Archives

Últimas semanas para solicitar as axudas para mellora da eficiencia enerxética en explotacións agrogandeiras

A Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) ten aberta ata o 31 de decembro a convocatoria de axudas correspondentes ao programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias.

Actuacións subvencionables:

Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que reduzan o consumo de enerxía final do proceso da explotación agropecuaria afectado en polo menos un 10 % con relación á situación de partida. Para o cálculo do aforro de enerxía final e a elixibilidade das actuacións será de aplicación a Recomendación (UE) 2019/1658 da Comisión. O aforro de enerxía final xustificarase mediante un dos métodos de cálculo do Anexo V da Directiva 2012/27/UE. Cabe diferenciar as dúas seguintes actuacións subvencionables: a)Actuación 1: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de regadío. Consistirá na execución de actuacións de reforma das instalacións de regadío en explotacións agropecuarias e comunidades de regadores, por renovación dos seus equipos de bombeo que reduzan o consumo de enerxía final e as emisións de CO2. b) Actuación 2: Mellora da eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables en explotacións agropecuarias. Consistirá na realización de actuacións de reforma das explotacións e instalacións consumidoras de enerxía térmica, eléctrica e de proceso propias das explotacións agropecuarias que reduzan o consumo de enerxía final e as emisións de CO2. As actuacións poderán ser, con carácter orientativo e non limitativo: 1.º Actuacións sobre a envolvente térmica que reduzan a demanda de calefacción e refrixeración dos edificios agropecuarios (fachadas, cubertas, xanelas) incluíndo solucións bioclimáticas. 2.º Actuacións nas instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria, como poden ser as destinadas aos procesos de pasteurización e conservación de produtos perecedoiros, á climatización de naves de gando e invernadoiros, refrixeración en procesos de fermentación do viño, etc. 3.º Mellora da eficiencia enerxética dos subsistemas de xeración, distribución, regulación e control e elementos terminais das instalacións térmicas, incluíndo o aproveitamento de calores residuais e novas redes de calor. 4.º Substitución de enerxía convencional en instalacións térmicas por enerxías renovables térmicas (enerxía solar térmica, biomasa, enerxía xeotérmica, enerxía ambiente (aerotermia ou hidrotermia), bombas de calor ou unha combinación delas). Non se considerará elixible a substitución dun xerador térmico por outro que utilice combustible de orixe fósil. 5.º Reforma ou substitución de instalacións de iluminación interior e iluminación exterior. 6.º Renovación de motores para accionamientos mecánicos e outros servizos propios destas actividades. La inversión mínima para que la actuación sea subvencionable debe ser de 5.000 euros IVA no incluido. Cada solicitante poderá presentar un máximo de unha solicitude da Actuación 1 e outra da Actuación 2 por emprazamento. Cada solicitude pode incluír unha ou varias das tipoloxías de proxectos definidos no Real Decreto 149/2021 pero sen mesturar os recollidos no epígrafe correspondente á Actuación 1 cos da epígrafe correspondente á Actuación 2.

Características das axudas:

-    Orzamento: 1,67 M€. -    Financiado co FNEE (Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética) -    Concorrencia non competitiva, asignándose os fondos por orde de chegada.

Contía máxima das axudas:

A contía da subvención será a mínima entre as tres seguintes cantidades: a) O 30 % do custe elixible definido no artigo 14 do Real Decreto 149/2021. b) O 35 % do custe subvencionable da actuación. Esta intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas á pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. O custe subvencionable resulta de restar ao custe elixible a inversión de referencia segundo o indicado no artigo anterior. Este apartado b)  será aplicable só cando o solicitante sexa unha empresa ou desenvuelvan unha actividade comercial ou mercantil . c) Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000 de euros.

Máis información

Xornada este sábado en San Sadurniño sobre como reducir a factura eléctrica nas ganderías

Este sábado, 25 de febreiro, celebrarase no concello coruñés de San Sadurniño unha xornada técnica sobre aforro e eficiencia enerxética nas explotacións agrogandeiras e nas vivendas. A xornada, organizada pola asociación de Produtoras e Produtores de Leite en Galicia (Prolega), impartirase na Casa da Cultura ás 12:00 horas. A formación será impartida por técnicos da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (Faepac), e nela explicaranse temas como a estrutura de custos nas explotacións agrarias e gandeiras, conceptos clave da factura eléctrica, aforro e eficiencia nas granxas, autoconsumo e comunidades enerxéticas.

Concedidos apoios a 279 explotacións agrarias para mellorar a xestión de estercos, enerxía ou agricultura de precisión

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións da Consellería do Medio Rural sobre os apoios concedidos ó agro no marco do Plan de Recuperación e Transformación (Next Generation), financiado ó 100% con fondos europeos especiais que se habilitaron a raíz da pandemia da Covid 19. En total, son 279 explotacións agrarias as que se benefician, cun investimento total de 23 millóns de euros, segundo os datos que facilita a Consellería en nota de prensa. A convocatoria das axudas, que se lanzara a principios do pasado ano, partía con catro liñas diferenciadas, todas co fin común de mellorar a sostibilidade ambiental e económica das granxas: xestión de estercos, agricultura de precisión, eficiencia enerxética e modernización de invernadoiros. Resumimos a continuación a resolución de cada liña: Mellora da xestión de estercos Un total de 83 ganderías recibirán apoios para mellorar a xestión de estercos. En concreto, as liñas subvencionables orientábanse principalmente a financiar a cubrición de balsas de xurro e a proxectos de separación sólido – líquido dos xurros, compostaxe ou nitrificación – desnitrificación. O obxectivo dos proxectos situábase en reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro ou limitar as escorrentías de nitratos a acuíferos ou cauces fluviais. Agricultura de precisión A liña orientada a agricultura de precisión, as chamadas tecnoloxías 4.0, foi unha das máis concurridas, cun total de 196 explotacións agrarias e empresas beneficiarias. Pódese consultar no DOG a lista de solicitudes aprobadas e denegadas. Eficiencia enerxética Para eficiencia enerxética e instalación de enerxías renovables, aprobáronse un total de 13 proxectos, que se poden consultar na correspondente resolución do DOG. Invernadoiros En canto á liña de modernización e transformación de invernadoiros, houbo só 2 solicitudes e ambas foron denegadas por incumprimentos das bases da convocatoria.

Convocan axudas para a agricultura de precisión, a eficiencia enerxética e a economía circular no agro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a orde de axudas da Consellería do Medio Rural para fomentar a agricultura de precisión, a eficiencia enerxética e a economía circular no sector agrario, cun orzamento de 7,41 millóns de euros, cos que se prevé beneficiar unhas 250 explotacións. Esta orde de achegas está financiada con Fondos Next Generation, que deriva do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. En concreto, estas subvencións incidirán na xestión de estercos (4.679.312 euros), na mellora de invernadoiros (136.468 euros), na eficiencia enerxética (724.673 euros) e na agricultura de precisión (1.871.536 euros), segundo os presupostos repartidos na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Ministerio de Agricultura do pasado mes de outubro. “Con estas achegas agárdase acadar, cando menos, avances significativos nalgúns ámbitos, como na mellora na xestión de xurros e na eficiencia enerxética das explotacións galegas”, indican dende a Consellería de Medio Rural.

Investimentos 

No caso das axudas para a xestión de estercos, financiaranse investimentos nas ganderías relacionados coa adaptación ou cubrición das balsas exteriores de estercos con ou sen aproveitamento enerxético na propia explotación. Tamén se financiarán investimentos orientados á mellora da xestión e aproveitamento dos estercos relacionados co tratamento e valorización das dexeccións gandeiras. O obxectivo é mellorar a xestión de xurros e estercos, fundamentalmente dende o punto de vista medioambiental e favorecer a redución das emisións de gases contaminantes e de efecto invernadoiro. Canto aos invernadoiros, subvencionaranse investimentos para transformalos integralmente ou para modernizalos mediante, por exemplo, a automatización da ventilación, co gallo de mellorar a competitividade e a sustentabilidade dos cultivos de hortalizas, flor cortada e planta ornamental. Sobre a eficiencia enerxética, sufragaranse investimentos en eficiencia e en fontes renovables como o illamento térmico ou as plantas de biogás, para mellorar a sustentabilidade económica e ambiental mediante a redución do consumo de enerxía allea nas explotacións agrarias. Por último, en relación coa agricultura de precisión, apoiaranse investimentos en agricultura e gandaría de precisión e en tecnoloxías 4.0, como pode ser a adquisición de sementadoras ou de diversos programas informáticos, co obxectivo de mellorar a seguridade alimentaria, a rendibilidade económica e a sustentabilidade ambiental.

Solicitudes

Estas achegas convócanse en réxime de concorrencia competitiva e os beneficiarios poderán ser, na maioría dos casos, as explotacións agrarias ou as súas entidades asociativas. Os investimentos que poden recibir subvención abranguerán fundamentalmente a obra civil, as instalacións e equipamentos fixos, a maquinaria e a dixitalización; mentres as porcentaxes subvencionables variarán entre o 40% e o 85% do proxecto. Os interesados teñen de prazo dous meses para presentar as solicitudes, a contar a partir deste martes. Deberán realizala de forma telemática.

Ábrese o prazo para solicitar as axudas da Xunta para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas do rural

Os interesados en acollerse ás axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, o chamado PREE 5000, poden presentar a súa solicitude a partir de hoxe, luns 3 de xaneiro, ata o 30 de setembro.

A Xunta publicou en novembro a resolución pola que se convoca o programa, que conta cunha dotación total de 3,8 millóns de euros.

É a primeira das liñas financiadas con fondos europeos que convocará a Xunta por primeira vez este ano, coa finalidade de contribuír a acadar os obxectivos medioambientais e enerxéticos establecidos na normativa europea mediante a execución de actuacións en edificios existentes que favorezan a redución do seu consumo final e das emisións de CO2 mediante o aforro de enerxía, a mellora da eficiencia e o aproveitamento das fontes renovables.

