Archives

A produción de leite ecolóxico en Galicia e en España baixou un 15% o ano pasado

O pasado xoves 14 de marzo a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organizou un encontro online centrado na produción de leite ecolóxico en Galicia no que participaron diferentes especialistas.

Higinio Mougán, director de AGACA, foi o responsable de facer a introdución e as conclusións finais, así como ir presentando aos diferentes ponentes.

O primeiro en intervir foi Javier García, secretario de Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), o único organismo habilitado en Galicia para xestionar o certificado ecolóxico de recoñecemento internacional.

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="78935" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

Javier fixo un pequeno resumo do contexto da produción ecolóxica en Galicia, destacando que ainda que non contan cos datos do 2023, esperan unha lixeira melloría respecto ao 2022. Comparando os datos do 2021 co 2022 vemos como o descenso do volume de facturación de leite ecolóxico en Galicia roza o 5%, baixando de 39 millóns de euros facturados a 37 millóns. Isto, segundo Javier, débese a que algunhas granxas pecharon ou pasaron a producir en convencional motivadas pola igualación dos prezos entre ambos leites.

Javier tamén sinalou como un factor limitante a ausencia de mercados dirixidos á exportación en España, comparándoo co caso irlandés e sinalando a comercialización como unha das patas máis febles da cadea. Outro problema que ve é o diferencial de custo de produción entre producir leite ecolóxico e leite convencial, que ainda é demasiado grande, polo que ve moi difícil que este mercado poda crecer en Galicia a curto prazo. Ademais se unha granxa convencial quere cambiar a ecolóxico, necesita un periodo de adaptación de 2 anos seguindo as normas do CRAEGA, o que relentiza máis o proceso.

Por último pediu que se tomen medidas contra a publicidade e etiquetado engañoso que confunde aos consumidores, sinalando o leite de pastoreo que moitos confunden co ecolóxico. Tamén invitou a visitar a páxina web de CRAEGA onde poderán atopar toda a información pertinente.

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="78936" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

O segundo en intervir foi José L. González, consultor independente, que falou sobre os criterios medioambientais e indices empregados: biodiversidade, fitosanitarios e emisións. Centrouse no tema da biodiversidade destacando as bondades neste sentido do manexo do gando no noso territorio. “Deberíamos presumir da cantidade de biodiversidade que podemos xerar producindo comida, principalmente coas explotacións de vacún.”

“Esta é a gran fortaleza desta forma de producir, a súa capacidade de xerar biodiversidade, o que xera valor no produto pero que non é algo que os consumidores valoren a día de hoxe. É inevitable que o índice de biodiversidade acabe nos etiquetados dos produtos e acabe sendo valorado polo consumidor.”

Pola súa parte, José Sáez, director de compras en Lactalis, á que definiu como unha empresa familiar que se convertiu no maior grupo leiteiro do mundo cuns 28 mil millóns de euros de facturación anual. Conta con 8 plantas de elaboración de lácteos en España, dúas delas en Galicia (Vilalba e Nadela) adicadas ao leite. Trátase dun grupo frances que foi o primeiro en comercializar leite ecolóxico en Galicia e controla o 45% deste mercado a nivel español. As súas principais representacións no mercado son marcas como Puleva, Ram, Gran Capitán, Flor de Esgueva...

<amp-ad width="300" max-height="300" layout="responsive" type="adspeed" data-zone="80038" data-client="18217"> <div placeholder>Loading ad.</div> <div fallback>Ad could not be loaded.</div> </amp-ad>

 

José mostrou datos que confirman ese descenso paulatino nos últimos tres anos da produción de leite ecolóxico en España. “A pesar deste descenso, Galicia mantén ou incrementa a súa cota de mercado de produción, convertíndose no referente nacional, pero Cataluña é a que máis creceu nos últimos tempos.”

Insistiu na idea de que a evolución dos prezos foi moi positiva e que contrasta con ese descenso na produción, e que a diferencia de prezo e custo entre o ecolóxico e o convencional fixo que moitos ganadeiros pasaran de ecolóxico a convencional pero que isto é unha tendencia que agora comeza a correxirse.

“Concretamente foi en abril do 2022 e 2023 cando os prezos entre os dous tipos de leite practicamente se igualaron. Debemos democratizar o leite ecolóxico, é dicir, facela máis accesible á xente tanto a nivel de prezos como de presencia no mercado, pois moitos consumidores demandan o produto e se queixan do difícil que resulta atopar este leite, da diferenza de prezo ou da falta de oferta.”

Tamén destcaou que moitos consumidores declaran non saber distinguilo do convencional ou incluso non fiarse do etiquetado. Por último, mostrou entusiasmo na idea de que o consumidor cada vez demande máis este tipo de leite, que antes era cousa dun público ecoloxista ou moi concienciados, e agora o consumo de produtos ecolóxicos comeza a xeralizarse a nivel social, e que hai que seguir nesa liña de traballo. Tamén falou da importancia de gañar en visibilidade a partir de sacar novos productos, gastar máis en publicidade… E sobre todo dar a coñecer os beneficios que ten este leite para os consumidores, o medio ambiente, os gandeiros e os animais. Insiste na idea de que o leite ecolóxico aínda non é un mercado maduro, e que teñen que unir forzas para conseguir que madure máis.

O TESTEMUÑO DAS INDUSTRIAS LÁCTEAS E DOS PRODUCTORES

 As Vacas da Ulloa SCG : A terceira ponente foi Ana Corredoira, bióloga e gandeira responsable da explotación de leite ecolóxico As Vacas da Ulloa SCG e da marca de leite fresco ecolóxico Sen Máis. Ana criouse entre vacas xunto co seu irmán na Cernada (Palas de Reis).

A granxa fundouse nos anos 80 como proxecto de vida dos seus pais, cun modelo de gandería familiar de autoconsumo e venta dun pequeno excedente. Xa no 2002-2004 os seus pais fixeran un pequeno obradoiro para transformación e comercialización directa do leite e outros produtos derivados, no contexto das vacas tolas. “Medrei nese caldo de cultivo onde se concebía o modelo de produción circular de aproveitamento e de control de todos os pasos da cadea desde a produción ata a comercialización directa. Rematei Bioloxía no 2013 e voltei á casa a traballar na granxa. Un ano máis tarde asumín a dirección da granxa no polo falecemento do meu pai”.

“Queríamos producir e vender leite na súa mellor versión, ese era o noso proxecto de vida. No 2015 demos de alta a SC e no 2021 saímos ao mercado coa marca Sen máis, leite fresco pasteurizado en vidro. Foi un momento épico e de celebración, pois sentira un fracaso cando tivera que paralizar a actidvidade da granxa. Estamos moi limitadas pola nosa infraestructura de distribución: unha furgoneta, coa que distribuimos un día por semana. Ainda así, en dous anos conseguimos ter 150 puntos de venta, ocupando unha área xeográficamente moi pequena, pois só podemos abrcar a nosa comarca e zona limítrofe. Realmente démonos conta de que temos o noso nicho de mercado e que podemos amplialo, pero manter esa infraestructura é moi difícil porque facemos todo nós. En calquera caso, no 2022 producimos uns 60 mil litros de leite e no 2023 uns 80 mil.”

Tamén recalcou que existen certos déficits no sector: a nivel de marketing, a falta de oferta, a falta de vías de comercialización e dificultade no acceso por parte dos consumidroes, ou o mal posicionamento nas superficies de ventas.

GANDERÍA CASA CODESAL: O seguinte en intervir foi Ángel Rivas, especialista en manexo animal en Casa Codesal, unha gandería centenaria, familiar e ecolóxica, responsable dunhas 100 cabezas de gando (63 en muxido) e dunhas 68 ha de pastos. Producen uns 420 mil litros de leite anuais. A granxa está localizada en Vilapedre (Friol) e do 2018 ao 2023 gañou todos os anos o premio Exceleite de Ouro a mellor leite na categoría de ecolóxico, menos no 2019 que gañou o de prata.

