casos máis frecuentes, a casos agudos como consecuencia dos danos provocados nos vasos sanguíneos do pulmón e que poden levar mesmo á morte do animal.
É discutible que se diga que a mortalidade é baixa, pois vemos porcentaxes de até un 10% de mortalidade entre os animais que desenvolven cadros clínicos
En canto aos síntomas, o profesor de Patoloxía Animal do Campus Terra enumera os seguintes: “os animais deixan de comer porque se atopan mal; pode haber edemas ou teren a lingua inchada e inflamada, o que lles dificulta comer e tamén beber; ás vacas infectadas ás veces cústalles mesmo manter a lingua dentro da boca; apréciase caída de saliva e úlceras orais ou nasales, tamén con secreción nasal e ocular; úlceras no fociño; edemas oculares con conxuntivite e párpados moi inchados; en algunhas razas detéctanse problemas de patas e coxeiras, xa que se producen necroses de cascos, que ás veces acaban mesmo desprendéndose; e están aparecendo tamén diarreas hemorráxicas”, indica.
O problema é que cando entra nun establo e baixa a inmunidade do rabaño, aparecen enfermidades concomitantes bacterianas
Pero a maiores das propias consecuencias do virus, a EHE é tamén un desencadeante ou un potenciador de outro tipo de patoloxías. “O problema é que cando entra nun establo e baixa a inmunidade do rabaño, aparecen enfermidades concomitantes bacterianas que empeoran as consecuencias da propia enfermidade”, explica.
“É discutible que se diga que a mortalidade é baixa, pois vemos porcentaxes de até un 10% de mortalidade entre os animais que desenvolven cadros clínicos”, afirma o profesor de Veterinaria.
En EEUU ou Israel esta enfermidade xa se considera endémica
Pero a medida que a inmunidade de rabaño sobe, os efectos da EHE van diminuíndo. “Cando a porcentaxe de animais inmunizados aumenta non temos tanta mortalidade. É unha enfermidade moi complicada de erradicar que tende a volverse endémica, como acontece xa en EEUU ou Israel”, aclara.
“O problema dáse sobre todo co contacto con poboacións de animais virxes, como está pasando neste momento”, engade Alberto, que bota man dun símil para entender o que está sucedendo a día de hoxe nas explotacións de vacún: “cando os españois chegaron a América mataron a más indíxenas coa viruela que cos fusís”.
Tratamento e factores de risco
A adquisición de animais ou ter outras granxas a menos de 200 metros de distancia son factores de risco que incrementan as probabilidades de sufrir a enfermidade no rabaño.
Pola experiencia adquirida, pénsase que existe tamén un factor xenético como condicionante. “Hai razas más azotadas pola enfermidade, como a limusín ou a frisona, fronte a outras como a angus, que parece que resiste más, pero non está de todo demostrado”, aclara Alberto.
É fundamental manter a inxesta de auga e comida por parte do animal enfermo
Non existe un tratamento específico para a EHE e os seus efectos clínicos son tratados habitualmente con antiinflamatorios. “Só debemos dar un antibiótico se sospeitamos que hai unha inflamación bacteriana a maiores”, insiste o profesor da Facultade de Veterinaria. É tamén imprescindible manter a rehidratación do animal enfermo e a inxesta de alimento, para o que é recomendable a súa separación e vixiancia. Para as curas locais de úlceras e outros danos na pel pode empregarse clorhexidina como desinfectante de acción antiséptica.
Medidas preventivas a nivel de granxa
Aumentar a inmunidade do rabaño para que deste modo os animais da explotación resistan moito mellor a enfermidade é a principal recomendación que fai este experto para previr as consecuencias da EHE sobre a cabana gandeira.
Unha das características fundamentais dos insectos culicoides que transmiten a EHE é o seu pequeno tamaño, o que condiciona a posible colocación de mallas ou outro tipo de barreiras físicas para impedir a súa entrada aos establos. “Son moi pequenos e difíciles de ver, normalmente entéraste cando che pica”, asegura Alberto.
Non serven as mallas antimosquitos, porque os culicoides son máis pequenos
“As mallas teñen que ser finas, non serven as antimosquito, e se se impregnan con piretroides son un bon sistema de protección, pero ten un custo e ás veces non é doado instalalas, en función do deseño das instalacións”, recoñece.