As actuacións subvencionables realizaranse en edificacións localizadas en municipios de menos de 5.000 habitantes ou en concellos non urbanos de menos de 20.000 sempre que ningún dos seus núcleos de poboación supere os 5.000 veciños. Os inmobles deberán terse construído antes de 2007 e poderán ser vivendas unifamiliares, edificios de tipoloxía residencial colectiva ou vivendas dun edificio consideradas individualmente.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 1 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101891&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Así, as persoas físicas ou xurídicas de natureza privada así como ás comunidades ou agrupacións de comunidades de propietarios que sexan titulares de inmobles nos que se vaian acometer as actuacións subvencionables poderán beneficiarse desta liña de incentivos, cuxo importe concedido poderá chegar a cubrir ata o 100% do custo das obras subvencionables, sempre que estas cumpran con todos os criterios establecidos para obter unha axuda adicional.

Así mesmo, os traballos a executar deberán encadrarse nunha ou en varias das seguintes tipoloxías: mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica; mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

Neste sentido, as actuacións que subvencione o Instituto Galego da Vivenda e Solo ao abeiro do PREE 5000 deberán conseguir unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% respecto á situación actual do edificio e, ademais, mellorar a cualificación enerxética total do inmoble en, polo menos, unha letra. Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter xa unha cualificación A.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 2 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101892&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

As axudas non terán unha contía fixa, partindo dun mínimo equivalente ao 20% dos custos elixibles e podendo chegar ata o 100%. Así, o importe concreto variará tendo en conta o tipo de actuación, o inmoble obxecto da rehabilitación ou os obxectivos de eficiencia enerxética acadados tras a reforma.

En todo caso, a subvención concedida será o resultado de sumar a axuda base —que oscilará entre un 20% e un 50% dos custos elixibles— e a axuda adicional que corresponda en cada caso en función do cumprimento dunha serie de criterios sociais —por exemplo, que o edificio estea baixo algún réxime de protección pública—, de eficiencia enerxética —cando o inmoble obteña unha cualificación A, B ou incremente en dúas letras a súa situación de partida— e se é ou non unha actuación que inclúa obras correspondentes a dúas ou máis tipoloxías.

<!-- AdSpeed.com Tag 8.0.2 for [Zone] AMP Desenvolvemento Rural 3 [Any Dimension] --> <script type="text/javascript" src="https://g.adspeed.net/ad.php?do=js&zid=101893&oid=18217&wd=-1&ht=-1&target=_blank"></script> <!-- AdSpeed.com End -->

Segue aberto o prazo para solicitar axudas para mellora da eficiencia enerxética en explotacións agrícolas e gandeiras

Ata o 31 de decembro segue aberto o prazo de presentación de solicitudes ao programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias, que en Galicia xestiona a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Actuacións subvencionables:

Cabe diferenciar as dúas seguintes actuacións subvencionables: a)Actuación 1: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de regadío. Consistirá na execución de actuacións de reforma das instalacións de regadío en explotacións agropecuarias e comunidades de regadores, por renovación dos seus equipos de bombeo que reduzan o consumo de enerxía final e as emisións de CO2. b) Actuación 2: Mellora da eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables en explotacións agropecuarias. Consistirá na realización de actuacións de reforma das explotacións e instalacións consumidoras de enerxía térmica, eléctrica e de proceso propias das explotacións agropecuarias que reduzan o consumo de enerxía final e as emisións de CO2. As actuacións poderán ser, con carácter orientativo e non limitativo: 1.º Actuacións sobre a envolvente térmica que reduzan a demanda de calefacción e refrixeración dos edificios agropecuarios (fachadas, cubertas, xanelas) incluíndo solucións bioclimáticas. 2.º Actuacións nas instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria, como poden ser as destinadas aos procesos de pasteurización e conservación de produtos perecedoiros, á climatización de naves de gando e invernadoiros, refrixeración en procesos de fermentación do viño, etc. 3.º Mellora da eficiencia enerxética dos subsistemas de xeración, distribución, regulación e control e elementos terminais das instalacións térmicas, incluíndo o aproveitamento de calores residuais e novas redes de calor. 4.º Substitución de enerxía convencional en instalacións térmicas por enerxías renovables térmicas (enerxía solar térmica, biomasa, enerxía xeotérmica, enerxía ambiente (aerotermia ou hidrotermia), bombas de calor ou unha combinación delas). Non se considerará elixible a substitución dun xerador térmico por outro que utilice combustible de orixe fósil. 5.º Reforma ou substitución de instalacións de iluminación interior e iluminación exterior. 6.º Renovación de motores para accionamientos mecánicos e outros servizos propios destas actividades. La inversión mínima para que la actuación sea subvencionable debe ser de 5.000 euros IVA no incluido. Cada solicitante poderá presentar un máximo de unha solicitude da Actuación 1 e outra da Actuación 2 por emprazamento. Cada solicitude pode incluír unha ou varias das tipoloxías de proxectos definidos no Real Decreto 149/2021 pero sen mesturar os recollidos no epígrafe correspondente á Actuación 1 cos da epígrafe correspondente á Actuación 2.

Beneficiarios:

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia. En concreto os seguintes: a) Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada ou pública titulares dunha explotación agropecuaria. b) Comunidades de Regadores e outras organizacións cuxo fin consista na xestión común de auga para a rega agrícola ou a xestión común doutros combustibles e fontes de enerxía para fin agropecuario. c) Titulares de explotacións agrícolas de regadío que utilicen redes de rega para cuxo funcionamento sexa necesario actualmente o consumo de enerxía eléctrica. d) Calquera organización ou asociación de produtores agrícolas recoñecida pola autoridade competente. e) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo definición da Directiva 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018 f) As empresas de servizos enerxéticos (ESEs), ou provedores de servizos enerxéticos definidas no Real Decreto 56/2016.

Contía máxima das axudas:

A contía da subvención será a mínima entre as tres seguintes cantidades: a) O 30 % do custe elixible definido no artigo 14 do Real Decreto 149/2021. b) O 35 % do custe subvencionable da actuación. Esta intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas á pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. O custe subvencionable resulta de restar ao custe elixible a inversión de referencia segundo o indicado no artigo anterior. Este apartado b)  será aplicable só cando o solicitante sexa unha empresa ou desenvuelvan unha actividade comercial ou mercantil . c) Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000 de euros.

O Goberno destina 30 millóns de euros a mellorar a eficiencia enerxética nas explotacións agropecuarias

O Consello de Ministros, a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), aprobou este mércores o Real Decreto que regula o programa de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias. Este programa, que conta cunha dotación de 30 millóns de euros, favorecerá o aforro enerxético e, con iso, a mellora da competitividade do sector, así como a utilización das enerxías renovables e a redución das emisións de CO2, contribuíndo ao cumprimento do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030 que prevé a necesidade de medidas de apoio ao aforro enerxético, instalación de renovables e redución de emisións no sector primario. As axudas cubrirán até o 30% do custo necesario para a execución do proxecto. Os investimentos que se apoian contribuirán á xeración de emprego e a actividade económica, claves nun contexto de recuperación tras a crise provocada pola COVID-19. Esta liña de axudas financiarase con cargo ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética e será coordinada polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Tras a publicación deste Real Decreto no Boletín Oficial do Estado, cada comunidade autónoma deberá aprobar e publicar a súa convocatoria de axudas e designar ao órgano competente para instruír e resolver o seu proceso de concesión. O programa estará en vigor desde o día seguinte á súa publicación até o 31 de decembro de 2021. As subvencións concederanse de maneira directa por orde de entrada ás convocatorias que establezan as comunidades autónomas.

Actuacións que se subvencionarán

Entre as actuacións subvencionables destacan aquelas centradas na mellora da eficiencia enerxética das instalacións de rega como: ·        A substitución de grupos de bombeo por outros máis eficientes enerxéticamente ·        A implantación de variadores de frecuencia e arrancadores estáticos ou a substitución por equipos máis eficientes enerxéticamente en bombeos ·        A implantación ou modernización de sistemas de regulación, control e monitorización da rede de rega que contribúan de forma directa ao aforro de enerxía ·        A instalación ou substitución de baterías de condensadores para mellorar a eficiencia enerxética das instalacións eléctricas das estacións de bombeo. Non serán elixibles aquelas actuacións que contribúan ao incremento no consumo de auga ou da superficie regable. Tamén serán elixibles aquelas actuacións que contribúan á mellora da eficiencia enerxética e á utilización de enerxías renovables térmicas en explotacións agrarias como: ·        Actuacións sobre a envolvente térmica que reduzan a demanda de calefacción e refrixeración dos edificios agropecuarios, incluíndo solucións bioclimáticas ·        Actuacións nas instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria como as destinadas aos procesos de pasteurización e conservación de produtos perecedoiros, á climatización de naves de gando e invernadoiros, refrixeración en procesos de fermentación do viño, etc. ·        Mellora da eficiencia enerxética dos subsistemas de xeración, distribución, regulación e control e elementos terminais das instalacións térmicas, incluíndo o aproveitamento de calores residuais e novas redes de calor ·        Substitución de enerxía convencional en instalacións térmicas por enerxías renovables térmicas (enerxía solar térmica, biomasa, enerxía xeotérmica, enerxía ambiente (aerotermia ou hidrotermia), bombas de calor ou unha combinación delas). Non se considerará elixible a substitución dun xerador térmico por outro que utilice combustible de orixe fósil ·        Reforma ou substitución de instalacións de iluminación interior e iluminación exterior ·        Renovación de motores para accionamientos mecánicos e outros servizos propios destas actividades

Requisitos para acceder ás axudas

Para que un proxecto sexa subvencionable deberá: ·        Conseguir e xustificar unha redución do consumo de enerxía final dun 10% con respecto á súa situación de partida ·        Xustificar o aforro de enerxía final mediante un dos métodos de cálculo do anexo V da Directiva 2012/27/UE, de 25 de outubro de 2012, e segundo a Recomendación (UE) 2019/1658 da Comisión de 25 de setembro de 2019