Ángel destacou a historia familiar e a convicción da empresa de apostar polo ecolóxico desde 2005, sendo un dos primeiros en Galicia, así como da importancia de compartir experiencias e colaborar con outros gandeiros.

COOPERATIVA COBIDEZA: O seguinte turno foi para Román Santalla, presidente de Cobideza: “Somos unha queixería pequena pero coqueta, totalmente orientada á produción ecolóxica, comezamos e seguimos con 6 ganderías, que nos picos altos chega aos 80 mil litros mensuais e nos baixos, no inverno, 60-70 mil. Trasnsformamos todo o leite en queixo, tamén facemos queixo convencional pero con leite ecolóxico. O queixo ecolóxico ten outras características organolépticas e nutritivas, pero moitos consumidores e catadores non saben aprecialo por ser un sabor máis forte, pois ainda non hai moita cultura de queixo ecolóxico. Gañamos varios premios internacionais e queremos diferenciamos no queixo Arzúa-Ulloa e Tetilla en ecolóxico, pois pensamos que aí hai máis nicho de mercado e podemos diferenciarnos mellor. Penso que somos o primeiro queixo tipo tetilla ecolóxico a nivel de España, e un dos primeiros Arzúa-Ulloa. Tamén queremos comercfializar un queixo de barra de kilo e medio, pero non é o típico de sandwich.”

Román di que agora mesmo é un problema que ás veces as marxes de beneficio que marcan as tendas sexan demasiado altos, polo que intentan facer queixos de baixos pesos: “Os queixos ecolóxicos véndense máis en porcións pequenas, por iso estamos plantexando se vender esas dúas vertentes: queixos moi pesados, de máis de 3 kg para hostelería e tendas especializadas e logo porcións máis pequenas (100-300gr) para a maioría de consumidores. As distribuidoras cada vez mostran máis interese nos produtos ecolóxicos e hai que aproveitar este interese. Queremos ir ampliando a produción e colaborar con máis ganderías”

CASA GRANDE DE XANCEDA: Antes das conclusións finais de Higinio Mougán, foi a última intervención de Guillermo Martínez, xerente de Casa Grande de Xanceda: “Somos unha empresa centrada na elaboración de produtos lácteos de alta calidade en ecolóxico. Producimos leite e iogur e xestionamos unhas 200 hectáreas de pasto e 205 vacas en muxido, sendo un dos maiores produtores de lácteos ecolóxicos en España. Conseguimos o primeiro obxectivo que era sobrevivir estes 20 anos producindo en ecolóxico, que non é pouco. A noas orixe remóntase a un negocio familiar nos anos 60 con 20 vacas frisonas de Canadá e 30 hectáreas. Como traballaba nun sistema de pastoreo foi crecendo co tempo adquirindo máis fincas e vacas, e cando a explotación pasou a mans dos netos nos anos 2000, vimos que tiñamos moitos recursos pero as contas estaban en números vermellos, non se fixera unha boa xestión económica pero si gandeira. Básicamente era a búsqueda de rendibilidade a partir do que se estaba a facer. Foi fundamental a colaboración e asesoramento da Universidade de Santiago de Compostela coa que fixemos un deseño de produto, estudo de mercado, búsqueda da tecnoloxía axeitada. Ofreceron unha formación continua na procura da máxima calidade”

Destacou a importancia da colaboración con outros empresarios do sector incorporando outros produtos lácteos como queixos, xeados…

“Cando abrimos unha tenda na propia explotación pensamos que non viría moita xente a visitarnos pero ao final é unha tenda con moito movemento e xera moito cariño da xente local principalmente. O noso maior valor son os valores asociados a nosa marca e que axuda moito ao tema do marketing e a comercialización. Temos un forte compromiso social e ambiental e recibimos máis de 50 visitas anuais á nosa granxa, onde mostramos con orgullo todo o proceso de produción”.

A situación do mercado de penso ecolóxico para vacún de leite

Pola súa parte, Rafael Pardo de Andrade, veterinario na cooperativa Campoastur, que elabora penso ecolóxico baixo a marca Ecofeed,  foi o seguinte en intervir, analizando o mercado dos pensos ecolóxicos a nivel estatal, comentando os diferentes puntos das diferentes normativas reguladoras, certificacións e etiquetados.

“A normativa condiciona moito o xeito de traballar, ten que ser unha alimentación fundamentalmente forraxeira, limitando a cantidade de penso que poden comer os animais e sendo obrigatorio que eses pensos aparezan na lista dos produtos autorizados. Coa pandemia e a guerra de Ucraína houbo un aumento de prezos considerable. A produción de penso ecolóxico en España foi crecendo do 2015 ao 2019, ano no que alcanzou o seu tope, comezando a descender nos seguintes anos, mostrando moita máis estabilidade que no caso do penso convencional. No caso concreto de Campoastur, a produción de penso ecolóxico foi crecendo desde o 2018 (8 mil toneladas) ata alcanzar o tope no 2021 (18 mil toneladas), baixando lixeiramente no 2022 e 2023 (17 mil toneladas e 16 mil toneladas respectivamente), e agora no 2024 parece que se vai mellorar un pouco respecto ao 2022 e 2023 sen chegar aos valores do 2021. Penso que este ano 2024 a produción de leite ecolóxico vai ser lixeiramente mellor á do ano pasado. Os prezos do ecolóxico ás veces pódense tensionar máis que no convencional por ser un mercado moito máis pequeno.”

Ademais, Rafael destacou que o vacún de leite é o principal destino en Galicia dos pensos ecolóxicos de Campoastur, seguido pola avicultura e o vacún de carne.

Tamén comparou o número de produtores de penso ecolóxico por provincias. Galicia atópase no terceiro posto empatada con Castilla León (4), e só superada por Andalucía (7) e Cataluña (16). En España son un total de 46 productores.

En canto á comparativa por cereais, destaca a cebada (110 mil toneladas), seguida de cerca pola avea (85 mil toneladas) e o trigo (75 mil toneladas), e cunha grande diferencia coas seguintes (triticale, centeo, xirasol, guisante…).

De acordo coas estadísticas amosadas por Rafael do ano 2022, Galicia producía 26 mil toneladas de leite ecolóxico de vaca, o 52% do total estatal (50 mil toneladas) e contaba co 44% dos produtores, 122 de 273.

Últimas prazas para a xornada formativa sobre a produción de leite en ecolóxico

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza o vindeiro xoves,  14 de marzo, unha xornada online dedicada á produción de leite ecolóxico, de 09:30 a 14:30 horas. Os diferentes ponentes abordarán as oportunidade de negocio deste sector así como os requisitos e tendencias actuais de mercado. A asistencia require dunha inscrición gratuita que pode formalizarse a través deste cuestionario. Para máis información pódese chamar ao 981 58 47 83. As intervencións correrán a cargo de entidades e cooperativas con experiencia na produción, compra e transformación de leite ecolóxico, e ademais contarán cun representante do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) para explicar a cualificación como explotación ecolóxica e tendencias de mercado, e cun consultor que explicará o rol da gandería ecolóxica na conservación ambiental e da biodiversidade. Esta acción formativa enmárcase nun ciclo de xornadas formativas que suma un total de 12, cada unha delas dedicada a unha oportunidade de negocio. “Os obxectivos do ciclo son explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas”, amplían desde AGACA.