Pero o feito de seren insectos moi pequenos tamén limita a súa mobilidade e a súa capacidade de desprazamento entre unha granxa infectada e outra que non o está. “É moi lixeiro e mal volador, polo que non percorre grandes distancias entre unha granxa e outra. Ademais, se temos correntes de aire cústalles máis pousarse sobre o gando porque é un insecto moi lixeiro”, remarca.
Se temos correntes de aire cústalles pousarse sobre o gando porque son insectos moi lixeiros
Outra diferenza a respecto dos mosquitos é que mentres que estes se reproducen na auga, os culicoides necesitan tamén de materia orgánica para o desenvolvemento das súas larvas, xa que as femias depositan os ovos na materia orgánica (marxes de fosas de purín, restos de silos, pilas de esterco, zonas de sombra con presenza de animais en extensivo onde hai restos de feces, comedeiros, etc).
Por iso, manter limpas estas zonas onde pode haber restos orgánicos é unha medida imprescindible para que o vector transmisor da EHE non se poida reproducir. “Eu recomendo extremar a limpeza e eliminar a materia orgánica que teñamos ao redor da granxa para reducir os lugares de cría. Nestas zonas podemos empregar tortas de sementes de Neem como larvicidas”, engade.
Uso de insecticidas
Para reducir a transmisión da enfermidade existen dúas estratexias: podemos reducir o contacto dos nosos animais co vector ou reducir o número de vectores. “Mediante o uso de tratamentos insecticidas, teremos menos risco, pero non existe o risco cero”, aclara Alberto.
En animais de produción non se poden usar repelentes sintéticos, só algúns de orixe natural. “Os insecticidas con piretroides son máis efectivos sobre o animal que no ambiente. Teñen unha duración de 21 a 35 días, aínda que se chove ou os animais se mollan os seus efectos desaparecen antes. E é necesario pulverizar ao animal por completo, porque aos culicoides gústalles picar no baixo ventre e na zona do ubre porque a pel é máis fina”, explica.
Por iso, di, meter os repelentes nos sistemas de nebulización non funciona, “porque unicamente mollamos o lombo e as costelas, pero non a zona baixa da barriga ou o ubre”, indica.
Para cando unha vacina?
Aínda que hai xa varias empresas farmacéuticas traballando no desenvolvemento dunha vacina para o serotipo 8 presente en España, Alberto é pouco optimista. “Non creo que teñamos vacina para este ano”, di, porque “o desenvolvemento dunha vacina require uns prazos e aínda que existe vacina xa para a lingua azul e comparte similitudes vexo pouco factible que estea lista no 2024. Pero se a enfermidade sigue subindo cara Francia e Alemaña eu penso que haberá máis presión a nivel europeo cara á industria farmacéutica para que se desenvolva unha vacina”, razoa.
Non creo que teñamos vacina para este ano pero se a enfermidade sigue subindo cara Francia e Alemaña eu penso que haberá máis presión cara á industria farmacéutica para que se desenvolva unha vacina
Nos Estados Unidos teñen empregado vacinas autóxenas para fauna salvaxe a partir de patóxenos e antíxenos, algo que na UE non está permitido. En Japón existen tamén dúas vacinas comerciais, pero son para o serotipo 2 e non protexen contra o resto de variantes pola reducida protección cruzada existente.
En EEUU desenvolveron autovacinas para a fauna silvestre, pero en España están prohibidas
“A peste porcina africana conseguimos erradicala en España grazas á vacinación”, lembra Alberto, que explica que “a experiencia coa lingua azul indícanos que cando temos un 80% da poboación vacinada ou inmunizada desaparece a circulación do virus e os casos clínicos da enfermidade desaparecen”. Coa EHE está por ver cal dos dous remedios (vacinación ou inmunización natural) se produce antes.
Aínda que a mellor maneira que teñen de pasaren o inverno os culicoides é en estado larvario, tamén son capaces de sobrevivir ao frío algúns individuos adultos, un feito favorecido sobre todo pola suavización das temperaturas invernais debido ao cambio climático.