Destinatarios das axudas

Os destinatarios desta liña de subvencións serán aquelas persoas físicas ou xurídicas, privadas ou públicas, que sexan titulares dunha explotación agropecuaria; as Comunidades de Regadores e outras organizacións dirixidas á xestión de auga para a rega agropecuaria ou a xestión común doutros combustibles e fontes de enerxía para fins agropecuarios; os titulares de explotacións agropecuarias de regadío que utilicen redes de rega que necesiten consumo de enerxía eléctrica; calquera organización de produtores agropecuarios recoñecida, as comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo queda recollido na Directiva 2018/2001 sobre fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables; así como as empresas de servizos enerxéticos. A repartición orzamentaria por comunidades autónomas correspóndese coa distribución de explotacións agrarias e regadíos nos distintos territorios. Para a distribución territorial do crédito utilizáronse os seguintes informes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, cos que se determinou a distribución orzamentaria: Rexistro Xeral da Produción Agrícola (REGEPA) de 2020 para explotacións agrícolas, do Sistema Integral de Trazabilidade Animal (SITRAN) de 2020 para as gandeiras, así como os datos de superficie de regadío da Enquisa sobre Superficies e Rendementos de Cultivos (ESYRCE) de 2019. En todo caso, constitúe un reparto inicial que poderá ser ampliado naqueles casos en que se esgote o orzamento inicial nalgunha Comunidade, sempre que exista dispoñibilidade orzamentaria. A repartición inicial indícase a continuación:n
CCAA REPARTO PRESUPUESTO (€) % reparto
   
Andalucía 8.511.895,3 28,37%  
Aragón 2.199.763,1 7,33%  
Asturias 91.422,1 0,30%  
Baleares 325.746,1 1,09%  
Canarias 699.806,5 2,33%  
Cantabria 48.935,7 0,16%  
Castilla La Mancha 4.167.573,0 13,89%  
Castilla y León 3.198.764,1 10,66%  
Cataluña 2.055.743,3 6,85%  
Extremadura 2.157.321,7 7,19%  
Galicia 1.769.887,2 5,90%  
La Rioja 445.247,5 1,48%  
Madrid 210.630,2 0,70%  
Murcia 870.692,5 2,90%  
Navarra 569.761,3 1,90%  
País Vasco 148.970,8 0,50%  
Valencia 2.527.839,6 8,43%  
TOTAL 30.000.000 100 %  

Convocadas as axudas para mellorar a eficiencia enerxética das vivendas

As axudas do Programa para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, reguladas polo Real decreto do 4 de agosto, poderán solicitarse desde este sábado. Tal e como se indicaba na Resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, a partir do día 2 de xaneiro pódense solicitar estas axudas que por primeira vez xestionará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e para as que este ano se destinan os 8,5 millóns de euros, dos 17 millóns que recolle o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e se regula a concesión directa das axudas deste programa ás comunidades autónomas ata o ano 2023. Os beneficiarios, que só poderán presentar as súas solicitudes por medios telemáticos, son os propietarios de vivendas e as comunidades de propietarios, que poderán acoller as incentivos para subvencionar actuacións de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, de uso de enerxías renovables, de mellora das instalacións de iluminación.

Beneficiarios

Os beneficiarios desta liña de subvencións son as persoas propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios; as comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, así como as persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

Que se subvenciona?

Tal e como se recolle na resolución, establécense tres tipos de actuacións subvencionables: de mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, aquelas que teñen entre os seus obxectivos reducir a demanda enerxética; de uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e das instalacións de iluminación, é dicir, as luminarias, lámpadas e equipamentos; sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de acendido e regulación do nivel de iluminación. Para o cálculo da contía subvencionable, haberá unha axuda base e unha adicional, que se determinará con base en tres criterios, como os criterios sociais (actuacións que se realizan en edificios de vivenda de protección pública; actuacións en inmobles situados en áreas de rehabilitación), a eficiencia enerxética e que se trate dunha actuación integrada (aplicarase a porcentaxe adicional cando se realizan simultaneamente dúas ou máis tipoloxías de actuación). Por último, as axudas deste programa son compatibles con outras axudas concedidas para o mesmo fin, sempre que non se supere o custe da actuación e as outras axudas concedidas non conten con cofinanciamento de fondos europeos. Nese sentido, o IGVS destinará un millón de euros á liña de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e accesibilidade en vivendas, recollidas no Programa de fomento da mellora de eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas Plan 2018-2021.

¿Por qué é tan importante a consistencia na alimentación das vacas para a produción de leite?

“A vaca non produce o leite que se esperaba coa ración que formulou o nutrólogo”. Esta frase sole ser bastante común en moitas ganderías que padecen un desaxuste entre os kilos de leite que deberían producir os animais coa ración que se deseñou e a realidade. Para explicar as causas desta falta de correlación e ofrecer solucións para corrixila, a conferencia ONE de Alltech citou a un dos especialistas a nivel internacional no estudo da eficiencia da ración en vacún de leite: Trevor DeVries, profesor da Universidade de Guelph (Canadá). “Consistent Diet, Content Cows”; é dicir unha ración consistente que se corresponda co que está formulado tanto na elaboración da mesma, e que sexa suministrada aos animais e dixerida por eles de forma que as vacas acaden os obxectivos de produción de leite que se agardaban. Esta foi a idea central que quixo transmitir o profesor canadense, para quen “non é só importante o alimento que lle damos ás vacas, senón como as vacas comen a ración”.

Paso 1: ¿Correspóndese a ración que lle damos co que está formulado?

Neste sentido, para Trevor DeVries o primeiro desafío que se nos presenta é asegurarnos de que a comida que lle damos aos animais é realmente consistente coa ración que formulamos. “Poñemos moita énfase en lograr moi boa calidade de forraxes e en mellorar a eficiencia pero tamén nos debería precupar que a ración que formulamos é realmente a que lle ofrecemos ás vacas no pesebre”, subliña. Neste sentido, a conclusión de DeVries é que non, e apoiouse nun estudo realizado recentemente en Canadá no que analizaron en distintos establos a ración en pesebre, comparándoa coa que estaba formulada. Tomaron mostras dúas veces ao ano durante 7 días seguidos para detectar a variación dentro de cada granxa. “Atopamos que había un desaxuste: había nutrientes por riba e outros por debaixo do que estaba formulado. Iso supón un sobrecusto e unha falta de eficiencia para o gandeiro”, advirte. Para asegurarnos de que as vacas comen unha dieta consistente coa ración que se formulou, Trevor Devries recomenda preguntarse: -Cantas veces se comproba a Materia Seca que se lles suministra? Especialmente para as forraxes propias. O ideal sería facelo cada dous días, ou como mínimo unha vez á semana. -Con que frecuencia se analizan os componentes da ración e cantas veces esta é reformulada? É dicir, comprobar o seu valor nutricional, sobre todo das forraxes propias. -Temos implantados protocolos para elaborar a ración? -Somos quen de averiguar que ingredientes e en que proporción se incluíron na mezcla?

2 ¿Canto de precisas/consistentes son as racións que lle damos ao gando?

Os resultados do mesmo estudo pero analizando a ración durante 7 días seguidos en cada granxa tamén detectou unha importante variación da ración. “O que detectamos -explica- é que canta maior variación diaria do suministro de materia seca por vaca menor é o consumo medio por animal. En concreto, cada 0,5 puntos de incremento na variación diaria do contido de MS de enerxía da ración significa un 1 kg menos de consumo medio diario de materia seca por vaca”. Comparando a peor granxa en canto a consistencia da ración e a mellor detectaron que a diferenza chega a 1,5 kg de variación diaria no suministro por vaca de MS de enerxía sobre o que estaba formulado na ración, o que se traduce en 3 kg menos de consumo de materia seca por vaca. Canta máis variación na ración menor producción de leite Pero ademais, o profesor canadiano advertiu de que esta falta de consistencia ou regularidade da ración ten un impacto na producción de leite das granxas. “Cada 0,5 puntos de variación son 3,2 kilos menos de leite diarios por vaca. Se a variación chega a 1,5 kg de MS de enerxía tradúcese en 10 kilos menos de leite por vaca e día, o que dá mostra da importancia de ofrecer ás vacas unha ración consistente”, advirte. Ás vacas encántalles a consistencia, tanto dende o punto de vista do comportamento, pois encántanlles as rutinas, pero tamén dende o punto de vista dixestivo. Así, lembrou que “a dixestión nas vacas é realizada polas bacterias do rume, principalmente, e estas prefiren ter unha dieta uniforme para degradar”.

3 ¿A ración foi ben mesturada para que se corresponda co que estaba sobre o papel?

O seguinte paso para asegurarnos de que as vacas comen unha dieta consistente é comprobar que a ración é mesturada e suministrada do mesmo xeito todos os días. Para logralo, o profesor Trevor DeVries recordou que dispomos de diferentes ferramentas como son: -A formación dos gandeiros e dos traballadores, sobre todo cando son varios os que se encargan da alimentación, mediante a implantación de protoclos. -Os progamas de xestión TMR. -Os robots de alimentación, que prevé que se implantarán cada vez máis, pois permiten eliminar a variación debido a factor humano.

4 ¿A vaca come de forma consistente?