Programa

09:30 – Conexión e benvida a participantes. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA. 10:00 – Produción de leite ecolóxico: cualificación da explotación e tendencias de mercado. Javier García. Secretario técnico CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). 10:45 – A gandería ecolóxica e a conservación ambiental e da biodiversidade. José L. González. Consultor independente. 11:15 – Granxa Codesal: unha longa experiencia de premios en produción de leite ecolóxico. Ángel Rivas. Gandeiro en Exceleite. 11:30 – Breve descanso. 11:45 – O acceso aos pensos ecolóxicos: mercado. Rafael Pardo de Andrade. Veterinario en Campoastur. 12:15 – A valorización do leite ecolóxico en Cobideza: situación e tendencias. Román Santalla. Presidente de Cobideza. 12:45 – A Cernada: o salto da produción de leite á comercialización. Ana Corredoira. Gandeira. 13:15 – Casa Grande de Xanceda: O segredo do éxito en leite ecolóxico. Guillermo Martínez. Xerencia Casa Grande de Xanceda. 13:45 – O consumo de leite ecolóxico en España. José Sáez. Director de compras en Lactalis. 14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura da xornada. Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA. 14:30 – Fin da xornada.

A asesoría Agronovo cumpre vinte anos apoiando ao sector agroecolóxico de Galicia

Agronovo Ecoloxía SL., a primeira asesoría especializada en produción ecolóxica de Galicia, celebrou o seu XX aniversario o pasado día 20 en Lugo, nun acto que serviu para a posta en valor e análise do pasado e futuro do sector da agricultura ecolóxica en Galicia.

Estiveron arroupados por de máis de cen produtores de diferentes sectores. Tamén acudiron á cita persoas doutras entidades coma o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, a Consellaría do Medio Rural, a Escola Politécnica Superior de Lugo, o Clúster de Alimentación Ecolóxica de Galicia, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, Grupos de Desenvolvemento Rural e doutras empresas.

Agronovo analizou de forma resumida como viron evolucionar o sector agroalimentario e en especial o ecolóxico, nos últimos vinte anos, así como as potencialidades que segue a presentar, sen esquecer as carencias do sector, como a falta de relevo xeneracional.

Realizouse un debate sobre a produción ecolóxica actual e o seu futuro en contraste cos últimos 20 anos no que participaron representantes das industrias ecolóxicas Alibós Galicia e Casa Grande de Xanceda, así como o produtor José Manuel Fraga da explotación Parrugueiras de Xermade.

O acto finalizou cun coloquio sobre a visión da agricultura ecolóxica en Galicia para os vindeiros catro anos dos partidos políticos con representación no Parlamento, ao que foron convidados. Polo BNG asistiu Carlos Rodríguez Rodríguez, o enxeñeiro agrónomo e asesor na Área de Medio Rural e do Mar e Mocidade da Deputación de Lugo. Por parte do PP de Galicia, José Luis Cabarcos Corral, director do AGACAL, da Consellería do Medio Rural. O PSOE no participou por non ter ninguén dispoñible.

A xornada rematou por parte dos socios e traballadores da empresa a todos os clientes e entidades pola súa colaboración nos vinte anos da empresa e cunha degustación de produtos ecolóxicos. Agronovo apostou polo impulso do medio rural, apoiando as explotacións agrícolas e industria agroalimentaria xa nos seus inicios mediante o crecemento sostible e a agricultura ecolóxica. Este coñecemento do medio lle permitiu, entre outros traballos, elaborar o Plan Estratéxico da Produción Ecolóxica 2018-2022 da Consellería do Medio Rural.

Xornada técnica sobre gandaría ecolóxica o 1 de febreiro en Curtis

O próximo 1 de febreiro celebrarase en Curtis (A Coruña) a VI Xornada Técnica de Produción gandeira ecolóxica, organizada por Ecofeed, marca líder no mercado galego no segmento de pensos ecolóxicos para gando vacún.

A cita será a partir das 11:30 horas no Centro Etnográfico de Teixeiro, co seguinte programa:

-Presentación da Xornada. Representantes do Concello de Curtis e de Campoastur

-Uso eficiente dos pensos ecolóxicos en vacún. Rafael Pardo de Andrade (Veterinario – Campoatur)

-Pastos e pradarías para produción ecolóxica. Carlos Garrido (Veterinario – Fertiprado)

-Caderno dixital aplicación á produción ecolóxica. Xisela Fernández (Enxeñeira Agrónoma – Agronovo)

Ao finalizar celebrarase unha comida no restaurante Perla do Muiño

As inscricións poden realizarse escribindo a rafaelpardodeandrade@gmail.com ou campoastur@campoastur.es ou chamando ao 679410087.

Por cuestións de organización a data límite para inscricións é o luns 29 de xaneiro

Na celebración da xornada colaboran Fertiprado, Agronovo Ecoloxía SL e o Concello de Curtis.

O 62% dos galegos xa consumen algún alimento ecolóxico

A sede da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), en Santiago de Compostela, acolleu hoxe a presentación do 5.º Barómetro de Percepción e Consumo de Alimentos Ecolóxicos en Galicia do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), co que se busca cuantificar o coñecemento e os hábitos de consumo de alimentos ecolóxicos. O director da Agacal, José Luis Cabarcos, puxo en valor este tipo de estudos, que axudan a comprender o panorama actual con respecto a estes produtos e que serven como folla de ruta para desenvolver novas estratexias de promoción. Pola súa parte, Francisco López Valladares, presidente do CRAEGA, destacou que “este estudo, ademais de representar un paso significativo para comprender mellor as tendencias e actitudes dos consumidores, deseñouse para lanzar luz sobre o consumo de alimentos ecolóxicos na nosa comunidade”. Ademáis, o barómetro brinda unha visión clara dos factores que inflúen na decisión de compra e como se pode traballar para fomentar prácticas alimentarias máis saudables. Finalmente, Rafael Rivadulla, responsable de Agronovo Ecoloxía SL,, e autor deste barómetro, detallou todos os aspectos do estudo, que é froito dunha enquisa telefónica cunha mostra de 900 persoas maiores de idade con responsabilidades na compra cotiá de alimentos do fogar. Algunhas das conclusións máis interesantes ás que se chegaron son: -A popularidade dos alimentos eco acada o seu máximo histórico: o 99 % da poboación ten oído falar deles. -A suba de prezos xeneralizada en todas as áreas de consumo tamén chegou á alimentación ecolóxica. -Os problemas relacionados coa dispoñibilidade dos produtos ecolóxicos seguen reducíndose. -Mantense, como factor central das compras de alimentos en Galicia, o Eixo de Alimentación Saudable. -O recoñecemento do logotipo do Craega aumentou no 2023 con respecto aos datos de hai tres anos. -Os consumidores destes produtos seguen a amosar un alto nivel de coñecemento sobre as súas características, é dicir, son persoas informadas e interesadas na composición e nos procesos do que adquiren. -O 76 % dos consumidores dos produtos ecolóxicos leva máis de tres anos consumíndoos, co cal, amosan fidelidade. -Entre o 10 % e o 30 % dos alimentos que compoñen a cesta da compra de case a metade dos entrevistados é de orixe ecolóxico. -Neste barómetro rexistrouse o segundo maior incremento na porcentaxe das persoas que consumen alimentación ecolóxica, acadando o 62 %. -A variedade de produtos industriais e elaborados de orixe ecolóxico viuse aumentada nas cestas da compra con respecto a outros anos. -O supermercado imponse como o lugar por definición para facer a compra, sendo tamén o sitio principal de acceso aos alimentos eco.