Para resgardarse da invernada, moitas veces os insectos buscan acubillo no interior das naves das explotacións. “Os culicoides que temos aquí en Galicia son máis propensos a entrar nos establos que os que hai no sur de España”, asegura Alberto.
Na zona norte de España conviven distintos tipos de culicoide, entre os que están os do xénero Obsoletus e os do xénero Pulicaris. “O Obsoletus é o que máis nos debe preocupar aquí en Galicia”, asegura o profesor da USC. “Prefire estar fóra dos establos, aínda que tamén entra cando as temperaturas descenden”, explica.
Nas ganderías de carne existe maior risco en xullo e agosto e nas de leite en setembro e outubro
Esa sería a razón pola cal os casos detectados nos meses do verán se producen sobre todo no gando que está en extensivo e a medida que avanza o outono a maior parte das infeccións se trasladan a explotacións intensivas con gando estabulado, razoa.
O orbivirus responsable da EHE pode sobrevivir ao inverno dentro dun destes colicoides infectado que se refuxia dentro dun establo ou outra construción. “O mal de Schmallenberg en Alemaña tamén era transmitido por culicoides e viron que insectos infectados podían pasar o inverno dentro dos establos ou doutras construcións”, explica.
Para a reactivación da EHE este ano en Galicia tamén existe a posibilidade de que o seu vector (o insecto culicoide) volva entrar, infectado ou non, desde outras zonas, como aconteceu neste último verán.
Só pican e transmiten a enfermidade os insectos femia e acostuman facelo ao amencer e ao atardecer
Ovellas e cabras, así como rumiantes silvestres como os corzos poden actuar tamén de reservorios da enfermidade. Cando un insecto se infecta inicia un período de incubación que dura de 7 a 10 días, dependendo das condicións climáticas (con humidade e temperatura alta este período acúrtase).
Só pican e transmiten a enfermidade os insectos femia e prefire os momentos crepusculares, “No amencer e no atardecer é cando máis risco temos”, indica Alberto. “As femias para facer as postas necesitan sangue, e é nese momento no que van aos animais, pícanlles e inféctanos”, engade.
As vacas infectadas manteñen ata 50 e 60 días a enfermidade no sangue
No caso do gando, as vacas desenvolven a enfermidade entre 2 e 10 días despois de ser picadas e manteñen o virus no corpo durante uns dous meses. “Son virus con similitudes co da peste equina africana e a lingua azul”, indica.
A preocupación nas ganderías polo impacto da enfermidade hemorráxica epizóotica (EHE) levou a Crystalyx a potenciar o seu suplemento nutricional ‘Crystalyx Garlyx’, un penso complementario vitamínico – mineral que axuda a repeler os insectos voadores, como os mosquitos, causantes da transmisión da EHE e doutras enfermidades, como a lingua azul.
Crystalyx Garlyx, ademais de estimular a flora ruminal e proporcionar un paquete equilibrado de minerais e vitaminas, contén compoñentes de allo, o que fai que os animais exuden o olor sulfuroso dos allos. Ese cheiro na pel dos animais contribúe a repeler os insectos de xeito natural.
O produto, que tamén apoia as defensas do gando contra as enfermidades, reduce a inquietude que provoca no gañado a proliferación de mosquitos, mellorando o seu benestar.
Recomendacións de uso
Crystalyx Garlyx ofrécese en formato de cubos para lamber. Aconséllase a colocación de dous cubos por rabaño, para evitar a competencia. É un produto recomendado tanto para gando bovino como para ovellas e cabras. No caso das vacas, aconséllase a colocación de 2 cubos de 80 Kg. cada 50 animais, ou de 2 cubos de 22,5 Kg. para lotes de 20 vacas.
O consumo diario por vaca estímase en arredor de 150 – 250 gramos de media, en tanto nos tenreiros baixa a 100 – 150 gramos ao día e nas ovellas a 40 – 60 gramos ao día.
O produto é resistente á choiva e á intemperie, pero débese protexer dos raios do sol, pois ao quentarse, é menos apetecible para o gando.
O seu uso está recomendado para gando de carne e nas granxas de leite, para xovencas e vacas secas. Non se aconsella o seu uso prolongado en vacas en lactación.