Unha vez que conseguimos subministrar unha ración que se corresponde en cantidade e calidades coa formulación, o seguinte reto, segundo o experto, é comprobar que a vaca coma a ración tamén de forma consistente. É dicir, reducir a selección da comida por parte das vacas. “As razóns polas que unha vaca selecciona no pesebre poden ser porque non lle gusta esa ración tal e como se lle presenta. E dende o momento en que a vaca comeza a realizar este comportamento de selección da comida estase creando unha inconsistencia, de forma que non hai unha correspondencia entre o leite que esperábamos que producira con esa ración e os litros do tanque”, subliña. Neste sentido, o experto citou varios estudios da Universidade de Guelph nos que se relaciona a porcentaxe de selección no pesebre por parte das vacas coa producción de graxa e proteína. En concreto, canto maior é o descarte das vacas das partículas de forraxe longas menor é a producción de sólidos lácteos. “Poderíamos atribuir un 30% da variación do contido de graxa do leite ao comportamento de selección no pesebre”, sinalou Trevor DeVries. Ademais, lembrou que a selección negativa da fibra por parte das vacas “ten tamén unha repercusión negativa na microbiota do rume, produce unha baixada do PH e incrementa o risco de acidose”. Recomendacións para reducir o comportamento de selección no pesebre: -As dietas deberían ser deseñadas para reducir o comportamento de selección. Para iso, debemos aprender a xestionar a cantidade de forraxe que incluímos na ración, o tipo de forraxes, o tamaño das partículas e a porcentaxe de humidade. A recomendación é maximizar a porcentaxe de forraxe na ración; se a forraxe está máis húmida haberá menos selección, e viceversa; picar a forraxe o máximo posible e engadir auga ou outros líquidos para compactar máis a ración e reducir a selección. -A ración debe estar ben mesturada e estar dispoñible para os animais de forma consistente: Cantas máis veces se arrime e comida e canta máis frecuencia se reparta o suministro da ración menor será o comportamento de selección da mesma por parte das vacas. Ademáis, a maior frecuencia de suministro da ración, maior será tamén o número de veces que as vacas se achegan ao pesebre. “E iso repercute en maior estabilidade ruminal, dixestión máis eficiente, máis saúde ruminal e, por suposto, nun consumo da ración máis consistente”, destacou o profesor. -Arrimar a comida con máis frecuencia: Non só poñeremos de novo a comida a disposición do gando, senón que a estaremos remexendo e axudando tamén á consistencia da súa alimentación. -Asegurarnos de que haxa suficiente espacio por vaca no comedeiro. Cando non hai espazo abondo e as vacas teñen que competir polo comedeiro iso crea insconsistencia no comportamento de alimentación pois comerán máis rápido, menos veces ao día e durante máis tempo cada vez, o que conleva problemas ruminais e unha ineficiencia alimentaria. A este respecto, Trevor DeVries recomenda que “como mínimo debe haber 46 centímetros de comedeiro por vaca, sendo o ideal 60 centímetros”.

Como facer para reducir a factura da luz nas granxas

Para mellorar a rendibilidade das explotacións, ademais de tentar incrementar e maximizar os ingresos, tamén se pode incidir nos beneficios diminuindo os custos, e un dos máis importantes nas granxas son os enerxéticos. Como empregar as tecnoloxías dispoñibles para reducir o gasto na factura eléctrica foi o obxectivo dunha xornada técnica celebrada a semana pasada en Lugo na que participou a empresa Tecgal.

“Hai distintas posibilidades en materia de mellora da eficiencia enerxética das explotacións e xeración de enerxías renovables que poden aplicarse ao sector gandeiro para reducir os custos enerxéticos das granxas, contribúindo deste xeito á mellora da súa competitividade e viabilidade”, asegura Laura Aldariz, de Tecgal, unha firma lucense que leva 13 anos especializada en enerxías renovables.

O incremento da mecanización e automatización das granxas leva aparellado un incremento no consumo eléctrico. Por exemplo, un robot de muxido consome o triplo que unha sala, aínda que dentro destas tamén hai importantes diferenzas, xa que unha sala rotativa consome cinco veces o que consome unha sala en forma de espiña, por exemplo. Sen embargo, o robot, pola contra, non precisa dun termo de potencia tan elevado como o que precisa a sala.

A demanda enerxética nunha explotación gandeira

Distribución do consumo eléctrico medio anual de cada aparello

O consumo eléctrico medio dunha explotación leiteira sitúase arredor dos 35.000 kwh ao ano. Un terzo dese consumo estaría motivado polo sistema de muxido, xa que só o funcionamento das bombas de baleiro equivale ao 33% da factura eléctrica. O tanque de frío supón outro 22% e o seu pico de consumo prodúcese xusto no momento do muxido e nas dúas horas posteriores, que é cando ten lugar o enfriamento do leite, polo que o maior consumo eléctrico nunha granxa de leite prodúcese durante o momento do muxido.

O momento de máximo consumo eléctrico prodúcese durante o muxido

Outros gastos salientables son os que produce o sistema de limpeza mediante o paso das arrobadeiras, que supoñen un 19% do consumo eléctrico total da explotación. A iluminación representa o 4% do gasto total, a mesma porcentaxe que o termo eléctrico para quentar a auga para o lavado. O funcionamento dos sistemas de ventilación equivalen, pola súa banda, a un 5% do consumo total.

Esta distribución enerxética non ten en conta o consumo de gasóleo necesario para os traballos agrícolas e o ensilado e para a alimentación diaria do gando a través do carro mesturador. O gasto en gasoleo dunha explotación pode chegar a representar a metade do gasto enerxético total dunha granxa leiteira, pero varía en función da distancia das fincas e do laboreo que se faga nelas.

O uso de enerxías renovables permite reducir a pegada de carbono da explotación

Sexa como for, a realidade é que a demanda de enerxía das explotacións está a aumentar. “O sector agrícola e gandeiro está incrementando os consumos enerxéticos e con eles os efectos negativos sobre a competitividade, vía incremento de custos, e sobre o medio ambiente, vía emisións”, indicou Laura.

Os beneficios medioambientais que aporta o uso de enerxías renovables nas granxas non son un tema menor. Cada vez son maiores os condicionantes neste eido e nun futuro nada lonxano os parámetros medioambientais van ser tidos en conta á hora establecer, por exemplo, o reparto de axudas, como sucederá xa na vindeira PAC.

Variadores de frecuencia

Esquema resumo de todas as posibles medidas de aforro eléctrico nunha explotación leiteira

O sistema de muxido é un dos grandes consumidores de electricidade nunha explotación, ao funcionar durante varias horas todos os días dúas ou tres veces ao día. Para reducir o gasto no funcionamento das bombas de baleiro necesarias para que funcionen as pezoneiras poden colocarse variadores de frecuencia, que o que fan é controlar a velocidade de xiro dos motores de corriente alterna mediante o control da frecuencia de alimentación subministrada ao motor.

Os variadores de frecuencia reducen o consumo eléctrico dos motores e alongan a súa vida útil. Ademais, melloran a saúde do ubre das vacas e reducen o estrés dos animais

É un mecanismo de instalación doada e que non precisa mantemento, evitando que a bomba de baleiro funcione por enriba das necesidades de muxido. Así impídese a súa sobrecarga e polo tanto mellora tamén a súa vida útil. Pero o uso de variadores de frecuencia ten outras vantaxes, xa que ao efectuar un control preciso do baleiro evita as fluctuacións de presión nas pezoneiras, o que mellora a saúde do ubre dos animais, reducindo as mamites e mellorando polo tanto a calidade do leite. Ademais, reduce o nivel de ruído do muxido, polo que as vacas están máis tranquilas e menos estresadas á hora de dar o leite.

Preenfriamento do leite

Despois do muxido o leite está a 35ºC e debe ser arrefriado rapidamente para garantir as súas propiedades organolépticas, de calidade e seguridade. Pero o gasto do tanque de frío é outro dos consumos eléctricos máis salientables nunha explotación de leite.

E enviar o leite do muxido directamente ao tanque é contraproducente, dunha banda porque para baixar o leite deses 35ºC cos que sale do muxido aos 6ºC do tanque consómese moita enerxía, e doutra porque se provoca un incremento importante da temperatura do leite que xa está no tanque, o que favorece o desenvolvemento de bacterias e microorganismos.

Os intercambiadores logran aforros do 25% no consumo do tanque de frío e melloran a calidade bactereolóxica do leite

Por iso, unha das estratexias que se poden implementar nunha explotación para baixar o gasto eléctrico é incorporar un sistema de preenfriamento do leite que, situado á entrada do tanque, baixa a temperatura do leite de 35 a 15ºC, ao tempo que obtemos auga quente que pode ser usada posteriormente no lavado. O sistema funciona mediante un intercambiador de calor con placas de choque térmico no que o líquido máis quente (leite) cede parte da súa temperatura ao líquido máis frío (auga), lográndose aforros de arredor do 25% no consumo do tanque de frío e mellorando ao mesmo tempo a calidade bactereolóxica do leite.

Recuperador de calor

Outro método para recuperar o calor extraído do leite durante o proceso de enfriamento para prequentar a auga para a limpeza son os recuperadores de calor, que aproveitan o calor do tanque. É un sistema distinto ao do preenfriamento do leite mediante intercambiadores de calor, aínda que o obxectivo é o mesmo. Sen embargo hai sistemas de aforro que son incompatibles con outros, como é o caso do intercambiador de placas, que é incompatible co recuperador de calor, polo que hai que optar por un método ou polo outro.

Quentar un metro cúbico de auga para o lavado custa entre 4 e 10 euros, dependendo do combustible empregado e o recuperador permite baixar ese gasto un 70%

Mediante o recuperador de calor pódese reducir o gasto enerxético para a produción de auga quente até nun 70%, xa que por cada litro de leite arrefriado pódese conseguir 0,7 litros de auga a 50ºC. Permite un aforro moi importante se temos en conta que quentar un metro cúbico de auga a temperatura de lavado ten un custo de entre 4 e 10 euros, dependendo do combustible empregado.

Placas solares térmicas

“Quentar auga para lavar cun termo eléctrico é moi caro”, asegura Laura. “A limpeza dos sistemas de muxido e do tanque de frío debe facerse con auga a unha temperatura entre 60 e 70ºC e isto supón un gran consumo de enerxía”, engade.

Para reducir este gasto, ademais dos sistemas de prequecemento da auga co calor xerado no proceso de enfriamento do leite (intercambiadores e recuperadores de calor), a instalación de captadores solares térmicos permite baixar este consumo eléctrico un 20%.

Nas explotacións que precisan climatización, como é o caso das granxas de polos, pavos e porcos, as placas solares térmicas servirían tamén para climatización, pero cun sistema de apoio a maiores, porque normalmente os captadores solares non dan para cubrir o 100% do consumo.

Placas solares fotovoltaicas

Pero máis que enerxía térmica, unha explotación de vacún de leite o que máis demanda é enerxía eléctrica. O aproveitamento eléctrico da radiación solar por medio do efecto fotovoltaico de paneis ou módulos feitos con silicio é cada vez máis unha realidade nas explotacións galegas.

“Con robots é moi interesante contar con placas solares fotovoltaicas porque con pouco campo fotovoltaico e pouca potencia instalada lógranse producións moi interesantes e aforros importantes”, asegura Laura. Puxo o exemplo de dúas explotacións, Gandería Casanova de Baleira e Gandería Varela de Castro de Rei.