Descarga aquí o barómetro

 

As granxas ecolóxicas galegas aproban en biodiversidade

José Luis Cabarcos, xunto a Paco López e os autores do estudo sobre a biodiversidade das granxas ecolóxicas O Estudo de cuantificación dos baremos cualificativos da biodiversidade nas explotacións de produción ecolóxica de bovinos de leite e carne, impulsado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e presentado este xoves en Lugo, defende que se debe poñer a biodiversidade que caracteriza a produción ecolóxica en Galicia como “eixo da diferenciación e valoración das producións gandeiras de bovinos”. “Non sería malo poder expresar estas características nas certificacións de valor medioambiental das explotacións”, conclúe. “A cuantificación dos espazos xeradores de biodiversidade das granxas analizadas reflicte unha realidade biolóxica de alto valor”, aseguran José Luis Cortiñas e Juan A. Pérez, que foron os responsables de elaborar este estudo, que se centra nos conceptos de agricultura e gandería ecolóxicas e na biodiversidade que xeran estas explotacións. Analizáronse e comparáronse catro granxas de produción ecolóxica de bovinos, dúas de carne e dúas de leite: A Cernada (Palas de Rei, Lugo), María Elvira Diéguez García (Montederramo, Ourense), Bernardino González Pena (Monfero, A Coruña) e Casa de Vázquez (O Corgo, Lugo).
Analizouse a biodiversidade en dúas ganderías ecolóxicas de produción de leite e dúas de carne
Os datos obtidos durante a fase de investigación para a realización do estudo permiten concluír que “estes espazos produtores de alimentos son ao mesmo tempo grandes reservorios de biodiversidade”. Expresada en hectáreas de biodiversidade por hectárea de cultivo, as 4 explotacións superan o umbral mínimo de 0,5 ha de biodiversidade por ha de SAU.
Ser positivos coa biodiversidade non nos fai máis ineficientes desde o punto de vista da sustentabilidade económica ou social
O peso da superficie de pradeira nas explotacións de ecolóxico axuda a acadar estes niveis positivos. Con todo, existe marxe de mellora nas sebes e peches vexetais das parcelas. “A dimensión das sebes é moi inferior a outras zonas gandeiras de Europa. O reparto da terra en Galicia non admite esas dimensións de sebes, pero favorece a conexión dos espazos de biodiversidade entre sí”, aseguran sen embargo os autores do traballo. Sen competencia polos recursos entre o gando e o ser humano O estudo incide en varios aspectos clave que constitúen os piares básicos nos que se sustenta a gandería ecolóxica (calidade ambiental e desenvolvemento sustentable, saúde e benestar animal, e calidade de produtos) e en varias das normativas que inflúen directamente neste tipo de explotacións. Destaca que as catro explotacións analizadas “basean a alimentación do seu gando en fibras non asimilables polo ser humano”, polo que non se dá “competencia polos recursos entre gando e persoas”.
As explotacións analizadas reflicten o papel positivo que exerce o gando no territorio
“O gando, cun manexo correcto, mantén a durabilidade do chan axudando á calidade das augas. As explotacións analizadas reflicten o papel positivo que exerce o gando no territorio. A actividade gandeira xera e preserva os hábitats e os recursos alimentarios para a fauna, ademais de ser imprescindible para moita flora”, conclúe o estudo encargado polo Craega. Pola súa banda, Francisco López Valladares, presidente do Craega, indicou que “a produción de gando ecolóxico representa unha alternativa á progresiva intensificación da produción animal convencional” e o director xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, clausurou o evento destacando na súa intervención a evolución positiva da agricultura ecolóxica en Galicia nos últimos anos (na última década a superficie ecolóxica medrou en Galicia un 198%, pasando de 15.242 ha no ano 2012 a 45.626 ha no ano 2022), así como a importancia da Lei da Calidade Alimentaria para o futuro do sector.

Compromiso da Xunta para conceder en 2024 axudas a todas as solicitudes de agricultura e gandería ecolóxicas

A Consellería do Medio Rural asegura que no 2024 concederá axudas a todas as solicitudes admisibles de agricultura e gandería en ecolóxicas da orde actual de convocatoria deste tipo de subvencións, que conta cun orzamento de 9 millóns de euros. En concreto, dende o departamento que dirixe José González, aseguran en resposta a Campo Galego que “en base aos datos aportados polo propio Craega, prevese que ningunha solicitude admisible (que cumpra os requisitos da convocatoria) da orde actual quede sen axuda”. Deste xeito, parece disiparse o temor de que se repita a mesma situación de 2022, cando a falta de previsión levou a que dende Medio Rural non se atendesen todas as solicitudes de axudas que cumprían cos requisitos. Isto provocou  que arredor de 300 produtores en ecolóxico quedasen sen axuda, sendo os máis afectados, os que fixeron conversión a ecolóxico no ano 2022, xa que deixaron fóra ao 80% dos novos produtores que se incorporaron, e os que a recibiron viron diminuída a achega ata case o 50% nalgún caso. Neste sentido, dende a Xunta destacan que “a convocatoria deste ano da PAC elevou ata os 9 millóns de euros as axudas para agricultura ecolóxica, o que case multiplica por 3 o presuposto de 2022 (era de 3,18 M€)”. “Ademais hai que destacar que este incremento (de chegar ata os 9 millóns de euros) fíxose extensivo durante un período de cinco anos 2023-2027, o que representa un montante total de 45 millóns de euros”, engaden. Dende Medio Rural, lembran tamén que “subiu a prima unha media do 26% para beneficiar as explotacións ecolóxicas, tamén tralo acordo ao respecto con organizacións agrarias e Craega". O orzamento da Xunta para todas as liñas de axudas agroambientais 2023-2024, incluído o ecolóxico, é de 26.770.000 euros e ademais habería que sumarlle 18.000.000 € das axudas a zonas con limitacións naturais, repartidos en 12.000.000 € para as zonas clasificadas como de montaña e 6.000.000 € para as áreas distintas de montaña.

Sae ao mercado unha nova gama de pensos ecolóxicos

Planta de fabricación de Piensos O Coto, que distribuirá o novo produto por toda Galicia

A UE pretende que no ano 2030 unha cuarta parte da produción agrogandeira europea sexa ecolóxica e a nova PAC empurra nesa dirección, ao tempo que os consumidores buscan cada vez máis produtos co selo bio. A produción ecolóxica ofrece grandes posibilidades en Galicia, sobre todo nos sectores do vacún de carne e de leite. 

Pero o mercado dos pensos ecolóxicos era até este momento moi limitado, con pouca oferta, o que condicionaba as posibilidades reais de escolla das explotacións. EcoCoto, a nova gama ecolóxica de Piensos O Coto, vén poñer fin a esa escaseza de alternativas nutricionais para o gando. 

O sector da produción ecolóxica está a medrar cada ano a nivel europeo e a nova PAC empurra nesa dirección

Esta nova liña de produto xa está no mercado e súmase á ampla gama de pensos, cereais, fertilizantes, sementes e subministros agrarios desta empresa familiar que empezou a funcionar no ano 1992. 

Logo da nova gama ecolóxica de Piensos O Coto

Coa nova gama ecolóxica, Piensos O Coto amplía a súa oferta, facilitando deste xeito a conversión a ecolóxico das ganderías, con fórmulas específicas tanto para vacún de carne como para vacún de leite, explica Joaquín Valledor Núñez, director-xerente de Piensos O Coto. 

A empresa ten previsto chegar a toda Galicia con esta nova gama ecolóxica que distribúe en exclusiva, elaborada a partir de materias primas de primeira calidade coas que cubrir de maneira efectiva os requerimentos nutricionais do gando, logrando deste xeito altas producións e unha mellora na rendibilidade das explotacións. 

A experiencia de Piensos O Coto, presente no sector desde fai máis de medio século e con fabricación propia desde hai tres décadas, é unha garantía para os produtores que desde fai anos confían nos seus servizos e tamén para os novos clientes.