Prevención de enfermidades
No actual contexto, marcado pola proliferación no gando vacún do virus da EHE, Crystalyx Garlyx posiciónase como unha ferramenta que pode contribuír á prevención da infección, tanto no caso da enfermidade epizóotica hemorráxica como noutras similares, como a lingua azul, tamén transmitida por mosquitos.
Os insectos, ademais, poden transmitir outros patóxenos, ligados coa mastite, e en xeral perturban o benestar dos animais e teñen un impacto negativo no seu rendemento.
Outros beneficios
A maiores do seu efecto na prevención de enfermidades, Crystalyx Garlyx é un suplemento vitamínico – mineral pensado para aumentar o rendemento dos animais, xa que contribúe a incrementar a inxesta da forraxe e mellora a súa dixestibilidade.
O obxectivo é proporcionarlle ao gando un penso complementario equilibrado que contribuirá ao seu aumento de peso e de produción.
1. Aumenta a inxesta de forraxe e a dixestibilidade.
2. Aumento de peso (GMD) ou a produción de leite.
3. Proporciona un paquete equilibrado de minerais e vitaminas
4. Reduce a inquietude e o nerviosismo causados por insectos voadores
5. Excelente palatabilidade e resistencia á intemperie
6. Apto para gando vacún, ovino e caprino
Para máis información:
As investigacións que se están desenvolvendo facilitarannos no futuro o manexo da enfermidade con maiores certezasO seguinte en intervir foi Víctor Collado Alcalá, técnico do departamento de Gandería en Cooperativas Agroalimentarias de España. O seu relatorio centrouse na actualización da situación da EHE en España. Lembrou que, desde a detección da enfermidade hemorráxica epizoótica en novembro do ano 2022, foi necesario pór en marcha unha serie de iniciativas e medidas encamiñadas, por unha banda, a controlar a enfermidade desde un punto de vista sanitario e, doutra banda, a manter a estrutura produtiva e comercial dos sectores afectados por esta enfermidade. Collado incidiu en que o sector, os veterinarios e a administración tiveron que afrontar con bastante descoñecemento o avance e desenvolvemento da enfermidade. Durante a súa charla expuxo algúns dos estudos que se están levando a cabo coa finalidade de abordar a enfermidade no presente e no futuro a curto prazo. “Estes estudos facilítannos o manexo da enfermidade con maior certeza, xa que ata agora hai demasiadas cuestións sen resolver, para os gandeiros son fundamentais”.
Josmar Ganadería situada na parroquia de Pacios, no concello de Baralla, instalou os colares RUMI ao seu rabaño fai ano e medio. Fan un manexo en extensivo dos animais e buscaban telos controlados, “Buscabamos ter controlados os animais, porque temos preto unha estrada nacional e pasa tamén a autovía A-6 e poder ter xeolocalizadas as vacas en todo momento danos tranquilidade”, explica José Manuel Santín.
Pero a monitorización ten outras vantaxes e estalles a permitir tamén gañar en produtividade, grazas á mellora reprodutiva, e mesmo detectar enfermidades no gando de maneira temperá, minimizando deste xeito as súas consecuencias e abaratando os tratamentos.
“No mes de outubro a aplicación enviounos unha alerta dun posible caso de EHE nunha xovenca. Grazas a iso puidemos separala e chamar ao veterinario para tratala a tempo. O aviso permitiunos anticipar o tratamento e en poucos días estaba xa recuperada e puido volver xa ao lote no que estaba”, explica José Manuel.
Ter xeolocalizados os animais en todo momento danos tranquilidade, porque estamos preto da autovía e da estrada nacional
O control da rumia e a monitorización de actividades de xeito individualizado, como pode ser o número de pasos ou as horas de pastoreo de cada animal, permiten detectar anomalías e enfermidades do gando incluso antes de que a simple vista puidera haber sintomatoloxía clínica, unha funcionalidade que converte a Rumi no dispositivo máis completo do mercado.
Josmar Ganadería é unha explotación ecolóxica que complementa a produción e venda de leite coa de carne. Contan cun rabaño de 60 vacas en produción, pero tan só moxen as vacas que están paridas de menos tempo, e as outras empréganas para criar os tenreiros cruzados con angus que despois venden para carne con 10 meses.