“É recomendable facer unha instalación mixta de enerxía solar, mediante placas fotovoltaicas, e eólica, por medio dun mini-aeroxerador, porque son sistemas que se complementan moi ben”

Malia que as placas solares logran compensar o incremento de consumo eléctrico que provocan os robots, o seu funcionamento é 24 horas mentres que os paneis fotovoltaicos non producen cando non hai sol, por exemplo de noite, aínda que hai a posibilidade de baterias ou de vender a enerxía excedentaria á rede, tralo decreto de autoconsumo aprobado este ano, o que compensaría a factura da luz.

“O ideal sería facer unha instalación mixta de enerxía solar e eólica, porque se complementan moi ben e cando temos pouco sol é frecuente que, pola contra, o que teñamos sexa vento. O vento contén un enorme potencial enerxético que se pode aproveitar mediante a instalación de mini-aeroxeradores”, indicou Laura.

Importancia do illamento e de contar con sistemas de iluminación eficientes

Os illamentos e a ventilación son importantes para mellorar a eficiencia enerxética das explotacións. Tamén a orientación das naves, o seu deseño e a ubicación dos distintos elementos, algo que moitas veces non se ten en conta á hora de construír un establo.

O local da leitería debe estar ben illado, orientado ao norte e ventilado e o tanque de frío debe estar ben dimensionado e cos condensadores colocados no exterior

Por exemplo, a ubicación da leitería e a colocación do condensador, un elemento fundamental para o correcto funcionamento do tanque de frío, son aspectos clave a ter en conta para baixar a factura eléctrica. Habitualmente o condensador está refrixerado polo aire do ambiente, así que a menor temperatura exterior, menor consumo eléctrico. Por iso a ubicación idónea para o condensador será no exterior da leitería, nun lugar sombreado, con orientación norte e con bo fluxo de aire. Tamén é importante que estea limpo, sen polvo, follas ou outro tipo de suciedade para facilitar o intercambio térmico.

A instalación de leds permite un aforro do 50% en iluminación. A cor e as horas de luz inflúen na produción

Xunto á ventilación, a iluminación dos establos é un factor que incide na produción de leite. As vacas precisan 16 horas diarias de luz e 8 de penumbra, polo que o aproveitamento da luz natural é un método de aforro importante. Os teitos traslúcidos con materiais que deixan pasar a claridade pero non os raios ultravioletas do sol son unha boa solución. Tamén a substitución dos habituais tubos fluorescentes por luces led, o que supón un aforro en iluminación superior ao 50%, segundo explicou a responsable de Tecgal, que indicou ademais que “a cor da luz inflúe tamén na produción e no benestar dos animais”. O óptimo para a produción de leite e o confort das vacas sería unha temperatura de cor de 6.050k.

Para evitar a penalización na factura por enerxía reactiva poden instalarse baterías de condensadores que a anulan

O uso de luces led, de menor consumo, permite tamén rebaixar a potencia contratada necesaria na explotación, un concepto con repercusión directa sobre a factura. É importante revisar a tarifa contratada para que se axuste ás necesidades reais da granxa, xa que ter más potencia da precisa só serve para pagar máis no recibo. Nos recibos da luz das explotacións aparece tamén frecuentemente outro concepto, o de “penalización por enerxía reactiva”. Trátase da enerxía que se xera e que viaxa pola rede xunto á enerxía activa (kw), que é a consumida polos aparellos eléctricos, é dicir, a realmente útil. Para evitar a penalización por enerxía reactiva (kVAR) poden implementarse sistemas de baterías de condensadores, que o que fan é redistribuila para a súa compensación. “É como se a anulasen”, explicou Laura.

Climatización mediante biomasa ou xeotermia

As principais perdas de enerxía prodúcense pola cuberta

Os sistemas de calefacción e refrixeración úsanse en maior medida en sectores como o avícola ou o porcino pero o cambio climático tamén está a facer que o vacún de leite note os efectos do estrés por calor nas vacas e cada vez sexan máis habituais nas explotacións sistemas que permiten obter temperaturas óptimas de produción, por exemplo, durante verán. A ventilación das naves e contar con cumios que permitan saír o exceso de calor son factores que inciden nunha maior produción e nunha redución do gasto enerxético dos ventiladores, por exemplo.

Se a enerxía solar térmica e a solar fotovoltaica son as enerxías máis habituais nas explotacións de leite, os sectores avícola e porcino son grandes consumidores de enerxía para climatización e moitas das granxas apostaron nos últimos anos pola instalación de caldeiras de biomasa, que supoñen aforros considerables.

Os sectores avícola e porcino son grandes consumidores de enerxía para climatización. Os pélets supoñen un aforro do 50% con respecto ao gasóleo e do 60% en relación ao gas propano

O gas propano era o sistema máis empregado até agora nas granxas de porcino e neste caso os pélets conseguen reducir a factura en máis dun 60%. “Precísanse dous quilos e medio de pélets para xerar a mesma enerxía que un quilo de propano, pero o custo dun quilo de propano é de 1,5 euros e o do quilo de pélets é duns 23 céntimos”, explicou Laura. No caso do gasóleo, dous quilos de pélets equivalen a un litro de gasóleo e o aforro sería do 50%.

A biomasa é frecuente tamén xa nas granxas de aves, onde son frecuentes as caldeiras de estelas de madeira. O aforro neste caso é mesmo superior ao logrado cos pélets, dun 70% neste caso. O problema é que a estela de madeira non está moi industrializada e o seu poder calorífico é máis variable.

Outro sistema que é interesante para explotacións con necesidades de climatización importantes é a xeotermia, que aproveita o calor do subsolo. En Galicia non hai xeotermia de alta temperatura pero a de baixa entalpía haina dispoñible en toda a comunidade mediante bomba de calor. “É un sistema moi eficiente, que cun kw de electricidade xera 4 kw térmicos, e que é últil polo tanto para explotacións cunha grande demanda de calor, como granxas de porcos ou de polos, aínda que non é rendible para explotacións leiteiras, que só precisan de auga quente para limpar”, indica. A xeotermia ten un mantemento moi reducido, non precisa de depósitos de combustible nin xera emisións de CO2.

O biogás, a enerxía do futuro nas ganderías

Outra enerxía que está de camiño é o biogás, como xeito de aproveitar as emisións de metano que producen as explotacións gandeiras. “O biogás está a caer, aínda que hoxe nos pareza unha enerxía moi lonxana aquí en Galicia, en cuestión de poucos anos teremos o biogás implantado nas nosas explotacións”, asegurou Laura.

Segundo datos do Proxecto EUREL, o 47% da pegada de carbono das explotacións leiteiras galegas está producida pola fermentación entérica dos animais. Un xeito de aproveitar o metano que producen as vacas e que expulsan en boa medida a través dos excrementos, sería recoller o biogás producido nos pozos de purín.

Un metro cúbico de purín pode chegar a producir 50 kWh de electricidade

Un metro cúbico de biogás equivale a 0,65 metros cúbicos de gas natural e pode chegar a producir 2,1 kWh de electricidade, polo que un metro cúbico de purín pode dar 50kWh de electricidade. É dicir, o biogás, ben tratado, é unha fonte de enerxía aproveitable nas explotacións gandeiras.

Unha vaca adulta produce entre 250 e 300 litros de CH4 por día, polo que nunha explotación con 200 animais a produción diaria pode chegar a 50Nm3, co que se podería alcanzar un potencial enerxético próximo aos 500kWh.

Axudas que cobren o 55% do custo da instalación

A instalación de enerxías renovables conta con importantes axudas públicas. No caso de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) subvenciona proxectos de enerxías renovables e aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. Estas axudas son do 35%, cun 20% a maiores para explotacións pequenas, polo que o importe da subvención pode cubrir máis da metade do custo da instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxecto.

Agárdase que as condicións para a convocatoria de 2020 manteñan os mesmos criterios que a deste ano, malia que a aprobación do Real Decreto 244/2019, que regula o autoconsumo de enerxías renovables, modificou diversos aspectos da normativa existente até o de agora.

Un dos máis salientables é que agora pode venderse o excedente de produción de enerxía mediante a inxección á rede de transporte e distribución, aínda que o INEGA non tivo aínda en conta este cambio e obriga a que as granxas que foron beneficiarias de axudas ata o de agora instalen un sistema antiverquido ou de inxección cero, que impide ás explotacións verter os seus exedentes á rede.

Simplificación dos trámites

Outra das modificacións importantes tralo RD 244/2019 é a simplificación na tramitación para poder instalar paneis solares fotovoltaicos. As instalacións sen excedentes ou con excedentes de até 15 Kw non precisan permiso de acceso e conexión.

Ademais, elimina o límite fixado até agora que impedía montar máis potencia da contratada, ao tempo que a potencia instalada será a potencia máxima do inversor empregado para converter a enerxía continua dos paneis en corriente alterna, e non a das placas, como acontecía até o de agora.

A burocracia disuadía até agora a un terzo das explotacións de instalar enerxías renovables, segundo unha enquisa realizada a 5.000 gandeiros

Segundo os datos aportados por AGACA, que leva 15 anos traballando no ámbito das enerxías renovables, a través de auditorías enerxéticas en explotacións de leite, e sobre sostibilidade, analizando a pegada de carbono das explotacións leiteiras, o papeleo e a burocracia eran un dos principais principais obstáculos que disuadía a moitos gandeiros á hora de instalar algún sistema de enerxía renovable nas súas explotacións.

Público asistente ás xornadas

É unha das conclusións do estudo ResFarm, no que se fixeron enquisas a case 5.000 gandeiros de toda España. Un terzo dos enquisados aseguraron que ese era o motivo polo que non incorporaban enerxías renovables. “As trabas legais, por exemplo as licenzas dos Concellos, supón un dos aspectos que bota para atrás ás explotacións á hora de poñer enerxías renovables”, segundo indicou tamén nas xornadas sobre enerxías renovables celebradas en Lugo Mario Fernández, técnico de Agaca.

A maioría dos gandeiros que instalaron enerxías renovables aseguran que o fixeron para reducir a súa factura eléctrica (93%), mentres que só o 16% di telo feito por sostibilidade ambiental. A posibilidade de obter subvencións fixo decidirse tan só ao 17% e máis da metade deu o paso logo de verllo instalado a outro gandeiro.