Máis información no teléfono 982340300 ou no email administracion@benjaminvalledor.com

“Necesitamos o apoio da industria para que siga habendo conversión a ecolóxico das ganderías de leite”

Joaquín Díaz Gómez, presidente da Organización de Produtores de Leite Ecolóxico A UE quere que no ano 2030 o 25% da superficie agrícola europea sexa ecolóxica e a nova PAC empurra nese camiño. Pero a demanda de leite ecolóxico non está a medrar na mesma medida e o feito de que non haxa máis industrias que recollan e transformen o leite eco en Galicia non incentiva a certificación de novas granxas. A Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia (APLE), creada no 2019, constituíuse como OPL hai un ano, con 29 ganderías socias e unha produción anual de 9.700 toneladas de leite (o 12,4% das ganderías e o 20% da produción ecolóxica española).
Da asociación de produtores forman parte outras ganderías que non están na OPL por transformar e vender directamente o seu leite
Pero no último ano, no canto de aumentaren, mesmo se deron de baixa granxas de ecolóxico, que decidiron pasarse a convencional polo forte encarecemento dos custos de produción e o recorte no diferencial do prezo de venda entre leite ecolóxico e convencional, que chegou a ser nulo, pero que volve situarse neste momento no entorno dos 10 céntimos. A industria láctea tamén ten un papel importante na evolución da produción ecolóxica, xa que a conversión das granxas en moitos casos depende de se a industria está disposta a recoller o leite producido en ecolóxico, polo que pode supoñer un freo máis á hora de daren o paso as ganderías de leite que fan pastoreo, para as que, a priori, sería máis sinxelo cumprir coas condicións da certificación.
Na actualidade só dúas empresas, Lactalis e Leche Celta, recollen leite ecolóxico en Galicia
“Ese foi o meu caso. Eu estaba en convencional pero sempre fixen pastoreo. Pasei a ecolóxico no 2015”, conta Joaquín Díaz Gómez, presidente da OPL. A súa explotación, ubicada en Triabá, no concello de Castro de Rei, é un exemplo claro de que a produción ecolóxica non está reñida coa tecnificación das granxas. A de Joaquín conta con robot de muxido e amamantadora para as becerras e está montando un sistema autónomo de alimentación. – Que é máis rendible hoxe, producir en ecolóxico ou en convencional? – En ecolóxico a rendibilidade depende de como se manexe a explotación, igual que en convencional, ou que en calquera outro sector. Eu paseime ao ecolóxico no 2015 e teño acordado anos moi bos en canto á rendibilidade da granxa, pero desde o 2019 parece que a gráfica pica cara abaixo. O ano pasado subiron moito os cereais e iso foi o que nos castigou. Eu cheguei a pagar o penso ecolóxico a case 800 euros a tonelada, mentres que o convencional subiu a 500 euros, pero non chegou a 800.
O litro de leite e o quilo de penso neste momento valen case o mesmo, uns 60 céntimos
O ano pasado foi malo por iso. Agora o prezo volveuse moderar e está baixando. Estamos pagando o quilo de penso ecolóxico a 60 céntimos. Agora entrou tamén Nanta; iso é bo, porque amplía a oferta. Antes había só 2 ou 3 empresas que fabricaran penso ecolóxico. É certo que o prezo é máis elevado, pero damos menos quilos. En canto ao prezo do leite, no ecolóxico non houbo este ano a baixada de prezo que houbo no convencional, seguímolo vendendo a 60 céntimos. Temos ademais outras vantaxes competitivas, porque as vacas dúrannos máis, polo que necesitamos menos recría para reposición e desta maneira non estás alimentando e gastando en animais que non producen. – Por que cres que hai explotacións que fan pastoreo e sen embargo non pasan a ecolóxico? – Ás veces hai descoñecemento do que supón producir en ecolóxico, porque ser non é tan difícil. Para unha explotación intensiva igual si, pero para unha extensiva que cumpra coa carga gandeira non hai tanta diferenza. A PAC vai ir enfocado cara ese tipo de produción. De feito, as condicións da axuda agroambiental da PAC de fomento de pastoreo extensivo son moi semellantes ás de produción ecolóxica. Piden ás explotacións unha carga gandeira inferior a 2 UGM/ha e non poden usar herbicidas nin abonos químicos, igual ca nós. A diferenza principal é o penso e algúns puntos da normativa de produción ecolóxica.
As condicións da axuda agroambiental da PAC de pastoreo extensivo son semellantes ás de ecolóxico
Non todas as explotacións terían condicións para producir en ecolóxico, pero se fas pastoreo e tes a superficie cerca da casa é doado. E eu penso que para unha explotación media, entre estar en extensivo ou en ecolóxico, é máis rendible o ecolóxico. Hai que ter en conta que a prima de ecolóxico practicamente triplica na PAC a axuda de convencional. – Que peso teñen precisamente as axudas da PAC na rendibilidade das vosas granxas? – Mal que nos pese, as axudas son unha das bases da rendibilidade das explotacións, tanto en convencional como en ecolóxico. Moitas veces a axuda da PAC representa o soldo do gandeiro. As vacas dan para manterse elas pero o salario do gandeiro ou o soldo do traballador que temos na explotación depende dese cobro.
Dependemos bastante das axudas; ás veces representan o soldo que lle queda ao gandeiro
Por iso é necesario que haxa estabilidade nas axudas. A incertidume crea dúbidas e bota para atrás á xente que se poida estar plantexando dar o paso. Como en calquera outro negocio, necesitamos seguridade. A falta de fondos suficientes nas axudas agroambientais do ano pasado provocou unha masacre nos produtores de carne, nos de leite menos, porque houbo menos gandeiros afectados, aínda que algún si que houbo. – Como ves a situación do sector de cara ao futuro? – Neste momento estamos nunha situación de mercado complicada, porque a inflación non incentiva o consumo de leite ecolóxico, e se non hai demanda do consumidor é difícil que as industrias dean o paso a ter unha liña ecolóxica. A conversión a ecolóxico dunha explotación de leite é moi complicada porque dependes da industria. Non podes pasarte a ecolóxico se a industria non che colle o leite. Nos anos 2015 e 2016 houbo moitas ganderías que se pasaron a ecolóxico. Naquel momento había demanda e prezo. Pero se a industria non se move, o sector non se move.
Estamos nunha situación de mercado complicada, porque a inflación non incentiva o consumo de leite ecolóxico
Pero queremos que a xente non se desilusione co ecolóxico. Estou convencido de que hai que ver a produción ecolóxica como opción de futuro, a longo prazo. Aínda que para iso é necesario resolver algúns problemas. Un dos principais é o da falta de man de obra. Moitas das explotacións non teñen relevo e están plantexándose abandonar porque non atopan empregados, ou polo menos deixar o leite e pasarse á carne, que require menos dedicación. – Con que intención creastes a OPL? – Para defender o leite ecolóxico e facer cousas en conxunto. Por agora a venda do leite e a negociación coa industria faise individualmente, pero se houbese unha crise estaría a OPL para respaldarnos. Neste momento non é tan necesaria esa presión porque os prezos son bos.
Un terzo dos produtores de leite en ecolóxico que hai en Galicia estamos na OPL
A través da OPL temos información de utilidade de como está o mercado e cal é e situación dos prezos para poder negociar mellor os contratos coas empresas que nos recollen o leite. A OPL pretende, precisamente, servir de interlocutor coas industrias e coa Administración. Nese sentido, estamos á espera dunha axuda da Consellería do Medio Rural para ampliar as actividades da asociación tanto cos socios coma cos consumidores, porque cremos necesaria unha promoción do leite ecolóxico dende o punto de vista dos gandeiros aos consumidores, para que saiban como se produce realmente o leite ecolóxico. Outro dos obxectivos é a mellora da produción nas explotacións, optimizando os custos e recibindo apoio técnico para o manexo e a xestión das granxas. Dentro da OPL facemos por exemplo o control dos custos de produción, para saber canto nos custa producir o litro de leite. Tamén nos xuntamos e compartimos experiencias. En definitiva, os nosos obxectivos principais son tres: facer forza, profesionalizar a produción e promover a conversión a ecolóxico dentro do sector.