A granxa está certificada en produción ecolóxica desde o ano 2017
Todo o gando está fóra e a base da alimentación é o pastoreo. “Facemos un pastoreo rotacional racional para maximizar a produción de forraxe e aproveitar mellor a herba que producen as fincas”, explica José Manuel.
“Os animais vanse movendo polas distintas parcelas e empregamos as cercas eléctricas para abrirlles pasto fresco todos os días”, explica. Por iso, nesta gandería buscaban unha ferramenta que lles permitira non só ter controladas as vacas en todo momento, senón tamén que lles facilitase a xestión do rabaño.
Rumi permite gañar eficiencia, tanto a nivel de mellora reprodutiva como de aproveitamento do pasto
“Na aplicación temos o historial de cada vaca e apuntamos partos, celos, inseminacións e diagnósticos de xestación”, explica. Tamén lles facilita a tarefa de cubrir o caderno de pastoreo, un dos requisitos esixidos para o cobro dos ecorreximes da PAC, ao ter un rexistro dos lugares nos que estivo pacendo o rabaño.
Unha das vantaxes que ten Rumi a respecto doutros sistemas é o seu funcionamento autónomo, a través da colocación dunha antena na granxa que garante a cobertura aos colares aínda que non haxa cobertura móbil na totalidade do territorio que abrangue a explotación, o que permite tamén o seu uso en zonas remotas, de difícil acceso ou de sombra a nivel de telefonía.
Este tipo de ferramentas axúdannos no día a día ás ganderías con sistemas de manexo en extensivo; facilítanos moito o traballo
“Nós manexamos unhas 70 hectáreas de superficie e temos o gando repartido en distintos lotes por toda a parroquia. Colocamos a antena nunha finca situada na zona máis alta e desde alí temos cubertas todas as parcelas”, explican en Josmar Ganadería.
A antena non necesita de conexión á rede eléctrica para funcionar, xa que está alimentada por medio dunha placa solar. Tamén os colares están provistos dunha pequena placa solar que permiten que se recarguen sós, o que evita ter que cambiar baterías ou que os dispositivos deixen de funcionar cando estas se esgotan.
“O feito de ter controlados os animais até agora parecía que era algo que só podían facer as explotacións intensivas pero este tipo de ferramentas axúdannos no día a día ás ganderías con sistemas de manexo en extensivo, facilítanos moito o traballo”, di José Manuel.
“Máis que pola mortalidade, as maiores perdas que ocasiona a EHE son os danos na saúde das vacas infectadas”-Sen embargo, moitos gandeiros advirten dos abortos, mamites...etc nos animais infectados, moitos dos cales teñen que enviar a sacrificio. Confirmas a gravidade dos danos provocados pola EHE? En que porcentaxe de animais infectados estimas que provoca danos graves que obrigan a descartar o animal? A iso me refiro, existen consecuencias directas que veñen no momento, como perda de produción, abortos...etc. Pero a nivel de granxa as perdas económicas van supor moito máis, como vacas que polos seus días en leite non recuperan o suficiente ou que abortan, vacas recén paridas que non chegan ao pico de produción, reabsorcións, mamites, baixada de fertilidade en machos (refírome a sementais de carne), que xa estamos a observar... etc -As esperanzas están postas no desenvolvemento e comercialización dunha vacina, pero parece que polo menos a curto prazo non se disporá dela en España. Por que? Entendo que no desenvolvemento dunha vacina inflúen moitas cousas, que tipo de vacina, fronte a que serotipo, o laboratorio, o seu desenvolvemento (3-4 anos), a rendibilidade desta...
“Deberíase facilitar a comunicación de casos á administración”-Coa EHE xa presente en todo o territorio español, existe moita preocupación entre os gandeiros, sobre como lle afectará ao gando bovino en 2024. Consideras que hai motivos fundados para esta gran inquietude? É unha enfermidade emerxente e descoñecida até agora, que provocou multitude de focos en todo o territorio, hai que darlle a súa importancia, claro. Non se sabe se virá igual o ano que vén, ou virá outro serotipo. -Como valoras a resposta das administracións públicas ante a chegada da EHE? En que considera que sería necesario mellorar? Entendo que se fixeron eco da problemática e están a estudar o tema. Como suxestión persoal, que se facilite a comunicación de casos á administración.