Gañar autonomía e protexerse ante as subas do mercado

Unha das grandes vantaxes de instalar sistemas de xeración de enerxía nas granxas é que se logra diminuir a súa dependencia enerxética do exterior protexéndose deste xeito das fluctuacións do mercado e de hipotéticas subas futuras, gañando en autonomía.

“O sistema enerxético español é dependente en case un 80% de factores externos que non podemos controlar”, explica Laura. O mix de xeración de enerxía segue estando baseado en boa medida neste momento en España no consumo de combustibles fósiles derivados do petróleo, isto fai que as explotacións estean sometidas aos vaivéns do mercado eléctrico e tamén do mercado internacional de crudo.

“O obxectivo é tratar de ser máis autónomos e independentes do exterior para non estar sometidos ás fluctuacións do prezo do petróleo e ao mesmo tempo, reducir a pegada de carbono e a emisión de gases de efecto infernadoiro da nosa explotación”, indica.

Recomendacións para reducir a factura eléctrica nunha granxa

O pasado mes saltaba á opinión pública o caso dun gandeiro de vacún de leite de Portomarín (Lugo) ao que Unión Fenosa Distribución lle esixe 54.000 euros para incrementar a potencia eléctrica da súa granxa xa que o incremento implicaba cambios no transformador e na liña eléctrica. Esta situación é común en moitas partes do medio rural e frea a realización de investimentos en melloras tecnolóxicas nas granxas. Dende o Gabinete de Comunicación de Unión Fenosa Distribución deféndense asegurando que nese caso concreto de Portomarín “a mellora da potencia eléctrica da súa granxa supón, en realidade, triplicar a potencia que ten, (...) polo que para garantirlle a potencia de demanda que require sen que repercuta na calidade do subministro dos clientes da zona e na súa propia, cómpre facer un reforzo dunha nova liña cara á granxa”. “E a proposta económica que lle presentamos cumpre a lexislación vixente”, engaden.

¿Que di a normativa sobre quen paga o aumento da potencia eléctrica nunha granxa?

¿E que di precisamente a lexislación en España para estes casos? ¿Quen ten que pagar o reforzo da liña e do transformador: o gandeiro ou a distribuidora eléctrica? O certo é que o Real Decreto 1048/2013 establece que cando un consumidor ten necesidade de incrementar a potencia contratada, a compañía distribuidora ten a obriga de subministración. Para ver quen ten que sufragar os custos desta acometida o primeiro que hai que determinar é se a solicitude é por crecemento vexetativo da demanda “extensión natural da rede”, ou ben se a solicitude do consumidor é unha “nova extensión de rede”. No primeiro caso, o custo da acometida será abonado pola distribuidora e no segundo caso o custo da extensión de rede terá que abonalo o solicitante, o gandeiro neste caso. E máis concretamente, se a acometida é "nova extensión de rede" o solicitante deberá abonar os dereitos de extensión, cun baremo regulado, para os casos de potencia solicitada menor de 100 kW en baixa tensión e menor de 250 kW en alta tensión. Para o resto dos casos, potencias solicitadas maiores ás anteriores, o solicitante deberá aboar o custe total da infraestructura que sexa necesario acometer e polo tanto non deberá abonar os dereitos de extensión. Sen embargo, para Javier Iglesias, responsable de Gandería de Unións Agrarias, “esta situación é inxusta, pois o gandeiro está pagando el só do seu peto un incremento de potencia e unha mellora da rede que repercute positivamente no conxunto da zona”. Igualmente, considera “inmoral” que o gandeiro teña que pagar total ou parcialmente o custo dunha nova liña eléctrica á súa granxa, “porque as compañías eléctricas prestan un servizo de carácter público e ao que deberían acceder todos os cidadáns, máxime para crear riqueza no medio rural”.

Recomendacións para reducir a factura eléctrica nunha granxa

A electricidade é un importante capítulo de gasto nunha granxa de vacún de leite. “Por exemplo, unha gandería media con 100 vacas en muxido ven tendo unha factura eléctrica mensual duns 700 euros”, explica Miguel A. Rois, da empresa lucense Arza Ingeniería. Neste sentido, ¿que pode facer o gandeiro para reducir a súa factura eléctrica? Velaquí algunhas recomendacións: -Non contratar “sobre-potencias”: “Débese axustar a potencia que se pretende contratar ás necesidades reais da futura demanda, non contratar sobre-potencias, aplicar sistemas de eficiencia enerxética e aforro enerxético nas instalacións para reducir a necesidade de potencia contratada”, aseguran dende a Consellería de Industria da Xunta de Galicia. -Outras medidas: “Pódense instalar reguladores de frecuencia, cambiar os alumeados a led, revisar o contrato eléctrico de potencia contratada ou instalar enerxías renovables como intercambiadores de calor ou placas solares”, destacan dende Arza Ingeniería. -Enerxías renovables: A través do Inega, as empresas do sector agrícola primario poden acceder a apoios para proxectos de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética. O prazo de presentación de solicitudes do programa, que conta cun orzamento de 1,72 millóns de euros neste 2019, está aberto ata o 31 de maio. Sen embargo, Javier Iglesias, de Unións Agrarias considera esta partida “claramente insuficiente para a demanda que está a haber, máxime cando a propia Xunta está a financiar as compañías eléctricas con partidas moi importantes para melloras da rede eléctrica”.
“Con enerxía fotovoltaica unha granxa pode cubrir o 40% da súa demanda eléctrica”
¿E canto pode aforrar unha gandería na súa factura eléctrica instalando enerxías renovables? Laura Aldariz, da empresa Tecgal Enerxías calcula que “no caso dunha granxa de vacún de leite pode cubrir ata o 40% do consumo eléctrico da súa factura con enerxía fotovoltaica”. “O investimento pode oscilar entre os 20.000 e os 30.000 euros e o prazo de amortización é de entre 3 e 4 anos, sempre e cando se reciban as axudas do INEGA, que cobren sobre o 50% do custo. Sen axudas iría ao dobre de anos de amortización, pero tamén hai que pensar que pasado ese período tería electricidade gratis durante moitos anos”, engade Laura Aldariz. A aprobación o pasado venres do balance neto para as enerxías renovables -na factura pagarán pola diferenza entre a electricidade que verten á rede e a que consumen- acurtará máis os prazos de amortización. “Incluso nunha gandería sería posible ter unha instalación illada, independente da rede e xerando toda a enerxía eléctrica que precisa a granxa, pero sería necesario combinar as placas fotovoltaicas, con enerxía eólica, baterías para almacenar a electricidade e un grupo electróxeno por seguridade. É certo que o investimento dunha instalación illada é maior pero unha vez amortizado terá gratis toda a electricidade que consume”, conclúe a representante de Tecgal Enerxías.