“Houbo explotacións grandes que se pasaron a convencional o ano pasado”

Galicia produciu o pasado mes de agosto 1.743 toneladas de leite ecolóxico, o que representa o 55% do total estatal, segundo os datos de entregas publicados polo Ministerio de Agricultura. De xaneiro a agosto deste ano Galicia produciu 2.026.520 toneladas de leite convencional e só 14.751 ecolóxico, o 0,7% do total. Esa porcentaxe sitúa a Galicia entre as rexións produtoras de leite onde o ecolóxico ten menor peso.
A produción de leite ecolóxico en Galicia só representa o 0,7% do total
Galicia está á cola en produción de leite ecolóxico en Europa, cando as condicións da comunidade se prestarían para este modelo de produción baseada no pastoreo. Nos últimos dous anos mesmo se observa un descenso na produción de leite ecolóxico, que caeu un 15%, pois se en maio de 2021 a produción foi de 2.486 toneladas, a de maio deste ano foi de 2.133, 350 toneladas menos. En países como Austria, Suecia ou Dinamarca a produción de leite ecolóxico supera o 15% da produción láctea total do país, mentres en Alemaña ou Francia acada o 5%, aínda que con algúns problemas tamén de saturación do mercado
A produción láctea ecolóxica mantense estancada en Galicia, mentres segue a medrar noutros países da UE
En Galicia, o prezo do leite ecolóxico está un céntimo por baixo da media estatal. O prezo medio en agosto (62,5 céntimos en Galicia e 63,6 en España) está sen embargo 12 céntimos por enriba do leite convencional (49 e 51,8 céntimos respectivamente). – Á vista dos datos, semella que a produción de leite ecolóxico non avanza, ou mesmo está en retroceso en Galicia. Cal é a realidade do sector? – En Galicia houbo un boom de conversións a ecolóxico hai 6 ou 7 anos, coincidindo coa entrada dun novo operador no mercado, Leche Celta, o que fixo subir o prezo polo incremento na demanda de leite. Desde entón había un estancamento no número de ganderías en ecolóxico, unhas 110, pero o ano pasado é certo que houbo abandonos.   
O ano pasado houbo gandeiros ecolóxicos que se pasaron a convencional
Houbo produtores que se pasaron a convencional, algunhas delas eran explotacións bastante grandes, con moitos litros de produción, que case podían sumar dous millóns e medio de litros.    – A que se debeu? – Déronse varios factores: o leite convencional chegou a pagarse máis polas industrias que o ecolóxico, os custos de produción disparáronse, porque o penso ecolóxico chegou a custar 800 euros a tonelada. A maiores deuse o problema das axudas da Xunta. Todo iso desanimou a moita xente.
O problema coas axudas da Xunta o ano pasado desanimou a moita xente
– E cal é a situación a día de hoxe? – Os custos de produción moderáronse algo, porque o penso está hoxe nuns 500 euros a tonelada. E o prezo de venda do leite está a manterse lixeiramente por riba dos 60 céntimos. Non baixou, como pasou co leite convencional, que xa caeu uns 10 ou 12 céntimos, e a perspectiva en ecolóxico é que o prezo non baixe, porque ao marchar xente hai menos produción.
No ecolóxico non houbo a baixada de prezo que houbo no convencional; seguimos nos 60 céntimos
– Canto tempo tería que pasar para que esas explotacións poidan volver a producir en ecolóxico? – Se te botas fóra tes que esperar 2 anos como mínimo para entrar outra vez no CRAEGA e outros 2 de conversión, son xa 4 anos.
O feito de que non entren novos operadores no mercado segue a ser o factor limitante para o incremento da produción
A falta de máis transformación do leite ecolóxico supón un freo para o sector. O factor limitante hoxe é a industria. Sería bo que entrase algún outro operador a mercar e transformar leite, porque iso animaría o mercado.

A Ternera Gallega Suprema con certificación ecolóxica identificarase ante o consumidor

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, reuniuse hoxe con representantes do Consello regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e co das indicacións xeográficas protexidas Carne de Vacún de Galicia para asinar un convenio de colaboración co fin de realizar de xeito conxunto actividades de control e promoción da carne Ternera Gallega Suprema que conte coa certificación de produción ecolóxica. A finalidade principal deste convenio é a identificación no mercado desta carne que ten unha dobre certificación cunha etiqueta específica conxunta. Deste xeito, ambos consellos reguladores comprométense a colaborar nas tarefas de control e certificación da carne e organizar actividades de promoción específica para esta produción co apoio da Axencia. Dentro da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega, a carne que se cataloga como Suprema correspóndese coa procedente de animais que se crían en explotacións con vacas nai e que tiveron un período de lactación materna mínimo de sete meses e cuxo sacrificio faise antes dos dez meses. En 2022, a produción de carne desta categoría foi de máis de 12.000 toneladas. Parte desta produción, a que cumpra as estritas normas da produción ecolóxica, será etiquetada cunha certificación específica. O distintivo servirá para que as persoas consumidoras poidan identificar de xeito doado esta carne.

O CRAEGA celebra o Día Europeo da Agricultura Ecolóxica

A alimentación sá e os nenos e nenas teñen que ir da man para que os máis pequenos se desenvolvan en plenitude. Unha das maneiras de achegar a boa alimentación é ofrecéndolles como atractivos e divertidos os alimentos ecolóxicos. Por iso, co gallo do Día Europeo da Agricultura Ecolóxica, este 22 de setembro, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) presentou en Monforte de Lemos a todos os colexios da zona un novo libro dos Bolechas dedicado aos alimentos ecolóxicos. O encontro tivo lugar no Auditorio Multiusos de Monforte de Lemos, en Lugo, ás10:30 horas e nel estiveron presentes José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal); Pablo Rivera, deputado de Promoción Económica e Social na Deputación de Lugo; Gloria Prada, tenente de alcalde do concello de Monforte, e Francisco López Valladares, presidente do Craega. Arredor de 450 rapaces e rapazas pertencentes aos centros educativos o CEIP Monforte de Lemos, o CRP Ferroviario, o Centro Educativo Torre de Lemos, o CEIP A Gándara e o colexio dos PP Escolapios tiveron a oportunidade de coñecer o sistema de produción ecolóxica da man deste novo volume protagonizado polos Bolechas, un libro que se distribuirá en todos os colexios e bibliotecas de Galicia co fin de concienciar as xeracións futuras da importancia da alimentación saudable e ecolóxica. Ademais da presentación do libro, os alumnos e alumnas asistentes ao evento puideron desfrutar da presenza dos propios Bolechas ao acto, así como dunha demostración de debuxo en directo do creador dos Bolechas, Pepe Carreiro, e da actuación musical de Pakolas.

“Logramos un custo fixo de 2.60 € por kilo de carne con pouco máis de 300 € de penso por becerro”