Agromuralla esixe axudas que cubran a totalidade dos gastos veterinarios pola EHE e o lucro cesante pola perda de produción, ademais da posible morte de animaisPara falar da EHE Agromuralla contará con especialistas como Alberto Prieto, investigador do departamento de Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo, e diversos veterinarios e gandeiros, tanto de Galicia como de Ávila ou Extremadura, lugares onde a enfermidade atacou de maneira moi importante en 2023. Novas esixencias en materia de abonado e benestar animal O presidente de Agromuralla, José Luis Pérez Barreiro, que será o encargado de abrir as xornadas, explica que "este 2024 é un ano de moitos cambios no sector como consecuencia da entrada en vigor de novas normas de abonado, benestar animal ou dixitalización que condicionan de maneira importante a rendibilidade das explotacións leiteiras, polo que resulta fundamental contar con información precisa e de primeira man sobre a súa aplicación". Do mesmo xeito, desde Agromuralla esíxese á Administración "que contemple unha liña de axudas específica para facer fronte ás consecuencias da enfermidade hemorráxica epizoótica nas explotacións que inclúa os custos veterinarios e de tratamentos, así como o lucro cesante por perda de produción, ademais da posible morte de animais".
Inclúense os casos sospeitosos de lingua azul e os focos de peste porcina africana, caso de producirsePoderán optar ás indemnizacións os titulares de explotacións con animais que se sacrifiquen ou morran por resultaren reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose, leucose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún, ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes. Tamén no caso de animais sacrificados por motivos de sospeita da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles ou por padecer EHE. No caso das explotacións avícolas, aquelas afectadas pola enfermidade de Newcastle, casos de salmonela ou outro tipo de focos de influenza aviaria. En granxas de porcos, os animais mortos ou sacrificados por mor da declaración dun foco de peste porcina clásica ou africana e en granxas de visións as que sexan sometidas a actuacións ou programas sanitarios oficiais.
Animais de razas limusina e blonde d´Aquitaine e os seus cruces industriais en extensivo resultaron máis afectados-De que datos dispón o Ministerio sobre a porcentaxe de mortalidade en gando vacún infectado pola EHE? Con obxecto de obter datos obxectivos das taxas de mortalidade, o MAPA analizou na base de datos de SITRAN as cifras mensuais de mortalidade en todas as explotacións de gando vacún en España entre os meses de xullo e novembro de 2023, e comparounas cos datos obtidos no mesmo período entre os anos 2020 e 2022, cando a enfermidade aínda non se atopaba presente no noso país. Froito deste estudo púidose determinar o incremento nas taxas de mortalidade ao longo dos meses de xullo a novembro de 2023 respecto de anos anteriores, que teoricamente se deben á presenza da EHE, observándose variacións entre as distintas provincias en función do grao de diseminación da enfermidade entre as mesmas, pero en xeral as taxas de mortalidade atribuíbles á EHE son inferiores ao 1%. -Está previsto que AGROSEGURO, entidade dependente do Ministerio, subvencione en 2024 a cobertura dos animais mortos por EHE nas pólizas contratadas polos gandeiros? Nos seguros gandeiros hai enfermidades que están cubertas nas liñas de vida (as que cobren o dano sobre o animal) e outras que non o están. Entre as que non están incluídas atópase a EHE, de recente aparición e para a que se solicita desde o sector a súa inclusión no seguro agrario. Actualmente está en fase de estudo para ver se iso é viable, aínda que é posible que a enfermidade evolucione cara a unha situación endémica (como ocorre por exemplo coa enfermidade da lingua azul), nese caso non é posible a súa aseguramiento. Pero aínda está en estudo.