SAT Ladeira, como converter o purín en compost para usalo nas camas do gando

O confort e comodidade das vacas é un factor básico que determina a producción. Concienciados deste feito, os gandeiros galegos poñen cada vez máis o foco na cama na que descansan os animais. Palla, serrín, carbonato, area… distintos sistemas coas súas vantaxes e inconvintes pero, en todo caso, sempre un importante gasto para as explotacións. En SAT Ladeira empregaban area até hai tres meses. Supoñíalles un desembolso de 1.000 euros ao mes, máis outros 4.000 euros para sacar a area que se ía acumulando na fosa do purín. En total, uns 15.000 euros ao ano. Era un material que lles daba bo resultado desde o punto de vista produtivo e hixiénico-sanitario, pero decidiron mudalo e probar unha alternativa habitual en explotacións de Inglaterra, Francia ou Holanda pero inusual en Galicia. O sistema consiste basicamente en usar nas camas a propia bosta das vacas logo dun proceso que separa, seca e fermenta a parte sólida do purín para convertelo nun compost orgánico co que cubrir os cubículos. O proceso arrinca coa separación da parte sólida e líquida do xurro. Colócase un depósito intermedio antes do pozo de purín, de 25.000 litros, que conta cun sinfín que separa a bosta dos ouriños. A parte sólida é bombeada a un silo de fermentación e a parte líquida continúa camiño cara o pozo de purín, con capacidade para 4 millóns de litros. No silo de fermentación a materia orgánica sométese a un proceso de secado mediante unha turbina de aire quente a 70 grados que esteriliza os excrementos matando microbios e bacterias ao sometelas a un proceso semellante á pasteurización. Tres días despois, convertido xa nun produto inerte, o compost está listo para usarse nos cubículos, onde se reparte coa encamadora, de igual xeito que a area. Ao tratarse dun material orgánico, o resultante de facer as camas ou o que os animais arrastran volve ás canles de limpeza para reiniciar o proceso que permite a súa reutilización continua. O material sobrante pode esparexerse nas terras como abono.
Gastaban 15.000 euros ao ano en area
Con este material evitan o uso das 27 toneladas de area que precisaban á semana e con el os problemas derivados da súa utilización nas explotacións: desgaste nas instalacións e nos cascos dos animais, acumulación no pozo do purín e depósito final nas terras. Factores medioambientais Pero as vantaxes van máis aló de aspectos como a durabilidade das instalacións ou o aforro económico. “Vemos que en pouco tempo o tema do xurro vaise poñer moi restrictivo e que os aspectos medioambientais van limitar o medre das explotacións e condicionar a súa rendibilidade, como xa acontece noutros lugares de Europa, por exemplo en Holanda, onde desaparecereron as cotas lácteas, como no resto da UE, pero as granxas teñen cotas de emisións que acaban sendo igualmente límites á produción. Aquí acabará pasando o mesmo, polo menos para as explotacións máis grandes, porque ás pequenas terán que deixalas á marxe destas normativas, senón acabarán de afundilas e faranlles pechar irremediablemente”, argumenta Toño López Mouronte, un dos tres socios de SAT Ladeira.
"Dentro de pouco os factores ambientais van condicionar o medre das explotacións e con esta solución reducimos metano ao purín"
Converter un refugallo en recurso é precisamente a base da chamada economía circular e co sistema aplicado nesta explotación logran reutilizar o principal residuo das explotacións leiteiras e reducir o seu contido contaminante. “Deste xeito, ao eliminar a parte sólida, retírase metano do purín e facilítase a súa inxeccción na terra en caso de que acaben obrigando a inxectalo”, explica. 200.000 euros de investimento Paneis solares instalados para reducir a factura eléctica da granxa Aínda que o aforro económico nun produto como a area é importante, o sistema adoptado nesta explotación do Páramo require dun investimento elevado e non está tampouco exento de gastos para o seu funcionamento. A tecnoloxía que permite a reutilización da bosta das vacas ronda os 200.000 euros. O máis caro é o silo de fermentación, que supón case a metade do investimento total. Ademais, o funcionamento de todo o sistema require dun consumo elevado de enerxía, uns 500 euros ao mes, necesario principalmente para o secado da materia orgánica. Para reducir este custo, en SAT Ladeira instalaron paneis solares cunha potencia de 24 Kw cos que aforrar nun terzo a factura eléctrica da explotación. “Gastamos 23.000 euros na instalación, dos que nós puxemos 7.000. O resto, 16.000 euros, recibímolos a través dunha subvención do INEGA”, explica José Manuel Rodríguez, outro dos socios da SAT.
Sepárase a parte sólida do xurro e pasteurízase con aire quente a 70 graos para converter a bosta nun material inerte
Coma esta, o resto das decisións que toman nesta explotación son con miras a longo prazo. “Aínda que é un investimento forte, pensamos que o sistema de compost vai resultarnos moi rendible a longo prazo”, considera. Até o de agora, nos tres meses que levan con el, os resultados son satisfactorios. Inovación constante Para a recría empregan cama fría de compost SAT Ladeira constituiuse no ano 2005 da unión de tres gandeiros do concello do Páramo, das parroquias de Vileiriz e San Vicente. Ao ano seguinte xa recibiron un premio na Semana Verde de Silleda pola maneira de constituir a SAT. “Arrendamos as fincas e as naves ás nosas propias explotacións e non investimos nas instalacións, investimos en dous robots e no tanque de leite”, explica Toño. “Logo fomos ampliando as naves, pero seguen sendo instalacións simples, aquí non se gastou nunha ventá de aluminio”, exemplifica. Pouco a pouco acabaron por concentrar todo o gando nas actuais instalacións, na parroquia de San Vicente. As últimas en chegar foron as xovencas. A nave que acolle á recría fixérona eles mesmos. “Empezamos en febreiro do ano pasado e acabamos en maio”, explican. Foi aí onde comezaron a probar as camas de compost, aínda que cun sistema diferente, a chamada cama fría de compost, na que se mestura serrín coa bula, que se grada todos os días. Os animais non están en cubículos, senón nun patio aberto. Nesta SAT usan este sistema, que tamén empregan outras explotacións da provincia de Lugo, como Gandería Varela, nas vacas secas e na recría. Todo automatizado para gañar calidade de vida Un dos 4 robots de ordeño instalados SAT Ladeira é a explotación máis grande que hai nesta zona. Conta con 400 cabezas, das que 230 son vacas en muxidura. A produción anual sitúase en 3,2 millóns de litros. A granxa está toda automatizada, con catro robots de muxido, achegador e amamantadora. “O que máis gañamos foi calidade de vida ao xuntarnos e apostar pola robotización”, asegura Toño, que di que “non é un traballo físico, é máis ben estar pendentes” e asegura que “a explotación aténdena perfectamente dúas persoas soas”. Teñen un empregado, Mohamed, de nacionalidade marroquí, que leva dous anos na explotación, e os tres socios vanse turnando. “Somos tres socios, pero aquí só traballa un por semana. Traballamos por semanas completas, de martes a martes, e logo libramos 15 días seguidos”.
Os tres socios vanse turnando na explotación: traballan unha semana completa e logo libran 15 días seguidos
Contan con 4 robots de muxido que logran medias de entre 3,1 e 3,2 muxiduras diarias por animal e 40 litros de leite de produción. Para sacarlle o máximo partido posible ao investimento realizado, están tentanto medrar até as 260-270 vacas en produción porque “os robots unha vez que os tés hai que exprimilos”, di Toño. Pretenden chegar ao límite máximo recomendado das 65 vacas por robot dentro dun ano. En SAT Ladeira contan con achegador de comida automático Para iso apostaron por poñer seme sexado ás primeirizas e tamén nas de segundo parto ás que lle detectan celo natural. “Tiramos de seme sexado para medrar pero non o usamos nas que sincronizamos os celos”, contan. O 90% do seme que mercaron o ano pasado era A2 A2 e despois de tres intentos inseminan con limusin. Fan control reprodutivo unha vez cada quince días e aproveitan unha vez ao mes para facer tamén o contol da mamite porque xa as teñen presas. Ademais da podoloxía periódica, dúas veces ao ano, no final do outono e no comezo da primavera, esquílanlles o rabo e quéimanlles os pelos do ubre ás vacas en produción para que estean máis limpas e dean menos fallos os robots. Non acostuman dar moitos problemas se están as postas a punto ben feitas e o mantemento ao día, din, aínda que “ás veces temos que vir por tonterías”, recoñecen, polo que decidiron poñer cámaras na explotación para facer o seguemento a distancia e valorar deste xeito se é urxente ou non acudir en función da gravidade do problema.
“A báscula é coma un can grande, úsela ou non xa asusta, e debería habela en todas as explotacións porque se amortiza soa e rápido”
Hai catro anos decidiron tamén instalar unha báscula. “A báscula é coma un can grande, cando te achegas pensas se trabará ou non, pero xa mete medo. Pois a báscula igual, úsela ou non, xa asusta”, compara Toño. Por iso di que “é unha das cousas que se amortiza rápido”, e asegura que “debería habela en todas as explotacións que teñen un certo tamaño e que moven grandes cantidades”. “No noso caso, é unha ferramenta imprescindible, todo o que entra e sae da granxa pasa por ela: o penso, o abono, o millo, mesmo o leite”, relata. Primeira CUMA de Galicia Tan só contan cun carro mesturador propio Para os traballos agrícolas, a explotación non conta con maquinaria propia. Forman parte dunha CUMA, a primeira que se constituiu en Galicia. “Nacimos a partir dun parque de maquinaria, eramos 13 gandeiros e a proposta inicial era xuntarnos todos, logo fixemos a SAT”, explica José Manuel. A CUMA está composta neste momento por dúas SATs e 5 gandeiros individuais. Failles todo a CUMA, incluída a sementeira, a sega ou botar o purín, pero decidiron mercar un carro mesturador para uso da propia explotación para poder adaptar mellor a ración aos distintos lotes. “Facemos catro racións diarias: dúas para vacas en produción, unha para secas e outra para a recría. O carro da CUMA custábanos 500 euros ao mes por ración, así que serían 2.000 euros mensuais, por iso decidimos facer o investimento necesario para mercar un carro propio. Énos máis rendible porque a partir de certo volume compensa, para poucas vacas non, é mellor alugar”, di José Manuel. Sen contar o carro, que é deles, pagan 7.300 euros ao mes polas tarefas que realiza a maquinaria da CUMA na súa explotación. A cuota está fixada en función das horas de traballo realizadas.

“O maior handicap que temos é o minifundio”

Vista desde a explotación da parroquia de San Vicente, afectada por un problema de minifundio SAT Ladeira dispón dunhas 100 hectáreas de superficie, entre as que pertencen aos tres socios (70 hectáreas) e outras alugadas (unhas 30 hectáreas). Pero atópase cun problema gravísimo que mesmo pon en risco a viabilidade da explotación: o minifundio. “Estamos mirando de diversificar noutros sectores en vez de aumentar neste porque nestas condicións parécenos inviable”, alerta José Manuel. Pon un exemplo: “Para a PAC temos declaradas 64 hectáreas, formadas por 370 parcelas. Temos que traballar unhas 500 parcelas para sumar as 100 hectáreas actuais da explotación”, relata.
Para xuntar 100 hectáreas teñen que traballar unhas 500 parcelas
Este foi un dos motivos que fixo que diminuiran considerablemente a superficie adicada a millo. “Antes adicabamos a millo a metade da superficie que temos, botabamos unhas 50 hectáreas. Pero desde o ano pasado só botamos 20 hectáreas. Adicamos máis a raigrass e o millo para ensilar mercámolo porque aquí son todo leiros, fincas de pouco tamaño e así non compensa botar millo”, di José Manuel.
Gastan un 30% máis en horas de traballo da maquinaria por mor do minifundio
“Se as fincas foran grandes podías mesmo poñer rego e ter millo, pero para un ferrado non podes poñer o rego”, quéixase. “Nesta zona terreo hai, pero aínda que che deixen as fincas de balde non vale a pena traballalas. Na CUMA gastamos un 30% máis polo problema do minifundio que temos nesta zona”, calcula. Solicitude conxunta de 5 parroquias para pedir a concentración parcelaria O concello do Páramo supera as 5.000 cabezas de gando concentradas nas parroquias de Friolfe, Grallás, Vileiriz, Gondrame e San Vicente fundamentalmente. É unha zona chá dunhas 3.000 hectáreas de superficie. “Temos pedida a concentración desde o ano 2001. No ano 2002, cando Diz Guedes era conselleiro de Medio Rural e veu inaugurar o parque de maquinaria díxonos que recolleramos sinaturas. Pasamos o traballo de ir casa por casa, presentámolas e non valeu para nada. Xa van máis de 15 anos, presentamos a solicitude as cinco parroquias xuntas e a única que ten algo feito a día de hoxe é Friolfe”, quéixase José Manuel, que lembra que “nesta parroquia, en San Vicente, non houbo un só veciño que non firmara, así que non sería conflictiva”. “Se simplemente facilitaran e simplificaran as permutas e os cambios entre os veciños xa estaba medio feita a concentración”, asegura.
“Hai 15 anos recollimos sinaturas para a concentración parcelaria e non volvimos saber máis nada”
“As concentracións parcelarias eran facilísimas de facer se houbese vontade política, habería que tocar a fiscalidade dos que se negan”, engade Toño. “Deron cartos para peches, se en vez de dar axudas para iso as deran para permutas, para xuntar terras e para pagar os gastos de notario e che mandaran un técnico para facer o proceso, xa estaba”, di.
Máis información - Xestión da fracción sólida dos puríns para a cama das vacas.