Alejandro Cabana Chao cun dos bois da súa gandería. Foto. G.F.S. Antonio Cabana Fraga é o titular dunha explotación de vacún de carne en ecolóxico da parroquia de San Simón da Costa, en Vilalba. Xunto coa axuda do seu fillo, Alejandro Cabana Chao, atenden diariamente un total de 130 animais. Foi fai unha década cando Antonio e Alejandro decidiron continuar coa explotación de Pilar Chao, muller e nai respectivamente, que por motivos de saúde tivo que abandonar a actividade que iniciara a principios dos anos 90. Recentemente, publicáronse os resultados do ‘Grupo operativo carne de vacún a pasto' vendo uns resultados satisfactorios nesta gandería en canto a custes de produción e rendibilidade. Aínda así, Alejandro recoñece que sempre hai cousas nas que mellorar. Para isto centran a base da alimentación de vacas e tenreiros no pasto, que complementan con penso a medida que se van acercando á idade de comercialización. “A pesar de que no estudo hai granxas que conseguen máis ingresos, no noso caso saíronnos os custos de produción bastante baixos e así podemos conseguir mellor beneficio. Temos un custo fixo de 2.60 €/kg con pouco máis de 300 € de penso por animal. Isto conseguímolo mantendo a calidade, sempre buscamos un grao de engraxamento mínimo de 2 puntos. Habendo pasto, leite en cantidade e axudándolles con algo de concentrado na fase final conseguimos unha media de 220 quilos aos 8 meses. Con todo isto as contas finais sáennos nuns 14€ por hora traballada na explotación”, explica Alejandro. Na explotación de Antonio e Alejandro, traballan unha superficie agrícola de algo máis de 60 hectáreas. A maiores, dispoñen do monte comunal de San Simón, certificado en ecolóxico. Para o aproveitamentos dos pastos dividen a cabana gandeira en 3 lotes: dous de vacas paridas e un terceiro lote de xestación. “Para nós é moi importante o monte porque témolo pegado á casa e están as vacas controladas, ademáis de que no inverno poden baixar ás nosas fincas para comer. É un monte que para o gando é bo e ten moito pasto” comenta Alejandro. A medida que as vacas se van acercando ao parto baixan do monte comunal para as fincas nas que permanecerán coa cría ata o momento do destete e a súa comercialización. A pesar de non ter unha programación de partos en épocas concretas “ao estar nunha zona de montaña a propia natureza fai que moitas vacas pairan na primavera. Tampouco quero modificalo porque para min é moi cómodo criar un becerro nesta época. Aquí os meses de xaneiro e febreiro son dos peores do ano. Temos xatos que naceron na primavera e xa están con 160 quilos, agora con algo de penso que coman na moxega póñense para vender noutros 3 meses. Ademais, levan pouco tempo comendo porque había pasto suficiente e eu vía que medraban ben” explica Alejandro. O destete coincide na maioría dos casos coa saída dos becerros da granxa, “a non ser que vexa unha vaca máis baixa están con elas ata que se venden. Elas mesmas cando se achegan aos 7 meses vanos destetando. O ideal sería facer unha nave cun corral grande para metelos os últimos 2 meses pero tal e como están os custos das obras é complicado”, comenta Alejandro mirando cara o futuro. Desta forma os xatos veñen comercializándose cando acadan un peso entre 200 e 230 quilos. “No noso caso é cando máis rendibles son. De pouco sirve sacar un becerro con máis quilos se ao final o comeron en concentrado. O que si sempre buscamos é animais con calidade, cun mínimo de 2 puntos de engraxamento”, argumenta apoiándose nos datos recollidos no informe do grupo operativo

O pasto é a base da alimentación

En canto á alimentación o pasto é a base, ben sexa aproveitado directamente polas vacas ou en forma de complemento como silo ou herba seca. A maiores, os xatos teñen a disposición unha tolva con penso como complemento cando as necesidades nutricionais non están só cubertas co leite e o pasto. “Para conseguir o engraxamento utilizamos un concentrado con moito millo. Este ano tamén vamos probar a mesturar o penso con silo de millo e ver que resultado nos dá. Sementamos 1.5 hectáreas que picaremos pola atura da espiga e faremos en bolas pequenas para ir gastando segundo nos faga falta” comenta Alejandro. O exceso de herba na primavera recólleno en forma de rolos, de silo e herba seca, facendo cada campaña unha media de 500. A xestión en ecolóxico das pradeiras, unida á ubicación da granxa fai que o pasto se prolongue no verán. Alejandro explica que “nesta zona baixa moito a néboa e barruza, temos máis problemas no inverno, os primeiros meses do ano son duros. Creo que tamén o manexo que levamos facendo en ecolóxico dende o ano 2001 fai que os nosos pastos estean adaptados a esta zona e a pesar de estar en agosto as nosas fincas aínda están verdes. Fixemos un estudo biolóxico das fincas e saíu que había moita vida debaixo da terra, tendo así un equilibrio no que o pasto aguanta mellor”.

Mallan a herba das súas fincas para teren a súa propia semente

Para o abonado e mantemento do pasto Alejandro e Antonio empregan esterco de polo ecolóxico e semente colleitada na propia explotación, ademais da sabedoría popular. “Mallamos herba das nosas fincas. Coincidindo coa primeira lúa de setembro pasamos a trituradora para logo botar a semente colleitada e esterco por riba”. Para os traballos agrícolas teñen todo tipo de maquinaria. “Facemos un correcto mantemento de todos os apeiros para que teñan unha vida útil máis longa e así sáenos máis económico que facelo cunha empresa externa”, explica. En canto a tratamentos veterinarios realizan o mínimo posible. “Desparasitamos e vacinamos contra IBR e carbunco, polo resto tratamos algunha vaca ou becerro cando o necesita pero é moi raro. Tamén, puntualmente, realizamos algunha inseminación pero para a reprodución temos dous touros” detalla Alejandro. No tocante á raza empregada non hai pureza aínda que os touros son de limusín. Alejandro di que “estou seguro que calquera rubio fai tan bo becerro como un limusín pero para nos a facilidade de parto e a vitalidade que ten nos primeiros días de vida é fundamental e por iso nos decantamos por esta raza de cara ao futuro”. Todas as fincas teñen peche con estacas de castiñeiro e 4 ou 5 fíos de arame. “Ao traballar fora necesitamos que os peches estean ben feitos e non estar pendentes de se o gando se bota das fincas. Hai fincas pechadas con estacas con máis de 20 anos, e que están ben conservadas. Meu pai mira moito as lúas para facer os traballos, deste xeito a madeira hai que cortala no seu momento e deixala secar antes de facer os peches, conseguindo que duren máis tempo e aforrando custes. Explica Alejandro ao mesmo tempo que comenta que a pesar dos peches todos os anos teñen 2 ou 3 baixas a causa do lobo. “Tamén son consciente de que o lobo fai a súa función e non se pode erradicar completamente pero sí controlar. Outro problema que temos coa fauna son os voitres que neste caso si que creo que nesta zona hai un exceso de aves e que habería que limitar”. Foto do gando no prado feita no mes de agosto Entre Alejandro e Antonio repártense as tarefas diarias da granxa tendo unha boa organización para optimizar o tempo. Deste xeito, cuantifican unha media de 4 horas diarias dedicadas á explotación “hai días que estás máis horas e outros nos que únicamente revisas que o gando estea ben. Eu paso moitas horas no medio delas aínda que solo sexa observándoas e ao final esas horas non son de traballo propiamente ditas. Para o manexo do gando e para cambialo de finca ou meter as vacas na manga facémolo cun quad e uns cans border collie. Xa teñen instinto de traballo e con algo que os ensines serven de moita axuda. En menos de media hora podo cambiar de finca un grupo de 40 vacas”.

Comercializan os animais a través da cooperativa Almoga

Sempre foron socios de cooperativas a través das que comercializan a carne. “Estamos na Cooperativa Almoga, de Vilalba, e vendemos todo a través dela, eu na casa non acordo nunca un tratante. Despois tamén vendemos a particulares medias canais ou canais completas aínda que por falta de tempo non potenciamos máis a venta directa, son os clientes de sempre”. Para Alejandro o traballo na gandería é un hobby ao que dedica parte do seu tempo libre e recoñece que “isto ten que gustar, hai que levalo no corpo”. “Para min -subliña- é unha forma de vida, crieime nisto e podo botar horas e horas no medio das vacas só porque me gusta. Loitarei por isto a pesar de que moitas veces non recibimos o apoio por parte das administracións. Este ano quedamos sen liña de axudas de ecolóxico por falta de presuposto, o mesmo que coas axudas polos ataques do lobo. Igualmente, non vexo normal que non sexamos considerados zona de montaña cando estamos a 800 metros de altura e a pouco máis de 1 quilómetro de distancia, que xa son doutro concello, si haxa esa consideración. As leis deberían ser feitas cos pés na terra e non sobre un papel”.
“As leis deberían ser feitas cos pés na terra e non sobre un papel”
Outro problema co que se atopa Alejandro na súa explotación é a ordenación do territorio, “nesta zona non hai concentración, nós temos bastante terreo arredor da casa porque fomos cambiando e comprando fincas pegadas pero isto debería facelo a administración para facilitar o traballo e facelo máis atractivo para as novas xeracións”. A produción de vacún de carne en ecolóxico segue a ser baixa en comparativa con outros sectores mais Alejandro sempre apostou por protexer o medio ambiente. “Seremos unha das explotación de carne en ecolóxico máis antigas de Galicia, unha das cousas que me anima a seguir adiante é a protección do medio que nos rodea e manter a cultura e a sabedoría popular. Cando se pasa de convencional a ecolóxico tamén hai que cambiar a mentalidade de traballo e pode que ao primeiro vexas un descenso na produción pero ao final, cando hai un equilibrio nas fincas volves ver a rendibilidade”, conclúe.