A EHE é posible que evolucione cara a unha enfermidade endémica, nese caso non é posible o seu aseguramento, pero aínda está en estudoPor outra banda, cabe lembrar que hai unha liña de seguro que cobre o custo da retirada e destrución de cadáveres daqueles animais que por enfermidade ou por accidente morren na explotación. Neste caso non hai diferenciación algunha da causa da morte do animal, polo que se retiran sen problema os animais mortos por esta enfermidade cando o gandeiro contratou a póliza do seguro, nas mesmas condicións que para o resto dos casos. -Ten previsto o Ministerio establecer algunha axuda específica para os danos provocados pola EHE? O Ministerio nunca outorgou axudas por perdas causadas por enfermidades animais, coa excepción das indemnizacións por sacrificio obrigatorio dentro dun plan de erradicación dunha enfermidade. En calquera caso, o MAPA si que está a destinar os recursos necesarios para realizar os estudos de infeccións experimentais da infección en diferentes especies, así como os estudos de seroprevalencia e de monitorización da enfermidade que axuden a profundar no coñecemento da enfermidade e permitan a flexibilización dos movementos de animais coas adecuadas garantías sanitarias. -O colectivo veterinario asegura que a única solución eficaz para frear a EHE é o desenvolvemento dunha vacina específica para a variante do virus da EHE presente en España, e que para iso é clave o apoio da administración pública. Que pasos deu e ten previsto tomar o Ministerio a este respecto? Pódese establecer algún horizonte temporal para dispor dunha vacina en España? Sen dúbida, un dos problemas máis importantes que nos atopamos para reducir o impacto da enfermidade no noso sector é a ausencia dunha vacina autorizada fronte ao serotipo 8 do virus da EHE, non só en España ou na UE, senón en ningún outro país do mundo. Por este motivo, o Ministerio mantivo diversas reunións, tanto en 2022 como en 2023, cos laboratorios nacionais produtores de vacinas, instándolles a desenvolver unha vacina fronte a este novo axente patóxeno no noso país.
“Na actualidade, son xa varios os laboratorios que están xa traballando en España no desenvolvemento dunha vacina fronte ao serotipo 8 do virus da EHE”Desde o Ministerio cóntase coa estreita colaboración da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), para reducir ao máximo os trámites necesarios para permitir a autorización de posibles novas vacinas fronte á EHE, e desde o Laboratorio Central de Veterinaria de Algete, pertencente ao MAPA, forneceuse material de referencia aos laboratorios produtores de vacinas que o solicitaron, así como a outros grupos de investigación, de forma que, na actualidade, son xa varios os laboratorios que están xa traballando no desenvolvemento dunha vacina, que sen dúbida será de gran axuda na loita contra a enfermidade, na redución do impacto da mesma na nosa gandaría e de cara a facilitar os movementos de animais coas garantías sanitarias adecuadas. Resulta difícil determinar para cando estarán dispoñibles estas novas vacinas, pero estamos en permanente contacto coas empresas que saben da urxencia do asunto.
“A prevención fronte á EHE é difícil, no que pode axudar o gandeiro é nun seguimento constante dos animais e na detección precoz de animais afectados”-Que medidas preventivas eficaces pode adoptar o gandeiro? Por desgraza, nas enfermidades transmitidas por vectores (mosquitos) a prevención é difícil, máis cando existen reservorios en fauna silvestre. As restricións en movementos penalizan ao sector e os tratamentos con repelentes ou insecticidas mostraron unha relativa eficacia polo que o enfoque baséase esencialmente nun seguimento constante dos animais e a detección precoz de afectados.
“É fundamental facilitar a alimentación e a hidratación ao animal enfermo”-Fálase de que a mortalidade por EHE en gando bovino está ao redor do 3%, pero os gandeiros de comunidades como Castela e León alertan de que este ano foi moito maior, ademais das secuelas en forma de abortos, malformacións e vacas moi debilitadas que finalmente teñen que enviar ao sacrificio. De que datos dispón respecto diso? Espérase ter datos fiables o próximo ano tras os estudos epidemiolóxicos que levan a cabo en diversas Comunidades Autónomas, por agora temos visto que as taxas de morbilidade e mortalidade son variables entre rexións e mesmo gandarías. A mortalidade media até o momento sitúase en torno ao 1% (pode haber explotacións con índices maiores ou menores) e agora queda valorar as secuelas que, nalgúns animais, perduran longo tempo. -En Italia a EHE está presente desde 2022 e en Estados Unidos ou Australia é endémica. Dispón de información sobre como se combate a EHE neses países e se é así que leccións podemos aprender en España? A nivel europeo os primeiros focos apareceron de forma case simultánea en España e Italia e actualmente somos o país máis afectado. A enfermidade segue expandíndose en Francia e está amplamente distribuída noutros continentes, pero con incidencia moi diversa en vacún, sendo Xapón e países do Mediterráneo os máis afectados. O enfoque foi diferente en cada caso, de forma xeral tras o varrido inicial a enfermidade diminúe en gravidade e impacto.
“A mortalidade media por EHE até o momento sitúase en torno ao 1% , pero quedan por valorar as secuelas nos animais”-As esperanzas están postas no desenvolvemento e comercialización dunha vacina, pero parece que polo menos a curto prazo non se disporá dela en España. Por que? Nestas enfermidades a vacinación é peza clave para o seu control e diminución da sintomatoloxía. Pero hai que ser conscientes que o desenvolvemento e posterior rexistro dunha vacina que garanta tanto eficacia como seguridade é un proceso longo e custoso. Por outra banda, actualmente temos o serotipo 8, con risco de recibir o 6 ou 7, o que complica o enfoque de programas vacunais. Por tanto, non parece probable contar cunha vacina en Europa a curto prazo.
“Non parece probable contar cunha vacina en Europa a curto prazo fronte a EHE”-En Estados Unidos ou Xapón si que dispoñen de vacina contra a EHE. Ten coñecementos sobre a súa eficacia? Sería efectiva para tratar a variante presente agora en España? En Xapón existen dúas vacinas comercializadas (inactivada e atenuada) que demostraron ser eficaces pese algún efecto secundario, pero para unha variante do serotipo 2. En EEUU só desenvolveron vacúas autóxenas para emprego en cérvidos con eficacia discutida. Por tanto, en ambos os casos non son de utilidade en España. Existen diversas liñas de investigación en diferentes países (EEUU, Italia, UK, España, etc), pero ningunha en fase de comercialización. -O virus da lingua azul parece que é moi similar ao que provoca a EHE. Hai datos sobre se a vacina contra a lingua azul mellora a resposta dos animais contra unha infección por EHE? Efectivamente trátase de virus moi similares pero non existe inmunidade cruzada entre ambos , polo que a vacinación fronte a lingua azul non sería efectiva fronte a EHE.
“De forma xeral tras o varrido inicial a enfermidade diminúe en gravidade e impacto”-Coa EHE xa presente en todo o territorio español, existe moita preocupación entre os gandeiros, sobre como lle afectará ao gando bovino en 2024. Considera que hai motivos fundados para esta gran inquietude? Sen dúbida é unha preocupación en todo o sector. Como comentaba, están a realizarse estudos epidemiolóxicos que, entre outros datos, facilitarannos a seroprevalencia nas diferentes rexións e, dada a potente inmunidade que se presupón, a evolución na próxima tempada. O máis probable é que rexións moi afectadas este ano teñan menos problemas que aquelas con afectación menor e máis tardía.
“O máis probable é que rexións moi afectadas este ano teñan menos problemas que aquelas con afectación menor e máis tardía”-Como valora a resposta das administracións públicas ante a chegada da EHE? En que considera que sería necesario mellorar? Desde o meu punto de vista existiu unha resposta temperá polo Ministerio de Agricultura e Comunidades Autónomas nos procedementos diagnósticos e epidemiolóxicos con algunha carencia informativa inicial tendo en conta a dificultade en recompilar datos fiables. Por iso é esencial concienciar ao sector en facilitar toda a información relativa á morbilidade e mortalidade, así como seguimento nas posibles secuelas para permitir unha correcta avaliación do impacto e medidas a implementar. - Que supón esta enfermidade para os gandeiros? Baseándonos na nosa experiencia, nunha comarca fortemente afectada durante este ano, constituíu un forte desgaste non só polas perdas directas e dedicación requirida, tamén pola tensión que implica o goteo constante de novos casos, incerteza na evolución e secuelas. -Algo máis que queiras engadir? Esta enfermidade ten que servir para evidenciar o risco de enfermidades emerxentes ou reemerxentes en España e consecuentemente a necesidade de manter unhas eficaces redes de vixilancia e alerta temperá, incluíndo formación, xunto a medidas xerais de bioseguridade, tan esquecidas no noso sector.