10 claves para instalar enerxías renovables nas explotacións gandeiras

As enerxías renovables están cada día máis presentes nas explotacións gandeiras españolas, de momento para abaratar notablemente a factura eléctrica -ata nun 40%-, pero nun futuro próximo, cando poidan vender á rede os excedentes da electricidade que producen, como unha importante fonte de ingresos, algo do que xa se aproveitan desde hai anos miles de gandeiros en Alemaña, Francia ou Dinamarca. Neste sentido, e tras un incomprensible “imposto ao sol” que penalizaba o autoconsumo destas enerxías, o Goberno central corrixiu o pasado 6 de outubro esta situación ao retirar as trabas ás pequenas instalacións de enerxías renovables para autoconsumo. O seguinte paso, polo que espera con ansia o sector, é regular tanto o balance neto -a diferenza entre a electricidade que unha gandaría verte á rede e a que consome- como a venda directa á rede, o que incrementará notablemente os ingresos e reducirá os prazos de amortización das instalacións de enerxías renovables. Para analizar o novo escenario de oportunidades que se abre para as explotacións gandeiras, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) e a empresa VOLTFER organizaron o pasado xoves en Santiago de Compostela unha xornada baixo o título “Xera a túa propia enerxía: Enerxías renovables no sector agroalimentario”, no que expertos de diferentes empresas do sector (fotovoltaica, biomasa ou biogás) expuxeron as tendencias de futuro en enerxías renovables. Participaron como relatores nesta xornada Mario Fernández, técnico de AGACA; José María Fariña, director de VOLTFER; Mónica Figueroa, responsable do centro tecnolóxico EnergyLab; José Otero, xerente de ISEMPA, e Joaquín Pampillón, do departamento de prescrición de ECOFOREST.

10 claves para a instalación de enerxías renovables no sector agrogandeiro:

Resumimos a continuación 10 das principais conclusións ás que se chegou nesta xornada: -1) As enerxías renovables chegan para quedar. A Comisión Europea estableceu que o 32% da enerxía producida na Unión Europea en 2030 proceda de fontes renovables, como a fotovoltaica, a eólica, a xeotermia ou a biomasa. En caso de incumprimento destes obxectivos os estados membros poderíanse ver sometidos a sancións. -2) Antes de realizar a instalación é necesario estudar cada granxa: O punto de partida debe ser unha análise detallada de cada explotación agrogandeira ou agroalimentaria -do mesmo xeito que calquera outro tipo de instalación- para determinar en que franxas horarias se producen os picos de demanda de enerxía, sexa de electricidade, calor ou frío ou de ambas. Cos resultados decidirase que sistemas de enerxías renovables instalar. Neste sentido, a tendencia é ir cara a un mix de fontes de enerxías renovables. Por exemplo solar fotovoltaica e biomasa, solar fotovoltaica e eólica e mesmo solar fotovoltaica, biomasa e eólica. Desta forma, a fotovoltaica produce durante o día e durante os meses de máis luz solar; a biomasa para os meses de inverno, mentres que a a eólica garante un subministro practicamente continuo. -3) A solar fotovoltaica é hoxe en día a fonte de enerxía máis barata no mercado. Isto foi posible grazas a unha notable mellora na eficiencia e á importante baixada dos prezos dos paneis solares: Se hai 3 anos estaban a entre 3 e 4 euros o watt hoxe cómpranse a 40 céntimos. Segundo destacaron desde VOLTFER, unha instalación fotovoltaica de entre 30 e 40 kw custa ao redor de 50.000 euros, que quedaría na metade se recibe axudas da Xunta de Galicia. Desta forma, cubriría o 40% da demanda eléctrica dunha explotación gandeira, cun prazo de amortización de 5 anos, e unha vida útil de ao redor de 30 anos. A clave é un deseño profesional da instalación e adaptado a cada caso para que o período de retorno sexa máis curto. Fonte: VOLTFER -4) En 2019 haberá axudas específicas do INEGA para a instalación de enerxías fotovoltaica no sector primario. Estas axudas, do mesmo xeito que xa sucede actualmente, cubrirán de media o 50% do custo da instalación. Este ano o INEGA destinou 4,38 millóns de euros a empresas do sector da industria, servizos e agrícola primario para a instalación de enerxías renovables, unha cantidade que se espera se manteña en 2019 e que se melloren os prazos administrativos para a solicitude e xustificación das axudas. -5) Compensa instalar baterías? A instalación de sistemas de baterías que almacenen o excedente de electricidade producido e gardalo para os momentos de máis demanda encarece sensiblemente a instalación e sobe o prazo medio de amortización. Por exemplo, se falamos de combinalas con paneis fotovoltaicos para dos 5 aos 10 anos. Como norma xeral, aconséllase instalar baterías cando a explotación está nun lugar illado que encareza levar até alí a electricidade, cando a factura eléctrica sexa moi elevada ou cando o consumo principal se produza fóra das horas solares. As baterías de chumbo e ácido adoitan ter unha vida útil garantida de 8 anos e as de litio de até 15 anos, podendo en ambos os casos almacenar electricidade por un tempo limitado. A previsión é que o seu prezo baixe no futuro. Outro aspecto a ter en conta é que cando o Goberno regule a venda de electricidade á rede así como o balance neto as baterías deixarán en boa medida de ter sentido, xa que a electricidade se “almacenará” na rede eléctrica, equilibrándose oferta e demanda coas distintas fontes de enerxía. -6) Biogás: unha alternativa de interese para as explotacións gandeiras pero que non é rendible de momento. O biogás -a produción de gas metano a partir os xurros gandeiros- é unha alternativa interesante para as explotacións gandeiras e está xa amplamente implantada en Alemaña, con máis de 10.000 plantas de biogás. O principal freo á súa expansión en España -existen 300 plantas, das que a metade están en plantas de tratamento de residuos urbanos- é o elevado custo das instalacións e o reducido tamaño das explotacións gandeiras, sobre todo en Galicia. Así, para vacún necesítase un mínimo de 250 vacas adultas e 5.000 porcos no caso do porcino. Por outra banda, a produción de biogás será máis eficiente canto menos auga conteña o xurro e cando maior porcentaxe de metano teña o gas que se extrae do purín, sendo o óptimo chegar a un 65%. O residuo orgánico resultante, chamado dixestato, pódese separar en fracción líquida e sólida, e mantén todo o nitróxeno do xurro e mesmo mellora as súas propiedades fertilizantes. -7) Biomasa: A estela é máis competitiva que o pellet. O combustible ideal en biomasa é a estela, posto que xera menos deterioración nas caldeiras que os pellet e é máis barata. Iso si, o inconveniente é o seu maior volume, polo que precisa de silos de maior tamaño. Na maior parte de Europa a estela é a biomasa máis consumida, especialmente en instalacións comunitarias ou industriais. Para medir o potencial enerxético tanto do pellet como da estela a clave é o grao de humidade que presenta. O nivel recomendado é dun 10% para o pellet e do 18% para a estela. Outra gran vantaxe da biomasa é que o seu prezo permanece estable desde hai 10 anos e sen perspectivas de que cambie. O prazo de amortización dunha instalación deste tipo sitúase de media entre os 5 e os 6 anos. -8) Máis eficiente se a enerxía renovable abastece á granxa e á vivenda e máis aínda se é para varias explotacións ou vivendas. Unha instalación de enerxía renovable é moito máis eficiente se traballa moitas horas e se abastece a varias vivendas e/ou instalacións gandeiras. Desta forma, creando unha rede de calor ou de consumo de enerxía eléctrica, existen distintos puntos de consumo e a diferentes horas co que se perde moita menos enerxía sobrante. -9) A bomba de calor ou depósitos de inercia: a opción máis barata de almacenar enerxía. A bomba de calor modulante e os depósitos de inercia están a se implantar cada vez máis. Estes depósitos conteñen auga que é quentada pola enerxía renovable (fotovoltaica, biomasa, eólica...etc) e liberan esta enerxía cando se demanda en forma de calor ou frío, algo especialmente útil para granxas avícolas, de porcino, pero tamén para vivendas...etc. Os expertos calculan que esta tecnoloxía consegue aforros do 70% fronte aos tradicionais sistemas de combustión ou campás eléctricas. -10) Instalación de sistemas xestores enerxéticos. Cada vez máis se implantarán sistemas informáticos intelixentes que xestionarán a enerxía que produzamos coas enerxías renovables para optimizar o seu uso. Por exemplo, se a temperatura da granxa avícola alcanza os 23 graos, considerada a óptima para os animais nese momento, automaticamente o xestor enviará a enerxía que producen os paneis fotovoltaicos ou a biomasa á bomba de calor para o seu almacenamento.

Xornada sobre como xerar enerxía eléctrica na propia granxa ou industria agroalimentaria

O vindeiro xoves, 22 de novembro, celebrarase en Santiago de Compostela a xornada “Xera a túa propia enerxía: enerxías renovables no sector agroalimentario”, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) xunto con Voltfer, empresa especializada en solucións en enerxías renovables que forma parte do Grupo Alvariño.

A xornada é de carácter gratuíto e celebrarase na sede de AGACA, Rúa Tomiño 22, Entrechán. De 2,5 horas de duración está dirixida a calquera persoa que desexe aforrar no consumo de enerxía da súa explotación gandeira ou industria agroalimentaria.

Un panel de expertos integrado por profesionais de Voltfer, de EnergyLab, ISEMPA e Ecoforest tratarán sobre as instalacións fotovoltaicas para autoconsumo, de biogás en explotacións gandeiras, do emprego da biomasa para usos térmicos e das posibilidades da xeotermia e a aerotermia.

Ademais farase unha breve exposición dos proxectos e iniciativas acometidos por AGACA neste ámbito e rematará cunha mesa redonda onde se analizarán as tendencias e previsións de futuro das enerxías renovables nas cooperativas agroalimentarias de Galicia.

Quen queira acudir deberá inscribirse previamente chamando a AGACA ao 981 584 783.