VALEECO, o proxecto que busca reducir a pegada de carbono e aumentar a eficiencia das ganderías de vacún de leite en ecolóxico de Galicia

Xornada técnica titulada “Primeiros resultados sobre a eficiencia produtiva e pegada de carbono en ganderías de leite ecolóxico”, celebrada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o pasado venres 14 de xullo e que o CRAEGA organizou para Agronovo. O proxecto "Incremento da eficiencia en ganderías de ruminantes e valorización dos seus produtos", ou “VALEECO”, ten como obxectivo aumentar a eficiencia produtiva, económica e ambiental das explotacións de ruminantes mediante cambios nas prácticas de manexo. O seu promotor é a asesoría Agronovo Ecoloxía S.L. e conta coa colaboración principal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Ambos tomarán e analizarán mostras, interpretarán os seus resultados e crearase unha ferramenta TIC (baseada en web) que permitirá rexistrar e conxuntar as variables analizadas e obter, de maneira semiautomatizada, datos concluíntes para buscar a eficiencia produtiva das granxas. Tamén colaboran o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) para a difusión de enquisas e divulgación de resultados, así como dez explotacións de vacún de leite, oito delas pertencentes á Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia, como destinatarias das probas para obtención de datos do proxecto. Os obxectivos específicos do proxecto son: -Maximizar as forraxes reducindo os custos de alimentación (10%), así como mellorar a inxestión e calidade dos mesmos para aumentar a produción (6.500 kg/vaca/ano) que repercutirá nunha baixada da pegada de carbono (preto do valor neutro). -Reducir a pegada de CO2 medíndose a eficiencia das granxas para corrixir aquelas que teñan peores rexistros. Unha baixa pegada de CO2 é unha medida indirecta de eficiencia moi válida, aquelas que producen máis con menos recursos son as máis eficientes. -Mellorar o índice de biodiversidade: Parametrizar este factor con medidas obxectivas dará unha caracterización positiva das granxas. Este índice contribuirá a dar solidez ao leite ecolóxico producido en Galicia. -Utilizar unha ferramenta TIC a través dunha aplicación informática (baseada en web) que permitirá xestionar todos os datos recolleitos na explotación e analizar a súa situación desde varios puntos de vista á vez, emitindo un informe que sirva de guía para implementar un plan de mellora nos puntos que o requiran.

Obxectivo para as ganderías: Lograr un incremento en beneficio do 8% polo uso máis eficiente dos insumos e dos recursos

Os impactos que esperan obter en Agronovo do proxecto, destinado inicialmente aos seus clientes, serán de tipo económico, ambiental e social. O económico será un incremento en beneficio do 8% polo uso máis eficiente dos insumos e dos recursos. O ambiental será unha redución da pegada de carbono das granxas participantes. E o impacto social esperado é unha mellora nas relacións entre gandeiros, empresas e investigadores, así como o desenvolvemento de novas tecnoloxías que poidan ser transferidas a outras comunidades. Até o momento hai uns primeiros resultados, dados a coñecer recentemente nunha das accións de difusión do proxecto, a xornada técnica titulada “Primeiros resultados sobre a eficiencia produtiva e pegada de carbono en ganderías de leite ecolóxico”, celebrada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o pasado venres 14 de xullo e que o CRAEGA organizou para Agronovo. O público asistente, gandeiros en produción ecolóxica, puideron comprobar como mellorar o rendemento das súas explotacións á vez que se aproveita a biodiversidade do medio e se reduce o impacto ambiental. Ao mesmo tempo se adaptan ás esixencias da PAC e posibilitando un maior cobro de axudas. A xornada foi inaugurada por Manuel López Luaces, subdirector da Axencia Galega de Calidade Alimentaria-AGACAL, e por Francisco López Valladares, presidente do GRAEGA. A continuación, Xisela Fernández González, de Agronovo, centrou a súa intervención en explicar como xurdiu este, ademais de enumerar cales son os obxectivos que se queren acadar con el, tales como mellorar a biodiversidade ou reducir a pegada de carbono. Posteriormente, os relatores comezaron a afondar máis sobre o proxecto, presentándoo en tres bloques. César Resch Zafra, do CIAM, expuxo durante a súa intervención como se analizan os datos de emisión de gases noutros países, entre outros aspectos tamén relacionados con esta iniciativa. Posteriormente, Marcos Veiga López, tamén do CIAM, enumerou as ganderías que participaron na iniciativa, explicou como se poden mellorar e tamén falou da recollida de datos. Por último, Resch Zafra foi o encargado de poñer fin ao evento ao participar de novo revelando máis datos do proxecto. Explicáronse os indicadores de biodiversidade, aínda en fase inicial, como son os de parcelación (reparto entre cultivo de inverno, de verán, pradeiras sementadas de menos de 5 anos e pradeiras permanentes), os elementos agroecolóxicos (tipos de cultivo ou elementos, como sebes, muros, arboredo,...) e as pradeiras permanentes, que, en conxunto, darán un índice de biodiversidade da granxa. Tamén se explicaron os indicadores en granxa: -Cantas vacas pariron no ano por primeira vez, porcentaxe sobre o total de vacas do establo. -Cantos quilos de proteína se fan na granxa, que porcentaxe representa sobre as necesidades do rabaño. -Litros de leite por hectárea. -Gramos de concentrado por litro de leite producido. Até o momento atopáronse 4 explotacións con proteína bruta por debaixo de 10. É un indicador de posible mellora. A recollida de datos nas granxas que se indicou na presentación son os de leite por vaca e día, calidades do leite, urea, días en leite, concentración de partos, adecuación do concentrado, manexo do pastoreo, razas ou o uso de leguminosas. No momento de exposición dos datos, a falta de realizar algunhas visitas para toma de datos en explotacións, o proxecto contemplaba inicialmente os seguintes (media): -Nº de vacas de leite/granxa: 45,3 -Produción de leite (litros/vaca): 4.850 -Produción de leite (litros/superficie): 4.839 -Superficie forraxeira (SAU en ha): 45,6 -Carga (UGM/ha): 1,3 -Concentrado (gramos/litro leite): 216 Unha vez rematada a toma de datos se calculará a pegada neta de CO2 equivalente por litro de leite corrixido, que será a referencia para a mellora das granxas mediante as medidas contempladas neste proxecto. A xornada concluíu cunha despedida e cos agradecementos de todos os participantes. Este proxecto piloto de Agronovo foi un dos seleccionados nas axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, na convocatoria do ano 2022.

Xornadas sobre o futuro da gandería ecolóxica os días 5 e 6 de maio en Melide

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) organiza a VIII Reunión de Primavera titulada "A gandería ecolóxica cara ao ano 2030" que terá lugar os vindeiros 5 e 6 de maio en Melide. O venres 5 analizarán e debaterán da man de gandeiros, técnicos e investigadores os retos de futuro deste sector de cara ao ano 2030. O sábado 6 realizaranse visitas na zona de Melide e Arzúa a varios exemplos de produción e transformación de carne e leite ecolóxicos. As inscricións son de balde pero hai que realizalas antes do 1 de maio indicando a intención ou non de participar no xantar (15 €/persoa) en: sgpf.galicia@gmail.com Máis información: 686 620 154 Eloi 628 713 263 Victor Velaquí o programa: